Literatura
Muá, múa; Roald Dalh
Muá, múa. De Roald Dalh
MUÁ, MUÁ
Muá, múa é unha obra que agrupa once contos de Roald Dalh, escritor nacido en Gales en 1916, fillo de noruegueses emigrados. Traballou na coñecida empresa petrolífera Shell, e logo enrolouse como piloto da R.A.F. na II Guerra Mundial.
As súas primeiras colaboracións escritas publícanse en xornais, interesados en contar experiencias sobre a Guerra.
Entre os anos cincuenta e setenta publica entre outros os libros: Someone like you; Swith Bitch; The Best of Roald Dalh; My uncle Osward; Kiss,Kiss( Muá muá)...
Foi guionista de cine, algún título como Chitty Chitty, Bang Bang ou Gremlims teñen moito que ver con el.
Morreu en 1990, en Oxfordshire, Inglaterra, Mentres tramaba cos nenos do mundo unha conspiración contra os adultos, pois segundo afirmaba “os nemigos son os pais e os mestres”.
Os títulos dos contos son:
-
A patroa: Un home pasa a noite nunha estraña pensión onde unha velliña é a encargada e diseca a todos ós que por alí pasan.
-
William e Mary: Un home que está a morrer decide por o seu cerebro ó servicio do seu amigo científico, coa oposición da súa muller, ata que descobre que así o seu marido non lle pode estar a rifar e lle gusta a idea.
-
A subida aos ceos: Unha muller que non soporta chegar tarde ós sitios marcha a París durante seis semanas, durante as cales non sabe nada do seu marido, pois quedou atrapado no ascensor.
-
O pracer dun crego: Un home faise pasar por crego para poder facerse con mobles vellos que en realidade sexan obras de arte. Un día compra unha cómoda da que só hai tres copias no mundo dicindo que lle interesan as patas, polo que os vendedores llas cortan para aforrarlle o traballo ó crego. O soponcio que lle debeu dar é inimaxinable, aínda que non se comente no libro.
-
Mrs. Bixby e o abrigo do coronel: Mrs. Bixby ten un amante que é coronel. Este un día lle regala un abrigo de visón valorado en 5000 $ para dicirlle que non pode volver á vela. Ela pensa en como lle vai dicir ó seu marido que ten un abrigo así. Vai a un prestamista e decide deixar o abrigo a cambio de 50 $. O talón para retiralo lévao en branco, finxindo que o encontrou. O seu marido dille que xa o recollerá el ó ir para o traballo. Dille tamén que se é algo para ela xa a chamará. Ela decide pasar pola oficina e alí lévase a sorpresa dun visón, pero só para envolver o colo. Ó marchar do oficina ve que a secretaria do seu home leva un precioso e novo abrigo de visón.
-
Xelea real: Un matrimonio ten unha filla que non come nada e estase a por cada vez máis fraca. O pai, que traballa nunha empresa de mel, decide alimentar á súa filla con xelea real, pois ten moito valor nutritivo. Despois de darllo durante varios días á súa filla, que xa se recuperara, contoullo á súa muller. Tras a charla danse conta de que á súa filla estanlle a saír uns peliños amarelos no peito, coma se fose unha avella.
-
Georgy Porgy: El e un home que vive aterrado polo feito de que unha muller estableza contacto con el. Nin sequera tocarlle a man a unha muller cando lle entregan algo. Todo isto ven porque un día viu como unha coella comía as súas crías e porque a continuación a súa nai ía darlle un bico e el confundiuse e pensou que a súa nai ía comelo.
-
Xénese e catástrofe, unha historia verdadeira (lida na clase): A historia do nacemento de Adolf Hitler.
-
Edward o Conquistador: É a historia dunha muller que cree atopar un gato que é a reencarnación de Listz, o compositor. Só atende o gato , polo que o marido encárgase de coidar do xardín e comeza a queimar as follas secas. Farto colle ó gato ,sae ó xardín e cando entra o gato non volve con el.
-
Porco : A historia dun rapaz vexetariano que acaba nun prato de raxo.
-
O campión do mundo: Un home dedícase a cazar faisáns de maneira ilegal nun parque. Un día un amigo seu proponlle de cazalos usando pírulas para durmir. A idea funciona ata que o contacto que llos achega á gasolineira onde traballan tráeos escondidos no carriño do bebé e os paxaros espertan e saen voando totalmente drogados e espallándose por toda a estrada.
Aquí afondo no que máis me gustou:
-
Porco: O conto comeza en Nova York. Alí un matrimonio acaba de ter ó seu primoxénito. Para celebralo deciden ir cear ó restaurante máis caro da cidade, deixando ó neno cunha canguro.
Cando pola noite regresan a tópanse en que non levaron chaves. Chaman ó timbre durante cinco minutos pero a canguro non abre. Eles deciden entrar pola xanela da cociña. Nese momento pasan uns policías, que confundíndoos con ladróns, mátanos a disparos.
Ó día seguinte toda a familia reúnese para decidir quen coidará do pequeno Lexington. Finalmente quédase con el a súa tía avoa Glosspan, que vivía nunha casa de campo en Virxinia.
Ela criou ó pequeno ensinándolle a ler, escribir, falar correctamente, cociñar comida vexetariana, coidar dos animais..
Un día a súa tía morreu dun ataque pola noite e el decidiu realizar co diñeiro da herdanza o soño que lle tivera comentado á súa tía: escribir un libro de cociña.
Voltou á cidade de Nova York para buscar novas receitas e chegou a hora da comida. Entrou nun restaurante onde só había raxo con patacas(moi estraño en América, por certo)e comeuno. Descubriu que estaba delicioso e achegouse ó cociñeiro, o cal lle explicou como se preparaba, pero que primeiro había que conseguir un bo porco e matalo. Díxolle que iso facíase no matadoiro. Ademais corría o rumor de que tamén se empregaba carne humana, polo que ó mellor non lle apetecía cociñar esa carne.
Lexington foi decidido ó matadoiro e descubriu que facían visitas turísticas. Entrou na sala de espera e alí había un matrimonio, unha nai con dous fillos e unha velliña cunhas luvas brancas. El foi o último en ir, loxicamente, e foi despois da velliña, pois as visitas facíanse con persoas que viñan xuntas, non se facían grupos. Cando lle tocou a vez primeiro amosáronlle como chegaban os porcos
para ser matados. Nese momento baixaban dun camión quince porquiños. Dous homes estaban a colgalos dunhas cadeas que os levaban á planta superior. Cada vez que un porco se separaba do chan a Lexington chamoulle a atención o triscado que facía a perna do porco ó romper. Cando xa saían desa zona el aganchouse na cadea e tamén foi levantado. Pedía axuda coma un loco e cando chegou á outra planta viu ó matarife, ó que lle pediu axuda. El díxolle que encantado. Colleuno dunha orella e fíxolle un gran corte na xugular. Lexington íase desangrando ata que chegou ó depósito de agua fervendo onde se escaldan ós porcos. Antes de caer na auga, fixouse en que había un porco que levaba luvas brancas...
Descargar
Enviado por: | Crac |
Idioma: | gallego |
País: | España |