Ciencias Sociales


Sector terciario


APUNTES DE CIENCIAS SOCIAIS

  • O sector terciario comprende as actividades que non producen bens materiais, senón que prestan in servicio. Tamén se chama “sector servicios”.

  • O transporte, o comercio, as comunicacións, o turismo, a sanidade ou a cultura son algúns ejemplos que se inclúen nel.

  • A clasificación dos servicios:

    • Os servicios económicos: son aqueles que se relacionan coa actividade económica e o intercambio de bens: comercio, transporte, seguros…

    • Os servicios sociais: son aqueles que se prestan ás persoas en relación co benestar social: a sanidade, a educación, a xustiza…

Tamén se adoita distinguir :

  • Servicios públicos: son os prestados polas administracións do Estado (sanidade, educación)

  • Servicios privados:ofrecidos por empresas privadas e que teñen como finalidade obter beneficios económicos (banca, perruquería)

  • A importancia dos servicios:

  • Canto máis avanzada e moderna é unha sociedade, máis importante é o sector terciario.

  • O transporte é o traslado de persoas e mercaderías dun lugar a outro. Estes movementos realízanse por distintos medios de transporte: terrestres, fluviais, marítimos ou aéreos.

  • Transportes terrestres:

· Por estrada:

  • Moi utilizado para distancias curtas e medias.

  • Vantaxes:

  • Flexibilidade horaria

  • Acceso directo entre o punto de saída e o de cegada

  • Inconvenientes:

  • Escasa capacidade de carga

  • Riscos derivados da alta densidade do tráfico

  • A contaminación que produce e alta

· Por ferrocarril:

    • É un medio de transporte tradicional que no século XX tivo que compartir co transporte por estrada e por avión.

    • Coa mellora dos trens de alta velocidade mellorou a calidade fronte ó avión para o transporte de viaxeiros

    • Vantaxes:

  • Gran capacidade de carga

  • Seguridade

  • Escasa contaminación

  • Inconvenientes:

    • Rixidez do trazado

    • Elevado custo de construcción e mantemento

      • Transportes fluvial e marítimo:

· O barco é o medio de transporte idóneo para as mercaderías pesadas e de pouco valor por tonelada. Importantes vantaxes nas grandes distancias.

· A navegación fluvial ten unha longa tradición no transporte de productos pesados polo interior dos continentes.

· A navegación marítima concentra as tres grandes cuartas partes do tráfico internacional de mercadorias. A súa vantaxe é o baixo custo e a sua enorme capacidade de carga.

  • O transporte aéreo:

· O avión é un medio de transporte recente, empezou a ter importancia a mediados do século XX.

· As vantaxes:

  • Rapidez

  • Seguridade

· Os inconvenientes:

  • Elevado prezo

  • Alto consumo de combustible

Ademáis dos transportes citados tamén existen outros que se dedican a distribución de certos productos. É o caso dos oleoductos e dos gasoductos, que transportan o petróleo e o gas natural, e das redes eléctricas, a través das que se distribúe a enerxía eléctrica.

  • As redes de transporte mundial. Rutas e nós

  • As rutas dos distintos medios de transporte teñen forma de redes máis ou menos tupidas; as súas liñas conflúen en certos lugares que recibem o nome de nós

  • Os principias nós de transporte mundial, coinciden coas grandes cidades dos países desenvolvidos no norte de Europa, nordeste de Estados Unidos e costa sur de Xapón.

  • As principais rutas de transporte están ligadas a estes centros ou nós. Utilízanse grandes estreitos e canais.

  • Os países pobres son espacios pouco relacionados, como África, Iberoamérica e no sur e sueste asiáticos.

  • Os espacios pouco habitados son tamén de difícil acceso. É o caso de Liberia, o Ártico canadense, o interior de Brasil…

  • O comercio e os seus elementos

  • O comercio consiste no intercambio de mercadorias e servicios por outros productos ou por diñeiro.

  • Realízase mediante a compraventa e é o nexo entre os productores de bens e os consumidores.

  • A súa finalidade é satisfacer as necesidades da población

  • Catro elementos fundamentais:

    • As mercaderías cos que se comercializa

    • O comerciante, entre quen produce as mercaderías e quen as consomen

    • A oferta ou cantidade dunha mercadería que o comerciante pon a venda

    • A demanda ou cantidade dunha mercadería que unha población desexa obter ou consumir.

  • Os mercados e os seus tipos

  • Poden ser de varios tipos:

    • Mercados concretos: ofrecen mercadoria que poden obterse alí materialmente

    • Mercados abstractos: Non está presente a mercadería que se negocia.

    • Feiras de mostras: son un tipo de intercambio entrambos, onde só se expón unha mínima parte da mercadería que se ofrece.

  • Tipos de comercios

  • Pode ser interior ou exterior:

  • Comercio interior: o que se realiza dentro das fronteiras dun país.

    • O comercio o por mayor é aquel que realizan os comerciantes por xunto, que adquieren mercaderías e servicios directamente ós productores para vendelos en grandes cantidades a outros comerciantes e empresas.

    • O comercio ó por menor vende directamente ós consumidores en pequenas cantidades.

    • Realízase a través dunha ampla gama de establecimientos comerciais

  • Comercio exterior: o que se realiza entre un país e o resto do mundo.

  • Realízase a:

· Importación: a chegada de productos extranxeiros

· Exportación: venda de productos a outros paises estranxeiros.

  • Balanza de pagos: Inclúe todas as transaccións económicas realizadas entre un país e os demais no prazo dun ano.

  • Balanza comercial: recolle o conxunto de exportacións e de importacións, e o seu saldo pode ser positiva (balanza excedentaria) ou negativo (balanza deficitaria), segundo superen ou non as exportacións ás importacións.

    • A situación actual no comercio internacional

      • O comercio internacional actual caracterízase pola división internacional do traballo e a conseguinte mundialización dos intercambios.

      • Non todos os países participan de igual forma nos intercambios mundiais.A Unión Europea é a primeira potencia comercial, seguida de América do Norte, Xapón, Latinoamérica e África

      • Os países industrializados importan materias primas e fontes energéticas, e exportan productos manufacturados, tecnología e capitais. Os países subdesenvolvidos exportan materias primas, fontes de enerxía e productos alimentarios, e importan productos manufacturados.

      • Na composición do comercio internacional participan moitos productos. Os máis importantes son os productos industriais seguidos dos combustibles, os productos alimentarios e minerais.

  • O turismo e as súas modalidades

  • Chamamoslle turismo ó desprazamento temporal de persoas desde o seu lugar de residencia cara outros lugares con fins, xeralmente, de ocio.

  • Presenta diversas modalidades:

    • Sol e praia: concentrase nas zonas costeiras e nos meses de verán

    • Inverno: besasdo, no esquí en zonas montañosas

    • Cultural: dirixese a visitar cidadesd e lugares de interese histórico e cultural.

    • Rural: baseado na visita e estancia en lugares de interese paisaxístico e natural.

    • Deportivo e de aventura: practicado por persoas que realizan actividades como a caza, o montañismo, etc.

  • Os espacios turísticos

  • En Europa destacan o litoral mediterráneo, os Alpes. Os países máis visitados son Francia, España, Italia, Reino Unido.

  • En América destacan a rexión do Caribe e Estados Unidos.

  • En Asia: China, Xapón e os países do sueste asiático.

  • Outras zonas destacadas son Exipto, India, Os Andes, México, Brasil r diversas illas tropicais.

    • As repercusións do turismo e as novas políticas turísticas

  • Ten importantes repercusións no medio e nas sociedades das zonas de destino:

    • Económicas. O turismo é unha gran fonte de ingresos, tanto para os países desenvolvimos como para os que están en vías de desenvolvemento. Pero tamén ten repercusións negativas, como o encarecemento dos prezos ou a especulación do solo.

    • Sociais: As zonas receptoras do turismo convérsense en lugares de ocio onde se modifican os hábitos de vida tradicionais. Ás veces, o turismob ten repercusión negativas, como o incremento da prostitución e do tráfico de drogas.

    • Ambientais: O turismo masivo provoca a alteración das praias pola construcción de portos deportivos, hoteis e apartamentos; a contaminación das augas, e a degradación de campos e montañas.




Descargar
Enviado por:Lucia
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar