Literatura


Rexurdimento literario do galego


TEMA 4

O século XIX

Neste século comeza o Rexurdimento literario do galego. As carácterísticas do Romanticismo que exaltaban as diferencias de pobos e nacións favoreceron unha ideoloxía galeguista.

A guerra contra ós franceses propiciou o uso do galego nas propagandas chamando a voluntarios para o exército ou en narracións bélicas coma Proezas de Galicia (1810) de Fernández Neira e a súa expansión a ámbitos políticos debido a necesidade de que estes escritos fosen comprendidos pola xente, que falaba galego.

A estrutura do Antigo Réxime foi sustutuída por unha estrutura máis liberal. En 1833 modíficase a organización do territorio, facendo desaparecer a Galicia como unidade administrativa e cambiando as antigas 7 provincias por 4. A lei de Institución Pública declara obligatoria a alfabetización en castelán.

· O Rexurdimento literario

Nos anos 40 do XIX xorde o galeguismo, en contra do carácter centralista e uniformador do Estado. Comeza a loita por dar ó galego á importancia que merece.

Distínguense tres etapas na evolución do galeguismo, coñecidos como provincialismo, rexionalismo e nacionalismo.

O provincialismo comeza como movemento político co levantamento de 1846, que desencadenou no fusilameneto de doce oficias (“Os mártires de Carral”). Despois do fracaso, este movemento dedicouse a reivindicar o idioma e a cultura. Destacan Francisco Añón e Xoán Manuel Pintos, co nome de Precursores. Pintos na obra A gaita gallega (1853) denuncia a inxusta situación do galego e expón un manual de aprendizaxe do galego.

O Rexurdimento ten lugar na décado de 1860. No 61 celébranse en Coruña os Xogos Florais e publícase El Albúm de la Caridad, con poemas premiados no certame. En 1863 publícase Cantares gallegos de Rosalía de Castro, primeiro libro impreso totalmente en galego.

Aparecen tamén nesa década os primeiros diccionarios e gramáticas do galego, aínda que moi incompletos. Destacan as gramáticas de Saco e Arce (1868).

No 1880 publícanse Follas Novas de Rosalía, Aires da Miña Terra de Curros Enríquez, Saudades Gallegas de Lamas Carvajal, e a primeira novela galega, Maxina ou a filla espuria de Marcial Valldares.

O rexionalismo é un movemento galeguista que reúne tendencias políticas distintas, unhas progresistas (referente: Manuel Murguía) e outras coservadoras (Alfredo Brañas).

Ambas defenden a Galicia como unha rexión diferenciada. A defensa do galego nesta época faise en castelán. Descatan El regionalismo de Alfredo Brañas e Historia de Galicia de Murguía. No XIX aparecen periódicos galegos como El Heraldo gallego (bilingüe) ou O Tío Marcos da Portela ou O Galiciano.

· De comezos do XX ata 1963

A finais do XX fúndase a Real Academia Galega (1906), presidida por Murguía. Na inauguración léronse poemas en galego, pero os discursos en prosa foron todos en castelán.

Fúndanse as Irmandades da Fala (1916) e o Seminario de Estudos Galegos (1923) que se propoñía defender e promover por escrito e oralmente o galego. O galego comeza a ser usado nos ensaios, na prensa e nos actos públicos. Nace a revista A Nosa Terra (1916-1931), vinculada ás Irmandades e ó Partido Galeguista (1931). Pretendía informar en lingua galega e xunto coas publicacións do Seminario de Estudos Galegos, forman as primeiras publicación en prosa galega moderna.

En 1916 iníciase o nacionalismo, coa publicación de Nacionalismo Galego de Antonio Villar Ponte. O director da revista Nós (1920-1936), Vicente Risco, e outro dos ideólogos deste movemento. Entre os homes da xeración Nós destacamos a Risco, Otero Pedrayo, Castelao ou Losada Diéguez.

No S. XX a defensa do galego consolídase, aínda que a substitución do galego polo castelán faíse máis notable, como resultado da modernización e a urbanización, e o aumento de alfabetización (completamente en castelán). A urbanización fai posible ademáis o ascenso social, e isto vincúlase ó abandono do galego como lingua única.

En 1936 apróbase o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia que non se chega a levar a cabo xa que estala a Guerra Civil, interrumpindo así os progresos do galeguismo.

· A guerra e a posguerra

A partir de 1936 o galego sofre outra vez un período total de decadencia e obras como Sempre en Galiza (1944) de Castelao, tiveron que se publicadas no exilio. Bos Aires convérsese na capital cultural de Galicia, “a quinta provincia”.

En 1950 fúndase a Editorial Galaxia e comeza a recuperación do galego aínda que as publicacións en galego víanse moi restrinxidas pola vixiancia do franquismo. En 1951 nace Grial, revista prohibida no 52 ata o 63.

Nos 60 fúndanse os partidos galeguistas: Partido Socialista Galego (1963) e Unión do Pobo Galego (1964) que forman o Bloque Nacionalista Galego. En 1963, centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Academia acorda o 17 de maio como “Día das Letras Galegas”. Nos 70 aumentan os periódicos como Teima e A Nosa Terra e a revista infantil Vagalume.

Ó desaparecer a ditadura e aparecer a Constitución incorpórase a lingua galega ó ensino. E trala aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) e a Lei de normalización lingüística (1983) o galeg faise cooficial e convértese en materia de ensino non universitario, e posteriormente en lingua da Administración. En 1985 nace TVG para promover o galego, o que amplía os seus campos de uso, pero o castelán segue substituíndoo na fala.

O galego segue sendo a lingua maioritaria da pobación galega, aínda que xa non o é nas xeración novas o que lle plantea un futuro incerto.

Elaboración do estándar: selección e codificación

A normativización é un proceso longo e laborioso que xera polémicas. Pasos para levar a cabo este proceso: fixación dunha ortografía, escolla dunha variedade estándar (primeiras normas comúns no século XX no caso do galego) e elaboración de dicionarios e gramáticas (a partir de 1860 en galego).

Co Rexurdimento literario é cando comeza a variedade común do galego, a mediados do XIX. Pintos recoñecía en A gaita gallega e necesidade dunha normativa común e os escritores do Rexurdimento afirmaban que a unificación lingüística do galego era necesaria. Tomaban como referencia a lingua oral popular e adaptábana á escrita mediante a ortografía castelá. No léxico, usaban á variedade da súa zona natal, incorporando así dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. A lingua literaria desa época é o galego popularizante.

Grazas ás Irmandades da Fala e o Grupo Nós o galego comeza a empregarse en todo tipo de escritos a partir do século XX. Procúranse evitar os castelanismos e úsanse cultismos para prestixiar o idioma, eliminando os localismos. Deste xeito, úsanse hipergaleguismos ou diferencialismos, arcaísmos e lusismos galego diferencialista.

Seminario de Estudos Galegos Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego (1933)

Engádeda ás normas pra a unificazón do idioma galego (1936)

RAG Normas ortográficas do idioma galego (1970)

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1971)

1971 creación do Instituto da Lingua Galega (ILG) Galego I (1971), Galego II (1972), Galego III (1974) (métodos de aprendizaxe do idioma).

O galego como lingua oficial

A aprobación do Estatuto de Autonomía de 1981, que converteu ó galego en lingua cooficial, acentuou a necesidade de dispor dunha normativa uniformadora do idioma.

ILG + RAG Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982) Actualizadas e revisadas en 1995 e 2003.

Na selección dos trazos do galego estándar tívose en conta a maior extensión xeográfica, número de falantes, grao de uso na literatura e a harmonía coas demais lingua románicas.

Principios fundamentais que se seguiron na elaboración das normas (na introducción das Normas)

  • Achegamento á lingua falada pola comunidade desbotando os castelanismos.

  • Variedade supradialectal coa que se identifiquen todos os galegofalantes.

  • Preferencia polas formas tradicionais e aceptación de solucións consagradas polo uso literario.

  • Harmonía co resto das linguas romances (particularmente co portugués).

Exclusión dos hipergaleguismos, arcaísmos e lusismos innecesarios, ós que se recorre ás veces para cubrir lagoas léxicas.

Hipergaleguimos ou diferencialismos

Nacen co afán diferencialista con respecto ó castelán e o son o resultado de aplicar a cultismos ou semicultimos as evolucións fonéticas propias das palabras patrimoniais.

  • Supresión indiscriminada de -n- ou -l- intervocálicos (escea, orgaizar, zoa, abandoar...)

  • Redución de ditongos crecentes etimolóxicos ( ambente, impacente, inconvinte...)

  • Alteración de sufixos e terminacións (humán, americán, urbán, mediciña, gasoliña, sinceiro, primaveira...)

  • Alteración de consoantes ou grupos consonánticos (refrexo, hino, simpre, direición...)

Vulgarismos

Desvíos da norma que se dan na lingua oral en rexistros vulgares, pero rexeitados pola norma escrita.

  • Asimilacións e disimilacións vocálicas (harmonización: anduriña, pidir; labialización: lovar, somana; disimilación: miñá, teléfano)

  • Adicións ou supresións de fonemas (prótese: amoto, arradio; epéntese: ialma, ademirar; paragoxe: mullere, facere; síncope: vran, espranza; apócope: virtú, verdá)

  • Metáteses (probe, Calros...)

  • Reducións ou vocalizacións en grupos consonánticos (aito, aluno, perfeuto, inorante...)

Arcaísmos

Palabras que existían no galego medieval (para substituír formas coincidentes co castelán), que non son aceptadas na actualidade por seren antigas (conquerir, vegada, cibdade, nascer, coor, door...)

Lusismos

Préstamos de formar portuguesas en detrimento das correspondentes galegas (até, simplesmente, rexistar, cais, úteis, sem, vozes...)

Dialectalismos

Solucións morfolóxicas propias da fala de determinadas áreas pero diferentes das fixadas na norma (pantalois, curmau, narís...) Son variantes diatópicas, non como os localismos léxicos, que están incorporados ó galego normativo (raposo-golpe; rapante-meiga; xouba-parrocha).

TEMA 5:

Evolución da escrita dende o s. XIX:

Unha das principias preocupacións dos nosos escritores foi a falta dunha norma escrita en común. Neste proceso o galego foi pasando por diferentes modelos da norma, e distinguimos no galego as seguintes etapas:

  • Galego popularizante.

  • Galego diferencialista.

  • Galego protoestándar.

  • Galego estándar.

Rexurdimento: Popularizante.

Este galego atopámolo tanto nos escritores considerados “precursores” coma nos pertencentes ao Rexurdimento.

Características: Castelanismos, Dialectalismos e Vulgarismos propios da fala.

Estes escritores toman como referencia a lingua oral popular e recorren ao castelán para resolver a falta do léxico dunha lingua reducida ao ámbito coloquial durante s.

Aínda e todo os escritores intentan empregar trazos lingüísticos e vocabulario de diferentes partes de Galiza (Vontade interdialectal).

A situación varía un pouco grazas a Pondal. Este ten moi en conta o portugués literario e bota man de cultismos tirados directamente do latín ou grego.

E en canto a ortografía recorren ao modelo da lingua castelá. O preoblema estaba en representar os fonemas que non existían no castelán. Así pois tamén se utilizan apóstrofos e guións para representar as contraccións e os encontros vocálicos.

De comezoa do XX a 1936: Galego diferencialista.

Os escritores da época das Irmandades, o Seminario de E. G. e a X. Nós prentenden liberar ao galego das interferencias do castelán. Isto lévaos a incorrer no hipergaleguismo ou diferencialismo. Algúns castelanismos aínda se manteñen na época.

Nesta época o uso do galego esténdese a todo tipo de xéneros e temas co que se necesita cubrir os baleiros léxicos. Para isto os escritores acoden ao galego antigo e ao portugués. A divulgación dos textos medievais favoreceu o uso de arcaísmos. En canto ao portugués o afán de afastarse do castelán lévaos a substituír termos galegos por lusismos (innecesarios). En cambio, outros préstamos do portugués acaban aceptándose (até, estudo).

A RAG (1906) tiña como obxectivo elaborar un dicionario e unha gramática (1913), pero só chegou a palabra cativo. Foi a RAG e o Seminario quen en 1933 publican as súas respectivas normas. A Nosa Terra adopta as normas do Seminario inmediatamente (moita importancia debido o peso da revista daquela).

Dende a Guerra Civil ata hoxe:

Galego Protoestándar:

Abrangue dende a G.C. ata os anos 70. A primeira parte desta etapa supón unha continuación da anterior. con características lingüísticas semellantes a aquela. Tras o paréntese imposta pola guerra e ditadura a recuperación comeza en 1950 coa fundación de Galaxia. Coas diversas publicacións pódese apreciar a intención de evitar hiperenxebrismos e dialectalismos.

C. E. Ferreiro e A. Cunqueiro pretenden acadar un rexistro literario digno para o galego. En 1965 impártese por vez 1ª cursos de lingua e literatura galega na U. de Santiago. En 1970 a RAG publica as súas primeiras normas.

Galego Estandar:

Correspondese coa época en que o galego acada o estatus de lingua cooficial, coa entrada en vigor do estatuto de autonomía (1981). Dende que o galego ten acceso á vida pública, á política e ao ensino aumenta a necesidade de fixar unha variedade normativa estábel. En 1982 son declaradas oficiais pola Xunta as normas elaboradas pola RAGe polo ILG.

Nesta época todos os dicionarios publicados se van basear nas normas da RAG e do ILG que marcan un antes e un despois na historia da lexicografía galega. A última revisión das normas denominouse “normativa da concordia” xa que consegue aglutinar as opcións diverxentes ata o momento.

TEMA 6

Variedades lingüísticas

A capacidade lingüística é nunha característica inherente ao ser humano. Esta capacidade manifestase nunha gran variedade de linguas. Pero a diversidade de linguas atopámola tamén dentro dunha mesma lingua. Os diferentes xeitos de falas que se dan no interior dunha mesma lingua denomínanse variedades lingüísticas.

Tipos:

• Variación temporal ou diacrónica, é consecuencia do paso do tempo (galego medieval ou galego actual).

• Variación xeográfica ou diatópica, dá lugar a variedades dialectais segundo os trazos lingüísticos de cada zona.

• Variación social ou diastrática, permite indentificar distintos niveis de lingua, dende un nivel alto (emprego de cultismo), propio de falantes con estudos e unha instrución idiomática elevada, ata un nivel baixo (presenza de vulgarismos), empregado por persoas con menor formación académica. Entre os dous podemos considerar un nivel medio. Nas linguas máis normalizadas a variación entre niveis de linguas está máis definida. Nunha lingua en proceso de normalización estas barreiras son máis difusas. Dentro de esta variedade debemos incluír tamén as xergas, vontade dun grupo social de diferenciarse dos demais. As xergas utilizan as estruturas xerais da lingua pero cun léxico específico coa finalidade de que resulten incomprensibles para os demais.

• Variación situacional ou diafásica, vén condicionada por todos os factores que integran o contexto lingüístico: a canle, os interlocutores, o tipo de mensaxe, o tema da comunicación, a situación comunicativa.

Estas variedades dan lugar a diferentes rexistros lingüísticos que se distribúen ao longo dun continuum con dous polos: rexistro máis formal e rexistro máis coloquial (linguaxe a sociedade os avances que se van producindo. Este é o caso da linguaxe científico-tecnolóxica e xurídico-administrativa. Estas linguaxes presentan unhas características propias que conseguen unha maior precisión no momento de tratar certas cuestións. Así é como xorden os tecnolectos léxico específico en determinados ámbitos e cun significado moi cponcreto.

coloquial e espontánea). O extremo do continuum situacional no polo de maior formalidade correspondería cunha variedade estándar.

Todos os falantes nativos dunha lingua dispoñen dun repertorio lingüístico formado por diversos rexistros. Dentro do rexistro formal teñen especial relevancia as linguaxes especiais ou técnicas, tecnolectos, opóñense a lingua común por utilizar un léxico específico. Entre profesionais desenvólvense linguaxes especificas que lles permiten comunicarse con eficacia entre si e comunicarlle ao resto da sociedade os avances que se van producindo. Este é o caso da linguaxe científico-tecnolóxica e xurídico-administrativa. Estas linguaxes presentan unhas características propias que conseguen unha maior precisión no momento de tratar certas cuestións. Así é como xorden os tecnolectos léxico específico en determinados ámbitos e cun significado moi concreto.

Por último, temos que distinguir a variedade estándar ou nomativa, é unha variedade máis dende un punto de vista lingüístico, pero que dende un punto de vista social é a que goza de maior prestixio.

A linguaxe científico-tecnolóxica

Emprégana os expertos nos distintos ámbitos da ciencia.

Características:

• Léxico:

- Ampliación semántica dunha palabra (rede)

- Mecanismos de derivación (endoscopia, perímetro…)

- Préstamos doutras linguas (zoom, rato..)

- Mediante siglas (ADN, SIDA..)

- Mediante latinismos (trachurus trachurus, xurelo)

• Caract. Morfosintácticas, abunda o uso do indicativo, form impers., poasiva. Subst. E adx. Derivados de verbos, estruturas simples…

• Nivel textual, adoita empregarse o discurso expositivo argumentativo

Tema 7:

A diversidade lingüística no mundo.

No mundo fálanse entre 4 e 7 mil linguas. Fronte a esta diversidade lingüística existen menos de douscentos estados que normalmente as fronteiras lingüísticas non se corresponden coas fronteiras políticas ou administrativas. Aparte, a distribución lingüística no mundo é moi desigual. O noso continente constitúe unha das zonas de menor variedade lingüística devido as históricas tendencias uniformadoras europeas. Esta enorme variedade obriga a recorrer ás denominadas linguas francas (linguas de comun. inter.) (grego, latín, francés, inglés...) Ningunha lingua (inglés) adquirira tanta presenza universal ata agora grazas a revolución das comunicacións e as novas tecnoloxías.

Tamén houbo varios intentos de crear unha lingua internacional común (esperanto entre outras) pero apenas tiveron éxito.

A relación entre grupos lingüísticos distintos dá lugar á apraición de novas linguas denominadas pidgins. Estas fusionan as características de diferentes linguas en contacto e normalmente só se utilizan en situacións comunicativas moi concretas. Si un pidgins acaba por converterse na lingua oficial dunha nova xeración acada o rango de crioulo. Unha gran parte de crioulos proceden dos pidgins como o Spanglish.

Linguas e dialectos:

Non existen criterios taxativos para distinguir se estamos ante variantes dunha mesma lingua ou ben ante linguas distintas. O único criterio estritamente lingüístico, o da intelixibilidade mutua, presenta numerosos problemas para delimitar onde comeza e onde acaba a intercomprensión, sobre todo no caso de linguas procedentes da mesma familia (italiano-español).

Linguas por distancia- intercomprensión mínima ou nula - vasco-galego

Linguas por elaboración- galego-portugués.

Durante os s. escuros o galego foi considerado erroneamente dialecto, ademais o galego nesta época non se utilizaba na escrita nin en contextos formais.

Familias lingüísticas:

As linguas que teñen un orixe en común pertencen á mesma familia lingüística. A lingua de orixe recibe o nome de lingua nai (latín).

O galego, o portugués, o catalán... proveñen do latín, e este á vez provén do indoeuropeo, ao cal pertencen tamén a maioría das linguas de Europa (agás o éuscaro, o húngaro ou o finés).

As linguas máis faladas do mundo despois do chino mandarín, atópanse nesta familia. (Español 332.000.000 e o inglés 322.000.000).

Estados monolingües e plurilingües: linguas minorizadas e linguas minoritarias en Europa:

Nun país plurilingüe soe haber unha lingua forte ou dominante e unha ou varias débiles. Esa lingua débil está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen os seus usos e funcións: fálase entón de lingua minorizada.

Por outra parte tamén podemos clasificar as linguas minoritarias ou maioritarias, segundo a súa porcentaxe de falantes, aínda que eses termos sexan relativos. O galego é unha lingua maioritaria en GZ pero minoritaria no resto do estado español.

Cómpre distinguir as linguas que teñen a condición de linguas oficiais dun territorio con independencia política, as linguas de Estado (francés, español, grego...) por outra parte as linguas non estatais, faladas por comunidades integradas no territorio máis amplo doutros estados (galego, catalán, bretón...).

Galego ________________________TEMA 15

O cancioneiro Relixioso: As cantigas de Santa María.

As cantigas de Santa María son un conxunto de 427 composicións que xiran arredor da figura da Virxe. Relatan acontecementos extraordinarios que a Virxe desenvolve ou aparecen como verdadeiros cantares de loor.

O seu autor e Afonso X o Sabio, que levou a cabo un gran labor Mariolóxico (referente a Virxe) cunha proxección político-cultural.

Transmisión. Datación. Autoría.

  • Códice do Escorial- 193 comp. acompañadas de notación musical e 1264 miniaturas.

  • Códice da Biblioteca Nacional de Florencia- 104 cantigas, está incompleta, faltan as notas musicais e non parecen rematadas moitas das miniaturas.

  • Códice do Escorial- (códice dos músicos) 417 cantigas, 40 miniaturas e notación musical.

  • Códice de Toledo- Gardade no Biblioteca Nacional de Madrid, 128 cantigas con notación musical.

A elaboración destas cantigas aparece situada do 1270 deica 1283. É un motivo de discusión ata que punto Afonso X participou directamente na elaboración das cantigas, aínda e todo o monarca si pode ser autor dunha cantidade de textos, e no resto da obra actuaría como un director.

Fontes.

Afonso X botou man de diversas fontes pa levar a cabo as cantigas:

  • Materiais latinos medievais

  • Coleccións marianas en linguas romances

  • Coleccións de santuarios peninsulares

  • Coleccións locais estranxeiros

  • Consellas orais

A todo isto o monarca tamén lle engadiu cantigas autobiográficas (lembranzas e vivencias persoais).

Clasificación e distribución temática.

Dous grandes apartados: cantigas narrativas e cantigas líricas.

  • Narrativas: Son aquelas onde se relata un milagre que a Virxe realiza sempre finaliza con loanzas e agradecementos a esta.

Estrutura:

  • Introdución (Raçó) sobre o milagre que vai ser narrado, seguido dunha máxima que se repetirá ao final de cada estrofa a modo de refrán.

  • Relato do milagre

  • Conclusión moral

  • Líricas: Unas seguen o modelo das cantigas de amor e outras proveñen da inspiración litúrxica.

  • Cantigas de loor: segue o modelo da cantiga de amor trobadoresca. Estas composicións aparecen cada 9 cantigas, ocupando os nº 1, 10, 20, 30...

  • A maior parte de cantigas de loor entroncan de maneira directa coa pregaria do culto a Virxe na tradición cristiá.

Temática.

  • Milagres que exaltan a figura de María (auxiliadora, sandadora, consoladora )

  • Milagres que critican pecados e costumes deshonestos

  • Milagres a prol de santuarios marianos

  • Cantigas que fan mención ás festas dedicadas a María

  • Cantigas arredor dos misterios máis significativos do cristianismo

Un certo nº de composicións manifestan, a canda a intencionalidade relixiosa, outra de aberto carácter político-propagandístico.

PROSA MEDIEVAL

Aínda que o maior brillo o acadou a lírica, tamén houbo lugar para a prosa. Contamos cun certo nº de textos medievais en prosa dignos de atención e estudo, podemos datala entre os s. XIII e primeira metade do XIV. A prosa presenta un modelo lingüístico moito máis aberto que a lírica. A separación de Portugal provoca que a medida que avanzamos no tempo os textos do norte e sur do Miño se vaian diferenciando cada vez máis.

Moitos estudosos falan de dúas etapas na prosa medieval:

  • Unha 1ª galego-portuguesa, que se correspondería con esoutra cronoloxía do lirismo.

  • Unha 2ª galega, a partir de mediados do s. XIV e que se prolongaría aínda durante unha parte do s. XV.

Os 1º textos conservados.

Os 1º textos non teñen carácter literario, senón que son cartas, leis... como a Noticia de Torto e o Testamento de Afonso II (1214 os dous).

A prosa de ficción: os ciclos temáticos.

  • A materia de Francia

  • A materia de Roma

  • A materia de Bretaña

  • Materia de Bretaña: Xira arredor da figura do rei Artur. A expansión narrativa que chega a nós procede da obra de Chretien de Troyes. En galego conservamos diferentes textos arredor de Artur e os cabaleiros da táboa redonda en busca do Santo Graal:

  • O libro de Xosé de Arimatea: Nárranse as orixes do Graal, s. XVI

  • Libro de Merlín: Arredor da figura do mago Merlín. So se conservan uns fragmentos do s. XVI

  • Demanda do Santo Graal: nárranse as aventuras que levaron a cabo os cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Graal s.XV.

Ademais conservase aínda outra referencia artúrica en galego-portugués, o Libro de Tristán s.XV.

  • Materia de Troia: Xira arredor da Guerra de Troia. Aínda e todo non foron a Iliada e a Odisea os textos fundamentais acerca da lenda troiana si non que se basan en escritos de Benoît de Sainte-Maure.

  • Crónica Troiana: sería unha tradución feita por Fernán Martín de Andrade s. XIV

  • Historia Troiana: estamos diante dun texto bilingüe s. XIV

  • Materia de Francia ou Ciclo Caronlinxio: Xira arredor da figura de Carlo Magno, a quen se lle apareceu en soños o apóstolo Santiago pedíndolle axuda para expulsar os mouros da Península. Estas fazañas aparecen relatadas nunha obra coñecida como Miragres de Santiago, que en realidade é unha tradución incompleta dunha obra chamada Liber Sancti Jacobi ou Códice Calixtino s.XII

Nos milagres de Santiago relátasenos, ademais das fazañas de Carlo Magno a translación de Santiago Alfeo e no final incorpora unha especie de guía do peregrino.

A prosa historiográfica, xurídica e didáctica.

Temos nestes s. XII e XIV a denominada prosa tebelónica, é dicir, de carácter notarial, historiográfica como a Crónica Geral e a Crónica de Castilla de Afonso X. A Crónica de Castilla fai referencia a historia de Galiza, por iso tamén se coñece co nome de Crónica Geral Galega. Son do s. XIV.

Outros textos historiográficos son a Crónica de Santa María de Iria, a Crónica de 1404...

De carácter didáctico posuímos un Tratado de Albeitraría e o Código das Sete Partidas de Afonso X.

TEMA 16

GALICIA A FINS DA IDADE MEDIA

O reino de Galicia na coroa de Castela:

En 1230 Fernando III reuniu definitivamente os territorios de GZ e León. Logo diso a acción conquistadora do monarca permitiulle ampliar os seus dominios logo da conquista de Córdoba e Sevilla coa única presenza árabe na península en Granada ata 1492.

Galicia, afastada dos centros de poder, estaba convertida nun territorio arredado e sen peso sociopolítico, asiste aos novos tempos dende unha posición marxinal que se vai prolongar durante os séculos seguintes.

Galego-portugués, galego e portugués:

Din que ao longo do s. XIV e nos primeiros anos do XV o galego semellaba converterse na lingua nacional de GZ mais a crise política que se vai vivir nesta altura determinou a imposibilidade de cumprir tal perspectiva e pola contra GZ sufre unha etapa de decadencia e escuridade.

Dende o s. XIII coa unión a Castela ten lugar a chegada de xente de fora para ocupar os postos dirixentes. O proceso de castelanización comezou, entón, pola existencia de certas “lagoas” canto o emprego do galego no ámbito xurídico-político.

Pero mentres isto ocorre ao norte do Miño, ao sur deste, Portugal atinxe a súa plena identidade como reino de seu. Mentres Portugal estandariza o idioma en GZ o galego prevalece nun uso oral e a mercé da crecente castelanización.

OS EPÍGONOS TROBADORESCOS:

Coa etiqueta de epígono trobadoresco vénse referindo ao período comprendido entre 1350 ou 1354 considerado como punto final do lirismo trobadoresco galego-portugués.

Dous conxuntos principais de epígonos trobadorescos:

  • Os epígonos en Castela: posuímos arredor duns 60 ou 70 textos a través de cancioneiros casteláns dos s. XV e XVI, cancioneiro de Baena, o que demostra que os autores intentan acadar novas fórmulas máis aló dos convencionalismos do amor cortés.

  • Os epígonos de Portugal: consideramos neste apartado un certo nº de textos que forman parte do cancioneiro Geral de García de Resende e que presentan os modos tradicionais trobadorescos.

OS SÉCULOS ESCUROS:

  • Sometemento da nobreza diante do poder da monarquía absoluta e o afastamento de GZ por parte das clases dirixentes que emigran para medrar na corte...

  • A reforma no clero que supuxo a desaparición dos vínculos tradicionais entre nobreza laica e a eclesiástica, coa entrada de clérigos chegados de fóra que introducen o castelán como lingua de uso.

  • A centralización do proceso de colonización de América efectuado dende Sevilla e dende o ámbito castelán.A decadencia política trouxo consigo consecuencias inmediatas tanto na lingua como na cultura, o galego será substituído ata a súa completa desaparición. (Castelán- Administración, xustiza...) con isto a literatura deixa de ter o seu antigo prestixio para sufrir unha etapa de escurecemento (300anos..).

E coma sempre, convén dicir que o galego seguiu a ser a lingua predominante sen lugar a dúbidas do pobo (oral). Nin a ideoloxía dominante nin os medios dos que dispoñían podían castelanizalo todo. Este proceso só se limitou as clases dirixente e só coa chegada da escolarización se chegou as clases medias.

En Exequias da raíña Margarida (1612) aparecen dous textos na nosa lingua que forman parte do escaso legado que conservamos desta época. Este legado comprende textos cultos e outros de carácter popularizante.

LITERATURA CULTA:

Son escasas ditas manifestacións. Non obstante arredor da corte de Diego Sarmiento, conde de Gondomar desenvolvese unha pequena actividade:

  • Canción Galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragués (autor descoñecido, redactado en 11 estanzas)

  • No s.XVII- 2 documentos- Exequias da raíña Margarida: o 1º obra de Xoán Gómez Tonel, e o 2º Pedro Vázquez de Neira.

  • Décimas ao Apóstolo Santiago- Frei Martín Torrado escritas para expoñer que Santiago debería seguir sendo patrón de España.

  • Diálogo de Alberte e Bieito (peza procedente dun tipo de literatura que se escribe pero non se imprime, represéntase no momento).

  • Entremés do portugués- popular.

  • A contenda dos labradores de Caldelas (ENTREMÉS FAMOSO SOBRE A PESCA DO RÍO MIÑO) 1671- enfrontamentos con final feliz entre os portugueses e os galegos das dúas beiras do Miño polos dereitos de pesca.

LITERATURA POPULARIZANTE

Durante os s. XVII e XVIII e mesmo na metade do s.XIX desenvolveuse a moda do “vilancico galego”: composicións en verso, musicadas e que presentan certo aire popular, se ben que os seus autores foron músicos de sólida formación.

O vilancico galego triunfou alén das nosas fronteiras en Sevilla, Toledo ou mesmo Lisboa presentan textos dentro desta liña que aproveita a tradición das panxoliñas de aninovos.

Nesta literatura cómpre destacar o romance-canción referido a figura de Pardo de Cela (XVI)- Pranto da Frouseira de autor anónimo.

A ILUSTRACIÓN

O s XVIII supuxo para GZ a chegada e espallamento das ideas ilustradas, este período cabía situalo entre os séculos Escuros e o Rexurdimento decimonónico. Non se rexistra un aumento nos textos na nosa lingua pero si aparecen sociedades xeográficas, económicas, culturais... cuxo obxectivo era o estudo da realidade do país todo isto é produto da ILUSTARCIÓN.

AUTORES: Cura de Fruíme, Padre Feixoo, Xosé Andrés Cornide e Frei Martín Sarmiento (Orixes do idioma, defensa do galego no e para o ensino, converten a Sarmiento nun dos precursores da pedagoxía e dos estudos de filoloxía de GZ.

TEMA 8

As linguas na península Ibérica:

A península divídese en tres estados -España, Portugal e Andorra- que son un bo exemplo de diversidade lingüística en Europa. Andorra é oficialmente monolingüe en catalán, pero dado a posición desta comparte o francés, español, catalán, portugués… nun territorio moi reducido en canto a expansión. Portugal en cambio é máis extenso pero monolingüe. Por outro lado no estado español conviven 7 linguas diferenciadas (GALEGO, catalán, éuscaro, castelán, aragonés, astur-leonés e aranés) cunha vitalidade e recoñecemento legal moi distintos.

As linguas do estado español:

Cerca da metade dos habitantes do estado español conviven co castelán aparte de con outra lingua propia da súa área. Todas as linguas faladas en España son románicas agás o éuscaro, do cal aínda non se sabe a súa procedencia. A todo isto a Constitución española di que o castelán é a lingua oficial de todo o estado e para que o resto de linguas do territorio sexan consideradas cooficiais teñen que estar recoñecidas pola comunidade autónoma á que pertence. De aquí que a súa situación legal sexa tan diferente ao longo do territorio.

Das 7 linguas que se falan no estado español 2 non están recoñecidas nin teñen o estatus de cooficialidade. Son o astur-leonés e o aragonés.Todas as comunidades que recoñecen a cooficialidade doutra lingua aprobaron respectivas leis de normalización lingüística, co fin de promover e regular o seu uso, compensando a situación que sofre fronte a lingua estatal (CASTLÁN). Todas estas leis das distintas autonomías teñen unha estrutura e uns contidos semellantes. Aínda e todo a protección e a promoción das linguas non estatais está amparada pola lexislación da UE.

O CATALÁN

Falada por 7 millóns de persoas aprox. No estado español fálase en territorios onde ten cooficialidade co castelán (Cataluña, Valencia e Illas Baleares). Aínda que tamén se fala en zonas limítrofes ás anteriores e aquí non goza de estatus legal (en zonas de Aragón e Murcia). Fóra do estado español fálase catalán en Andorra, no Rosellón francés e na cidade de Alguer (catalán- falada en 4 estados- España, Andorra, Francia e Italia). O catalán posúe gran tradición literaria dende a IM. En Cataluña o catalán está presente en todos os ámbitos posíbeis xa que tivo unha gran actividade político lingüística e un prestixio social e cultural moi altos, xa que foi sempre a lingua da burguesía. En canto a escola todas as materias se dan nesta lingua agás a materia de lingua e literatura castelán. En canto a Valencia a súa política lingüística é moito menos decidida polo que o catalán (ou valenciano) sigue sendo o idioma minoritario.

O EUSCARO

Fálano máis de 600.000 persoas en Euskadi, no norte de Navarra e no País Vasco francés. Nos últimos dez anos a política en torno a lingua vasca fixo que incrementase o número de falantes ao tempo que se incrementou a produción literaria e o emprego do idioma en todos os ámbitos é funcións. Non obstante a distancia desta linguas comparadas as do resto da península débese a procedencia desta aínda sen determinar, xa que as outras son románicas. Por isto un obxectivo do goberno é a euscaldunización de toda a poboación, co sentido de que todos os seus habitantes sexan capaces de entender e falar a lingua propia.

Sistema escolar en EUSKADI:

Modelo 1- predominante o castelán con presenza do éuscaro nun 20%

Modelo 2- o éuscaro utilízase como lingua vehicular na metade das materias.

Modelo 3- impártese todo o ensino en éuscaro, agás Lingua e Literatura castelá.

A preferencia polo modelo 3 constata a progresiva recuperación do éuscaro en Euskadi, sobre todo entre os xoves, de feito é a única comunidade onde aumentou o nº de falantes entre a xente nova nos últimos anos.

O ASTUR-LEONÉS

Falada entre 100 mil e 450 mil persoas, esta fala utilízase principalmente en Asturias, aínda así non teñen a condición de estatus legal, perden cada vez máis falantes e vense reducidos os seus ámbitos de uso debido á desigual competencia co castelán. No ensino só se pode estudar esta lingua a partires de 3º de primaria e nos medios e comunicación apenas aparece. O astur-leonés tamén se fala ao norte de León así como na Seabra zamorana (nestas zonas utilízase moito menos).

O ARAGONÉS

Falada por 15 mil persoas e como en Asturias tampouco comparte cooficialidade co castelán, senón que se fala de “protección das linguas e modalidades lingüísticas propias”. O aragonés está en regresión xa que sobrevive como lingua familiar e coloquial na metade norte da provincia de Huesca sobre todo nos Perineos. Na década de 1987 aprobáronse as “normas gráficas de l'aragonés” ademais impártense clases de aragonés dende 1997 en catro localidades do Alto Aragón.

O ARANÉS

O aranés é unha variedade do gascón, falada por unhas 7 mil persoas no Vall d'Arán, nos Pireneos en Lleida. Recoñecido e protexido polo estatut catalán ten a condición de lingua cooficial no val xunto co catalán e o castelán. Este polo tanto é o único lugar trilingüe do estado español.

TEMA 9

O GALEGO

A lingua galega fálana arredor de 2 millóns de persoas en Galicia, pero non só no noso territorio se fala a nosa lingua. Así o territorio lingüístico excede os límites administrativos de GZ pois ocupa a parte occidental de Asturias, de León e de Zamora, no noroeste de Cáceres existe tamén unha illa lingüística en tres concellos que conservan unha variedade de galego medieval. E como non en algúns países de orixe emigratorio contan cun elevado nº de falantes. Grazas o novo estatus legal da lingua permitiulle gañar función e prestixio social pero en cambio entre a xente nova o uso do galego vaise afastando. Das máis de 200 linguas de Europa o galego é unha das máis ricas internacionalmente pola súa actividade literaria dende a IM ata agora.

USOS LINGÜÍSTICOS DO GALEGO

O galego segue a ser a lingua maioritaria de GZ (en 1992 un 69%, actualmente un 61% é galegofalante). Así e todo, os datos parecen positivos pero cunha tendencia a diminución do galego como se ve (menores de 26 anos un 14% son galegofalantes) e tendo en conta que o mantemento dunha lingua se debe as xeración xoves isto é un dato preocupante.

O DOMINIO LINGÜÍSTICO DO GALEGO

Fronteira meridional- A pesar de que a fronteira galego-portuguesa é unha das máis antigas de Europa as falas do norte de Portugal presentas fenómenos en común co galego, como a falta de oposición b/v (boi, vaca), a conservación da africada (chave). No sistema fonolóxico os trazos máis destacados entre o galego e o portugués son: as vogais nasais (inexistentes en galego- caô), a oposición de sibilantes xordas e sonoras (rosa, passo, beijo, baixo) e a inexistencia en portugués da interdental fricativa.

Fronteira oriental- O territorio que non pertence a GZ de fala galega abrangue tres áreas (80.000 galegofalantes[Éo- Navia en Asturias, O Bierzo- León e as Portelas- Zamora]). Trátanse de áreas que nalgún momento da historia foron de dominio galego e conservaron a lingua. Os principais trazos deste galego son a ausencia de ditongación na vogal tónica de palabras como terra, porta, nosa, medo… que no castelán e no astur-leonés presentan ditongación tierra, miedo, nuestra, puerta… e a perda do -n- intervocálico lúa-LUNA que non se da en astur-leonés nin en castelán xa que conservan as consonantes latinas.

Terra Eo-Navia- Esta área de Asturias é a máis extensa de galegofalantes fóra de GZ (50.000 en 18 concellos). O estatuto de Asturias non recoñece a existencia de áreas de lingua e cultura galegas no seu territorio, aínda que se dixo que si se protexería nun futuro ata o de agora non hai tal protección nin están garantidos os dereitos lingüísticos dos galegofalantes de Asturias, polo tanto a lingua está en retroceso.

O Bierzo- Na provincia de León existen dous núcleos O Bierzo e Ponferrada (25.000 galegofalantes). O estatuto de Castela- León dende a reforma de 1999 di que a lingua galega será obxecto de protección onde é lingua habitual. Así e grazas a un acordo da Xunta de GZ a lingua galega está presente de xeito oficial en centros de ensino do Bierzo. Non existe a materia de lingua galega pero si se utiliza en Coñecemento do Medio, Plástica ou en ciencias socias na secundaria.

As Portelas (Zamora)- 4 concellos- Porto, Pías, Lubián e Hermisende ademais da parroquia de Calabor o cal presenta as mesmas caract. que o ourensán veciño. Dende o punto de vista legal este galego ten os mesmos dereitos que o do Bierzo xa que pertence á mesma comunidade.

O galego do Val do Ellas (Cáceres)- No noroeste de Cáceres sitúanse os concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello, en todos eles se fala un galego derivado do medieval, a causa disto foi a incomunicación da zona pola multitude de montes que permitiu que se mantivese a fala dende hai séculos. E posto que Estremadura é considerada monolingüe esta fala non ten protección legal, aínda que si están consideradas ben de interese cultural.

SITUACIÓN LEGAL

O primeiro intento foi co estatuto de 1936 onde se recollía a cooficialidade do galego e o castelán, xunto a isto tamén se establecía a autonomía pa GZ, a obriga dos funcionarios do coñecemento do galego e mais o obrigatorio ensino en galego nas escolas, pero estalou a GC e non se levou a cabo. Logo de rematara guerra e a ditadura, estableceuse a democracia e aprobouse a constitución española en 1978 e implantouse o sistema autonómico. Como xa sabemos na constitución recóllese a cooficialidade de 3 linguas en España xunto co castelán. En GZ non foi aprobado o estatuto ata o ano 1981. O Galego recoñécese como a lingua propia de GZ así como lingua oficial desta Comunidade xunto co castelán (Propia- Historia e cultura/ Oficial- Administración pública). Pero isto non quere dicir que se leve o 100% á práctica, xa que só funcionaría se fose empregada pola Administración e por todas as institución públicas.

A LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

En 1983 aprobouse por unanimidade a LNL. A lei parte de considerar a lingua galega como “o núcleo vital da nosa identidade”, a sinal máis importante de diferenciación e identificación de GZ así como o seu principal patrimonio cultural. Por último consta dunha disposición adicional relativa á normativa na cal se establece a autoridade da RAG nesta materia. O título I recolle os dereitos lingüísticos dos cidadáns e no título II especifícase que o estatus de lingua oficial do galego afecta non só á Administración autonómica, senón tamén á Administración local así como todas as entidades públicas dependentes da Comunidade. Tamén o castelán ten estatus de lingua oficial do Estado neste título tamén se di que os topónimos terán como única forma oficial a galega. En canto o galego exterior, comprométese a protexer a fala de fóra dos nosos lindes.

A LINGUA GALEGA NO SISTEMA EDUCATIVO

A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos non universitarios, isto está recollido no título III e regula os principios xerais do ensino nesta lingua. Así o artigo 13 recolle que os nenos teñen o dereito a recibiren o seu primeiro ensino na lingua materna. Tamén se recolle que o galego debe estar presente nun 50% das materias nos distintos niveis (Primaria, Secundaria e Bacharelato).

PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O 22 de setembro de 2004 aprobouse o PXNLG por unanimidade de todos os partidos. Este plan está feito para potenciar o galego e lograr o seu uso por parte de toda a poboación en todos os niveis e funcións. Os obxectivos deste Plan son:

  • Garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe.

  • Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e mais espazos de uso.

  • Introducir na sociedade a oferta positiva de atender ao cidadán en galego.

  • Promover unha visión afable, moderna e útil da nosa lingua que desfaga prexuízos , reforce a súa estima e aumente a demanda.

  • Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.

O VERBO

Participios

INFINITIVO

PART. REGULAR

PART. IRREGULAR

Acender

Acendido

Aceso

Cansar

Cansado

Canso

Coller

Collido

Colleito

Enxugar

Enxugado

Enxuto

Espertar

Espertado

Esperto

Fartar

Fartado

Farto

Fritir

Fritido

Frito

Gañar

Gañado

Gaño

Pagar

Pagado

Pago

Prender

Prendido

Preso

Romper

Rompido

Roto

Soltar

Soltado

Solto

A regular adóitase empregar nas perífrases verbais e na voz pasiva en canto os irregulares teñen uso coma adxectivo.




Descargar
Enviado por:Ramón
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar