Historia
Sistema foral gallego
A estrutura económica de Galiza: o foro
Orixes do foro. Aproximación ao contrato enfitéutico: diversidade das propiedades
Até hai pouco en Galiza existía unha estrutura agraria que non permitía o seu desenvolvemento e na que a terra é a base da riqueza económica e do prestixio social. Isto está regulado desde a Idade Media polo foro, un contrato que desde os séculos XII - XIII lles garante aos señores o poder sobre a terra e a submisión do campesiñado:
O campesiñado recibe:
-
Casa.
-
Horta.
-
Terreos preto da casa.
-
Terras de labradío.
-
Gando.
-
Medios de produción.
-
Aproveitamento dos montes (comunais) para pasto, leña, froitos... A recollida gratuíta do que caía das árbores fixo dos montes un importante medio de supervivencia.
Obrigas dos campesiños:
-
Conservar e coidar os bens.
-
Pagar unha importante renda:
-
En especie, o que supuña un terzo da colleita das terras de labradío e a metade das de viñedo.
-
En metálico, menos frecuente.
-
Impostos engadidos:
-
Loitosa: cesión da mellor cabeza de catro patas á morte do foreiro.
-
Laudemio: se se transfería o foro parte do diñeiro ía para o propietario.
-
Décimo: imposto eclesiástico que garantía a dependencia económica da Igrexa.
-
Duración:
-
Nos séculos XII - XIII duraba tres xeracións, cando remataba este tempo renovábase seguindo as condicións que impoñía o señor.
-
No século XVII duraba:
-
Tres papas se as terras eran da Igrexa.
-
Tres reis se as terras eran da nobreza laica.
-
Herdanza do foro: o foro era indivisíbel, as terras sometidas a este contrato eran xa de por si pequenas e se se dividían non producirían o suficiente para alimentar a ninguén. Por iso, o foro podía ser vendido ou herdado por un dos fillos do campesiño, que debía cumprir as seguintes condicións:
-
Estar casado.
-
Vivir na casa e coidar dos pais.
-
Só podería ser titular do foro á morte do pai e os demais fillos debían entón abandonar as casa e as terras, agás os solteiros (maneiros).
-
Consecuencias: aínda que adoita considerarse o foro como o responsábel do minifundio, isto non é exactamente así. As propiedades foran sempre pequenas (para o que é necesario un tratamento intensivo). Cando as terras non eran suficientes por mor da presión demográfica levábase a cabo un proceso de ruturación (conversión do monte en terreo cultivábel), que duraban un seis anos ou o tempo que determinase o señor.
-
O subforo
-
O propietario da terra (xeralmente mosteiros) arréndalla a un foreiro pertencente aos estratos superiores da sociedade rural.
-
O foreiro, á súa vez, arréndalle as terras a un campesiño para que as traballe.
-
A relación entre campesiño é propietario vólvese indirecta.
-
O campesiño ten que lle pagar ao propietario e ao intermediario (que poden ser varios).
-
Os intermediarios saen beneficiados e establécense así as bases do que sería a fidalguía do século XVIII.
-
É un contrato de longa duración que fai que os propietarios se preocupen máis de cobrar as rendas ca de especular sobre as terras.
-
O espolio, ou dereito do propietario para expropiarlle a terra ao campesiño, vólvese máis infrecuente.
-
O sistema de rendas en especie non frea a introdución de novos cultivos (máis produción = máis beneficios para os campesiños.)
-
Redúcense as cargas engadidas: o laudemio pasa de ser a cuarta ou sexta parte á décima e loitosa pasa a ser un pago en metálico realizado entre tódolos membros da comunidade. Dependendo das zonas as cargas son maiores ou menores.
-
O desenvolvemento do sistema foral: a Pragmática de 1763
-
Causas:
-
Hai unha importante crise xeral e danse numerosas protestas pola situación que viven os labregos.
-
A Igrexa busca, neste momento, afastarse do control directo das terras para non manchar a súa imaxe, pero mantendo a titularidade da mesma.
-
Así aparece a fidalguía como intermediaria. Os campesiños páganlle aos fidalgos as rendas, polo que a imaxe do poder civil pasa da Igrexa á fidalguía.
-
Desde mediados do século XVII e no século XVIII a Igrexa pretende recuperar o control directo sobre as terras.
-
Intres fundamentais:
-
1633: dáse a primeira reivindicación por parte de sectores vencellados á Xunta do Reino de Galiza que pretenden a renovación automática do foro e combater os abusos señoriais.
-
1698: a Xunta, coincidindo co cambio de dinastía (dos Austrias aos Borbóns), denuncia os espolios e será o Marqués de Mós quen defenderá a fidalguía.
-
1763: as diferenzas entre Igrexa e fidalguía lévanse á Xustiza e a Real Audiencia emite a coñecida como Pragmática Sanción, que determinaba a suspensión dos preitos, quedando a situación como estaba e, por conseguinte, resultando a fidalguía beneficiada (institucionalízase o subforo).
-
Consecuencias:
-
A fidalguía sae beneficiada continuando no seu papel de intermediaria.
-
Os campesiños só notan consecuencias negativas:
-
A fidalguía mantén as súas prácticas especulativas.
-
Aparece un incremento impositivo do Estado que debía ser pagado en metálico e moitos campesiños non poden afrontar, para o que teñen dúas opcións:
-
Emigración cara a Castela para a sega (a mediados do século XVII).
-
A venda de produtos.
-
Incidencia dos procesos desamortizadores na situación da propiedade da terra
-
Causas das desamortización
-
Consecución de recursos para a Guerra Carlista.
-
Impedir a quebra do Estado.
-
Crear unha clase media propietaria, se o Estado Liberal lle daba propiedades aos campesiños estes seríanse fieis.
-
Tamén se busca facer rendíbeis os terreos a monte.
-
Os procesos desamortizadores
-
Trienio Liberal (1820 -1823): primeiras vendas masivas, pero durante pouco tempo.
-
Desamortización de Mendizábal (desde 1837): afecta aos bens da Igrexa e cobra importancia desde 1842. Búscanse con ela recursos para afrontar a Guerra Carlista.
-
Desamortización de Radoz (1855 - 1867): afecta aos bens municipais, polo que en Galiza non ten relevancia (os bens da Igrexa supuñan o 93% e os municipais só o 0,8%, moitos terreos eran de propiedade comunitaria.)
-
A singularidade das desamortizacións en Galiza
-
Afecta aos bens eclesiásticos.
-
Intencións do Estado: sectores sociais favorecidos (fidalguía).
-
Cambio de mentalidade: concienciación sobre a desorganización da estrutura da propiedade.
-
Venda dos dereitos e non das propiedades, derivada dese sistema particular de tenencia da terra aceptada polo Estado coa Pragmática Sanción. Cando o Estado se apropia destas terras ten dereito ás rendas e aos colonos que a traballan grazas ao contrato foral.
-
Consecuencias das desamortizacións en Galiza
-
Xa que o que se pon en venda son os dereitos sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro seguirá vixente. Así, desde 1855 a propiedade cambia de mans, pasa da Igrexa aos burgueses e fidalgos, pero o foro persiste.
-
O campesiñado non se ve beneficiado porque, dada a súa escasa capacidade económica, non pode mercar as terras.
-
Os pequenos cambios e intentos de modernización do XIX
-
Permanece o foro.
-
Prevalecen as pequenas explotacións.
-
Desenvolvemento técnico reducido.
-
Privatización dos montes e das propiedades municipais.
-
Extensión dun sistema de grande labranza.
-
Redención dos foros.
-
Historia da redención foral
-
Primeiro proxecto de lei de Redención Foral, presentado polo deputado PELAYO CUESTA en 1864: a favor do dominio útil cunha capitalización de 100 de capital por cada 3 de renda. Paralelamente a Sociedade de Amigos do País de Compostela celebra un congreso consultivo no que están presentes tódalas partes, e todas fican a favor dunha reforma do foro. Con todo, nela os fidalgos defendían o dominio directo e os campesiños o dominio útil.
-
Segundo proxecto de lei de Redención Foral, presentado polo deputado ourensán PAZ NOVOA e aprobado o 20 de agosto de 1873: favorecía ao campesiñado permitíndolle facerse propietario das terras (6 de renda por cada 100 de capital), pero sería derrogada seis meses despois por lesionar “os intereses sagrados.”
-
Circunstancias que favorecen a desaparición do foro:
-
O agrarismo, cada vez máis radicalizado, que chegará a cuestionar o feito de ter que pagar pola terra (“a terra para quen a traballa”).
-
A crise finisecular agraria: a caída dos prezos dos cereais e o consecuente menor valor da produción fará que ser rendista xa non sexa rendíbel, polo que haberá procesos de redención acordados por ambas partes.
-
Proxectos de lei fracasados nas dúas primeiras décadas do século XX.
-
Decreto lei de Redención de Foros de 1926: cando se aproba xa quedan poucos foros por redimir.
-
A fortaleza que presenta o campesiñado.
-
A identidade galega reflíctese no rural.
-
O problema do foro, que xa duraba oito séculos, soluciónase grazas a acordos entre as partes, non ás leis.
-
A resposta da sociedade: o agrarismo
-
Organización das sociedades agrarias
-
Marco espacial, a parroquia: adoita darse un só sindicato agrario por parroquia, independentemente da súa orientación política.
-
Funcións:
-
Política: hainas de diferentes ideoloxías.
-
Técnica: contribúen á modernización do agro, actividade que se intensifica nas épocas de maior represión política.
-
Afiliados: campesiños que queren incorporarse ao capitalismo e proletariado agrario.
-
Líderes: persoas que conviven cos campesiños pero que non son da súa mesma clase social (avogados, médicos, xente vencellada á Administración, inmigrantes retornados...)
-
Actividade das sociedades agrarias
-
A internacionalización da economía mundial dá lugar á crise agrícola.
-
Comezo da mercantilización das masas rurais (leis de asociación e introdución, en 1890, do sufraxio universal.)
-
Principais etapas do agrarismo
-
1866 - 1896
-
Seren mutuas gandeiras, de socorro á gandería (de forte tradición, chegan ata o Franquismo).
-
Supor unha modernización: son cooperativas de axuda comunitaria (pseudoseguros).
-
Teñen só unha vertente técnica, non política.
-
1896 - 1907
-
Cámaras agrarias:
-
Xorden nas cidades e vilas.
-
Intégranse nelas sectores da burguesía: Portela Valladares, Rof Codina, Basilio Álvarez, Rodrigo Sanz... e a Xeración do 98 galega.
-
A súa ideoloxía segue os seguintes trazos:
-
Defensa do pequeno produtor.
-
Anticaciquismo, que case se converte nun movemento retórico.
-
Desaparición do foro.
-
Modernización do agro.
-
Sociedades de agricultores: son o elemento máis característico do asociacionismo galego:
-
A cidade de Pontevedra é o núcleo desde o que se difunden.
-
En 1903 créase a primeira Federación Agrícola Provincial en Pontevedra, que será seguida en zonas da Coruña, Betanzos, Chantada e algunhas partes de Ourense.
-
Están vencelladas a grupos progresistas, pero a súa importancia chega a ser tal que até os partidos dinásticos chegan a xogar algún papel nelas.
-
1907 - 1920
-
SOLIDARIDAD GALLEGA: é o movemento máis institucional e máis ambiguo, xurdido tralo éxito de Solidaritat Catalana:
-
Ten o foro como elemento aglutinador.
-
Nela militan carlistas (Vázquez de Mella), republicanos (Casares Quiroga) ou rexionalistas (Murguía, Carré, Lugrís). Esta diversidade favorecerá a súa perda de importancia, especialmente desde 1912 (primeiro marchan persoas illadas, coma Murguía, e logo grupos enteiros, coma o de Monforte).
-
Conta cun medio de comunicación: A Nosa Terra.
-
O seu ambiguo discurso plásmase no Manifesto Solidario e céntrase en:
-
Anticaciquismo.
-
Autonomía.
-
Rexeracionismo.
-
Reivindicación agraria pouco definida.
-
O seu núcleo principal é A Coruña (onde ten certo éxito nas municipais de 1909), e os seus campos de maior actuación Ferrol e a zona do Eume.
-
Está liderada por Rodrigo Sanz.
-
UNIÓN CAMPESINA: Federación de sociedades agrícolas fundada polo obreiro anarquista retornado de América Martínez Pérez:
-
Vencellada á F.L.O.
-
De orientación anarquista, ten unha importante actividade política e é a primeira vez que un proxecto agrarista está vencellado a unha ideoloxía política.
-
Opera sobre traballadores urbanos que ao mesmo tempo traballan a terra.
-
Limítase á Coruña e arredores (créanse 28 asociacións).
-
Do seu proxecto e actividade destaca:
-
Loita nos arbitrios municipais.
-
Controla algunhas explotacións.
-
Vontade de modernización científica da agricultura.
-
O proxecto desaparece en 1920, non así as sociedades, xa que se percibe coma unha organización violenta.
-
DIRECTORIO ANTIFORISTA DE TEIS:
-
Non ten unha xunta directiva que centralice o poder.
-
Primeira organización quen de agrupar varias sociedades nun movemento antiforista.
-
Apoios:
-
Sectores dinástico - liberais: Montero Ríos, Eduardo Vincendi.
-
Solidaridad Gallega.
-
Unión Campesina (máis).
-
Constitúe o Directorio Antiforista (febreiro de 1908), un comité organizador da propaganda antiforal.
-
Organizado polo Comité de Becerreá en Lugo e Ourense, e conta con máis de cen entidades na provincia de Pontevedra.
-
Persoeiros importantes: Amado Barra, Basilio Álvarez.
-
Conflitividade rural: motíns, mitins... (acción violenta).
-
LIGA AGRARIA REDENCIONISTA: fundada en 1910 por círculos galegos asentados en Madrid:
-
Conta cun medio de comunicación propio, Acción Gallega, nome polo que acabará sendo coñecida a organización.
-
A súa actividade podémola dividir en dúas etapas:
-
Con PORTELA VALLADADES como líder conseguen un escano pola Fonsagrada, non así por Becerreá. Con esta perda de influencia a Liga comeza a baixar.
-
Con BASILIO ÁLVAREZ como líder a Liga revitalízase:
-
Pon en contacto o grupo madrileño con rapaces galeguistas coma Fernández Mato, Cabanillas, Noriega Varela ou o mesmo Castelao.
-
Conta cun discurso forte, difundido no chamado Manifesto de Ourense en agosto de 1910.
-
A partir de 1914 intensifica a súa actividade en toda Galiza con mitins multitudinarios.
-
Esmorece o seu proxecto polo enfrontamento continuo de Basilio Álvarez coa Igrexa.
-
ASAMBLEAS AGRARIAS: reunións realizadas en Monforte nos anos 1908, 1910 e 1911:
-
Están presentes tódalas tendencias do agrarismo galego.
-
Redactan varios textos nos que demandan:
-
Desenvolvemento económico.
-
Modificación da situación xurídica da propiedade comunal.
-
Desaparición do foro.
-
Especialización do vacún para carne para un aumento da produtividade.
-
Comezan con reivindicacións técnicas e acaban por convertérense en debates ideolóxicos, o que acaba con elas.
-
1920 - 1931
-
SINDICALISMO CATÓLICO: alentado pola Igrexa:
-
Representa intereses conservadores:
-
Imaxe de apoliticismo.
-
Respecto á orde.
-
Dirección das elites eclesiásticas.
-
Aposta polas fórmulas cooperativas.
-
Son á vez intermediarios na inserción do capitalismo e defensores da comunidade.
-
Importante extensión territorial, especialmente entre 1918 e 1920.
-
Créanse federacións de ámbito territorial a medio camiño entre a comarca e a provincia (Lugo, Tui, A Coruña, Monforte, Mondoñedo, Ourense)
-
Despois da ditadura de Primo de Rivera contabilízanse 500 sindicatos con 45.000 socios.
-
AGRARISMO “NEUTRO”:
-
Organizacións non vencelladas á Igrexa nin a organizacións obreiras, aínda que con tendencia á coalición con partidos de esquerda (republicanos e socialistas).
-
Son críticos coa Restauración e defenden a democracia parlamentaria.
-
Móvense en marcos comarcais.
-
No Congreso de Ponteareas de 1919 contan con 175 organizacións e uns 16.000 socios.
-
ABOLICIONISMO: tendencia máis radical do agrarismo:
-
Defínese pola loita de clases, “a terra para quen a traballa”, polo que estará en contra das indemnizacións do tránsito do foro.
-
É unha importante fórmula de presión nos convenios de redención do foro.
-
Asumido e apoiado por:
-
Socialistas
-
Republicanos
-
Galeguistas
-
Sectores liberais dinásticos
-
O propio Basilio Álvarez.
-
Triúnfa entre 1919 e 1922 en zonas coma as rías de Pontevedra, Arousa, Vigo, o Baixo Miño, arredores de Ourense, o Ribeiro, Monforte, Chantada e as antigas zonas de implantación de Unión Campesina na Coruña.
-
Créanse Federacións Provinciais: Pontevedra e Ourense en 1920, A Coruña en 1922 e Lugo en 1923.
-
A nivel galego créase a CRAG, que conta cuns 60.000 asociados pero só dura uns meses, ata a chega ao poder de Primo de Rivera.
-
A ditadura de Primo de Rivera (1923 - )
-
Os católicos vena con bos ollos e teñen unha maior presenza nesta época, pero perden forza por mor da súa institucionalización (son a estrutura oficial agraria da ditadura), aínda así mantéñense en zonas nas que:
-
Existe unha especialización gandeira.
-
A incidencia do foro é mínima.
-
O Agrarismo “neutro” tamén ven a ditadura con bos ollos, xa que a consideran un cambio respecto da Restauración, xa fracasada.
-
En canto ao agrarismo obreiro:
-
Os anarquistas, vencellados á CNT, sufrirán unha forte represión.
-
Os socialistas apoiarán o novo réxime, que ademais necesita cadros agrarios e sindicais. Así, a UGT vólvese o sindicato oficial do novo réxime e aínda que se escindirá despois non será tan reprimido coma os anarquistas.
-
Primeiras experiencias industriais da agricultura a través do cooperativismo, especialmente no sector leiteiro (Pontedeume e Laíño).
-
Creación do Matadoiro do Porriño en 1928, que pretendía ser un matadoiro centralizado para Galiza pero que se atopa con grandes problemas de comunicacións. Desaparecerá na década dos 30.
-
A Segunda República (1931 - 1936)
-
O agrarismo católico é o máis prexudicado, manterase convertido en partidos católicos de dereita.
-
As organizacións agraristas obreiras perden forza e a súa influencia redúcese a puntos concretos.
-
A maioría dos sectores agraristas intégranse nos dous grandes partidos con presenza en Galiza no momento:
-
ORGA, fundado e liderado por Casares Quiroga.
-
Partido Radical, liderado por Lerroux e no que se integran persoeiros coma o mesmo Basilio Álvarez.
-
Créase o Partido Agrario Gallego en Pontevedra, cuns 15.000 asociados e liderado por Alonso Ríos. En 1935 integrase na Frente Popular e conseguirá deputados nas cortes.
-
A chegada do Franquismo (1939)
O subforo supón:
Os mosteiros fan isto porque lles compensa recibir unha renda fixa, aínda que sexa menos, ca unha renda variábel.
Para algúns autores o subforo foi positivo:
Ademais, aínda que en teoría non se podía parcelar o foro, na práctica faise, especialmente en épocas de fame.
Desde mediados do século XV os campesiños, ante a imposibilidade de pagar todas as cargas impositivas, néganse a facelo. Esta situación agrávase no século XVII, o que favorecerá o auxe da fidalguía:
Así, no século XVIII a grande maioría da poboación estaba no nivel da subsistencia e vólvese roturar o monte. O espazo cultivado era semellante ao actual e aínda así era insuficiente. O único positivo para os campesiños deste século foron as colleitas, xeralmente boas.
Con todo, desde 1865, debido a un fortalecemento da lexislación sobre a propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que teñen os cartos procedentes da emigración, xa que quere entrar no proceso de transformación capitalista. Isto traerá consigo unha consecuencia negativa: a consagración do minifundio.
A economía galega do século XIX fica bastante limitada:
Así, neste século xorde unha literatura panfletaria que considera o foro coma un dos principais obstáculos para o desenvolvemento da economía, amais de non ver con bos ollos o minifundio. Ademais, as pequenas explotacións non encaixan nese proceso de transferencia capitalista, polo que o campesiño do XIX terá que tomar conciencia das deficiencias da súa explotación, e tamén as elites das súas.
Así, xorden propostas coma a de MANUEL COLMEIRO, quen pretende en 1843 modernizar o agro e mercantilizar a produción, para o que propón:
Haberá, ademais, publicacións que demanden unha renovación técnica da agricultura, postura defendida mesmo polas elites conservadoras.
De todo isto tiramos varias conclusións:
A actividade destas sociedades presenta moitos altibaixos, aínda que a será sempre forte (nas épocas de maior represión céntranse na función técnica). Desde mediados do XIX hai moitos escritos referentes á revolución da cuestión foral, algo común en tódalas sociedades agrarias europeas da época.
A crise finisecular do XIX provoca unha perda de potencialidade do agro galego: baixan as rendas e a revolución dos transportes fai que sexa máis barata a importación. Pérdese o mercado importador británico, feito que se intenta cubrir co mercado portugués e logo co do resto do Estado. Todo isto fai que se reactiven as protestas agraristas.
Danse nesta época dous trazos importantes:
Fúndase a primeira sociedade agraria sen 1866 en Caldas de Reis, e desde esta data até 1896 tódalas que se fundan caracterízanse por:
Danse dous tipos de organizacións agrarias:
CARACTERÍSTICAS COMÚNS | |
Cámaras agrarias | Sociedades de agricultores |
Anticaciquismo | |
Indefinición relixiosa | |
Certa radicalización (maior nas Sociedades de agricultores) |
Créanse en 1907 tres importantes organizacións cun programa político claro que intentan atopar a solución aos problemas organizativos da produción e do foro. Estas organizacións son:
Xurdirán nesta etapa proxectos para unificar os diversos sectores do agrarismo:
Nesta etapa mantéñense dúas liñas fundamentais no movemento agrarista:
Existen tamén nesta etapa intentos de unificar o movemento agrarista:
Aínda que o Agrarismo fracasou por non ser quen de formar un partido agrario galego, foi un movemento positivo para arranxar o problema foral.
A chegada da ditadura foi vista de diferentes xeitos polas diferentes tendencias agraristas:
Desde un punto de vista técnico a etapa da ditadura é positiva:
Na II República o Agrarismo sofre os seguintes cambios:
A crise do 29, que chegará a Galiza neste momento, fai que a carne galega sexa cada vez menos competitiva, situación que se agrava ao asinar o goberno un pacto co Uruguay para importar carne conxelada. Así, o Matadoiro do Porriño quebrará e funcionará só en experiencias cooperativas.
Destrúense as asociacións agrarias e o Agrarismo desaparecerá. Só ficarán del o agrarismo católico, que se integrará en 1942 no Sindicato Vertical do réxime, e as mutuas gandeiras (son unha necesidade técnica).
O dominio útil (campesiñado) debía pagarlle ao dominio directo (burguesía) para conseguir a propiedade das terras que trallaba.
6. O sistema foral
10
Historia de Galiza
2006/2007
USC
Todo isto recibe o nome de casar.
Descargar
Enviado por: | LuZinHa |
Idioma: | gallego |
País: | España |