Historia


Guerra Civil española


Curso: 4ªA de ESO

Materia: Historia

  • Introducción

  • Guerra Civil Española

  • Introducción á guerra

  • A caída do Frente Norte, Guernica

  • A Batalla do Ebro

  • O final da guerra

    • Datos de mortes durante a Guerra

  • Internacionalización da Guerra

  • Consecuencias Bélicas

  • A situación política de España era moi inestable :

    En tan só cinco anos, o país, pasou dunha república a unha guerra, para rematar con unha dictadura.

    Neses cinco anos de República tamén houbo moitos cambios de governo:

    primeiro, o formado polas distintas forzas políticas , que impuxo unha serie de reformas que non gustaron á sociedade, sobretodo ás clases dominantes.

    segundo, o cambio a un governo de centro-dereita e a revolución de Asturias (convocada polos traballadores).

    terceiro, o governo da Fronte Popular...

    Toda esta situación de inestabilidade foi a que favoreceu a golpe de Estado e a Guerra Civil, dando lugar á Dictadura e as súas consecuencias.

    Guerra Civil española (1936-1939)

    A guerra civil é como todas as demáis un conflicto bélico, que comeza en julio de 1936 pola sublevación dun sector do Exército frente ó goberno da II República Española, e que rematou ca victoria dos sublevados o 1 de abril de 1939.

    Introducción á Guerra:

    Dende o primeiro momento o territorio nac¡onal quedou dividido en dúas zonas en función do éxito acadado polos militares sublevados. Practicamente, reproducíase o mapa resultante das eleccións de febreiro de 1936; salvo casos aislados, os militares triunfaron en aquelas provincias donde resultaron máis votadas as candidaturas de dereitas, mentres que fracasaron naquelas onde a victoria electoral correspondeu ó Frente Popular. O comezo do `Alzamento' tivo lugar o 17 de xullo en Melilla. As unidades militares de Marrocos que non controlaba o goberno republicano fixeronse poucas horas despois con Tetuán e Ceuta. O xeneral Franciscio Franco parteu dende Canarias nunha avioneta privada a Tetuán o día 18. Ese mismo día sublevaronse os mandos militares de outras divisións peninsulares; ainda que o levantamento fracasou nas principais cidades do pais.

    O comezo da guerra estivo vinculado o plan establecido previamente polos coonspiradores na primavera de 1936 no que participaron mandos militares monárquicos, tradicionalistas e outros sectores da extrema dereita.

    O asasinato de Leopoldo Calvo Sotelo, lider do dereitista Bloque Nacional e activo participante na conspiración contra o governo, foi e episodio previo o pronunciamento militar.

    Pronto se comprobou que o plan conspirador fracasara e o que se pensaba que sería un simple pronunciamento militar convertiríase nunha guerra larga e cruel de tres anos de duración.

    Os sublebados pretendían chegar á capital dende o norte e dende o sur pero fracasaron. Franco que contaba co apoio das forzas de África e coa axuda alemana e italiana, avanzou sobre Andalucía conseguindo ocupar Mèrida e Badaxoz, enlazando así cos sublevados do norte ó longo da fronteira portuguesa. Mola lograba ocupar Irún cortando así a fronteira con Francia.

    A caída do frente norte,Guernica:

    Guerra Civil española
    Os sublevados non abandoaron a idea de conquistar Madrid pero a batalla de Guadalaxara rematou con victoria republicana frente as tropas enviadas por Italia. Ante este panorama os alzados decidiron centrar as suas principais operacións no norte da Península. Co apoio decisivo da aviación integrada na Lexión Cóndor alemana, que ocasionou unha salvaxe agresión a Gernica en abril de1937, as tropas rebeldes rompían as defensas, o chamado `cinturón de ferro', de Bilbao pouco despois de falecer o xeneral Mola en accidente de aviación. En agosto, estas mismas tropas entraban en Santandere e dous meses despois tomaban Xixón, esta foi a última etapa da ocupación polos rebeldes da zona Norte.

    A Batalla do Ebro:

    En principio os republicanos obtiñan a gran victoria de Teruel, cidade que perden en febreiro de 1938.

    En xullo comezou a dura e decisiva Batalla do Ebro, na que a derrota do exército republicano deixou despexada a ruta para o avance dos sublevados hacia Cataluña. Nos últimos días do mes de xaneiro do ano seguinte, estas mismas tropas instaláronse en Barcelona para avanzar cara a fronteira francesa.

    O final da guerra:

    A ofensiva final que debía quebrantar as posicións republicanas todavía pendentes que se estendían por toda a zona centro-sur.

    O presidente do Consello Nacional de Defensa procurou alcanzar unha paz honrosa co governo franquista de Burgos despois de facerse co control de Madrid tras un cruel enfrentamiento entre as propias tropas republicanas. Estas negociacións non deron fruto e o 28 de marzo as tropas franquistas entraban en Madrid. Tres días máis tarde o governo republicano vía caer as últimas cidades todavía fieis. O 1 de abril a guerra terminaría non así as represalias.

    A guerra deixaba un saldo claamente negativo no que, as pérdidas demográficas e os destrozos propios de todo conflicto armado, hai que engadir as feridas abertas nos españois de un e outro bando.  

    Datos de mortes durante a guerra:

    100.000 mortos nos campos de batalla
         10.000 mortos polas inclusións aéreas
         50.000 por enfermedades e desnutrición (durante a guerra)
         20.000 por represalias políticas na zona republicana
    200.000 por nacionalistas durante la guerra

    Internacionalización da Guerra

    A guerra comenzou como un conflilcto interno pero polas súas raíces ideolóxicas non puido manterse axeno ó entorno internacional.

    Ambos bandos reclamaron inmediatamente apoios de outras potencias extranxeiras ata o extremo de que algúns viron no conflicto o prólogo dun novo enfrentamento mundial que conseguíu implicar á maioría de partidos polítocos e potencias europeas.

    O governo da república solicitou axuda ó governo do Frente Popular francés e os reveldes contaron co apoio de Italia (governada por Mussolini) e de Alemaña ( con Hitler no poder).

    O Frente Popular español contou co apoio inicial de Francia e da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) pero o temor francés a crear unha situación conflictiva en todo o continente frenou o seu apoio inicial e acolleuse á política de non non intervención aplicada pola Sociedade de Nacións.

    A Unión Soviética, tras comprobar a participación activa e directa de italianos e alemáns rexeitou a política de non intervención e mostrou gran apoio en blindados, avións e equipos de asesores militares. A financiación dos suministros bélicos entregados ó governo republlicano relacionouse cas reservas do Banco de España. Duas terceiras partes do ouro gardado no banco nacional saíron cara Moscova en concepto de depósito e como pago por aqueles suministros. O famoso `ouro de Moscova' sería un asunto controvertido e utilizado como propaganda polo governo franquista que recibíu a crédito suministros alemans e italianos, foron abandoados en parte despois de finaliza-la guerra. O governo republicano agotou todalas reservas para pagar a axuda soviética.

    Pola súa parte os rebeldes recibiron avións (Lexión Condor), armamento, combatentes de Italia e Alemania e voluntarios portugueses.

    Entre os axulios recibidos polo governo republicanomerecen recordarse as Brigadas Internacionais, integradas por voluntarios de distintos países movidos por sentimentos antifascistas.

    En todo este proceso destacou o que se conoceu como a política de non intervención establecida pola Sociedade de Nacións que supoñía a prohibición de exportar calquera material de guerra. Este compromiso sufríu munerosas violacións polo que non impedíu que as poencias extranxeiras apostaran por un ou outro bando.

    Consecuencias Bélicas:

    ! A gran cantidade de pérdidas humanas (sobre medio millón), moitas de elas relacionadas ca violenta represión exercida. Tamén se rexistran moitas mortes producidas polos bombardeos sobre poblacións civiles.

    ! O elevado número de exiliados producidos polo conflicto, cuias principales figuras políticas costituiron durante moitos anos o governo republicano no exilio.

    ! No que respecta ó aspecto económico, as consecuencias pricipais foron:

    • Pérdida de reservas

    • Disminución da poboación activa

    • Destrucción de infraestructuras, fábricas e vivendas

    O que provocou unha disminución da producción e, en fin, afundimento parcial do nivel de renta. A maioría da poboación española houbo de padaecer durante a guerra, e tras rematar ésta, ó longo das décadas dos 40 e dos 50, os efectos so racionamento e privación dos bens de consumo.

    • Milenio historia Secundaria SM

    • Historia de las Civilizaciones y del Arte BUP1 Santillana

    • Ciencias Sociais Hisstoria Secundaria SM

    • www.yahoo.es

    • www.geocities.es




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar