Varios


O único que queda é o amor; Agustín Fernández Paz


O único que queda é o amor

Un radiante silencio:

Inaugurouse unha librería preto do banco onde traballa Sara. Comeza a atopar, un día tras outro, tarxetas con poemas dedicados nos libros. Sara quere descubrir quen llos dedica. Como non o consigue deixa de ir á librería. O libreiro ao principio pensou que Sara estaba enferma pero ao non volver, el acaba queimando as tarxetas que tiña preparadas para ela.

Amor de agosto:

Un rapaz pobre namorouse unha noite, vendo as estrelas fugaces, da filla do seu xefe. Despois de pasar a noite xuntos o seu xefe decatouse e despediuno. Entón emigrou a Barcelona e durante un tempo escribíronse el e a rapaza, logo fixo a súa vida alí. Despois de moitos anos volveu ao pobo pero ela xa estaba con outro e xa queimara as súas cartas. El decidiu seguir coa súa vida e queimar tamén as súas cartas nunha noite de estrelas fugaces.


Esta estraña lucidez:

o que conta a historia é un can e conta que todas as noites van diante das ventás da casa dunha muller pero que nadie os pode ver porque son fantasmas que tiveron un ano de prórroga en terra de vivos. Lembra cando o seu amo coñeceu a esa muller paseando con outro can. Cando se separaron venceuno a tristeza e tivo outras aventuras pero non foi ben. Ata que un raio caíu sobre o coche cando volvían il e o seu amo de recoller castañas.

Unha historia de fantasmas:

A narradora acórdase de cando, facendo o camiño de Santiago dende Pamplona, un señor contoulle o conto de un accidente de coche que deixou viúva a unha muller. Esa muller seguía vendo o seu marido por todos os sitios como se aínda estivera con ela. A narradora quixo falar o dia seguinte co que lle contou o conto, pero desaparecera. Cando foi mirar o xornal de catro anos antes cando, sucedera o conto, viu unha foto do morto e era o mesmo señor que lle contara o conto a noite antes.

Ríos da memoria:

É a historia de unha muller que se chama María que despois de moitos anos volve co seu marido a un pobo onde vivira 6 anos na súa infancia. Encontra todo moi cambiado pero iso faille recordar o seu primeiro amor e dáse conta que hai que volver a realidade e gardar os recordos e as ilusións da infancia na memoria.


Loanza da filatelia:

Un home fai colección de caixas de mistos dende a súa infancia, ao longo da súa vida conseguira xuntar moreas de caixas de todos os tipos. Ao cabo duns anos o home morreu e a súa muller decidiu queimar toda a colección porque lle parecía que non valía para nada... sen saber que tamén queimaba un magnífico diamante de vinte e catro quilates que o seu marido escondera nunha das caixas para regalarllo nas vodas de prata.

Unha foto na rúa:

Un home atopa nas rúas de Vigo varias fotos dunha muller moi guapa, detrás da foto pon solo Diana, e queda namorado de ela e decide buscala. Ao pasar un mes xa esta convencido de non encontrala nunca.

Diana subiuse ao vagón, e tirou a derradeira foto. Despois de gañar a lotería dedicábase a viaxar e a deixar en cada cidade oito fotos dela. Ela soñaba que o mellor unha persoa encontrara a súa foto e soñara con ela.

Meditación ante o álbum de fotos familiar:

Un home despois de herdar un pazo da súa familia decide facer unhas reformas e descobre entre dous tabiques un esqueleto cunha bala no cranio. Dende aquel día sempre mira o álbum familiar pensando quen pode haber sido o asasino.

Despois de tantos anos:

Unha muller ao decatarse da morte dun antigo noivo dela recordase de como o coñeceu nas festa de Mondoniedo, ela xa tiña un noivo que se chamaba Suso e que todos querían porque era dunha casa rica. pero ese dia coñeceu a Adrián e pasouno moi ben. O cabo duns días il mandoulle un libro e pediulle que lle escribira. Escribíronse 15 cartas pero logo ela deixouse convencer pola súa nai e decidiu deixar de contestarlle e quedar con Suso porque pensou que se estaba metendo en problemas. Agora despois de saber da morte de Adrián lamenta habelo deixado e preguntase se a súa vida habería sido distinta con el.


Un río de palabras:

Ao protagonista gústalle moito ler e compartir a súa lectura, entón ten a idea de poñer pequenas partes dos libros en anuncios e pegalos por todas as partes da cidade, e en lugar de que como nos anuncios poñer un telefono nun papeliño abaixo para arrincar el ponlle o nome do libro e o autor. De esa maneira quere que a xente lle guste e que compre o libro. O seu sistema funcionou e o cabo duns días outras persoas empezaron a facer o mesmo qua el.

Dilan Rodriguez Libournet 2ºA

OPINION

Menos o ultimo, pareceronme todos contos moi tristes. A min pareceme que deberian loitar mais polo que queren, en lugar de vivir no pasado.

Mais o menos gustáronme todos pero en especial gustoume o de Loanza da filateliao porque me fixo gracia que a muller queimase o diamante pensando que as caixas non valian para nada, e o ultimo porque e mais alegre e ten un bo final xeo de esperanza.

O que menos me gustou e o de un radiante silencio porque penso que a muller deberia haberlle preguntado ao libreiro quen lle deixaba as tarxetas, e de este modo haberia descuberto que era il.

Valoración : 6/10

Dilan Rodriguez Libournet 2ºA




Descargar
Enviado por:Dilan
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar