As unidades integrantes da coroa española. O Centralismo Borbónico

Historia de España. Reformismo ilustrado # Impacto da Revolucion Francesa. Nacionalismo Galego

  • Enviado por: Iago Porto
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 59 páginas
publicidad

TEMA 1

As Unidades Integrantes da Coroa Española.

O Centralismo Borbónico.

As unidades integrantes da Coroa Española.-

Definición de “Coroa”: institución político - administrativa na que quedan agrupados os diferentes territorios que as constitúen (reinos, condados, señoríos, etc.), baixo unha unidade indivisible e de carácter hereditario. Esta coroa indivisible é gobernada por un mesmo titular, o Rei, no que recae o exercicio do poder.

O proceso de formación da Coroa Española remóntase á Época Medieval (consultar no caderno a narración da Reconquista). Durante a Reconquista, os reinos uníanse por motivos económicos (ser máis grandes implica cobrar máis impostos). Este proceso explica as diferencias dentro da cultura española, como é a existencia de particularismos entre as distintas partes de España.

A Coroa Española é o resultado dun largo proceso de agregación de varios territorios, que durante séculos disfrutaron de particularismos xurídicos, políticos e económicos. Estes particularismos frearon as ambicións centralistas dos monarcas españois. A finais do século XVIII, a Coroa Española abarcaba extensos territorios en todo o mundo. Estaba formada por tres reinos: o de Castela, o de Aragón e o de Portugal, que estaban rexidos por un só rei, chamado Rei de España ou Rei Católico. Déuselle este nome porque os Reis Católicos, Isabel e Fernando, usaron o catolicismo como algo que tiñan os territorios en común, como elemento de cohesión.

Na Idade Moderna, os reis tratan de unifica-las leis, xa que existían moitas diferencias legais entre os Reinos que compoñían a Coroa Española. Tal como Gran Bretaña ou o Imperio Austrohúngaro, a Coroa Española é unha monarquía de agregación, isto é, ten a súa orixe en territorios que foron independentes.

O proceso de unión dos reinos tivo un carácter dinástico, mais non significou a unificación de leis e institucións, nin a desaparición dos particularismos. A concepción do poder baseábase nunha dualidade rei - reino. O rei era o señor supremo do territorio. Os seus dereitos pasan de forma hereditaria ós seus fillos. O territorio sobre o que o rei exerce o seu poder é o reino, pero non o fai coa mesma efectividade en todas partes: hai zonas baixo o seu control directo (terras de reguengo) e zonas onde o rei cede parte do seu poder ós Señores (terras de señorío). O señorío é territorial, pero ás veces tamén é xurisdiccional.

As Cortes apareceron no Medievo, a finais do século XII. Son unha institución auxiliar do Rei, nas que se reúnen os representantes do Reino. O Rei reuníaas de cando en vez para pedir cartos ou ben para solucionar algún conflicto. Os membros das Cortes son nobres e eclesiásticos. Había varias Cortes no territorio peninsular: Galicia, Valencia, Aragón, Castela...

Definición de “foro”: conxunto de leis, usos, costumes e liberdades que regulan o poder do Rei e das institucións e os privilexios dos reinos, das cidades e dos nobres. A súa orixe está na Reconquista. Os reis concedíanos como compensación ou incentivo ós territorios.

A evolución dos acontecementos históricos favoreceu o autoritarismo real nos reinos de Castela e León. Na Coroa de Aragón, Reino de Navarra e nos Señoríos Vascos esta autoridade foi limitada polos foros. A política da dinastía dos Habsburgo, tendente a realza-lo seu poder, provocou roces e tensións nos reinos. As tendencias partidarias da uniformización da monarquía alcanzaron unha especial formulación co Conde Duque de Olivares.

Valido de Filipe IV, o Conde Duque propuxo ó Rei establece-la unidade xurídica en tódolos reinos. Isto significaba a abolición dos foros, substituídos polas leis de Castela. O resultado foron, en 1940, as sublevacións en Cataluña, Portugal, Sicilia, Andalucía...

Filipe V, primeiro rei Borbón, aproveitou a rebelión de Aragón na Guerra de Sucesión e aboliu os foros deste territorio, ademais dos de Cataluña, Valencia e Maiorca, entre 1707 e 1716.

As medidas uniformadoras dos Borbóns levan a falar de Centralismo Borbónico, pero na España do século XVIII aínda existen particularidades: Navarra e as Provincias Vascas manteñen os seus foros especiais.

O Centralismo Borbónico.-

  • A Guerra de Sucesión.

  • Os Decretos de Nova Planta.

  • Cambios na estructura do Estado e da Administración.

º A Guerra de Sucesión (páx. 32).-

Carlos II foi o derradeiro monarca da casa de Austria. Faleceu sen fillos en novembro de 1700. No seu testamento, nomeou herdeiro ó Duque de Anjou, Filipe de Borbón, neto de Luís XIV. Por mor disto, desencadéase un conflicto de ámbito internacional, no tocante á sucesión da Coroa española. As potencias europeas vían en Filipe (que sería Filipe V de España) unha ameaza, pois Filipe de Anjou estaba na liña de sucesión francesa e podía darse o caso de que se uniran os dous países.

Fórmase a Grande Alianza, composta por Inglaterra, Holanda e, máis tarde, Portugal. Estas potencias propoñen ó Arquiduque Carlos de Austria, que pertencía á rama xermana dos Austrias. No 1703 estala a Guerra de Sucesión, que se vai estender ata 1713. A guerra desenvólvese en centro Europa ata que, en 1704, coa entrada de Portugal no conflicto, pasa a desenvolverse en España, xa que Inglaterra pode introducir tropas en territorio hispano, antes inaccesible polo “escudo” proporcionado por Francia. Por outra parte, os Reinos españois divídense. Castela, Navarra e o País Vasco dan o seu apoio a Filipe, mentres que Aragón, Cataluña, Valencia e Maiorca se mostran partidario de Carlos de Austria.

A guerra desenvólvese favorablemente para a Alianza pero, en 1707, en Almansa (Valencia), a guerra cambia de signo. Os borbónicos derrotan ós aliados. A partir deste momento, a balanza da guerra inclinarase para o lado de España e Francia.

En 1711 sucede un feito que marcará o curso posterior dos acontecementos. Carlos de Austria herda o trono do Imperio Austríaco, razón pola que Inglaterra e Holanda lle retiran o seu apoio e abandonan a guerra. A guerra remata así en Europa, pero continúa en territorio nacional. Maiorca e Cataluña proseguen loitando contra os seguidores de Filipe V, pero a súa rendición é cuestión de tempo, pois xa non contan co apoio estranxeiro. Entre 1713 e 1714 caen finalmente.

A partir do abandono das potencias europeas iníciase a fase diplomática. No 1713 firmouse o tratado de Utrecht. Por este tratado, as potencias europeas recoñecen a Filipe de Borbón como monarca español, coa condición de que el e os seus descendentes renuncien á Coroa de Francia. Por outro lado, España viuse obrigada a realizar concesións:

  • Xibraltar e Menorca foron cedidos a Inglaterra. No XVIII, Menorca será devolta. Tamén lle foi cedida Terranova, importante para Inglaterra para entrar en Canadá.

  • España permítelle a Inglaterra o tráfico de escravos con América durante 30 anos.

  • España concede a Inglaterra o Navío de Permiso. Isto é un permiso para enviar un barco ó ano a América co obxectivo de comerciar. Inglaterra vese beneficiada porque lle vai ser máis sinxelo realizar o contrabando de materias.

  • Austria recibe os Países Baixos, Milán e Cerdeña, que vai cambiar por Sicilia.

  • Saboia (país do norte de Italia) recibe Sicilia, que cambiará con Austria por Cerdeña.

  • Portugal recibe a colonia de Sacramento.

No ano seguinte, 1714, o Tratado de Utrecht foi confirmado co Tratado de Rastadt.

º Os Decretos de Nova Planta e os cambios na estructura do Estado e da Administración (páx.: 34).-

Trala Guerra de Sucesión, os Borbóns adaptaron o modelo francés do absolutismo ilustrado a España. O monarca exerce o poder como un déspota ilustrado, combinando o exercicio absoluto do poder co ímpeto reformador do século da Ilustración. A política aplicada é claramente centralista, xa que trata de igualar tódolos territorios da Coroa. Os Decretos de Nova Planta pretenden a perda da autonomía política dos Reinos que formaban a Coroa de Aragón. Trala batalla de Almansa, en 1707, Filipe V aboliu os foros de Aragón e Valencia. Ó remate da guerra, aboliu os de Maiorca (1715) e os de Cataluña (1716). Navarra e o País Vasco manteñen os seus foros, pois permaneceron no lado de Filipe de Borbón durante a guerra.

REFORMAS LEXISLATIVAS

Os Decretos de Nova Planta pretenden uniforma-las leis da Coroa Española e elimina-las situacións especiais (foros). Esa uniformización que pretenden os Borbóns pódese entender como unha castelanización, porque se impoñen as leis de Castela ós territorios sublevados na Guerra. O castelán convértese na única lingua oficial. Por outra banda, instáurase a Lei Sálica, que elimina a liña feminina na sucesión ó trono. Isto quere dicir que as mulleres non poden reinar pero, ademais, non poden transmiti-la herdanza.

REFORMAS ADMINISTRATIVAS

As Institucións tradicionais foron substituídas. As Cortes dos Reinos perden as súas funcións e só se van reunir para que o herdeiro ó Trono xure o seu cargo. Créanse Audiencias, nas que o Rei era o último responsable da xustiza. Desaparecen os Consellos (órganos de goberno), que son substituídos polas Secretarías, precedente dos Ministerios actuais. Ocúpanse das distintas parcelas de goberno. Hai varias: Secretaría de Facenda, Secretaría de Xustiza, Secretaría de Marina, etc. A máis importante é a Secretaria de Despacho Universal ou Secretaría de Estado, que coordina ás outras Secretarías. O Secretario de Estado é o equivalente dos Primeiros Ministros actuais. É unha persoa moi próxima ó Rei e é coma o Xefe de Goberno.

REFORMAS TERRITORIAIS

Cos Decretos de Nova Planta instaurase unha nova organización territorial que se pode resumir, coma as reformas anteriores, nunha soa palabra: centralización. España pasa a estar dividida en 32 provincias, 24 do reino de Castela e 8 do de Aragón. Establécese un sistema de goberno provincial, no que a máxima autoridade é o Capitán Xeneral, que viña substituír ós vicerreis da época anterior. Á figura do Capitán Xeneral, sumouse a do Intendente, que supervisa que se aplique a política de uniformización correctamente.

Prodúcense tamén cambios na organización municipal. Durante o reinado de Carlos III (1759 - 1788) creáronse o Procurador Síndico Persoeiro e o Deputado do Común, representantes do pobo. Isto non significa unha democratización do goberno municipal, senón que o Rei quere que a súa autoridade chegue a todas partes, incluso ó pobo.

Como xa se dixo, a pesar de todas estas reformas, os Borbóns non conseguiron eliminar totalmente as particularidades. Navarra e o País Vasco manteñen os seus foros, Cataluña mantén as súas diferencias económicas con Castela e mantén tamén o Dereito Civil catalán. Estes foros durarán ata o século XIX.

Reis españois da Casa dos Austrias e da Casa dos Borbóns.-


AUSTRIAS

Carlos I (1517-1556)

Filipe II (1556-1598)

Filipe III (1598-1621)

Filipe IV (1621-1665)

Carlos II (1665-1700)

BORBÓNS

Filipe V (1700-1724)

Luís I (1724) [reinou 8 meses]

Fernando VI (1746-1759)

Carlos III (1759-1788)

Carlos IV (1788-1808)

Fernando VII (1814-1833)

Isabel II (1833-1868)

Afonso XII (1875-1885)

Afonso XIII (1902-1931)

Xoán Carlos I (1975)


TEMA 2

Os elementos Económicos, Sociais e Políticos que configuran o Antigo Réxime.

O Reformismo Ilustrado.

Os elementos económicos, sociais e políticos que configuran o Antigo Réxime.-

(completar con apuntes de 3º E.S.O.)

Política (páx. 16).-

O sistema de goberno que os reis da Casa de Austria impuxeron en España durante os séculos XVI e XVII denomínase Monarquía Hispánica. Nela combinábanse as características dunha monarquía absoluta cos dereitos e privilexios xurídicos dos distintos reinos que formaban a Coroa Española. Estes privilexios procedían dos foros que tiñan os reinos non casteláns (Aragón, Cataluña, Valencia, Maiorca, Navarra e Portugal).

Os monarcas dos séculos XVI e XVII contaban con validos, que exercían parte das súas funcións. Destacan o Duque de Lerma (valido de Filipe III) e o Conde - Duque de Olivares (valido de Filipe IV).

A herdanza de Carlos I fixo coincidir nunha soa Coroa posesións en toda Europa: o Imperio Alemán e o Imperio Español, ademais dos territorios americanos colonizados dende 1492. Esta supremacía política produciu numerosas guerras e levantamentos. A monarquía hispánica dos séculos XVI e XVII tivo enfrontamentos armados con Francia, Inglaterra, os Países Baixos ou o Imperio Turco. Ademais, producíronse sublevacións, como as de Aragón, Cataluña e Portugal. Todos estes conflictos conduciron á progresiva decadencia da hexemonía española en Europa.

A monarquía hispánica baseábase nunha serie de Consellos territoriais (de Castela, de Aragón, de Indias, etc.) ou especializados (de Estado, de Guerra, etc.). Estes consellos reciben o nome de polisinodia hispánica.

Sociedade (páx. 18).-

A finais do XVI, España tiña entre 6 e 7 millóns de habitantes. Tres de cada catro persoas vivían no medio rural.

A sociedade española dividíase en grupos, chamados estamentos, que se diferenciaban por privilexios de carácter xurídico e económico. O primeiro grupo privilexiado era a nobreza. Tiñan o monopolio dos cargos públicos, posuían grandes propiedades, recibían rendas do pobo, gozaban de exencións fiscais, tiñan xustiza propia e privilexios sociais de cara ó monarca. Dentro deste grupo atopamos unha xerarquía interna, composta polos Grandes de España, ós que seguían os cabaleiros, vinculados ás Ordes Militares, e os fidalgos, nobreza de terceira categoría.

O outro estamento privilexiado era o clero, que estaba exento de pagar certos impostos. Ademais, a Igrexa era propietaria de moitas terras, polo que recibía o décimo. Moitos nobres non - primoxénitos facíanse eclesiásticos, xa que desa forma tiñan solucionada a vida. O clero está composto polos arcebispos, bispos e abades e polo baixo clero (frades e curas párrocos).

Fóra dos estamentos privilexiados, o resto da poboación formaba parte do terceiro estado ou da xente común. Todos debían paga-lo décimo á Igrexa (a décima parte da colleita), rendas ós señores e impostos ó Estado.

O grupo mellor situado no estamento non privilexiado era a burguesía, formada por grandes comerciantes, mercadores e profesionais libres (médicos, avogados...). Outro grupo integrábano os artesáns, que desenvolvían o seu traballo dentro dun gremio, que era unha asociación que aseguraba a alta calidade dos productos e controlaba a producción. Pero a maioría do terceiro estado eran campesiños: algúns medianos propietarios, outros propietarios de pequenas parcelas e outros xornaleiros, que recibían un salario polo seu traballo.

Por último, na cidade abundaba unha gran cantidade de criados, mendigos e marxinados, discriminados pola sociedade. A estes únense as minorías étnicas (xitanos e xudeus).

No século XVII, a poboación española pasou de 7 a 11 millóns, o que supuña un incremento do 4%. Este aumento demográfico estaba baseado na alta natalidade, pese a que se mantiñan elevadas taxas de mortalidade.

Economía (páx. 20).-

A poboación creceu de forma notable durante o século XVI. Había altas taxas de natalidade e mortalidade.

Durante o século XVI houbo unha subida xeneralizada dos prezos debida á chegada de ouro e prata de América, que fixo baixa-lo valor destes metais pola súa abundancia. Cando estas alzas de prezos afectaban a productos básicos, producíanse crises agrarias e revoltas populares. O abastecemento de trigo era esencial, pois o pan era a base da dieta alimenticia da época. Construíronse depósitos de cereais e instaurouse a taxa do pan, que era o prezo máximo ó que se podía vender.

A industria máis importante era a téxtil, especialmente de panos de la e de tecidos de seda. A súa producción estaba baixo o control dos gremios.

Co descubrimento de América en 1492, os recursos naturais (ouro e prata, especialmente) foron obxecto dun activo comercio. A coroa estableceu un monopolio polo que todo o comercio con América debía facerse dende o porto de Sevilla.

Este comercio responde ó modelo mercantilista, no que a coroa monopolizaba os intercambios comerciais e buscaba a acumulación de metais preciosos. Co esgotamento dalgunhas minas, a piratería inglesa e holandesa e a perda da hexemonía militar, o comercio americano decaeu ó longo do século XVII.

No século XVII, a agricultura seguía a ser a principal actividade económica: máis do 70% da poboación dedicábase a tarefas rurais. Por isto, os ilustrados ocupáronse de mellora-las condicións de vida dos campesiños. Os grupos privilexiados opuxéronse a estas reformas. En xeral, a producción agraria creceu, mais non houbo grandes innovacións técnicas. O arado romano era o dominante e o barbeito a penas diminuíu. A gandería e a pesca viviron un momento de auxe.

En canto á industria, os ilustrados interesáronse polo seu fomento. A industria artesanal era a dominante, sobre todo as téxtiles. O panorama completábano as Reais Fábricas, que fabricaban armas para o exército, tapices para a nobreza, tabaco...

O comercio interior era pouco importante. En 1717 suprimíronse as aduanas interiores, pero os peaxes permaneceron. O comercio exterior centrábase en Europa e América. O comercio con América era esencial. Estaba monopolizado no porto de Cádiz dende 1717. Os decretos de liberdade de comercio de 1765 e 1778 abriron América a outros portos españois e un acordo de 1797 converteu América en territorio libre para comerciar con tódalas potencias europeas.

O Reformismo Ilustrado.-

Definición de Ilustración.-

A Ilustración é un conxunto de ideas e valores que xurdiron e se difundiron en Europa entre 1680 e finais do século XVIII. A Ilustración pretendía modernizar a cultura, a economía e a sociedade. Os ilustrados baséanse en ideas como a razón, o progreso, a felicidade, o afán de coñecemento, etc. Ten unha ambición reformista.

O reformismo é unha práctica levada a cabo polo absolutismo ilustrado. Consiste en reformar superficialmente o sistema establecido. Non se modifica a estructura, a organización básica. Non hai interese por parte dos déspotas ilustrados de cambia-la estructura do Antigo Réxime.

Este ideal reformista apóiase en dous piares: a relixión e a Igrexa como respaldo moral e a monarquía como instrumento para levar a cabo as ideas de reforma. O Despotismo Ilustrado é un sistema político baseado no absolutismo que ten a misión de levar a cabo a modernización social, cultural e económica.

A ilustración española estivo limitada por dous factores: un, a dependencia da Igrexa Católica; o outro, o carácter elitista. A Igrexa contaba coa Inquisición para vixiar calquera desviación da ortodoxia católica. No século XVIII, a Inquisición ocúpase sobre todo da censura na cultura, nos libros. En canto o carácter elitista, só unha minoría ten acceso á cultura; así, a maioría da poboación é analfabeta.

Os monarcas españois acolleron a Ilustración. Filipe V impulsou a creación da Real Academia da Lingua e da Historia. As Reformas Ilustradas leváronse a cabo en España no século XVIII. O momento de máximo esplendor coincide co reinado de Carlos III, na segunda metade de século. Con Carlos IV chega a decadencia.

Reformas económicas.-

Dende mediados do século XVIII difúndense en España os principios da fisiocracia e do liberalismo económico.

Os fisiócratas consideran que a terra é o único ben que xera riqueza, porque a industria só transforma e o comercio só a transporta. Os fisiócratas defenden tamén a liberdade do comercio. O primeiro teórico da fisiocracia é Quesney.

Na segunda metade de século desenvólvese tamén o liberalismo económico, de Adam Smith. Persegue a liberdade económica, a iniciativa privada, a libre competencia...

Para potencia-la liberación económica, creáronse institucións: Academia da Agricultura, Consulados, Sociedade Económica de Amigos do País... (páx.: 52,53) Encargábanse de fomentar a agricultura, o comercio, a industria, as ciencias...

REFORMISMO AGRÍCOLA

Conceptos sobre agricultura:

Cando falamos de propiedades de mans mortas referímonos a terras da Igrexa que non poden ser vendidas nin repartidas.

O maiorazgo é o dereito que ten o fillo varón maior a herda-la terra. Este dereito tiña como obxectivo mante-lo poder económico dos nobres, xa que impedía que a terra se vendese ou se repartise.

As terras comunais son terras que pertencen ós pobos ou aldeas. Estas terras poden ser empregadas por tódolos membros do pobo, pero non se poden vender ou repartir. Son tamén propiedades amortizadas, que non cambian de propietario.

Por último, cando falamos de terras baldías, falamos de terras sen cultivar.

No reinado de Carlos III preséntanse problemas derivados da propiedade da terra, dos bens de mans mortas, do atraso tecnolóxico, etc. e preséntase a necesidade dunha reforma.

Os Ilustrados deron a súa opinión. O Marqués de Floridablanca pretende repartir terras baldías entre os campesiños. Campomanes propón entregar cartos ós campesiños sen terra para mercar apeiros de labranza. Jovellanos, en 1795, presenta o informe sobre a Lei Agraria, no que defende a desvinculación dos maiorazgos e a transformación das terras de mans mortas e comunais en particulares. Pretende suprimi-los obstáculos que impiden o desenvolvemento da agricultura e afirma que se debe fomenta-la propiedade privada. O informe de Jovellanos recolle unha análise correcta dos problemas agrícolas.

Os gobernos ilustrados fixeron reparto de terras comunais. A primeira desamortización é de 1798, ordenada por Godoy, Secretario de Despacho de Carlos IV. Ordenou a desamortización de propiedades de institucións benéficas da Igrexa. A intención é facendística, para recadar cartos para financia-la guerra. Aínda que esta desamortización a penas cambiou a situación, si sentou un precedente.

REFORMISMO DA INDUSTRIA E DO COMERCIO

Co obxectivo de supera-lo atraso económico e incrementa-la riqueza do país, os gobernos ilustrados buscaron incentiva-lo comercio e a industria. Apoiouse a iniciativa privada e practicouse o intervencionismo do Estado na economía. A política baseouse en tres elementos: fomento da producción artesanal e industrial, mediante axudas a talleres e fábricas. Aplicouse o proteccionismo (protección da producción nacional fronte ás importacións, impoñendo aranceis ós productos estranxeiros).

Campomanes defendeu en 1774 a industria popular, actividades artesanais complementarias da agricultura, que procuran mellora-lo nivel de vida dos campesiños. A idea de Campomanes é o sistema doméstico de producción, no que o campesiño traballa na artesanía no seu tempo libre, o que lle reporta ingresos. O burgués leva ó campo ferramenta e materia prima. Despois, recolle o producto e véndeo no mesmo campo, a outros campesiños. Son productos de baixa calidade e baixo prezo, que non poden ser vendidos no ámbito urbano.

Nalgúns puntos do País Vasco e de Cataluña pódense atopar, moi localizadas, algunhas fábricas. En Galicia atopámo-la fábrica siderúrxica de Sargadelos.

MELLORAS DAS COMUNICACIÓNS TERRESTRES

Construíuse unha rede de carreteiras, no reinado de Carlos IV. Fixéronse vías principais, radiais con respecto a Madrid, que unen esta cidade coa costa.

PROGRESIVA LIBERALIZACIÓN DO COMERCIO CON AMÉRICA

Destacamos os decretos de libre comercio do 1765 e 1778. O de 1765 establece o libre comercio dos cereais. O de 1778 pon fin ó monopolio de Cádiz no comercio americano e ábrense tódolos portos a este comercio.

Reformas sociais.-

Os reformistas mantiveron o sistema social, pero reduciron os privilexios e as desigualdades. Critícanse os valores sociais tradicionais e defínese o traballo como criterio de ascenso social. Critícanse os prexuízos existentes sobre oficios considerados indignos. Publícanse leis nas que se recoñece a honradez dos traballos mecánicos e productivos. O traballo manual é un traballo digno.

O XVIII é un século de escasa conflictividade social. O único destacable é o motín de Esquilache en 1766. Foi un levantamento provocado por varias causas. Esquilache era o Primeiro Ministro de Carlos III. Este rei trouxo o seu goberno de Italia, polo que os aristócratas sentiron envexa. Por outra parte, a xente era algo xenofóbica. Outra causa é a crise económica, provocada pola escaseza de gran. Por último, Esquilache impuxo unhas disposicións sobre a vestimenta que non foron ben recibidas pola poboación. No Madrid do XVIII existía moita criminalidade. A vestimenta típica española era a capa española, que chegaba ata os pés, e os sombreiros de á ancha. Esta indumentaria ocultaba ós autores dos crimes, xa que non se vía a cara e a capa tapaba todo o corpo. Esquilache mandou cortar uns centímetros a capa e os sombreiros. A xente estalou e produciuse o motín de Esquilache. Este foi destituído, pero Carlos III proseguiu.

Reformas culturais: educación e ciencia.-

Os gobernos ilustrados propoñen un cambio na educación e na cultura, para aumenta-la riqueza da xente. Apoiouse a educación de tipo útil e práctico. Creáronse escolas para as clases populares e tentouse reforma-los planes de estudio universitarios. Por desgracia, as universidades españolas eran inmobilistas e non admitiron as reformas e o progreso. Os déspotas presionaron e formáronse as Reais Academias da Lingua, Historia, Ciencias Naturais, etc. Créase un observatorio astronómico e un xardín botánico.

Figuras destacadas da Ilustración española son:

  • Pai Feijóo: proponse populariza-lo pensamento ilustrado.

  • Campomanes: creou as Reais Sociedades Económicas de Amigos do País.

  • Jovellanes: fixo o Informe sobre a Lei Agraria.

  • Mutis: científico especialista en Botánica.

  • Salva: físico que inventou un tipo de telégrafo.

  • Enrique Flórez: historiador que recompilou unha importante documentación.

Mentalidades políticas da época.-

Os pensadores reflexionaron sobre o sistema político. Moitos deles pensaron en reforza-lo poder do monarca. O rei debería ser un déspota ilustrado, defensor das reformas. A lentitude destas abriu paso a ideas que defendían a transformación radical do sistema. Defínese un novo concepto de poder e sociedade: separación de poderes, fin dos privilexios, limitación do poder real, participación do pobo en política, defensa de dereitos e liberdades individuais, etc.; ideas que caracterizarán o liberalismo.

Paralelamente, entre a nobreza e o clero xurdiu un pensamento conservador e reaccionario.

TEMA 3

O Impacto da Revolución Francesa.

A Guerra da Independencia e a Constitución de 1812.

O impacto da Revolución Francesa.-

  • Medo á reacción.

  • Frenazo ás ideas reformistas.

Carlos IV é o rei no momento en que se produce a Revolución Francesa. Os acontecementos que alí se produxeron causaron un forte impacto en España. O temor ó contaxio revolucionario levou a Carlos IV a establecer un severo control da propaganda revolucionaria, a revisa-las obras literarias que chegaban de Francia, a censar a tódolos estranxeiros e a vixiar ós sospeitosos de introducir ideas revolucionarias.

A Revolución Francesa contribuiu a reforza-lo pensamento das dúas ideoloxías do momento en España: os ilustrados radicais, partidarios das transformacións políticas, e os defensores do tradicionalismo, partidarios do inmovilismo. Os primeiros viron na Revolución un modelo a imitar. Pola súa parte, a nobreza e o clero rexeitan as novas ideas ante a amenaza que supoñen para os seus privilexios.

No referente a política exterior, vaise producir un dilema: mante-los Pactos de Familia cos Borbóns franceses, o que suporía apoiar ó goberno francés e gañarse a enemistade de Inglaterra, ou seguir fiel ó absolutismo, apoiando ós ingleses e enfrontándose á Francia revolucionaria. España permaneceu fiel ós Pactos de Familia con Francia mentres que Luís XVI estaba no poder. Cando, en 1793, foi guillotinado, e se proclamou a República, os dirixentes españois pasaron a defende-las ideas absolutistas. Pero pouco despois, con Napoleón no poder, volveron as boas relacións.

En 1789, o conde de Floridablanca é o Secretario de Despacho de Carlos IV. Plantea unha política contraria á Revolución. En 1791, mentres que en Francia Luís XVI xuraba a Constitución, Floridablanca é destituido. O novo ministro é o conde de Aranda. En 1792 proclámase a República en Francia. En 1793, o rei francés é guillotinado. En España, Manuel Godoy (secretario de Estado) aliouse coas potencias europeas contra a Convención francesa. En 1795 fírmase a Paz de Basilea e España perde Santo Domingo. Despois disto, España cambia de bando e xúntase con Francia. Godoy é cesado en 1796 pois non estaba de acordo cos reis sobre a política exterior. En 1799 Napoleón ascende ó poder e, en 1801, Godoy volve á fronte da política española. España segue aliada con Francia, e vai atacar Portugal (aliado inglés) na Guerra das Laranxas. En 1805 as Armadas francesa e esapañola quedan desfeitas na batalla de Trafalgar contra Inglaterra.

A Guerra da Independencia.-

  • O Tratado de Fontainebleu.

  • Problemas de Godoy e Carlos IV con Fernando VII.

  • A Guerra da Independencia: a loita contra o invasor e a guerra revolucionaria (primeiro intento de construir unha España liberal).

A derrota hispanofrancesa en Trafalgar significou o abandono do plan francés de invadir Inglaterra. Francia concentrouse noutra estratexia: o bloqueo económico. Consiste en impedi-la chegada de barcos comerciais ás costas británicas. Napoleón pide axuda ós países europeos. Portugal négase e Napoleón decide invadilo. Pide autorización ós dirixentes españois para que as súas tropas poidan atravesa-la Península. En 1807 fírmase o Tratado de Fontainebleu, polo que se acorda o reparto de Portugal e a creación do Reino dos Algarves no sur de Portugal para Godoy.

A acumulación de poder por parte de Godoy fixo que aparecera un grupo opositor dentro da Corte, formado por aristócratas e encabezado polo heredeiro da Coroa, Fernando. Este grupo recurriu á conspiración para botar a Godoy do poder e, se era necesario, facer abdicar a Carlos IV. En 1807 foron descubertos. Fernando VII pediu disculpas ó seu pai e delatou ós seus colaboradores, que foron detidos. A Monarquía saiu moi desprestixiada.

A presencia de tropas francesas en España foi rexeitada polo pobo. Os opositores a Godoy (a aristocracia e o Príncipe) fixeron erguerse ó pobo no Motín de Aranxuez. Godoy foi destituido e Carlos IV abdicou no seu fillo Fernando. Os sucesos de Aranxuez foron unha testemuña de crise política e de decadencia da monarquía. Napoleón aproveita esto e argalla un plan: invita a Fernando VII a unha reunión na Baiona francesa. Pouco despois de chegar Fernando a Baiona, Carlos IV, María Luisa (súa muller) e Godoy apareceron tamén alí. Napoleón consegue a renuncia ó trono de Fernando e de Carlos (abdicacións de Baiona), ofrecéndolles terras e unha pensión anual. Padre e fillo deron mostras de grande debilidade e aceptaron. O dirixente francés nomea rei de España a Xosé Bonaparte, seu irmán.

Pero Napoleón comete un erro. Asociou a ineptitude e a cobardía dos reis españois co resto do pobo. Pero equivocouse. O pobo non acepta ó rei estranxeiro e levántase o 2 de maio de 1808 en Madrid. O alcalde de Móstoles, Antonio Torrejón, edita un bando no que chama a toda España ó levantamento. Esta rebelión está apoiada polos militares españois, pero aínda así, o exército francés é superior.

Tres etapas na guerra:

  • 1808-1809: levantamento popular, que colle sorprendidos ós franceses. Os españois gañan a batalla de Bailén.

  • 1809-1812: etapa dos éxitos franceses, que avanzan por todo o territorio nacional. Chegan ata Cádiz. Nesta etapa vaise desenvolve-la guerra de guerrillas por parte dos españois.

  • 1812-1814: a guerra cambia de signo. Hai tres factores que, combinados, fan que España gañe a guerra. Son a axuda inglesa, a guerra de guerrillas e a guerra francesa en Rusia. En 1813, os franceses comezan a retirarse. En 1814 finaliza a guerra.

As tropas inglesas, ó mando do xeneral Wellington, axudan a España porque queren evitar que Francia conquiste toda Europa e se converta na primeira potencia do mundo.

Os franceses combaten en dous frentes á vez: España e Rusia, polo que teñen que dividi-las tropas. Cando Napoleón é derrotado en Moscú, a moral dos españois gaña enteiros, o que leva, no ano 1814, a derrotar definitivamente a Francia, que se retira do territorio.

A guerra de guerrillas é unha forma de combate que empregan os pobos que non teñen recursos cando se enfrentan a un enemigo moi superior. A guerrilla está formada por grupos pequenos de homes, que teñen un perfecto coñecemento do terreo, contan co apoio popular e teñen facilidade de movementos. A guerrilla non se enfronta ó exército enemigo nunha batalla, senón que tenta obstaculiza-lo avance das tropas, atacando a retagarda, os suministros, as comunicacións...

O baleiro de poder creado nas abdicacións de Baiona encheuse de dúas formas:

  • Napoleón nomeou rei ó seu irmán, Xosé. Cree que así enche o baleiro de poder. Xosé Bonaparte decretou o Estatuto de Baiona, no que se recollen ideas liberais da Revolución Francesa. Este estatuto é unha Carta Outorgada, unha concesión do monarca. Xosé Bonaparte só tivo o apoio dunha pequena parte da sociedade española, os afrancesados. O resto da poboación, os patriotas, rexeitaron violentamente a ocupación francesa.

  • En 1808, ó iniciarse o levantamento contra os franceses, os españois negan a autoridade de Xosé Bonaparte e organízanse politicamente en Xuntas locais, Xuntas provinciais e na Xunta Suprema Central. Estas xuntas son froito da reacción do pobo. Encárganse da dirección militar e política de España durante a guerra. A Xunta Suprema Central realizou a convocatoria de Cortes xerais.

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.-

As Cortes de Cádiz.-

En 1809, a Xunta Suprema Central convoca Cortes para formar institucións e tomar decisións sobre o futuro político de España. Participan nelas os representantes de tódalas provincias españolas (da Península e de América). Anque se elixe a cidade de Cádiz para celebralas, por estar libre do dominio francés, non tódolos deputados son quen de acudir. Foron substituidos por cidadáns de Cádiz, que era unha cidade de talante liberal. Esto contribuiu a que houbera maioría de liberais nas Cortes. A primeira sesión tivo lugar en setembro de 1810, coa presencia duns 100 deputados.

As Cortes estaban compostas por eclesiásticos (un tercio do total), funcionarios, militares, avogados... Denótanse dúas ideoloxías distintas: os absolutistas, conservadores, que defenden o Antigo Réxime; e os liberais, progresistas, que pretenden instaura-las ideas liberais en España. A labor das Cortes é lexislativa. Teñen que crear leis, que van ser de talante liberal. A monarquía non é cuestionada, senón que se reduce o poder do rei.

O primeiro decreto das Cortes significou unha ruptura co Antigo Réxime e co absolutismo. Recoñece a separación de poderes, establece a soberanía nacional, proclamouse a liberdade de imprenta, a liberdade de traballo... Abólense os señoríos xurisdiccionais e desaparece a vasalaxe. Con respecto á Igrexa adóptanse medidas. Iniciouse unha primeira desamortización dos bens do clero: a supresión dos mosteiros con menos de doce monxes (o Estado asumía os bens expropiados). Aboleuse o Voto de Santiago. Era un imposto que pagaban diversas provincias ó Arcebispado de Santiago. No ano 1813, as Cortes de Cádiz suprimen a Inquisición.

A Constitución de 1812.-

As Cortes de Cádiz van elaborar unha Constitución (conxunto de leis fundamentais para a organización dun Estado, que o pobo se outorga a si mesmo). Neste proceso participaron deputados como Muñoz Torrero e Argüelles. A Constitución elabórase durante 1811 e promúlgase o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé. Por este motivo, foi coñecida popularmente como a “Pepa”.

É unha Constitución de talante liberal. Posúe case 400 artículos. Neles, dise que España é unha monarquía constitucional ou parlamentaria, non absoluta, na que o monarca está obrigado a xurar e acata-la Constitución. Ten moitos artículos que establecen os dereitos e liberdades individuais dos cidadáns. Proclama a soberanía nacional. Establece a separación de poderes, en executivo (Rei e Goberno), lexislativo (Cortes) e xudicial (xuíces). Recoñece a liberdade civil, de prensa, o dereito de propiedade, a inviolabilidade do domicilio e do correo... Recoñécese tamén o dereito ó voto e o dereito a ser candidato ás Cortes. O sufraxio é universal e masculino, para maiores de 25 anos.

O único aspecto conservador da Constitución é o tema da relixión. Afirma que “a relixión da nación española é e será perpetuamente a católica apostólica, romana, única verdadeira...”; ademais, prohibía “o exercicio de calquera outra”.

A Constitución do 1812 foi a consigna dos liberais durante as tres primeiras décadas de século. Os pronunciamentos militares, exitosos ou fracasados, tiveron como primeiro obxectivo restaurar este texto legal.

Acusouse á “Pepa” de ser copia da francesa de 1791. Anque hai elementos de orixe francesa (soberanía nacional, división de poderes...) tamén é certo que o texto recolle elementos propios (a confesionalidade, o modo de sufraxio, etc.), o que lle dá unha personalidade propia. É un modelo de constitución liberal e progresista. A década de 1820 foi un decenio revolucionario en Europa e a Constitución do 12 foi copiada en algúns países, como Portugal ou Italia.

A Constitución de 1812 estivo vixente en dous momentos: dende 1812 a 1814 e, seis anos despois, no trienio liberal, de 1820 ata 1823.

TEMA 4

A Revolución Liberal e as Reaccións Absolutistas no Primeiro Tercio do XIX

  • Etapas do reinado de Fernando VII (1814 - 1833). A crise do Antigo Réxime.

  • O Reinado de Fernando VII e o contexto europeo.

  • O Carlismo. A súa aparición.

Etapas do Reinado de Fernando VII.-

  • Sexenio absolutista: 1814 - 20.

  • Trienio liberal (Constitucional): 1820 - 23.

  • Década ominosa (decenio absolutista): 1823 - 33.

Sexenio Absolutista (1814 - 1820).-

Fernando VII foi chamado “O Desexado”. En 1814, tras remata-la guerra (sen tratado de paz), volve a España. Non quere ir directamente a Madrid, senón que quere coñece-la opinión pública. Vai a Valencia e alí recibe o “Manifesto dos Persas”, que lle presentan sesenta e nove deputados que participaran nas Cortes de Cádiz, no que solicitan ó rei a restauración do absolutismo e a anulación de todo o decretado polas Cortes de Cádiz. Fernando publica un decreto polo que deixa sen efecto toda a labor das Cortes, incluida a Constitución de 1812. Despois desto, regresa a Madrid, a onde chega en maio. Vai practicar unha política represiva fronte ós liberais. Moitos abandonan España e van a Francia ou Inglaterra. Os liberais que non conseguiron emigrar foron detidos e xulgados. Retornouse ó Antigo Réxime: foron suprimidas as libertades individuais, restableceuse a Inquisición e devolvéronselle á Igrexa as propiedades desamortizadas.

Estes seis anos son unha etapa de inestabilidade e ineficacia política, máis que nada porque faltan proxectos. Hai unha grande oposición liberal, que se plasmaba en frecuentes pronunciamentos militares, coma o de Porlier en A Coruña, en 1815.

O 1 de xaneiro de 1820, o Coronel Riego vai levar a cabo un golpe de estado que dará parte a unha nova etapa, o Trienio Liberal.

Trienio Liberal (1820 - 1823).-

O Coronel Riego atopábase en Andalucía coas súas tropas, que debían embarcar cara a América para loitar na guerra da independencia das colonias. Alí fixo o pronunciamento, proclamou a Constitución do 12 e permitiu ós liberais alcanza-lo poder. O rei viuse obrigado a acata-la Constitución, para seguir sendo Rei de España. Á vez que xura a Constitución, xa está buscando axuda na Santa Alianza para recupera-lo absolutismo.

Durante o Trienio Liberal non se solucionan os problemas políticos españois. Hai inestabilidade política, que pode ser explicada pola división entre o grupo liberal. Hai dúas tendencias: moderada e exaltada. A moderada é conservadora, e é partidaria de entenderse co Rei. A exaltada, máis progresista, propoñía solucións máis radicais.

En 1822, a petición de axuda do Rei á Santa Alianza é aprobada no Congreso de Verona. Envíase un continxente francés, os Cen Mil Fillos de San Luís. Ó mando deles ía o Duque de Angulema. En 1823 chegan a Cádiz, onde se refuxiaran as Cortes e o goberno, xunto co Rei (que seguía finxindo). Acábase con este periodo liberal, e Fernando VII volve ó trono e repón o sistema absoluto.

CONTEXTO EUROPEO (EUROPA DA RESTAURACIÓN)

Ó ser derrotado Napoleón, convócase o Congreso de Viena en 1814, que remodelou o mapa europeo. Tentouse evitar a expansión francesa, e houbo un compromiso pola defensa do absolutismo. Metternich, austriaco, defendeu o intervencionismo, que consiste en prestar axuda ós países nos que o absolutismo se poida ver ameazado. A partir dese ano, tódolos anos se reunían as potencias europeas nun congreso, para comproba-lo estado do absolutismo en Europa.

Por outra parte, Rusia, Austria e Prusia firman un acordo, a Santa Alianza. Esta organización serve para defendérense mutuamente en caso de ataque ó absolutismo. Formouse tamén unha Alianza militar.

Década ominosa (1823 - 1833).-

Durante os seus últimos anos de vida, Fernando VII exerceu unha dura represión do liberalismo. De novo, os liberais marchan do país e son detidos e, algúns, executados. Pese a ter que actuar na clandestinidade, os liberais continúan tentando golpes de estado. Todos fracasan, e os responsables son condenados.

Fernando VII enfróntase a unha dobre ameaza: o liberalismo e o ultrarrealismo. Os ultrarrealistas son os defensores do absolutismo pleno, do Antigo Réxime. Eles tamén tentarán golpes de estado para chegar ó poder.

A década ominosa é unha época de poucas realizacións políticas, pois Fernando VII non pón grande interese. Nos últimos anos da súa vida (1829-1833) ten unha nova preocupación: a cuestión dinástica.

En 1829 quédase viúvo da súa terceira esposa. Contrae un novo matrimonio, con María Cristina, que lle vai da-lo seu primeiro herdeiro. Ata esa data, Carlos (seu irmán) era o sucesor. Pero Fernando VII, antes de ser pai, vai deroga-la Lei Sálica, por se acaso ten unha filla. Isabel nace en 1830. Entre os anos 30 e 33, Fernando VII cambiou varias veces de opinión respecto da Lei Sálica. Aprobouna e aboliuna, influenciado pola xente que o rodea. Os ultrarrealistas convencérono para que instaurase a Lei Sálica, nun momento no que a súa enfermidade pasaba por un punto grave. Cando se recupera, deroga de novo a Lei. En 1833, á morte de Fernando, Isabel II é a sucesora. Só ten tres anos, polo que María Cristina asume a rexencia.

Nese ano, os seguidores de Don Carlos vanse alzar en armas e vai estala-la primeira guerra civil en España no século XIX: a Guerra Carlista. Esta guerra enfrontará ós carlistas contra os chamados isabelinos ou cristinos. Dáse un enfrontamento ideolóxico: ultrarrealismo (carlistas) contra libralismo (cristinos).

TEMA 5

A España Isabelina. O Carlismo e as Opcións Liberais. Carlistas e Liberais en Galicia. O Estado dos Moderados e a súa Labor.

  • Etapas do reinado de Isabel II (1833 - 1868).

  • Inestabilidade política: Estatuto Real de 1834, Constitución de 1837, Constitución de 1845 e Constitución de 1856.

  • Reformas de Orde Pública.

  • Papel do exército.

  • Reformas administrativas.

  • Tendencias políticas: absolutismo, liberalismo moderado, liberalismo demócrata, aparición da ideoloxía republicana.

A Guerra Carlista (1833 - 1840).-

A Guerra Carlista é unha guerra civil que enfronta ós carlistas contra os cristinos ou isabelinos. É tamén unha guerra entre dúas ideoloxías: o absolutismo (carlistas) e o liberalismo (isabelinos). Desenvólvese entre 1833 e 1840, coincidindo coa rexencia de María Cristina.

As zonas urbanas apoiaron ós isabelinos, mentres que, polo xeral, as zonas rurais estaban de parte do carlismo. Isto enténdese porque os nobres e a Igrexa (absolutistas) teñen as súas propiedades no campo e os burgueses (liberais), na cidade. Os principais apoios do carlismo atópanse no País Vasco e en Navarra. Os carlistas defenden o lema de “Deus, Patria e Rei” (monarquía e relixión). Tamén defenden os privilexios forais, cos que todavía contaban o País Vasco e Navarra. Os carlistas formaron partidas guerrilleiras. Os principais apoios do carlismo son os nobres o clero e os campesiños. Os isabelinos contaron co apoio do exército.

O escenario máis importante da guerra é o Norte de España, anque os guerrilleiros carlistas actuaron noutras zonas de España, permanente ou esporádicamente. Galicia foi unha zona onde se formaron numerosas partidas guerrilleiras carlistas, nas que ían campesiños, encabezadas por nobres. A pesar disto, non podemos califica-lo campesiñado galego de carlista. Os guerrilleiros galegos son mercenarios, participan na guerra por diñeiro. Ideolóxicamente, non son nin carlistas nin isabelinos.

As fases da guerra son catro:

  • 1833 - 1835 -> Levantamento carlista. Carlos María Isidro é proclamado rei de España. O dirixente militar do exército carlista nesta primeira etapa é o coronel Zumalacárregui. Os carlistas intentan conquistar Bilbao, mais non o conseguen. Morre Zumalacárregui. A guerra desenvólvese principalmente no País Vasco e Navarra.

  • 1835 - 1837 -> Dominio carlista, que tenta estende-la guerra fóra do País Vasco e Navarra.

  • 1837 - 1839 -> Os carlistas divídense e perden forza. Para remata-la guerra, negóciase o Convenio de Vergara, entre Maroto (xeneral carlista) e Espartero (xeneral isabelino). Neste convenio acórdase a incorporación dos oficiais do exército carlista ó isabelino e un compromiso de que Espartero recomendará ás Cortes o recoñecemento dos foros vasconavarros.

  • 1839 - 1840 -> As tropas isabelinas someten ó xeneral Cabrera, que non aceptara o Convenio de Vergara.

O Reinado de Isabel II (1833 - 1868).-

  • Minoría de idade (1833 - 1843)

    • Rexencia de María Cristina (1833 - 1840)

    • Rexencia de Espartero (1840 - 1843)

  • Maioría de idade (1843 - 1868)

    • Década moderada (1844 - 1854)

    • Bienio progresista (1854 - 1856)

    • Gobernos moderados e a Unión Liberal (1856 - 1868)

Rexencia de María Cristina.-

Ó morrer seu marido, María Cristina asume a rexencia. O primeiro problema que atopa é a guerra carlista. Tivo que buscar apoio nos liberais moderados. A promulgación do Estatuto Real (1834) é unha das grandes realizacións desta etapa. Foi redactado por políticos moderados, como Martínez de la Rosa, que viviu en Inglaterra e coñecía o sistema británico. Este Estatuto é unha Carta Outorgada. Establece que o Parlamento está dividido en dúas cámaras:

  • Cámara dos próceres: é a cámara da alta sociedade. Os seus membros e o presidente son nombrados pola rexente. O cargo é hereditario.

  • Cámara dos procuradores: os seus membros elíxense por medio dun sufraxio restrinxido. Imponse unha condición económica moi elevada para poder votar, o que fai que só vote o 0,15% da poboación.

Hai que entende-lo Estatuto como unha convocatoria de Cortes, porque simplemente trata o tema da organización desta institución. O Estatuto Real dá maior importancia ó poder do Rei, xa que lle dá o privilexio de convocar Cortes.

Durante a rexencia de María Cristina aprobouse unha reforma administrativa, levada a cabo por Javier de Burgos, ministro de Fomento. Divídese España en 49 provincias, cada unha gobernada por un dirixente provincial. O obxectivo último desta reforma é conseguir unha maior centralización. Tamén se realizaron reformas en canto ós municipios.

Co Estatuto Real, provocouse unha división no seo dos liberais. Aparecían dous grupos: os liberais moderados (aceptaban o Estatuto) e liberais progresistas (tiñan como referente a Constitución de 1812). María Cristina nomeou a Martínez de la Rosa (moderado) primeiro ministro. Os progresistas procuraron o ascenso ó poder. Producíronse revoltas populares entre 1835 e 1836. Debido a estas presións, María Cristina nomeou Primeiro Ministro o progresista Mendizábal

Mendizábal concentra o seu goberno en tentar soluciona-lo tema da propiedade da terra. En 1836 aprobouse a desamortización eclesiástica, coñecida como “Desamortización de Mendizábal”. Esta desamortización consistía en poñer en circulación as terras que estaban en mans da Igrexa e que non se podían vender. Afianzábase o estado liberal, pois liquídabanse as formas de propiedade feudal típicas do Antigo Réxime; e, á vez, recaudábanse os fondos necesarios para gaña-la guerra civil.

Mendizábal suprimiu tódolos monasterios, excepto aqueles que se dedicaban ós coidados dos enfermos ou dos pobres. Os bens expropiados pasan ó Estado, que os vende. Con esta lei non se acadou o obxectivo de facer propietarios ós campesiños, porque eran moi caras. As terras desamortizadas foron mercadas pola burguesía.

Tamén levou a cabo unha reforma militar, que obrigaba a tódolos varóns a face-lo servicio militar. Editou unha lei que permitía a exención deste servicio, pagando unha cantidade de diñeiro. O groso da poboación sentiuse discriminada.

A desamortización foi rexeitada polos moderados e pola rexente, que cesa a Mendizábal e nomea Primeiro Ministro ó moderado Istúriz, que vai durar pouco: os progresistas sublévanse e reclaman o goberno (Motín dos Sarxentos da Granxa). Calatrava será o novo xefe de goberno e Mendizábal, o ministro de Facenda.

Os liberais propoñen recupera-la Constitución do 1812, pero as discusións entre moderados e progresistas levan a redactar unha nova Constitución, a de 1837.

A CONSTITUCIÓN DE 1837

Esta Constitución foi aprobada nun goberno progresista, pero ten influencia dos moderados. A intención inicial das Cortes era reforma-la Constitución de 1812, pero o resultado foi a Constitución do 1837.

Con respecto á “Pepa”, mantíñase a soberanía nacional, polo menos no preámbulo, xa que na práctica, establécese unha soberanía compartida entre as Cortes e o Rei. En canto ós dereitos e liberdades individuais, é progresista: hai máis artigos dedicados a este tema ca en 1812. Por exemplo, no tema da relixión, establécese que “a monarquía española obrígase a mante-lo culto e os ministros da relixión católica que profesan tódolos españois”. As demais relixións non están prohibidas. España segue a ser un estado confesional, pero hai liberdade relixiosa.

Establece un sistema bicameral: o Congreso e o Senado. O Senado é a cámara alta. Os senadores son elexidos pola rexente. Adoita ser unha cámara conservadora. O Congreso dos Deputados está formado por deputados elexidos por sufraxio restrinxido directo. Imponse unha condición económica para poder votar. Ampliouse o número de votantes ó 2,2%.

O carácter moderado apréciase nos poderes que ten o Rei. É unha monarquía limitada, pero o rei ten poder para promulgar leis, convocar e disolve-las Cortes, nomea-los ministros...

Esta Constitución vai estar vixente pouco tempo, porque os moderados van reclama-lo poder.

A partir de 1837 sucédense dous feitos trascendentais: o ascenso da figura do xeneral Espartero, comandante das tropas isabelinas que venceron na guerra carlista; e a victoria electoral dos moderados a finais de 1837.

Os gobernos moderados mostraban cada vez máis críticas á Constitución do 37. En 1840 pretenderon impoñer limitacións á liberdade de expresión, reducir aínda máis o dereito ó voto e, sobre todo, a descentralización municipal, somete-los concellos ó goberno central. A aprobación da Lei de Concellos foi o detonante dunha nova protesta progresista.

A xente aclama a Espartero, e María Cristina vese obrigada a pedirlle que presida o goberno, para soluciona-lo descontento creado coa Lei de Concellos. Espartero pon condicións: que sexa retirada dita lei e comparti-la rexencia con María Cristina. María Cristina abandona a rexencia, que pasa a estar ocupada por Espartero. Comeza aquí a segunda etapa da minoría de idade.

Rexencia de Espartero (1840 - 1843).-

A Constitución de 1837 segue vixente. A Rexencia de Espartero vai ser moi inestable debido a múltiples factores políticos. Existía unha división entre os progresistas, motivada pola falta de tacto político de Espartero, ó reparti-los principais cargos políticos entre seus amigos. Tamen se produciron problemas no exército, por un tema similar: os ascensos recaían nos seus compañeiros de armas. Outro elemento de choque é a cuestión do Convenio de Vergara. Espartero firmara con Maroto mante-los foros do País Vasco e Navarra.

Os moderados optaron pola vía da conspiración e do pronunciamento militar. En 1841 produciuse un levantamento de xenerais moderados. O fracaso e a dureza que empregou Espartero como resposta acabou por privalo do apoio dun amplo sector de xenerais. En 1842 houbo unha revolución obreira en Barcelona. De novo, a resposta de Espartero (bombardeo da cidade) acrecentou a súa impopularidade e a ruptura no seus propios compañeiros. En 1843, unha coalición de antiesparteristas (progresistas e moderados) fixo unha insurreción, acompañada dun levantamento dos militares, da man de Narváez e, máis tarde, O'Donnell. Este levantamento acaba coa rexencia e Isabel II sube ó trono, con tan só 13 anos.

A Década Moderada (1844 - 1854).-

A Década Moderada é o periodo máis estable politicamente da primeira metade do século XIX. Coa chegada de Narváez ó poder, emprendeuse a construcción política e administrativa dun Estado liberal conservador e centralista.

Constitución de 1845.-

É un exemplo de Constitución moderada. Estivo vixente entre 1845 e 1854 e de 1856 a 1868.

Aparentemente, é unha Constitución liberal en canto ós dereitos e liberdades individuais. Respétase a liberdade de imprenta, por exemplo. Pero esta liberalidade é só aparente, pois en tódolos artículos se engade: “con suxeición ás leis”. Isto significa que as leis posteriores poden limita-lo expresado no texto legal.

Establece unha soberanía compartida entre as Cortes e o Rei. Hai separación de poderes, pero a Coroa goza de máis privilexios ca nas anteriores (pode propoñer leis; capacidade de nomear e destituir ministros; convocar, suspender e disolver Cortes, dereito de veto, etc.). O poder lexislativo está estructurado en dúas cámaras: Congreso e Senado. O Congreso dos Deputados é elixido por sufraxio restrinxido económicamente (vota o 1% da poboación); o Senado é nomeado pola Raíña. A relixión oficial do Estado é a Católica. O Estado comprométese a mante-los gastos da Igrexa e dos seus ministros.

En resumo, a Constitución do 1845 outorga moito poder ó Rei: posúe o poder executivo e comparte coas Cortes o lexislativo. Nomea ó Xefe de Goberno e ten a posibilidade de disolve-las Cortes e convocar outras novas, que lle sexan máis favorables.

Durante os dez anos moderados (1844 - 1854), non hai que perder de vista que se cambiou moitas veces de goberno. En todo o reinado de Isabel II cambiouse 37 veces de goberno e houbo 350 ministros diferentes.

As realizacións máis importantes da Década Moderada son:

Creación no 1844 da Garda Civil: a Garda Civil é un corpo de seguridade do Estado que vela por ela nas zonas rurais. Tivo un papel importante, pois contribuiu á desaparición do bandolerismo nos camiños. Veu a substituir á Milicia Nacional (corpo máis liberal)

Reforma de Facenda en 1845, levada a cabo por Alejandro Mon e Ramón Santillán. Distinguía entre impostos directos e impostos indirectos. Os directos pagábanse en función do nivel de vida, das propiedades dos ingresos... Os indirectos, sobre productos de consumo habitual, incluso de primeira necesidade. “O imposto dos consumos” foi rexeitado polo pobo, que se manifestou contra el. En España, a metade da recaudación estatal proviña dos impostos directos e a outra metade, dos indirectos. Esto provoca que baixe o poder adquisitivo dos que menos cartos teñen, xa que, porcentualmente, pagan máis cós ricos. Pese ás protestas, a reforma saiu adiante.

Sinatura do Concordato de 1851 coa Igrexa: dende a desamortización de Mendizábal, no 1836, as relacións Estado-Igrexa estaban rotas. Os moderados queren restaura-las boas relacións. No Concordato, establécese que o goberno devolve os terreos desamortizados non vendidos e comprométese a mante-los gastos da Igrexa; a Igrexa, pola súa parte, acepta a desamortización e a Isabel II como Raíña

Nova Lei de Concellos (1845): é parecida á anterior de 1840. Establece que a política provincial e municipal sexa dirixida polo Estado e dá á Raíña o poder de nomear os alcaldes.

Elaboración de Códigos de Dereito: apróbanse un novo Código Penal e un novo Código Civil en 1847 que, xunto con leis coma a de Imprenta do 1845 e a electoral do 1846, limitan os dereitos e liberdades cidadáns.

Comezou a construcción da rede de ferrocarrís: en 1848 inaugurouse a liña Barcelona - Mataró.

En conxunto, este periodo moderado consolídase porque a Raíña, e os moderados, contan co apoio da oligarquía (minoría que ten o poder económico e que se identifica co moderantismo).

Dise que nestes dez anos de goberno conservador se producía un pronunciamento cada dezasete días. Esta é a única vía para os progresistas para alcanza-lo poder, porque o sufraxio é tan restrinxido que impide calquera outro resultado electoral.

En 1854 vaise producir un movemento revolucionario, que inaugurará unha etapa de dous anos de progresismo. Dende 1852, os gobernos moderados víñanse facendo máis conservadores, chegando a posturas dictatoriais. O presidente neses anos é Bravo Murillo. Os progresistas e os membros da Unión Liberal, xunto con algúns moderados, van tentar un cambio no poder. Aproveitando uns escándalos financeiros en relación co ferrocarril, estala a Revolución do 1854.

Bienio Progresista (1854 - 1856).-

En 1854 coinciden os descontentos dos grupos citados anteriormente. A Unión Liberal é un grupo político de centro. Reune ós máis progresistas dos moderados e ós máis moderados dos progresistas. O seu líder é O'Donnell, militar que vai protagonizar un pronunciamento militar en Vicálvaro (a Vicalvarada). Ó mesmo tempo, e sen relación con el, en outras cidades españolas, hai revoltas protagonizadas polo pobo, que conta co apoio dos progresistas e dos demócratas.

O'Donnell presenta o “Manifesto do Manzanares”, no que expón o seu proxecto político, achegándose a posturas progresistas. O autor deste texto é Cánovas del Castillo, político que vai ter unha especial relevancia ó cabo duns anos. A raíña Isabel, desbordada polos acontecementos, destitúe a Bravo Murillo e nomea Primeiro Ministro a Espartero e Ministro da Guerra a O'Donnell. Inaugúrase así o bienio progresista.

Neste periodo político hai dúas importantes realizacións:

Constitución de 1856: derógase a Constitución do 45 e redáctase unha nova. É unha Constitución non-nata, pois non chegou a ser promulgada.

A Constitución de 1856 é progresista. Recóllense os dereitos individuais sen limitacións de ningún tipo. O Rei ten o poder executivo, pero xa non ten poder lexislativo. O Congreso e o Senado van ser elixidos por sufraxio restrinxido, anque máis amplo ca o da Constitución anterior. O Estado continua co compromiso da manutención da Igrexa, mais se recoñece a liberdade relixiosa.

Vólvese a crea-la Milicia Nacional.

Apróbase a Lei de Ferrocarrís (1855).

Desamortización de Madoz (1855): A Desamortización xeral de 1855 é obra do ministro de Facenda Pascual Madoz. Afecta a terras que non son da Igrexa. Pon á venda os bens comunais, que pertencen ós municipios; e tamén os bens das ordes militares. Esta desamortización prexudicou ós campesiños, que non se converteron en propietarios e perderon as terras comunais. A burguesía é o grupo social que sae máis beneficiado.

O Bienio remata en 1856, debido ós enfrontamentos entre moderados, Unión Liberal e progresistas. Tamén se produxeron algunhas revoltas sociais obreiras no ámbito urbán. En agosto, O'Donnell dá un novo golpe de Estado, que despraza ós progresistas do poder. Vai facer goberno.

Os Gobernos da Unión Liberal e Gobernos Moderados (1856 - 1868).-

Nesta última etapa do reinado de Isabel II vólvese ó moderantismo. A Constitución do 1845 segue vixente, xunto coas leis que limitan os dereitos e liberdades individuais. A Raíña volve ter unha parcela de poder importante. Podemos distinguir dúas etapas: a dos goberno da Unión Liberal (1858 - 1863) e a volta ós gobernos moderados (1863 - 1868).

Os Gobernos da Unión Liberal (1858 - 1863).-

É un goberno longo e estable, presidido por O'Donnell, líder da Unión Liberal. Durante esta etapa, o máis destacable son as actuacións en política exterior. O'Donnel márcase o obxectivo de recupera-lo prestixio internacional perdido. España vai participar na conquista da Conchinchina, que se convertirá nunha colonia francesa. O obxectivo marcado era facilita-lo acceso ás Filipinas, colonia española. Tamén se vai desenvolver unha guerra contra o Sultán de Marrocos e unha intervención en México, xunto con ingleses e franceses. Esta intervención veu provocada porque o goberno mexicano anulara a débeda externa. Cando os españois se decatan de que Francia quere colocar un emperador en México, retíranse do conflicto.

O esgotamento do moderantismo: gobernos moderados (1863 - 1868).-

No 1863 iníciase unha nova etapa de gobernos moderados, que substitúen á Unión Liberal. O Xeneral Narváez preside o goberno, con posturas cada vez máis conservadoras, chegando a extremos dictatoriais. Faise imposible para os progresistas o acceso ó poder. A partir de 1866, a crise política faise evidente. Demócratas e progresistas van firmar un pacto para rematar co réxime e coa monarquía. A Unión Liberal tamén se une a este grupo opositor de Narváez.

A Coroa, os partidos políticos e os militares no Estado Liberal.-

Durante o reinado de Isabel II, en España conviviron distintas ideoloxías políticas. Non todas tiveron as mesmas oportunidades de acceso ó poder, mais este periodo significou o triunfo do Estado Liberal. Os principais apoios deste Estado eran a Coroa, os partidos políticos e os militares.

A Coroa.-

É a vontade de Isabel II de rexeita-lo absolutismo o que permite o establecemento do Estado Liberal. Hai que dicir que a raíña Isabel se apoiou nos elementos máis moderados, e que conseguiu que as Constitucións lle concedesen amplias parcelas de poder. Por exemplo, na Constitución do 1845 (vixente en 1845-1854, 1856-1868) concédenselle bastantes poderes á Coroa. A raíña Isabel contribúe a consolida-lo Estado Liberal porque acepta as limitacións, aínda que tenta consegui-la maior parcela de poder posible.

Os grupos políticos.-

Consolidan o Estado Liberal porque apoian e vixilan os límites do poder do monarca, mediante a defensa da Constitución e a participación nos poderes lexislativo e executivo. Os grupos máis importantes son o moderado, a Unión Liberal e o progresista.

Os militares.-

Participaron na loita contra o carlismo, por un lado, e, por outro, tomaron parte nos Golpes de Estado, que tiveron unha grande importancia neste periodo. Ademais, os Xefes de Goberno foron militares: Narváez, O'Donnell, Espartero...

Durante a primeira metade do século XIX, os militares protagonizaron a vida política española.

Ideoloxías.- (completar co esquema da páxina 101)

  • Carlista (absolutista ou lexitimista): a ideoloxía carlista vai quedar fóra do sistema liberal, porque é derrotada na guerra. É unha ideoloxía ultraconservadora. Defende que todo o poder estea en mans da monarquía e, no século XIX é xa demasiado tradicional. Os carlistas rexeitaron a monarquía de Isabel II.

  • Moderada (liberalismo moderado ou doctrinario).

  • Progresista (liberalismo progresista).

  • Demócrata (liberalismo democrático).

Estas tres ideoloxías teñen en común: o rexeitamento ó absolutismo, a limitación do poder do rei, a defensa de dereitos e liberdades individuais, a defensa da Constitución, a separación de poderes e o sufraxio; anque o fan en distinta medida.

TEMA 6

Sexenio Democrático. A Constitución de 1869.

A I República. O Federalismo.

  • A Revolución de 1868.

  • O cambio político e a nova organización do estado.

  • Constitución de 1869.

  • A monarquía de Amadeo de Saboia.

  • A I República.

  • O federalismo e o cantonalismo.

Sexenio Democrático ou Revolucionario (1868 - 1874).-

A Revolución de 1868.-

En 1866 fírmase o pacto de Ostende, entre demócratas e progresistas. Comprométense a cambia-lo réxime político e a acabar coa monarquía de Isabel II. Os motivos polos que se firma este pacto son os seguintes:

Hai crise económica neses anos. Esta crise é de dous tipos: de tipo moderno e de tipo antigo. A antiga denomínase así porque é característica do Antigo Réxime. Ten a súa orixe nas malas colleitas. O sector agrícola leva o peso da economía española. O nivel de vida campesiño baixa e descende tamén o consumo de productos da industria, o que provoca que o comercio e a industria tamén se vexan afectados.

A crise de tipo moderno é propia da era contemporánea. Afecta ó sector financeiro: en España, as compañías ferroviarias se financiaban mediante accións. En 1868 hai unha crise do ferrocarril, as accións caen e os inversores perden interese. O conflicto esténdese a tódalas finanzas.

Por outra parte, o esgotamento do réxime político moderado, tanto pola corrupción como polo empeño dos moderados de manterse no poder pola forza, unido á crise económica, provoca malestar e tensións na poboación e facilita o desexo dun cambio político.

Os grupos políticos mostran o seu descontento contra o goberno no poder. As forzas opositoras buscan ese cambio e concretan as súas intencións no Pacto de Ostende. A Unión Liberal comeza a distanciarse dos moderados, acercando posturas ás progresistas e demócratas.

En 1867 falece O'Donnell. A Unión Liberal únese entón ós progresistas e demócratas. Prepárase un pronunciamento que acabe con Narváez e co reinado de Isabel II. A Revolución comeza no 1868. Prodúcese un levantamento da Armada (naval), dirixido polo Almirante Topete. Este pronunciamento conta co apoio dos exércitos ó mando dos Xenerais Prim e Serrano. Os revolucionarios enfróntanse ás forzas leais á Raíña, que son derrotadas. Isabel II abdica e exíliase a París. O movemento revolucionario, que se iniciou con lemas como ¡Viva España con honra! e ¡Abaixo os Borbóns!, consegue o seu obxectivo. A dinastía borbónica abandona o trono español.

Tralo triunfo da revolución, fórmanse Xuntas Revolucionarias, que enchen o baleiro de poder. As xuntas reivindican, desde posturas progresistas, o sufraxio universal masculino, a liberdade de prensa e reunión, ó dereito ó ensino gratuíto, a abolición do imposto de consumos e das quintas.

Nese mesmo ano formouse un goberno provisional, que ten como presidente a Serrano. Tamén están no goberno Prim, Sagasta, Ruiz Zorrilla, etc. Os demócratas quedan fóra, pero aínda así deron o seu apoio a este goberno provisional. Adoptáronse medidas importantes: decretouse a liberdade de expresión, culto e reunión; suprimíronse algunhas ordes relixiosas (xesuítas, por exemplo); suprimiuse o imposto dos consumos e cambiáronse os aranceis, reducíndoos para favorece-lo libre comercio; suprimiuse a lei de Concellos de 1845; permítese a elección popular dos alcaldes. Por último, convoca Cortes.

Non había acordos entre os partidos sobre o tipo de goberno que querían adoptar. Os carlistas defendían o trono para o herdeiro de Don Carlos; progresistas e Unión Liberal, monarquía democrática cunha nova dinastía; republicanos e demócratas, a República. No pacto de Ostende acordouse que este asunto se resolvería nas Cortes. Convócanse con sufraxio universal masculino, para maiores de idade (25 anos). A convocatoria dá a maioría ós partidarios da monarquía. Así, España vaise a organizar como unha monarquía demócrata.

Constitución do 1869.-

É a primeira Constitución española democrática. Serviu de modelo para outras europeas. Ó dicir que é democrática, referímonos a que establece sufraxio universal.

A división de poderes é estricta e clara: as Cortes teñen o poder lexislativo; o executivo pertence ó Rei, que o entrega ós ministros; o xudicial, ós xuíces. O Rei reina pero non goberna. A soberanía é nacional.

As Cortes están formadas por dúas cámaras: o Congreso e o Senado. Son elixidos por sufraxio universal, pero para ser candidato ó Senado hai que ter máis de 40 anos, posuír un título universitario ou ser dono de grandes propiedades ou ter un posto de traballo importante.

O poder xudicial cambia tamén. Establécense as oposicións para os xuíces e o xuízo con xurado.

Ten un amplísimo capítulo de liberdades individuais. A novidade son o dereito á educación e a liberdade relixiosa (anque o estado segue a manter a Igrexa).

Durante os anos do Sexenio, hai problemas:

  • Frustración dos republicanos, pois non conseguiron acabar co sistema monárquico. Algúns van intentar unha revolta durante o goberno provisional.

  • Descontento popular: o campesiñado andaluz vai ser conflictivo. En 1868 chegan a España ideas socialistas, marxistas e anarquistas da Primeira Internacional de Traballadores (A.I.T.). En Andalucía triúnfan as ideas anarquistas.

  • Inicio da guerra da Independencia de Cuba, que vai tardar moito tempo en solucionarse, ata 1898.

Dentro deste ambiente de problemas, vaise buscar un Rei. Elíxese a Amadeo de Saboia.

A Monarquía de Amadeo de Saboia (1871 - 1873).-

O principal apoio para Amadeo era o Xeneral Prim, que foi o que o convenceu para que viñera. O primeiro problema de Amadeo vai ser que Prim é asasinado un día antes da súa chegada. Os españois chamábano “Don Macarrone” e “Don Melone”. Vai ter outros moitos problemas, como por exemplo que non sabe unha palabra de español. O pobo rexéitao por ser estranxeiro. A nobreza rexéitao tamén, pois é tradicional e non entende esta cuestión. A Igrexa tampouco o apoia, pois Amadeo respecta a Constitución do 1869 e a liberdade relixiosa. Entre os grupos políticos, ten a oposición dos carlistas, que incluso se van erguer en armas, o que dará lugar á III Guerra Carlista. Os republicanos tamén se opoñen a el, por razóns obvias. Faltándolle Prim, o monarca quedouse so. Ante esta situación dura só dous anos. En febreiro de 1873, abdica. Nese ano proclámase a I República.

A I República.-

Á República chégase por desesperación. Vai durar só un ano e medio. A palabra clave volve a ser “problemas”. Os grupos republicanos van ter dúas tendencias: República unitaria e República federal. O federalismo é unha doutrina política contraria ó centralismo, partidaria de defende-las particularidades de cada territorio. Persegue a creación dunha nación (España), composta por Estados federados. Dentro dos federais existen dúas tendencias: unha moderada, que busca segui-los trámites legais e necesarios para constituír esa República; e outra intransixente, que é favorable á revolta.

Convócanse Cortes Constituíntes, que deben tomar a decisión de República unitaria ou federal. Vótase e decídese constituír unha República federal.

Houbo catro presidentes de República: Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar.

Figueras abandonou porque era partidario da República unitaria.

Pi i Margall, federal, foi impulsor dun proxecto de Constitución federal. No seu mandato hai revoltas cantonalistas, que chegan ó estremo de proclama-lo estado catalán e, incluso, da proclamación do Estado cartaxinés.

Salmerón permanece un mes na presidencia, pois é incapaz de firmar sentencias de morte e dimite.

Castelar é republicano, pero máis conservador. Quere poñer orde na desorde. Conseguiu do Parlamento poderes extraordinarios para gobernar, e así tratar de soluciona-los problemas de España.

Uns meses máis tarde (xaneiro 1874), cando se votaba no Congreso un novo presidente da República (o doutor Palanca), a Garda Civil, co xeneral Pavía ó fronte, entrou no Congreso, deu un golpe de Estado e acabou coa República do 1873.

O proxecto de Constitución federal de 1873.-

O proxecto de crear unha Constitución federal foi impulsado por Francisco Pi i Margall. A redacción desta Constitución non foi rematada. Era unha Constitución republicana. Establece que a xefatura do Estado recae nun presidente elixido por sufraxio, pero de xeito indirecto: o pobo elixía ós encargados de elixi-lo presidente. Afirma a soberanía nacional e establece o sufraxio universal. Ten un amplío capítulo de liberdades individuais. Decreta a separación de poderes e a liberdade relixiosa. O estado é aconfesional, e a separación Igrexa - Estado é total. Dividía España en 17 Estados, incluídos Cuba e Porto Rico. Os Estados tiñan gran capacidade de autogoberno, incluso poderían elabora-la súa propia Constitución, sempre que respecte á Constitución da Federación.

Problemas da República.-

  • Diferencias entre os republicanos federais e os unitarios.

  • Guerra Carlista (1872 - 1876): recrútanse homes para a guerra. Xa que se aboliron as quintas nese período, o exército é de voluntarios. A guerra de Cuba permanece vixente.

  • Nos derradeiros meses da República, Emilio Castelar vai facer unha política conservadora, debido ós poderes que recibe.

  • O problema máis grave é o estalido do cantonalismo. Este é un movemento revolucionario que pretende acelera-lo establecemento dun Estado Federal. Arraigou na zona do Levante español. O movemento cantonal provoca unha situación practicamente de guerra. O Estado ten que envía-lo exército para previ-los levantamentos. O cantonalismo busca a división dos Estados en cantóns, pequenas unidades independentes. O cantón de Cartaxena foi o que máis resistiu á represión do goberno, ata o ano 1874.

  • A AIT (Asociación Internacional de Traballadoras) foi fundada no ano 1864. É un sindicato de obreiros, de ideoloxía marxista, principalmente, pero tamén anarquista. Durante a I República, chegan a España as primeiras influencias do internacionalismo. O anarquismo estendeuse en Barcelona e en Andalucía. Nalgunhas cidades, o movemento cantonal estivo apoiado polo movemento obreiro da Internacional.

Cando triúnfa o golpe de Estado de Pavía, encárgaselle ó xeneral Serrano formar goberno, en xaneiro de 1874. Establécese un sistema presidencialista, no que Serrano asume tódolos poderes. O obxectivo é o restablecemento da orde.

Esta é unha etapa de transición, que Cánovas del Castillo aproveita para ir gañando partidarios de Afonso XIII, o que significaría restaura-la monarquía borbónica en España.

En decembro de 1874, o xeneral Martínez de Campos adiántase ós plans de Cánovas. Inicia un pronunciamento militar, que triúnfa. A súa consecuencia é a Restauración da monarquía borbónica. En 1875 vai chegar Afonso XIII, o novo Rei.

TEMA 7

A Restauración. O Sistema Político da Constitución de 1876 e o seu funcionamento.

  • O Sistema Político da Restauración.

  • A Constitución de 1876.

  • A quenda de partidos.

  • O caciquismo.

A Restauración borbónica consiste en restablece-la monarquía abandonada anteriormente. Afonso XII, o fillo de Isabel II, vai se-lo herdeiro ó trono. Vai reinar entre 1875 e 1885.

O sistema político de Cánovas vai ser unha farsa democrática. Dura todo o reinado de Afonso XII, fará augas cando chegue a monarquía de Afonso XIII.

Sistema político da Restauración Canovista.-

En decembro de 1874, Martínez de Campos inicia un pronunciamento militar, que restablece a monarquía. Afonso chega a España no ano 1875. Namentres non chega o rei, noméase unha rexencia, presidida por Cánovas.

Cánovas del Castillo é o político que organiza o sistema da Restauración. Hai unha frase del, que di que “a política é a arte do posible”. No ano 1874, Cánovas dedicárase a buscar seguidores e apoios para o partido afonsino. Dado que a situación do país fora bastante caótica no Sexenio, os monárquicos, os liberais (progresistas, moderados e demócratas) e algúns republicanos se van a unir a este proxecto, confiando nel como a solución política para España.

En 1875 iníciase a Restauración co apoio maioritario da poboación e dos grupos políticos. A oposición virá por parte dos carlistas, que seguen nunha guerra aberta, que perderán en 1876, e por parte republicana (radicais e federais), que intentarán acceder ó poder mediante golpes de estado, sen conseguilo.

Para a Restauración, España necesitaba unha Constitución. Cánovas sabe que esta Constitución ten que identificar a toda a poboación, dando unidade. Convócanse Cortes por sufraxio universal, para que tódalas ideoloxías participen na redacción do texto legal. Búscase o consenso, polo que a Constitución vai defender posicións de centro.

Cánovas busca a estabilidade política, e o apoio maioritario para a monarquía. Respecta a Constitución, pero cre que hai dúas constitucións: a que todos coñecemos, a “externa”; e a “interna”, baseada na tradición española. Hai dous elementos clave: a monarquía e as Cortes. A monarquía representa a autoridade; as Cortes, a vontade do pobo.

Cánovas considera que Coroa e Cortes deben chegar a un equilibrio de poderes, para o que Cánovas sinala que Cortes e Rei comparten a soberanía. Enténdese a monarquía como constitucional, limitada pola Constitución externa.

Completan o sistema canovista os partidos políticos. Cánovas é un admirador do sistema político británico, das boas relacións entre a Coroa deste país e o Parlamento. Toma do sistema inglés o bipartidismo, que consiste en que os partidos alternen no poder.

A Constitución de 1876.-

Estivo en vigor dende 1876 ata 1923. É unha Constitución centrista e flexible. Nace dos acordos entre os distintos grupos políticos. Establece que España é unha monarquía constitucional, co poder do rei limitado polas Cortes. O rei ten o poder executivo (nomea ó goberno), parte do poder lexislativo (promulga as leis, pode vetalas, convoca e disolve Cortes...), ten a responsabilidade da política exterior e o mando do exército.

A soberanía é compartida polas Cortes e o Rei. Hai un amplo capítulo dedicado ós dereitos e liberdades individuais. Pero son artigos flexibles, que poden ser completados con leis posteriores, que aumenten ou recorten os dereitos. Os conservadores adoitan aumenta-los artigos, os liberais, aumentalos.

As Cortes divídense en dúas cámaras: Congreso e Senado. O Congreso elíxese por sufraxio restrinxido ou universal, segundo a lei electoral vixente. O Senado é unha cámara curiosa, ademais de criticada. Hai senadores de dereito propio (por nacemento ou xerarquía), vitalicios (nomeados polo rei)... Estes non poden exceder de 180. Outros son elixidos polos Concellos. É unha cámara moi conservadora.

A relixión oficial é a católica, pero hai liberdade relixiosa.

O sistema da quenda de partidos (mirar páx.: 159).-

Cánovas copia do sistema inglés o bipartidismo. Hai dous partidos: o conservador (Cánovas) e o partido fusionista - liberal (Sagasta).

Gobernan primeiro os conservadores, e vanse alternando. O motivo da alternancia é que o goberno se teña desgastado. O cambio faise dunha maneira peculiar. O Rei cesa ó goberno e nomea un novo. Despois, péchanse as Cortes e créanse unhas novas, favorables ó partido gobernante. Entón convócanse eleccións, que se manipulan para que saia o resultado xa decidido de antemán. Cando hai sufraxio restrinxido (1875 - 1890), é doado que saia o resultado que se desexa. Cando, en 1890, se establece o sufraxio universal, é necesario condicionar á poboación.

Convocábanse eleccións para o Congreso. Antes das votacións xa se tiña claro cál ía se-lo resultado. Nas circunscricións electorais, distínguense as zonas rurais das urbanas. Nas rurais, hai distritos uninominais (un só candidato). Representan o 83% dos electores. Nas circunscricións urbanas, pódese elixir entre tres e oito deputados. A maior parte dos distritos eran uninominais. Por este motivo, é precisamente nas zonas rurais onde se pode controlar máis facilmente o voto. Os terratenentes poden influír no voto campesiño. No caso de que a oligarquía non sexa suficiente, está o cacique local, que ten aínda máis influencia sobre a poboación. O cacique pode influí-lo voto campesiño, pois é o que lles dá traballo.

Por outra banda, cométense fraudes electorais. Os caciques adoitan estar presentes nas mesas electorais. Falecidos exercen o dereito ó voto, realízase o voto de certas persoas antes de que vaian elas mesmas a votar... Ademais, sempre hai unha urna preparada, que se intenta cambiar pola orixinal. A isto chámaselle “pucheirazo”.

Nas cidades é diferente. Aí é máis difícil altera-los resultados. Pode darse o caso de que republicanos ou socialistas alcancen algún escano.

Os partidos da oposición.-

O CARLISMO

En 1876, o carlismo é derrotado na III Guerra Carlista. Como ideoloxía non desaparece, pero si evoluciona, abandonando o absolutismo, que xa non ten sentido a estas alturas. Fórmanse subgrupos ideolóxicos, coma o de Nocedal.

OS MOVEMENTOS OBREIROS

Nos derradeiros anos do século XIX, continúa o sistema da Restauración, coas opcións de Cánovas e Sagasta. Ata 1887, as organizacións obreiras son clandestinas. O anarquismo radicalízase e emprega os atentados como forma de loita. Nese ano, 1887, aprobase, baixo goberno liberal, a Lei de Asociacións. Gracias a esa lei, os movementos obreiros quedan lexitimados.

No anarquismo temos diversos grupos: o FTRE (Federación de Traballadores da Rexión Española), que ten como obxectivo organizar un sindicato; hai outros grupos anarquistas que non renuncian á opción violenta. Van ser coñecidos como “Man Negra”.

En 1879 fundase o PSOE (Partido Socialista Obreiro Español), da man de Pablo Iglesias. O PSOE é, na súa fundación, un partido marxista. Rexeita a existencia de clases sociais e defende a igualdade económica da sociedade. Deféndese a propiedade común e rexéitase a propiedade privada. En 1910, Pablo Iglesias vai conseguir por primeira vez un deputado no congreso. O PSOE tiña un medio de difusión, o xornal “El Socialista”. Contou co apoio da UXT (Unión Xeral de Traballadores), sindicato creado en 1888. Destaca a celebración, en 1890, da festa do Primeiro de Maio (día do traballo). En 1897, Cánovas é asasinado.

Xa para remata-lo reinado de Afonso XII, dúas notas:

  • Conseguiuse a paz con Cuba en 1878 (Paz de Zanjón).

  • O Rei morre en 1885, sen fillos. Pero María Cristina anuncia entón seu embarazo. Os liberais e conservadores firman o Pacto do Pardo, no que deciden mante-lo sistema político da Restauración e agardar polo fillo de Afonso XII.

TEMA 8

A Crise da Restauración. Do Desastre de 1898 á Folga Xeral de 1917. O Rexeracionismo e a Xeración do 98. O Republicanismo.

  • O desastre do 98 e a crise da Restauración.

  • A Xeración do 98 e os Rexeracionistas.

  • A Dictadura de Primo de Rivera.

  • As forzas políticas marxinadas: republicanos, nacionalistas e socialistas.

  • A conflictividade social: 1909, 1917, 1921 e a crise económica.

O Reinado de Afonso XIII (1885 - 1931).-

  • A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885 - 1902).

  • A Monarquía Constitucional (1902 - 1923).

  • A dictadura de Primo de Rivera (1923 - 1930).

  • A crise da monarquía (1930 - 1931).

Rexencia de María Cristina (1885 - 1902).-

O sistema político da Restauración continúa, con Cánovas e Sagasta. María Cristina vive unha rexencia tranquila, pois a situación política e económica é estable. María Cristina sempre se comportou prudentemente e con total respecto á Constitución.

Nos gobernos liberais, presididos por Sagasta, aprobáronse as seguintes leis e reformas:

  • 1886 -> Supresión da escravitude en Cuba.

  • 1887 -> Lei de asociacións.

  • 1890 -> Lei de reforma electoral (sufraxio universal masculino).

Aparecen novas ideas, nos partidos nacionalistas. Destacan Alfredo Brañas, en Galicia; e Sabino Arana, no País Vasco.

A estabilidade da rexencia rómpese en 1898. Nese momento gobernan os liberais, que herdan un problema dos conservadores. En 1878 firmárase a Paz de Zanjón, mais en 1879 estalara outra nova guerra, a Guerra Chiquita, que fora duramente reprimida. O goberno conservador non soubo soluciona-lo problema a tempo. En 1898, Sagasta ofrece a autonomía a Cuba, pero vai chegar demasiado tarde, pois os cubanos xa só queren a independencia.

Nos últimos anos do século XIX prodúcese un fenómeno: o imperialismo. Os países europeos instálanse nos territorios que poden de Asia e África. EE.UU. tamén se une á corrente imperialista, rompendo a súa política illacionista. Os EE.UU. constrúen unha poderosa armada (naval). Nos anos 90 conseguen te-la terceira mellor armada do mundo. Tras disto, dispuxéronse a conseguir bases navais no Pacífico e no Caribe. Centraron o seu interese en Filipinas e Cuba, colonias españolas.

EE.UU. vai tentar mercar Cuba a España. Os españois rexeitan a oferta e entón os EE.UU. convértense en defensores da independencia cubana. En 1898, o barco Mayne atópase no porto da Habana. Por causas descoñecidas, explota. EE.UU. bótalle a culpa a España. España sostén que non fixo explota-lo barco, e que ou ben foi un accidente ou ben foron os propios americanos os que o fixeron explotar. A prensa norteamericana dedícase a axita-la opinión pública, o que provoca a declaración de guerra que leva ó desastre español do 98. A armada española sufriu moito, militarmente. O goberno vese obrigado a solicita-la paz. Fírmase o tratado de París, no que se recoñece a perda de Cuba, Filipinas, Porto Rico e a Illa de Guam. Acábase o imperio colonial español.

CONSECUENCIAS DO DESASTRE DO 1898

  • Malestar no exército, que vai recibir críticas por non seren quen de vence-la armada norteamericana.

  • Consecuencias económicas: a industria vese afectada.

  • Crítica por parte das clases populares, que perderon os seus fillos na guerra.

  • Os intelectuais rexeitan e critican amplamente o sistema político da Restauración. Propoñen moderniza-la política, a economía e a sociedade españolas, recupera-lo prestixio internacional e ocuparse dos problemas reais de España.

  • Nacemento do nacionalismo.

Os rexeracionistas e a xeración do 98.-

As súas opinións son moi críticas e incluso doentes, trala perda das colonias. Estes intelectuais destacan as inconveniencias do sistema canovista e prognostican a súa desaparición. Critícase o réxime monárquico.

O rexeracionismo foi un movemento impulsado polas clases medias. Para os rexeracionistas, os problemas de España teñen a súa orixe nunha mala administración, nun réxime corrupto e no escaso desenvolvemento económico. Piden a democratización do Estado, como solución; é dicir, rexenera-lo estado. Había que rexenera-la economía para acada-lo crecemento económico.

Xaquín Costa é un rexeracionista. Ten unha obra Oligarquía e caciquismo (1901). Defende o seguinte: “Escola e despensa. Programa de goberno: dar de comer ó famento, dar de beber ó sedento, ensinar ó que non sabe, redimi-lo cativo. O sedento é a terra; o famento, dezasete millóns de españois; o ignorante, a nación en tódalas clases; o cativo, os labregos, servos do fisco, da administración e do cacique”.

Outros rexeracionistas son Pikavea e Lucas Mallada.

As ideas de Xaquín Costa influíron nos políticos do período de Afonso XIII, especialmente en Maura (conservador) e Canalejas (liberal). Van impulsa-la extensión do regadío e a construcción de estradas.

A xeración do 98, formada por Unamuno, Ortega, Azorín, Baroja, Valle-Inclán... coincide na crítica á realidade española. Estes intelectuais diferencian a España real da España oficial. Os rexeracionistas pretenden reformar España dende abaixo, xa que dende arriba, afirman, a mellor política e mala e, a peor, calamitosa.

Etapa constitucional do reinado de Afonso XIII (1902 - 1923).-

O sistema político da Restauración comeza a mostrar síntomas de esgotamento. Entre 1902 e 1923 vaise produci-la desarticulación do sistema canovista. Na etapa constitucional formáronse trinta e dous gobernos, claro exemplo da inestabilidade política.

A crise da Restauración provoca problemas nos partidos dinásticos (liberal e conservador). O conservador divídese, a partir da morte de Cánovas, en 1897; o liberal non vai atopar un líder, trala morte de Sagasta, en 1903.

Durante os primeiros anos do século XX goberna en España don Antonio Maura, líder do partido conservador. Tenta reforma-lo sistema político. No seu goberno de 1907-1909 vai emprender unha “reforma desde arriba”, para evita-la “revolución desde abaixo”. Esa reforma non vai ser posible, pois o obxectivo de Maura é moi difícil de acadar. Pretende transforma-la política sen modifica-la organización económica e social.

En 1907 aprobou unha Lei Electoral, que pretendía acabar coa corrupción nas eleccións. Establece o voto obrigatorio. En caso de que o número de candidatos non supere ó número de representantes nun distrito, son elixidos automaticamente, sen eleccións. Esta medida non foi axeitada, pois os caciques tiñan máis fácil altera-las eleccións, coaccionando á xente a que non se presente.

Estableceuse o descanso dominical. Ata aquí víñase traballando tódolos días. O descanso do domingo reduce a xornada laboral.

Redactouse unha Lei de Administración Local, destinada a diminuí-lo poder dos caciques. Non chegou a aprobarse.

A SEMANA TRÁXICA

Os militares seguían sendo criticados pola derrota contra EE.UU. no conflicto do 1898. A prensa atacábaos. Os militares van asalta-las redaccións dalgúns periódicos e revistas, como a catalana Cu-Cut. Por outra parte, en 1906 aprobouse a Lei de Xurisdiccións. Establecía que os delitos contra o exército serían xulgados por tribunais militares.

En 1909, o goberno de Maura vai recrutar homes entre os reservistas cataláns para iren pacificar Melilla, atacada polos marroquís. Os soldados cataláns néganse a ir e, co apoio de partidos e sindicatos obreiros catalanistas, convocaron unha folga xeral. O pobo enfróntase ó exército, constrúe barricadas e, os máis radicais, queiman igrexas e cometen actos terroristas. Barcelona viviu días de violencia e terror, que manifestaban antimilitarismo, anticlericalismo e nacionalismo catalán.

Estes sucesos foron chamados Semana Tráxica pola dureza dos mesmos e da represión do Goberno. Dezasete condenados a morte e máis de mil encarcerados. Pero o que máis críticas lle valeu ó goberno foi a detención e execución, sen que participase nos feitos, de Francisco Ferrer Guardia, anarquista fundador dunha Escola Moderna que predicaba o libre pensamento e as críticas ó Exército, Igrexa e Estado.

Como consecuencia da Semana Tráxica, cae o goberno de Maura. Volven ó poder os liberais. Maura abandona o Partido Conservador, que se divide, e forma o grupo coñecido como os Mauristas. Republicanos e socialistas únense e, en 1910, Pablo Iglesias consegue un escano.

En 1909 comeza un goberno liberal, dirixido por Moret. En 1910, os liberais substitúen a Moret por Canalejas no goberno e na xefatura do partido. Gobernou o país de 1910 a 1912. Foi un goberno estable.

No goberno de Canalejas aprobouse a Lei de Asociacións Relixiosas (1910). Orixinou unha forte polémica, pois a lei foi considerada anticlerical, dado que limitaba o establecemento das ordes relixiosas. A resposta católica é negativa e rómpense relacións goberno - Igrexa. Nunca se aplicou completamente e, en 1911, foi retirada. Desprestixiou ó goberno. Era coñecida popularmente como a “Lei do Cadeado”.

Canalejas tamén propuxo unha reforma de facenda, destinada á desaparición dos impostos de consumo. O imposto progresivo proposto non se chegou a aplicar, pero si se aboliron os Consumos.

En 1911 propúxose a Lei das Mancomunidades, que pretendía proporcionar autonomía a certas rexións e concellos.

Tamén neste goberno se aprobou a lei de servicio militar obrigatorio de 5 meses. Esta lei se completará cunha modificación, que permitía pagar unha cantidade e só cumprir un mes de servicio. Isto era coñecido como “soldado de cota”.

En 1812, Canalejas é asasinado por un anarquista.

A DIVISIÓN DOS PARTIDOS DINÁSTICOS

No partido liberal, a crise iníciase en 1903, coa morte de Sagasta. Moret e Canalejas foron os líderes posteriores, pero tralo asasinato de Canalejas non volve haber un líder común. Van destacar dous nomes: o Conde de Romanones e García Prieto.

O partido conservador queda danado dende a morte de Cánovas en 1897. O único líder forte foi Maura, pero en 1909 foi cesado pola Semana Tráxica e abandonou o partido. Despois de el, destaca Eduardo Dato.

En 1912, Melquíades Álvarez fundou o Partido Reformista, que pretende transforma-lo sistema político da Restauración.

AS CRISES DE 1917

En España déronse tres crises diferentes: militar, política e social.

Crise militar:

Os militares están descontentos dende 1898. Na I Guerra Mundial, España foi neutral, pero viuse afectada pola crise. Ós militares báixaselle o soldo e os oficiais non van estar a gusto. Tamén tiñan perdido poder na política.

En 1916, uns oficiais forman as Xuntas de Defensa (sindicatos militares). Tiñan dúas peticións: reforma salarial e que os ascensos se realicen por orde de antigüidade. O goberno prohibiunas en 1916, pero Dato legalízaas por medo a un golpe de Estado, en 1917. Entón, outros funcionarios fixeron tamén o mesmo. O goberno non lexitimou os sindicatos dos demais funcionarios, que protestaron.

Crise política:

Esta crise vai ligada á Liga Rexionalista Catalana e a Cambó, o seu líder. En 1917 o goberno non convoca as Cortes (con maioría da oposición) e goberna mediante decretos. Cambó denuncia a situación e convoca en Cataluña unha Asemblea de Parlamentarios (xullo do 1917). Acudiron 71 de 700 deputados. O goberno trata de calma-los ánimos e negocia con Cambó. A solución chega coa formación dun novo goberno liberal, con dous membros catalanistas. Convócanse Cortes Constituíntes, que redactan unha nova Constitución.

Crise social:

Existe malestar nas clases populares que se enfrontan á alza dos prezos. Exprésase o rexeitamento mediante manifestacións. Os sindicatos UXT e CNT (socialista e anarquista) apoian as manifestacións. No 1917, acordan emprega-la folga xeral como arma de presión. Esa folga, en agosto do 1917, ten a súa primeira manifestación na folga de ferroviarios (xullo do 1917). Os partidos republicanos apoian tamén a protesta. A folga xeral tivo máis incidencia en grandes cidades e zonas industrializadas. A represión do goberno foi dura: o exército disolveu as manifestacións.

Tralas crises do 17, a monarquía sae prexudicada. O seu único apoio vai se-lo exército. A tensión social continúa entre 1917 e 1921.

AS RELACIÓNS DE ESPAÑA COA I GUERRA MUNDIAL (1914 - 1919)

España foi neutral nesta guerra, pero vaise ver afectada. A economía sofre os efectos: escaseza de productos básicos, subida de prezos, reducción das importacións e das exportacións... Un pequeno grupo da alta burguesía catalana, vasca e asturiana vaise beneficiar coa guerra, xa que produciron armamento, uniformes militares, etc.

No aspecto ideolóxico, a guerra divide os españois en aliadófilos e xermanófilos. Os primeiros apoian a Francia, Gran Bretaña, Rusia, EE.UU., etc. Os segundos, a Alemaña e ó Imperio Austrohúngaro.

A FIN DO REINADO DEMOCRÁTICO

En España hai un espírito reformador de acabar co sistema da Restauración. Tódolos partidos están de acordo en cambiar isto. A democratización que se intenta non vai funcionar. O primeiro era reforma-la Constitución (está vixente a de Cánovas de 1876). Tamén é necesario empezar a recoñece-las autonomías. Sen embargo, o partido conservador teme unha reforma, por medo á revolución socialista que triunfou en Rusia no 1917. A burguesía ten medo, xa que calquera partido podería gañar así as eleccións. Aumenta a tensión social, sobre todo en Cataluña. Os conflictos patrón - obreiro son frecuentes. En Cataluña comeza a darse un problema: o “pistolerismo”. Consiste en contratar a asasinos a soldo para matar a patróns ou a obreiros, uns contra outros. Este tema leva ó goberno a tomar medidas represivas e a rexeita-la democracia. Ademais, hai crise política e inestabilidade, con cambios continuos de goberno, etc.

En 1898, España perdera as súas derradeiras colonias. No Norte de África, Marrocos vai ser atractivo para España e outros países europeos. Fírmase un tratado conforme se vai dividir entre España e Francia. Na parte española, Abd-el-Krim inicia un movemento independentista. España métese nunha guerra que se converte nunha sangría de españois. O exército non logra recupera-lo prestixio perdido no 1898.

En 1921 prodúcese o desastre de Annual. O exército español preparaba unha operación para rematar definitivamente coa rebelión. Un xeneral non seguiu a estratexia correctamente e morreron doce mil soldados españois. Fíxose unha investigación e concluíuse que o xeneral Fernández Silvestre se adiantou á estratexia deseñada.

O exército queda en mal lugar, ata que en 1923 chega ó poder co xeneral Primo de Rivera, que vai resolve-lo problema de Marrocos.

TEMA 9

Os Comezos da Cuestión Nacional en España: Rexionalismo e Nacionalismo en Galicia, País Vasco e Cataluña.

  • O recoñecemento das identidades históricas e o Rexionalismo.

  • “Lliga de Catalunya” e Unió Catalanista (Bases de Manresa).

  • O Partido Nacionalisto Vasco.

  • Galeguismo: agrarismo de Basilio Álvarez e as Irmandades da Fala.

Nacionalismo.-

Cando falamos de nacionalismo en España, hai quen afirma que España é unha nación. Hai quen di que non o é. Outros sosteñen que é unha nación de nacións e, outros, que é unha nación integrada por nacionalidades e rexións.

Entre as múltiples definicións de nación, todas teñen algo en común. Coinciden en que para que exista unha nación se deben cumprir dous requisitos: que os membros teñan sentimento nacional e que poidan exerce-lo poder, é dicir, que se recoñeza que a nación é soberana. Os nacionalistas defenden o dereito a decidir e determinar libremente o seu destino, o dereito de autodeterminación.

O problema do nacionalismo é paralelo á construcción do Estado Liberal no século XIX. A existencia de particularismos lingüísticos, xurídicos, culturais e a non existencia de valores comúns deu lugar á formación de sentimentos nacionais.

A finais do XIX, principios do XX, a idea de España como nación é aceptada en case todo o territorio. En Cataluña, País Vasco e Galicia danse movementos ideolóxicos que defenden a consideración da propia comunidade como unha nación. O problema nacionalista ten unha forte carga política. O termo nación, aplicado a unha comunidade, implica unha discusión sobre a soberanía. A controversia nacionalista en España xera un debate sobre o modelo de organización territorial do Estado: unitario, federal, autónomo... En España, non existe un único sentimento nacional. Xunto á idea de España como nación, existen movementos nacionalistas en Cataluña, País Vasco e Galicia que consideran as súas comunidades nacións distintas á española.

O Nacionalismo Español.-

En España, a idea de nación está vinculada á defensa do territorio fronte os franceses, na guerra da Independencia. A división do liberalismo en doutrinario e democrático deu lugar a distintas interpretacións sobre a nación española.

Para os moderados, conservadores e tradicionalistas, a nación española identifícase como unha entidade colectiva, por riba dos individuos. Os valores nos que se basea a nación española son a historia, a Coroa, o catolicismo e o territorio.

Os demócratas e republicanos, e os Rexeracionistas, defenden que a nación española debe ser entendida como unha construcción política, como un corpo de asociados unidos baixo as mesmas leis e a participación democrática.

Nacionalismos periféricos.-

Na segunda metade do século XIX desenvólvense movementos culturais e políticos que, na periferia peninsular, defenderon a existencia de nacións propias. Na orixe destes movementos destaca a diversidade cultural e lingüística existente dentro de España. Existe un conflicto político, cultural e económico entre o poder central e as comunidades que conviven na monarquía española. Este conflicto xorde por varios factores:

  • Cambios políticos, xurídicos, económicos e sociais, vinculados á organización do Estado liberal.

  • O desigual desenvolvemento capitalista, que orixina desequilibrios na riqueza e un diferente grao de industrialización.

  • A imposición dun modelo cultural uniforme, no que predominan os valores e a lingua casteláns.

  • O feble desenvolvemento dun sentimento nacional español no século XIX, debido a divisións políticas internas, defensa de particularismos, tradicións por parte da Igrexa Católica, defensa das liberdades locais, o fracaso da política uniformadora do Estado...

  • O descontento e a desilusión pola marcha xeral da política e da economía española.

Ante esta decadencia, intelectuais e políticos galegos, vascos e cataláns defenden a ideoloxía nacionalista.

O proceso de creación dunha conciencia nacionalista pasa por varias etapas: provincialismo, rexionalismo e nacionalismo.

Provincialismo.-

Doutrinas que, dende 1833, defenden o recoñecemento de particularidades das provincias. Existen dúas tendencias: unha tendencia liberal (demócratas e federalistas), que defende a formación dunha federación de estados; e unha tendencia tradicionalista, que defende o catolicismo e a tradición.

Rexionalismo.-

Movementos políticos, a partir de 1880, que defenden a descentralización administrativa e o autogoberno.

Nacionalismo.-

Dáse a finais do século XIX, principios do XX. Defende o recoñecemento da comunidade propia como unha nación diferenciada, con dereito á soberanía política e ó goberno propio. Destacan Prat de la Riba, Sabino Arana...

O Nacionalismo Vasco.-

Dende a época medieval, as provincias vascas gozaron de foros que lles garantían privilexios, como a exención fiscal, a autonomía, a limitación do poder real, a restricción no servicio militar... A revolución liberal causou un forte impacto no País Vasco. A igualdade ante a lei significaba a eliminación dos privilexios. O carlismo tivo grande apoio entre os vascos, porque estaba de acordo cos foros. Entre 1872 e 1876 os carlistas enfróntanse nunha guerra, na que son derrotados. Cánovas suprime os foros vascos, anque se recoñece a peculiar capacidade das deputacións provinciais para distribuí-las quintas militares e recadar rendas e impostos. Ó mesmo tempo, tivo lugar unha rápida industrialización, que potenciou as transformacións sociais e económicas das provincias vascas. Estes procesos foron considerados polos tradicionalistas como unha ameaza ás tradicións vascas.

Neste contexto, xurdiu un pensamento nacionalista, independentista e belicoso encabezado por Sabino Arana, baseado na recuperación da identidade vasca e na defensa do catolicismo. A Arana debe o nacionalismo vasco os seus principios básicos. Defendeu a independencia de Euskadi, creou a ikurriña e o himno vasco. O goberno vasco debíase rexer por dous principios: Deus e a vella lei. Os elementos que definen a nación vasca, segundo Árana, son: a raza vasca, o integrismo católico, os foros, o odio ó español, o éuscaro, o folclore, a tradición.

Sabino Arana foi o creador das primeiras organizacións nacionalistas vascas e, en 1895, fundou o Partido Nacionalista Vasco (PNV). En 1898 preséntase as eleccións.

O Nacionalismo Catalán.-

En Cataluña, ó longo do século XIX, xurdiu unha conciencia das súas particularidades dentro de España, que deu lugar á aparición do catalanismo. No catalanismo pódense distinguir dúas vertentes principais: unha, que defende particularismos culturais e outra que defende os intereses políticos de Cataluña. O catalanismo político presenta unha grande variedade ideolóxica, social e estratéxica. A finais do século XIX, comezos do XX, produciuse unha identificación de Cataluña como nación e, como consecuencia disto, aparece o nacionalismo catalán. Este nacionalismo foise formando en torno a unha dualidade ideolóxica. Unha corrente conservadora, católica, tradicional, burguesa, que ten como principal ideólogo a Prat de la Riba. Outra corrente, progresista, laica, liberal e republicana, na que destacou Rovira i Virgili.

Prat de la Riba foi o primeiro en identificar Cataluña como nación. Cataluña tiña os requisitos para selo: lingua propia, dereito, territorio e vontade de autogoberno. Sen embargo, Prat de la Riba defende a integración da nación catalana nunha organización superior: a federación española.

Rovira i Virgili fundamentou a existencia dun nacionalismo liberal, democrático, laico, progresista, de esquerdas e republicano. Propón a creación dun estado democrático catalán.

Evolución do catalanismo.-

Ó longo do século XIX e principios do XX, o catalanismo seguiu unha serie de estratexias na defensa dos intereses de Cataluña.

  • Fundación de partidos políticos propios: Valentín Almirall fundou as primeiras organizacións catalanistas: a Lliga de Catalunya, en 1887. En 1901 fúndase a Lliga Rexionalista de Catalunya, partido conservador, nacionalista, non - independentista, liberado por Prat de la Riba e Cambó.

  • Presión sobre as institucións centrais: elabóranse peticións ó Rei, como o “memorial de agravios”, en 1885. Outra intervención foi a influencia sobre os partidos que gobernan en Madrid e, nalgúns casos, colabórase con eles, como sucedeu entre 1917 e 1923, coa incorporación de Cambó ó goberno de Madrid.

  • Determinación das institucións catalanas. Os poderes autóctonos precisáronse nas Bases de Manresa en 1892. Combinaban tradicionalismo social e a defensa dunha autonomía non separatista. En 1913 promulgouse a Lei das Mancomunidades, que permitía a formación de gobernos interprovinciais. En 1914 constitúese o de Cataluña, que é suprimido en 1925 por Primo de Rivera.

FASES NO DESENVOLVEMENTO DO CATALANISMO

  • 1833 - 1874: Renaixença. Renacemento cultural e literario.

  • 1874 - 1901: etapa do fracaso do federalismo. Fúndase a Lliga Rexionalista e aparecen as primeiras organizacións políticas.

  • 1901 - 1923: o catalanismo intervén na vida pública a través dos partidos. A Lliga Rexionalista Catalana convértese na forza dominante.

En 1925, Primo de Rivera suprime a Mancomunidade. A represión do catalanismo favoreceu a súa radicalización. En 1931, coa II República, fórmase a coalición Esquerra Republicana de Cataluña, primeira forza política nese período.

O Nacionalismo Galego.-

A mediados do século XIX, en Galicia prodúcese unha toma de conciencia das súas particularidades, unida á defensa da súa cultura e dos seus intereses económicos e políticos. O resultado foi a aparición do galeguismo, que reivindica o recoñecemento das peculiaridades de Galicia e o autogoberno do pobo galego. Durante o século XIX, o galeguismo quedou limitado a determinados círculos intelectuais e políticos. No século XX as masas populares participaron das súas ideas. Ata a guerra do 1936, na evolución do galeguismo obsérvanse tres fases: provincialismo (1840 - 1885), rexionalismo (1885 - 1916) e nacionalismo (1916 - 1936). As bases da reivindicación galeguista están no recoñecemento da pobreza e o atraso de Galicia e no sentimento de aldraxe ante a marxinación que padece por parte dos gobernos de Madrid.

Provincialismo (1840 - 1885).-

En 1840 xorde un pensamento que defende a Galicia e critica o centralismo. Politicamente, están relacionados con movementos provincialistas que se dan en toda España, nos que se defende a descentralización do poder e, nalgúns casos, a formación dun estado federal. Culturalmente, están relacionados con romanticismo europeo, que potencia o estudio de elementos diferenciadores e identificadores da propia comunidade, a súa historia, cultura e lingua.

O descubrimento de Galicia como unidade independente foi froito da xeración do 1846, un grupo no que destaca Antolín Faraldo que, cos seus escritos, puxo de manifesto as características diferenciadoras de Galicia: lingua, costumes, historia, economía e os problemas que padecían: falta de industria, atraso económico, etc. A denuncia dos problemas de Galicia foi acompañada dun pensamento político que defendía o autogoberno. No pronunciamento militar de 1846 póñense en práctica estas ideas. Encabezado por Miguel Solís contra o goberno de Narváez, propiciou a formación, en Santiago de Compostela, dunha Xunta Superior do Goberno de Galicia, que denunciou a explotación do pobo galego. O pronunciamento fracasou e Solís foi fusilado en Carral (mártires de Carral).

Posteriormente, a reivindicación dun goberno galego foi desenvolvida a través do federalismo. Durante a I República tentouse formar un cantón galego, pero fracasouse. No ámbito cultural, desenvolveuse un movemento de recuperación histórico e literario, o Rexurdimento, protagonizado por Rosalía, Pondal, Henríquez, Añón... Iniciouse a defensa do emprego do galego como lingua popular e literaria. Os historiadores Vicetto e Murguía contribuíron a subministrar argumentos ó nacente galeguismo, xustificando o dereito a dispoñer dunha organización política propia, na que se recoñecese a situación xeográfica, costumes, lingua, etc. e a orixe do pobo galego, vinculado á raza celta, considerado superior ós restantes pobos peninsulares. Denomínase celtismo.

Rexionalismo (1885 - 1916).-

En 1890 aparece en Galicia un movemento de tipo rexionalista que defende a lingua e o dereito á autonomía sen rompe-la unidade do estado español. Tivo dúas tendencias: liberal, liderada por Murguía; conservadora, liderada por Alfredo Brañas.

Murguía defendeu o dereito á autonomía política. Alfredo Brañas analizou en varias obras os fundamentos do nacionalismo, respecto da unidade de España e a organización política que debería haber en Galicia.

Brañas trata de fundamentar as bases de un rexionalismo que puidese ser aplicado dentro de España. Defende a idea da dobre patria. A patria grande e a patria pequena. Coa finalidade de conxuga-las reivindicacións nacionalistas coa unidade de España defendeu a formación de institucións para o goberno das Rexións. A súa defensa baseouse en presupostos antiliberais e tradicionalistas. Nesta etapa aparecen organizacións galeguistas como “A Liga Galega” (1897). Fundáronse periódicos como “La Región” (1886), “A Nosa Terra” (1907). Creouse en 1906 a Real Academia Galega. En 1907 fundouse “Solidariedade Galega”, que pretende agrupar a tódolos que defenden a descentralización. Tivo grande influencia no mundo agrario, onde se crearon sociedades solidarias de ámbito campesiño. Celebráronse asembleas agrarias en Monforte en 1908, 1910 e 1911. O clérigo Basilio Álvarez alcanzou un grande protagonismo. Pertenceu á Liga Agraria de Ourense. Cando desapareceu, continuou a súa labor no grupo “Acción Galega”.

Nacionalismo (1916 - 1936).-

A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirma con rotundidade que Galicia é unha nación. Os escritos de Antón Vilar Ponte, Vicente Risco (“Teoría do nacionalismo galego”-1920) e Castelao (“Sempre en Galiza”-1924). Recolleron trazos esenciais da nación galega. Analizaron os problemas que padecían e propuxeron solucións. Entre 1916 e 1936, o periódico “A Nosa Terra” foi o órgano de expresión nacionalista.

Risco e Castelao definiron as características esenciais de Galicia: é unha nación diferenciada pola súa lingua, xeografía, raza (celta), espírito (alma galega), cultura e historia.

Na doutrina nacionalista galega predominan elementos culturais e históricos fronte ós políticos. Os nacionalistas galegos manteñen un ideario común básico, a denuncia do atraso económico e da opresión cultural galega, a defensa da autonomía integral de Galicia, o rexeitamento ó separatismo e o desexo de conseguir unha Federación Ibérica na que se poida integrar Portugal.

Hai diferencias entre os nacionalistas, que xorden por motivos políticos e sociais. Existe nacionalismo conservador (Pedraio, Risco, Filgueira Valverde). Tamén nacionalismo democrático (Bóveda, Castelao), que busca unha democracia compatible co autogoberno de Galicia.

No capítulo organizativo, o nacionalismo maniféstase a través das Irmandades da Fala. A primeira fundouse en 1916 en A Coruña, impulsada por Vilán Ponte. Os seus obxectivos foron a dignificación e definición do idioma galego e a busca de solucións para os problemas sociais e económicos de Galicia. En 1918 reuniuse en Lugo unha Asemblea das Irmandades da Fala, denominada Primeira Asemblea Nacionalista, e definiu o seu obxectivo político: “a busca da autonomía integral para Galicia”.

Ó movemento das Irmandades incorporáronse personalidades da cultura galega, pero non chegou ás masas. As diferencias políticas fixeron que o movemento se dividise.

No plano cultural, destacou a revista Nós (1920), dirixida por Risco e o Seminario de Estudos Galegos (1923). A Xeración Nós realizou unha intensa labor de estudio da realidade galega.

En 1924, o goberno de Primo de Rivera iniciou unha represión de calquera acción de tipo nacionalista. En 1929, os galeguistas tentan reorganizarse en fundan a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). En 1931 fundouse o Partido Galeguista que terá un grande protagonismo na II República.

TEMA 10

A Revolución Liberal e o Cambio Agrario. As Desamortizacións. A Revolución Diverxente dos Agricultores en España. O Caso Galego.

  • A Revolución Agraria.

  • A desamortización: Decretos de Cádiz, desamortización de Madoz e Mendizábal.

  • A desamortización dende o punto de vista social, cultural e político.

  • O caso galego.

  • Consecuencias das transformacións agrícolas: modernización e estancamento.