Historia contemporánea de España

Asociaciones obreras. Sindicatos. Movimientos obreros. Colonialismo. Colonias europeas

  • Enviado por: Bambino
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

  • Do vello colonialismo ó imperialismo.

  • O colonialismo baseaba o seu poder na ocupación de cidades e portos estratéxicos desde onde canalizaban a producción cara a metrópole.

    O imperialismo non só controlaba as cidades se non que controlaban todo o territorio para organizáreno e impoñeren o modelo cultural europeo nel.

    As causas do imperialismo son: a necesidade de dominar novos territorios para ganar mercados e aumenta-lo prestixio político; a necesiadade de materias primas para manter e desenvolve-la industria europea; e a revolución dos transportes.

  • As dúas lineas de expasión das colonias europeas e a Conferencia de Berlín.

  • A primeira é a francesa que parte de Alxeria e a segunda é a inglesa que parte de Exipto.

    Conferencia de Berlín (1884-85) reunión internacional na que as potencias europeas acordaron a repartición do continente africano.

  • A imposión da civilización occidental.

  • Os europeos crían que eran a civilización máis avanzada e que a raza branca tiña que guia-los pobos atrasados cara o progreso. E os dirixentes políticos dicían que un país civilizado non era unha potencia se non tiña un imperio colonial. Estas ideas fomentaron a colonización.

  • Resistencia ou modernización.

  • O novo imperialismo desencadeou unha serie de reaccións dos pobos sometidos para defenderen a súa independencia. Estes pobos a miudo utilizaron a relixión como elemento diferenciador e de resistencia ante os europeos.

    Nalgúns paises apareceron grupos nacionalistas que crían que a única maneira de dete-la ofensiva europea era desenvolver un programa de modernización social e política que permitise sair da ruina económica. Os inconvenientes eran: a falta de unidade e a superioridade militar europea. Estes grupos foron os precursores dos partidos nacionalistas que lograrían a independencia das colonias a finais do século XX.

  • A explotación económica das colonias e os seus axentes.

  • A explotación das colonias deixouse nas mans de sociedades con capitais privados. A máis famosa foi a British South Africa, creada por Cecil Rodess, tivo unha das fortunas máis impresionantes do século e loitou por crear un imperio británico.

  • Os oficiais coloniais e os seus auxiliares.

  • Os oficiais coloniais eran militares e funcionarios amantes da aventura, dispostos a seviren o seu país e os intereses económicos dos investidores coloniais. Estes encargados de aproveitaren os recursos das colonias, recrutaban indíxenas como tropas auxiliares e colaboradores.

  • A toma de Tatuán.

  • España que perdera tódalas súas colonias americanas, iniciou unha serie de expedicións militares cara á Cochinchina, México e Marrocos. Só a de Marocos tivo éxito, dirixida por O´Donnell conquistou a cidade de Tetuán en Febreiro de 1860 e Ifni. A campaña non tiña ningún sentido económico xa que este territorio carecia de importancia.

  • O protectorado español en Marrocos.

  • España empuxada polos paises europeos e de acordo con Francia iniciou unha expansión militar para establecer un protectorado. Despois de conquistar o Rif; en 1920 o exercito español foi derrotado. O protectorado español foi dominado de novo en 1925.

  • As duras condicións de vida obreira. (Tema 8)

  • As condicións de traballo nas novas fábricas eran duras comparadas co traballo campesino ou artesán, e o risco de accidente mayor. Os obreiros estaban sometidos a longas xornadas de traballo e castigábanse os atrasos, os descoidos ou as ausencias, aínda que fosen por enfermidade. As mulleres e os rapaces cobraban menos coshomes.

  • Respostas espontáneas e asociativas.

  • Ante a chamada cuestión social os obreiros formaron sindicatos para a defensa dos seus intereses, e para formar caixas de resistencia que recollían fondos para axudar ós que padecían o paro, a enfermidade ou a xubilación. A súa arma de loita contra os patróns era a folga ou a destrucción de máquinas.

  • As alternativas utópicas.

  • A xente pensaba que o problema da miseria era o capitalismo e a propria sociedade.

    Polo que algúns escritores propuxeron sociedades alternativas, onde non había explotación nin miseria. Algúns levárona a practica e outros limitáronse a expoñela.

    Fronte as estes teóricos xurdiu a Liga do Comunistas (Marx e Engels), que proponía un socialismo moito máis práctico.

  • As primeiras asociacións obreiras.

  • -Movemento asociativo: Os obreiros ante as dificultades agruparonse en sociedades, gremios ou sindicatos, o 1º que fixeron foi conseguiren o dereito a asociarse libremente. Os seus obxectivos eran: protección contra os despidos, a enfermidade, os accidentes laborais, o apoio as viúvas e orfos. E un segundo plano poder negociar salarios e horarios.

    -Movemento de Rebelión: partidario da destrucción de máquinas consideradas as culpables da miseria obreira.

  • Os sindicatos obreiros.

  • Os obreiros agrupabanse arredor dun mesmo oficio, ou de diversos oficios; estes podían ser reformistas ou revolucionarios.

    *Reformista: tendencia partidaria da negociación cos poderes políticos e económicos co fin de acadar unha mellora das condicións obreiras.

    *Revolucionario: tendencia partidaria da ruptura, por medios violentos, co fin de instaurar un sistema totalmente novo.

    Os reformistas eran predominantes en Gran Bretaña, en Alemaña os sindicatos estaban ligados ó partido socialista, en Estados Unidos haberá revolucionarios por unha banda e revolucionarios por outra. Noutros paises existirán tamén sectores sindicalistas revolucionarios e reformistas.

  • A folga un método de loita.

  • O sindicalismo revolucionario utilizou como arma a folga, é dicir, a negativa a traballar por parte do obreiros, obrigando o patrón a facerlles caso. En realidade tratábase de ver quen podía resistir máis tempo os obreiros ou o patrón.

  • O pensamento de Karl Marx.

  • Denominase socialismo científico ou marxismo a teoría de Karl Marx e Engels. Segundo eles o que fixera evoluciona-la humanidade era a loita de clases, entre os que posuían os medios e os explotados. E o que querían era que o proletariado acabase coa Burguesia, por medio dunha dictadura, e crear unha sociedade na que todos fosen iguais: sen clases sociais, nin propiedade privada nin estado.

  • Os partidos obreiros.

  • Segundo Marx e Engels, os obreiros industriais podían acelera-lo triunfo do proletariado conseguindo a ampliación do sufraxio e organizárense en partidos obreiros que quitarían poder a burguesía de forma pacífica ou violenta. Apareceron en Europa partidos socialistas cun obxectivo común o triunfo da clase obreira e cuns obxectivos parciais: melloras laborais, salariais, sanitarias e políticas.

  • As tendencias anarquistas.

  • Bakunin e Kropotkin partidarios do anarquismo consideraban que para acadar unha sociedade libre cumpría acabar co Estado e permitir que as persoas se federasen libremente.

    Estes consideraban que a loita política, só servia para mante-la autoridade do Estado, polo que propuxeron formas de loita alternativas. Había varias tendencias e máis predominante era a violenta.

  • Os primeiros pasos asociativos.

  • A loita obreira apareceu en España moito máis tarde ca no resto de Europa.

    A mediados do século XIX existían asociacións de obreiros, sobre todo e Cataluña onde había ideas reformistas moderadas.

    A difusión do Marxismo e do anarquismo produciuse arredor da revolución de 1868, a cal puso fin o reinado de Isabel II e iniciouse o Sexenio Revolucionario.

  • A Federación Rexional Española

  • A Federación Rexional Española da AIT é pacífica e anarquista, os socialistas separanse e forman a NFM con Pablo Iglesias a súa cabeza, que acabará fundando o PSOE e UXT. Coa chegada da República perseguen a AIT, e a RFE faise clandestina.

  • A legalización do movemento Obreiro en España.

  • O movemento Obreiro saíu da clandestinidade en 1881, e apareceu a Federación de Traballadores da Rexión Española a cal tiña unha posición moderada en canto colectivización. En 1882 relacionouse cun grupo terrorista chamado A Man Negra, polo que a FTRE pasou de novo a clandestinidade. Acabou disolvendose anos despois pero foi sustituida por un Pacto de Unión e Solidaridade entre asociacións obreiras.

    Apuntes de Historia (Temas 7y8)

    Vídeos relacionados