A esmorga; Eduardo Blanco Amor

Literatura gallega contemporánea. Siglo XX. Narrativa o novela # Autores galegos. Argumento. Estructura. Tempo. Personaxes. Tema tráxico

  • Enviado por: Oli
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad

“A esmorga” de Eduardo Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897- Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX. Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas. Emigrou a Arxentina no 1919 e viviu moitos anos en América.

Como poeta ten libros en castelán e galego. Entre a súa obra en galego están: “Romances galegos” (1928), “Poema en catro tempos” (1931) e “Cancioneiro” (1956).Como narrador, Blanco Amor foi máis tardío. Publicou tres libros en galego: “A esmorga” (1959), “Os biosbardos” (1962) e “Xente ao lonxe” (1972).

“A esmorga” é a novela máis popular e lida de Blanco Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor.

Pero Blanco Amor tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou exiliados. O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica. Os temas son variados: o amor, as reflexións sobre a condición humana, a idea de Deus na sociedade actual,... Escribiu: “Farsas para títeres” e “Teatro pra xente”.

Resume do argumento

O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.

Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.

Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.

Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un burato do xardín e ollana dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.

Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí.

Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.

Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.

Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.

Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.

O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu.

Estructura

A novela está estructurada nunha primeira parte chamada Documentación e cinco capítulos.

A Documentación é un curto relato a modo de introducción no que o autor informa sobre como recolleu a información para escribir a narración.

Os cinco capítulos están divididos segundo os diferentes días da declaración do Cibrán ante un xuíz:

- No primeiro capítulo, que correspóndese co primeiro día da declaración, Cibrán declara ante o xuíz unha presentación dos feitos, como comezou a historia.

- No segundo capítulo, o segundo día da declaración, Cibrán revela no final que eles prendéronlle lume ao pazo nun descuido.

- No terceiro capítulo ou no terceiro día, Cibrán continúa narrando as falcatruadas que fixeron, e vanse descubrindo novos feitos.

- No cuarto capítulo, conta o que fixeron no pazo dos Andrada.

- O quinto capítulo é o desenlace.

Tempo no que transcurre

A novela presenta dous tempos:

  • Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV)

  • As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un luns ó amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros.

  • Existe ademáis un terceiro tempo, distante do relato, que é correspondente ó momento no que o narrador-autor escribe a “crónica”.

  • Cómpre ter en conta tamén as historias que cada personaxe vai encaixando no relato principal ó longo do mesmo (recordos de Cibrán, historia da dona do pazo contada polo Bocas, etc.)

  • Tamen fai numerosas alusións ó tempo físico ao longo de todo o libro.

  • O tempo físico no que transcurre a acción da novela parece ser moi relevante, non só porque aparece continuamente.

  • O espacio

  • O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura-lo máximo pracer no que pode se-lo seu último día de liberdade.

  • O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.

  • Tema

  • O tema queda parcialmente recollido no título da obra: “A esmorga”. Este tema podería ser o tráxico final duns individuos marxinados pola sociedade tras unha bebedela.

  • Os personases

    • Cibrán.

    • A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes (“tiñica”, “puchapodre”, “castizo”). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores)

      • O Milhomes.

      • Tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.

        • O Bocas.

        • Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte, e por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.

          • O xuíz.

          • Actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión (-) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.

            • Personaxes secundarios.

            Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego que canta coplas. En fin, toda unha serie de tipos que reflecten o mundo das clases traballadoras e, sobre todo, o mundo dos marxinados .