Literatura
Un mundo feliz; Aldous Huxley
1.- Describe contrapoñéndoos “mundo civilizado”_”reserva de salvaxes”.
Na sociedade que relata o libro a maioría do planeta está ocupado polo mundo civilizado. As reservas de salvaxes, como o seu nome indica, son espacios reservados nun mundo perfecto para a vida das persoas non civilizadas. O mundo civilizado é un mundo perfecto en tódolos sentidos. Nel a penas existen enfermidades, e toda a xente vive na máis plena felicidade. Os sentimentos son destruídos por unha droga chamada “soma”, e polo tanto non se pode experimentar dor, envexa, nin ningún sentimento molesto. Os nenos non nacen, senón que son incubados artificialmente. Durante este proceso de incubación e a infancia, os fetos son condicionados para desempeñar unha determinada función social sen protestar. Cando maduran, esa xente cumpre as súas obrigacións porque foron condicionados para que lles gustara o que fan, e así todos son felices a pesar de existir diferenciacións sociais discriminatorias. Nesta sociedade foron eliminados tódolos conceptos que supoñían a individualidade da persoa, como a relixión e o arte.
As reservas de salvaxes son máis parecidas ó noso mundo. Nelas existen as enfermidades, as persoas envellecen e morren de forma natural, feito que no mundo civilizado non ocorría. A xente nace , é dicir son vivíparos, e existen tódolos sentimentos posibles. A relixión nunca foi abolida, e existen variedade de cultos, dende o cristianismo ata relixións indíxenas. Aínda que non exista a felicidade absoluta, existe a liberdade de todo tipo. Cada un é libre de pensar ou facer.
2.- Caracterización psicolóxica, moral e física de Bernard Marx.
Nel céntrase a historia hasta case o final. É un home que traballa no Centro de Incubación. A pesar de que pertence á clase de los alfas (a de maior nivel) fisicamente sufriu algún accidente durante o seu crecemento embrionario, que causou que a súa altura quedara reducida. Eso é causa de burla e marxinación entre os seus compañeiros de traballo, o que causa que se distancie de calquera relación con persoas e odie tanto a aquela sociedade tan fría, aínda que el mesmo móstrase tímido nas relacións cas persoas, como demostra ó tratar con Lenina. O único amigo, co que mantén conversacións extensas es Helmholtz Watson. Este personaxe perde importancia segundo vai pasando a novela, xa que nun principio parece que vai causar una revolución e cambiar a sociedade, pero desde que leva a John a Londres, parece cambiar a un comportamento máis covarde e conformista, adáptase á sociedade, y cédelle o papel de inconformista a John. Ó final envíano a unha illa pola súa actitude ante la sociedade (din que se revela contra esta).
3.- ¿Como se crean e socializan as persoas no mundo civilizado?; cómo se establecen diferencias entre persoas.
As persoas son creadas segundo a necesidade que exista delas. Se algunha catástrofe acaba cunha parte da poboación, a producción de fetos auméntase. Existen cinco clases sociais, a máis alta son os Alfas, que teñen unha intelixencia e aparencia física superior ó resto. Logo están os Betas, os Gammas, os Deltas e por último os Épsilons, os cales posúen escasa intelixencia e son máis baixos que as outras castas; ademais desempeñan os peores traballos. Todos estes individuos créanse segundo a necesidade deles. Durante o seu desenrolo embrionario, son introducidos no feto substancias que condicionan o seu comportamento físico e psicolóxico e que marcarán os gustos no seu futuro. Logo, durante a infancia, mentres que os individuos dormen son bombardeados con centos de frases sobre o que está ben ou mal, e que se quedan gravadas na súa mente para toda a vida. Así, se se quere obter un individuo Alfa séguese un proceso diferente a se se quere obter un individuo Épsilon. Cando as persoas medran, tódolos condicionamentos dan o seu froito, facendo que cada un estea satisfeito e non se queixe polo seu traballo ou trato.
4.- Caracterización de Linda e John. ¿Como vivían?, ¿que pasado tiveran?, ¿que supuxo para eles a entrada no mundo civilizado?
John: é quen Bernard e Lenina encontran na reserva salvaxe, fillo de Linda, a “noiva” do director do Centro de Incubación, que quedou embarazada deste nun viaxe á reserva de salvaxes, onde naceu e viviu toda a súa vida. Segundo Lenina é un home moi atractivo. Criouse toda a vida en terras salvaxes e, pese que alí foi discriminado e marxinado por ser de aspecto diferente, adquire todas as costumes e crenzas dese mundo. A súa nai fálalle marabillas da civilización de fora da reserva, pero leva unha desilusión tremenda cando pode analizar esta dende o seu propio punto de vista, pois o que ve é un mudo frío e sen sentimentos, sen relixión e cunhas costumes que para el non teñen sentido. Non chega a entendela nin tan sequera cando o interventor Mustafá Mond lle explica o porqué de todo o que se fai o se deixa de facer. Tan grande é a súa desilusión e odio por ese mundo civilizado, que prefire quitarse a vida antes que seguir convivindo con esa xente que representa todo o contrario que el considera como sociedade (sen relixión, sen familias, sen sentimentos reais...). Adquire o protagonismo do libro nos últimos episodios da novela en detrimento de Bernard . En resumo, este personaxe representa a resistencia dos valores como a liberdade fronte á felicidade suprema do mundo fora da reserva.
Linda: é a nai de John e “ex noiva” do director do Centro de Incubación. Pásao moi mal na reserva, xa que se ve privada de todo o que tiña anteriormente, pero o que máis bota de menos é o soma co que podería esquecerse de tódalas súas penurias. A parte é maltratada polas outras mulleres do pobo, debido ás súas “discrepancias” en cuestións amorosas. Debido á súa larga estancia en terras salvaxes, o seu aspecto transformouse por completo; é gorda, cunha dentadura sucia e destrozada, sen mencionar o seu deterioro polo paso dos anos. Por todas estas razóns, ademais de por ter un fillo, é marxinada en Londres onde se queda no seu piso todo o día atiborrándose de soma, que termina matándoa.
5.- Analiza a conversación do capítulo XVI entre Mustafá Mond, John, Bernard e Helmholtz; ¿quén é o que máis sabe?. Explica os experimentos mencionados por Mustafá: experimento de Chipre (extrae moralexa), experimento de reducción de horario.
Na miña opinión o que máis sabe dos catro á Mustafá, pois este coñece cousas do mundo civilizado, dos “salvaxes” e do pasado. Coñece o significado da relixión e da liberdade, pero optou polo camiño da felicidade para toda a humanidade. Por outra parte John coñece moi ben os costumes salvaxes, e ten lido moitos libros prohibidos no mundo civilizado, pero non conta coa experiencia do interventor. Ademais actúa dun modo visceral e deixase dominar demasiado polos seus sentimentos. Helmholtz e Bernard non son máis que “erros” da sociedade cunha maneira de pensar heteroxénea á dos máis; non teñen un coñecemento moi amplo.
O experimento de Chipre: segundo conta Mustafá o experimento consistiu en crear en Chipre unha sociedade consistente só en individuos Alfa (ó seren estes os máis avantaxados e intelixentes. O experimento mostrou que tódalas castas son importantes por igual, pois os Alfas foron incapaces de subsistir sen Épsilons ou Gammas. O traballo, por exemplo agrícola non quería ser desempeñado por ninguén ó ser considerado para castas baixas, e tódolos Alfas querían ocupar altos e importantes cargos nesa sociedade de proba. A consecuencia foi unha guerra civil que rematou con case tódolos individuos-experimento enviados a Chipre.
O experimento de reducción de horario foi outro fracaso total e absoluto. Aplicáronse novas tecnoloxías para recortar substancialmente o traballo dos individuos. Loxicamente estes tiñan máis tempo de ocio, pero como non sabían que facer nel e as racións de soma non acadaban para todo o día, o experimento mostrou que era mellor ter ós obreiros ocupados co antigo horario laboral.
6.-Comenta as relacións laborais, de amizade, sexuais e de familia no mundo civilizado.
No mundo civilizado os lazos afectivos entre a xente son moi escasos. A familia non existe como tal, pois a xente nace de embrións artificiais, e non dun pai e unha nai. As relacións sexuais non son un tabú na sociedade, é máis, ata os nenos son instigados a manter xogos eróticos no seu tempo de lecer. Cando medran e se fan adultos non existe a monogamia, todos pertencen a todos, e non é raro que unha muller manteña relacións con máis de dous homes á vez. No que respecta ó traballo todo está moi mecanizado e os traballadores cumpren o cometido para o que foron programados con exactitude. A verdadeira amizade non é moi común, e só poucos logran entaboar lazos fortes. A maioría manteñen relacións esporádicas que lles aportan a felicidade necesaria. En resumo, nunca ninguén está só no sentido físico, pero a maioría atópanse sós no sentido psiquico de palabra.
7.-Comenta a frase “todo o mundo pertence a todo o Mundo”
Na sociedade civilizada todo o mundo pertence a todo o Mundo. Esto quere dicir que o individuo non existe como tal, como ser heteroxéneo ó resto, senón que é un simple engrenaxe na maquinaria da sociedade. Ata na hora da morte o individuo é aproveitado en beneficio da sociedade, ó extraerse fósforo da súa incineración. A vida do individuo só serve para axudar ó resto da sociedade, onde todos son de todos e en tódolos xeitos. No ámbito sexual todos son de todos, ó non existir a monogamia, o matrimonio, nin ningún tipo de fidelidade. No traballo ninguén quere acadar un posto mellor, pois todos son felices co que fan, e o seu traballo contribúe á mellora de toda a sociedade.
Descargar
Enviado por: | Jivi |
Idioma: | gallego |
País: | España |