Historia
Nacionalismo gallego
“O Nacionalismo”
As orixes e o desenrolo do nacionalismo
O nacionalismo xurdeu cando os revolucionarios franceses descubriron que o país, a pesar de que recibeu o novo título de nación, non tiña ninguna das súas cualidades pois carecia de verdadeira unidade. O rei desaparecera baixo guillotina e a variedade de linguas dos novos `cidadáns' facía imposible calquera tipo de unidade cultural.
Tiñan que buscar outro foco de unidade e decidíronse por unha solución tan radical como inxusta: a lenta morte de todas as linguas locais e a implantación do francés como única lingua da República. Implantouse a escola única obri-gatoria para que todos os cidadáns aprendesen francés.
Fora de Francia os pobos oprimidos aceptaron o principio da unidade entre comunidade política e cultural, pero tiveron a consecuencia oposta. Si os revo-lucionarios franceses deduciron que o Estado, que xa posuían, a necesidade de unificar a nación, os nacionalistas europeos tomaron de punto de partida o extremo oposto. Todos posuían unha definida comunidade cultural, e aplican-do o principio revolucionario da unidade deduxeron que tiñan dereito a posuir a súa comunidade política. Si a todo Estado debe corresponder unha nación a toda nación ou comunidade cultural debe corresponder un Estado. A o Estado-nación francés imponselle agora a nación-Estado, é dicir, á nación que aspira a convertirse en Estado, á que se lle dá o nome de nacionalidade.
O Nacionalismo Galego
A partir da Restauración o nacionalismo galegovai cobrando forza. Despois dos denominados “séculos escuros” que van dende a época dos Reis Católicos ata o século XIX e durante os que se prohibeu o uso da lingua gale- |
ga, ten lugar a mediados do século pasado un movemento, en principio litera-rio, denominado `Rexurdimento' que pretendía unha situación de igualdade entre o uso do galego e do castelán.
Dito movemento foi promovido polos que agora pasan por ser os autores máis recoñecidos da literatura galega e q recibiron o nome de “Los Precurso-res”. Tratábase de escritores que iniciaran a reivindicación de Galicia nun momento en que o nacionalismo atopábase en auxe en toda Europa.
Manuel Murgia deduciu mediante os seus estudios que cada menbro deste movemento tratou de especializarse nun campo concreto de estudio, para facer unha analise da situación de Galicia en aquel momento e tratar de aportar solucións a certos problemas económicos e culturais que estaban provocados pola política centralista de Madrid. Durante os primeiros anos do século XIX Galicia pasou por un período de desenrolo en todo-los campos. Na Guerra da
Independencia Galicia mantívose axena da ocu-pación francesa, o que fixo de cidades como A Coruña focos máis importantes do liberalismo. Isto provocou o desenrolo de sectores como a prensa e o comercio exterior,através dos seus portos.Os galegos gracias as suas victorias frente os franceses, lograron unha serie de libertades e dereitos que foron perdendo. Esta pérdida supuxo un grave retroceso para o desen-rolo económico e cultural da burguesía galega, entre a cal comezaron a destacar un grupo de intelectuais. Algocomparable ocorria no País Vasco e en Cataluña, ainda que en ambos casosa reacción foi posterior. |
Manuel Murgia
Deuse unha crise do sistema rural que predominaba en Galicia, xa que a súa economía basábase no agrarismo. A base da política centralista pretendía unha reestructuración do goberno das rexións, sen ter en conta as costumes e tradi-cións de pobos como o galego. Víanse ameazadas as estructuras sociais exis-tentes ata entón. Por iso os “Precursores” basaban os seus supostos nacional-provincialistas en ideoloxías conservadoras. Así, Faraldo, periodista e polemista, reaccionou contra a reorganización administrativa do Estado; Murgia basou as suas reivindicacións no pasado celta, agricola e gandeiro, e Brañas, académico e periodista, tratou de establecer as bases xurídicas que limitasen ou amortiguasen o proceso industrial promovido dende Madrid.
Déronse unha serie de contradicións. Os mesmos que abogaban polo autogoberno, en ocasións diron marcha atrás e mostráronse partidarios do centralismo. Este foi o caso de Brañas, o que faría que Risco, fora coñecido como o máis radical ideólogo do nacionalismo galego, acusouno de mostrar demasiado respecto pola súa `propia conveniencia' e que o galeguismo das novas “Irmandades” debería alcanzar unha formulación máis radical. Brañas agrupou os Rexionalistas e abogou pola descentralización, goberno interior de nacións, sistemas federativos...Coincidiu bastante coas Bases de Manresa discutida nas Cortes de 1901. Sirveu ademáis de referencia para o nacionalista catalán Cambó, que máis adiante recoñecería inspirarse na obra de Brañas.
En 1855 Vicetto e Murgia comezan a publicar na Coruña, a revista El Clamor de Galicia, difusión do rexionalismo e de gran influencia todavía no século XX. Murgia sigueu de cerca a formación das “Irmandades da Fala”, formadas para a defensa, normalización e normativización da lingua galega. Tendo en conta que en aqueles anos o galego atopábase nunha situación de disglosia, considerada unha “lingua vulgar” e pouco apropiada para as clases sociais máis elevadas. Pero Murgia non se vinculou a elas probablemente porque por aqueles anos non o permitia a sua labor como presidente da Academia Galega.
As Irmandades da Fala
A posición de neutralidade de España na guerra europea axudou ó desenrolo de Galicia. |
Despois da desfeita de “Solidaridad Gallega”, primer `partido' nacionalista galego, desaparecida por inanición política en 1912, o galeguismo non contaba cunha altarnativa organizativa que puidese encadrar o labor disperso dos herdeiros do rexionalismo.
“Os anos que median entre o ocaso de Solidaridad e 1916 son de escurece-mento total do galeguismo político”, escribe Beramendi, o máximo experto na historia do nacionalismo galego. Ninguen fala xá dunha política galeguista capaz de poñer novamente a Galicia en pé de guerra.
Sen embargo, a I Guerra Mundial,na que se vía como cambaleaban os vellos imperios e que unha serie de pobos, practicamente descoñecidos e que nin aparecían nos mapas escolares, loitaban pola súa independencia e liberdade, sirveu de motivación a unha nova xeración de intelectuais e profesionais que volven formula-lo tema de Galicia. De aí xurdirían as Irmandades da Fala e o primeiro nacionalismo galego.
Un grupo de galegos en Madrid,organizados en torno á Revista de Estudios Galegos, fala da rutina intelectual e política de Galicia a pesar de contar con personalidades moi destacadas. A revista descobre o valor reivindicativo da lingua, elemento indispensable na reconstrucción da Galicia. Aurelio Rivalta publica un artigo sobre “O cultivo da lingua propia” no que defende a necesidade de utiliza-lo galego `pola ineludible obrigación moral que temos de coida-la nosa personalidade de galegos'
A galeguidade atopa na revista un novo concepto o de que Galicia é unha nación na multiple España, e o idioma, alma desta nación.
López Aydillo insiste na necesidade dun `novo rumbo' para Galicia. Conta-xiado polo entusiasmo racial que campaba en varios sectores da intelectuali-dade madrileña, retoma o xa vello discurso da etnicidade galega, como elemento de reactivación: novos valores para incorporalos os novos tempos. Para iso compre reaviva-lo idioma galego.
A denuncia circulou por Galicia e nesta ocasión xurdiron en diversos lugares as respostas.
A Primeira Irmandade Galega
O 18 de maio de 1916 realízase a primeira reunión dos Amigos da Fala, nos salóns da Real Academia Galega. O animador desta primeira reunión é Antón Vilar Ponte, que consegue reuni-lo máis selecto do galeguismo cultural: Lugrís Freire, Alejandro Barreiro, Florentino e Cesar Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Martínez Morás, Augusto Barreiro, etc. Tamén compareceron outros intelectuais e profesionais como Faginas, Fernández Mouriño, Sánchez Porto, Carballal, Cortés, etc.
Acórdase constitui-los Amigos da Fala Galega, cos seguintes obxectivos:
-
Falar entre os socios o galego, espertando o amor á lingua de tódolos fillos de Galicia.
-
Procurar que os periódicos galegos destinen unha sección para os que escri-ban en galego. Así mesmo, traballar para que os Amigos da Fala poidan contar cun boletín de seu.
-
Para que os socios se habituen a escribir en galego faranse cada seis meses lecturas de traballos en prosa e verso nas reunións soa asociados. Cando o traballo o mereza, poderáselle otorgar ó autor un diploma de `Mestre da Fala'.
-
Organizaranse excursións en días de festa ás aldeas de Galicia, para coñecer a vida das nosas vilas.
-
Fomentarase o coñecemento da música tradicional de Galicia, segundo as posibilidades da asociación.
-
No aniversario da fundación da asociación farase unha visita á tumba dos `grandes cultivadores da fala' para manter vivo o `culto do galeguismo'.
Estes eran os obxectivos. Os estatutos establecían as condicións para ser so-cios, a forma de realiza-las reunións e dos cargos directivos: `Conselleiro I, Conselleiro II, Secretario, Tesoureiro e duas vocais máis'
A lectura destes acorods revela que a primeira irmandade só tiña como ob-xectivo o manifesto coa defensa, utilización e dignificación do idioma galego.
A constitución da primeira irmandade estivo precedida dunha campaña de prensa, dende La Voz de Galicia, por Antón Vilar Ponte. El mesmo publicará en marzo de 1916, o seu folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro) Nuestra afirmación regional, o cal era un voluntariosoexercicio de propagan-da galeguista.
A Irmandade de Santiago de Compostela
O 28 de maio do mesmo ano, e nos salóns do Circulo Católico, Luís Porteiro presenta a Irmandade de Santiago de Compostela nun acto no que Porteiro foi a figura indiscutible, que estaba presidido por Cabeza de León, Miguel Gil Ca-sares, Manuel Vidal e Vaamonde Miranda.
A primeira Xunta provisional estaba formada por Porteiro, Culebras, Victo-riano Taibo e Cimadevila.
Tanto polo discurso de Porteiro, como pola lectura do Regulamento da Irmandade de Santiago (1 de xullo de 1916) podemos diferenciar entre a con-cepción estrictamente cultural da Irmandade da Coruña e a concepción claramente política da Irmandade de Santiago.
No Regulamento, e despois de subliña-la obriga de fala-lo noso idioma. No discurso inaugural, Porteiro marca con énfase que cómpre redimi-lo idioma das inxurias que fan del, pero como o idioma é o verbo dun pensamento preopio, a defensa do idioma é un exame da conciencia rexional. O idioma é o vehículo da `rexeneración de Galicia'.
No seu primeiro discurso, Porteiro analiza os problemas económicos galegos e as perspectívas de futuro que existen: afirma que o porvir de Galicia esta na América e que o porto de Vigo `esta chamado a ser o porto cosmopolita máis importante d'Europa, por mandado da Xeografía e Hestoria'. Acusa á banca de drena-los nosos aforros ó esterior.
Refaríndise á industria e ó comercio, dí que Galicia é esencialmente libre-cambista, porque as nosas principais exportacións non precisan do arancel para entrar nos mercados, pero que sen embargo temos que sufri-lo duro aran-cel español para a defensa de determinados intereses naqueles productos que demandamos.
O discurso inaugural de Porteiro ten unha evidente intención política, orienta a irmandade que funda en Santiago. Dí no seu discurso que a irmandade `pretende ser o comezo da reurreción galaica en todo-los ordes'.
Outras Irmandades
Pouco a pouco construíronse outras irmandades:
-En xuño de 1916 constituíuse a Irmandade de Monforte, baixo a presidencia
do notario Banet Fontela.
-En Ourense, baixo a presidencia de H. V. Ajeiras.
-En Pontevedra, baixo a presidencia de Gastañaduy.
-A Irmandade de Vilalba, presidida por Santiago Mato.
-A de Ferrol, cunha directiva constituida por Xaime Quintilla, conselleiro
primeiro; Juan García Niebla, conselleiro segundo; Eugenio Charlón, secreta-
rio; e Francisco Cabo Pastor, tesoureiro.
-A Irmandade de Vigo, que xorde con atraso respecto ás anteriores. Tiña como
primeiro conselleiro a Germán L. Roca.
A implantación das irmandades, ainda que lenta, a penas sofre retrocesos e en Ourense, Santiago e A Coruña chegan a domina-las actividades culturais.
O caso máis rechamante represéntao Ourense cando se integra o grupo liderado por Antón Losada Dieguéz e formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e outros, un grupo que de inmediato monopoliza as irmandades da cidade. Cando Losada dieguéz se traslada a Pontevedra como catedrático de instituto, deixalle o campo libre a Risco en Ourense, que destaca non só como teórico do nacionalismo, senón como estratega político.
As Dúas Tendencias
O 14 de novembro de 1916 saía a rúa na cidade da Coruña o número 1 do boletín decenal A Nosa Terra, `Idearium das Irmandades da Fala en Galicia e nascolonias galegas d'America e Portugal', dirixido por Antón Vilar Ponte. Aínda que tódolos afiliados ás irmandades podían e a nómina de colaboración é amplisima, o núcleo central do periódico na primeira fase constituíano, con antón vilar Ponte e Xosé Iglesias Roura (que cede a súa casa para sede da re-
dacción e administración), Vistor Casas, viqueira e Luís Peña Novo, que desde a súa incorporación deixou unha fonda pegada no periódico polo seu estilo directo, vibrante e moi moderno, cun extraordinario dominio da ironía e dos modismos políticos máis de actualidade.
A Nosa Terra non só mantén entre as colectividades e indivíduos unha comunicación permanente, ofrecendo noticias sobre o avance do movemento das irmandades, senón que se converte no instituto máis apto de concienciación e formación política galeguista. Foi unha sorte que o boletín estivera controlado pola Irmandade da Coruña orientada cara á conversación das irmandades nun movemento político, porque isto facilitou que se fora consolidando e pouco e pouco aquel primeiro movemento de tipo cultural nunha oferta política.
Había importantes irmandades que miraban con reservas a progresiva politi-zación. Isto explica a habil estratéxia utilizada: por unha parte mantiñanse unha serie de actividades de tipo cultural, como veladas, lecturas de obras de creación, viaxes, actuacións musicais de coros e orfeóns, conmemoracións de aniverdarios de escritores insignes ou de datas sinaladas no noso calendario cultural; pola outra, realizábanse mitins, conferescias políticas, e através de A Nosa Terra ou doutro medio de comunicación procurábase dar claras orienta-cións políticas preparando o ambiente para o saldo definitivo á organización dun partido.
Confirmando o carácter político das irmandades, ten lugar a visita de Cambó e outros dirixentes da Liga, teoricamente como devolución da presencia de varios membros das irmandades nunha Semana Galega en Barcelona, mais na practica para intentar construir unha fronte rexionalista contra a política do sistema restauracionista.
A Nosa Terra dedica o mínimo espacio a esta visita catalana, quizais porque varios redactores mantiñan seris reservas sobre Cambó, ou porque non querían da-la sensación de dependencia de Cataluña.
As irmandades, sen esquema organizativo de caracter político, con ambi-güidade sobre os contidos e as estratexias políticas, pretenden entrar no xogo electoral mediante unha conxuncióncos mauristas, republicanos, etc., que fra-casou estrepitosamente. A pesar diso anuncian candidatos para as eleccións do ano 1918: Antón Valcarce, por un distrito da Coruña; Rodrigo Sanz, por Pontedeume; Luís Porteiro, por Celanova; Francisco Vázquez Enríquez, por Noia; e Losada Diéguez, pola Estrada.
Ó final presentanse os tres últimos, que son derrotados, mentres o apoio prestado polas irmandades ó candidato polo Carballiño axúdalle a consegui-lo escano ó mozo José Calvo Sotelo, neste momento moi próximo ás irmandades.
Concluídas as eleccións, vendo que o desánimo madraba entre os que supu-xeran que o nacionalismo conseguira maior base social, os dirixentes das ir-mandades deciden realiza-la I Asamblea Nacionalista, na que se fixe o ideario cultural e político e na que se asenten as bases dunha coordinación.
A Evolución da Ideoloxía das Irmandades
Nas irmandades convivían, os nostálxicos do vello rexionalismo, os loitado-res de Solidaridad, intelectuais apaixonados de Galicia pero incapaces de descubri-la realidade social do pobo, os mozos sensibles a unha aventura crea-dora, facer de Galicia unha nación.
O sector máis dinámico procura marca-lo rumbo das irmandades, de forma que os obxetivos de conquista política quedaron claros,aínda que dubidaran a estratéxia.
Sen embargo, hai que recoñecer que os dirixentes traían con eles a súa filosofía e ideoloxía. Mentres Losada Diéguez incluía no proxecto unha reinterpretación do `ser' de Galicia, outros como Viqueira, incorporaban un pensamento leigo, civil e progresista.
No seu pasado a maior parte deles militara nas filas do maurismo, do catolicismo social, do socialismo, ou dunha ideoloxía formada con diferentes proxenies ideolóxicas.
Esta procedencia enriqueceu as irmandades, xa que produciu distintas visións da realidade galega. Sen embargo,hai veces nas que é dificil distingui-las estratéxias dos obxectivos ou nas que se converte en obxetivo a propia es-tratéxia, e foi o que sucedeu máis adiante, producindo a ruptura.
Antes da I Asamblea das Irmandades en Lugo(17-18 de novembro de 1918), as irmandades fan acto de presencia na Semana Rexionalista convocada polo periódico madrileño El Debate en Santiago de Compostela. É a primeira vez que as irmandades expoñen o seu proxecto e debáteno ante políticos e expertos e queda claro cales son os obxectivos que marcan.
Nesa Semana Rexionalista reúnense representantes dos diversos partidos, baixo a dirección de Herrera Oria, que fai a convocatória cun obxectivo político: marca-las diferencias, entre as distintas opcións. A Herrera Oria chegaranlle os rumores deste grupo de intelectuais galegos, moitos procedían dos partidos reciclados; pretendía situar cada un e saber se podía contar en Galicia cunha forza homologable ós seus intereses políticos.
Están presentes: o marqués de Figueroa, Rodríguez de Viguri, Leonardo Rodríguez, Vázquez de Mella, Goicochea, Osorio Gallardo e Portal Fradejas. Con estes `rexionalistas' van sentar tres representantes das irmandades.
É nesta semana cando as irmandades, marcan as diferencias con formas de rexionalismo. Proclámanse nacionalistas, federalistas e progresistas. A guerra é o momento de proxectar a Galicia cara a este ideal. O vínculo que unifica os galegos é o idioma e denuncia os representantes do besadismo na asamblea, xa que `pertencen a un patrimonio familiar como apeiros de labranza'
A Semana Rexionalista significou a ruptura entre o nacionalismo das irmandades e os proxectos rexionalistas de tódolos demáis. As noticias das irmandades a penas van atopar no sucesivo un reducido espaciona páxina menos importante.
A I Asamblea das Irmandades
O 17 de outubro de 1918 morreu Porteiro, o home que máis necesitaba o na-cionalismo galego. A última carta escrita por el, e que chegou as máns de Peña Novo despois da noticia da súa morte, revela a acelerada evolución do seu pensamento. Para al a I Asamblea de Lugo tería que formula-los seguintes temas:
-
Representación de galicia nos organismos internacionais, unha vez que concluíse a guerra.
-
Cuestións de política interna: agrarias, organización xurídica, industria, cultura, etc.
-
Con respecto ás eleccións e ó sistema político español escribe: “Visto que se falsea a vountade popular...Visto o fracaso dos Gobernos n-este orde, se chegan outras eleiciós en estes termos debemos d'acudir a elas ou (nos) de-claramos fora da legalidade constituzonal buscando n-outros procedimen-tos o que por vía legal non se poide conquerir”. Engade que cómpre ponde-rar tódolos factores e circunstancias, agardando que o Goberno exerza o seu papel de interpretación no proceso electoral.
Iso é o que pensaba Porteiro un mes antes da Asamblea de Lugo, na que resultaría elexido primeiro conselleiro.
Aparecían igualmente representadas diversas asociacións, centros rexio-nalistas, sociedades agrarias e periódicos.
A asamblea publicou un Manifesto que constitue a primeira articulación política do nacionalismo e unha proposta para o futuro. Dou a continuación o texto íntegro do Manifesto:
MANIFESTO DA ASAMBLEA NACIONALISTA
REALIZADA EN LUGO OS DÍAS 17 E 18
DE NVEMBRO DE 1918
“Os persoeiros das Irmandades da Fala, reunidos na Asamblea de Lugo nos días 17 e 18 do mes da data para conquerire do Goberno da sua Maxes-tade o Rei a autonomía integral da Nazón Galega e fixar n-un programa que coida solucións ós problemas que intresan n-un xeito nazonal da Gali-cia, aprobaron e sosteñen, có corazón e os ollos postos no porvir da Nai Terra, as seguintes conclusións, fan públicas pra conocimiento do pobo galego nestora solemne do albeo das nacionalidades que sinten tremelar a sua i-alma e fan xurdir a súa personalidade.
I. PREVIA
Tendo Galicia as caracteríasticas de nacionalidade, nos nomeámonos, d-hoxe pra sempre nacionalistas galegos, xa quá verba `rexionalismo' non recolle tódal-as aspiraciós.
II. PROBLEMAS CONSTITUINTES
Autonomía integral pr-a Galicia.
Autonomía municipal, distinguind-o ladean do vilego, axeitándose o Concello ladean sobor da base do reconocimiento da personalidade xurídi-ca das parroquias elexidas antr-os cabezas de familias, homes ou mulleres, pra termaren dos seus bés privativos. Os presidentes ou cabezaleiros d-estas xuntas serán vocás nados en concelleiros da corporación municipal e nomearan o alcalde que dirixa o concello. As parroquias, poderán contrata-ren seguros e institucións antr-os vecinos e adeministrare os bés comús, qu-o Poder Central terá de lles restituire, disponend-o seu aproveitamento. O concello terá máis q-unha organización administrativa, unha prolonga-ción ou compremento das parroquias, como estas o son do fogar, que presi-dirá a vida económica e social das mesmas.
Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.
Federación da Iberia.
Igoaldade de relaciós con Portugal.
Crendo nas formas de gobernos, intresanos acrarar que non apelamos por ningunha, mais simpatizaremos con aquela uqe se mostre máis doada pr-a chegare á Federación con Portugal.
Ingresos das nacionalidades da Iberia na Liga das Nazóns.
III. PROBLEMAS POLÍTICOS
Igoaldade de dereitos pr-a muller.
Cuestiós eleitorais.
Acabamento das Deputacións provinciás.
Creación do Poder Autónomo con todal-as facultás qu-a reforma da Consti-tución non garde pr-o Poder Central e sempre pol-o menos as seguintes:
IV. FACULTADES DO PODEER GALEGO
Nomeamento da Xunta gobernadora, que terá d-exercel-o Poder Executivo, composta d-un Presidente e seis Segredarios encargados dos Departamen-tos de Adeministración, Xusticia, Enseño, Obras Públicas, Agricultura, Industria, Comercio e Facenda.
As funciós adeministrativas.
Lexislación social, agás cando os problemas se estenden a outras nazóns.
Reximen tributario, sin intervención do Poder Central.
A potestade docente do Estado autual pasará enteira ó Poder Galego.
O réxime bancario, no que intervirán os que teñen os Bancos. A mesma fa-cultade pr-a solución do Creto agrícola.
Correios e Telégrafos: O seu servicio é do Podeer Central e do Galego.
A nazonalización dos camiños de ferro.
Portos Francos: A lexislación e regulación do tráfico marítimo.
Si ven coa Paz o acabamento doa exercitos permanentes, tamén será facul-tade do Poder Galego a fixación das forzas que xusgue precisas pr-o orden interno de Galicia.
V. CUSTIÓS XURÍDICAS
Sustantividade do Direito foral galego.
Degoración do 5º artigo do Código Civil e reforma do seu articulado no que se refiere á sucesión abicitestado.
A publicación das leus faise en galego.
Igoaldade de dereitos pr-a muller casado, ou có marido emigrado.
A función dos Tribunales de Xusticia rematará en recurso derradeiro en Galicia e sempre realizada por funcionarios galegos.
As terras pequenas consideraranse instrumentos de traballos pros efeutos do embargo.
O arrendatario terá dereito a unha parte da supervalía sempre que sexa a devida ós aumentos producidos pol-o seu traballo.
VI. PROBLEMAS ECONÓMICOS
As cuestiós aduaneiras resolveranse entre o Poder Autonómico e o Central.
Reintegración a propiedade privada.
Repoboación forestal”.
A Evolución Posterior e a Ruptura
No mes de novembro de 1919 realízase en Santiago a II Asamblea Naciona-lista. Nas conclusións pódese advertir que as irmandades pretenden orienta-las súas actividades a problemas moi concretos que, demandaba a sociedade gale-ga. Formulan problemas políticos, económicos e sociais, da emigración, a cultura, o turismo, o iberismo e a estética.
A lectura destas conclusións causa perplexidade: solicítase a superación dos intereses en base a consegui-lo ferrocarril da Costa e o da Coruña- Santiago; solicítase un banco; axudas para os pescadores; a creación dunha escola agrí-cola de Galicia; Cátedras de Dereito, Historía, Lingua e Literatura Galega na Universidade, etc.
Aparecen outras moi estrañas como Socioloxía e Economía Política.
As conclusións son `tan a rentes da terra' que as irmandades crían te-los meca-nismos políticos para facelas cumprir. Se se trata dun documento-denuncia ante a opinión pública, hai que cualificar de estrañas.
O máis importate da asamblea foi a batalla que se librou na mesma entre os dous sectores: os favorables a unha radicalización política mediante unha organización nacionalista e os que optaban por un proceso máis gradual, esgotando unha fase de profundamento e expansión da nosa cultura, vehículo de conexión nacionalista. Esta era a opción de Risco; non é de estrañar que se atribúa a parte final do documento de conclusións publicado, `profesión de fé' que nin encaixa có que o precedenin parece ter sentido.
En canto Risco se desembarazou dos seus contradictores impuxo a súa propia liña, da que ninguen dubida que sexa poítica a longo prazo.
O enfrontamento prodúcese en 1920. Convócanse as eleccións municipais, e a Irmandade da Coruña presentase, contra a opinión de Risco e o seu grupo.
Neste mesmo ano aparece a obra de Risco “Teoría do nacionalismo Galego”, que sería o breviario da galeguidade e que lle daría ó seu autor o prestíxio suficiente para ser aceptado como ideólogo. Outras obras publicadas naqueles anos,quedaron sofocadas pola de Risco. Casares ofrécenos o resumo do libro de Risco: “Trátase dun opúsculo doutrinal no que expón as ideas e opinións que divulgaba dende había un par de anos”.
A ruptura entre as dúas formas de ver o nacionalismo verifícase en 1922. En febreiro dese ano faise a IV Asamblea en Monforte. Risco consegue saír desigando conselleiro supremo da Irmandade Nacionalista Galega (ING), que é o novo nome das irmandades.
Xorde unha polémica entre Peña Novo, e Lustres Rivas e Risco. Nun artigo publicado por Peña Novo en resposta a Lustres, dicía:
“O nacionalismo como sentimento, como cultura, como doctrina, ten unha finalidade fundamental: o conquerimento do direito a dispoñer de sí mesma, e a rexir libremente os seus destinos... O nacionalismo é un movimento profun-damente político”
Peña Novo especifica as diferencias fundamentais entre o pensamento de Risco e o seu:
“A disparidade entre o criterio de Risco e mailo meu está en que para él o nacionalismo non é máis que un problema de cultura e para min é denantes de todo un problema de liberdade... é dicir, un problema político”
Nas irmandades subsisten dúas agrupacións: “O partido Nacionalista Galego e as Irmandades Nazonalistas Galegas”
A ruptura faise en 1923, cando se reune o sector coruñés, constituindo a V Amanblea das Irmandades, na que se proclama manter o programa aprobado en Lugo en 1918. Nesta asamblea Peña Novo vai ser designado primeiro conselleiro.
A chegada da Dictadura paralizou o intento de expansión organizativa, a pesar de Risco manter unha actitude benevolente a respecto de Primo de Rivera, Risco confiaba en que a Dictadura, sería máis proclive aos desexos de autogoberno de galegos, cataláns e vascos. Pola contra, o grupo coruñes amo-sou unha clara oposición a Primo de Rivera.
A Etapa de Transición
O nacionalismo, nesta fase, non era quen de superar as súas propias contra- |
dicións internas, e a ideoloxía que acobillaba nel non lle permitiu erguer un proxecto político definido. A incorporación das reivindicacións fundamentais do agrari, cando outras ideoloxías mantiñan un nivel de influencia, no campesiñado, máis significativo.
Existían outros condicionantes exteriores ao nacionalismo que agudizaban as súas carenciase limitacións: a fortaleza do turismo e do caciquismo en Galicia, e a complexidade da estrutura social galega, caracterizada pola escasa relevan-cia da burguesía e pola limitación dos sectores pequeno-burgueses.
As Irmandades tentaron superar esta situación de inercia, pola vía da galeguización doutras organizacións políticas. ORGA, fundada en 1929. Tratábase dunha organización republicana, que representaba os intereses da burguesía urbana e que defendía un galeguismo difuso.
A súa evolución posterior difuminou facíana galeguista e afortalou a defini-ción republicana e burguesa, e afortalou o seu entramado eleitoral e a súa participación institucional.
O Partido Galeguista
Esta situación modifícase coa proclamación da II República, o 14 de abril de 1931.
O novo marco comercial ía permitir un grau de participación social e política moito máis amplo, permitía concebir esperanzas nunha futura modificación da estrutura administrativa do Estado.
A finais de 1931 existe un acordo básico entre as distintas organizacións nacionalistas para a construción dunha alternativa común: o Partido Galeguista (PG).
Da necesidade de aglutinara todo o nacionalismo, pode dar unha idea o feito da Asamblea Constituinte do novo partido se celebrar os días 5 e 6 de decembro de 1931, en Pontevedra. Unha reunión á que asistiron 80 persoas, representantes dos 32 grupos e organizacións galeguistas existentes, ou ben a título individual.
Polo que respecta ao programa alí aprobado, poucas novidades aportan, máis ben resultou un compendio dos acordos do nacionalismo e un documento de compromiso.De feito, o programa representaba rasgos característicos da posición idealista e paternalista que mantiñan a pequena burguesía intelectual e vilega:
A consideración da nación como un fenómeno natural.
A identificación da nación do mundo rural.
A defensa dunha alternativa económica cooperativista, afastada do capitalismo e do socialismo.
A defensa da cooficialidade das linguas castellana e galega.
A crenza na cidade/campo, como unha relación opresor/oprimido.
Tamén apareceron outros apartados orixinais progresistas, como eran: a introdución do concepto de autodaterminación; unha referencia moi limitada, ao proletariado urbano; unha definición a prol da extinción das rendas forais, sen cargo aos campesiños.
Eran cuestións que foran xurdindo da asamblea, introducidas como enmen-das ou engadidos, que amosaban a presencia dunha corrente progresistano seu seo.
Sen embargo, e por riba das diverxencias significativas, esta á identificación de Galicia como nación, dato esencial para a unificación dun marco de auto-goberno, conxunturalmenteexemplificado polo Estatuto de Autonomía. Xa que logo, a autonomía pasa a ser o obxectivo político do nacionalismo.
A devilidade organizativa do PG non lle permitiu botar máis folgos na campaña autonomista. O nacionalismo parecía ficar illado nun certo testemuñalismo verbal, incapaz, polas contradicións internas, de incorporar aos sectores populares, nomeadamente ao campesiñado, a un proxecto político e organizativo de ámbito galego.
Foi daquela cando sse produciron as primeiras tensións no seo do PG, có obxectivo de garantir un respaldo social máis consistente para as reivindica-cións autonomistas. Unha abertura que ven pola alianza coas organizacións republicano-burguesas e da esquerda, marxista ou republicana, lonxe como estaba a dereita tradicional de asumir calquera reivindicación de auto-goberno, por limitada que for. Esa alianza non tivo máis que un valor simbólico porque o PG foi a única organización política que impulsou a convocatoria e triunfo final do reperendo autonómico.
As Novas Alianzas
O fracaso das eleicións de novembro de 1933, e o triunfo dos partidos reaccionarios, supuxo un freo no proceso de expansión do nacionalismo, pero servíu para acelerar a ideoloxía política.
Este proceso asentouse nunha serie de presupostos concretos: o republicanismo, o antifascismo, a identificación do nacionalismo, etc., que probocaron receos no sector conservador do partido, e en 1935, a súa saida do PG, baixo o nome de Dereita Galeguista.
O Corolario deste posicionamento foi a normalización, en Xaneiro de 1936, do compromiso coa Frente Popular; un acordo que implicaba a esquerda na reivindicación autonómica e na súa plasmación institucional, no caso dunha hipotética chegada ao poder.
A pesar desa hipótese verifícase co trunfo eleitoral da Frente Popular, non houbo tempo para a posta en marcha, e posterior consolidación, das institu-cións autonómicas. O Estatuto de Autonomía, aprobado o 28 de xuño de 1936, non tivo tempo de tramitarse no parlamento español e só puido facelo en pleno conflicto bélico, pero reducido xa a unha función simbólica.
14
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |