Historia de Galicia: Gallaecia

Prehistoria. Revolución neolítica. Cultura celta. Romanización

  • Enviado por: LuZinHa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 8 páginas
publicidad
publicidad

  • Introdución

  • Foron os callaici, unha das tribos do noroeste peninsular, os que deron nome a Galiza, á que os romanos denominaron Gallaecia. A Gallaecia romana compúñase dun amplo territorio, pero aquí ímonos centrar no triángulo interior formado polas capitais dos tres conventus: Bracara Augusta, Asturica Augusta e Lucus Augusti.

  • Os primeiros poboadores. A revolución neolítica

  • Dificultades para o coñecemento dos primeiros poboadores

  • Os datos sobre os primeiros proveñen, fundamentalmente, de tres fontes pouco precisas, amais do retraso cronolóxico da prehistoria galega respecto da prehistoria xeral. Estas fontes son:

  • Vestixios antropolóxicos, moi escasos.

  • Restos arqueolóxicos, escasos tamén até o megalitismo.

  • Testemuños literarios imprecisos.

  • Sobre estes datos construiría a historiografía do século XIX, na que destaca Murguía, a tese do celtismo, hoxe discutida.

  • Substratos raciais

  • Malia que os datos dos que se dispoñen son imprecisos, as pescudas actuais sobre vestixios antropolóxicos e arqueolóxicos permítennos falar de varios substratos raciais:

  • Cromañoide, que se cre que é o máis antigo (necrópole da Lanzada).

  • Mediterráneo, moreno e baixo, presente desde o Neolítico e moi frecuente en Galiza (eterno campesiño neolítico).

  • Nórdico ou alpino, chegado no Bronce final.

  • Máis tarde chegarían os celtas, os romanos e os xermánicos, compoñendo así a etnia galega.

  • Paleolítico (26.000/34.000 a.C. - 8.000 a.C.)

  • A diferenza entre as datacións froito do carbono 14 e a análise das pezas atopadas nos xacementos fan difícil datar a antigüidade do home en Galiza. Aínda así, podemos falar da existencia de tres períodos fundamentais na prehistoria: Paleolítico, Mesolítico e Neolítico.

    No Paleolítico galego destacan:

    • Os vestixios líticos.

    • A concentración da poboación na costa e no sur.

    • Asentamentos pouco estábeis, ao contrario ca na zona Cántabra.

    Ademais, cómpre falar de dous subperíodos:

  • Paleolítico inferior: do que destacan os xacementos de Camposancos (desembocadura do Miño), Gándaras e Budiño. Neles atopamos:

    • Vivendas ao aire libre.

    • Obradoiros para a fabricación de útiles líticos.

    • Un desaxuste cronolóxico entre as datacións do método radiocarbónico e as técnicas coas que se fabricas os útiles, máis primitivas do que correspondería nesa época, debido a:

      • Que a cronoloxía debe ser retrasada.

      • Os materiais e o conservadorismo da culturas paleolíticas atlánticas.

    • A poboación sería nómade e dedicaríase á caza.

    • Paleolítico superior e Epipaleolítico: época difusa que se estende até o 8.000 a.C. na que destacan o clima frío e húmido, sendo especialmente importantes os xacementos de Muras e Vilalba, que nos achegan información coma a seguinte:

      • O uso do sílex e a existencia dunha capacidade técnica superior.

      • Restos de ocre que nos poden levar a pensar na existencia de pintura mural ou corporal.

      • Economía baseada na caza e sociedade nómade.

      • Mesolítico

      • Supón un tránsito cara o Neolítico no que a caza perde forza na costa, fronte ao marisqueo.

      • Neolítico

      • A revolución neolítica supón o tránsito dunha economía depredativa e recolectora a unha produtora. En Galiza:

      • Adoita identificarse co megalitismo, porque non aparece unha agricultura estábel nin se dá o sedentarismo até entón.

      • J.M. Vázquez Varela apunta, pola súa banda, á posibilidade dunha agricultura neolítica anterior ao megalitismo baseándose en datos climáticos.

      • O megalitismo (terceiro milenio a.C. - cuarto milenio a.C./ 3.000 a.C. - 1.700 a.C.)

      • Monumentos

      • Atopamos monumentos de pedra de gran tamaño, case sempre funerarios, que poden ser de diferentes tipos:

          • Círculos líticos ou crómlechs.

          • Menhires ou pedras fitas.

          • Sepulcros, os máis abondosos, denominados antas, mámoas, modias... Neles o enxoval funerario é pobre, en parte polas espoliacións sufridas, e amosan o profundo culto aos mortos e a crenza nunha vida alén da morte. Os sepulcros están formados por un túmulo e un dolmen e podemos distinguir dous períodos:

            • Primeira fase na que se constrúen sepulcros pequenos.

            • Fase final na que os sepulcros están máis desenvolvidos e son xa rectangulares.

        Forman parte dun fenómeno cultural moi amplo, con especial importancia no occidente europeo. O megalitismo galego toma como referencia o portugués.

      • Características sociais deducidas dos monumentos megalíticos

          • O grande número de mámoas atópanse moi espalladas no territorio galego, malia haber algunhas a modo de necrópole, o que amosa a dispersión da poboación.

          • Ademais reflicten a existencia dunha economía de base agrícola (arcaica), pastoril e gandeira. Unha economía que non produce excedentes económicos.

          • A sociedade é relativamente igualitaria, case sen conflitos bélicos, distribuída en pequenas unidades de poboación e cunhas fortes crenzas relixiosas en relación á morte e á fecundidade.

      • Do megalitismo á cultura castrexa

      • A finais do terceiro milenio comeza a decaer o megalitismo e vai chegando, do sur do Douro, a metalurxia, o que supón:

      • A aparición de intercambios comerciais.

      • Unha sociedade máis xerarquizada.

      • Un mellor dominio do medio por parte do home.

      • A introdución da metalurxia asóciase á cultura do vaso campaniforme (2.100 - 1.800 a.C.)

        Desde 1.900 - 1.800 a.C. até o século IV desenvólvese a cultura castrexa, é dicir, durante a Idade do Bronce e o Imperio Romano. A Idade do Bronce en Galiza baséase fundamentalmente no ferro e desenvólvese en tres etapas:

      • Bronce inicial ou protoatlántico (até o 1.500 a.C.): uso do cobre e importancia da cultura campaniforme.

      • Bronce medio (1.500 - 1.100 a.C.): desenvolvemento tecnolóxico, uso do estaño, riqueza artística.

      • Bronce final ou atlántico: metalurxia ternaria (cobre, estaño e chumbo).

      • A riqueza mineral de Galiza, sobre todo no que se refire ao estaño, fixo que o desenvolvemento da metalurxia fose moi importante, fito ao que se refiren as fonte literarias clásicas.

        A sociedade da Idade do Bronce é xa moi diferente da megalítica:

        • A economía baséase en:

          • Agricultura cerealista.

          • Gando domesticado.

          • Relacións comerciais coa Bretaña, Inglaterra, o sur de Portugal e o Mediterráneo.

        • A sociedade está xa máis xerarquizada:

          • Existe unha elite militar e comerciante que controla a metalurxia, o que se reflicte en enterramentos individuais e o uso de xoias.

          • Segue a existir unha poboación rural herdeira da megalítica, dispersa e dependente da agricultura e a gandería.

        A decadencia da metalurxia do bronce e a chegada de pobos centroeuropeos, que dominan a técnica do ferro, darán lugar á cultura castrexa. Neste momento, a medio camiño entre a Idade do Bronce e a cultura castrexa, aparece a arte rupestre, fortemente relacionada co comercio do metal, entre a que destacan os petróglifos:

        • Representan motivos zoomorfos, antropomorfos, xeométricos ou idoloformes.

        • A súa distribución xeográfica é concentrada, pois atopámolos nas rías de Pontevedra e Vigo, no val do Lérez (Campolameiro) e preto do nacemento do Ulla (monte Farelo).

      • O mundo castrexo (século IV a.C. - século IV d.C./ 600 a.C. - 476 a.C)

      • Un dos historiadores máis sinalados no estudo deste período é LÓPEZ CUEVILLAS, quen fala de civilización céltica. Actualmente téndese a minimizar a importancia dos celtas neste período, que para MURGUÍA eran o seu compoñente esencial, e defínese coma o momento no que se produce a sedentarización definitiva da poboación.

        O máis característico desta cultura é o asentamento de poboación denominado castro. Cómpre sinalar que, malia estenderse a cultura castrexa até a fin do Imperio Romano, é a etapa comprendida entre finais do Bronce e a chegada dos romanos a máis puramente castrexa.

        As fontes que nos achegan datos sobre a cultura castrexa son:

      • Arqueolóxicas.

      • Epigráficas e artísticas (cerámica e ourivería).

      • Fontes literarias clásicas que achegan datos xenéricos:

        • Avieno, quen di que os saefes (serpes) celtas desprazan aos oestrymnia.

            • Strabón.

            • Plinio.

            • Mela.

          Isto dá lugar un dos grandes problemas da historiografía galega: a cuestión de se a poboación dos asentamentos castrexos era ou non celta, o problema do celtismo:

              • A tese do celtismo era coherente na obra de MURGUÍA (Historia de Galicia), quen fundamentaba a nación galega na raza celta. O celtismo constituía para románticos coma Murguía ou Pondal o mito fundacional da nacionalidade.

              • Na actualidade non se sostén a tese, mesmo chega a negarse totalmente pola grande escaseza de vestixios arqueolóxicos, só se pode sustentar en aspectos relixiosos e lingüísticos.

          Así, na actualidade considérase que a poboación dos castros era froito de diferentes achegas raciais, entre elas a celta. Os celtas chegarían a comezos do último milenio a.C., pero segundo J. De Hoz non eran numerosos, polo que se adaptarían á sociedade indíxena.

          Unha grande achega dos pobos centroeuropeos foi a técnica do ferro, até entón descoñecida.

        • Os castros

        • Localización no espazo e no tempo

        • Os castros son unha asentamentos humanos e formas arquitectónicas localizadas no noroeste peninsular na Idade de Ferro.

        • Características arquitectónicas

        • Segundo a descrición de LÓPEZ CUEVILLAS un castro caracterízase por:

          • Recintos fortificados de forma oval ou circular

          • Están rodeados por un ou varios muros concéntricos con cadanseu foxo.

          • Sitúanse, xeralmente, no cume de outeiros ou montañas, polo que teñen un carácter defensivo.

          Do resultado das escavacións dedúcese que os castros son o primeiro tipo de arquitectura estábel e, ademais, poden ter dúas finalidades:

          • Estaren construídos para ser habitados, apreciándose unha rudimentaria urbanización. Podemos distinguir dúas etapas:

            • Prerromana: as vivendas son circulares ou ovais e, nun primeiro momento, son construídas con materiais perecedoiros, despois con pedra.

            • Romanos: as vivendas son de planta rectangular.

          • Ser refuxios de guerra, moitos mesmo puideron ser construídos durante a invasión romana.

        • Número de castros

        • O número de castros descoñécese, hai diferentes teses:

        • BARROS SILVELO: 1.300.

        • LÓPEZ CUEVILLAS: 5.000.

        • ALBER BOUHIER: 2.000 - 2500.

        • Correspondencia con outros períodos históricos

        • A distribución dos castros no territorio galego, abundantes no centro (Ulloa, Deza, Tabeirós...) e raros no sueste e nas montañas do norte, correspóndese cos lugares con grande número de monumentos megalíticos, pero tamén con asentamentos posteriores (igrexas, parroquias). Están moi espallados e sempre son individuais, de aí unha forte humanización da paisaxe.

        • Economía

        • A economía dos castros foi descrita por autores clásicos coma Strabón (Xeografía da Iberia), pero os restos arqueolóxicos e paleontolóxicos achégannos máis datos. Así sabemos da súa economía que se baseaba en:

          • Agricultura: baseada nos cereais (trigo e millo miúdo) e legumes (fabas, chícharos) para a que dispuñan de importantes instrumentos coma fouces, muíños de man...

          • Gandería: domesticado (vacas, porcos, cabras, ovellas) ou salvaxe (porco bravo, cervo).

          • Marisqueo: ostras, ameixas, percebes...

          • Pesca: nas zonas próximas á costa.

          • Explotación dos recursos mineiros: seguindo a tradición da Idade do Bronce explotaron o estaño, ferro, ouro (brazaletes, torques) ou chumbo e desenvolveron técnicas loadas polos romanos.

          • Intercambios comerciais: tanto internos coma externos (cara o sur da Península). Non se ten constancia do uso de moeda, aínda que Strabón o suxire.

        • Sociedade

        • A estrutura social castrexa está mellor descrita nas fontes clásicas, coma Strabón, aínda que actualmente son moi criticadas, preferíndose as fontes arqueolóxicas, sobre todo epigráficas. Hai diferentes interpretacións sobre a estrutura social:

        • Autores coma C. García Martínez, Caro Baroja ou Bermejo Barrera apuntan a que á importancia dos lazos do sangue, non dunha estrutura política semellante a do estado. Isto, gens ou gentilitas, sería un modelo de influencia celta.

        • Outros autores coma X. Pereira Menaut afirma que a gens dáse en Hispania, agás na Gallaecia, do que se deduce que a estrutura social de Gallaecia é singular.

        • De xeito máis concreto habería deferentes unidades sociais, de menor a maior rango:

        • A familia.

        • Unha unidade intermedia sobre a que hai dúas teorías:

          • Centurias: organizacións supra-familiares de carácter político e militar.

          • Castella: comunidades integradas nos populi, pero con certa autonomía.

          • O populus ou civitas, habería diferentes populi ou tribos (callaeci, nerios, caporos...)

          • A sociedade castrexa era unha sociedade belicosa, xerarquizada, cunha minoría dirixente probabelmente de orixe céltica e unha profunda relixiosidade:

            • Existen diferentes deuses, cerca dun cento:

              • Deuses maiores (o das montañas) e menores (animais, encrucilladas...)

              • Moitos deles contaminados pola tradición romana nas fontes clásicas.

            • Non existen nin templos nin sacerdotes (druídas).

            • Realízanse sacrificios animais e humanos.

          • Romanización: de Callaeci a Gallaecia. Sociedade, cultura e economía

          • Trazos xerais

          • A romanización de Gallaecia foi serodia e nunca completa, pois non foi tanto unha imposición da cultura romana, senón que confluíron a cultura autóctona e a de Roma. Roma historizou a cultura castrexa e fixo que producisen cambios determinantes para Galiza:

          • A adopción do nome Gallaecia, que designa un territorio co rango de provincia administrativa.

          • Mudanza das bases económicas: estabilízase a agricultura e explótase a riqueza mineira (obxectivo dos romanos).

          • Imponse o latín como lingua universal.

          • Chegan novas formas relixiosas que serán a canle para a chegada do Cristianismo.

          • Expedicións e guerras

          • Durante a conquista prodúcense diferentes guerras que se dividen en dúas fases:

          • Fase lusitana: prodúcense expedicións, episodios de castigo, pillaxe e conflito. Desenvólvense as seguintes campañas militares co obxectivo de facérense coas riquezas minerais:

            • Décimo Xuño Bruto cruza o Limia (río do esquecemento) no 137 a.C. e chega até o Miño. Trátase dunha incursión de castigo.

            • Craso dirixe unha expedición no 96 - 94 a.C.

            • Perpenna desenvolve unha campaña no 74 a.C.

            • Xulio César desenvolve nos anos 61 - 60 a.C. a expedición máis importante por vía marítima.

            • Fase astur-cántabra: o mesmo Augusto dirixe unha importante expedición militar que dá lugar ás guerras cántabras (29 - 19 a.C.) que fan supoñer que a resistencia castrexa foi forte, malia que o episodio do Medulio non sexa cotexábel. Trala fin das guerras cántabras comeza a pax augusta ou pax romana.

            • Organización do territorio

            • Organización administrativa

            • O territorio de Gallaecia é sometido a unha vixilancia especial nos primeiros tempos pola súa inestabilidade. Como froito da conquista créanse tres cidades cos seus respectivos conventos: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo); núcleos urbanos que influirían na historia posterior de Galiza. Os conventos reunían as funcións:

              • Administrativa, de xeito que nelas se atopaban os exactores e outros funcionarios.

              • Relixiosa, de culto ao emperador.

              • Xurídica, a un nivel inferior á provincia.

              Os conventos tiñan un carácter civil, fronte aos distritos, de carácter militar.

              Por outra banda, a integración administrativa da Gallaecia no Imperio dáse durante o reino dos Flavios, cando:

              • se configuran os conventos,

              • se instala un campamento militar nos límites de Asturica Augusta,

              • se estabiliza a estrutura administrativa, especialmente en Asturica Augusta.

            • Rede de comunicacións

            • Enlazaban as tres cidades e foron descritas a principios do século III no Itinerario de Antonino:

            • Vía XVII: de Braga a Astorga pasando por Chaves.

            • Vía XVIII ou nova: de Braga a Astorga pasando pola actual provincia de Ourense. Conta con numerosos miliarios e mansións.

            • Vía XIX: de Braga a Lugo pasando por Caldas (Aquis Celenis) e Iria Flavia, despois ía ata Astorga polo Bierzo.

            • Vía XX: Braga - Lugo - Astorga pola costa.

            • Existían vías secundarias e as mansións existentes ao carón das calzadas adoitaban estar en zonas de augas termais.

            • Transformacións na agricultura e explotación dos recursos mineiros

            • A romanización supuxo a transformación do hábitat agrario e a explotación sistemática da riqueza mineira. En relación ao primeiro prodúcese o seguinte fenómeno:

            • Un abandono progresivo dos castros a partir do primeiro século, aínda que máis adiante se volverían repoboar e mesmo hai castros que poderían ser posteriores á romanización.

            • A aparición das villae, explotacións agrícolas estábeis dirixidas por un grande propietario que dispuña de instrumentos e man de obra. As villae suman un número importante a partir do século III, pois a súa aparición é tardía.

            • A explotación dos recursos minerais foi moi importante durante todo o tempo que os romanos permaneceron na Gallaecia. Usábanse os seguintes métodos, segundo conta PLINIO na súa Historia naturalis:

            • Extracción do leito dos ríos, para o que se chega a desviar os cursos, como acontece co Sil en Montefurado.

            • Escavación a ceo aberto (no Courel).

            • Ruina montium, practicado nas Médulas e consistente no derrubamento de montañas.

            • Pola proximidade xeográfica dos centros de extracción, non é de estrañar o forte peso administrativo de Asturica Augusta. Ademais, esta intensa actividade mineira favorece os intercambios comerciais e o desenvolvemento da zona, sendo esta a orde descendente a nivel de desenvolvemento dos conventos: Bracara Augusta, Asturica Augusta e Lucus Augusti.

              Sen dúbida o trazo característico da romanización da Gallaecia é a converxencia entre o autóctono e o romano, en tódolos aspectos:

              • Conservación da onomástica autóctona.

              • Conservación das organizacións sociais intermedias (centurias).

              • Converxencia entre os cultos autóctonos (Bandua, Nabia aparecen en moitas epigrafías) e os romanos.

              • A lingua latina serve para historizar a cultura e os valores castrexos.

              • As manifestacións artísticas combinan o autóctono co romano, destacando da arte romana:

                • A arquitectura (muralla de Lugo, Torre de Hércules...)

                • Obras pictóricas coma os mosaicos.

              É un centro importante para a Gallaecia a urbe de Lucus Augusti, un núcleo importante de romanización.

              Neste senso, Rufo Festo Avieno, fala dos oestrymnios como primeiros poboadores de Galiza en Ora maritima, que serian desprazados polos celtas na Época do Bronce final.

              Capa de terra e pedras que semellan un pequeno outeiriño, dentro do cal se atopa o sepulcro. A idea de illamento do sepulcro é unha constante no megalitismo.

              Neste senso atópase o tesouro de Caldas de Reis en 1940, 50 kg de ouro macizo.

              Podían mesmo ter servizos colectivos e estar formados por barrios, como é o caso do castro de Santa Tegra.

              1. Gallaecia

              3

              Historia de Galiza

              2006/2007

              USC

              aluden aos celtici como ocupantes do Noroeste.

    Vídeos relacionados