Literatura


O principiño; Antoine de Saint-Exupéry


INDICE

  • O autor e a obra

  • Tema principal

  • Marco

  • Personaxes

  • Resumo

  • Opinión persoal

  • 1. O AUTOR E A OBRA

    Antoine de Saint-Exupéry nace en Lyón o 29 de Xunio de 1.900 no seo dunha familia nobre.

    Despois de estudiar moitos anos en diversos colexios relixiosos, ó termo dos seus estudios secundarios intenta entrar na Escola Naval, pero non aproba os exámenes de ingreso. En 1.920 cumple o servicio militar nas Forzas Aéreas, e a partir de entón a aviación convértese na gran paixón da súa vida.

    O seu primeiro conto publicouse en 1.926, o mesmo ano no que escomenza a súa carreira de piloto na compañía Latécoère. Pouco despois é destinado a Cabo Juby, onde escribe a súa primeira novela, Correo sur (1.928).

    De Africa, trasládase a Sudamérica co encargo de de establecer novas líneas comerciales. Alí remata Vuelo nocturno, que se publica no 1.931 con enorme éxito e obtén o premio Fémina.

    A partir de 1.935, Saint-Exupéry traballa como corresponsal dos periódicos Intransigeant y París Soir en Rusia e España, e co seu avión “ Simoun” participa en diversas carreiras como o París-Saigón e a Nova Iorque-Terra do Lume. Todos estos recordos, acumulados en dez anos de vida aventureira, volcaos na súa novela Terra de homes (1.939).

    Os poucos meses, desatada a II Guerra Mundial, combate coma piloto de recoñecemento e, despois da caída de Francia, instálase en Nova Iorque. Alí escribe Piloto de guerra (1.942), froito das súas experiencias durante a loita, e O Principiño (1.943), conto infantil de gran orixinalidade que o fixo universalmente famoso e que se convertiu nun dos fenómenos literarios máis importantes deste século. Moi pronto reincorpórouse ó servicio activo no Norte de Africa, onde escribe unha obra de reflexións filosóficas e políticas titulada Cidadela, que sería publicada despois da súa morte (1.948)

    O 21 de Xullo de 1944, Antoine de Saint-Exupéry despega dun campo de aviación de Córcega para cumplir unha misión da cal non regresaría xamais.

  • TEMA PRINCIPAL

  • Nesta obra, aprendemos algo moi importante, o esencial non soe ser visible cós ollos, senón co corazón. O Principiño, a parte de ser un conto para nenos, unha obra fantástica e emocionante é un libro cheo de filosofía e metáforas (os seus personaxes soen representar algo mais do que aparentan).

  • MARCO

  • O tempo é o pasado. O autor conta unha historia na que o narrador se atopa có Principiño e este cóntalle todos os seus viaxes ata chegar a Terra.

    O espacio son os planetas que vai visitando o Principiño o longo do conto.(O planeta do Rei, O planeta do Fachendoso...)

  • PERSONAXES

  • Principias: O Principiño e o narrador.

    Secundarios: O Rei, o Fachendoso, o Home de Negocios, o Borracho, o Xeógrafo, o Faroleiro.

  • RESUMO

  • O libro do Principiño conta a aventura dun xoven que non soporta ós adultos, e decide facer unha viaxe coa súa avioneta. Cando sobrevoa o deserto a avioneta estropeaselle e coma non leva nin mecánico nin acompañantes, tiña que arreglala el soio,e con un inconvinte, soi tiña auga para 8 días.

    E aquí cando coñece ó Principiño, que lle pide que dibuxe un cordeiro e é neste intre cando se fan amigos.

    Entón o xoven empeza a preguntarlle de onde ven e O Principiño escomenza a contarlle que viña dun planeta moi pequeño que na Terra é considerado un asteroide, que o descubrira un astrónomo turco. Ninguén lle fixo caso, pola súa forma de vestir, que era rara, ata que puso un traxe moi elegante.

    Con isto o autor intenta decir, que a senté xulga as persoas polo seu aspecto e non polo que realmente son. Que debemos coñecer primeiro a unha persoa antes de xulgala.

    Despois cóntalle que ten un problema cos “boababs”, que son unhas árbores de crecemento moi rápido que terminan por facer estopar o planeta onde están, e que deben arrancarse de cativos. O autor quere explicar que as persoas malas débense apartar da sociedade, e así convertilos en boas persoas.

    Máis tarde conta a historia dunha rosa que era a máis fermosa que xamáis vira o Principiño, ela estaba sempre exisindo, él fartouse da flor, e marchou. Despois recoñeceu que a votaba en falta. A enseñanza deste capítulo é que non apreciamos o que temos ata que o perdemos ou estamos lonxe del.

    Despois o Principiño conta o que lle sucedeu con diversas persoas coas que se atopou na súa visita a varios planetas, aquí o autor aproveita para explicar os diferentes tipos de “persoas”.

    • No primeiro atopouse co Rei, dinos que a senté sempre quere mandar sobre alguen e que estes obedezcan.

    • No segundo co Fachendoso, explica que as persoas se queren facer os importantes e ser admirados pola xente.

    • No terceiro co Borracho, quere decir que a xente intenta olvidar a realidade.

    • No cuarto co Home de negocios, móstanos que os adultos so pensan no traballo e non en divertirse. So buscan a riqueza.

    • No quinto co Faroleiro, dinos que a xente non se arrisca a cambiar por medo a perdelo todo.

    • No sexto o Xeógrafo, que intenta decirque se non temos algo que podemos ver ou tocar, non creemos nel.

    • No séptimo e último foi recomendado polo Xeógrafo, este planeta foi a Terra.

    O chegar á Terra pousase no deserto, nun lugar no que non merece a pena vivir, e alí a serpe ofreceulle a posibilidade de voltar o seu pais, pero rechazoun<. Segue caminando ata que chega onde o raposo que lle pedía que o domesticara para que tivera unha razón para vivir. Aquí o autor intenta decir que hay sempre algo polo que merece a pena vivir e que na vida os amigos son importantes.

    Despois de chegar a un xardín no que se atopa con centos de rosas e pensa que en verdade non é tan afortunado por ter unha. Reflexiona e descobre que é afortunado porque ten unha rosa igual polo exterior pero diferente por dentro. A ensinanza desta parte é, o qué importa é o interior non o que se ve a simple vista.

    Agora o Principiño volve a estár no deserto, e intentan buscar auga para sobrevivir. Nesta parte demostrase que o último que hai que perder é a esperanza.

    Despois cando o xoven se sube ó muro, porque ve a serpe, ve o peligro ou a morte do Principiño, recorda todo o que pasaron xuntos e pensou que fóra afortunado.

    O Principiño explica o seu amigo que se ten que marchar pero non o entende. Con isto o autor volve a reafirmar que non sabemos apreciar algo ata que o perdemos, xunto a que a amizade é o máis importante.

  • OPINIÓN PERSOAL

  • Dende meu punto de vista a obra do Principiño , é unha obra fantástica e emocionante, sen ningunha dúbida, un bo libro.

    Para rematar, volvo ó principio, o esencial non se pode ver cós ollos, senón co corazón.




    Descargar
    Enviado por:Borja
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar