Intelixencia

Inteligencia # Comportamento. Resolución de problemas. Razoamento. Predicción. Memoria

  • Enviado por: Lilaila
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 6 páginas
publicidad

INTELIXENCIA

Para que poidamos falar de intelixencia:

  • 1ª característica: ten que ser 1 comportamento intencionado. (que busque un fin)

  • 2ª característica: precisase que este fin sexa o de adaptarse ó medio ambiente

  • 3ª característica: esta adaptabilidade implica a resolución de problemas, e este faise de modo repentino, mediante unha capacidade de Insight. Mediante a capacidade de facer razoamentos encamiñados a esta solución sen ter que recorrer unicamente ó procedemento de Insight.

    • Ej: Todas as portas do edificio teñen a súa chave. Supoñamnos que según o piso son de diferente tamaño e que dentro de cada andar haxa diferencia entre as chaves. Pedímoslle ño conserxe e como é intelixente sabe cal é, se fose un animal erraría. (de repente)

  • 4ª característica: precisase que haxa capacidade de predicción ou de anticipar certos tipos de comportamento. Ó vir a clase vamos anticipando o que imos facer logo. Terminar curso - matrícula - libros - sig. Curso - proba - matricula - libros - curso....

  • 5ª característica: o comportamento intelixente implica que exista memoria.

    • Ej: Perdemos a memoria de cómo se escribe entón as intencións son boas pero sería dificilísimo realizar a conducata intelixente.

  • 6ª característica: precísase que se dea a capacidade de simbolización porque o que chamamos pensamento non é máis que un sistema de representar o real mediante símbolos.

    • Ej. O concepto porta (é un símbolo con que nos podemos entender)

Os principias son os símbolos mentais.

  • 7ª característica: precisase que apareza a capacidade de lenguaxe articulado, vehículo do pensamento.

  • 8ª característica: é necesario que exista a vida social, sen ela non se pode dar unha conducta plenamente intelixente.

    • Ej: Nenos felinos: a principipos do s. XX atopouse un rapaz nuns bosques do suroeste de Francia cuns 12 ou 13 anos e foi criado por animais. So logrou aprender 15 ou 16 palabras. Non se sabe se era subnormal ou se influiu a sua vida na sua capacidade para aprender máis.

TIPOS DE INTELIXENCIA (Ver apuntes Vila)

Segundo esta análise: a intelixencia pode realizar varias funcións:

  • Conceptuación: función mediante a que a intelixencia forma conceptos entendendo por concepto a representación intelectual da esencia dun obxecto, ou sexa a representación intelecual de todos aqueles caracteres ou notas que teñen que darse no obxecto xa que en caso contrario deixaría de ser tal obxecto.

  • Ej: cando temos a idea dun triángulo temos unha idea do triángulo. Temos idea abstracta (3 lados e 3 ángulos). Representación mental da esencia dun obxecto.

  • Xudicación: aquela función pola que o entendemento une conceptos afirmando ou negando un do outro.

  • Ej: se di os alumnos do OP son estudiosos, relacionase os dous conceptos (alumno - estudioso)

  • Razoamento: comparar 2 xuízos que nos son coñecidos e cegamos a sacar outro descoñecido pero que agora ó sacalo xa nos é coñecido.

  • Ej: os rapaces do op son estudiosos

  • Ej: aplicación de formulas matemáticas

  • Esta función facémola continuamente.

    En Inglaterra xurdiron as teorías factoriais.

    TEORIA BIFACTORIALISTA

    Spearman creou unha teoría para explicar itelixencia a través do análise de factores. El di que hay dous grupos de factores, por eso se chama bifactorialista:

    • 1º grupo: factor chamado o FACTOR G (general): este sería a aptitude xeral para a realización de operacións mentais.

      • Ej: hay 1 alumno que resolver ben problemas, historia, filosofia...etc Alumno con un bo factor G

    • 2º grupo FACTOR XENERICO: indican unha mayor aptitude para realizar unhas operación determinadas:

      • Factor verbal: capacidade no eido lingüístico

      • Factor numerico: aptitude para facer cáluclo cos números

      • Factor espacial: aptitude para captar as posicións dun corpo no espacio.

      • Factor razoamento: aptitude para facer razoamentos lóxico-abstractos

    Esto fíxoo Spearman pero logo deuse conta dun fenómeno que fixo que tivesen que ampliar a súa teoría. Por exemplo no factor verbal había xente que comprendía pero non sabía explicarse. Nova clasificación.

  • FACTOR VERBAL

  • Comprensión verbal (lee e comprende)

  • Fluencia verbal

  • Víronse obligados a admitir factores específicos: son subfactores nos que se dividen os factores xenéricos.

    TEORIA MULTIFACTORIALISTA

    Esta é unha escola americana. Diferencias entre a escola bifactorialista e a escola multifactorialista:

    1º diferencia: a escola multifact. Non é xerárquica, moitos factores que teñen o mesmo rango. Non depende uns dos outros, non hai subordinados.

    2º diferencia: na escola bifactorialista hai poucos factores, na multifactorialista chegaronse a contar ata 120 factores. Thustone distingue tres grupos:

    1. FACTORES DE FUNCIÓNS INTELECTUAIS SUPERIORES

  • Factor Razoamento:

  • Razoamento deductivo: matemáticas, filosofía

  • Razoamento inductivo: ciencias experimentais

  • Factor Xuiz: aptitude para resolver un problema elexindo a mellor solución entre varias posibles

  • Factor integración: aptitude para combinar un conxunto de condicións ou requisitos para dar unha resposta adecuada ó problema

  • Factor Ideación: aptitude para producir sobre un tema mayor numero de ideas. Chámase tamén factor creación

  • Factor de fluidez verbal: aptitude para falar e escribir con facilidade.

  • Factor de compresión verbal: aptitude para comprender con prontitude a linguaxe falada ou escrita.

  • Factor de fluidez de expresión: aptitude para manifestarse con facilidade no desenvolvemento duna idea proposta, ou imposta

  • Factor numérico: aptitude para o cálculo mecánico con cifras.

  • Factor de memoria a longo plazo: aptitude para memorizar durante horas, días semanas, anos ou toda a vida.

  • Factor de memoria inmediata: aptitude para memorizar só durante un corto período de tempo. Influye o interese (ex: número de telefono que memorizamos para marcalo pero ó cabo duns minutos xa non lembramos)

  • Factor de rapidez xudicativa: aptitude para emitir un xuizo con rapidez e con facilidade

  • Factor aplicación: aptitude para executar un traballo sen erros a pesar de facelo rapidamente.

  • FACTORES PRECEPTO-VISUAIS

  • Factor espacial: Aptitude para percibir relacións espaciais e posicións dos corpos no espacio. Esto pode ser estático ou dinámico

  • FACTORES PSICOMOTRICES

  • Factor de destreza ou habilidade dixital: aptitude para realizar movementos cos dedos

  • Factor de destreza manual: aptitude para realizar movementos de mans e brazos.

  • MEDIDA DA INTELIXENCIA

    ¿Pódese medir a intelixencia? Poderíase caer no erro de crer que a intelixencia se pode medir con toda precisión.

    1ª observación: a intelixencia como tal non pode ser medida nin con precisión nin sen ela porque a intelixencia é unha facultade psíquica, como psíquica que é, é interna e polo tanto inconmensurable. A intelixencia no pode medirse directamente.

    ¿Qué se mide? Determinados resultados feitos pola intelixencia. Esos resultados son as contestacións a unhas preguntas dunas probas (Test) ás que se somete a intelixencia, ésta para resolvelas ten que realizar unhas actividades. A medida destas contestacións, que é sí son moi precisas, non permiten coñecer con precisión a intelixencia que as produciu. Poden ser probas que non sirvan para captar o que un quere, ou pode tamén que o suxeito non esté en condicións para facer as probas (durmiu mal a noite anterior, anda estresado...). Esto quere decir que un psicólogo que non sexa insensato terá moito coidado antes de dar un xuízo sobre a intelixencia dun individuo, unha vez emitido este xuizo terá que facer constar todos estes pormenores sobre as probas. Os tests deben ser completados por outros medios de coñecemento.

    ¿Qué é un test? Unha proba

    1. CALIDADES DUN BO TEST

  • Fidelidade: Calidade que fai que un test aplicado dúas vecs ó mesmo suxeito de resultados idénticos

  • Sensibilidade: Según o test teña máis ou menos grados para clasificar ós suxeitos.

  • Validez: un test é válido se mide o que pretende medir

  • 2. TIPOS DE TEST

  • TEST QUE NON UTILIZAN A ANÁLISE FACTORIAL

  • Non utilizan a estadística aplicada á psicoloxía. Son os primeiros test que aparecen.

    O 1º test foi o feito por Binet (1905). Cando morreu continuou actualizando Simon (1911). Este test só se segue a utilizar en Francia.

    En 1917, en EEUU, un profesor de Stanford colleu o test de Simone e adaptouno para os EEUU; este home chamábase Terman. Logo éste test (o de Terman) foi actualizado por Merrill.

    Un test que se segue empregando hoxe en día é o WAIS (Weschler Adult Inteligent Scale), pero Wescheler deuse conta de que había una grupo moi importante, a xuventude, por eso fixo o WISC (Weschler Inteligent Scale Children).

    Todos estes son tests individuais, que hai que aplicar un por un. Ex: ó suxeito recítaselle un grupo de números, nun orden concreto e o suxeito debe repetilos. Desta maneira debe haber alguen supervisando e dictando os números, só se podería facer de un en un.

    Para facer o test a moita xente ó mesmo tempo precisamos doutros tests. Esta necesidade apareceu en 1917, xa que ó ser unha guerra mundial, os EEUU quiso que os soldados que enviaban a combater fosen o máis eficaces posibles, e esto conseguirase se ocupan postos para os que están mellos dotados. Para coñecer éste dato aplícanse os tests.

    O primeiro test de estas caracterísiticas foi o Army Test Alpha. Foi unha boa oabra pero cometeron un fallo moi grave. Fixeron un test maravilloso pero un alto porcentaxe dos soldados non sabían ler nin escribir, había un indice de analfabetismo moi grande. Entón en vez de facer test con palabras, fanos con dibuxos Army Test Beta. Estes tests acualizaronos porque despois non valían. Estes son tests colectivos.

  • TEST BASADOS NA ANÁLISE FACTORIAL

  • Tests bifactoriais: 1. Tests de matrices progresivas: Este é de Raven, e é actualizado por Penrose

    2.Test de Dominós: Feito por Austeg. Moitas das probas son figuras semellantes ó dominó

    Tests multifactorialistas: 1. Batería factorial de aptitudes mentais primarias: éste é de Thurstone (PMA) --- Tamén se coñece así

    3. UNIDADES DE MEDIDA DA INTELIXENCIA

    Deidade mental: Foi creada por Binet. Baseábase na hipótese de que a cada deidade dun suxeito corresponde un determinado grado de intelixencia. Ex. Un rapaz de idade 6 ten unha deidade dun rapaz de 7 anos. Nesta unidade non hai precisión.

    Coeficiente intelectual: William Meschler conseguiu mayor precisión co coeficiente intelectual. Éste resulta de dividir a idade mental entre a idade cronolóxica e multiplicar o resultado por 100 para eliminar os decimais.

    De acordo con este método clasifícase ós suxeitos desta maneira:

    COEFICIENTE INTELECTUAL

    DENOMINACIÓN

    0 - 24

    Idiotas

    25 - 49

    Imbéciles

    50 - 69

    Débiles mentais ou Deficientes mentais

    70 - 79

    Fronteirizos (Border line)

    80 - 89

    Normais mediocres

    90 - 109

    Normais medios

    110 - 119

    Normais superiores

    120 - 129

    Superiores

    130 -

    Xenios ou Moi superiores

    Presentís: consiste en indicar o rango en que se clasificaría o suxeito respecto doutros 100 suxeitos da mesma idade cronóloxica. Este método de medición da intelixencia é un dos máis utlizados.

    Desviación típica do valor sigma: emprégase a estadística

    0 50 100

    Outras medeidas de intelixencia son as unidades “z”, as unidades “c”, ou as unidades “AGCT”.

    4. A INTELIXENCIA DESDE O PUNTO DE VISTA EVOLUTIVO

    O 1º que se preocupou desto foi Piaget (suízo), que xa distingue 4 periodos:

    1º periodo: (0 - 2 anos) Chámao intelixencia sensorio-motriz. O rapaz pensa cos brazos, pernas. Este período ten 3 momentos:

    • 1º momento: no rapaz só hai actos reflexos. Estes baseanse en tendencias instintivas. Ex: cando un rapaz é acercado a un biberón ou ó peito da súa nai, instintivamente chúpao.

    Os reflexos vanse perfeccionando e xeneralizándose. O movemento de chpar vai máis alá do peito. Se consigue algún obxecto chúpao, xeneraliza polo tanto. Para o rapaz o mundo é un inmenso chupete, é unha realidade que se pode chupar.

    • 2º momento: os reflexos organízanse en hábitos e a percepción faise discriminativa. Dise que ós 6 meses de vida, o neno distingue a imaxe da súa nai de entre todas as demáis imaxes de persoas e mulleres. Logo coordinará o movemento e a percepción.

    • 3º momento: aquí xa aparece a intelixencia práctica ou sensorio-motriz. Esta intelixencia demostrase manipulando obxectos. Chámalle sensorio porque só utiliza percepcións de obxectos presentes e motriz porque emprega movementos, ambos coordinados entre sí. Piaget di que hai intelixencia pero non hai pensamento. O rapaz resolve problemas como os animais intelixentes.

    Unha observación moi importante foi fixarse en que se se lle pon diante do rapaz un obxecto que lle gusta, e se se lle colle o obxecto e diante de el escóndeselle, non sabe ir a buscalo. Esto dille a Piaget que o mundo para un rapaz de menos de 1 ano, é un conxunto de imaxes que aparecen e desaparecen. Se para o rapaz o obxecto fose obxecto, iria a buscalo. Quere decir que para o rapaza nesa idea non existen obxectos permanentes, esta noción hai que aprendela. Aprendena no 2º ano de vida, ahí xa buscaría o obxecto.

    Tamén no 2º ano aprenderá a noción de causalidade. Pómoslle un sonaxeiro prendido duna corda, e o rapaz ó mover a corda ruxe o sonaxeiro. Aprende que o soar é causa de mover a corda. Ademáis pode organizar un espacio único e unha sucesión temporal, dase conta de que o tempo pasa.

    Todos os avances do neno a esta idade permiten que se realice nel unha inversión copernical. Todas as impresións que recibe do mundo e do seu corpo forman un bloque indiferencial.

    Ó principio o rapaz non distingue o exterior do interior Ex. Non distingue unha impresión de fame dunha impresión dunha mesa. Cando o neno empeza a percibir un espacio único ó seu redor, o seu corpo non é máis que un corpo entre os outros corpos e entón é capaz de distinguir o interior do exterior. Piaget di que con esto o neno supera o seu egocentrismo.

    2º periodo: (2 - 6 anos) É un periodo de presentación operativa. Chámase tamén pensamento por complexos. Nesta etapa o rapaz imita ós alumnos e aprende a linguaxe por imitación. A aprendizaxe da linguaxe permitiralle dar un paso adiante.

    A linguaxe permítelle reconstruir as accións pasadas baixo a forma de relato, e ademáis, a linguaxe permítelle anticipar as súas accións futuras mediante a representación verbal. Cando lle di á nai que esa tarde vai facer algo en concreto, a linguaxe posibilítalle facer intercambios verbais. Esa palabra interiorizaa e entón surxe o pensamento como diálogo consigo mesmo, por eso a miúdo vemos ós rapaces destas idades falar eles sós.

    A linguaxe fai posible a aparición do mundo interior e do mundo social, está aparecendo o psiquismo.

    CARACTERÍSITICAS DO PENSAMENTO INFANTIL

    • Animismo: o rapaz concibe as cousas como se estivesen vivas e dotadas de intención (ex. As nubes)

    • Artificialismo: concibe que todas as cousas foron concebidas polo home ou por algunha actividade divina que actúa de xeito parecido ós homes.

    • Causalidade: esta causalidade está penetrada de elementos morais. Ex. Regálanlle un barco e o barco flota, pero para él, flota porque debe facelo

    Esto todo explica que nos fagan preguntas desconcertantes. Ex ¿Por qué a lúa sai de noite?

    Esta maneira de pensar supón egocentrismo infantil, quere decir que é egocéntrico porque asimila as experiencias do mundo ó xeito do seu mundo interior. El é o centro, mira todo desde é.

    3º periodo: (7 - 11 anos) período das operacións mentais concretas. Nesta etapa o neno é capaz de certa lóxica, e é que adquírese a capacidade de facer operacións mentais concretas ----- ten a capacidade de operar mentalmente con obxectos que debe estar presentes, que deben poder ser percibidos e manipulados.

    Pensa cos ollos e coas mans, e este tipo de pensamento é fundamentalmente para a adolescencia, porque fará mentalmente o que de neno fixo coas mans e coa vista. Nesta idade aparece un esquema que non tiña antes, o es quema de reversibilidade. (ex. Se lle damos duas bolas iguales de plastilina, unha queda igual, e a outra facemos coma un churro con ela: ós 7 anos dase conta de que é a mesma materia, pero pensa que o volume é mayor e o peso tamén. Ós 9 anos, di que teñen igual peso, igual materia pero distinto volume, e ós 11 anos, di que teñen igual peso, igual materia, e igual volume.)

    Ós 11 anos o rapaz dase conta deso gracias a que adquiriu o esquema de reversibilidade.

    A nivel social o esquema de reversibilidade manifestase como reprocidade. Esto quere decir que o rapaz é capaz de poñerse no punto de vista dos demáis, superándose o egocentrismo da etapa anterior, por iso nesta idade o rapaz faise cooperativo.

    4º periodo (12 - )Operacións formais. É posible facer operacións non concretas, ou sexa, operacións que non requiren o apoyo da percepción ou da manipulación, realízanse a un nivel puramente verbal ou conceptual. Os obxectos son sustituidos por preposicións e entón o pensamento libérase do real prsente e entra no reino da reflexión, das teorías, das hipóteses.

    Explícase por eso que a esta idade hai un gran interese por todos os problemas inactuales (que non teñen relación con realidades vividas diariamente) Os adolescentes teñen interese por realidades que anticipan situacións futuras do mundo. Teñen capacidade para elaborar teorías abstractas. Nesta idade todavía queda un egocentrismo que Piaget chama egocentrismo metafísico, e esto é que o adolescente cree no infinito poder da reflexión, coma se o mundo tivese que someterse ás súas teorías e non os seus sistemas á realidade. Esto vaise correxindo pouco a pouco ata cegar a unha reconciliación entre o pensamento formal e a realidade, acadándose o equilibrio, cando a reflexión entende que a súa función é comprender e interpretar a realidade, en definitiva, quen manda é a experiencia.