Geografía


Xeografía


XEOGRAFÍA, TEMAS 3 e 4

A DIVERSIDADE HÍDRICA

1. OS RÍOS ESPAÑOIS

Factores que inflúen nos ríos peninsulares

a) O clima, especialmente as precipitacións, determinan o caudal absoluto e o réxime dos ríos. Chamámoslle caudal absoluto a cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río, e réxime fluvial as variacións anuais do caudal dun río. Pódese distinguir entre ríos con réxime nival, pluvial ou mixto:

- Os ríos con réxime nival nacen na alta montaña, onde son frecuentes as nevadas. Os seus caudais máximos danse a finais da primavera ou no verán, co desxeo.

- Nos ríos con réxime pluvial, o caudal só depende das chuvias.

- O réxime mixto pode ser nivo-pluvial, no que predomina o nival; ou pluvio-nival, no que predomina o pluvial.

b) O relevo e a topografía determinan a organización das concas e vertentes hidográficas, a pendente e a erosión dos ríos e a facilidade para levar a cabo neles obras hidráulicas.

- Chamámoslle conca hidográfica ó terrritorio con augas qeu verten a un río. As concas atópase separadas entre si por divisorias de augas, que coinciden coas zonas de cambio de pendete do terreo.

- Unha vertente hidográfica é o conxunto de concas con auga que verten no mesmo mar.

- A pendente e a erosión dos ríos increméntanse canto maior é a inclinación do terreo.

- As obras hidráulicas vense favorecidas por unha topografía abrupta.

As vertentes hidográficas peninsulares

Os ríos peninsulares distribúense en tres vertentes hidrográficas: a cantábrica, a atlántica e a mediterránea.

- Os ríos da vertente cantábrica son curtos e posúen unha gran forza erosiva. Son numerosos, caudalosos e de réxime bastante regular.

- Os ríos da vertente atlántica son longos e con réxime irregular. Presentan estiaxe en verán coincidindo co mínimo de precipitación e cheas coas chuvias de outono e primavera.

- Os ríos da vertente mediterránea son curtos, a excepción do Ebro. Son ríos abarrancados, que erosionan violentamente. O seu réxime é moi irregular. En verán presentan importantes estiaxes e no outono poden sufrir cheas catastróficas. Como consecuencia, faise preciso construír neles encoros.

Na vertente mediterránea tamén son frecuentes os torrentes, cursos intermitentes que só levan auga cando chove.

Baleares e Canarias carecen de ríos propiamentes ditos. Posúen arroios e torrentes.

Vocabulario

Leito/cauce: zona asolagada polas augas dunha corrente.

Inundación: estado na corrente dun río no que as súas augas circulan polas marxes do leito normal (chaira de inundación).

Réxime fluvial: variación anuais do caudal dun río.

Estiaxe: período durante o cal unha corrente de auga alcanza o seu caudal máis baixo.

Caudal absoluto: cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río. Mídese en m³/seg.

Caudal relativo: cantidade de auga que leva un río nun punto e momento concreto en relación coa conca de onde a recolle. Mídese en m³/seg /km².

Avenida: chea repentina dun río. Son típicas da conca mediterránea. A veces chámase avenida catastrófica porque produce catástrofes.

Conca hidrográfica: terrritorio con augas que verten a un río.

Divisorias de augas: liña que separa as concas de diferentes ríos. Coincide coas zonas de cambio de pendente do terreo.

Rede fluvial: conxunto de ríos xerarquizados que drenan unha zona.

Rambla: leito dun río que leva pouca ou ningunha auga.

Esteiro: extensión na desembocadura dun río onde interaccionan mar e río a través das mareas, misturando auga doce e salgada.

Marea: oscilación vertical e periódica do mar orixinada pola atracción da lúa e do sol.

Exorreico: zona drenada cara o mar.

Torrentes: cursos intermitentes que só levan auga cando chove.

2. OS LAGOS E OS HUMIDAIS ESPAÑOIS

Os lagos

En España non existe unha gran riqueza lacustre, dada a escasa dimensión destes e, en moitos casos, o seu carácter estacional. ademais, a súa vida adoita ser curta.

Pódense distinguir:

- Os lagos tectónicos: fórmanse en terreos afundidos pola acción de pregamentos ou de fallas.

- Os lagos volcánicos: alóxanse en cráteres apagados de antigos volcáns.

- Os lagos glaciais: fórmanse a partir da escavación de cubertas polo xeo no circo do glaciar, ou ben polas obstruccións causadas polas morenas no val glacial.

- Os lagos cársticos: teñen a súa orixe 4nas concas creadas pola disolución da clacaria ou do xeso.

- Os lagos arreicos: as escasas augas non teñen forza para chegar ó mar e acumúlanse en zonas deprimidas.

- Os lagos eólicos: foron escavados pola acción do vento.

- Os lagos litorales ou albufeiras: son lagos salgados separados do mar por un cordón litoral.

Os humidais

Son extensións de terreo cubertas por augas pouco profundas. Inclúen lagoas, marismas, deltas, albufeiras e turbeiras.

3. OS ACUÍFEROS

Os acuíferos son bolsas de auga subterránea que se forman cando as augas de precipitación se infiltran, atopan un estrato impermeable e se acumulan sobre el. Poden descargar as súas augas a través de ríos e mananciais ou directamente no mar. Esta auga presenta, algunhas vantaxes: carecen xeralmente de organismos nocivos, a súa temperatura e composición permanecen estables co paso do tempo, etc. Os seus principais problemas son a sobreexplotación e a crecente contaminación pola acción humana.

Vocabulario

Aforo dun acuífero: capacidade de almacear auga.

Infiltración: movemento lento de descenso das augas superficiais.

Nivel freático: nivel superior que acadan as augas subterráneas.

Acuífero: auga subterránea que se forma cando as augas de precipitación se infiltran, atopan un estrato impermeable e se acumulan sobre el.

AS FORMACIÓNS VEXETAIS

1. AS PAISAXES VEXETAIS DE ESPAÑA

A paisaxe vexetal de clima oceánico

a) O bosque caducifolio:

Está constituído por árbores altas, con tronco recto e liso e follas grandes, que caen en outono. Posúe poucas especies, que aparecen reunidas formando grandes masas. As máis características son o carballo e a faia.

A maior parte das árbores que constitúen o bosque caducifolio son frondosas.

A faia tolera mal a calor e moi ben o frío. É unha árbore de montaña que adáptase a solos calcarios e silíceos. A súa madeira, dura e de boa calidade, emprégagse para elaborar mobles e utensilios. Forma bosques co carballo. Expándese pola Cordilleira Cantábrica e no Pirineo navarro.

O carballo non soporta os veráns calorosos e ten pouca tolerancia ó frío. O seu crecemento é lento. A súa madeira é moi boa. Atópanse en Galicia e na Cordilleira Cantábrica.

O castiñeiro é unha formación vexetal que gañou terreo, pois permite o aproveitamento do froito e da madeira. Outras especies secundarias son o freixo, o tileiro e a abeleira.

Ó longo do tempo foron desaparecendo áreas de bosque caducifolio.

Na actualidade repoboáronse grandes extensións de bosques de plantación con árbores de crecemento rápido e bo aproveitamento económico, como o piñeiro e o eucalipto. Estas repoboacións foron moi criticadas porque as follas de ambas as dúas árbores contribúen á acidificación e empobrecemento do solo e porque son especies que arden con más facilidade en caso de incendio.

b) A landa e os prados:

A landa é unha vexetación de matogueira cunha altura que pode alcanzar os catro metros. As especies máis abundantes son o breixo, o toxo e a xesta.

Os prados ocupan grandes extensións de terreo nas paisaxes oceánicas. Abundan a vexetación herbácea e os pastos.

A paisaxe vexetal de clima mediterráneo

Ten como formacións vexetais características o bosque perennifolio e a matogueira.

Estas formacións adaptáronse á seca estival mediante diversos sistemas.

a) O bosque perennifolio:

Está formado por árbores de mediana altura, con troncos non rectilíneos, de cortiza grosa e rugosa.

As especies máis cracterísitcas son a aciñeira e a sobreira.

A aciñeira é resistente á seca e adáptase a todo tipo de solos. A súa madeira é moi dura e resistente. Os bosques de aciñeiras mellor conservados atópanse en Serra Morena, Estremadura e Serra de Guadarrama.

A sobreira necesita invernos suaves, certa humidade e solos silíceos. A súa madeira é moi dura e a súa codia utilízase para a obtención de cortiza.

O piñeiro é unha formación vexetal secundaria que se adapta a condicións extremas de frío, calor, humidade e aridez, así como a solos diversos. Estendeuse por amplas zonas como resultado da intervención humana, pola súa maior rapidez de crecemento e polo aproveitamento económico da resina e da madeira.

O bosque perennifolio viu minguada a sáu extensión.

Actualmente trátase de conservalo mediante o sistema da devesa, que consiste en aclarar o bosque de aciñeira e sobreira e combinar o aproveitamento do froito, da leña e da madeira, así como a protección que exercen as árbores sobre o solo, coa agricultura e o pastoreo, que rotan cada certo número de anos.

b) A matogueira:

Non é unha formación de clímax, senón o resultado da degradación do bosque polo ser humano. Presenta tres tipos característicos:

- O maquis é unha formación arbustiva densa, de máis de dous metros de altura. Está integrada por matogueiras esclerófilas como a xara, o breixo, o lentisco e xesta.

- A garriga está formada por arbustos e matogueiras de pouca altura, onde aparece a rocha. Especies características son o tomiño, o reomeo e lavanda.

- A estepa atópase no sueste peninsular e no val do Ebro, onde a seca impide o crecemento das árbores. Está formada por herbas baixas. Entre as súas especies destacan o palmito, o tomiño, o espartal e o espárrago.

A paisaxe vexetal de ribeira

Ó longo dos ríos, o solo imprégnase de humidade, o que fai que só poidan vivir alí certas especies.

Os bosques de ribeira están formados por especies como o ameneiro, o salgueiro, o chopo e o álamo.

A vexetación de ribeira tamén se reduciu como consecuencia da acción antrópica sobre as marxes e os leitos dos ríos.

A paisaxe vexetal de montaña

Na montaña, a vexetación disponse en pisos que presentan formacións vexetais distintas en función da altura. De acordo con iso, pode distinguirse entre a montaña alpina e o resto das montañas peninsulares.

a) A montaña alpina ou pirenaica está representada polos Pireneos. Na súa parte alta, poden distinguirse tres pisos:

- O sualpino: reúne coníferas nautrais. O sotobosque está constituído por arbustos como o rododendro e a arandeira.

- O alpino: é dominio do prado.

- O nival: por riba dos 3000 m. Atópanse pequenas plantas como liques e musgos.

b) O resto das montañas peninsulares carecen do piso subalpino de coníferas. Nela pásase directamente do bosque característico do seu clima ó piso supraforestral. Este último atópase formado por pequenos arbustos de diferentes tipos que varían segundo o clima.

Vocabulario

Bioclimáticos: Elementos climáticos que inciden nunha vexetación e fauna concretas.

Formación arbórea: Conxunto de plantas leñosas de gran altura, un tronco definido do que nacen polas, característico dunha zona.

Formación arbustiva: Conxunto de plantas leñosas de altura inferior a 5 metros que remifica dende a base e sen tronco definido, característico dunha zona.

Formación herbácea: Conxunto vexetal de plantas pequenas con talos en tecido leñoso, característico dunha zona.

Conxunto sotobosque: Vexetación que medra baixo as copas das árbores.

Bosque caducifolio: Formación vexetal característico do clima oceánico. Bosque formado por árbores altas, con troco recto e liso e follas grandes, que caen en outono. Posúe poucas especies, que aparecen reunidas formando grandes masas. As máis características son o carballo e a faia.

Bosque perennifolio: Formación vexetal característica da paisaxe vexetal mediterránea con árborres de folla perenne.

Frondosos: Árbores de follas anchas, grandes copas e frutos variados.

Endemismo: Especie animal ou vexetal específica dun área concreta.

Landa: Vexetación de matogueira cunha altura que pode alcanzar os catro metros, típica do clima oceánico.

Prado: Vexetación herbácea e dos pastos de clima oceánico.

Vexetación xerófila/esclerófila: Vexetación que se adapta ben a seca.

Devesa: Bosque claro, con poucas árbores debido a acción humana. Característica da zona mediterránea.

Maquis: Formación arbustiva da paisaxe vexetal mediterránea, de máis de dous metros de altura. Está integrada por matogueiras esclerófilas como a xara, o breixo, o lentisco e xesta.

Garriga: Formación arbustiva da paisaxe vexetal mediterránea, de pouca altura onde aparece a rocha. Especies características son o tomiño, o romeo e a lavanda.

Estepa: Formación arbustiva da paisaxe vexetal mediterránea seco. Atópase no sueste peninsular e no val do Ebro, onde a seca impide o crecemento das árbores. Estre as súas especies destacan o palmito, o tomiño, o espartal e o espárrago.

Especie hidrófila: Formación vexetal adaptada a humidade.

Especie termófila: Formación vexetal adaptada a calor.

Especie mesófila: Formación vexetal que se adapta a condicións térmicas medias.

Especie umbrófila: Formación vexetal que se adapta a sombra.

Especie halófila: Formación vexetal adapatada o sal.

Coníferas: Árbores ou arbustos resinosos, de follas aciculares e froitos agrupados en conos.

Biomasa: Conxunto de materia orgánica dos seres vivos que viven nunha zona.

Zona endorreica: zona na que os ríos non desembocan no mar e conflúen en zonas deprimidas formando lagos.

A INFLUENCIA DO MEDIO NA ACTIVIDADE HUMANA

1. A AUGA E OS RECURSOS HÍDRICOS

a) A auga se emprega en numerosas actividades:

- O regadío agrario consome case o 80% do total de auga en España.

- A producción enerxética en centrais hidroeléctircas é un uso de auga favorecido pola demanda industrial de enerxía e o crecente consumo de electricidade.

- o consumo urbano supón o 14% do uso total, que sitúa a España no terceiro lugar mundial de consumo de auga por persoa.

- A eliminación de refugallos: realizouse tradicionalmente nas augas, dando lugar en moitos casos a un importante deterioro.

- Certas actividades, como a pesca, a navegación, baséanse na auga.

b) O balance hídrico relaciona os recursos hídricos existentes e o consumo que se fai deles. En España este balance é positivo. Non obstante, existen varios problemas que fan que só unha parte dos recursos sexan aproveitables.

- As dispoñibilidades de auga proceden principalmente dos ríos, e estes caracterízanse pola súa irregularidade estacional e interanual e pola súa desigual distribución espacial. Isto determina a existencia de concas con excedentes, concas con equilibrio e concas con déficit.

- A demanda concéntrase na área de maior dinamismo económico e demográfico, o arco mediterráneo, con recursos escasos.

- A actual rede de presas resulta insuficiente para cubrir unha demanda en alza.

- Prodúcense importantes perdas anuais de auga debido á utilización de sistemas de rega inadecuados.

Os problemas citados provocan un déficit anual que podería elevarse se, como consecuencia do cambio climático, subira a temperatura e diminuíran as precipitacións.

c) A política hidráulica ten dous fins principais:

A regulación dos recursos hídricos, que corresóndelle á Lei da Auga.

A xestión dos recursos hídricos. Lévase a cabo mediante a planificación hidrolóxica:

- Os Plans Hidrolóxicos de Conca determinan as necesidade e as obras de cada conca.

- O Plan Hidrolóxico Nacional coordina os plans das concas e deseña as actuacións xerais. O novo Programa AUGA proponse alcanzar os seguintes obxetivos:

- Lograr o autoabastecemento hídrico.

- Impulsar a investigación e a innovación teconolóxica.

d) As obras hidráulicas son as infraestructuras creadas para regular os recursos hídricos e mellorar a calidade da auga.

- Para regualr os ríos construíronse numerosos encoros, canles e transvasamentos.

Os encoros son grandes extencsións de auga almacenada artificialmente mediante a construcción dunha presa. Destínanse á producción de electricidade e a paliar a escaseza crónica de auga.

As canles de distribución destínanse a abastecer os núcleos de poboación, as industrias e a rega.

Os transvasamentos son transferencias de auga entre concas excedentarias e deficitarias.

- Para regular outros recursos hídricos, como lagos, acuíferos e augas mariñas, tamén se realizaron diversos tipos de obras.

Algúns lagos pirenaicos aprovéitanse para producir enerxía hidroeléctrica.

Os acuíferos aprovéitanse para usos agrícolas, industriais e incluso urbanos. A súa utilización non é sempre viable, polo que resulta necesario recorrer a eles só en graves momentos de escaseza.

A auga do mar aprovéitase tamén mediante a técnica da desalinización. Localízanse nas zonas onde hai máis escaseza de recursos hídricos.

- As obras para mellorar a calidade da auga son as plantas portabilizadoras e as plantas depuradoras. As plantas potabilizadoras tratan as augas que van ser consumidas. As plantas depuradoras tratan as augas residuais para evitar que contaminen. A Unión Europea obria a instalalas nas poboacions de máis de dez mil habitantes.

Vocabulario

Déficit hídrico: zona con recursos hídricos inferiores ó consumo.

A INFLUENCIA DA ACTIVIDADE HUMANA NO MEDIO

1. OS PROBLEMAS AMBIENTAIS

1. A contaminación atmosférica.

É a adición de materias nocivas á atmosfera en proporción non asimilable polo medio. Está causada por contaminantes primarios vertidos directamente á atmosfera ou ben por contaminantes secundarios xerados polas reaccións químicas e fotoquímicas dos contaminantes primarios.

Os productos contaminantes máis destacados son o monóxido de carbono (CO), o dióxido de carbono (CO2), o dióxido de xofre (SO2), o óxido de nitróxeno (NO), as partículas de po e fume, e o cloro (Cl2). Proceden da combustión do fuel e do carbón en centrais térmicas.

As principais consecuencias da contaminación atmosférica son:

a) A chuvia ácida: é unha precipitación cun grao de acidez máis elevado que o normal. Prodúcese porque as emisións de xofre e nitróxeno se mesturan co vapor de auga contido no aire e se transforman en solucións diluídas de ácido sulfúrico e ácido nítrico. Os efectos biolóxicos dunha chuvia ácida son variados: nas plantas diminúe a súa capacidade de xerminación e crecemento, en animais como os peixes provoca descalcificación e danos nos sistemas respiratorio e reproductor, nos solos dá lugar á perda de nutrientes esenciais, etc.

b) A diminución da capa de ozono: débese ó cloro contido nos CFC empregados nos aerosois e refrixerantes. O cloro reacciona co ozono e convérteo en osíxeno normal. Este problema aféctalle á vida vexetal, animal e humana; neste último caso, aumentando as afeccións por cancro de pel e cataratas. O grosor da capa de ozono sobre España reduciuse un 8%.

c) O efecto invernadoiro: É o aumento da temperatura global da TErra. Está provocado pola emisión á atmosfera de gases como o metano e o dióxido de carbono, que deixan pasar a radiación solar, pero impiden que escape ó espacio exterior, do mesmo xeito que o cristal dun invernadoiro.

d) A campá de po e contaminación que se crea sobre as grandes cidades en inverno e con situación anticiclónica débese ás partículas de po e fume en suspensión. Estas ascenden nas zonas centrais das cidades e descenden na periferia. É eliminada por un forte vento ou pola chuvia. Produce alteracións nas plantas e nos edificios e enfermidades pulmonares no ser humano.

e) A contaminación acústica: As causas principais son o aumento do tráfico, as actividades industriais e as emisións xeradas por certos establecementos urbanos (discotecas, bares e algúns comercios). Afectan á saúde, tanto física (fatiga, xordeira...) como psicolóxica (ansiedade, agresividade, insomnio), diminuíndo en ambos casos o rendemento do traballo.

2. A deforestación:

É a destrucción da capa cuberta vexetal.

Causas:

a) A agricultura e a gandería: cavaron miles de quilómetros cadrados de bosque que se destinaron a cultivos ou se converteron en prados para o gando.

b) A ocupación urbana, as instalacións industriais, as segundas residencias...

c) Os incendios forestais, dos que o 96% son provocados, por descoido ou de forma intencionada.

Os maiores riscos concéntranse en Galicia, os montes de León, a cornixa cantábrica e a fachada mediterránea.

3. A contaminación, a erosión e a desertización do solo:

A contaminación do solo é obra dos vertidos industriais e urbanos e do abuso de fertilizantes químicos e praguicidas nas actividades agrícolas.

A erosión do solo en España constitúe un problema de grande envergadura, especialmente nas rexións semiáridas.

A desertizació é a perda da capa fértil do solo, resultado da erosión extrema.

4. A sobreexplotación e a contaminación das augas:

A sobreexplotación é o resultado do aumento do consumo de auga para usos agrarios, urbanos e industriais. A contaminación das augas provén da evacuación do refugalo producido polo ser humano.

A contaminación orixínase a partir de diversas actividades económicas humanas:

- A contaminación rural procedente do uso inadecuado de fertilizantes e insecticidas químicos por parte da agricultura.

- A contaminación industrial: é a adición de materias nocivas producidas por unha industria en proporcións non asimilables pola natureza. Está causada pola expulsión de vertidos sen depurar a ríos e mares. Provoca a proliferación de algas tóxicas e de metais pesados.

- A contaminación urbana débese ó vertido sen depurar de augas fecais, que conteñen bacterias e virus, e ó vertido de fosfatos e nitratos presentes nos deterxentes.

5. Os residuos sólidos urbanos.

Os residuos sólidos urbanos (RSU) son os refugallso sólidos que rexeneran os seres humanos. Ex: plásticos, restos orgánicos...

O incremento da súa producción provocou que nas periferias de moitas cidades proliferen vertidos que contaminan o solo e a auga.

Vocabulario

Contaminación atmosférica: Adición de materias nocivas á atmosfera en proporción non asimilable polo medio.

Chuvia ácida: Precipitación cun grao de acidez máis elevado do normal. Prodúcese porque as emisións de xofre e nitróxeno se mesturan co vapor de auga contido no aire e se transforman en solucións diluídas de ácido sulfúrico e ácido nítrico.

Efecto invernadoiro: Aumento da temperatura global da Terra, provocado pola emisión á atmosfera de gases como o metano e o dióxido de carbono, que deixan pasar a radiación solar, pero impiden que escape ó espacio exterior do mesmo xeito que o cristal dun invernadoiro.

Contaminación acústica: Presencia de ondas sonoras dañinas, tanto física como psicolóxicamente, para o ser humano.

Deforestación: destrucción da capa cuberta vexetal.

Desertización: Perda da capa fértil do solo, resultado da erosión extrema.

Contaminación industrial: Adición de materias nocivas producidas por unha industria en proporcións non asimilables pola natureza.

Residuos sólidos urbáns (RSU): Refugallos sólidos que rexeneran os seres humanos. Ex: plásticos, restos orgánicos...

2. A PROTECCIÓN DOS ESPACIOS NATURAIS E A POLÍTICA AMBIENTAL

1. A creación e a ampliación dos espacios naturais protexidos:

En España, a protección de espacios naturais empezou a principios do s.XX coa Lei de Parques Nacionais. O criterio de selección centrábase unicamente na beleza paisaxística do lugar. A mediados do século empezáronse a considerar tamén outros, como o biolóxico ou o xeolóxico.

En 1975 promulgouse a primeira lei de Espacios Naturais Protexidos, vixente ata 1989. Nese ano aprobouse a actual lei de conservación de Espacios Naturais e da Flora e da Fauna Silvestres. Establece distintos tipos de espacios protexidos:

a) Os parques: son áreas naturais pouco transformadas pola ocupación e pola actividade económica e humana. A lei distingue entre parques nacionais e parques naturais:

- Os parques nacionais posúen unha relativa extensión e unhas características peculiares. (Covadonga, Pirineos, Doñana).

- Os parques naturais, de menor extensión que os parques nacionais, manteñen a explotación dos recursos primarios da zona á vez que fomentan o turismo rural.

b) As reservas naturais, de superficie non moi grande, protexen ecosistemas ou elementos bióticos que, pola súa rareza ou fraxilidade, merecen unha valoración especial.

c) Os monumentos naturais son formacións naturais de notoria singularidade, rareza ou beleza.

d) As paisaxes protexidas son áreas preservadas polos seus vlores estéticos e culturais.




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar