Física


Luz e son


Denomínanse fenómenos periódicos aqueles que se repiten a intervalos de tempo, cando este movemento volve a pasar polo seu punto de orixe, denominase oscilación ou ciclo completo. Estes movementos veñen marcados polo seu período (Duración dun ciclo ou oscilación,T) e a súa frecuencia (Nº de ciclos completos por unidade de tempo,v). A súa unidade no SI e o Hertz (Hz) que equivale a unha oscilación por segundo. A formula destes movementos periodicos e T=1/v.

O movemento oscilatorio e cando o corpo adquire un movemento de vaivén, cando as oscilacións son rápidas dise que é vibratorio. A elongación destes movementos é a distancia entre o punto en que se atopa e a posición central, o seu valor máximo recibe o nome de amplitude.

Os movementos ondulatorios son aqueles que se propagan a través dun medio e unha onda e unha perturbación que se propaga no espacio sen transporte de materia.

A lonxitude de onda () é a distancia entre dous puntos que se atopan en fase, as partes superiores denomínanse cristas e as inferiores vales.

A velocidade de propagación depende do medio, a velocidade nun mesmo medio é constante. A velocidade e igual á lonxitude de onda partido do periodo (v=/T), como a frecuencia e inversa o periodo v=v (frecuencia).

Hai sete tipos de ondas que se dividen en tres grupos:

  • Segundo a vibración das partículas poden ser ondas trasversais (as partículas vibran de forma perpendicular a propagación das ondas) e ondas lonxitudinais (cando vibran na mesma dirección).

  • Segundo a direccións de propagación poden ser ondas que se propagan nunca única dirección; as ondas que se propagan no plano; e as ondas que se propagan no espacio en tódalas direccións, estas últimas son esféricas.

  • Segundo o material ou non de propagación, as ondas que necesitan un medio material denomínanse ondas materiais, e as que se propagan no baleiro chámanse ondas electromagnéticas.

As características das ondas son: a reflexión (Cando as ondas atopan un obstáculo, refléctense sen que varie a súa velocidade), a refracción (As ondas chocan coa superficie de separación de outro medio, entran nel e cambian a súa velocidade e dirección), a interferencia (Cando mais de dúas ondas se propagan nun mesmo medio prodúcense diversas perturbacións que produce interferencias destructivas ou constructivas), e por último a absorción ( Prodúcese gracias ó rozamento das particulas, a onda vaise debilitando). O son é un movemento ondulatorio, no cal se producen vibracións que fan vibrar as moléculas de aire que están en contacto con el, e estas a súa vez as moléculas veciñas e así sucesivamente. O cerebro interpreta estas vibracións na parede do tímpano en forma de son (vibración que se transmite en forma de ondas lonxitudinais e materiais). A lonxitude de onda do son e a distancia entre dúas distensións ou dúas compresións.

O son se propaga só en medios materiais e non todas as vibracións producen sensación sonora para o oído humano, para que unha vibración afecte ó tímpano do ser humano ten que situarse entre 20 Hz e 20000 Hz, a súa velocidade de propagación depende do medio material onde se producen as vibracións.

O son distinguese por tres calidades: A intensidade, que e a calidade que nos permite identificalo como forte ou débil; O ton, que nos axuda a diferencialo entre agudo e grave; e o timbre que nos permite identificar sons da mesma intensidade e do mesmo ton.

Estas ondas transportan enerxía. A sonoridade e a sensación percibida polo noso oído, para medir a sonoridade utilízase un sonómetro e a súa unidade de medida é o decibelio (dB) 0 dB é o mínimo que percibe o oído humano e 120 dB producen unha forte sesación dolorosa.

Os sons con frecuencias inferiores a 20 Hz chámanse infrasóns, e os superiores a 20000 denominanse ultrasóns, non son audibles para o ser humano.

Se a través dun prisma de vidro facemos pasar un raio de luz branca está luz descomponse en colores e forma o espectro da luz branca.

Segundo Newton a luz estaría formada por partículas luminosas que se desviarian de forma distinta o atravesaren o prisma. Huygens propuso a teoria de que a luz estaba formada por ondas. Case dous séculos mais tarde Maxwell solucionou a seguinte pregunta, ¿Cal é o medio que vibra se a luz e unha onda?, el propuso que a luz e unha radiación electromagnética, ,e decir, en tre campos electricos e magneticos que vibran entre si e que se propagan no baleiro. A luz visible está constituída por un conxunto de radiacións electromagneticas que son percibidas polo sentido da vista.

O espectro electroagnético e o conxunto de todas as radiacións electromagneticas se divide en dúas partes, según o tamaño de onda.

Ondas de maior tamaño: Ondas de radio (Utilizanse nas telecomunicacións, as súas longitudes son longas), microondas (As súas lonxitudes abarcan uns centímetros), infravermellos (Son as radiacións emitidas polos corpos quentes, dunhas micras de lonxitude),luz visible (Dende uns 380nm ata uns 780nm.




Descargar
Enviado por:Ra
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar