Geología, Topografía y Minas
O terremoto de San Francisco
O terremoto de San Francisco
O día 18 de Abril de 1906, ás 5:12 da mañá, aproximadamente ocurreu o sismo.
A magnitude na escala Richter do terremoto varía entre 8 graos e os 9 dependendo da fonte consultada xa que é bastante complexo realizar unha estimación de terremotos que se produciron lonxe no tempo, ao existir poucas estacións sismolóxicas e non estar estas situadas en lugares idóneos.
A intensidade na escala de Mercalli é de entre 8 e 9 puntos.
O terremoto durou apenas un minuto ( 45 ou 60 min), e ao derrubamento de un montón de edificios (28.000) sumáronselle os diversos incendios prendidos en toda a cidade.
A causa do prendemento dos lumes podería ser diversa. Unha fonte de información sinala que a causa pode ser a rotura das tuberías de gas que estarían instaladas ao longo de toda a cidade (enténdase que o gas é altamente inflamábel)
Pero daquela, como se observa nas fotografías, tamén existía a electricidade, polo que algún dos incendios puido ser provocado por cortacircuítos.
Cabe destacar que a cidade de San Francisco contaba daquela cun sistema de abastecemento de auga con capacidade para 350 millóns de litros pero as bocas de incendio quedaron tan danadas que os bombeiros apenas fixeron uso delas. E foi esta a causa de que se tardaran tres días en apagar os incendios que se propagaban ao longo de SF.
A relación do terremoto coa falla de San Andreas
A falla é o lugar de contacto entre dúas placas, a do Pacífico e a de Norteamérica.
É moi longa, atravesa parte de California ata a conca de San Bernadino, mide máis de 1250 quilómetros, e acada profundidades de 15 quilómetros.
Os bloques de rocha móvense na mesma dirección pero con sentidos contrarios e dereitos.
Co suceso do terremoto de 1906, produciuse un desprazamento de 470 km de bloques, cun movemento relativo de 6,5 metros. Este desprazamento prodúcese a 2,7 km/k, segundo estimacións.
O temblor nace da descarga da gran tensión acumulada entre as dúas placas, que empuxan en sentidos contrarios.
Neste caso o epicentro estivo situado cerca da cidade de San Francisco, e como é obvio non afectou só a SF, senón que foron varias as cidades afectadas, e o temblor puido sentirse desde o Sul de Oregon ata o Sul de Los Angeles, e ata o occidente de Nevada.
Nun sismograma recollido en Alemaña (a 9100 millas do lugar) obsérvanse claramente as ondas P ( as pequenas ata a metade, aprox.) e as ondas S (de maior tamaño)
Consecuencias do terremoto de San Francisco. Os anos posteriores
O terremoto de SF impulsou realmente o estudo da falla de San Andreas e a investigación científica nos EUA sufriu unha grande aceleración.
COMISIÓN LAWSON
Días despois do ocorrido, formouse unha comisión encargada de unificar e coordinar todas as investigacións independentes abertas a raíz da catástrofe.
Como resultado desta comisión, publicouse dous anos máis tarde un informe sobre o ocorrido, onde participaron máis de vinte expertos. O traballo inclúe fotografías, sismogramas de todo o mundo, mapas da zona, etc
Esto supón hoxe en día unha fonte importante de información acerca da falla de San Andreas e útil para o futuro.
Tamén é importante en canto a que mostra que os barrios máis afectados foron aqueles que estaban levantados sobre terreo sedimentario, e que anos máis tarde no terremoto de 1989 volveron ser sacudidos con especial saña.
Portanto, as investigacións que sucederon á catástrofe son moi positivas en canto ao avanzo no estudo da falla de San Andreas, pero tamén en canto a outras cousas, como por exemplo , á arquitectura (a construción de edificios e pontes preparados para temblores de determinada magnitude)
TEORÍA DO REBOTE ELÁSTICO DE REID
O profesor de xeoloxía Fielding Reid compara as fallas cunha goma para explicar a súa teoría.
Se unha goma se rompe, sucede que antes de rompela se almacena nela moita enerxía elástica que é liberada cando se fractura. Esto mesmo pasa coa Terra, que acumula tensión ata que se libera en forma de terremoto.
Que pasa se unha valla cruza perpendicularmente a falla? Antes de producirse o terremoto a enerxía acumúlase e a valla dobrase lixeiramente formando unha S. Cando a enerxía é liberada a valla se fractura e os cachos restantes sitúanse a certa distancia.
Na foto (esq.) observamos claramente a valla do exemplo, no diagrama (der.) obsérvase un debuxo esquemático
O TERREMOTO DE SAN FRANCISCO
Óscar Pardo Planas
Descargar
Enviado por: | Geldare |
Idioma: | gallego |
País: | España |