Filosofía y Ciencia


Utopía; Tomás Moro


Tomás Moro é o máximo exponente do movemento humanista en Inglaterra, tardío e reducido práctivamente ao primeiro tercio do século XVI, pero suficiente para servie de enlace entre a literatura medieval e os tempos modernos. A riqueza do seu vocabulario, a concreción do seu estilo e o tono humorístico empregado nos seus diálogos contribuiron ao desenvolvemento da prosa inglesa.

Naceu en Londres o 7 de febreiro de 1478 e estudou en Oxford Estudou dereito despois de abandoar Oxford, pero o seu interese centrouse na ciencia, a teoloxía e a literatura. Durante a súa adelescencia escribiu comedias e reservou moito tempo para o estudo da literatura grega e latina. No ano 1499 decidiu facerse monxe, postura que abandonou catro anos máis tarde. Un ano despois Moro ingresou no Parlamento. Unha das súas primeiras actuacións foi a de requerir unha disminución na asignación proposta para o rei Enrique VII. En venganza, o Rei encarcelou ao seu pai e non o liberou ata que se pagou unha fianza, e o proprio Moro se retirou da vida pública. Despois da morte do Rei, en 1509, Moro regresou á actividade pública. No seguinte ano sería nomeado representante da Coroa de Londres.

Durante a seguinte década, Moro atraeu a atención do Rei Enrique VIII e levou a cabo diversas misións diplomáticas en Flandes. En 1518, chegou a ser membro do Consello Privado; no 1521 concedeuselle o título de sir. Dous anos despois , Tomás Moro foi designado presidente da cámara dos Comúns. Durante este periodo Enrique VIII convertiu a Moro nun dos seus favorito e con frecuencia requeriu a súa compaña para manter conversas filosóficas.

Moro pasou a ser presidente da Cámara dos Lores no 1529. Nembargantes, a súa sorte cambiou cando se negou a apoiar a petición de Enrique para divorciarse de Catalina de Aragón. Os escrúpulos relixiosos de Moro fixeron que se negara a sancionar calquera tipo de desafío á autoridade papal. Renunciou ao seu cargo no 1532 e retirouse da vida pública. O Rei ofendéuse pola actitude do seu antigo amigo e o mandou encarcelar no 1539. Moro foi xulgado o ano seguinte; negouse ademáis a firmar o Acta de Sucesión,afirmando que o Parlamento non tiña dereito a usurpar a autoridade

papal en favor do Rei. Moro foi condeado pola súa postura e decapitado o 7 de xullo do 1535. Catrocentos anos máis tarde foi canonizado pola Igrexa católica.

A dedicación e o gusto literario de Moro queda reflexado incluso nos poemas que realizou durante a súa xuventude que non deixaban de ser meros pasatempos. En todo caso revelan o seu interese pola poesía e o teatro. No campoo da biografía amosa maior madurez.

- Life of Johan Picus, Earle of Myrandula: Traducción da obra do sobrino do humanista italiano con cuios ideais sintoniza Moro.

  • History of Richard III. Este é o primeiro intento de acadar o éxito, en língua vernácula. Esta é unha obra breve na que intenta facer unha narración histórica sen antecedentes inmediatos en inglés e na que adquire un estilo persoal.

Tamén escribiu diversos escritos polémicos con certo interese dado pola historia do erasmismo. O mellor de todos os seus escritos polémicos é A Dialogue concerning Herecies ans Matters of Religion. A discusión fronte a Reforma conservaba o tono do diálogo, o que pode facer interesante todavía ler este testimonio das fases preliminais das disputas entre católicos e pretestantes.

Escritos polémicos destacados de Tomas Moro :

  • Carta a Martin Dorp.

  • Cartas á Universidade de Oxford.

  • Carta a Iohannis Bugenhagen

  • The Supplycacyon of Souls.

  • The apology of Syr Thomas More

  • A Confutacyon of Tyndales Answere.

Outras grandes obras son: Expositio Passionis Domini, escrita en vísperas da súa execución. Dialogue of Confort Against Tribulacyon, alegato a favor da liberdade de criterio frente ao poder político.

O título completo da obra é Libellus vere aureus nec minus salutaris quam fetivus de optimo reipublicae statu deque nova insula Utopía.A palabra utopía ven do grego outopos formada pola suma da partícula ou = non e a palabra topos = lugar, así pois terra inexistente. Ademáis esta palabra está relacionada cun proxecto ou concepción imaxinaria dun goberno ideal gobernando nun pobo feliz.

Utopía constitúe a máis grande obra de Tomas Moro e a cal lle fixo famoso, esta foi publicada en Lovaina no ano 1516 dentro da corrente humanística inglesa.Está influenciada claramente pola “ República de Platón “ coa que existen moitos puntos de contacto aíunda que a illa de Utopía esté baseada nun sistema patriarcal e democrático. Utopía é unha illa imaxinaria da que Tomas Moro sérvese para propoñer unha seria crítica e unha proposta de reforma social, política e relixiosa.

A obra divídese en dous libros pero parece ser que estes non foron escritos por orde senon en fragmentos que logo o autor recompuxo para formar o esquema que presenta finalmente.

LIBRO I

O primeiro libro supón unha crítica ás desgraciadas condicións sociais e políticas de Inglaterra. Con ocasión da súa estancia en Flandes, Moro vai a Amberes onde o seu amigo P. Giles preséntalle a Rafael Hithloday acompañante de Vespucio nas súas viaxes. Hithloday encontrara novas terras con diferentes modos de vida e organización política que deberían ser tomadas en conta polos europeos. Moro e Giles aconsellan a Rafael para que se poña ao servizo dalgún rei para o beneficio da república e o seu proprio pero el négase por completo , pensa que os reis non o escoitarían porque están máis preocupados pola guerra e existen moitos prexuízos. Estas razons foron comprobadas por Hithloday con motivo da súa estancia en Inglaterra, na casa do cardenal Morton onde discutiron sobre a pena de morte.

Rafael expuxo a súa opinión determinando que a pena de morte e bastante desproporcionada na maioría dos casos como o roubo e que habería que preocuparse menos polas condenas e máis polas causas que levan a cometer certos delitos. Nestes diálogos deuse conta do inutil que sería poñerse ao servizo da república para resolver estos e outros temas. Por outra banda Moro segue insistindo sobre o deber dos filósofos para coa súa república. Como réplica Hithloday di que estes cumpliron os seus deberes coas súas obras e ademáis obxeta que o xogo político obriga ao filósofo a compromisos innobres. Hithloday conclue que a súa participación non sería efectiva nunha sociedade tan capitalista, fundamentada na propiedade privada repartida inxustamente.

Moro ten unha opinión contraria , “ os homes nunca vivirán na abundancia alí onde todo é común”, a un home o estímulo das súas ganancias non le impulsará a traballar porque sabe que vivirá igual gracias ao trabalo dos outros. Haberá pois continuas disputas.

Rafael Hithloday respóstalle fundamentándose no descoñecemento de Moro e di que a resposta a todo isto encóntrase en Utopía. De todos modos Peter dubida de que nese país teñan mellor orde que os europeos.

LIBRO II

Nesta segunda parte prodúcese a descripción da illa e da sociedade utopiense, república comunista na que está abolida a propiedade privada, suprimido o diñeiro e onde está permitido o uso dos bens comúns libremente segundo as necesidades de cada un.

O nome da illa procede dun rei chamado Utopo que conduciu ao pobo salvaxe cara a civilización. Está ubicada nun marco xeográfico perfecto. O territorio está dividido en 54 cidades coa mesma lingua, costumes e institucións nas que os homes considéranse os traballadores, non os poseedores das súas terras. Os sectores agropecuarios son explotados por turnos por grupos de corenta persoas máximo que forman unha granxa. Un grupo de trinta familias están gobernadas por un filarca ou sifogrante equivalente na nosa sociedade ao alcalde. Os relevos prodúcense cada dous anos e fanse por metades para que non coincida un grupo enteiro de novados e así garantir a eficacia produtiva.

As cidades son todas iguais pero a capital é amaurota por estar ubiada no centro da illa . Urbanismo racional e construccións de bela factura, os utopienses das cidades prestan moita atención ao coidado das horta. Cada dez anos cambian de casa por sorteo.

No referente aos cargos de poder, como xa comentei cada trinta familiasd dependen dun sifogrante . Un grupo de dez sifograntes está supervisado por un traniboro. Todos os cargos son renovados anualmente excepto o de príncipe que é vitalicio , para a elección deste príncipe reúnense 200 sifograntes e elixen ao que consideran máis idóneo entre os catro propostos polo pobo.

Os postos de traballo están garantidos para todos, a agricultura é unha ocupación común a todos pero ademáis desta, cada individuo aprende e desenvolve outra ciencia. As tarefas máis doadas resérvanse para ás mulleres mentres que os traballos nos que se require unha maior forza física son desempeñados polos homes. Todos traballan seis horas diarias, que en ocasións resultan ata excesivas porque todos están ocupados non como non como sucede na nosa sociedade onde moita xente vive ociosa ( parados, relixiosos, esmolantes ). Tan só hai 500 persoas exentas de traballo, os mandatarios que aínda así traballan para dar bo exemplo ao pobo, e algunhas persoas elexidas polo pobo para adicarse ao estudo.

As familias están sometidas a un sistema patriarcal. O máis vello goberna a familia. O grupo familiar ten un numero limitado de compoñentes, os que sobran son enviados a outras familias.

Os utopienses teñen liberdade para viaxar co cumplimentado permiso e sen esquecer as ocupacións diaris que serán igualmente desempeñadas independentemente do lugar no que se encontren. Comercian cos excedentes produtivos que son cambiados por metais ou ouro que servirá para pagar aos mercenarios no caso de que se produza a guerra.

Naquela parte da filosofía que trata dos costumes e da moral , as súa razóns coinciden coas nosas. Discuten das boas cualidades da alma. a corpo e a fortuna. Razoan sobre a virtude e o pracer. Teñen unha moral hedonista, vida acorde coa natureza e o interese común, que non exclúe o particular. A cuestión principal trata de saber onde reside a felicidade. A maior parte dos utopienses están inclinados a pensar que a felicidade reside no placer pero este debe ser bó e honesto, estas opinións baséannas na súa relixión. Segundo os seus principios, a alma é inmortal e destinada á felicidade por vontade divina. Despois desta vida resérvanse premios para os bos e castigos para os malos.Estas crenzas pertencen á relixión pero pensan que compre confirmalas con probas racionais. Moitos atribúen a felicidade á virtude.

Existen dous tipos de praceres, o corporal e o da alma.

  • pracer corporal.Deleite sentido e percibido ou estado sosegado e saudábel do corpo.

  • Pracer espiritual: ven dado pola intelixencia e deleite pola contemplación da verdade.

No referente aos escravos e artes militares:

A escravitude só se practica como castigo de delitos. Os escravos non son capturados no exterior nin é un “título hereditario”.Estes son encadeados e sometidos a duros traballos. Os únicos escravos que importan son aqueles que están sometidos a penas de morte noutros países.

En Utopía detestan a guerra pero exercítanse nas artes bélicas para estar preparados para a súa defensa. Apenas existen motivos polos cales declararían a guerra a outro país, un deles sería o asasinato dun compatriota no exterior. Sempre que poden contratan a mercenarios para non poñer en perigo a vida dos seus cidadans..

Por último, falar un pouca da relixión da sociedade utopiense. Existe pluralidade relixiosa , tolerancia e respeto pero teñen tendencia á unidade cristiá, predicada por Hithloday e os seus compañeiros. Cren nunha vida ultraterrena e respetan os milagros pero sinten desprecio polos malos presentimentos e pola presenza dos mortos.

“ Onde todas as cousas son comuns non hai temor de que ninguén poida carecer do necesario para os seus usos particulares.Aínda que ninguén ten nada todo o mundo e rico, pois que maior riqueza hai que viver sen preocuparse por nada “

Rafael Hithloday

Aínda que non acabo de estar de acordo nin acepto todas as cousas que dixo Rafael, aínda que por outra parte é sen dúbida un home singularmente cultoe ademáis coidadosa e profundamente experimentado en todos os asuntos do mundo,teño necesariamente que confesar e admitir que hai moitas cousas na república de Utopía que. Máis que confiar nelas, desexaría para as nosas cidades”

Tomas Moro

Utopía de Tomas Moro trata aspectos dos máis diversos dentro dunha sociedade.Os utopienses teñen claras diferencias coa sociedade europea, ambas sociedades distan moito na súa estructurazón social, modos de vida e forma de pensar dos seus habitantes. Teñen outros valores morais e distintas concepcións da felicidade, pracer,virtude...

Na obra encontramos unha visión humana da tolerancia relixiosa basada na invalidez dunha reconversión forzada e nunha filosofía naturalista nun ambiente hedonista que rexeita todo fanatismo. Os utopienses teñen a suficiente humildade para non crer que o seu modo de vida é o mellor e deixan vía libre para outras opinións.

Moro sabía que a perfección do home era imposível, que por propria natureza este é pecador, ten defectos. Por eso o ambiente tan idealizado de homes bos en todos os aspectos, vivindo nun marco inmellorábel descubre a linguaxe irónica característica nas súas obras. Moro creía que a felicidade podía acadarse por unhas vías que determinan que todos teñen motivos para facer o que fan.

Esta é unha obra que pode resultar moi didáctica e coa cal cada un sacará as súas proprias conclusións e quizáis poida abrir máis a dimensión do seu pensamento, por iso recomendaría esta lectura sempre e cando se fagha de maneira atenta e pausada para non perder o fío dos diálogos e conversas.




Descargar
Enviado por:Picon
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar