Arqueología


Monumentos megalíticos en Galicia


O MEGALITISMO

Enténdese por megalitísmo o fenómeno cultural que se caracteriza pola construcción de monumentos, xeralmente funerarios, a base de rochas de gran tamaño. Os megalitos extendéronse dende o norte de Europa á Europa meridional, sobre todo ó largo da costa Atlántica.

O DESENROLO DO MEGALITISMO EN GALICIA

O desenrolo do megalitísmo en Galicia xorde no IV milenio a.C., procedente de Portugal, e remata orredor do 2200-2100 a.C.

Existen algunhas datacións de comezos do V milenio pero son moi escasas, isto lévanos a pensar que comeza o ritual funerario de depositar o cadáver

baixo un túmulo de pequeno tamaño.

No último tercio do V milenio aparecen xa claramente os túmulos de pequeno tamaño e cámara poligonal simple, que fai supoñer un enterramento individual.

No IV milenio aumenta a diversidade de formas, o tamaño cámaras e o tamaño dos túmulos, os monumentos son de cámara simple pero moi grande polo que se pensa no enterramento colectivo, aparecen os primeiros monumentos de corredor e as primeiras manifestacións de arte parietal (nas paredes).

Dende o ano 3600 a.C. ata ben entrada a segunda metade do terceiro milenio só aparecen monumentos de corredor, mais como continuidade de utilización que como construcción de novos monumentos.

Segundo as datacións de que dispoñemos na actualidade, debemos supoñer que os monumentos de corredor substitúen nesta época ós anteriores máis sinxelos.

O caso de Dombate (único caso estudiado en profundidade) no que un monumento pequeno de cámara simple, queda oculto baixo o túmulo dun posterior monumento de corredor máis grande e complexo, parece confirmar esta hipótese

Na transición do IV o III milenio aparecen transformacións na entrada dos monumentos que parecen indicar un cambio no ritual funerario e incluso na concepción relixiosa.

No caso de Dombate aparecen no límite exterior da zona de entrada o monumento unha fila de vinte pequenos elementos de vulto redondo algúns con rasgos antopomorfos, que delimitan claramente un dentro e un fóra do espacio funerario.

Hacia finais do III milenio os monumentos propiamente megalíticos desaparecen definitivamente, inda que o enterramento baixo túmulo pervive.

TIPOS DE MONUMENTOS MEGALÍTICOS

-Dolméns: Son os máis numerosos e importantes, teñen caracter funerario, son monumentos de enterramento colectivo. Ademais da función funeraria teñen outras funcións, pois marcan un territorio determinado que singulariza a comunidade que os levantou, case sempre están en lugares altos ou preto de correntes de auga.

Podemos clasificar os dolméns galegos da seginte forma: -Dolméns simples: nas excavacións destes monumentos apareceron puntas de frecha, follas de silex, bolas de colar e algún resto de cerámica. Xorden no 4000 a.C Monumentos megalíticos en Galicia

-Dolméns de corredor: aparecen nunha segunda etapa que vai dende 3500-2700 a.C. Son as formas máis fermosas de megalitismo en Galicia, xeralmente teñen planta poligonal inda que a veces tende a circular (Donbate). O corredor está en moitos casos cuberto e claramente diferenciado en alzado respecto á cámara megalítica (Casa da Moura en Queguas-Ourense, Casa dos Mouros en Vimianzo-A Coruña).

Os obxectos atopados son parecidos ós da época anterior, inda que os útiles de pedra están máis evolucionados e os restos de Monumentos megalíticos en Galicia
cerámica son máis abundantes.

-Cistas megalíticas: representan o periodo máis tardio do megalitísmo galego que vai dende 2700-2000 a.C. Teñen planta rectangular e unha lousa de cuberta (Casota de Berdoias Vimianzo-A Monumentos megalíticos en Galicia
Coruña ou Fornela dos Mouros Laxe-A Coruña).

-Mámoas: Son montóns de terra ás veces mesturadas con pedras pequenas case sempre en forma de media esfera que recubren un dolmen, tamén chamadas medorras ou medoñas. Aparecen case sempre en ladeiras ou serras, lugares non aproveitables para a agricultura. Esta aparició de megalíticos en lugares elevados tiña un nobre interese:

ser vistos dende lonxe e funcionar como límite de territorio entre comunidades.

A estructura das mámoas está composta por capas de terra, as veces mesturadas con pequenas pedras e recubertas por unha coraza de pedra ou rodeadas de aneis na basais. A forma é circular ou ovalada, de entre 10-30 m de diámetro sen sobrepasar os 5m de altura. Polo xeral no centro da mámoa está o dolmen, con cámara poligonal con ou sen corredor de acceso, construida con grandes lousas verticais que sopotan unha cuverta monolítica

Mamóa da Moura, accedese pola estrada que comunica Luintra con Moura.

Monumentos megalíticos en Galicia

-Menhires: Son pedras fincadas no chan de dificil atribución cronolóxica e cunha función ritual que non coñecemos ben. Só duas das atopadas parecen ser auténticas: a Lapa de Gargantáns en Moraña (Pontevedra) e a Pedrafita de Cristal en Ribeira (A Coruña)

Pedrafita de Cristal

Monumentos megalíticos en Galicia

-Círculos líticos: Case non aparecen en Galicia. O arqueólogo Federico Manciñeira deu a coñecer en 1894 doús círculos que había en A Mourela de As Pontes (A Coruña), que foron destruidos pouco despois para facer o firme dunha estrada O máis grande tiña un diámetro de 20,5m e estaba feito de pequenas pedras cunha altura de entre 30-60cm. A porta de acceso, orientada hacia o sudeste estaba flanqueada por dous bloques de seixo de case 1m de altura

Monumentos megalíticos en Galicia

Círculo Lítico de A Mourela (Desaparecido).

Actualmente só se considera un auténtica círculo lítico o de O Freixo nas Pontes (A Coruña)  xa que o de Prao das Chantas no Valadouro (Lugo) parece ser de realización moderna 

PRINCIPAIS MONUMENTOS MEGALÍTICOS ATOPADOS EN GALICIA

A CORUÑA:

Monumentos megalíticos en Galicia

Pedra da Arca (A Coruña): É un dos dolmens máis importantes de Galicia, no municipio de Malpica. Chama especialmente a atención o grosor da súa cuberta que aparece caída e inclinada sobre a cámara. Unha vella lenda dí que foi feita por unha moura, que trouxo as pedras na cabeza ó mesmo tempo que fíaba na roca e amamantaba un neno.

Monumentos megalíticos en Galicia

Dombate (A Coruña): Este é o dolmen máis coñecido de Galicia non só pola súa feitura e os obxetos atopados nel, se non tamén porque foi inmortalizado por Pondal nun dos seús poemas.

É un perfecto dolmen de corredor. A cámara poligonal conserva a súa cuberta e mide 4,20 por 2,90m. Ten un longo corredor de tres tramos de 4,10m de longo que aumenta en anchura a medida que nos acercamos a cámara( 95-140cm) e tamén en altura (95-150 cm).

Na súa escavación apareceron importantes feitos:

-A existencia dun dolmen anterior de cámara simple.

-Aparición de decoración pictórica na cámara e corredor.

-Localización dunha fila de 20 ídolos no frente do corredor no límite do túmulo.

-Unha notable aparición de obxetos líticos e cerámicos.

-Este dolmen foi utilizado en diferentes épocas entre 3900-2700 a.C, momento no que se clausura.

Está na Cabana de Bergantiños e pertence á Diputación de A Coruña.

Monumentos megalíticos en Galicia

Casa dos Mouros (A Coruña): É un gran dolmen de corredor situado entre o límite dos municipios de Vimianzo e Dumbria. O seu nome causa confusión xa que nalgunhas publicacións aperece como Pedra da Arca e tamén como Dolmen de Regoelle. Ten unha lonxitude de 7,50m , dos que 3,80 pertencen á cámara e o resto ó corredor. Aparecen algúns gravados línes onduladas e dúas manchas de cor vermella.

Monumentos megalíticos en Galicia

Arca da Piosa (A Coruña): Pertence ó municipio de Zas. Está no medio dunha gran explotación forestal de eucaliptos que a veces dificulta a súa localización pola gran cantidade de pistas. Impresiona a dimensión das súas cubertas tanto da cámara coma do corredor, estando esta nun plano inferior. O túmulo, de gran altura, vese dende lonxe. Eduardo Pondal sitúa aquí a tumba do mítico guerreiro Brandomil.

Monumentos megalíticos en Galicia

Mina da Parxubeira (A Coruña):Está no municipio de Mazaricos e coñécese tamén como dolmen de Corveira. Forma parte dunha necrópolis de catro túmulos. Conserva os ortostatos do lado norte e restos dun corredor curto, entre eles unha lousa de cobertura e parte do túmulo. Na súa escabación atopáronse catro estelas antropomórficas na periferia e algúns betilos (pequenos cantos rodados), así como fragmentos de cerámica campaniforme, láminas de silex, unha punta de frecha, unha aixola e unha guvia.

Monumentos megalíticos en Galicia

Cabaleiros (A Coruña): Pertence ó municipio de tordolla. a cámara é poligonal, formada por seis ortostatos suxeitando unha cuberta de 4,50m de longo. Nunca foi escavada polo que se hai corredor está oculto baixo o túmulo que se conserva parcialmente, pertence a Diputación da Coruña.

Monumentos megalíticos en Galicia

Casota de Berdoias (A Coruña): Pertence ó municipio de Vimianzo e coñécese tamén como Caseta dos Mouros e Dolmen de Freáns. É o mellor exemplo conservado en Galicia de cista megalítica, tipoloxía que aparece na última fase do megalitísmo galego. Ten planta rectangular de 2,70m de longo e está construida con granito orredor. Na superficie interior dos tres ortostatos que sosteñen a fermosa lousa de cobertura, aparecen gravados motivos cruciformes e cazoletas.

Monumentos megalíticos en Galicia

Fornela dos Mouros (A Coruña): Situada en Aplazadoiro, municipio de Laxe. Fermoso exemplar de cista megalítica con tres ortostatos dispostos rectangularmente que soportan unha gran lousa de cobertura. Acada unha altura de 1,35m.

Monumentos megalíticos en Galicia

Pedra Cuberta (A Coruña): Pertence o municipio de Vimanzo. É un monumento de gran importancia histórica porque o alemán Georg Leisner deu a coñecer a decoración pictórica deste manumento funerario, un feito pouco comentado en Europa ata ese momento. Hoxe só podemos ver un dolmen de cámara poligonal e corredor que conserva unha lousa de cobertura no corredor e restos do túmulo.

Monumentos megalíticos en Galicia

Axeitos (A Coruña): É sen dúbida o máis estético dos dolmens galegos. Está na parroquia de Oleiros, municipio de Ribeiro e pertence á diputación provincial. Coñecido popularmente como Pedra do Mouro estando en bó estado de conservación .

OURENSE:

Monumentos megalíticos en Galicia

Casola do Foxo (Ourense):Forma parte da Necrópolis de Maus de Salas, municipio de Muiños. É un dolmen de cámara simple poligonal e na súa escabación atoparonse restos de cerámica campaniforme.

 

Monumentos megalíticos en Galicia

Casiña da Moura (Ourense): Foi trasladado de lugar pola construcción do encoro de Salas. Está no municipio de Muiños. É un dolmen de corredor e cámara poligonal.

Monumentos megalíticos en Galicia

Casa da Moura (Ourense): Está en Queguas, municipio de Entrimo. É un dos dolmens máis espectaculares de Galicia tanto polas súas dimensións como polo seu estado de conservación. Ten unha cámara poligonal de seis ortostatos e un corredor cunha lonxitude de 4m e unha altura de 2m.

PONTEVEDRA:

Monumentos megalíticos en Galicia

Maixoeiro (Pontevedra): Pertence o municipio de Mos e tamén se chama dolmen de San Cosme ou das Minas. Nun inventario publicado en 1977 considerase desaparecido, pero hoxe localízase nos terreos do Círculo Mercantíl de Vigo esto indica que foi trasladado de lugar. É un dolmen de corredor curto orientado o leste e ben conservado.

Monumentos megalíticos en Galicia

Chan de Arquiña (Pontevedra):Localizado no municipio de Moaña, este dolmen de cámara poligonal e corredor orientado o leste conserva parte do túmulo. Foi restaurado en 1953.

Monumentos megalíticos en Galicia

Lapa de Gargantáns (Pontevedra):

LUGO:

Monumentos megalíticos en Galicia

Moruxosa (Lugo): Pequeno dolmen de fermosas proporcións que se locaiza no municipio de friol. Está formado por seis ortostatos e unha lousa de cobertura que se apoia en trs deles




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar