Historia de España del Siglo XIX

Historia de España. Siglo XIX. Situación económica. Desamortización de Mendizabal. Guerra de la Independencia española. Fases de la guerra. Cortes de Cádiz. Inquisición. Trienio liberal. Década ominosa. Guerras carlistas. Sexenio liberal

  • Enviado por: Iria
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 18 páginas
publicidad

Historia económica do s.XIX

1800 - 1875

Dende un punto de vista político, a historia de España no s.XIX non arranca exactamente no 1800. Se queremos falar da España contemporánea deberíamos situarnos en 1812, cando as Cortes de Cádiz reforman o sistema político español.

Aínda que para entender o sucedido temos que ir anos atrás: En España, os secretarios reais eran ilustrados, é dicir, críticos co antigo réxime, coa sociedade estamental e partidarios de suprimir os privilexios da nobreza e do clero, pero nunca chegaron a cuestionar o poder absoluto do rei. En 1789 a Revolución francesa alterou por completo a situación política europea. O conde de Floridablanca mandou pechar fronteiras para impedir a chegada das novas ideas e iniciou unha política hostil con respecto aos franceses. O seu sucesor, o conde de Aranda, mantivo estas liñas básicas pero suavizou as hostilidades cas novas ideas. En 1793, Luis XVI foi guillotinado e España, igual ca o resto das monarquías europeas, declarou a guerra a Francia na chamada Guerra da Convención (1793-1795). Neses momentos, en España estaba no poder Manuel Godoy, favorito de Carlos IV, e sobre todo da súa esposa, María Luisa de Parma. Neste conflicto, o clero español púxose claramente en contra da Revolución apoiando a política de Godoy con importantes donativos e defendendo a guerra nas súas homilías. A este clima de odio contra os franceses contribuíu tamén a chegada de miles de refuxiados que encheron as zonas fronteirizas con Francia, fundamentalmente clérigos e relixiosos.

Nas primeiras fases da guerra, o exército español logrou algunhas victorias pero en 1794 o signo cambiou. Os republicanos franceses ocuparon parte de Guipúzcoa, Navarra e Girona, incluíndo cidades como Figueras ou Donostia. Todo isto fixo que se buscase a paz, que chegou co Tratado de Basilea (1795), onde Francia devolvía os territorios ocupados a cambio da cesión de Santo Domingo e concesións comerciais. A partir deste tratado, España asinou diferentes tratados con Francia, tendo como enemigos a ingleses e portugueses. Por exemplo o Tratado de San Ildefonso (1796), no que acordaban o auxilio mutuo en caso de ataques enemigos; o acordo de Aranjuez (1801);o ou o tratado de Fontainbleau (1807). Todos estes tratados implicaban a colaboración de ambos países e levaron á Armada española contra a inglesa sufrindo derrotas como a Batalla de San Vicente e sobre todo a de Trafalgar (1805). O último dos acordos, o tratado de Fontainbleau repartía Portugal entre España e Francia e permitía ás tropas francesas entrar na Península para ocupar o territorio portugués. Este acordo coincidiu cun momento de profundo malestar en España. As clases baixas vivían da miseria. O clero fora prexuditado polas medidas desamortizadoras de Godoy, que vendeu bens da Igrexa para pagar a débeda do Estado.

A aristrocacia non afectaba ao favorito pola súa orixe fidalga, e todo isto levou a diversas conspiracións que tiñan como obxectivo substituír a Carlos IV polo seu fillo Fernando. O peso das tropas francesas polo territorio español serviu de excusa e axiña estas tropas ocuparon as cidades máis importantes de España. Nestas circunstancias ten lugar o Motín de Aranjuez (marzo 1808) no que se consigue a caída de Godoy e a abolición de Carlos IV subindo ó trono Fernando VII, co apoio de Napoleón. Así, o panorama de monarquía española debuxaba un enfrontamento entre pai e fillo que colocaba como árbitro a Napoleón, e este, vendo o papel que lle asignaban, convocounos a ambos en Bayona (Francia) onde maniobrou para que renunciaran sucesivamente á coroa de forma que esta acabou en mas do seu irmán, Xosé Bonaparte.

As condicións para esta renuncia eran que a relixión católica sería a única do reino e que se mantería a integridade territorial de España. Nestas circunstancias, Xosé I concédelle a España unha “constitución” , que non é realmente tal, senón que é unha carta outrogada xa que non foi elabaorada por un parlamento senón aprobada polo futuro rei. Este estatuto de Bayona debía ser a nova lei fundamental do reino suprimindo as bases xurídicas do Antigo Réxime e iniciando reformas moderadas. Recoñecía algúns dereitos, propuña reformas xudiciais e administrativas pero mantiña unha autoridade autoritaria. As súas caracteríasticas fundamentais eran:

  • Relixión: A relixión católica era a única do estado seguindo co acordado con Carlos IV.

  • División de poderes: o poder executivo estaba no rei e os ministros tiñan responsabilidades ante el e as Cortes. O poder lexislativo era levado a cabo por tres organismos: o Senado, que garantía a constitucionalidade das leis; o Consello de Estado, formado por técnicos que nomeaba o rei, tiña facultades consultivas e preparaba os proxectos de lei; e as Cortes, que se organizaban mediante representantes estamentales etiñan unhas facultades moi limitadas. En canto ó poder xudicial suprímense as xurisdiccións señoriais e os xuíces son nomeados polo rei.

  • Liberdades: recóllese a liberdade de expresión, de prensa e de domicilio.A igualdade de todos ante a lei, a igualdade de todos ante a contribución (anque pagaban en función da súa situación económica). Elimínanse as aduanas interiores e suprímense os morgados.

O proxecto de soborno de Xosé Bonaparte só foi aceptado por un pequeno grupo de ilustrados que viron nel unha forma de sacar ao país do atrancamento e modernizar España. Foron os chamados afrancesados (un apelativo claramente pexorativo). Nunca pasaron de ser un grupo reducido, arredor de 15000 e non lograron asentar o poder do novo rei.

O 2 de maio de 1808 estalou en Madrid unha revolta contra o novo goberno que se estendeu rapidamente a outras cidades. Ante a ausencia dun poder lexislativo e executivo, nas distintas cidades de España, o pobo asume a soberanía vacante e forma unha rede de poderes baixo a forma das Xuntas Provinciais de Defensa nas que se integran persoas procedentes dos municipios e que teñen un plantexamento revolucionario xa que a lexitimidade destas xuntas vén dada pola soberanía popular, así configúrase un poder paralelo á monarquía de Xosé Bonaparte.

En setembro de 1808 constitúese unha Xunta Central presidida polo conde de Floridablanca con representantes das Xuntas Provinciais. Esta Xunta Central proclámase poder soberano e trasládase ao sur e dura até 1810 porque en xaneiro deste ano convócanse Cortes para unha cámara única que se autodenominou Asamblea Nacional Constituínte.

Paralelamente, o exército español reorganizouse e unido a grupos de civís formou partidas guerrilleiras que atacaban a retagarda das columnas francesas. Iniciábase así a Guerra de Independencia Española (1808 - 1814) . Nesta guerra podemos sinalar as seguintes etapas:

  • 1ª etapa: maio- xullo 1808. Caracterízase polo fracaso francés en ocupar España. Napoleón calculara mal a resistencia española e pensaba que sería nula, por iso enviou tropas inexpertas ou demasiado veteranas. Algunhas cidades resistiron: Valencia, Zaragoza, Xirona, pero sobre todo destaca nesta fase a batalla de Bailén, na que o xeneral Dupont foi derrotado por un exército español ó mando do xeneral Castaños (Era a primeira vez que un exército Napoleónico era derrotado en campo aberto.) Esta batalla tivo as seguintes consecuencias:

  • Despertou nos españois a ilusión de derrotar ós franceses.

  • Facilitou que se formase en Europa unha nova coalicción contra Napoleón.

  • Fixo que Inglaterra tomase enserio a resistencia española.

  • Provocou que Xoán I escapase de Madrid.

  • Demostroulle ós ilustrados que a gerra era inevitable, polo que tamén se uniron á resistencia.

    • 2ª etapa: xullo 1808 - xuño 1812. Esta foi a etapa do dominio francés. Napoleón rectificou o seu erro anterior e veu a España cos 250000 homes e os seus mellores xenerais. A victoria foi fulminante e repuxo a Xosé Bonaparte no trono en Madrid. Desde ese momento a guerra vai facerse de tres modos:

  • En primeiro lugar, o exército regular español, que será desarticulado e desmantelado.

  • En segundo lugar, a resistencia que ofrecen algunhas cidades durante meses: Zaragoza e Girona por exemplo.

  • E en terceiro lugar a guerra de Guerrillas que se xeraliza a partir de 1809. Este exército irregular xogou un gran papel porque impedía aos franceses unir os seus efectivos nas batallas en campo aberto, sempre tiñan que deixar destacamentos para protexer as comunicacións e os suministros. Unha característica das guerrillas era a espontaneidade, formábanse con todos os con civís e militares de todos os extractos sociais, os seus xefes eran escollidos polo seu valor e heroísmo e o seu obxectivo era causar o maior dano posible nas comunicacións e aprovisionamento francés. Foi un elemento moi importante na derrota francesa, pero non debemos sobreestimalo. A actuación das tropas angloportuguesas tamén foi decisiva. Ademais a guerrilla trouxo moitas consecuencias negativas para a época posterior á guerra porque foi unha escola de rebeldía colectiva e moitos guerrilleiros tiveron serios problemas de adaptación.

    • 3ª etapa: 1812 - 1814. A guerra cambia de signo e os aliados toman a iniciativa. A campaña en rusia obligou a Napoleón a retirar tropas e por primeira vez, os aliados eran superiores en número. Os feitos máis destacados desta etapa son: a batalla de Arapiles (xullo 1812) cunha vitoria total dos aliados que entran en Madrid pero logo se retiran a Portugal; a batalla de Vitoria (primavera 1813) Xosé marcha definitivamente de Madrid en dirección ó norte e o seu exército é derrotado cerca de Victoria. Na retirada, hai outra batalla en San Marcial (preto de Irún) de modo que a finais de 1813 os franceses son expulsados do territorio español. En diciembre de 1813 asínase o tratado de Valençay, onde Napoleón acepta liberar a Fernando III que seguía en Bayona e recoñéceo como rei de España pedíndolle que sexa benevolente cos afrancesados. Mentras tanto, as tropas francesas de levante abandonan o territorio español polo leste e saen de Cataluña nos primeiros meses de 1814.

    Consecuencias da guerra:

    • Perdas humanas: é imposible calcular exactamente o número de perdas humanas pero sumando os mortos en campaña, por fame e por epidemiaas podemos calcular unhas perdas no potencial de crecemento demográfico dunhas 800000 persoas.

    • Perdas materiais: tampouco están avaliadas exactamente pero sabemos que foron catastróficas. Pr exemplo: destrucción de boa parte do mundo urbano; desmantelamento da industrui téxtil castelá que non se recuperará nunca; a agricultura quedou totalmente destrozada, reduciuse drásticamente a cabana( nº de animais) gandeira, sobre todo a merina(ovellas) que pasa de 7 a 2 millóns de cabeza; houbo unha sangría moi grande por ter que alimentar a tres exércitos simultáneamente, a débeda pública española case se duplicou...

    • Outras consecuencias: a guerra supuxo o exilio de afrancesados e liberais, o expolio do patrimonio artístico; freouse o pequeño desenvolvemento industrial e produciuse unha grave crise no mundo real que favoreceu o bandoleirismo.

    As cortes de Cádiz

    En setembro de 1808, a Xunta Suprema Central Gobernativa do Reino asumiu a rexencia do reino, os defensores desta opción dividíanse en dous grupos: os liberais defendían un réxime baseado na ideoloxía da Revolución francesa pero independente de Napoleón, e os absolutistas defendían a tradición e o sistema do Antigo Réxime e eran maioritariamente membros dos grupos privilexiados. En xaneiro de 1810, esta xunta convoca eleccións a Cortes nun sistema un tanto peculiar, xa que moitas provincias estaban ocupadas polos franceses. Nese caso, a xunta escollía os deputados desa provincia, moitas veces entre os exiliados que estaban en Cádiz. Por iso, entre os 184 deputados había unha maioría liberal (partidaria da reforma); un terzo dos deputados eran clérigos, predominando o clero ilustrado; había un número considerable de funcionarios e avogados, sobre un 20%; a aristocracia supuña arredor dun sexto do total; había tamén un número significativo de intelectuais; porén había moi poucos burgueses. Deste modo, os liberais impuxeron os seus principios e proclamáronse Asamblea Nacional Constituínte asumindo a soberanía nacional. Os traballos para redactar a constitución fixéronse en comisión, orientadas e dirixidas por Jovellanos.

    O 19 de marzo de 1812 aprobouse e proclamouse a primeira constitución española: A Pepa , que establecía os seguintes principios:

  • Soberanía nacional: O artigo 3 da constitución (páx. 183) di: “A soberanía reside esencialmente na nación e polo tanto pertence a esta exclusivamente o dereito a establecer as súas leis fundamentais.”

  • O sufraxio era indirecto(como actualmente) e censatario, pero era universal para os varóns.

  • Establécese a confesionalidade católica do Estado e prohíbese a práctica de calquera outra relixión. No artigo 12 dise: “A relixión da Nación española é e será perpetuamente a Relixión Católica [...] e prohíbese o exercicio de calquera outra.“

  • Establécese a división de poderes:

    • O poder lexislativo recae nas Cortes e o rei. Art. 15: “A potestade de facer al leis reside nas Cortes co rei” As Cortes configúranse nunha cámara única. A categoría de elector exclúe ás mulleres, o servizo doméstico. A todos os que tivesen unha forma de vida descoñecida e a todos os que fosen de orixe africana. O rei pode opoñerse á aplicación dunha lei aprobada polas Cortes.

    • Poder executivo. Exérceo o monarca con ministros que escolle libremente. Art. 16: “A potestade de executar as leis reside no rei.” Deste modo, o monarca é ao mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno.

    • Poder xudicial. Recae nos xuíces que administran xusticia en nome do rei suprimindo así todas as xurisdiccións señoriais e facendo a todos os españois iguais ante a lei.

    5. Como consecuencia de todo o anterior, establécese unha monarquía constitucional.

  • As cortes de Cádiz aprobaron tamén outros decretos:

    • Educación pública. Estableceuse a obligación do estado de crear en todas as vilas unha escola de ensino primario.

    • Dereitos e liberdades. Aprobáronse sucesivos debates recollendo a liberdade de imprenta, a abolición da Inquisición, a liberdade de fabricación (en contra dos gremios), a liberdade de explotación da terra polos propietarios. A supresión das alfándegas interiores, o libre contrato laboral. Establécese a igualdade ante a lei obligando a unificar os códigos (libros onde se recollen as leis!!). Establécese o dereito á propiedade. No ano 1813 desamortízanse os bens municipais. Elimínase o réxime señorial e todas as rendas derivadas deste.

    Todo este labor administrativo non tiña aplicación práctica porque o país estaba en guerra e faltaba unha burguesía liberal consolidada. Con todo, a constitución de 1812 quedou como o gran referente do constitucionalismo español e foi en todo momento un símbolo para os liberais.

    A restauración

    Esta etapa vai de 1814 a 1820. Tras a derrota de Napoleón, tanto liberais como absolutistas esperaban ansiosos o regreso de Fernando VII. Este regresou en marzo de 1814 e no canto de volver directamente, vai percorrendo o país para valorar o apoio popular co que contaba. Encontra que o seu papel é o de monarca constitucional e isto vaino predispoñer contra o traballo das cortes de Cádiz. Un sector da clase política (69 diputados das cortes de Cádiz) entrégalle un documento chamado o Manifesto das persoas no que se compara a situación vivida durante o período de Cádiz con un período de anarquía que padecía o pobo persa antes de que tomase o relevo un novo rei, antes da coroación do seguinte. Neste documento hai unha revalorización da monarquía nacional e un rexeitamento total da obra das cortes de Cádiz. Ó mesmo tempo, solicítase do rei a convocatoria de cortes estamentais para a comenter as reformas que se precisaban. Ante este panorama en maio de 1814 Fernando VII promulga un decreto acumulando todo o feito en Cádiz e restaurando a situación de 1808.

    Comeza así un período de 6 anos nos que España é gobernada polos sectores máis reaccionarios. A Igrexa inicia unha cruzada contra a liberdade e a democracia. Reestablécese o Tribunal da Inquisición. Suprímese a liberdade de expresión e de asociación, etc.

    Neste período, España desaparece como potencia europea, porque as colonias americanas logran a independencia entre 1808-1820. Ao desmoronarse o imperio americano, a crise económica foi inmediata e progresivamente viuse que o sistema absolutista era inviable. Ó mesmo tempo, o monarca persigue ós afrancesados e os partidarios de Cádiz. Os primeiros son desterrados, e os segundos son detidos asentando como base do goberno a intolerancia e a represión por cuestións ideolóxicas, algo que será unha constante na política española dos ss. XIX e XX.

    O novo réxime non corrixiu a nova situación económica, en parte por ineptitude, pero tamén porque hai unha reducción evidente das rendas do estado:

  • Houbo que devolver as terras desamortizadas e pagalas.

  • Houbo unha reducción dos ingresos que proviñan dos impostos porque a nobreza e o clero deixan de pagar.

  • A independencia das colonias aumentou gastos militares

  • Así pois a volta ó vello sistema freou o desenvolvemento económico e estancou o país e empeorou as condicións de vida da poboación.

    Todo este período presenta pronunciamentos militares para acabar co réxime político, practicamente houbo algún todos os anos, os máis destacables son o de Espoz y Mina (1814) e o de Porlier (1815).

    O trienio liberal 1820-1823

    En 1820 trunfa un pronunciamento encabezado polo comandante Rafael Riego que proclama a constitución de 1812. Trunfa debido a que:

  • Riego logra o apoio das tropas que esperaban en Cádiz para ir a América e evitar a independencia.

  • Pasividade tanto do goberno como da maioría da poboación.

  • Como consecuencia Fernando VII ten que aceptar o movemento e o novo goberno publicando un manifesto no que reestablece a constitución de 1812.(“...marchemos francamente, e eu o primeiro, polo vieiro constitucional.” )

    Estes tres anos foron o primeiro en saio de goberno constitucional que viviu España na súa historia, porque o novo goberno reestablece todas as leis e decretos de Cádiz: liberdade de prensa, inviolabilidade de domicilio, supresión da Inquisición, liberalización do comercio, liberalización da industria con supresión dos gremios, desamortizacións, liberdade política dos cidadáns, reforma educativa, intento de supresión dos señoríos, a Igrexa foi apartada dos órganos de poder do estado e4 organizouse unha milicia nacional como forza cívico-militar que defendía o réxime constitucional.

    Esta dexperiencia constitucional( 1820-1823 ) foi un fracaso polos seguintes factores:

  • Os liberais foron sempre unha minoría sen apoio popular.

  • Os liberais estaban divididos en dous grupos: moderados e exaltados. Os moderados defendían pactar cos absolutistas e incorporalos ó sistema restrinxindo algúns principios liberais para que ós reaccionarios non lles parecera mal. Os exaltados (máis tarde chamados progresistas ) querían radicalizar as medidas liberais, reducir o poder da Igrexa e crear un estado que garantice as liberdades .

  • O funcionamento do sistema era moi complexo e non definía claramente os poderes do rei e do goberno.

  • A oposición absolutista foi constante tanto da nobreza como do clero especialmente é este último xa que os liberais reduciran o seu poder económico e ofrécenlles o control da educación.

  • A oposición dos campesiños tamén foi intensa, víanse perxudicados porque lles aumentaban os impostos e non se beneficiaban da desamortización.

  • En consecuencia, desde o primeiro momentos, os absolutistas quixeron acabar co réxime participando o mesmo Fernando VII nas cospiracións. Ademais, o exército español foi imitado noutros países europeos. E as ptencias da Sta. Alianza: Prusia, Austria, Rusia e Francia, deciden no congreso de Verona (1822) intervir militarmente. Un exército francés, os cen mil fillos de San Luis, mandados poilo duque Angulema, entran en España e intentan deter ó goberno que se refuxia en Cádiz. O 1 de outubro de 1823, Fernando VII é posto en liberdade polos liberais. Anula toda a lexislación do trienio, repón a soberanía real e restaura o absolutismo. Nestas circunstancias, a falta de oposición popular evitou unha guerra.

    Balance do trienio: estes tres anos foron un fracaso do constitucionalismo español, pero tamén presentaron elementos positivos. Por exemplo: profundizouse na revolución liberal de Cádiz; desvinculáronse os morgados (os herdeiros podían facer o que quixesen cas terras); renovouse o exército; dividiuse o reino en provincias; aprobouse unha lei de instrucción pública que fixa tres niveis: primario, secundario e universitario; reformouse a Igrexa suprimindo todos os conventos que non tivesen un mínimo de membros (todos os conventos que tivesen menos de 10 frades...), os bens destes conventos reprimidos nacionalizáronse e desamortizáronse (puxéronse á venta), o número de conventos foi reducido á metade; e por último, o réxime liberal conseguiu estender as súas ideas a través da prensa e das sociedades patrióticas.

    2ª Restauración ou Década ominosa 1823-1833

    Este período acaba en 1833 cando morre Fernando VII, supuxo unha etapa de dura represión e de abolición das liberdades. O propio duque de Angulema mostraba a súa sorpresa pola crueldade e espírito vengativo do rei, xa que este levou a cabo unha intensa depuración poñítica. Moitos liberais foron executados: Riego, o Empecinado, o xeneral Torrijos, Mariana Pineda, etc. Ademais moitos tiveron que exiliarse en Gran Bretaña ou en Francia. A Igrexa foi o principal aliado do rei, xustificando a represión e denunciando ós partidarios do liberalismo.

    Con todo, esta década incorporou algúns cambios na administración do estado e na administración do país: institúese o consello de ministros como goberno do reino, sustitúese o consello de Castela por un ministerio do interior, reorganízase a facenda pública, empeza a elaborarse un orzamento do Estado, desamortízanse bens da Igrexa co consentimento da Sta. Sede (Vaticano), apróbase o primeiro código de comercio, apróbase un plan de minas (1825) que reafirmaba a propiedade da coroa sobre as minas españolas, créase a bolsa de Madird (1831), reorganízase o sistema tributario elevando a presión fiscal e mellorando a recadación.

    A economía española, tras vinte anos de crise, entra de novo en crecemento e empeza a despegar o cal trae consigo consecuencias positivas social e demograficamente. Porén, se a evolución económica foi boa, a evolución política non o foi tanto. Os liberais resistíronse á 2ª Restauración tanto no interior coma no exterior, e os absolutistas mías conservadores opoñíanse ás ferormas pedindo unha represión aínda máis dura.

    Neste clima de tensión política ante a falta de fillos de Fernando VII, os reaccionarios reclaman a coroa para o seu irmán Carlos María Isidro (carlistas).

    En 1830, Fernando VII ten unha filla, Isabel, e o rei aproba en marzo unha Pragmática Sanción para anular a lei Sálica que impedía reinar ás mulleres desde Felipe V. Isto provocou un conflicto dinástico de graves consecuencias para o país e a oposición dos carlistas apoiados polos absolutistas máis reaccionarios fixo que Fernando VII se apoiase nos liberais moderados para asegurarlle o trona á súa filla.

    En outubro de 1832 noméase un novo goberno con maioría liberal durante unha enfermidade do rei, este goberno toma importantes decisións, como poden ser:

    • A apertura das universidades.

    • Amnistía política para os liberais exiliados.

    • A depuración no exército e na administración dos carlistas.

    Pouco despois o rei mellora e retoma o poder facendo que Isabel xure como princesa de Asturias ante as cortes en xuño de 1833. Como consecuencia, don Carlos abandona España e cando morre o rei en setembro empeza a 1ª guerra carlista: unha longa guerra civil que vai ocupar gran parte do s. XIX e supón o final definitivo do absolutismo en España.

    As Rexencias (1833-1843)

    Á morte do rei, a súa viúva Mª Cristina de Borbón encargase da rexencia e vese obrigada a gobernar cos liberais. Este período de rexencia marca un cambio total na organización do Estado xa que os liberais van consolidando un réxime constitucional (sempre moi moderado). Así, algunhas das primeiras medidas do novo goberno foron: disolver os gremios, liberdade de comercio, liberdade de fabricación, amnistía total dos exiliados… Tamén se viu claro o intento de limitar o poder da Igrexa, así suprímese todo mosteiro no que a lo menos un frade se unise ás tropas carlistas.

    En 1834, proclámase o estatuto Real, unha nova carta outorgada que intenta sustituir ás Cortes de Cádiz. Os puntos fundamentais do novo estatuto real eran:

  • Propúñase un réxime gobernado por dúas institucións: o rei e as Cortes. Estas só poden legislar a proposta do monarca que é quen as convoca.

  • As cortes establecen un sistema bicameral de influencia británica. Había un estamento das Próceres (destacados, importantes) con altos cargos eclesiásticos e administrativos, nobres e grandes propietarios designados polo rei de forma vitalicia(para toda a vida).

  • A segunda cámara chamábase estamento de procuradores e era elixida indirectamente por 3 anos mediante sufraxio censatario moi limitado (votaba aproximadamente o 0.15% da población española). Os votantes elixían dous electores por cada partido xudicial e estes designaban aos procuradores que debían ter un patrimonio considerable.

  • Na teoría admitíase a soberanía nacional pero na práctica o rei tiña moito poder. Podía incluso vetar (prohibir unha lei, quitala) leis de forma definitiva.

  • O novo réxime con este estatuto real satisfacía ós moderados, pero para os progresistas era só un primeiro paso, por iso intentaron constantemente seguir avanzando. Por exemplo:

  • Aprobase a división provincial que mantemos hoxe.

  • Apróbase a liberdade de imprenta pero con censura previa.

  • Renace a milicia nacional chamada agora milicia urbana.

  • No Ministerio de Facenda colócase a Mendizábal que redacta e aproba a gran desamortización do s. XIX: o clero regular é exclaustrado, os seus bens desamortízanse e a Igrexa rompe relacións co Estado.

  • Pola súa parte, a oposición progresista lánzase á acción e estalan violentas revoltas populares en distintas cidades reclamando a ampliación do sufraxio e a entrega do poder ós progresistas. En 1836, unha revolta contra a rexente organizada por suboficiais progresistas obriga a Mª Cristina a poñer de novo en vigor a constitución de Cádiz. A revolta tiña como motivo a destitución de Mendizábal e supuxo a ruptura definitiva co Antigo Réxime porque inmediatamente se redacta e aproba a constitución de 1837. Máis breve que a de Cádiz e máis moderada, os seus puntos principias son:

  • Mantén a soberanía nacional pero dalle ao rei un papel superior á de 1812. O rei ten dereito a vetar leis de forma definitiva. De feito, na práctica institúese unha soberanía compartida porque a potestade de facer as leis recae nas cortes co rei.

  • Establécense dúas cámaras: o Senado e o Congreso dos Deputados. O Senado está formado polos grandes propietarios. A metade é nomeada polo monarca e a outra metade é elidida mediante sufraxio censatario. O congreso dos deputados era elidido por sufraxio directo e censatario. Votaba aproximadamente o 2.2% da población.

  • Os ministros respondían ante o Parlamento.

  • Recóllense certos dereitos individuais como:

    • Liberdade de expresión.

    • Habeas corpus (dereitos dun detido).

    • Inviolabilidade do domicilio.

    • Dereito á propiedade.

    • Non é unha constitución confesional. A relixión católica non é a relixión do Estado senón a relixión que profesan os españois.

    • As cortes adquiren a iniciativa legal pero poden ser disoltas polo rei.

    • Con esta constitución puidéronse promulgar algunhas leis progresistas. Por exemplo:

        • Suprímese a obligación de pagar os décimos á Igrexa.

        • Elimínanse as alfándegas interiores.

        • Apróbase unha lei de imprenta que elimina a censura previa.

        • Establécense os xuizos con xurado.

        • Apróbase unha lei electoral que permite ampliar o número de electores.

        • Retómanse as medidas desamortizadoras e Mendizábal desamortiza todos os bens do clero regular para, con estes ingresos, financiar a débeda pública, financiar a guerra carlista e lograr apoios para a causa isabelina.

        • Decrétase a desaparición dos señoríos e morgados.

        • Apróbanse medidas de liberalización económica: supresión da mesta e disolución dos gremios.

      Con todo, os gobernos progresistas tiñeron moitos problemas para consolidar o seu goberno e a maioría dos gobernos recaeron en mans dos moderados que apoiados pola rexente intentaban limitar as reformas. Por exemplo, apróbase unha lei de concellos pola que os alcaldes son elididos polo goberno.

      Como consecuencia disto, repetíronse as sublevacións populares e as insurreccións progresistas sen que a rexente puidera aumentar o seu poder.

      En outubro de 1839 os xenerais Maroto e Espartero (isabelino) asinan o convenio de Bergara que pon fin á primeira guerra carlista. A situación do país non se estabiliza e Mª Cristina de Borbón renuncia á rexencia. As Cortes elixen como rexente a Baldomero Espartero que tiña un gran apoio popular polo seu éxito na guerra carlista. Espartero apoiado polos liberais progresistas impuxo un sistema de liberalismo autoritario apoiado no exército e gobernou de modo dictatorial sen someterse nunca ao Parlamento. Nos tres anos da súa rexencia (1840 - 1843) logrou a oposición de todo o mundo:

        • A súa política económica era radicalmente librecambrista e perxudicaba á industria catalana poñendo na súa contra aos industriais cataláns.

        • En 1841 recortou e reordeou os foros vasconavarros gañándose a oposición destes territorios.

        • Os progresistas apartaron do poder aos moderados e polo tanto estes tampouco apoiaban ao rexente

        • Os demócratas non aceptaban as formas autoritarias de goberno e criticaban a Espartero.

      En distintas cidades españolas producíronse revoltas urbanas. A máis grave en Barcelona (1842), que foi reprimida por Espartero sitiando e bombardeando a cidade, como consecuencia, a súa popularidade caeu en picado. Ademais, o poder que conseguiu Espartero fixo que lle aparecesen rivais dentro do propio exército, por exemplo: Prim, Serrano, Narváez e O'Donnell.

      En 1843, unha insurrección civil e militar encabezada por Narváez obrigou a Espartero a exiliarse en Londres poñendo fin ás rexencias.

      As guerras carlistas

      Foron unha guerra civil que afectou a España entre 1833 e 1876 repartidas en tres períodos:

        • 1ª guerra carlista (1833 - 1840): Os carlistas dominan o norte, o xeneral Cabrera e o príncipe Carlos chegan ás portas de Madrid. Outro xeneral carlista Zumalacárregui controla o País Vasco ata a súa morte no sitio de Bilbao (1835), a partir deste momento, a guerra inclinouse cara o bando isabelino. En 1839, Maroto 8carlista) e Espartero (isabelino) asinan o convenio de Belgara que supuxo a fin da guerra. No acordo garantíase a conservación dalgúns dereitos forais e recoñecíase a integración no exército isabelino dos militares carlistas manténdolles o seu grao. Cabrera non aceptou este convenio e seguiu até ser expulsado a Francia.

        • 2ª guerra carlista 81846 - 1849) : Céntrase en Cataluña e tivo como pretexto o fracaso da boda entre Isabel II e Carlos Luis de Borbón ( Carlos VI, fillo de Carlos Mª Isidro, Carlos V). Esta boda solucionaría o conflicto dinástico, pero non se levou a cabo e estalou de novo o conflicto. As partidas carlistas dirixidas por Cabrera cegaron incluso a rodear Barcelona pero foron derrotadas en 1849.

      Sen embargo, ata 1860 vai haber pequenos focos carlistas nas zonas rurais do País Vasco, Navarra e Cataluña. Apoiados (estes focos) polo campesiñado e o clero regular.

        • 3ª guerra carlista (1872 - 1876): Os partidarios de Carlos VII (fillo de Carlos VI) enfrontáronse primeiro a un rei extranxeiro, Amadeo I de Saboia, e logo enfrontáronse co exército da 1ª República española. Os carlistas loitaron sobre todo en Cataluña, Navarra e País Vasco. Intentaron de novo ocupar Bilbao e realizaron algunhas expedicións de saqueo (Cuenca).

      A restauración dos Borbóns supuxo o declive do carlismo porque toda a dereita apoiou ó fillo de Isabel II. Os liberais derrotan ós carlistas en Montejurra (Navarra) poñendo fin á guerra.

      Consecuencias das Guerras Carlistas:

    • Derrota do tradicionalismo carlista.

    • Aumento do prestixio dos militares liberais como Espartero ou Narváez.

    • Supuxeron para o país un pesado lastre económico polo seu alto custo.

    • A abolición dos foros en 1876 supuxo para os vascos unha ruptura histórica e empezaron a cuestionarse a unidade de España.

    • A década moderada (1844 - 1854)

      En 1843, Narváez acaba mediante un pronunciamento coa rexencia de Espartero. Para evitar novas rexencias, Isabel II é declarada mayor de idade con 13 anos. A nova raíña encárgalle formar goberno ao partido moderado liderado por Narváez. Este goberno con man dura e a súa etapa caracterízase pola estabilidade, a aprobación dunha nova constitución, o control da administración, a reforma da facenda e o achegamento á Igrexa católica. Narváez, estableceu un sistema político máis estable pero oligárquico no que a representatividade popular era escasa porque primaba a orde sobre a liberdade. As cortes foron suspendidas con certa frecuencia, o falseamento electoral foi continuo, estendeuse a corrupción administrativa e marxinouse por completo ós progresistas.

      Un dos traballos fundamentais de Narváez foi a derogación da constitución de 1837 e a aprobación da constitución de 1845, que reforzaba os elementos conservadores da constitución anterior. As súas características principias son:

    • Establécese a soberanía compartida entre as Cortes e o rei suprimindo a soberanía nacional.

    • Recoñécese a liberdade de imprenta ou de expresión e elimínase a censura previa.

    • Elimínase o sistema de xurados.

    • O catolicismo establécese como a relixión oficial do estado.

    • As cortes serán bicamerais: Congreso e Senado. O Senado está formado por un número ilimitado de membros vitalicios de designación real, escollidos entre os altos cargos do Estado, da Igrexa, a aristocracia, altos cargos militares, grandes propietarios, etc. O congreso era elidido mediante sufraxio censatario moi restrinxido. Vota aproximadamente o 1% da población. As Cortes só poden ser convocadas polo rei.

    • Durante esta época moderada, o goberno levou a cabo diversas reformas do Estado, por exemplo:

    • Control da administración e organización territorial do estado. Nas provincias creouse o cargo de gobernador civil (que normalmente era o líder dos moderados da zona). Ademais os alcaldes das cidades son nomeados polo goberno e os alcaldes das cidades son nomeados polo goberno e os alcaldes dos municipios pequenos polo gobernador civil. Este sistema favorecía a manipulación das eleccións e a “fabricación” de maiorías parlamentarias.

    • Unificación lexislativa.

            • Adoptouse para todo o Estado un único sistema de pesos e medidas: o sistema métrico decimal.

            • Regulouse para todo o territorio un novo código penal e plantexouse un novo código civil, pero este último quedouse só nun proxecto.

            • Regulouse a instrucción pública elaborando plans de estudo iguais para todo o territorio.

    • Creación da garda civil (1844). Creouse coma un corpo policial de carácter militar destinado a amanter a orde nas zonas rurais que sufrían o bandoleirismo e a defensa do estado. Este corpo creouse para suprimir a garda nacional que se consideraba demasiado progresista e revolucionaria. Na práctica, a garda civil serviu sobre todo para asegurar o dereito á propiedade dos grandes terratenenetes.

    • Reforma da Facenda. Levouse a cabo a reforma tributaria máis importante do s.XIX mediante a lei Mon-Santillán (1845). Con esta reforma simplificáronse e racionalizáronse os impostos existentes establecendo o principio de idade, ninguén estaba exento, e o principio de proporcionalidade, é dicir, pagábase en función da renda disponible. Realizábase un orzamento estatal anual comprobado e controlado con gran rigor. Establécense dous tipos de impostor: directos e indirectos (que foron potenciados). A pesar das reformas non desapareceu o défitic crónico do Estado e este financiábase mediante débeda pública.

    • Relacións coa Igrexa católica. Os gobernos de Narváez achegáronse á Igrexa e suspenderon a venda dos bens desamortizados. En 1845 asínase un concordato coa Santa Sede no que se recoñece a católica como relixión do Estado excluíndo ás demais. Ademais, o Estado devolvía os bens desamortizados que aínda non estaban vendidos e permitíanlle á Igrexa intervir no ensino. A cambio, a Igrexa valida as desamortizacións xa feitas e permítelle ó Estado intervir nos nomeamentos eclesiásticos.

    • Obras públicas. Os moderados iniciaron unha importante política de obras públicas en todo o teritoio. Consederouse urgente a reparación dos antigos camiños e a construcción de novas infraestructuras. Aprobouse unha lei de ferrocarrís para organizar o sistema de concesións e promulgouse unha lei de portos para mellorar as comunicacións marítimas. Proxectáronse importantes obras hidráulicas, por exemplo a canle de Castela.

    • O bienio progresista (1854 - 1856)

      Nos últimos anos de goberno moderado, España viviu unha crise económica. Isto, unido á corrupción e ao autoritarismo do goberno, favoreceu o descontento social. En 1854, unha sublevación militar dirixida por O' Donnell leva a cabo un pronunciamento a favor da liberdade en Vicálvaro (Madrid). Os insurrectos proclamaron un documento: o manifesto de Manzanares, que recollía algunhas propiedades progresistas como a reforma electoral, a descentralización do Estado e o restablecemento da milicia nacional. Pouco a pouco, a sublevación estendeuse por distintas cidades formándose así xuntas revolucionarias e as clases revolucionarias de Madrid levantan barricadas. Ante esta situación, Isabel II encárgalle a Espartero (progresista) a formación dun novo goberno no que colabora O' Donnell. Este goberno volve adoptar as medidas radicais aprobadas durante a rexencia de Espartero. As principias reformas deste bienio progresista foron:

    • Restauranse as leis e institución dos anos 30 así como a milicia nacional.

    • Os xesuitas son expulsados do país e prohíbense as manifestacións públicas do culto católico. Culmínase o proceso desamortizador coa desamortización xeral de Madoz (1855), que afectou ós bens da Igrexa, dos municipios e do Estado, poniendo en cultivo terras improductivas pero empeorando as condicións de vida dos pequenos propietarios e dos xornaleiros.

    • Impúlsase unha reordenación económica para consolidar o mercado nacional e impulsar o crecemento.

    • En 1855 apróbase unha lei de ferrocarrís que planifica a rede ferroviaria española.

    • Tamén se regula o sistema bancario e créase en 1856 o Banco de España.

    • Restaurouse a constitución do 37 e elaborouse un proxecto de nova constitución.

    • Elabórase un proxecto de nova constitución que non chegou a promulgarse, a chamada Constitución non nata de 1856 que recollía o bicameralismo pero electivo en ambas cámaras. Recollía a soberanía nacional e ampliaba a lista de dereitos individuais. Por exemplo: suprímese a pena de morte para os delictos políticos.

      Estes dous anos coincidiron cun bo momento da economía española grazas á exportación de productos agrícolas e industriais debido á guerra de Crimen. Sen embargo, esta bonanza económica non veu acompañada pola paz social. Os conflictos sociais foron constantes, aparecendo as primeiras folias organizadas polas nacentes sociedades obreiras culminando na folga xeral de 1855. A isto uníronse os motíns de subsistencia pola falta de gran que sofre Castela en 1856. Estes motíns de subsistencia foron duramente reprimidos e provocaron unha crise no goberno. O' Donnell foi o encargado de acabar coa resistencia da milicia nacional que apoiaba os motíns pero a raíz desto, os progresistas deixan de ser o grupo máis radical do liberalismo e esta categoría pase ós demócratas. Todo isto acabou co bienio progresista.

      A Alternancia entre Moderados e Unión Liberal

      (1856 - 1868 )

      A preocupación principal dos gobernos desta época foi restaurar a orde e o período caracterizase pola alternancia de dúas forzas políticas. Os moderados de Narváez e a unión liberal: un novo partido creado por O'Donnell para situarse no centro e aglutinar ós moderados de esquerda e progresistas.

      Moderados (Narváez)

      Moderados

      Unión Liberal (O'Donnell)

      Progresistas

      Demócratas

      Neste partido destacaron figuras como Serrano, Prim, Topete e Cánovas del Castillo. Estes 12 anos de goberno veñen enmarcados por un liberalismo pragmático que non atopou demasiado oposición debido á estabilidade política e o crecemento económico. Os gobernos de Narváez e O'Donnell sucedéronse pacíficamente e os liberais exaltados quedaron fóra do poder. Entre as accións de goberno deste período temos:

    • Reinstáurase a constitución de 1845.

    • Paralizouse a desamortización de 1855 (a de Madoz).

    • Recoñecéronselle á Igrexa moitas prorrogativas e privilegios.

    • Lévase a cabo unha dura represión contra as revoleas campesiñas utilizando para isto a Guerra Civil.

    • Establécese un sistema electoral radicalmente corrupto con compra de votos, pucheirazos e a creación dun sistema de caciques locais que controlaba as eleccións.

    • Polo que toca á economía, o período de mayor prosperidade coincide co goberno de O'Donnel (1858 - 1853). Todos os gobernos do período insistían no progreso económico como obxectivo supremo da política. De aí que se incrementasen os investimentos públicos. De feito neste período termínanse dúas grandes obras públicas: o centro do tendido ferroviario español e a canle de Isabel II que abastece de auga a Madrid.

      Ata mediados dos 60 sucédense as boas colleitas e a expansión comercial exterior axudada pola guerra de Secesión dos EE.UU que favoreceu as exportacións españolas. Neste período iníciase tamén unha política exterior similar á política colonialista das potencias europeas pero de envergadura. Neste sentido enviáronse tropas á Conchinchina para defender ós misioneiros españois. Tamén se fixeron expedicións militares polo norte de África que levaron a unha guerra aberta contra o sultán na que adquiriu gran prestixio o xeneral Prim e obtívose o territorio de Ifni. Ocupouse militarmente Santo Domingo que se perdeu pouco despois. Enviouse un exército a México para reclamar o pagamento da débeda. Todas estas expedicións buscaban restablecer o prestixio de España e recuperar o papel de potencia fomentando de paso o nacionalismo español na opinión pública. En ningún caso se lograron vantaxes ec gnómicos ou materiais agás no norte de África. Polo que atinxe á política interior, neste período temos que fronte á política conservadora medraban as aspiracións á liberdade, desenvolvíase o partido demócrata e aparecía o republicanismo, creábanse as primeiras organizacións obreiras e aumentaban as revoltas do campesiñado xornaleiro. A política moderada respondía coa represión. No 64 volve ó poder Narváez. O novo goberno destitúe a dous profesores universitarios de gran prestixio protestando múltiples protestas no país que son reprimidas con gran dureza polo exército. Volve haber pronunciamentos militares de signo progresista alentados polo xeneral Prim e os progresistas ante a durísima represión (fusilamentos do cuartel de San Gil) empezan a colaborar cos demócratas e as conspiracións xa se estenden da oposición ao goberno a unha oposición contra a propia raíña.

      A Corte de Isabel II desprestixiábase a gran velocidade, favorecendo as críticas e as burlas na prensa. Os 2 grandes apoios da raíña, O'Donnell e Narváez morreron entre o 1867 - 1868 e a isto sumóuselle unha grave crise financieira e de subsistencia desde 1866. O resultado de todo isto foi un fondo malestar social que levou ó Pacto de Ostende (Bélxica) 1866, onde toda a oposición ó Réxime, progresistas, demócratas, Unión liberal, etc. acordaron acabar co réxime e destronar a Isabel ll desencadenando deste modo a revolución de 1868.

      Sexenio Revolucionario (1868 - 1874)

      En setembro de 1868 a armada española sublevouse contra Isabel II dirixida polo almirante Topete. Ó tempo, produciuse un pronunciamento militar dos xenerais Prim e Serrano, axiña a insurrección estendeuse polo país. Creáronse xuntas revolucionarias e en poucos días trunfou unha revolución que puxo fin ao réxime liberal autoritario que gobernaba España dende os anos 40. Isabel II que veraneaba en San Sebastián marchou para Francia. Este período chámase Sexenio revolucionario ou democrático porque é o primeiro intento para establecer en España unha democracia con sufraxio universal masculino. Ademais, nestes anos, abordáronse novas formas políticas e sociais como son a democracia, a república ou o federalismo buscando integrar no goberno de Estado ás masas populares. Tamén se recoñeceron principios como:

        • Liberdade de ensino

        • Liberdade de culto

        • Abolición da pena de morte

        • Supresión da escravitude

        • Liberdade de asociación

      A pesar das boas intencións, a experiencia fracasou.

      A primeira medida dos revolucionarios Prim, Serrano e Topete foi convocar eleccións a Cortes constituíntes para elaborar unha constitución que sustituíse á de 1845. Foron as primeiras eleccións españolas con sufraxio universal directo e masculino. As forzas políticas que ocuparon as Cortes tras estas eleccións eran:

    • Carlistas. Na extrema dereita da Asamblea. Eran antidemócratas, partidarios da monarquía tradicional e lexitimistas.ç

    • Moderados. Apoiaban a volta dos Borbóns e unha monarquía fundamentada na constitución do 45. O seu líder era Cánovas del Castillo.

    • Os partidos do goberno: unionistas, progresistas e demócratas. Eran o centro político. Defendían unha monarquía democrática e parlamentaria.

    • Partido republicano federal. Era a esquerda do Parlamento. Defendía un cambio de réxime e unha legislación social que protexese ós traballadores.

    • Estas Cortes aprobaron en xuño a constitución de 1869, que ten os seguintes puntos:

    • Proclamábase a soberanía nacional.

    • Establécese un réxime monárquico.

    • Hai unha clara división de poderes. O poder lexislativo recae nunhas Cortes bicamerais: Senado e Congreso dos deputados. O poder executivo osténtao o rei pero exérceo o goberno. O rei reinaba pero non gobernaba. O poder xudicial correspóndelle ós xuíces que incorporaron xurados.

    • As Cortes eran dirixidas por sufraxio universal masculino. O Congreso por directo e o Senado por indirecto.

    • Inclúese unha declaración de dereitos individuais naturais e inalienables. Por exemplo: dereito de reunión, dereito de asociación e inviolabilidade de domicilio e correspondencia. Era a primeira vez que unha constitución española recollía unha declaración de dereitos con tanto detalle e amplitude.

    • Establécese un estado aconfesional con liberdade total de culto.

    • Esta constitución fixaba para España unha monarquía, pero en España non había rei e houbo que buscar un candidato que aceptase as condicións desta constitución. (Libro: páx. 197 . --> candidatos) Finalmente, Prim ofreceulle o trono a Amadeo de Saboia, fillo segundo do rei de Italia que reunía os requisitos establecidos: era liberal, era católico, non inquietaba a ninguén e polo tanto ninguén se opuso ó seu nomeamento e foi votado polas Cortes para o cargo 8ainda que por unha marxe moi estreita). O seu gran defensor, Prim, foi asesinado tres días antes de que cegase a España perdendo así un apoio fundamental.

      Reinado de Amadeo I:

      Amadeo I reinou en España dous anos (1871 - 1873) e intentou respetar escrupulosamente o papel de monarca constitucional, sen embargo nunca tivo apoios. Para os borbónicos, tanto carlistas como isabelinos era un intruso e para os republicanos non era aceptable unha monarquía. Ademais, empeza a 3ª guerra carlista e houbo un rebrote da guerra de Cuba porque os propietarios das plantacións non aceptaban a abolición da escravitude. Por se fora pouco, a coalición gobernante empeza a disgregarse provocando gran inestabilidade política. Nestes dous anos de reinado, hai tres eleccións xerais e 6 gobernos onde se alternan progresistas, radicais e unionistas. En febreiro de 1873 Amadeo I, ante a falta de apoio, decide abdicar e as Cortes ven como unha solución de urgencia o establecemento da República pactado entre radicais e republicanos.

      A 1ª República española (1873 . 1874)

      En principio, foi un réxime indefinido porque non se convocaron Cortes constituíntes (o cal era unha barbaridade). Formouse un goberno presidido por Estanislao Figueras cunha maioría de radicais. Os republicanos querían convocar Cortes constituíntes, pero os radicais non, por iso quedaron sós no goberno os republicanos e en maio celebráronse eleccións promovidas polos republicanos federalistas que logran o 90% dos votos ainda que a abstención chega ó 60% de lectorado. Escolleuse un novo goberno presidido por Pi i Margall que elabora unha nova constitución, a de 1873. Esta constitución ten as seguintes características:

    • Establecía unha república federal constituída por 17 estados. Un deles era Cuba, para solucionar o problema colonial.

    • Establecía a soberanía popular como orixe do poder.

    • Fixábase unha separación radical entre Igrexa e Estado, sen subvencións a ningún culto.

    • Institúese o Senado como cámara de representación dos 17 estados.

    • O xefe do Estado era o presidente da República.

    • A mayor aportación desta constitución estivo no campo da legislación social que permitiu aprobar a primeira lei española que prohibía o raballo ós menores de 16 anos, proxectábase a creación de xurados mixtos de pratóns e obreiros para solucionar conflictos laborais e a reducción da xornada liberal a nove horas.

    • A nova república federal viuse desbordada pola esquerda, os campesiños andaluces ocuparon terras para repartilas; os obreiros de Alcoi (Alicante) promoveron unha folga xeral e os republicanos máis progresistas promoveron o establecemento inmediato da estructura federal. Este movemento chamouse cantonalismo porque se estableceron por todo o sur cantóns, que son municipios autónomos, destacando entre eles o de Cartagena. Para sofocar o cantonalismo, a República tivo que virar á dereita apoiándose no exército e Pi i Margal viuse obrigado a dimitir. En xullo, foi elidido presidente Nicolás Salmerón, que reprimiu con dureza a revolea cantonalista e o movemento obreiro. Pero Salmerón dimitiu en setembro por negarse a asinar unhas penas de morte. En setembro foi elixido presidente Emilio Castelar. Este gobernou de modo autoritario e incluso disolveu as Cortes ata que as presións republicanas o obrigaron a reabrilas e dimitiu (Xaneiro do 74). Neste momento, non a burguesía nin o exército estaban dispostos a aceptar un novo goberno, e o xeneral Pentrou no edificio (Cortes) con forzas da garda civil disolvendo os deputados. Entre xaneiro e decembro do 74, mantense o réxime republicano, cun goberno provisional presidido polo xeneral Serrano que mantivo o réxime republicano e a liña autoritaria, pero nunha situación complicada, porque a constitución do 73 non chegara a aprobarse e a do 69 estaba suspendida. Ademais, Serrano clausurou as Cortes indefinidamente. Os seus obxectivos eran: restablecer a orde pública, a guerra de Cuba e a guerra Carlista (ambos conflictos mantíñanse de forma virulenta). O líder dos conservadores, Cánovas, negouse a colaborar co goberno e promovía o regreso dos Borbóns. Finalmente, o 29 de decembro do 74, o xeneral Martínez Campos protagonizou outro pronunciamento en Sagunto que acaba co Sexenio Revolucionario e impón a restauración monárquica na persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II. Serrano exiliouse e Cánovas del Castillo é nomeado presidente do Ministerio de Rexencia mentres chega a España o novo rei.

      Non había realmente división de poderes, o rei viña facendo todo e todo o que el quería.

      Non lle están pedindo permiso ao rei! Os representantes da nación proclámanse soberanos.

      Pérdese a capacidade intelectual dos afrancesados!!!

      Vergonzosa, lamentable

      Documento moi importante no que o estado di qué vai ingresar e gastar e en que.

      O que segue unha regla, monxas, clérigos.

      Expulsados dos mosteiros.

      Dependendo das rendas de cada un.

      A décima parte das ganancias. Dábase sobre todo no campesiñado.

      Os máis progresistas dos progresistas.

      Unha lei deixa de estar en vigor.

      Entre moderados e progresistas.

      Manipulación de datos.

      Monarquía lexítima.

      Que ningués chos pode arrebatar nin ti podes renunciar a eles.

      NOVO!

      O segundo fillo varón.

      3