Historia medieval de Galicia

Historia medieval gallega. Guerras irmandiñas. Reyes Católicos. Reino de Galicia

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad

  • Peste e fame

  • Nos séculos XIII e XIV comeza a frearse o crecemento económico e demográfico por mor das malas colleitas e as fames e pestes, entre as que destaca a Peste Negra, que chega a Galiza no 1348 deixando importantes consecuencias:

  • Provoca unha importante mortaldade, morre un terzo da poboación europea pero os seus efectos son menores en Galiza.

  • O pasamento de tantas persoas supón dificultades para o agro:

    • Abandónanse terras de cultivo.

    • Non se poden pagar as rendas, o que obriga aos señores a flexibilizar as condicións dos foros.

    • Especialízase a actividade agrícola:

      • Préstaselle un maior coidado ás árbores, especialmente ás froiteiras.

      • Desenvólvese o cultivo do viñedo, impulsado por igrexas e mosteiros, especialmente no Ribeiro ou en Rivadavia. Ademais, a maior mortaldade que a peste provocara en Francia fai que decaia a produción dos seus viños, gañando terreo os galegos.

    • Desenvólvense outras actividades complementarias (explotación dos recursos mariños.)

  • A conquista do mar

  • Malia a fame e as pestes, prodúcese nesta época:

  • Unha importante apertura de Galiza ao mar, xa que se abre a ruta marítima entre o Mar do Norte e o Mediterráneo pasando por Xibraltar:

    • Nas vilas costeiras establécense mercadores dedicados á exportación (peixe,viño) e á importación (tecidos, coiros, produtos alimenticios elaborados.)

    • Galiza fica nunha posición estratéxica entre dous importantes centros, Flandres e Italia, desenvolvéndose o comercio en dúas direccións: cara o norte europeo e cara o Mediterráneo.

    • Destacan dous centros importantes da costa atlántica:

      • A Coruña, onde se instalan comerciantes italianos e flamencos desde o século XIV.

      • Pontevedra, sede de importantes comerciantes galegos.

    • Malia non se crear institucións propias que permitisen un mellor desenvolvemento desta actividade, isto vai permitir a exportación a longa distancia.

    • Desenvólvense as vilas costeiras, cun claro auxe do urbano.

    • Un auxe do urbano:

      • Na cidade as desgrazas anteriores non se deixaron notar con tanta intensidade.

      • O desenvolvemento do comercio atlántico e das actividades artesás permite afrontar mellor a situación.

      • Por outra banda, trala peregrinación de Francisco de Asís a Compostela (1214), esténdense por Galiza os mendicantes:

        • Constrúen igrexas nas principais cidades, seguindo o estilo gótico.

        • Consideran a morte unha prolongación do que se era en vida, de aí unha importante escultura funeraria (cabaleiros enterrados en igrexas) entre a que destaca o sartego de Fernán Pérez de Andrade e a súa muller en Betanzos.

      • Tensións sociais e relevos nobiliarios: as Guerras Irmandiñas

      • 3.1. Enfrontamentos cos señoríos das cidades

        Nos séculos XIV e XV prodúcense nas cidades conflitos entre os artesáns e comerciantes e o señorío das cidades. Os primeiros pretendían librarse do señorío e ter a protección directa do rei, obxectivo que non conseguiron pero que provocou revoltas nas principais cidades:

                • Santiago de Compostela: en 1418 créase unha Irmandade de veciños que non é quen re minguar o poder eclesiástico na cidade.

                • Ourense: en 1419 prodúcese unha revolta urbana que acaba coa morte do bispo.

                • Lugo: a revolta encabezada por María Castaña acaba tamén coa morte do bispo.

        3.2. Relevos nobiliarios

        Paralelamente ás loitas dinásticas entre Pedro I (apoiado pola alta nobreza) e Enrique II (apoiado por nobres menores, moitos de fóra de Galiza), prodúcense cambios na nobreza do país:

      • A nobreza galaica é substituída por liñaxes foráneas, guerreiras, protexidas polo rei, que buscaban aquí gañar rendas.

      • De entre as casas galegas son os Andrades os máis favorecidos.

      • Ademais prodúcese unha loita entre dous sectores nobiliarios: o laico e o eclesiástico, xa que a nobreza laica cobiza os bens e o poder da eclesiástica.

        Esta nobreza laica non só loitará por conseguir os bens da Igrexa, senón que tamén extorsionará aos campesiños, o que crea o contexto propicio para que no século XV se produzan as Guerras Irmandiñas.

        3.3. Guerras Irmandiñas

      • A Irmandade Fusquenlla (1431): prodúcese en Pontedeume e Betanzos, dirixida polo fidalgo coruñés Roi Xordo, tendo como especial obxectivo a Nuño Freire de Andrade, O Mao. As diferenzas internas dos irmandiños, xunto coas tropas dos Andrade, do rei e do arcebispo compostelán, acabarían axiña coa revolta.

      • A Grande Guerra Irmandiña (1467 - 1469):

        • Dirixentes: Pedro de Osorio (centro de Galiza), Alonso de Lanzós (norte) e Diego de Lemos (sur de Lugo e norte de Ourense.)

        • Desenvolvemento: campesiños, xente da cidade, baixa nobreza e fidalguía enfróntanse aos grandes nobres laicos (Lemos, Andrade, Moscoso) destruíndo torres e fortalezas (unhas 130.)

        • Fin da Grande Guerra Irmandiña: primeiro a nobreza escapa a Portugal e Castela, pero volven co apoio de ambos monarcas. Así, en 1469, Pedro Madruga vén desde Portugal con armamento novidoso e derrota as tropas irmandiñas.

        • Consecuencias: a represión non foi dura xa que, se a nobreza atentase contra os campesiños non tería quen lles traballase a terra e lles pagase as rendas.

        • As reformas dos Reis Católicos

        • A transición cara a Idade Moderna en Galiza leva consigo importantes cambios sociais:

        • Derrota da nobreza: a guerra sucesoria pola Coroa de Castela e a posterior política dos Reis Católicos, que obriga á nobreza a abandonar as súas fortalezas e poñerse ao servizo da monarquía, supoñen a fin da nobreza laica medieval.

        • Aparición da fidalguía: confórmase, grazas á reforma dos mosteiros, a base da importante fidalguía dos séculos XVII - XIX. Esta reforma dos mosteiros consiste na súa integración en congregacións da Coroa Castelá, na estabilización dos seus patrimonios e a consecución doutros novos, así como de foros. Isto é posíbel grazas :

          • Desaparición dos encomendeiros (antiga nobreza).

          • Apoio do rei.

          • Integración social do campesiñado coa xeneralización do foro.

          • Alianza coa baixa nobreza, eclesiásticos, persoas que desenvolvían cargos administrativos, burocráticos ou de goberno, precursores da fidalguía.

          4.1. Cultura e lingua

          Galiza non é quen de conservar o esplendor cultural dos séculos XII e XIII e, desde o século XIV, a tradición dos Cancioneiros comeza a decaer. Aínda que o galego se segue a usar como lingua de comunicación, perde peso como lingua literaria porque:

                  • Instálanse liñaxes nobiliarias casteláns que traen a súa lingua.

                  • Prodúcese un afastamento da corte desde a época de Afonso IX.

                  • A nobreza, fortemente belicosa, non se dedicará ao cultivo da literatura.

          Así, o castelán vaise adoptando pouco a pouco nos usos cultos, pero o galego sempre se seguirá a usar como lingua oral.

        • Galiza no tempo dos Austrias

        • Son tres os trazos característicos que se dan no paso á Idade Moderna en Galiza:

        • A reordenación social consecuencia das Guerras Irmandiñas e os relevos nobiliarios, que supón o reforzamento da Igrexa.

        • Unha monarquía máis forte, o que supón unha maior integración de Galiza no reino castelán coa creación de institucións coma a Audiencia de Galiza ou as Xuntas do Reino.

        • O declive da sociedade urbana, xa que se produce unha ruralización das elites mercantís (expansión atántica.)

        • 5.1. Cultura

          Ademais, chega neste momento a corrente humanista a Galiza, pero non con moita forza por mor de:

        • O afastamento da Corte.

        • A ausencia de centros culturais.

        • Aínda así podemos nomear a figuras coma Fonseca, Álvaro de Cadaval, Francisco Sánchez, Caldas Pereira, F. Salgado de Somoza ou Bartolomé Sagrario de Molina, autor de Descripción del Reino de Galicia.

          Chega, tardiamente, a imprenta. Deste xeito penetra o libro, unha das grandes ferramentas do humanismo, malia que a imprenta é usada case exclusivamente pola Igrexa para a impresión de libros relixiosos.

          Por outra banda, créanse centros de estudo coma colexios ou o Estudo Xeral, unha evolución da vella escola catedralicia compostelá que será o berce da universidade.

          5.2. Política

          5.2.1. Os ataques corsarios ingleses e holandeses

          No século XVI Galiza tórnase obxectivo militar de ingleses e holandeses por dúas razóns:

        • Das costas galegas parten expedicións militares coma a Armada Invencible.

        • Galiza convértese en acubillo dos irlandeses católicos que foxen do anglicanismo inglés.

        • Así, prodúcense ataques entre os que destaca o da Coruña en 1589 con efectos moi negativos, feito que converte a María Pita en símbolo de defensa da cidade.

          5.2.2. O afastamento da Coroa

          O afastamento da Coroa desde tempos de Afonso IX provoca que Galiza non teña peso nas Cortes. Malia todo, existen algúns persoeiros de certa importancia:

        • Pedro Fernández de Castro, o Gran Conde de Lemos, voz galega nas Cortes e mecenas de escritores coma Lope ou Góngora. Ademais é o autor de El búho gallego.

        • Os Zúñigas (condado de Monterrei), con postos diplomáticos.

        • Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, diplomático na Corte inglesa. Ademais mostra un grande interese pola cultura e a lingua galegas, será o devanceiro da recuperación que efectuarán os ilustrados.

        • O goberno do reino e as súas institucións

        • 6.1. Estrutura administrativa

        • Xurisdicións señoriais: a elas pertencía boa parte do territorio galego e estaban dominadas pola alta nobreza, bispos e abades. Tiñan amplas competencias: nomeamento de cargos, xustiza, tributos... pero o seu poder foise reducindo.

        • Coutos: non dependían das xurisdicións e estaban compostas por poucos veciños.

        • Correxementos: división administrativa propia do entorno urbano.

        • Provincias: eran cinco nun principio e volvéronse sete a fins do século XVI (Santiago, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Tui, Betanzos e A Coruña.)

        • 6.2. Novas institucións

        • Xuntas do Reino: compostas por un representante de cada provincia (procurator). O procurator que representaba a todo o reino era denominado Deputado Xeral do Reino. Entre as súas accións destacan:

          • Recadación de impostos.

          • Levas militares.

          • Renovación dos foros.

          • Accións para conseguir que Galiza teña voto nas Cortes, para o que interveñen os Condes de Lemos e Gondomar. Lograríase en 1622.

          • A súa capacidade de actuación é escasa, só son intermediarias entre un Reino e a monarquía.

          • Capitán Xeral: é o representante do rei no reino e o presidente das Xuntas e a Audiencia. Ten poderes xudiciais e administrativos que irán pasando pouco a pouco ás institucións que preside. Son, ademais, símbolo da centralización política e administrativa que se fará máis efectiva do liberalismo.

          • Real Audiencia: chega a Galiza como tribunal itinerante para lograr a pacificación do Reino. En 1563 asentarase na Coruña. Tiña competencias xudiciais (regulación de conflitos entre institucións, particulares...) e de goberno. Espallou a práctica do dereito letrado fronte á xustiza de armas dos señores e mantívose até o século XIX, a Constitución de Cádiz arrebatoulle o poder gubernativo. Ademais tería conflitos coa Intendencia, xurdida en 1712, cando as súas funcións se centrarían só en materia económica e pública.

          • Este conflito prodúcese entre Isabel, apoiada polo arcebispo compostelán Fonseca, e Xoana a Beltranexa, apoiada por grande parte dos nobres galegos, entre eles Pedro Madruga. A derrota de Xoana a Beltranexa e a suba ao poder de Isabel terán consecuencias negativas para a nobreza galega.

            4. A crise baixomedieval

            1

            Historia de Galiza

            2006/2007

            USC