Filosofía y Ciencia


Ser humano y su evolución


ÍNDICE

  • INTRODUCCIÓN

  • O PROBLEMA DA ORIXE A E EVOLUCIÓN DO SER HUMANO

    • Evolución biolóxica.

    • Euxenesia. Uso abusivo da ciencia.

    • Evolución cultural.

  • A EVOLUCIÓN HUMANA. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

    • Nivel anatómico.

    • Nivel fisiolóxico.

    • Nivel psíquico.

    • A evolución humana.

  • A HUMANIDADE ENFRONTADA E DIVIDIDA

  • Diferencias por raza. A problemática racial.

  • Diferencias por sexo. Dimorfismo sexual e división do traballo.

  • Problemática vinculada ó proceso de hominización.

  • A CULTURA

  • A sociedade humana e a cultura.

  • Concepto de cultura.

  • A morte e a cultura.

  • O relativismo cultural.

  • DIALÉCTICA NATUREZA-CULTURA

  • O biolóxico e o cultural.

  • Da evolución biolóxica á evolución cultural.

  • Dialéctica natureza-cultura.

  • O animal paradóxico: a razón e a senrazón.

  • A COMPLEXIDADE DO SER HUMANO ANTE A CULTURA

  • INTRODUCCIÓN

  • Dende os principios da existencia do home na Terra, este tivo que preguntarse: ¿cómo viñen ata aquí?. As diferentes respostas dadas por grandes ilustres deron lugar a teorías de cómo o home chegou a ser home. As respostas eran principalmente explicacións de cómo vían eles a evolución do home.

    Durante tódolos séculos fóronse dando diferentes teorías sobre o evolucionismo; pero so nos imos centrar nas dos personaxes máis significativos.

  • O PROBLEMA DA ORIXE E A EVOLUCIÓN DO SER HUMANO

    • Evolución biolóxica.

    Hoxe en día para que unha teoría sexa certa hai que demostrala mediante métodos científicos entre os que destacan a bioloxía, xenética, antropoloxía, psicoloxía, etc.

    Non tódalas teorías formuladas puideron ser demostradas polo que quedaron, por así dicilo, no tinteiro.

    Agora é incuestionable que existe unha evolución a tódolos niveis moi lenta, nalgúns aspectos menos, pero inevitable en todos eles.

    Facendo un repaso na historia diríase que a primeira teoría importante foi a Fixista; esta teoría mantiña que as especies permanecían inalterables ó longo do tempo (todo era, é e será como o coñecemos). Tivo variación relixiosas que lle daban un matiz divino. Bonnet e Cuvier mantiñan o matiz divino afirmando que se unha especie desaparecía pronto aparecía outra especie superior.

    O evolucionismo, desenrolado por Lamarck, mantén que as especies adáptanse ós cambios desenvolvendo ou atrofiando órganos. O problema ó que se enfrontaba dita teoría é que non explicaba como se herdaban os cambios nas especies.

    Co nacemento da Teoría de Darwin, aínda que a descubrera á vez Wallace, empeza unha loita entre esta e o evolucionismo que parece ser que gaña a de Darwin. A diferencia co evolucionismo é que é un proceso de selección natural no que o mellor dotado sobrevive. Ó seren cada vez mellores os individuos estes reprodúcense moito mellor polo que escasea a comida e ten que haber de novo outra selección natural.

    A Teoría de Darwin ten a mesma dificultade que a de Lamarck: ningunha das dúas explica como se herdan as características.

    A xenética nace cos estudios de Mendel. Sábese que os xenes son os responsables dos caracteres fisiolóxicos de cada un; os xenes gardan a información (cor dos ollos, do pelo,...). Os xenes transmítense nos espermatozoides que o chegaren ó óvulo fusiónnase cos deste. Na información dos xenes pode haber cambios espontáneos chamados mutacións pero que todavía non están muy estudiadas.

    Existe unah teoría que é intermedia á da xenética e á de Darwin, esta teoría é o Neodarwinismo. As mutacións dos xenes poden ser boas ou malas pero sempre ó azar; a selección natural entra en xogo ó momento de sobrevivir.

    O Darwinismo creou unha vertente chamada Darwinismo social, tamén chamado racismo. Esta teoría considera que unha clase social, raza ou etnia é superior a tódalas demais.

    Outra teoría racista foi a sociobioloxía que interpretaba doutra maneira o comportamento dos seres vivos. Wilson o “pai” desta teoría foi acusado de pronazi e racista.

    O problema principal é que se intenta das unha explicación a un comportamento que pode ser adaptativo ou non. Non tódolos comportamentos están delimitados pola selección natural ou a xenética.

    • Euxenesiaa. Uso abusivo da ciencia.

    Hoxe en día úsase a ciencia non para arranxar problemas senon par evitalos nun futuro. Dase a elección de desfacerse dun individuo incompleto ou mal formado.

    A euxenesia entra no campo da moral de cada individuo.

    • Evolución cultural.

    A evolución humana non so é biolóxica senón que hai outra evolución complementaria, a evolución cultural. Coa ausencia de evolución biolóxica a evolución cultural non se levaría a cabo; aínda que a cultural sexa a máis importante e máis rápida das dous.

    Os primeiros homes non podían transmitirse entre eles solucións dos problemas desenvoltos. Pero agora pódese transmitir estas solución a través do linguaxe ou da escritura; isto permite ós demais individuos non partir de cero frente un problema, sempre poderán recurrir ó que se lle dixo que era máis fácil para resolver o problema.

    A evolución cultural é claramente Lamarckista xa que os coñecementos adquiridos ó longo da vida son transmitidos de pais a fillos.

    A evolución cultural é moi poderos, está chegando a exercer un poder sobre a biolóxica; hoxe en día non hai unha clara selección natural xa que a menciña pode exercer un virtual control sobre a natalidade, enfermidade...

  • A EVOLUCIÓN HUMANA. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

    • Nivel anatómico.

    Coa aparición do cerebro mediante a evolución, éste desenvolveuse ó longo dos séculos e provocou que aumentara de tamaño. Para que o cerebro aumentara de tamaño a evolución deunos un cranio máis voluminoso e pesado; o peso deste órgano facíase inaguantable para un cuadrúpedo polo que se adoptou a posición erecta. Asimismo probocou a liberización da “man” que pasou a ser un órgano para asir cousas. Coa evolución cultural de por medio e a aparición do linguaxe a boca modelouse para falar e deixou de ser fuciño. O maior descubrimento do home na súa historia, o lume, provocou a diminución da mandíbula e a progresiva desaparición dos incisivos o poderen coce-los alimentos e que asimismo foran máis brandos.

    • Nivel fisiolóxico.

    O ser antropomorfico ten que estar durante un ano aproximadamente como período de adaptación ó medio exterior para que se poida dicir que é un ser aberto. Un neno recén nacido non ten capacidade para andar, non ten a pelve desenrolada, columna vertebral en s.

    A xuvenilización ten un carácter de afectividade como cando o recén nacido recive cariño de súa nai. Cando o home crece nacesita ese cariño ou afecto, polo que busca a alguén para compartilo.

    A diferencia entre o sexo feminino humano e outro mamífero é que o humano ten a súa persistencia asegurada. Mentres que os primates teñen un periódo de celo dun ano, as femias humanas teñen o mesmo periódo de celo cada 28 días aproximadamente.

    • Nivel psíquico.

    Mentres que tódolos animais teñen un sistema de defensa: coirazas, velocidade...; o animal humano non tiña nada polo que tivo que aprender destrezas e habilidades.

    A adquisición das primaeiras armas como posibles intrumentos para a caza, aínda que puideron usarse como instrumentos de recolección. A nós hemos doado imaxinar como empezaron a usar armas porque temos noción do que é, pero os homes de entón non a tiñan polo que tardaron en darse de conta.

    Co descubrimento de lume, xa mencionado anteriormente, o home puido ten un sono máis profundo pola protección que este daba pola noite.

    Outro descubrimento que deu ó home o control das leis de reproducción das plantas da natureza foi a agricultura.

    • A evolución humana.

    A orixe do ser humano débese dun proceso evolutivo moi lento e moi complexo. eSte proceso empeza coas bacterias que derivan en animais e plantas mariñas, tendo en conta que se considera que a vida empezou no mar. Estas especies mariñas invadiron ou conquistaron a terra. Durante un longo proceso de selección natural de enes chegouse ata a aparición dos primeiros homínidos que se diferencian dos monos mediante o longo proceso anteriormente mencionado.

    Os primeiros himínidos son os Austrolipitecos que empezaron a dar formas humanas máis actuais ó teren o burato occipital máis centrado e a pelve máis larga. Estes antropomorficos tiñan a “pebble culture” (cultura de pedras toscas) e consumían herbas.

    Moito despois apareceu o homo erectus que tiña unha cultura moito máis avanzada; certa organización social, primitivo linguaxe e cultura lítica Achelense.

    Uns dos homínidos máis parecidos a nós na historia era o Neanderthal que carecía de mantón e posuía a cultura lítica Musteriense (pedras talladas). Empezaron a usar abrigos naturais e enterraban ós mortos.

    O homínido máis avanzado era o home de Cromagnón tamén chamado “home das cavernas”. Éste xa facía instrumentos de marfil, osos...; practicaba a caza e a recolección. Durante este período empezou a aparecer unha división sexual do traballo: as mulleres dedicábanse á recolección e os homes á caza. Queda por demostrar que tiveran rituais máxicos relacionados coa caza e cos mortos.

  • A HUMANIDADE ENFRENTADA E DIVIDIDA

  • Diferencias por razas. A problemática racial.

  • Polo momento imos considerar raza a “unha poboación de seres humanos que comparten certos caracteres anatómicos observables e certas frecuencias de caracteres transmitidos xenéticamente”.

    O principal obxectivo das guerras era a consecución da superiorirade entre pobos intentando que fora o teu o único pobo (raza) sobrevivinte. A pesar de que as guerras provocan mortes e desolación alí por onde pasan, éstas fan que o progreso vaia máis rápido.

    O grupo máis misturado de razas no mundo e o que presume se-lo máis antigo do planeta é o grupo dos europeos. Non existe unha raza que sexa mellor que outra ou que sexa pura; con moito poderíase dicir: “a diferenciación racial humana en realidade non vai máis alá da cor da pel”.

    Non obstante está demostrado que a cor da pel depende do clima no que nos atopemos: pel clara para rexións frías e pel oscura para rexións intertropicais.

    O maior problema do racismo é que se establece unha relación entre a cor da pel e a maneira de comportarse, nivel cultural, forma de pensar...

  • Diferencias por sexo. Dimorfisomob sexual e división do traballo.

  • Co aumento do cranio para alvergar un cerebro máis grande, provocou nos especimes femininos un alomgamento da pelve para poder parirlos; asimismo volvéronse inutis para correr, cazar... Unha organización social bastante desenvolvida chegou “a especialización dos machos na defensa do grupo e das femias na reproducción”.

    Aínda de estar dalgunha maneira sometida a muller ó home, ésta era capaz de controlalo coa fecundación. “Venerada e temida pola súa fecundidade”.

    O home o non poderen controla-la fecundidade creou para eloa división sexual do traballo. Ó home atribúese o poder de “quita-la vida” (cazar e guerrear) e á muller otórgaselle o poder de “dar vida” (nai, cultivar).

  • Problemática vinculada ó proceso de hominización.

  • Existen varias teorías explicando o orixe da humanidade:

    • Monoxenismo: os antepasados proceden dunha única parella de individuos.

    • Monofiletismo: os antepasados xurdiron dunha mesma liñaxe e centro.

    • Polixenismo: hai varios individuos ou parellas.

    • Polifiletismo: varias liñaxes ou centros.

    As razas humanas non son especies separadas, senón subespecies.

  • A CULTURA

  • A sociedade humana e a cultura.

  • “Os homes viven en sociedade non porque sexan homes, senón porque son animais”. Con esta frase esplícase en maior medida a vida do animal humano. A idea de sociedade existe en tódolos animais non humanos pero o home levou este tipo de vida ó extremo creando leis, modelos... que, en definitiva, con os que marcan a diferencia entre a sociedade humana da animal. Esta diferencia é a cultura, feito polo que o home intenta desprenderse das súas raíces animais. “A cultura é, en gran parte, o modo humano de satisfacer as esixencias biolóxicas”5.

    Un individuo, nada máis nacer, é absorvido pola sociedade mediante as súas regras, costumes, en xeral pola cultura do pobo; pero á vez que é absorvido convertese nun proceso de aprendizaxe no que se adapta ós grupos.

    O único animal capaz de determinar calidades morais é o home; quizais por iso mesmo é un animal político en maior grao.

    A linguaxe humana é flexible: pódese nomear ideas, sensacións e tamén pode ter valores de pasado, presente, futuro e imaxinario.

    Se non hai pensamento simbólico, lingüistico, conceptual non hai linguaxe, e se non hai linguaxe non hai pensamento deste tipo. “O símbolo é a clave da natureza humana”.

  • Concepto de cultura.

  • “A cultura é a resposta que o home da as súas necesidades básicas”. Estas necesidades están representadas no modo de vida dun pobo, o que lle chamamos cultura.

  • A morte e a cultura.

  • As ciencias creadas polo home non se ocupan da morte senón que asumen que é o fin que ten que ter toda materia viva. Todo ser vivo ten un principio (nace) e un fin (morre).

    O ser humano ten dúas partes, estas partes son o corpo e a alma. A alma háchase posuída polo mal devido ás necesidades do corpo. Mentres o corpo manteña as necesidades que emporquen o alma, esta nunca conñecerá o real. Esta purificación só se leva a cabo se o alma se separa do corpo completamente.

  • O relativismo cultural.

  • Un xefe samoano que visitou Europa dixo que se consideramos que Deus é o que máis ama cada un; o Deus para os europeos era o diñeiro. O diñeiro ten moitos nomes por toda europa pero segue sendo o mesmo.

    A vida en Europa se non se ten cartos davondo é parecido a un home sen cabeza. Incluso se descobren que non tes cartos, pódente degradar e meterte no cárcele; chegando incluso a insultarte e porte en mal lugar públicamento. Devido a isto todas as persoas queren ter máis cartos, ou meteal redondo e papel tosco según o xefe, que o outro, aínda que sexa un irmán ou mismamente o teu pai ou túa nai.

    A admiración que se ten dun home en Europa non se mide pola nobreza ou valor deste, senón pola cantidade de cartos que ten acumulados. Canto máis cartos teñas máis famoso e poderoso chegarás a ser no mundo dos europeos.

  • DIALÉCTICA NATUREZA-CULTURA

  • O biolóxico e o cultural.

  • Os dous sistemas de comportamento que se cree que están separados encóntranse intimamente relacionados. Estes comportamentos son os biolóxicos e os culturais.

  • Da evolución biolóxica á evolución cultural.

  • A evolución humana, unha vez chegado ó estado sapiens, xa non será xenética senón cultural.

    A división dos humanos non será por razas xenéticas senón por pobos culturais.

    A principal problemática é que se existe unha única cultura desaparece a diversidade e probocaría o empobrecimento cultural. Isto é tan grave como o empobrecimento xenético dalgunha especie animal. Nos dous casos desaparecería a diversidade e existiría un empobecimemto.

  • Dialéctica natureza-cultura.

  • “O noso destino é, evidentemente, excepcional en relación ós animais; como non habiamos, pois, de crer que, vindos da natureza, non teñamos pasado a ser extranturais e sobrenaturais”.

    Unha das problemáticas é que as principais actividades naturais (comer, durmir, defecar,...) están prohibidas pola nosa cultura.

    Os animais modifican a natureza estando nela pero o home modifícaa e domínaa.

    “O erro converteu ós animais en homes: ¿podería a verdade volver a converter ós homes en animais?”.

    A cultura humana é a maneira de controlar e remodela-la natureza.

  • O animal paradóxico: a razón e a senrazón.

  • Existen varios tipos de homes:

    • Homo sapiens: home que coñece e trata de comprender o miolo do fenómeno.

    • Homo ludens: home que fai actividades polas que non persegue ningún fin.

    • Homo demens: home que fai o contrario do sapiens. É o contrario de sapiens.

    • Homo negans: home que leva a contraria a expensas da súa supervivenia física.

    • Homo esperans: home que espera e non renuncia á esperanza.

  • A COMPLEXIDADE DO SER HUMANO ANTE A CULTURA

  • Existen varios tipos de antropoloxía (científica, filosófica e teolóxica) que non se preocupan entre sí. En ningunha época do home estiberon as tres ideas tan quebrantadas como hoxe.

  • “O que debe morrer é a autoidolatría do home que se admira na ramplona imaxe da súa propia racionalidade...”.

  • O home é o responsable de elixir o que vai facer nun futuro; cano se di que é responsable de si mesmo quérese dicir que é responsable de todos.

  • O home non é libre ata que rompe toda unión que o une ó exterior, pódese dicir: ata que rompa o cordón umbilical. Similitud ó recén nacido que necesita da nai. O home preséntase na vida sen pedila pero ten que facela, henos dada pero non feita; o ser humano ten que facer algo para existir. A elección do que vai facer no futuro está determinado por unhas conviccións sobre as cousas.

  • Lester Ward. “Pure sociology” páx. 238. (29).

    Lewontin, R.C.: “No está en los genes”, Edit. Crítica. Barcelona. 1987, páx. 155. (29).

    Melotti V. “El hombre entre la naturaleza y la historia”. Península 81, páx. 324-331. (31).

    Simone de Beauvoir. “Le deuxieme sexe”, Galimanrd, París, 1949, páx. 106. (31).

    Giner, S., “Sociología”, Ed. Península, 1974, páxs. 87-88. (39).

    Cassirer, “Antropología filosófica”, FCE, México, 1975, páx. 47. (43).

    Ashley Montagu, “Homo sapiens. Dos millones de años sobre la tierra”, Guardiana de Publicaciones, Madrid, 1970, páx. 146. (43).

    E. Morín, “El paradigma perdido”, Kairós, páx. 155. (59).

    F. Nietzsche, “Humano, demasiado humano”. (60).

    E. Morín, “El paradigma perdido”, páx. 227. (65).

    a Parte da Bioloxía que estudia a aplicación das leis da herdanza para o melloramento da especie humana.

    b Conxunto de caracteres non indispensables para a reproducción e que permiten distinguir ós dous sexos da especie.

    9




    Descargar
    Enviado por:Pablo De Orozco
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar