Biología, Botánica y Zoología
Sangre
TEMA 4
O SANGUE
O SANGUE É UN TECIDO CONSTITUIDO POR UN LÍQUIDO CHAMADO PLASMA SANGUÍNEO E UNS COMPONENTES CELULARES QUE SE ATOPAN NEL. AS FUNCIÓNS PRINCIPIAS DO SANGUE SON O TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS E A DEFENSA DE ORGANISMO.
COMPOÑEMTES DO SANGUE
O PLASMA SANGUÍNEO É UN LIQUISO ABRANCAZADO QUE SE OBTÉN Ó
SEPARAR OS COMPAÑENTES CELULARES. CONTÉN AUGA, SALES MINERAIS, GLICOSA, PROTEÍNA DE VARIOS TIPOS, E TAMÉN OUTRAS SUBSTANCIAS, COMO VITAMINAS E HORMONAS, QUE TRANSPORTA POR TODO O LÍQUIDO CHAMADO SOSRO.
OS GLÓBULOS VERMELLOS(EUROCITOS) SON CÉLULAS PEQUENAS, SEN NÚCLEO E BICÓNCAVAS PARA AUMENTAR A SUPERFICE DE INTERCAMBIO. SON OS MÁIS ABUNDANTES DO ORGANISMO E A SÚA CONCENTRACIÓN É MAYOR NO HOME CA NA MULLER. OS ERITOCITOS TEÑEN HEMOGLOBINA, UNHA PROTEÍNA QUE CONTÉN FERRO. ESTA É RESPONSABLE DA COR VERMELLA CARACTERÍSTICA DO SANGUE E ENCÁRGASE DO TRANSPORTE DE GASES .
OS GLÓBULOS BRANCOS( LEUCOCITOS) SON AS CÉLULAS QUE DEFENDEN O ORGANISMO DE MICROORGANISMOS, PARASITOS E CÉLULAS TUMORAIS. OS LEUCOCITOS SON MÁIS GRANDES E MOITO MENOS NUMEROSOS CÓS ERITROCITOS. O SEU AUMENTO É SIGNO DE QUE SUFRIMOS UNHA INFECCIÓN. AGRÚPANSE EN TRES TIPOS: LINFOCITOS, MONOCITOS E GRANULOCITOS.
AS PLAQUETAS SON FRAGMENTOS CELULARES QUE SE DESPRENDEN DE GRANDES CÉLULAS SANGUÍNEAS. HAI UNHAS 300.000 POR MM3 E UNHA DIMINUCIÓN DO SEU NÚMERO PODE PROVOCAR UNHA HEMORRAXIA INCONTROLADA, POIS COLABORAN NA COAGULACIÓN SANGUÍNEA.
O HEMATROCRITO
O HEMATOCRITO REPRESENTA A PORCENTAXE DE CÉLULAS QUE CONTÉN O SANGUE. NORMALMENTE É DO 40% EN VOLUME E SE DIMINÚE É UN INDICIO DE AMEMIA.
FUNCIÓNS DO SANGUE
O TRANSPORTE E O INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS. MOITAS SUBSTANCIAS TRANSPÓRTANSE DISOLTAS NO PLASMA E ALGUNHAS VAN UNIDAS A PROTEÍNAS PLASMÁTICAS. O ASIXENO E O CO2 CIRCULAN LIGADOS Á HEMOGLOBINA N SÚA MAYOR PARTE. O PLASMA CUMPRE UN PAPEL FUNDAMENTAL NO FORNECEMENTO DE NUTRIENTES E NO OSIXENO E NA RETIRADA DE DESPERDICIOS DAS CÉLULAS, A TRAVÉS DO INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS CO LÍQUIDO INTERSTICIAL QUE AS BAÑA.
A DEFENSA DO ORGANISMO OS NEUTRÓFILOS E SO MACROFAGOS SON AS PRINCIPIAS CÉLULAS IMPLICADAS NA DESTRUCCIÓN, MEDIANTE FAGOCITOSE, DE CALQUERA ASENTE PARÓXENO QUE PENETRE NO ORGANISMO. PARA ISO, ATRAVESAN AS PAREDES DOS CAPILARES E DIRIXENSE, MOVÉNDOSE MEDIANTE PSEUDOPODOS, Ó LUGAR DA INFECCIÓN, ATRAÍDOS POLAS SUBSTANCIAS BACTERIANAS. OS EOSINÓFILOS DEFÉNDENOS DE PARASITOS, ÓS QUE ATACAN CON SUBSTANCIAS CITOTÓXICAS. OS BASÓFILOS COLABORAN NA NOSDA DEFENSA LIBERANDO HISTAMINA, UNHA SUBSTANCIA QUE INCREMENTA O FLUXO SANGUÍNEO NO LUGAR INFECTADO.
OS LINFOCITOS RECOÑECEN OS AXENTES CAUSANTES DA INFECCIÓN, XA SEXAN BACTERIANAS, CELULARES INFECTADAS POR VIRUS OU CÉLULAS TUMORAIS, ÁS QUE ATACAN E DESTRÚEN DIRECTAMENTE OU A TRAVÉS DUNAS PROTEÍNAS, CHAMADAS ANTICORPOS.
A COAGULACIÓN SANGUÍNEA É UN MECANISMO DE DEFENSA PARA EVITAR A PERDA DE SANGUE. CONSISTE EN QUE PLAQUETAS E A FIBRINA FORMAN UN COÁGULA NA SUPERFICIE DANADA DO VASO SANGUÍNEO.
A COAGULACIÓN
AS PLAQUETAS ADHÍRENSE ÁS SUPERFICIES IRREGULARES DO VASO SANGUÍNEO LESIONADO E FORMAN UN AGREGADO. ESTAS LIBERAN SUBSTANCIAS QUE INFLÚEN PARA QUE NOVAS PLAQUETAS SE PEGUEN E SE FUSIONEN ENTRE SI, DE MANEIRA QUE O AGREGADO SE FAI IMPERMEABLE E SE CORTA A HEMORRAXIA. AS CÉLULAS DANADAS LIBERAN FACTORES DE COAGULACIÓN, QUE DESENCADEAN A TRANSFORMACIÓN DE FIBRINÓXENO EN FIBRINA, QUE FORMA UNHA REDE APEGAÑENTA QUE SE ADHIRE Á FERIDA E ATRAPA NOVAS PLAQUETAS E CÉLULAS SANGUÍNEAS.
O APARATO DIXESTIVO
COMO AS CÉLULAS DO NOSO ORGANISMO NON PODEN DIXERIR OS ALIMENTOS NECESÍTASE UN APARATO DIXESTIVO QUE CUMPRA ESTA FUNCIÓN.
O APARATO DIXESTIVO É O ENCARGADO DE MASTIGAR E DIXERIR OS ALIMENTOS E DE ABSORBER OS NUTRIENTES QUE CONTEÑEN.
PARTES DO APARATO DIXESTIVO
ESTÁ FORMADO POR UN LONGO TUBO DE MÁIS DE DEZ METROS, O TUBO DIXESTIVO, CONSTITUIDO POLA BOCA, A FARINXE, O ESÓFAGO, O INTESTINODELGADO E O INTESTINO GROSO, E POLAS GLÁNDULAS ANEXAS.
A BOCA ESTÁ RODEADA POLOS BEIZOS; CON ELES, OS MENIÑOS SUCCIONAN O LEITE. O TEITO DA CAVIDADE BUCAL ESTÁ FORMADO POLO PASAL DURO, NA SÚA PARTE ANTERIOR, E POLO PADAL BRANDO NA POSTERIOR. DESTE PENDURA A ÚVULA OU CAMPIÑA QUE FORMA PARTE DO LÍMITE POSTERIOR DE BOCA, DENOMINADO ISTMO DAS FAUCES. OS DENTES E A LINGUA É UN ÓRGANO MUSCULOSO QUE AXUDA Á MASTIGACIÓN Ó MOVER OS ALIMENTOS; CON EL PERCÍBENSE OS SABORES A TRAVÉS DE PAPILAS GUSTATIVAS.
A FARINXE COMUNICA A BOCA CO ESÓFAGO. NA SÚA PARTE INFERIOR HAI UNHA “TAPADEIRA” CHAMADA EPIGLOTE , QUE SE PECHA SOBRE O CONDUCTO RESPIRATORIO PARA EVITAR QUE O ALIMENTE O OBSTRÚIA .
O ESÓFAGO É UN TUBO QUE PASA POR DETRÁS DE TRAQUEA E CONDUCE O BOLO ALIMENTICI Ó ESTÓMAGO.
O ESTÓMAGO É UN SACO MUSCULOSO E SLONGADO QUE SE DILATA CANDO SE ENCHE DE ALIMENTO. NAS SÚAS PAREDES EXISTEN NUMEROSAS GLÁNDULAS QUE PRODUCEN ZUME GÁSTRICO, ENCARGADO DE DIXERIR PARTE DO ALIMENTO. COMUNICA CO ESÓFAGO, A TRVÉS DE ORIFICIO DO CARDIAS, E CO INTESTINO DELGADO POLO ORIFICIO DO PÍLORO, O CAL REGULA O PASP DE ALIMENTO CARA Ó INTESTINO.
O INTESTINO DELGADO É UN LONGO TUBO CUNHA SERIE DE CURVATURAS CHAMADAS ASAS INTESTINAIS. AS PAREDES CINTEÑEN NUMEROSOS GLÁNDULAS QUE SEGREGAN ZUME INTESTINAL. AS PAREDES INTERNAS FORMAN PREGAMENTOS QUE Á SÚA VEZ VOLVEN PREGARSE CONSTITUÍNDO AS PELUXES INTESTINAIS; DESTA FORMA CONSÉGUESE QUE A SUPERFICIE DE ABSORCIÓN SEXA MOI GRANDE. O INTESTINO DELGADO DIVÍDESE EN TRES PARTES : DUODENO, XEXUNO E ÍLEO.
O INTESTINO GROSO PRÉGASE EN FORMA DE “u” EN EL DISTINGENSE EN TRES ZONAS: CEGO, COLON E RECTO. O CEGO CONTÉN UNHA PEQUENA BOLSA DENOMINADA APÉNDICE VERNIFORME.
GLÁNDULAS ANEXAS O PÁNCREAS PRODUCE ZUME PACRIATICO, QUE É UN LÍQUIDO ALCALINO QUE NEUTRALIZA A ACIDEZ DO ESTÓMAGO E INTERVEÑEN NA DIXESTIÓN DE CASE TODOS OS NUTRIENTES. O FIGADO SEGREGA BILE, QUE SE ALMACENA NUNHA PAEQUENA BOLSA CHAMADA VESÍCULA BILIAR. ADEMAIS DE AXUDAR NA DIXESTIÓN DOS ALIMENTOS, TEN OUTRAS FUNCIÓNS COMO A ALMACENASE DE GLICOSA E A ELIMINACIÓN DE SUBSTANCIAS TÓSICAS DEO SANGUE.
OS DENTES
OS DENTES, NAS PERSOAS ADULTAS, SON 32 (8 INCISIVOS, 4 CNINOS, 8 PREMOLARES E 12 MOLARES).
OS NENOS, ATA OS 6 OU7 ANOS, TEÑEN 20 DENTES TEMPORAIS OU DENTES DE LEITE , E NON TEÑEN MOLARES.
AS GLÁNDULAS SALIVARES
EXISTEN TRES PARES DE GLÁNDULAS SALIVARES QUE VERTEN A SALIVA NA CAVIDADE BUCAL: AS GLÁNDULAS PARÓTIDES, AS SUBMAXILARES E AS SUBLINGUAIS.
O APARATO CIRCULATORIO
O APARATO CIRCULATORIO ENCÁRGASE DE DISTRIBUIR OS NUTRIENTES, O OSIXENO E A CALOR POR TODO O ORGANISMO, ASÍ COMO DE RECOLLER OS DESPERDICIOS E O CO2 PARA CONDUCILOS ATA O APARATO EXCRETOR. ESTÁ FORMADO POLOS VASOS SANGUÍNEOS E O CORAZÓN.
VASOS SANGUINEOS
OS VASOS SANGUÍNEOS REPARTEN SANGUE IMPULSADO POLO
CORAZÓN, A TODO O ORGANISMO. EXISTEN TRES TIPOS DE VASOS SANGUÍNEOS: ARTERIAS, CAPILARES E VEAS.
AS ARTERIAS SON VASOS SANGUÍNEOS QUE LEVAN O SANGUE ARTERIAL DESDE O CORAZÓN ÓS ÓRGANOS. AS PAREDES DESTES VASOS SON GROSAS E ELÁSTICAS, XA QUE TEÑEN QUE SOPORTAR A ELEVADA PRESIÓN Á QUE É SOMETIDO O SANGUE POLO CORAZÓN, POSTO QUE TEN QUE CIRCULAR POR TODO O ORGANISMO. AS ARTERIAS RAMIFICANSE EN VASOS MÁIS PEQUENOS, AS ARTERIOLAS, QUE CONECTAN AS GRANDES ARTERIAS CON CAPILARES.
OS CAPILARES SON VASOS SANGUÍNEOS MOI FINOS E DE PAREDES MOI DELGADAS. OS CAPILARES FORMAN UNHA REDE CAPILAR NOS TECIDOS COS QUE INTERCAMBIAN NUTRIENTES, DESPERDICIOS E GASES.
AS VEAS CONDUCEN O SANGUE VENOSO DESDE OS ÓRGANOS É CORAZÓN. AS SÚAS PAREDES SON MÁIS FINAS E MENOS ELÁSTICAS CÁS DAS ARTERIAS XA QUE Ó RETORNAR DESDE OS ÓRGANOS, O SANGUE CIRCULA POR ELAS A UNHA PRESIÓN MENOR. NO SEU INTERIOR HAI VÁLVUÑAS QUE TEÑEN A FUNCIÓN DE IMPEDIR O RETROCESO DO SANGUE. AS VÉNULAS SON PEQUENAS VEAS QUE CONDUCEN O SANGUE DESDE OS CAPILARES ÁS VEAS.
O CORAZÓN É UNHA BOMBA QUE TN UNHAS CONTRACCIÓNS QUE PROPULSAN O SANGUE CARA Ó CORPO A TRAVÉS DAS ARTERIAS. AS SÚAS PAREDES ESTÁN FORMADASKL POR UN TECIDO MUSCULAR CONTRÁCTIL CHAMADO MIOCARDIO.
ESTÁ DIVIDIDO EN CATRO CÁMARAS. AS SÚAS PAREDES ESTÁN FORMADAS POR UN TECIDO A TRAVÉS DAS VÁLVULAS AURICULOVENTRICULARES PERO NON EXISTE CONEXIÓN ENTRE AS CÁMARAS DA PARTE DEREITA COAS DA PARTE ESQUERDA E, POLO TANTO, NON HAI MESTURA DO SANGUE OSIXENADO CO SANGUE POBRE EN OSIXENO.
O SANGUE ENTRA NO CORAZÓN POLAS CÁMARAS SUPERIORES DENOMINADAS AURÍCULAS. PASA A TRVÉS DAS VÁLVULAS EVITAN O RETROCESO DO SANGUE CARA ÁS AURÍCULAS. AS PAREDES DO VENTRÍCULO ESQUERDO SON MIO GROSAS, POIS TEÑEN QUE IMPULSAR O SANGUE CARA A TODO O ORGANISMO, MENTRES QUE NO DEREITO SON MÁIS DELGADAS XA QUE SÓ O ENVÍAN ATA OS PULMÓNS.
A AURÍCULA DEREITA ESTÁ COMUNICADA COAS DÚAS VEAS CAVA QUE RECOLLEN O SANGUE DO ORGANISMO. A AURÍCULA EAQUERDA ESTÁ CONECTADA COAS CATRO VEAS PULMONARES. DO VENTRÍCULO ESQUERDO SAE A ARTERIA DE MAYOR DIÁMETRO DO ORGANISMO CHAMADA ARTERIA AORTA, QUE CURVA Á ESQUERDA E CARA ATRÁS FORMANDO O CAXATO AORTICO. DO VENTRÍCULO DEREITO SAE A ARTERIA PULMONAR QUE SE BIFURCA EN DÚAS DIRIXINDOSE A AMBOS PULMÓNS. NA SAÍDA DO CORAZON AS ARTERIAS CONTEÑEN AS VÁLVULAS SIMILARES QUE IMPIDEN O RETORNO DO SANGUE. O CORAZÓN RECIBE UN CONTINUO FLUXO DE OSÍXENO E NUTRIENTES A TRAVÉS DO SISTEMA CORONARIO QUE IRRIGA.
CIRCULACIÓN VENOSA
O SANGUE RETORNARÍA MOI LENTAMENTE Ó CORAZÓN SE NON FOSE POLOS MÚSCULOS QUE ACTÚAN COMO “BOMBAS” IMPULSORAS DO SANGUE, XA QUE Ó CONTRAERSE COMPRIMEN AS VEAS.
FUNCIONAMENTO DO APARATO CIRCULATORIO
O CICLO CARDÍACO O CORAZÓN LATEXA UNHAS 70 VECES POR MINUTO. CADA LATEXO CONSTA DUN MOVEMENTO DE CONTRACCIÓN(SÍSTOLE) SEGUIDO DOUTRO DE RELAXACIÓN(DIÁSTOLE). DURANTE O CICLO, MENTRES QUE AS AURÍCULAS ESTÁN CONTRAÍDAS VENTRÍCULOS ESTÁN RELAXADOS.
- A SÍSTOLE. A CONTRACCIÓN DOS VENTRÍCULOS IMPULSA O SANGUE FORRA DO CORAZÓN POLAS ARTERIAS AORTA E PULMONAR. A PRESIÓN QUE EXERCE O SANGUE ABRE AS VÁLVULAS SEMILUNARES E PROVOCA O PECHE DAS VÁLVULAS AURICULLOVENTRICULARES (MITRAL E TRICÚSPIDE), IMPEDINDO QUE ESTE RETROCEDA CARA ÁS AURÍCULAS.
-A DIÁSTOLE . INMEDIATAMENTE OS VENTRÍCULOS RELÁXANSE E ÉNCHENSE DE SANGUE, DEBIDO Á FORZA ASPIRANTE QUE PROVOCA A SÚA RELAXACIÓN E Á SÍSTOLE AURICULAR, QUE COINCIDE CO FINAL DA DIÁSTOLE VENTRICULAR. A PRESIÓN QUE PROVOCAN AS AURÍCULAS ABRE AS VÁLVULAS AURICULOVENTRICULARES. FINALMENTE AS AURÍCULAS RELAXÁNSE E ENCHENSE DE SANGUE PROCEDENTE DAS VEAS REMATANDO UN CICLO.
A CIRCULACIÓN SANGUÍNEA CARACTERÍZASE PORQUE EXISTEN DOUS CIRCUITOS(PULMONAR E XERAL). A PARTE ESQUERDA DO CORAZÓN ENCÁRGASE DE BOMBEAR O SANGUE DO CIRCUITO XERAL, E A DEREITA, O SANGUE DO CIRCUITO PULMONAR.
-O CIRCUITO PULMONAR O SANGUE POBRE DE OSÍXENO FLÚE DESDE O VENTRÍCULO CARA Á ARTERIA PULMONAR, QUE SE BIFURCA DIRIXÍNDOSE ÓS DOUS PULMÓNS .DESDE AQUÍ REGRESA OSIXENADA PLAS VEAS PULMONARES E ENTRA NO CORAZÓN A TRAVÉS DA AURÍCULA ESQUERDA.
-O CIRCUITO XERAL. PARTE DO VENTRÍCULO ESQUERDO. O SANGUE OSIXENADO SAE POLA ARTERIA AORTA E DISTRIBÚESE POR TODO O ORGANISMO. POSTERIORMENTE REGRESA POLAS VEAS CAVAS Á AURÍCULA DEREITA.
O SISTEMA LINFÁTICO
MANTÉN O EQUILIBRIO LÍQUIDO DO MEDIO INTERNO, XA QUE DRENA CARA ÓS VASOS LINFÁTICOS O LÍQUIDO INTERSTICIAL QUE SE FILTROU DESDE O SANGUE E QUE BAÑA AS CÉLULAS, E TAMÉN INTERVÉN NA DEFENSA DO ORGANISMO. ESTÁ FORMADO POLOS VASOS LINFÁTICOS, POLOS COLECTORES TERMINAISE POLOS GANGLIOS LINFÁTICOS; AS CARACTERÍSTICAS DE CADA UN DELES RESÚMESE NA I LUSTRACIÓN INFERIOR.
O APARATO RESPIRATORIO
AS NOSAS CÉLULAS NECESITAN OSÍXENO PARA LEVAR A CABO A RESPIRACIÓN CELULAR. COMO AS CÉLULAS NON PODEN EFECTUAR DIRECTAMENTE O INTERCAMBIO DE GASES CO EXTERIOR, O ORGANISMO DISPÓN DUN APARATO RESPIRATORIO QUE REALIZA ESTA FUNCIÓN.
PARTES DO APARATO RESPIRATORIO
AS VÍAS RESPIRATORIAS. SON UNHA SERIE DE CONDUCTOS QUE CONECTAN DIRECTAMENTE O EXTERIOR COS PULMÓNS. ESTÁN FORMADAS POLAS FOAS NASAIS, A FARINXE, A LARINXE, A TRAQUEA E OS BRONQUIOS.
-AS FOSAS NASAIS. SON DÚAS CAVIDADES QUE SE COMUNICAN COA FARINXE A TRAVÉS DAS COANAS. NAS SÚAS PAREDES HAI TRES LÁMINAS ÓSEAS, CHAMADAS CORNETES, CUBERTAS POLA MUCOSA NASAL. A REXIÓN SUPERIOR DESTA TEN FUNCIÓN OLFACTIVA; O RESTO, QUENTA E HUMEDECE O AIRE E LÍMPAO DE PARTÍCULAS. PARA ISO CONTÉN GRAN CANTIDADE DE CAPILARES E SEGREGA MOCO, QUE É ARRASTRADO POLO MOVEMENTO DE CÉLULAS CILIADAS CARA Á FARINXE.
-
A TRAQUEA E A ÁRBORE BRONQUIAL. A TRAQUEA É UN CONDUCTO ELÁSTICO QUE NA SÚA PARTE SUPERIOR PRESENTA A LARINXE. PARA EVITAR O SEU ESMAGAMENTO POSÚE UNS ANEIS DE CARTILAXE DURA EN FORMA DE FERRADURA. A NIVEL DO TÓRAX RAMIFÍCASE EN DOUS BRONQUIOS; O DEREITO DIVÍDESE EN TRES RAMAS E O ESQUERDO EN DÚAS. ESTES VÓLVENSE RAMIFICAR EN BRONQUÍOLOS DE DIÁMETRO CADA VEZ MENOR..
OS PULMÓNS. ATÓPANSE NA CAVIDADE TORÁCICA, PROTEXIDOS POLAS COSTELAS E SEPARADOS DO ABDOME POLO DIAFRAGMA. ESTÁ FORMADO POLOS ALVÉOLOS E PARTE DA ÁRBORE BRONQUIAL. OS BRONQUÍOLOS FINAIS, CHAMADOS BRONQUÍOLOS RESPIRATORIOS, REMATAN NUNS SACOS DE PAREDES MOI FINAS, OS ALVÉOLOS, QUE ESTÁN RODEADOS POR REDES CAPILARES. OS PULMÓNS DIVÍDENSE EN LÓBULOS E ESTÁN CUBERTOS POR DÚAS MEMBRANAS, CHAMADAS PLEURAS, QUE DEIXAN UN ESPACO CHEO DE LÍQUIDO. A MÁIS INTERNA ÚNESE ÓS PULMÓNS E A EXTERNA ÁS COSTELAS.
FUNCIONAMENTO DO APARATO RESPIRATORIO
O APARATO RESPIRATORIO REALIZA DÚAS FUNCIÓNS: A VENTILACIÓN PULMONAR E O INTERCAMBIO DE GASES.
A VENTILACIÓN PULMONAR OS PULMÓNS SON ELÁSTICOS E MANTEÑENSE INCHADOS POLA ACCIÓN DA PRESIÓN ATMOSFÉRICA A TRAVÉS DAS VÍAS RESPIRATORIAS E DAS PLEURASSSSS, QUE OS MANTEÑEN PEGADOS Á CAVIDADE TORÁCTICA. A RENOVACIÓN DO AIRE DOS PULMÓNS REALÍZASE MEDIANTE DOUS MOVEMENTOS: A INSPIRACIÓN E A EXPIRACIÓN. ESTES MOVEMENTOS SON INVOLUTARIOS, AÍNDA QUE TEMOS CERTO CONTROL SOBRE ELES.
-
A INSPIRACIÓN É UN MOVEMENTO ACTIVO; AS COSTELAS ELÉVANSE POLA CONTRACCIÓN DOS MÚSCULOS INTERCOSTAIS E O DIAFRAGMA BAIXA. OS PULMÓNS SON ARRASTRADOS POLAS COSTELAS, AUMENTA O SEU VOLUME E DIMINÚE A PRESIÓN DO AIRE NO SEU INTERIOR; ISTO PROVOCA A ENTRADA DE AIRE NOS ALVÉOLOS.
-
A EXPIRACIÓN É UN MOVEMENTO PASIVO, QUE PRODUCE A SAÍDA DE AIRE DOS PULMÓNS DEBIDO A QUE SON COMPRIMIDOS POLAS COSTELAS, QUE DESCENDEN CANDO SE RELAXAN OS MÑUSCULOS INTERCOSTAIS, E Á ELEVACIÓN SO SIAFRAGMA. EN CADA MOVEMENTO RENOVASE UNS0,5L DE AIRE, E EN INSPIRACIÓN E ESPIRACIÓN FORZADA PÓDESE CEGAR A 4L.
O INTERCAMBIO DE GASES O INTERCAMBIO DE GASES CO SANGUE LÉVASE A CABO POR DIFUSIÓN A TRAVÉS DAS MEMBRANAS FINAS E HÚMIDAS DOS ALVÉOLOS. O OSIXENO ESTÁ MÁIS CONCENTRADO NO AIRE DOS ALVEOLOS E TENDE A DIFUNDIRSE POLO SANGUE. SEN EMBARGO, O SANGUE QUE LLES CHEGA ÓS PULMÓNS TEN MAYOR CONCENTRACIÓN DE CO2 CÓ AIRE DOS ALVÉOLOS, POLO QUE SAE CARA Ó EXTERIOR. CANDO O SANGUE CHEGA ÁS CÉLULAS, DEIXA O OSÍXENO NO SEU INTERIOR E RECOLLE O CO2 QUE SE PRODUCE DURANTE O METEBOLISMO CELULAR.
A EXCRECIÓN
A EXCRECIÓN CONSISTE NA ELIMINACIÓN POR PARTE DO ORGANISMO DAS SUBSTANCIAS DE DESPRECIO PROCEDENTES DA ACTIVIDADE DAS CÉLULAS. LÉVASE A CABO POLAS GLÁNDULAS SUDORIPARAS E O APARATO EXCRETOR. O FIGADO E OS PULMÓNS, COMO XA COÑECES, TAMÉN COLABORAN NA EXCRECIÓN.
-AS GLÁNDULAS SUDORÍPARAS.
ATÓPANSE NO INTERIOR DA PEL, RODEADAS POLOS CAPILARES. NELAS FILTRASE O SANGUE XUNTO CON SUBSTANCIAS DE DESPERDICIO QUE TRANSPORTA, E FÓRMASE A SUOR, QUE É UN LÍQUIDO SEMELLANTE Á URINA, AÍNDA QUE CON MENOR CONCENTRACIÓN DE SALES E UREA. A SUOR EXCRÉTASE A TRAVÉS DOS POROS DA PEL E ACTÚA COMO UN TERMORREGULADOR, POIS ARREFRÍA A SUPERFICIE CORPORAL Ó EVAPORANSE.
-
PARTES DO APARATO EXCRETOR
-
OS RILES SON DOUS ÓRGANOS PARES QUE SE SITÚAN NA PARTE POSTERIOR DA CAVIDADE ABDOMINAL E UNHA E A OUTRA BEIRA DA COLUMNA VERTEBRAL. TEÑEN UNHA CARA ANTERIOR MOI CONVEXA E OUTRA POSTERIOR MÁIS PLANA. DA ZONA MEDIA DA CARA ANTERIOR SAEN A ARTERIA RENAL, A VEA RENAL E O URÉTER.
A PARTE EXTERNA DO RIL ESTÁ REVESTIDA POR UNHA MENBRAN MOI FINA E RESISTENTE DENOMINADA CÁPSULA. NUNHA SECCIÓN DO RIL PODEMOS OBSERVAR UNHA ZONA EXTERNA, DE ASPECTO CLARO, CHAMADA CODIAL RENAL E OUTRA INTERNA DE COR ESCURA DENOMINADA MEDULA RENAL. DA MEDULA SAEN UNHAS PROLONGACIÓNS CARA Á CODIA QUE SON OS RAIOS MEDULARES. NA REXIÓN MEDULAR EXISTEN UNHAS PIRÁMIDES RENAIS QUE CONTAN CUNS VÉRTICES QUE SE DENOMINAN PAPILAS. ESTAS SON AS ZONAS POLAS QUE SE VERTE A URINA Á PELVE RENAL, QUE É UNHA CAVIDADE CON FORMAS DE SACO QUE SE ESTERITA ATA SE CONVERTER NUN TUBO CHAMADO URÉTER.
-
AS VÍAS URINARIAS. SON OS URÉTERS, A VEXIGA URINARIA E A URETRA. OS URÉTERES SAEN DE CADA RIL E CONDUCEN A URINARIA Á VEXIGA, QUE É UN ÓRGANO MUSCULOSO OCO, ONDE SE ALMACENA ATA SER EXPULSADA Ó EXTERIOR POLA URETRA. A URETRA ADEMAIS, É COMÚN Ó APARATO EXCRETOR E REPRODUCTOR, MENTRES QUE A FEMININA SÓ FORMA PARTE DO APARATO EXCRETOR.
-FUNCIONAMENTO DO RIL
O RIL CONTRIBÚE Á HOMEOSTASE PORQUE REGULA A PERDA DE AUGA DO NOSO ORGANISMO E MANTÉN CONSTNATE A COMPOSICIÓN QUÍMICA DO SANGUE ELIMINANDO OS PRODUCTOS DE DESPERDICIO EN FORMA DE URINA. PARA ISO EXISTEN UNS DOUS MILLÓNS DE ESTRUCTURAS MICROSCÓPICAS, QUE FORMAN AMBOS RILES, E QUE SE DENOMINAN NEFRONAS.
UNHA NEFRONA ESTÁ CONSTITUÍDA POLO TÚBULO RENAL, QUE É UN CONDUCTO LONGO E SINUOSO, RODEADO POR CAPILARES SANGUÍNEOS, QUE COMUNICA CUN CORPÚSCULO DE MALPIGHI. ESTE ESTÁ FORMADO POR UNHA CÁPSULA ESFÉRICA QUE LEVA NO SEU INTERIOR UN NOBELO DE CAPILARES.
A FILTRACIÓN DO SANGUE PRODÚCESE Ó SEU PASO POLO GLOMÉRULO. NEL FÍLTRNSE SUBSTANCIAS DE PEQUEÑO TAMAÑO PERO NON AS GRANDES MOLÉCULAS NIN AS CÉLULAS. FÓRMANSE ASÍ A URINA PRIMARIA QUE PASAN Ó TÚBULO RENAL.
NO TÚBULO RENAL REABSÓRBESE A MAYORÍA DAS SUBSTANCIAS QUE SON ÚTILES PAEA O ORGANISMO, COMO A GLICOSA E OS AMINOÁCIDOS, E MÁIS DE 99% DA AUGA. TAMÉN SE PRODUCE A SECRECIÓN, DESDE OS CAPILARES Ó TÚBULO, DE GRAN PARTE DA UREA E DOS SALES MINERAIS. DESTE XEITO FÓRMASE UNHA URINA CONCENTRADA QUE SE VERTE NUN CONDUCTO COLECTOR, COMÚN A VARIAS NEFRONAS, QUE A CONDUCE ATA A PELVE RENAL. COMO CONSECUENDIA DESTE PROCESO, O SANGUE QUE SAE DOS RILES POLAS VEAS RENAIS ATÓPASE DEPURADO DE PRODUCTOS DE DESPERDICIO.
1
Descargar
Enviado por: | Katya |
Idioma: | gallego |
País: | España |