Literatura


Pé das Burgas; Francisco Álvarez de Nóvoa


Dous parrafeos:

Nesta introducción o autor quéixase de que o galego non ten unha real academia que decida o que está ben e o que está mal dito, de que non temos dicionarios de calidade e que témonos que guiar polos dicionarios da Real Academia da Língua Portuguesa. Conta que hay tantas variantes na nosa língua que casi non nos entendemos entre as catro provincias.

Él non naceu en Galicia, é andaluz, pero que a recorreu toda observando as distintas formas de falar e, a falta de unhas normas para escribir en galego, pode tomarse a liberdade de escoller os vocábulos que lle apetezan. Polo que non quere que se vexa como unha forma incorrecta, xa que opina que as línguas nunca se falan como se escriben e que escribir da forma máis parecida a de que se fala e a que máis embelece o idioma. Opina que escribe da mellor forma da que sabe para non ser galego e levar pouco tempo vivindo aqui.

Algúns autores e críticos consideran que unha historia non é galega se non fala dos temas típicos e rurais de Galicia , ou de asuntos rexionalistas. Se non menciona algo diso, é exótico, non galego.

Él está totalmente en desacordo con esa idea e di que neste libro non existe nada diso, porque Galicia é moito máis Él síntese galego de corazón, a pesares de estar noutros lugares, vivíu moitos momentos inesquecibles nesta terra.”A patria dos homes é a patria do seu corazón”

1º Relato: O louco:

Describe máxicamente a cidade de Ourense. Transcorre nunha tarde de outono escura na que o auntor está no seu escritorio e e conta que lle vai a escribir unha historia chea de tristeza que lle prometera a alguén. Esta historia é dun rapaz que se volvera tolo ó namorarse perdidamente dunha moza que, finalmente, morrera tras unha longa enfermidade prometéndolle que o agardaría “alá”. Debido a isto, o rapaz andaba seguido dun lado para outro para encontrar o camiño que o levase xunto coa súa namorada. Un día preguntoulle ó autor se sabía cal era o camiño, e este coñecendo a súa desgrazada historia, sinalou ó ceo. Uns días despois o “louco” atopouno de novo e recoñecéu que tiña razón, contoulle que ela baixara do ceo como un anxo e que o tocara antes de esvaecerse no mar. Ó día seguinte, o rapaz apareceu afogado. Fóra a reunirse coa súa namorada.

2º Relato: Na Costa:

Esta historia fala de dous rapaces que se atopan na praia. Os dous tentan pescar algo pero non teñen sorte, polo que, esgotados, séntanse nun penedo xuntos observando o mar. De súpeto, unha onda xigante pásalles por enriba e a rapaza esmáiase. O rapaz lévaa ata ó acantilado e esta esperta. Nese intre ela dase de conta de que él salvoulle a vida e de que está namorada. Finalmente bícanse mirando de novo ó mar, causa da súa desgraza e felicidade.

3º Relato: Qué Senón...

Atópase unha rapaza moi guapa segando cando, de súpeto, dase de conta de que un rapaz está detrás dela. Este sorpréndea dicíndolle que ten que falar con ela porque lle botou un meigallo. Esta respóndelle que iso non é posible, porque sempre leva un corno de vacaloura (amuleto) polo que non pode enmeigar nen estar enmeigada. O rapaz dille que él tamén leva un, pero que iso non evitou que se namorase dela. A rapaza, sorpréndese aínda máis e finalmente correspóndeo. Pero logo pensa: Se o corno de vacaloura non protexe do meigallo de amores ¿De que vai protexer senón?

4º Relato: Turuleque:

Fala dun rapaz de baixa clase social que é moi bo coa xente do seu estamento, pero facíalle a vida imposible os de clase superior, como ós Gardas Civís, beatas, etc e que sempre roubaba os primeiros froitos que brotaban nos campos dos agricultores, polo que estes xa estaban acostumados. O Turuleque tiña unha amiga, María, cuxa nai morrera e o pai matábaa a fame e a golpes, polo que él tentaba de protexela tanto como podía. Un día foi destinado para Cuba para servir ó Rei, e despedíuse de María, dándose conta de que estaba namorado. Volveu de alá a 5 longos anos podre de cartos, pero a rapaza morrera. O rapaz, cheo de tristura, comprou canta terra puido, fixo alí a súa casa e sementou todo, pero nunca recollía o froito das súas colleitas. A pesar de que non tiña ningún valado para que a xente poidese entrar, ninguén se atrevía a facelo. Ata que un día, uns nenos pequenos entraron a coller froita. Él descubriunos, déulles todo o que quixeron e díxolle que invitaran á tódo-los seus amigos a ir cando quixeran, porque non soportaría ver outra vez a un neno morrer de fame.

5º Relato: A Nai:

Conta a historia dun mozo que tiña unha buceta que todos envexaban e que chamou como a súa moza, María, a persoa que máis quería logo da súa nai Rosa.

Eles eran unha parella modélica, envexable, tanto que os alcumaban “Os Noivos de Sada”. Un día foron os tres a unha festa na buceta, e estaban tan felices xuntos que non se deran conta de que ameazaba temporal. Cando xa estaban no medio da ría, unha onda xigante volcou a embarcación. O mozo, véuse na obriga de salvar a unha das mulleres da súa vida, e finalmente, escolleu salvar á súa nai, pero ela, o ver o que tentaba facer, díxolle que salvase a María e afogouse. Os dous mozos, unha vez a salvo na praia, rezaron pola alma da nai que dera a vida porque estivesen xuntos.

6º Relato: A Garda da Morte

Fala dunha fermosa rapaza cunha vida desgrazada. A súa nai morrera no parto e o seu pai odióuna toda a vida por iso, ata que este finalmente se suicidou. Tamén perdera o seu único amor, e despois de tanta dor marchou a vivir soa nunha casa abandonada. Sempre ía vestida de loito e acompañábana dúas cabriñas negras e un can da mesma cor. A xente tíñalle medo, porque a todos a cantos tentaba axudar acababan en desgraza, ata que un día, morreu sóa na súa casa e o único que se dignou a enterrala fóra o novo crego da parroquia, que se sentía identificado coa súa historia ó perderes tamén o seu amor verdadeiro.

7º Relato: A Posta dos Corvos:

Conta a historia de dous rapaces que foran a pescar á pena da Posta dos Corvos, e conseguiran moreas de peixes. Orgullosos da súa captura, ensináronlle a mercadoría ó pai dun deles. Este, cheo de lembranzas, contoulles a historia do “lorcho”, un rapaz moi pobre que sempre pasaba moita fame. Cando seu pai morreu, él, que nunca pescara, amañou como puido e foi á posta dos corvos, onde conseguía o peixe suficiente para manter a súa nai e máis a él. Pero houbo un tempo en que o mar estivo moi revolto e ninguén puido saír a pescar, todo o mundo pasou fame, e moito máis eles dous, ata que finalmente a nai morreu. A partires de aquel día o Lorcho deprimiuse e non quixo pescar máis, nin sequera aceptaba a axuda que lle prestaban os veciños e tamén él acabou morrendo. Dende ese triste suceso, os mariñeiros respetaban a pena dos corvos para que os que pasaban máis dificultades pescasen alí e non ocorrese outra desgraza como a do Lorcho. O rapaz, arrepentido despois de escoitar a historia, deulle todo o peixe que conseguiran e pediulle que o vendese e que doase o diñeiro recaudado os necesitados que morrían coa fame.

8º Relato: Unha agonía:

Describe a longa agonía dunha velliña nas súas últimas horas de vida atacada por unha doenza do corazón, ata que esta finalmente falece, permanentemente acompañada dos seus fillos e do seu xenro, que non se atreveran a derramar unha soa bágoa durante todo o tempo que a acompañaron. Ó morrer a nai, a filla sentíuse tremendamente soa, sen a muller que a trouxera ó mundo e as bágoas que levaba contidas tantas horas derramáronse cun grito de agonía. O seu prometido correu a arroupala e a recordarlle que non estaba soa, que o tiña a él e que non a ía a deixar.

9º relato: A horta embruxada:

Describe con detalle unha horta e unha casa maxestuosas no seu tempo pero agora devastadoramente abandonadas e demacradas polo paso do tempo. O autor conta como entrara alí de neno por casualidade e relata a súa inxusta e triste historia. Trata dunha rapaza moi bela e orfa dende moi pequena, que quedara ó cuidado do seu tío, o usureiro da parroquia, un ser ruín e malvado que enganaba á xente para conseguir beneficios. Debido á reputación de ladrón do seu tío a xente consideraba de igual maneira á pobre Rosa. Un día, o tío e máis ela foron á vivir a aquela casa que él conseguira. Rosa axeitouna e coidábaa e o tío emperrábase en regalarlle cousas, que a rapaza doaba ós campesiños. Debido a estes xestos de caridade a xente comezou a collerlle cariño e os mozos namorábanse dela. Esta namorouse perdidamente dun, pero non sabía que o seu tío queríaa para él só. Unha noite, cando os dous namorados consumaran a súa relación, o tío cheo de rabia matou dun balazo ó mozo da sobriña, e esta, por vinganza e para defenderse matou a este tamén. Os dous cadáveres foron topados no xardín e todos deron por feito que discutiran pola rapaza e que iso terminara en traxedia. Meses despois Rosa foi ó doutor e este confirmoulle que non estaba embarazada, quebrando as súas ilusións e aferrándoa ás lembranzas daquela fatídica noite. Ela finalmente confesou o seu crime no seu leito de morte, pero os campesiños sempre a recordarían con cariño e non coma unha asasiña, xa que as grandes dores tapan os grandes crimes. E seguen dicindo que o espírito de Rosa vaga pola horta, vixiando o seu crime.

10º Relato: Os Caneiros:

Describe detalladamente unha festa na beira dun río do pobo de Sada, no val dos Caneiros. Conta como é a música, o espléndido tempo, a roupa colorida das xentes, as rosquilleiras... e pola noite, o alumear dos farois de cores, os foguetes, a troula... ata que a festa remata definitivamente e amañece, volvendo todo ó seu estado normal.

11º Relato: A Lámpada Rosa:

Narra a historia de unha parella a piques de casar despois de catro anos de noivos. Él quixéraa con loucura dende o primeiro momento e deulle todo o que puido precisar, pero ela, estaba namorada todavía do seu primeiro amor, un mozo pobre coma ela que quixo facer fortuna para mantela e fórase a traballar lonxe. A rapaza, cansa de esperar polo mozo comezara a sair co seu actual prometido sen estar realmente namorada del, pero cos anos acostumárase a querelo. Días antes do casamento a parella comprara todo o necesario para a súa nova casa, entre o que estaba unha lámpada de cristal rosa, que alumearía o seu primeiro encontro como recén casados. Dous anos despoís a muller, xa esquecera todo o amor pasado que sentira polo seu marido e volvéronlle as lembranzas do seu primeiro amor. Un día, o dito namorado apareceu na porta da súa casa e ela, sen sorprenderse, deulle todo o que levaba gardado para él durante todos eses anos. Cando o marido volveu a casa e veunos xuntos, durmindo na súa cama e alumeados pola lámpada rosa que fora testigo dos seus momentos máis felices, quixo morrer de rabia e rompeu a lámpada en mil anacos pero comprendeu que ese era o verdadeiro amor da súa muller. Sabía que Deus sempre era xusto, aínda que ás veces non o parecese.

12º Relato: Chuvia:

Describe con detalle un día de intensa choiva. Cando cae a noite comeza a contar a rutina diaria nunha humilde casoupa mariñeira. A muller prepara a cea para o home e a súa filla, que xoga co can. Cando chega o marido de traballar, séntase á mesa e pregúntalle os sucesos do día mentras lía uns cigarros. Logo cean, deitan á nena e finalmente eles tamén van para á cama, mentras os inunda o silencio só interrumpido por algunhas gotas de chuvia que se colan entre as tellas.

13º Relato: Soa:

Narra a historia de dous recén casados que ultiman os preparativos da súa viaxe de vodas na casa da nai da noiva. A nai, alégrase da felicidade da súa filla pero mira con tristeza a súa marcha da casa e sínte unha profunda soidade ó quitarlle ó que máis quere. Os noivos quérena moito, pero precisan o seu propio espazo sen a perpetua vixilancia da velliña e marchan felices xuntos. Ó caer a noite, a muller dase verdadeira conta da falta que lle fai a rapaza. Vai ó cuarto desta, ordea todo como estaba antes de marchar e pon na cama a estampiña da virxe da soidade, loira e bonita como a súa filla, a súa nova virxe a quen adorar, pero que nunca chegaría a querer tanto.

14º Relato: No Miño:

Describe os diferentes lugares polos que flúe este río e como en distintos puntos, nunha calurosa tarde de verán, rapaces e rapazas, separados uns dos outros, uns espidos e as outras tapadas con escuras vestimentas,disfrutan a gargalladas nas súas augas con xogos e risas, como os rapaces espreitan ás mozas para ver cousas que non lles están permitidas e estas, cando os descubren, rifan seriamente con eles, aínda que volven ás andadas. En contraposición describe os puntos do río onde a luz e calor do sol non chega e as augas son escuras e tristes.

15º Relato: Anémica:

Conta a historia de un home que acompaña a un doutor a visitar a unha paciente que padecía de anemia. Ela máis o seu marido vivían nunha casoupa no alto da montaña, os dous sós sen prácticamente nadie ó seu redor. Ela estaba tendida no pobre camastro co home ó seu carón, e o doutor declarou que apenas lle quedaban unhas horas de vida. O marido, destrozado contoulle que estaban perdidamente namorados e que eran moi felices. Cando a rapaza comezou a enfermar pensaban que era porque estaba embarazada, pero comezou a poñerse peor e recomendáronlle levala ó pobo, onde había unhas augas que poderían curala. O home baixouna ó pobo pero ela non soportaba estar alí, e empeorou aínda máis. Finalmente a rapaza faleceu, o home levouna a enterrar nunha caixa que cargaba un burro, mirando con rencor ó médico e ó axudante. Eles ofrecéronlle cartos, pero este alegou que agora non os precisaba para nada. Entón os dous homes preguntàronlle por qué non a enterraba na vila. Este respondeulles que por culpa de baixala a vila, a súa muller morrera, polo que non ía permitir que estivese alí soterrada.

16º Relato: Abandonado:

Conta a historia dun mariñeiro que mentras pesca vólvenlle as lembranzas de cando era neno pescando con seu pai, de cando de mozo se namorara por primeira vez, dos momentos inesquecibles que pasara con ela, do seu casamento, da noite de vodas, do embarazo, do parto no que naceu a súa filla. E finalmente recordou con rabia cando comezaron a chegar ós turistas madrileños a Marín, como a súa muller abandonárano polos cartos dun deles, deixándo so coa meniña pequena que preguntaba de seguido polo paradoiro da súa nai. Chegou a casa logo do día de pesca, onde o agardaba a nena. Unha vez máis esta volveulle a preguntar polo paradoiro da nai e o home contestoulle entre bágoas que estaba morta. A nena recordou o que lle dixera a súa nai e tranquilizou o seu pai dicíndolle que estaba no ceo porque era boa. O pai contestou polo baixo que non a levara Deus, pero que este deixou que lla levasen.

17º Relato: Unha frase:

Diríxese a un amigo médico para lembrarlle a historia que ambos viviron ó coñecer un rapaz de dezaoito anos cun gran pensamento. A ambos deixounos abraiados a súa extraña mentalidade e seguíana para ver onde chegaba. Pero aquel home extremadamente serio e frío namorárase por primeira e última vez, xa que o seu amor morreu pouco despois, e ahí comezou a súa loucura, aínda que se mostrase tan sereno coma sempre. A partires dese día os dous amigos, coidábano un con mediciñas e outro con palabras, pero él o único que quería era morrer. O médico abandonounos ós dous ó pouco e o autor quedou só co home, para ser testigo da súa frase final, convencido de que ía ser un prodixio. Sen embargo o único que dixo foi que se lembrara del e que por fin morría. Nese intre o autor deuse conta do inferno que estaba pasando e que a súa gran frase foi a única que non dixo.

18º Relato: De Entroido

Conta a historia de como comezou a aficción do autor polo teatro. Un entroido, xuntáronse os rapaces da vila e foron de troula, cando regresaron tiñan que facer unha obra de teatro. Él viña moi canso, pero como non había outro que soubese o seu papel tivo que facelo. O decorado contaba cunha ventá pola que tiñan que ver ós personaxes, e mandoulle os que montaban a escea que puxesen de fondo calquera bastidor. Cando tiveron que facer a escea en que os dous personaxes miran a través da ventá falando, déronse conta de que o decorado do fondo era a lápida de Doña Inés na obra de Don Xoan Tenorio e escacharon coa risa no medio da actuación. O público non sabía que acontecía e finalmente, con admirable serenidade, o compañeiro do autor dirixiuse a eles, disculpouse e a obra seguiu como se nada.

19º relato: A Codia:

Conta a historia dun peregrino que fai o camiño ata Santiago, como unha promesa para conseguir o perdón dun crime paixoal inútil. Neva con forza, él está conxelado, famento, non pode avanzar máis na súa travesía. Finalmente chega a un pobo e chama á porta dalgunhas das casas, pero ninguén lle abre. Cando ve unha ventá con luz, que pertence a unha casa maxestuosa. Chama a porta e esta vez o mordomo ofrecelle acubillo e comida por parte da señora da casa. Pero a promesa do home implica non comer nada máis que pan e non durmir en cama branda ata que non chegase ó seu destino. Polo que a señora sae a xunto del acompañada dun meniño, e este ofrécelle unha codia de pan. O peregrino non o pode creer, esa era a muller do que estivera perdidamente namorado e pola cal cometeu o crime, polo que agora peregrinaba en busca de perdón. E agora ela era feliz, e ofrecéralle o que tanto desexara unha vez, algo que ela lle regalase, en forma de unha codia de pan cando él estaba morto de fame. Sen poder comer o pan e cunha dor inmensa da alma continuou o camiño convencido de que Deus non tiña piedade de él.

20º Relato: O Redimido:

Narra como o protagonista deixara a un lado as súas raíces, a raza nobre da súa familia para experimentar, buscar novas formas de pensar, paisaxes costumes... e como finalmente volveu á casa dos seus avós coa paixón de descubrir algo novo que o embriagara desbotada por un profundo sentimento de nostalxia, por voltar as súas raíces, a volver a creer no que lle inculcaran de rapaz, a seguir a súa raza. Polo que abriu de novo a vella capela da casa e volveulle a rezar, como facía con seu pai cando era neno, ó cristo de marfil que pertencera á súa familia durante moitas xeracións para pedirlle que o perdoase polo seu abandono.

21º Relato: ¡Tanto ten!

Fala de Rafael de Coto, un servente da casa dos avós do autor, que era moi bo, servicial, traballador e cariñoso, pero non tiña moitas luces. Cando marchou á servir ó Rei, deixou no seu lugar ó seu irmán máis novo que era máis espabilado e menos leal. Cando este regresou, o irmán xa lle botara ó ollo a dúas irmás orfas que tiñan un bos terreos e tentou de achegarse á pequena, pero como non lle facía caso, acordou casarse coa maior. E Rafael quedouse coa máis nova. Pero ó irmán prefería a muller deste e enganouno para que as cambiasen, prometéndolle que lle daría o sombreiro e a chaqueta que lle gustaban. Rafael aceptou sempre que elas estivesen de acordo, aínda que non acertaba a entender o interese do seu irmán polo cambio. O día seguinte, elas dixeron que lle daba igual o pretendente con tal de casar axiña, e o pobre de Rafael quedou coa intriga de qué lle vería o seu irmán á xoven rapaza para darlle por ela a chaqueta nova e o sombreiro branco.

22º Relato: O paraíso:

Fai este relato como agradecemento a un autor que escribira un prólogo para o seu libro. Conta a historia de dous rapaces que se namoraran ó verse por casualidade cando ela xogaba case espida no río e él corría tras un páxaro que ferira cazando. Viviron un amor puro, pleno e sen barreiras, tiñan un pequeno paraíso para eles sós onde pasaban a maior parte do tempo xuntos e onde grabaran as súas promesas de amor nunha abeleira. Un día Anxo tivo que embarcar e despedíronse cunha fonda tristeza. Carteábanse a miúdo reflectindo o seu tremendo amor en cada liña, ata que un día chegoulle unha carta de Gloria na que lle contaba que lle morrera unha parenta deixándolle unha boa herdanza, e o rapaz tivo un mal presentimento. De alí a dous meses Gloria deixou de escribir e Anxo volveuse tolo, enfermou, e os doutores dábanlle poucos días de vida, polo que este quixo voltar para morrer nos brazos da súa namorada. Atopouna nunha festa, ela era a raíña, pero non era a rapaza que él coñecera. Xa pasara por outros moitos homes e iso destrozou máis ó rapaz. Unha noite treboenta, atopáronse os dous de novo no que fora o seu paraíso, o pé da abeleira na que grabaran os seus xuramentos, e Gloria rexeitouno definitivamente. Anxo morreu nese intre co corazón roto en mil anacos.

23º Relato: Paisaxe:

Describe con detalle un paisaxe de día e de noite dunha vila mariñeira dende a perspectiva dun cazador.

24º Relato: A Goleta:

Conta o autor, que estando en Galicia descansando unha mañá, atopouse cun mariñeiro amigo seu e comezaron a falar cando cruzou o mar unha goleta fermosa e nova e o escritor púxose a alabala. O mariñeiro advertiulle que non se pode un fiar das apariencias e contoulle unha historia que sucedera na súa xuventude. Él andaba embarcado nunha goleta aínda máis maxestuosa ca que estaban vendo, na que ás veces ían pasaxeiros, entre eles unha parella xoven de recén casados que se querían con loucura e eran a envexa de toda a tripulación. Un amencer, comezou a soprar un fortísimo vento de Nordeste que embraveceu o mar. A parella atopábase na cuberta observando xuntos a beleza das ondas sen reparar en ningún perigo, ata que, unha forte racha de vento rompeu o pau que suxeitaba unha vela e este caeulle á rapaza na cabeza, matándoa ó instante. Nese mesmo intre, o capitán berraba á tripulación ¡Larga, larga! Para que arriasen o velacho da mesana, e estas palabras quedaron grabadas con lume na cabeza do namorado, tanto que non sabía dicir outra cousa, como se perdera a razón naquel mesmo momento.Con esta historia o mariñeiro explicoulle o autor que non hay que fiarse das cousas que parecen moi bonitas, como o mar, por que as veces este, cheo de odio á humanidade, precisa tragar un amor inmenso para calmar as súas amarguras.

Opinión persoal:

Este libro contén historias e frases moi fermosas. Algunhas fante reflexionar e outras telas que reler para buscarlle un significado oculto, ou simplemente un significado, aínda que todas teñen en común ese rastro de tristeza e melancolía, ese lixeiro ton gris escuro que da arrepíos. Alguns relatos contan verdadeiras historias, pero outras sen embargo limítanse a describir con todo detalle unha soa situación ou paisaxe sen que a narración vaia máis alá, o que ás veces desespera ó lector se este non ten un chisco de paciencia e imaxina detidamente todo o que o autor quixo reducir a unhas cantas páxinas de papel. Agradezo as minuciosas descripcións do autor por unha parte xa que son capaces de transladarte máxicamente ó ambiente que quere transmitir, pero por outra fan a narración algo máis lenta e pesada, o que consegue que moitas veces perdámonos no que nos está contando e teñamos que regresar atrás na lectura. En xeral pareceume un libro moi orixinal, un reflexo máxico de Ourense.




Descargar
Enviado por:Naza
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar