Historia
A Península Ibérica na Prehistoria e na Historia Antiga
Tema 2.A Península Ibérica na Prehistoria e na Historia Antiga.
Esquema da unidade:
-
A península Ibérica na Prehistoria
-
Os primeiros poboadores
-
A revolución agraria e metalúrxica
-
A Iberia prerromana (1000-218a.C.)
-
As migracións indoeuropeas
-
As colonizacións mediterráneas
-
A colonización fenicia
-
A colonización grega
-
A colonización cartaxinesa
-
O impacto das colonizacións
-
A cultura castrexa
-
A Hispania romana
-
A conquista (218-19a.C.)
-
Trazos principias da romanización
-
Conquista e romanización da Gallaecia
-
A caída do Imperio e a Hispania visigoda
-
A Hispania baixoimperial: crise económica e ruralización
-
A fin do Imperio de Occidente
-
O reino hispanovisigodo de Toledo (554-711)
-
A península Ibérica na Prehistoria
A Península Ibérica comezou a ser poboada pola especie humana hai aproximadamente un millón de anos.
-
Os primeiros poboadores
Coma noutras partes do planeta, durante centenares de milenios, os homes primitivos da Península Ibérica mantiveron unhas formas de vida baseadas na existencia de pequenos grupos nómades que seguían a evolución estacional dos animais que cazaban e das especies vexetais que recollían. No marco destas comunidades depredadoras, non obstante, experimentouse unha lenta pero continua evolución, tanto das súas características biolóxicas (proceso de hominización) coma das técnicas e culturais, o que nos permite distinguir varios períodos.
Paleolítico Inferior (hai 1.000.000-100.000 anos). Os restos humanos máis antigos foron localizados en Atapuerca (Burgos), cuns 800000 anos de antigüidade. A súa análise permitiu lanzar a hipótese de que pertencen a unha nova especie, o Homo antecessor, primeiro poboador de Europa. Fabricaba unha industria lítica baseada en utensilios de grandes dimensións sobre pedras de sílex ou cuarcita.(Foto 1)
Paleolítico Medio (hai 100.000-40.000 anos). O seu protagonista foi o homo neanderthalensis (chamado «de Neanderthal»). A súa maior capacidade intelectual permitiulle elaborar útiles máis diversificados, fabricados en ocasións con técnicas complexas de talla. Este home xa manifestou un interese cara aos rituais funerarios ao enterrar aos seus mortos.
Paleolítico Superior (hai 40.000-10.000 anos). Neste período xurdiu unha nova especie, o Homo dapiens (chamado «de Cromagnon»), de características moi semellantes ás nosas, xa que é a especie á que pertencemos. Ademais da pedra, traballaron a hasta e o óso. Seguindo o costume iniciado no período anterior, tamén enterraban os mortos. As achegas máis novidosas foron as primeiras manifestacións artísticas, tanto de arte moble coma parietal*. A arte parietal ten moitísimosexemplos nas covas da cornixa cantábrica (Altamira...).(Foto 2)
Epipaleolítico (hai 10.000-5.000 anos). É un período de transición.
-
A revolución agraria e metalúrxica
O Neoítico apareceu na Península Ibérica uns 3.000 anos despois de que o fixese no Oriente Próximo.
Neolítico (5.000-3.000a.C.). A primeira neotilización produciuse na franxa costeira peninsular, desde Cataluña ata Andalucía e Portugal meridional. Estes grupos vivían aínda en covas, tiñan xa unha economía produtiva, esencialmente gandeira, e coñecían o cultivo do trigo e do centeo. Ao longo do terceiro milenio a.C. desenvolveuse a cultura megalítica en Galicia, como parte dun fenómeno cultural moi amplo, o megalitismo atlántico, de especial difusión na Europa atlántica. Caracterízase polas súas construcións monumentais a base de grandes pedras, entre as que sobresaen os sepulcros coñecidos co nome de mámoas ou medorras,que están formados por un dolmen*e un túmulo de terra e pedra que os cobre.(Foto 3 y 4)
Idade dos Metais (3.000-1.000a.C.). Pode considerarse a prolongación do Neolítico. Nesta etapa aplícanse novas técnicas mineiro-metalúrxicas destinadas ao traballo dos metais do cobre, do bronce, e máis tarde, do ferro.
-
A Iberia prerromana (1000-218a.C.)*
A partir do ano 1.000a.C. empezamos a ter noticias escritas sobre os pobos que habitan a Península. Delas e dos restos arqueolóxicos atopados, podemos deducir que, ao inicio dese período, a Península entrou en contacto tanto cos pobos indoeuropeos procedentes de Europa central coma cos mercadores fenicios e gregos que viñan do Mediterráneo oriental. O cruzamento de ambas as dúas influencias sobre o substrato cultural preexistente deu lugar á formación dos pobos e culturas cos que se atoparon os romanos ao chegar á Península no século IIIa.C.
-
As migracións indoeuropeas
Procedentes das chairas centrais de Europa, os pobos indoeuropeos entraron na Península Ibérica polos Pireneos, en ondadas sucesivas, cara á primeira metade do primeiro milenio. Estes pobos xa coñecían a metalurxia do ferro, pero seguían a ser comunidades esencialmente pastorís.
-
As colonizacións mediterráneas
A área meridional da Península atraeu mercadores fenicios e gregos pola súa riqueza en minerais de cobre, prata e ouro, así como pola súa estratéxica situación na ruta do estaño que, pasando polo estreito de Xibraltar, comunicaba coas zonas mineiras do noroeste peninsular e as illas Británicas. Estes pobos estendéronse polo litoral levantino e a eles sumáronselles posteriormente os cartaxineses. (Foto)
1º A colonización fenicia
2º A colonización grega
3º A colonización cartaxinesa
-
O impacto das colonizacións
Os contactos comerciais mantidos polas áreas do sur e do levante peninsular cos colonos mediterráneos facilitaron a evolución cara as formas culturais máis complexas ca as das áreas da Meseta e as setentrionais. A agricultura coñeceu un avance decisivo coa difusión do arado e dos novos cultivos (viña e oliveira) ao tempo que o comercio e a moeda tiñan unha importancia crecente. Este desenvolvemento foi acompañado de formas relixiosas e artísticas moi elaboradas, así como pola utilización da escritura.*
A cultura ibérica
Os iberos non formaron un conxunto unitario desde o punto de vista étnico, nin lingüístico, nin político, pero desenvolveron unhas formas de organización social, económica e cultural moi semellantes ou moi marcadas polas relacións comerciais cos colonos do Mediterráneo oriental.
-
A cultura castrexa
A cultura castrexa desenvolveuse desde a Idade do Bronce Final, a partir do século VI a.C., ata o I d.C., xa en plena romanización. Abranguía o territorio actual de Galicia, a zona oeste de Asturias ata o río Navia e o norte de Portugal.
Segundo algunhas teorías, a cultura castrexa orixinouse a partir da chegada dos celtas, mentres que outras sosteñen que é o resultado dun proceso de evolución interna da poboación autóctona e os contactos coa cultura celta, mediterránea, atlántica etc.
Denomínase cultura castrexa por seren os castros as súas manifestacións máis características. Son poboados fortificados construídos nun lugar de fácil defensa e reforzados con murallas, muros e foxos, que acollen no seu interior un grupo de vivendas. As vivendas castrexas son circulares (cadradas na época romana), están feitas de pedra e con cuberta vexetal, e teñen reducidas dimensións e unha soa estancia. (Foto)
A partir do século VI a.C. comezáronse a sentir en Galicia os efectos dunha intensa sedentarización*, do desenvolvemento das forzas produtivas,...
A economía castrexa tiña unha forte base agrícola e gandeira, aínda que tamén se practicaba a caza e habia comercio e actividades pesqueiras. O desenvolvemento da minaría foi moi destacado, sobre todo do ouro, co que se elaborou unha importante ourivaría.*
Trátase dunha sociedade sen Estado.(Foto)
A relixiosidade castrexa era moi intensa. As divindades eran moi numerosas e estaban vinculadas á natureza.
Entroncado coa metalurxia está unha das actividades máis destacadas: a ourivaría.(Foto)
Existen arredor de 2.000 castros en todo o territorio galego. Os máis coñecidos son os castros de Santa Tegra e Viladonga.
-
A Hispania romana
Tras un longo proceso de conquista, case toda a Península Ibérica foi sometida ao control político e militar do Imperio Romano, do que formou parte co nome de Hispania. Coa incorporación ao Imperio, os pobos peninsulares asimilaron progresivamente a organización socioeconómica dos romanos, así como os seus órganos administrativos, o seu Dereito, a súa relixión e a súa lingua. Este vasto proceso, que se denomina romanización foi máis intenso nas áreas que, pola súa posición xeográfica e a súa tradición histórica, estaban máis vinculadas ao Mediterráneo e tiñan máis recursos: o val do Guadalquivir e o Levante.
-
A conquista (218-19 a.C.)
Roma tardou uns douscentos anos en someter os pobos indíxenas da Península Ibérica. Este feito estivo condicionado por varios factores: a fragmentación política dos pobos prerromanos, que obrigou a Roma a emprender campañas diplomáticas e militares para dominar cada un deste pobos; a rapacidade demostrada polos conquistadores, que espertou unha tenaz resistencia entre os pobos do centro e do norte da Península; o feito de uqe o interese dos conquistadores se mimitou ao principio ás áreas máis evolucionadas da Península; e, por último, as disputas internas entre as faccións políticas e militares de Roma, o que paralizou a progresión das conquistas. Este proceso pasou polas etapas seguintes:
A submisión do mundo ibérico
A conquista da Meseta
As campañas contra os montañeses
(Foto)*
-
Trazos principias da romanización
A romanización non foi só o proceso de asimilación cultural e institucional dos pobos indíxenas, senón tamén a implantación das formas de vida e de organización social e económica propias do sistema escravista romano.
Este proceso non lles afectou a todas as áreas da Península coa mesma intensidade. De igual xeito que o proceso de conquista foi moi rápido no leste e no sur, tamén foi moi intensa a romanización, pois os romanos limitáronse a consolidar os cambios que xa estaban en marcha (urbanismo, división en clases sociais, escravismo...). Mentres as zonas da Meseta romanizáronse máis lentamente. Pola súa banda, as áreas setentrionais da franxa cántabro-pirenaica permaneceron aferradas ás súas tradicións.
O principal axente da romanización foi a creación dunha ampla rede urbana ao redor da que se organizaron a colonización e a explotación do territorio, así como o seu control político e militar. As antigas cidades fenicias, gregas, cartaxinesas e ibéricas foron ampliadas polos romanos como Emporion ou Gadir.
A roganización política e administrativa
Os romanos encheron Hispania de calzadas e a organizaron en provincias. (Foto)
-
Conquista e romanización da Gallaecia
A conquista romana do noroeste peninsular foi un proceso longo e con claros obxectivos. O interese dos romanos por conquistar Gallaecia era completar a ocupación da Península Ibérica e aproveitarse das riquezas minerais da rexión. Roma chamoulles galaicos aos habitantes do pobo castrexo prerromano e Gallaecia ao territorio que comprendía a actual Galicia, parte de Asturias e o norte de Portugal.
A conquista
Os romanos empregaron máis dun século para a conquista do noroeste peninsular.
A romanización
Tras pacificar o territorio, tivo lugar a romanización, que foi un proceso gradual promovido a través da ocupación militar , da difusión do latín e da relixión imperial, da creación dunha rede viaria, da organización económica, de novos modelos de explotación agraria, e da arte. En calquera caso, a romanización non supuxo unha ruptura radical coas tradicións indíxenas, xa que persistiron aboa parte das formas propias da cultura castrexa. Á fusión da cultura romana cos trazos culturais castrexos supervivintes chámaselles cultura galaico-romana.
A creación da rede viaria foi fundamental para a romanización pois, a partir das calzadas, desenvolvéronse os principais núcleos de poboación e establecéronse os lazos económicos. Augusto fundou as tres cidades capitais dos conventos xurídicos: Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). (Foto)
Moitos castros mantivéronse habitados durante a romanización, pero co tempo foron abandonados. Ademais das cidades, os romanos tamén fundaron campamentos militares.
Os romanos puxeron en funcionamento minas que rendían altos beneficios para o Imperio, sobre todo de estaño, ouro e prata. Para iso practicaron diferentes métodos de explotación: aproveitamento das áreas auríferas dos ríos (Sil), minas a ceo aberto (O Courel) ou o sistema de furar as montañas e lavar os residuos provocados polos derrubamentos (Medulas de León).
A influencia que a romanización deixou no ámbito artístico manifestouse na construción de importantes obras de arquitectura, xeralmente de carácter público, e na difusión dos mosaicos. Entre as obras arquitectónicas hai que salientar a muralla de Lugo, a ponte sobre o río Bibei, a Torre de Hércules.
-
A caída do Imperio e a Hispania visigoda
A partir do século III d.C., o mundo romano sufriu unah profunda transformación económica, social e relixiosa que provocou a ruralización da sociedade, a fin do comercio, a decadencia das cidades, a proliferación de grandes latifundios cultivados polos colonos semilibres e a implantación do cristianismo. As estruturas políticas do Imperio tentaron adaptarse a este novo panorama, pero fracasaron ante a desintegración política interna, a crise socioeconómica, o crecente proceso de ruralización da área occidental e a presión exercida polos pobos bárbaros que vivían máis aló dos limes do Imperio. As provincias hispánicas non foron alleas a esta dinámica. *
-
A Hispania baixoimperial: crise económica e ruralización*
Recluídas tras as murallas que construíran precipitadamente no século III, moitas cidades de Levante e do interior de Hispania foron reducindo progresivamente a súa actividade, asfixiadas polo colapso do comercio e a presión fiscal*. As únicas cidades que mantiveron en Hispania unhas condicións de vida semellantes ás do Alto Imperio foron as da Baetica.
-
A fin do Imperio de Occidente *
Malia as reformas de Diocleciano, a finais do século IV era tan evidente a crise do vello sistema imperial que o emperador de orixe hispana Teodosio converteu o cristianismo na relixión oficial do Imperio, coa esperanza de que a nova lexitimidade moral e a poderosa organización eclesiástica axudasen a vertebrar o Imperio.
Produciuse unha nova ondada de invasións xermánicas cara ao ano 409: tribos suevas, vándalas e alanas, que se foron desprazando cara ás ricas terras béticas. Polas mesmas datas, un dos pobos xermánicos máis romanizados, os visigodos, estableceuse pacificamente no sur das Galias grazas a un tratado polo que se comprometía a respectar a orde imperial e a prestar servizos militares como tropas federadas. En virtude deste tratado pacificaron Hispania, recluíron os suevos no ángulo noroccidental, expulsaron os vándalos cara ao norte de África. Desde o norte dos Pireneos os visigodos exerceron unha tutela permanente sobre as terras hispánicas. Esta situación prolongouse desde o ano 416 ata o 476, momento no que desapareceu o último emperador de Occidente.
-
O reino hispanovisigodo de Toledo (554-711)
A desaparición do Imperio permitiulles aos visigodos afirmar momentaneamente o seu poder político aos dous lados dos Pireneos desde Tolosa.
No ano 554, o rei Atanaxildo conseguiu establecer a capital do reino en Toledo; así e todo, o novo Estado distaba moito de estar unificado.(Foto)
A inestabilidade da monarquía toledana*
Ao principio, seguindo a tradición caudalista das monarquías xermánicas, os reis visigodos eran elixidos por unha asemblea na que estaban representados os xefes dos clans aristocráticos. Este feito facilitaba a formación de bandos rivais que se enfrontaban nas súas disputas polo trono.
Este panorama de atomización do poder político e guerra civil foi o que atoparon os musulmáns a principios do século VIII, cando foron chamados pola nobreza de Witiza para resolver as súas diferenzas cos partidarios do novo rei Don Rodrigo.
Historia de España 2º B.A.C
01/10/2010
- 7 -
Descargar
Enviado por: | noee |
Idioma: | gallego |
País: | España |