Filología Gallega
Relato desde unha perspectiva estructural
O relato desde unha perspectiva estrutural
A estrutura da novela: historia e discurso
Estes dous termos, historia e discurso, aparecen da man do formalista TODOROV que distingue entre fábula e suxeito, aínda que xa ARISTÓTELES diferenciaba entre mito e dianoia.
Historia: é o tema, que se ten que presentar en orde cronolóxica e lineal, tendo como base relacións causa - efecto.
Discurso: é o xeito no que se dá a coñecer o acontecido.
Elementos que constitúen o relato
Historia | Discurso |
Tema | Narrador |
Argumento | Tempo |
Gramática do relato | Espazo |
Motivo | Personaxes |
Estrutura | |
Tempo | |
Espazo | |
Personaxes |
-
TEMA: son limitados, non así o xeito de presentalos, e uns teñen máis importancia ca outros en función do momento histórico.
-
ARGUMENTO: é máis extenso, xa que comprende todos os feitos do relato.
-
MOTIVO: é un concepto que xurde da man dos formalistas (distinción entre fábula e suxeito) e que se define coma a unidade mínima de acción (heroe que rapta a princesa). Poden ser de catro tipos:
Libres ou asociados (tamén chamados ligados ):
-
Libres: podemos prescindir deles sen que iso afecte á acción.
-
Ligados: son imprescindíbeis para a acción.
-
Estáticos ou dinámicos:
-
Dinámicos: relacionados coa acción do heroe.
-
Estáticos: descricións e digresións.
-
ESTRUTURA: debemos analizala atendendo ao narrador, o espazo, o tempo... e non ao contido. Pode ser:
-
Comezo cunha introdución moi detallada (Fortunata y Jacinta).
-
Comezo inesperado, in medias res, ex abrupto ( O código Da Vinci).
-
Desprazamentos temporais considerábeis no comezo (Crónica de una muerte anunciada).
-
Estrutura en escaleira: cóntase a mesma historia dende diferentes puntos de vista (O cuarteto de Alexandría; A dama de Shangai)
-
Enfiado: relatos xustapostos que están unidos por un elemento común, por exemplo, un personaxe ( Percival e outras historias de Ferrín, Las Sonatas de Valle - Inclán).
-
Encadre: inclúense unhas historias dentro doutras, metanarración (O Quixote; As mil e unha noites).
-
A historia. As gramáticas do relato ou esquemas actanciais
-
Propp
-
Heroe: é o que realiza a acción, persigue o obxectivo do matrimonio.
-
Falso heroe: é aquela función que representan os personaxes que se queren facer pasar polo heroe.
-
Auxiliar: é a función desenvolvida polos personaxes que axudan ao heroe (desprazándoo no espazo, transformándoo...)
-
Princesa e pai: a primeira é o obxectivo do heroe e o segundo intenta impedir o matrimonio ou ponlle probas ao heroe.
-
Mandatario: manda cartas, recados... ao heroe.
-
Agresor: loita contra o heroe.
-
Doante: prepara un obxecto máxico, bo ou malo, para o heroe.
-
Greimas
-
Suxeito: realiza a acción principal.
-
Obxecto: é o obxectivo do suxeito.
-
Destinador: é a forza que promove a acción do suxeito e sanciona o que este fai.
-
Destinatario: é o beneficiario da acción do suxeito.
-
Axudante e auxiliado: son forzas que axudan ao suxeito.
-
Opoñente: dificulta a acción do suxeito.
-
Barthes
-
Nucleares: accións importantes que afectarán noutras posteriores.
-
Catálises: accións sen importancia que poderían suprimirse sen que isto afectase ao desenvolvemento da historia.
-
O discurso. Conceptos e modelos de enunciación narrativa. Niveis de enunciación narrativa. A modalización narrativa
-
O narrador segundo NORMAN FRIEDMAN
-
Omnisciencia: o narrador sabe todo sobre os personaxes, pode ser de catro tipos:
-
Omnisciencia editorial ou autorial: aparece o autor implícito xulgando, comentando... as funcións do autor poden ser:
-
Metanarrativa: comentarios que non están vencellados ao relato.
-
Ideolóxica: defensa dunha determinada postura, é a máis abundante.
-
Hermenéutica: axuda a entender o texto.
-
Omnisciencia neutral: só aparece o narrador omnisciente, sen existir o autor implícito.
-
Omnisciencia selectiva: o narrador céntrase nun personaxe mediante o estilo indirecto libre.
-
Omnisciencia multiselectiva: o narrador sabe todo pero conta só o que os personaxes, ou reflectors, lle deixan contar. Neste caso o narrador omnisciente non se centra nun só personaxe.
-
O eu testemuña e o eu protagonista: son dúas perspectivas da narración en primeira persoa:
-
Eu testemuña: narra o que escoitou, o que viu ou lle contaron sen el participar neses feitos.
-
Eu protagonista: conta o que el viviu.
-
O modo dramático e o modo cinematográfico:
-
Modo dramático: é o que se dá cando os personaxes dialogan e o narrador non existe como tal. Tamén se inclúe dentro do modo dramático o monólogo interior, porque non deixa de ser un diálogo do personaxe consigo mesmo.
-
Modo cinematográfico: o narrador actúa coma unha cámara cinematográfica que conta obxectivamente o que ve. Responde á corrente psicolóxico - filosófica denominada Condutismo.
-
O narrador segundo GENETTE: a focalización
-
Focalización cero ou non focalización: o narrador sabe todo dos personaxes sen se limitar a uns personaxes concretos.
-
Focalización interna: o narrador sabe todo o que un(s) personaxe(s) lle permite(n) saber. Pode ser:
-
Fixa: centrada nun só personaxe.
-
Múltiple: centrada nun grupo homoxéneo de personaxes.
-
Variábel: centrada en máis dun personaxe.
-
Focalización externa: o narrador describe dende fóra dos personaxes, é alleo a eles.
-
A voz (GENETTE)
-
Homodiexética: o narrador está dentro da historia (é un personaxe, conta un feito vivido...). Unha voz homodiexética pode contar a súa propia historia (eu protagonista), neste caso sería ademais unha voz autodiexética.
-
Heterodiexética: o narrador é alleo á historia que conta.
-
A modalidade narrativa ou discurso interno (discurso do narrador + discurso dos personaxes). DORRIT COHN / HUMPHREY
-
Siconarración ou descrición omnisciente: é o discurso que se corresponde coas omnisciencias (non sempre coa selectiva e a multiselectiva) no que un narrador en terceira persoa e, polo tanto, alleo á historia, conta o que sinte ou pensa un personaxe.
-
Monólogo citado ou soliloquio: é o personaxe quen conta o que pensa ou sinte, non un narrador.
-
Monólogo narrado, monólogo interior indirecto ou estilo indirecto libre, caracterízase polos seguintes trazos:
-
O eu cámbiase por un el, de xeito que vemos pensar ao personaxe a través dun narrador.
-
Confusión entre o narrador e o personaxe, é dicir, non sabemos se ese narrador é o propio personaxe ou é outra persoa.
-
Uso do imperfecto ou do condicional.
-
Abundancia de exclamacións, interrogacións, interxeccións...
-
Ausencia de verba dicendi ou verbos introdutores.
-
Monólogo autónomo, monólogo interior directo ou monólogo interior: o personaxe transmite os seus pensamentos e sentimentos de xeito incoherente e fragmentario, polo que é unha técnica que se achega ao subconsciente.
-
O tempo na novela
-
Tempo físico: o natural, medíbel polos astros (día, noite).
-
Tempo crónico: tempo domesticado polos aparatos (reloxos).
-
Tempo psicolóxico: non está relacionado cos dous anteriores, xa que é o tempo que alguén cre que pasa dependendo de moitas circunstancias (estado de ánimo...).
-
Tempo narrativo (GENETTE): o tempo narrativo é o que se refire a como o tempo da historia (os feitos en orde lóxica e causal) pasa ao discurso (cómo se contan eses feitos).
-
Orde: adoitan producirse anacronías ou saltos no tempo entre o punto de referencia inicial e outros secundarios:
-
Analepse ou flashback (pasado).
-
Prolepse ou flashforward (futuro).
-
Alcance: é a distancia que hai entre o punto de referencia inicial e o salto ao pasado ou o futuro.
-
Amplitude: é o tempo que dura ese salto no tempo, a historia que se conta na analepse ou na prolepse.
-
Externas (a maioría): o alcance e amplitude caen fóra do tempo de referencia inicial.
-
Internas: o alcance e a amplitude caen dentro do tempo de referencia inicial.
-
Mixtas: o alcance cae fora do tempo de referencia inicial, pero a amplitude chega a tocalo.
-
Duración: refírese ás alteracións no ritmo que se producen en tódalas novelas e contos, é dicir, á ANISINCRONÍA. Para estudar a duración debemos ter en conta:
-
O tempo de lectura.
-
As liñas que o autor dedica a descricións, un ou outro acontecemento...
-
Elipse: omisión de anacos da historia no discurso, pode ser:
-
Determinada: menciónase o tempo de duración da elipse.
-
Indeterminada: non se especifica o tempo de duración.
-
Explícita: existencia de signos no texto que marcan a elipse (espazos en branco).
-
Implícita: inexistencia de signos no texto que nos indiquen a presenza dunha elipse.
-
Resumo: non se omiten elementos da historia, pero pasan ao discurso dun xeito máis breve, resumidos.
-
Escena: a historia e o discurso coinciden, como acontece nos diálogos ou no monólogo interior.
-
Pausa: momentos da historia que no discurso se prolongan máis. A pausa pode ser:
-
Descritiva.
-
Disgresiva.
-
Frecuencia: entendemos por frecuencia o número de veces que un ou varios feitos da historia se contan no discurso. A frecuencia pode ser:
-
O espazo na novela
Os esquemas actanciais xorden na Lingüística e logo son trasladados á Teoría Literaria. Consisten en analizar os personaxes dende unha perspectiva distinta: a da súa función. Estas funcións serán os actantes.
Propp en Morfoloxía do conto (1928) estuda cen contos de fadas rusos e, tras esta análise, chega á conclusión de que hai nos personaxes ou actores funcións que se repiten. Clasifica estas funcións en trinta e unha, reducíndoas a sete:
Greimas (Semántica estrutural do relato, 1966) é un estruturalista francés que, partindo dos esquemas do lingüista Tesnière e da mesma idea ca Propp elabora a seguinte clasificación de actantes:
D1 (destinador) | D2 (destinatario) | |
S (suxeito) O (obxecto) | ||
Ax (axudante) Aux (auxiliado) | Op (opoñente) |
En Introdución á análise estrutural do relato (1966) distingue entre as seguintes funcións:
Barthes aplica a súa teoría ás novelas de 007.
Entendemos como narración a administración dun tempo dende unha perspectiva determinada cunha modalidade ou discurso concretos e a aparición de personaxes nun espazo determinado.
Friedam elaborou unha das primeiras clasificacións do narrador que, se ben está superada hoxe en día, séguese a empregar.
A focalización non implica só o punto de vista do narrador, senón a calidade do que ve ou describe. Pode ser de tres tipos:
FRIEDMAN | GENETTE |
Omnisciencia editorial e neutral | Focalización cero ou non focalización |
Omnisciencia selectiva | Focalización interna fixa |
Omnisciencia multiselectiva | Focalización interna variábel |
Modo dramático e modo cinematográfico | Focalización externa |
Ámbalas dúas propostas teóricas, a de Friedman e a de Genette, son complementarias, mais para facer un comentario podemos cinguirnos só a unha delas.
A voz refírese a quen fala e pode coincidir ou non con quen ve. Segundo o narrador estea dentro ou fóra da historia podemos atopar as seguintes voces:
A modalidade narrativa pode ser de catro tipos para os que DORRIT COHN, HUMPHREY e a narratoloxía actual nos dan denominacións diferentes (aínda referíndose ao mesmo fenómeno):
DORRIT COHN | HUMPHREY | DENOMINACIÓN MÁIS ACTUAL | ELEMENTO NO QUE SE CENTRA |
Siconarración | Descrición omnisciente | Narrador | |
Monólogo citado | Soliloquio | Personaxe | |
Monólogo narrado | Monólogo interior indirecto | Estilo indirecto libre | Narrador |
Monólogo autónomo | Monólogo interior directo | Monólogo interior, corrente de conciencia (streme of conciousnes) | personaxe |
Xunto co narrador e o espazo é un dos elementos máis importantes na análise narratolóxica. A relación tempo - espazo é indisolúbel (cronotopo).
O tempo pode ser:
GENETTE fala de tres elementos no tempo narrativo: orde, duración e frecuencia.
Dentro da orde temos que falar de dous elementos básicos:
Dependendo do alcance e da amplitude hai tres tipos de analepses e prolepses:
Dentro da anisincronía podemos atopar:
Elipse | Resumo | Escena | Pausa |
TH > TD | TH > TD | TH = TD | TH < TD |
Axiliza o ritmo | Mantén o ritmo | Ralentiza o ritmo |
1F | 1D | Frecuencia singulativa (o feito aparece no discurso tantas veces como acontece na historia) |
NF | ND | |
1F | ND | Frecuencia repetitiva (o feito aparece no discurso máis veces ca na historia) |
NF | 1D | Frecuencia iterativa (unificación de varios momentos da historia. Exemplo: “todas as fins de semana...”, non se conta cada fin de semana, senón que se unifican todas) |
Debemos entender función coma unha acción feita polo personaxe.
O Estruturalismo francés é herdeiro do Formalismo ruso. Amais de Greimas non podemos esquecer nomear un dos seus máximos representantes: Genette.
O narrador está presente e reflicte o que o personaxe pensa ou di. Caracterízase polo uso do imperfecto.
Termo de Dujardin. Ver punto 2.2. do tema 2.
Termo acuñado por M. Bajtin que fai referencia á relación do tempo e o espazo cun determinado contido ou siginificado.
Unha analepse ou prolepse non consisten nunha mera referencia ou pasado ou ao futuro (onte/ mañá) senón que é algo máis complexo, ten que se desenvolver esa historia que acontece no pasado ou no futuro.
TH: tempo da historia; TD: tempo do discurso.
F= feito, D= veces que se conta no discurso
Constitúen o eixo principal do esquema
A
B
A
B
B
A
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |