Cambio climático

Tierra. Temperatura. Atmósfera. Efecto Invernadero. Gases

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad

O Cambio Climático

1. UN CAMBIO GLOBAL

Na última década chegáronse as maiores temperaturas de todo un século. Os glaciares empezaron a desaparecer e a temperatura do mar tamén está subindo. Outra das consecuencias deste aumento da temperatura é que algunhas aves migraban para pasar o inverno en zonas máis cálidas, e xa deixaron de facelo.

1.1. NACIÓNS UNIDAS FRONTE O CAMBIO CLIMÁTICO

Na década de 1980, algúns científicos comezaron a prestar atención ó aumento da temperatura da superficie terrestre, probablemente causado pola actividade humana. A ONU creou en 1988 o IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático).

O IPCC prognostica un incremento das temperaturas. Este quecemento global implica: cambio climático, alteración do funcionamento dos ecosistemas, grandes transformacións no uso do solo e perda da biodiversidade.

O tratamento do cambio global pode que esixa bastantes sacrificios para a humanidade.

1.2. EVIDENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO:

  • Retroceso dos glaciares: afecta tamén á banquisa, unha capa xeada que cobre o océano nas zonas polares.

  • Incremento do nivel do mar: é o resultado de boa parte do xeo continental e da dilatación térmica da auga do océano.

  • Incremento da temperatura media global.

  • Os fenómenos metereolóxicos extremos son máis frecuentes: períodos de seca, inundacións, ondas de calor ou ciclóns. (Huracán Mitch, seísmo en Haití, sequía de Francia no 2003, etc.)

  • Moitos organismos vivos están modificando os seus comportamentos e distribución.

2. DE QUÉ DEPENDE A TEMPERATURA DA TERRA?

O factor máis influínte no clima global da Terra é a súa temperatura media, que depende de dous factores:

  • A distancia do sol.

  • A presenza da atmosfera.

2.1. A COMPOSICIÓN ATMOSFÉRICA

O 99% do aire está constituído por nitróxeno e osíxeno, o 1% restante está composto maioritariamente de argon. O dióxido de carbono apenas representa o 0,036%, pero o seu papel é fundamental.

2.2. UN INVERNADOIRO NATURAL

Grazas a atmosfera, a temperatura do noso planeta alcanza os 15ºC, isto coñécese como efecto invernadero natural. Deixa pasar a radiación solar pero dificulta a perda de calor, incrementando así a temperatura do aire que nos rodea.

2.3. GASES DE EFECTO INVERNADOIRO

  • O vapor de auga.

  • O dióxido de carbono.

  • O metano.

2.4. COMO FUNCIONA O EFECTO INVERNADOIRO

  • 30% da radiación solar é reflectido pola amosfera ou pola superficie terrestre e devolta ao espazo exterior sen que o noso planea se quente neste proceso.

  • 19% é absorbido polas nubes e outros componentes atmosféricos.

  • 51% restante é absorbido pola superficie terrestre que incrementa así a súa temperatura.

A superficie terrestre “devolve” a enerxía que absorbeu en forma de radiación infravermella, que é absorbida polos gases de efecto invernadoiro, que quentan o aire e dificultan a emisión de calor ao exterior.

Existe un equilibrio entre a enerxía solar que chega a Terra e a enerxía térmica emitida cara ao exterior. Se non fose así, a temperatura do noso planeta non deixaría de aumentar.

3. OS CLIMAS DO PASADO

Ao longo da historia da Terra o clima cambiou moitas veces e fíxoo de maneira global afectando a todo o planeta.

3.1. CAMBIOS NO NIVEL DO MAR

  • Cambios no ciclo da auga: a retirada de auga do mar e a súa acumulación nos continentes en forma de xeo supón un descenso do nivel do mar.

  • Dilatación térmica da auga: nos períodos cálidos o nivel o nivel do mar sobe, non só porque se funde o xeo acumulado, senón porque ao atoparse a auga oceánica a maior temperatura, dilátase.

3.2. COMO INVESTIGAR OS CLIMAS DO PASADO

Os científicos buscan rexistros ou pegadas de diversa natureza que proporcionen información sobre os organismos que existían, a composición do aire ou os procesos xeolóxicos que actuaban.

Ejemplos de rexistros:

  • Burbullas de aire atrapadas no xeo.

  • Restos fósiles.

4. POR QUÉ CAMBIA O CLIMA?

4.1. CAUSAS EXTERNAS OU ASTRONÓMICAS

Son causa alleas ao sistema climático interno da Terra e modifican a radiación solar recibida afectando ao clima do planeta.

  • Cambios na actividade solar: afectan á propia fonte de enerxía e as súas consecuencias alcanzan á Terra.

  • Cambios na órbita terrestre: a órbita descrita pola Terra cambia gradualmente dunha forma case circular a outra máis elíptica e modifica a radiación solar que chega á Terra.

  • Impactos de meteoritos: ao colisionar coa Terra pulverízanse, e orixinan nubes de po en suspensión. Se a nube é grande pode impedir que a radiación solar alcance o solo.

4.2. CAUSAS INTERNAS

As causas internas determinan que se fai ca radiación solar recibida, é dicir, en que proporción é reflectida, en que medida é absorbida polos gases de efecto invernadoiro ou como se distribúe polo planeta.

  • Cambios no albedo: radiación solar reflectida pola atmosfera ou pola superficie terrestre que é “devolta” ao exterior sen quentar o planeta.

  • Cambios na composición atmoférica.

  • Cambios nas correntes mariñas: contribúen a reducir as diferentas de temperatura entre as zonas cercanas ao ecuador e as cercanas aos polos.

A circulación termohalina é unha corrente oceánica causada por diferenzas de temperatura e densidade das augas. Conecta todos os océanos e constitúe unha gran fita transportadora de calor.

5. CAUSAS DOS GASES DE EFECTO INVERNADOIRO

A maioría dos gases de efecto invernadoiro orixínanse de forma natural e a súa presenza é moi anterior a existencia da especie humana. A partir da revolución industrial, a concentración destes gases non deixou de aumentar.

As actividades que xeran maior incremento de gases de efecto invernadoiro son:

  • A queima de combustibles fósiles (petróleo, gas e carbón).

  • A deforestación.

  • Certas actividades agrícolas e gandeiras.

O resto do efecto invernadoiro débese a gases como o ozono, o óxido nitroso, os clorofluorocarburos ou CFC.

O vapor de auga é o gas que más inflúe no efecto invernadoiro natural.

O principal causante do quecemento global é o incremento dos gases xerados pola actividade humana (gases de orixe antropoxénica).

O gas que máis impulso lle deu ao quecemento global do último século é o dióxido de carbono.

6. ÓNDE NOS LEVA O CAMBIO CLIMÁTICO

O sistema climático é complexo e non resulta fácil determinar que vai acontecer. Para facer proxecións ou prognósticos, os científicos utilizan modelos.

Un modelo é unha representación simplificada da realidade.

Os modelos climáticos son programas informáticos nos que os cieníficos introducen as principias variables que interveñen no clima, isto serve para predecir que ocorrerá.

6.1. QUE PREVÉN OS MODELOS CLIMÁTICOS?

  • A temperatura media global da Terra incrementarase.

  • O nivel do mar ao final do século estará entre 20 e 80 cm por riba do actual. Moitas zonas costeiras quedarán inundadas.

  • Os fenómenos meteorolóxicos extremos acentuaranse.

  • Efectos ambientais.

  • Efectos na saúde, especialmente en países non desenvolvidos.

6.2. UN IMPACTO BRUTAL

Os impactos producidos polo cambio climático afectarán de forma distinta a diferentes lugares debido a que non todos os zonas son igualmente vulnerables a un determinado cambio, nin en todos os lugares os cambios serán da mesma magnitude.

7. QUÉ PODEMOS FACER?

Os científicos do IPCC formularon as seguintes propostas:

  • A necesidade de adoptar medidas canto antes para atallar o cambio climático, estas medidas deben reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e axudar a retirar parte do emitido.

  • O sistema climático presenta inercias, é dicir, pasa certo tempo desde que cambia algunha das variables que interveñen ata que se ven as consecuencias.

  • O cambio climático afecta a todo o planeta e todo debemos intervir, especialmente os países desenvolvidos, pois teñen maior responsabilidad ao ser eles os que máis gases xeran e os que están en mellores condicións científicas, técnicas e económicas para intervir.

7.1. MEDIDAS PARA ATALLAR O CAMBIO CLIMÁTICO

En 1997 os países industrializados reuníronse na cidade xaponesa de Quioto e asinaron un acordo, o Protocolo de Quioto, que entrou en vigor en 2005.

Conforme con este acordo, a Unión Eurpea puxo en marcha medidas que implican:

  • Incrementar o uso de enerxías renovables.

  • Mellorar a eficiencia dos automóbiles para que reduzan o seu consumo de combustible e as súas emisións á atmosfera.

  • Mellorar a eficiencia enerxética dos electrodomésticos.

  • Fomentar a eficiencia enerxética en edificios.

  • Impulsar a investigación científica e o desenvolvemento tecolóxico.

  • Protexer e mellorar os sumidoiros naturais. Os sumidoiros son lugares, procesos ou mecanismos que retiran da atmosfera un gas de efecto invernadoiro.

  • Investigar e experimentar tecnoloxías que actúen como sumidoiros artifciais de dióxido de carbono.

7.2. QUE PODES FACER TI?

  • Recicla vidro, papel, cartón, latas e envases.

  • Compra produtos que utilicen pouco envase.

  • Usa bolsas reciclables cando vaias facer a compra.

  • Camiña ou monta en bici cando se trate de poucos quilómetros.

  • Se tes que ir máis lonxe, emprega o transporte público.

  • Apaga a luz cando non che faga falta e emprega lámpadas de baixo consumo.

  • Non deixes a televisión, o ordenador ou o equipo de música en espera.

  • Baixa a temperatura da calefacción en inverno. Non poñas en verán a refrixeración por baixo de 24ºC.