Literatura


Poesía


“Poema pra queimar na festa” (1927)

L'homme est un animal magique

Qui se change en paroles et en fumée de tabac

(Luc Durtain, Poemes Armoticains)

(A Augusto María Casas)

Os clocheles

encol do manantial planchado

do ceo verquen os dedos.

Coa xema do sol

bate o mar

seu derradeiro cocktail.

As noites de café con leite

endózanse

con coadradiños de luar.

Hoxe é a festa da frol

nas nubesns.

O foguete morre cantando.

Bebámo-lo cognac musical

que fan

as charangas roibas.

(Poema solto publicado no diario pontevedrés Progreso, 1927)

1. O argumento do poema é moi habitual na poesía de Amado Carballo. Explica os elementos temáticos de cada unha das estrofas.

2. No poema cada estrofa é unha imaxe, ficando reducido a unha serie de indicacións elípticas e xustapostas, montadas (de usarmos unha terminoloxía cinematográfica), que dotan o poema dunha estrutura secuencia. Analiza esta estrutura de secuencias.

3. Castelao narrador e ensaísta.

4. A obra poética de Ramón Cabanillas.




Descargar
Enviado por:Alba Castro Asensio
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar