A historia sitúase nos entre os anos 40 e 50, supoño.
Esta historia vai de un home cazador, Fulxencio Nóvoa , e o seu fillo, Xosé Nóvoa, están na súa casa ceando, cando chega á súa casa un home chamado Oreste Mor que os ven contratar para que maten a uns lobos enormes, un branco e outro negro que ninguén mais na vila e capaz de matar. Resulta que, aínda que eles pensan que lle atinan co disparo nunca lles afecta o mais mínimo. Chegan a un pobo chamado O Incio, en Lugo.
Alí atopan un pobo atemorizado polos lobos que xa comeron un rabaño de ovellas e a unha pastora de por alí.
A noite de chegar pásana na casa de Oreste e a partir de alí durmiran na casa do fidalgo, don Eduardo. Despois preséntanlle ao autor ás dúas fillas do fidalgo. A mayor chámase Ana e a menor Aurora, coa que o autor casa ao final. Logo describe un pouco a casa de don Eduardo e a seguinte escea é na mesa. Mentres xantan, Fulxencio, Oreste, Ana e Xosé discuten sobre porque foron chamados, como se organizarian as montarías e como son os lobos. Entre todo Ana discute sobre a posibilidade de que non sexan lobos senon lobishomes.
Ao día seguinte Xosé e o seu pai van medir as pegadas dos lobos, observar e analizar o terreo e pedir información aos habitantes do pobo. Nesa tarde, Xosé coñece a Rosa dos Chantos, que é un anano ou anana que vive no pobo e que cambia de sexo segundo como esté a Lúa. Rosa opina desde o principio que os lobos, ou non son lobos, ou reciben algunha clase de axuda humana.
Logo ven unha larga convesa entre Aurora e Xosé falan sobre os lobos, Rosa dos Chantos, o fidalgo, Ana e demais cousas do pobo. Despois da conversa, Xosé vai limpar e alimentar aos cabalos cando atopa a Ana que, nunha conversa moi misteriosa morde a Xosé. Logo vai comer á casa do fidalgo o párroco don Laureano Saco e comenta que é un home moi raro. Despois dun longo debate entre Ana, Eduardo e o párroco, Xosé e Fulxencio quedaron en ir eles co can a buscar aos lobos polo monte. Sen éxito volveron ao caserío e Xosé xa comezou a tratar a posibilidade de que os lobos sexan lobishomes.
Despois mentres Rosa dos Chantos cóntalle a Xosé unha historia dun pobo cercano, faiselle un cebo aos lobos para que vaian e poder matalos. Despois o lobo branco ataca a don Eduardo que estaba no lousado da casa do anano e queimase unha boa parte da casa.
Despois do fracaso de Fulxencio e Xosé móntase unha montaría coa Guardia Civil e homes e mulleres armados con machadas, galletas, escopetas e toda clase de armas. Móntanse cebos, trampas e demais estratexias para cazar a todos os lobos posibles. Á mañán son cazados 6 ou 7 pero ningún dos importantes. Cando volvian Xosé, Fulxencio, o cura, o anano e o criado de don Eduardo aparece o lobo branco que os ataca. Devora ao cura e intenta parar os cabalos pero só consegue morder ao de Xosé. O anano e o criado refuxianse nunha árbore e Fulxencio marcha sen cabalo guiado polos lobos polo monte. Mentres Xosé cae do cabalo por culpa dunha póla e ao despertar refugiase nunha casa abandoada. Nela durme e espera o momento de sair pero e delatado polo seu can, Bal o que mata. O lobo branco vai á casa onde se atopa Xosé e case o ataca pero amanece e descubrese que é Aurora. Logo ven o lobo negro que resulta ser Ana. Estas son lobishomes por unha maldición que lles fixo o pai inconscientemente. Cos lobos derrotados remata a historia na que Aurora e Xosé casan e morren todos os persoaxes menos eles dous e Ana, que segue sendo unha loba.