Platón ante todo era un pensador político, e a súa obra mais importante “ A República” está adicada a deseñar o sistema político ideal.
A teoría política de Platón xira en torno a dous principios fundamentais:
A correlación estrutural entre a alma e o Estado: segundo Platón, o Estado posúe a mesma estrutura tripartita que a alma humana. Así o Estado componse de tres grupos ou clases sociais: os productores (adicados á act. económica, á producción de bens e ao comercio) a quen lles corresponde a dimesión concupiscible da alma e por iso a súa virtude é a temperanza, grazas a que serán dóciles aos dictados dos gobernantes; os guerreiros ou guardiáns (adicados á defensa e ao mantemento da orde, a tarefas militares e policiais) a quen lles corresponde a dimensión irascible da alma e por tanto a virtude que lles convén é a fortaleza; e os gobernantes que teñen poder sobre as outras clases e a sua misión é a de lexislar, administrar, velar pola educación e a organización da cidade, a eles correspóndelle a dimensión recional da alma e a virtude da prudencia entendida como a capacidade de gobernar dacordo co mellor e o mais recto. Por iso os gobernantes deben coñecer a Dialéctica para poder rexer a cidade segundo o Ben Supremo. Desta maneira, os gobernantes deben ser os mellores éticamente( os mais prudentes, rectos, amantes da verdade e virtuosos), os mellores intelectualmente( os mais sabios e os mellor formados), e os mais experimentados, polo tanto levar moitos anos vividos e de educación. Por iso os gobernantes deben ser os filósofos, xa que os auténticos filósofos posúen as tres características: ciencia, virtude e experiencia.
O principio de especialización funcional: isto é, cada individuo e cada grupo social ten que adicarse á tarefa que lle é propia.
Da conxunción destes dous principios resulta a concepción platónica da XUSTIZA no Estado, que é a mesma que para a alma humana.
Así a xustiza no Estado realízase cando cada un dos grupos sociais desempeña a función que lle corresponde e lévaa a cabo de modo axeitado para posuír a virtude que lle é propia: a prudencia nos gobernantes, a fortaleza nos guardiáms e a temperanza nos productores.
Platón pensa que a finalidade fundamental do Estado é moral: promover a virtude e a xustiza, tanto individual como socialmente. Por iso lle concede moita importancia á educación, que é competencia exclusiva do Estado. Todos os individuos pasarán un longo proceso educativo, grazas ao cal chegarán ao Ben absoluto, á Idea Suprema, causa das demais ideas.
O Estado perfecto que Platón suxire é un Estado Utópico. Trátase dun Estado aristocrático. En “A República” fala doutros réximes políticos que son catro posibles enfermedades de estado.
ENFERMIDADE DO ESTADO
FORMAS DE ESTADO
ORIXE
GOBERNANTES
CARACTERÍSTICAS
TIMOCRACIA
Dexeneración da aristocracia
Os homes da acción, militares.
A ambicion na clase militar, que non mira polo ben e a felicidade comuns, senon pola sua prosperidade persoal.
OLIGARQUÍA
Dex. da timocracia
Poderosos e adiñeirados.
Cobiza na clase dirixente, que só busca enriquecerse. Esta clase convértese en explotadora das outras.
DEMOCRACIA
Dex. da oligarquía
Pobo
Liberdade e igualdade, ainda que non é positivo xa que todo o mundo fai e di o que quere. Ademais, os pobres igualanse aos ricos, os ignorantes aos sabios, etc. A dirección do Estado NON se reserva as mans mais preparadas e mellores.
TIRANÍA
Dex. da democracia
Líder ambicioso e carismático.
É a dexeneración política mais extrema, consecuencia das pelexas e guerras civís froito da democracia. Neste clima de inestabilidade, álzase un “salvador” que acaba por se converter en omnipotente e corrompe e atemoriza aos outros.
En relación tanto en Platón como en Aristóteles, a ética e a política son inseparables xa que a ética conduce á política mentres que a política transmite o ideal ético; é dicir, a ética ocúpase de organizar e orientar o noso comportamento individual de cara ao Ben e á felicidade, mentres que a política se encarga de organizar a vida e o comportamento colectivo para asegurar o Ben común.
En conclusión podemos dicir que tanto a ética como a política nos dous filósofos teñen o mesmo obxectivo que é o benestar e a felicidade das persoas.
Tamen coinciden en que a mellor forma de gobernó é aquela na que gobernan os mellores( Aristós) con vistas ao Ben común.
Pero diferéncianse en que Aristoteles non trata de buscar un “Estado Ideal” ou utópico como Platón xa que é irrealizable, o que fai o seu discípulo é expor as condicións para que o Estado sexa o mellor posible para alcanzar o benestar e a felicidade de todos os seus membros. E tampouco esta dacordo coas ideas de Platón sobre a propiedade privada e a familia, xa que para el son dereitos naturais do home.
Pensemos na sua concepción dualista do ser humano: un ser dividido nunha alma que mira cara arriba e un corpo atrapado no mundo das cousas. Esta concepción marcou todo o pensamento occidental e moi especialmente a antropoloxía cristiá. Influiu na concepción e na visión que o home occidental tivo de si mesmo.