Literatura


Noite de voraces sombras; Agustín Fernández Paz


NOITE DE VORACES SOMBRAS

AUTOR

Agustín Fernández Paz: Nacido na Terra Chá no ano 1947, traballou na comarca de Ferrol durante moito tempo, e despois, traballou en Vigo no campo de ensino, dando clases tanto en secundaria coma en primaria. É o autor de moitas obras de gran valor didáctico.

Estas obras son:

-Trece anos de branca

-Contos por palabras

-Cartas de inverno

-Cós pés no aire

-O meu nome é Skywalker

-Amor dos quince anos, Marilyn

-Rapazas

- Noite de voraces sombras

TEMAS

PRINCIPAIS:

Esta obra ten moitos temas principias escondidos entre ela. Está o amor, que é o que establecen Sara Salgueiro e Ramón. Tamén está o descubrimento de algo novo, que é o que lle ocurre a Sara. Hai moitos máis temas, coma a familia, pero se escribise todos non acabaría en moito tempo

SECUNDARIOS:

Esta obra tamén ten moitos temas secundarios, aínda que eu penso que sería moi difícil atopar temas secundarios

ARGUMENTO

Ó libro trata sobre unha nena chamada Sara, que vai de vacacións a casa da súa avoa Laura, que morreu fai pouco tempo, e Sara alóxase na habitación do seu tío Moncho. Nesta habitación Sara xamais entrara porque a sua avoa non quería que tocase nada do que había naquela habitación. Pola noite, cando Sara ía durmir, sentía que na súa habitación había alguén agochado e que lle estaban observando. Van pasando os días, ata que unha noite na que sente a presenza fantasmal, vai mirar se hai alguen agochado no armario e descubre un dobre fondo que ten o armario onde hai unha carpeta con cartas que recibiu o tío Moncho da súa novia, Sara, e tamén un diario que atopa que conta o que lle ocorre na prisión e posteriormente, nun campo de refuxiados, onde conta que hai un cemiterio.

Unha vez lidas estas cartas, Sara avisa a súa nai, e posteriormente, van á illa de San Simón onde está o famoso cemiterio. Cando chegaron ó cemiterio, Sara non sabía nin que se agochaba alí, nin que ían atopar. Sara comezou cavando no chan e non tivo sorte, pero depois, mirou nun muro que tiña o cemiterio, e, agochado nun oco entre dúas pedras, atopou unha caixa de betume onde estaba agochado un anel de ouro que poñía o seu nome, Sara.

OS PERSOAXES

Sara:

Función: É a persoaxe principal do libro, sen ela a historia non sería posible, xa que ela é a que ten que hospedarse nesa habitación, atopar as cartas, e posteriormente atopar o anel

Físico: É alta, de pelo oscuro, de ollos verdes, ten 16 anos e é delgada

Psicolóxico: É afeccionada a lectura, encantalle ler todo tipo de libros, é moi lista, gústalle ir á praia, quedar e sair cos amigos, pero non lle gusta ir a Viveiro.

Tío Moncho:

Función: É un persoaxe moi elemental na obra, xa que ven a decirse que aínda que non coñezas a un pariente teu, nunca é tarde para poderse enterar da maioría da sua vida.

Físico: Non se di case nada do seu físico, pero di que cando estivo no cárcere tiña uns 45 anos, e que estaba xordo

Psicolóxico: Coma Sara, encántalle ler de todolos libros que teña nas súas mans, e nunca perde a esperanza para saír do cárcere

Fernando:

Función: Na obra non desempeña ningunha función, só é o pai de Sara

Físico: É alto, moreno e delgado

Psicolóxico: É un aficionado a lectura, estudiou empresariales, e ten uns 45 anos

Cristina:

Función: Non é que non teña importancia, porque foi a que encargou de levar a Sara ata a illa de San Simón, pero non fai moito máis.

Físico: Baixiña, loira, delgada e duns 39 anos

Psicolóxico: É escritora, moi intelixente e moi apaixonada

ESPAZO E TEMPO

O espazo onde se desenvolve a acción é en Viveiro e na illa de San Simón. Esta en espacios abertos e pechados, estos varían dependendo da obra. As veces está dentro da súa habitación e outras veces na praia

O tempo non ten orde cronolóxico, porque vai dando saltos no tempo. Por exemplo, cando Sara le o diario do seu tío, situanos nunha cárcere, e despois, cando deixa de ler, situanos na habitación da casa de praia de Viveiro.

Esta acción esta situada nunca época actual, é decir, no 2002 ou unha cousa así, eso cando non lee as cartas, pero cando lee as cartas, transládase a época da guerra civil, que sería no ano 1936

O relato non ten orde cronológica, xa que cambia de épocas cada dous por tres

VALORACION PERSOAL

O libro está moi ben narrado, e ten unhas doses de terror combinadas co amor e coas aventuras que me parecen moi interesante

Eu penso que é unha obra recomendable, e é para a nosa idade, xa que o vocabulario non é difícil e é fácil de comprender

Pareceume un bo libro, porque amosanos moitas cousas, entre elas, como estaba de mal España e Galicia nesa época, na época da guerra civil

Entre o 1 ao 10 daríalle un 8

INDICE

AUTOR 1

ARGUMENTO 2

TEMA 3

OS PERSONAXES 4

ESPAZO E TEMPO 5

VALORACION PERSOAL 6




Descargar
Enviado por:Melenas
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar