Literatura


Lume de biqueira; Xosé Vázquez


LUME DE BIQUEIRA

NOTA: 8´5

ÍNDICE

AUTOR

• Biografía e producción literaria

OBRA

• Temas

• Argumento

• Estructura externa

• Estructura interna

• Personaxes e relacións

• Espacio

• Tempo

• Punto de vista

• Crítica literaria

LUME DE BIQUEIRA

AUTOR

Biografía e producción literaria:

Xosé Vázquez Pintor nace en Melide en 1946. Creador con preferencia de textos poéticos, iniciou a súa camiñada nas letras galegas a comezos dos anos 70 situado nas coordenadas do socialrealismo, formando parte posteriormente do grupo dos Novíssimos. Sen embargo, dende mediados dos 80 achégase ás formas da poesía en auxe ata instalarse nun lirismo telúrico e suxestivo que lle concede tamén certa relevancia dentro das tendencias máis ponderadas desta última década. Adícase, ademais, ás artes escénicas, aínda que só ten publicada unha obra de teatro para nenos, sen esquecer o ensaio xornalístico e o relato curto. Licenciado en Ciencias da Educación, na actualidade reside en Cangas do Morrazo, onde traballa como mestre de Ensino Primario. Creador e director do pioneiro grupo de mimo e pantomima Ancoradouro, dende o ano 1981 promove nas parroquias e vilas galegas o labor de restablecemento da expresión xestual e corporal no ámbito teatral. É tamén colaborador habitual na prensa periódica, na que dera a coñecer de novo a súa actividade literaria.

Gándaras (1971, con prólogo de Varela Buxán), Terra e pan (1975) e O espertar tamén é noso (1977), os seus primeiros poemarios, participan do prosaísmo de orientación social, sendo algunhas das súas composicións musicadas por autores como Bibiano ou Xico de Cariño. Pero aínda que se lles recoñeceu unha autenticidade enraizada co popular, en especial ó último libro, hoxe están excluídos de calquera atención ou xuízo valorativo reseñables.

LUME DE BIQUEIRA

AUTOR

Biografía e producción literaria:

Ofidios de diario (1984, Premio Eduardo Pondal 1981 e finalista da Reconquista 1982) supuxo unha viraxe no quefacer poético do autor que sorprendeu polas enlagadoras evocacións cultistas e o seu equilibrio interior.

Na vertical da noite (1990, Premio Cidade de Ourense 1989) e No corazón mancado (1990, Premio Esquío 1989) reconcílianno enteiramente cos lectores especializados deste momento e mesmo deron pé para denunciar o silencio ó que estaba sometido (é o que se propón X. M. Millán Otero na densa reseña que asina en A Nosa Terra).

Non tanto o primeiro libro, máis heteroxéneo, como si o segundo, un complexo universo poético forxado dende un témpero procurado no celme da natureza que “pode facer mudar calquera opinión desfavorable” (V. Araguas, Dorna 17) con respecto á súa obra. A fraga encantada (1987, finalista no Concurso de Teatro Infantil O Facho 1981) é a súa única peza teatral editada e pertence a unha triloxía que completan Asubío, Fina e Petra eran xente moi lareta e A nosa lingua, representadas por compañías de teatro do Morrazo. É autor, ademais, doutras pezas inéditas.

En prosa publicou o libro de relatos curtos De ida e volta (1975).

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Argumento:

Bobi, un xogador novo que provén da canteira, comeza a súa carreira como xogador profesional no clube de fútbol máis importante da súa cidade: o Real Clube Celta de Vigo.

Veráse rexeitado polo adestrador, que é estranxeiro, e terá que demostrarlle a el, ós do Consello do clube, e ós siareiros do equipo vigués a súa calidade como futbolista para conseguir facerse cun posto de titular; por suposto, contará coa axuda dos seus pais; da súa moza, Ruth; indiscutiblemente do seu primeiro adestrador, Xaime Barreiro; ademais do apoio do resto dos compoñentes do equipo, cos que entablará unha grande amizade.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Temas:

Amizade e compañeirismo:

Toda a historia baséase na amizade, como a que mantén Bobi con Xaime Barreiro, o seu adestrador de base que fai o posible para que o seu Neniño de diamante, como el o chama, xogue os partidos; pero sobre todo no sentimento de compañeirismo entre tódolos xogadores do equipo para con Bobi, xogador da canteira ó que o adestrador alemán non deixa xogar.

Ademais tamén se pode comprova-la amizade de Bobi co seu adestrador de base, Xaime Barreiro, que fai o posible para que este poida xoga-los partidos.

Amor:

É, tamén, un sentimento moi presente na obra, sobre todo entre Xaime e a súa muller Rosa; entre Arturo, o presidente do clube, e a súa muller Vanessa; entre Bobi e a súa moza, Ruth, que lle dá folgos cando el non pode xogar; e, como non, entre os pais de Bobi, Luís e Aurora, que o apoian na súa carreira.

Carraxe:

É un sentimento que sinte Xaime Barreiro, tanto hacia Lav Zilay, o adestrador alemán do Celta, como hacia os membros do Consello de Administración do Celta.

Esta carraxe tamén a demostran os siareiros contra o adestrador estranxeiro nos partidos pola súa constante negativa de non deixar xogar a Bobi.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Temas:

Humildade:

Bobi é unha persoa humilde que loitará ata o final e o que faga falta para facerse cun posto de titular, e esta cualidade ensinoulla o seu adestrador de base, e agora un dos seus mellores conselleiros e amigos, Xaime Barreiro.

Coraxe:

Cualidade que ten Xaime Barreiro, xa que se enfronta cos membros do Consello e, polo tanto, xógase o seu posto como adestrador de base. Todo iso para conseguir ver realizado o seu soño: unha sellección galega formada soamente por xogadores galegos; para que, así, non teñan que irse a xogar ó estranxeiro e a outros equipos fóra.

O que se propón Barreiro é facerlle ver a toda Galicia a calidade futbolística que teñen os nosos xogadores.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Espacio:

A historia sitúase fundamentalmente na cidade de Vigo e os seus arredores (Coia, Valadares), aínda que o autor fai un percorrido por distintas cidades españolas, sobre todo centra a acción nos seus estadios de fútbol: Santa Cruz de Tenerife, no Heliodoro Rodríguez; e Bilbao, no San Mamés.

Ademais destas cidades hai que facer unha división entre espacios abertos e espacios pechados, velaquí uns cantos:

Abertos: Coia (estadios), Balaídos, Praza de América, A Madroa, Bouzas, Coruxo, Valadares, Avenida Castelao, Cabral, Castrelos, a Florida...

Pechados: casa de Santaló (Nigrán), Hotel San Andrés, os avións, os autobuses, casa de Barreiro (Matamá), casa de Bobi, sala de xuntas, Hotel Mosca do Mar, Hotel da Foz Vermelha (o Porto), Sanatorio Candeira, un plató da TVG, Café Arnego, vestiarios, Restaurante Canetas...

Tempo:

O tempo real no que se nos narra esta historia aparece dado na primeira folla, outono do ano 2001.

Cabe sinalar aquí as voltas atrás (flashback), ás que algúns personaxes nos remiten; sobre todo, Xaime Barreiro.

Un exemplo: no capítulo 6, cando este personaxe se lembra do seu mestre de escola nos seus tempos mozos.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Estructura interna:

Capítulo 1:

Bobi chega tarde ó adestramento na Madroa. Tódolos seus compañeiros lle gastan bromas. Descríbese como é un adestramento diario dos xogadores do Celta. Destaca Djuva por ser o máximo galeador do equipo. Segundo a nai de Bobi, este é un bo estudiante e comezou a xogar ó fútbol con Barreiro con 8 anos. Barreiro fala co presidente e cos membros do Consello.

Capítulo 2:

Bobi está convocado para ir ó partido contra o Tenerife no Heliodoro Rodríguez. Describe a viaxe en avión. Chegan ó hotel e ten que comparti-lo cuarto con Outes. Este faille unha novatada a Bobi e intenta devolverlla a Outes, aínda que el decátase.

Capítulo 3:

Kristopher bérralle ó Canelas por un problema coas botas. O míster explica a estratexia e Manríquez resíntese dunha perna. Comeza o partido contra o Tenerife un domingo pola tarde. Dura entrada a Manríquez e sae Bobi nos últimos 5 minutos. Pitan o final despois dunha xogada perigosa para os locais. Destacan nos xornais a presencia do canteirán vigués.

LUME DE BIQUEIRA

Estructura interna:

Capítulo 4:

Bobi chega á casa, onde o espera a súa nai esperta. Á mañá seguinte mercan varios xornais para le-la crítica deportiva. Pero a Barreiro parécelle moi pouco. Vai hacia Balaídos e despois ó bar dun amigo.

Capítulo 5:

Canelas vai á casa de Barreiro e polo camiño lémbrase de cando foi presentado como utilleiro ó anterior presidente. Ó día seguinte Barreiro vai a Coia para adestra-los grupos infantís e xuvenís. Pola noite chámao Bobi e falan do partido do domingo e do adestrador, Lav Zilay.

Capítulo 6:

Barreiro ten 3 partidos en Coia (2 infantís e 1 xuvenil). Mentras se dirixe ós partidos, vaise lembrando dos seus tempos na escola. Festexa a victoria dos rapaces e vai comer á casa do Fiz, onde coñece ós pais do rapaz.

Capítulo 7:

Os da Xunta Directiva entéranse de que Barreiro foi comer á casa dese rapaz e pensan que está a pór á xente en contra deles. Envían a Fariña para que fale co míster para que convoque a Bobi e así acalmar a Barreiro. Este négase, polo que Fariña chama ó presidente e el fai unha xuntanza no seu chalé. Deciden chamar a Lindoso para que fale con Barreiro, pero como chega borracho decide facelo o propio presidente.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Estructura interna:

Capítulo 8:

Santaló chega á casa de Barreiro e falan. Santaló pídelle que teña paciencia e Barreiro dille que non ha renunciar ó seu soño de ver formado un Celta galego.

Capítulo 9:

O domingo xoga o Celta contra o Zaragoza en Balaídos; Lav Zilay non convoca a Bobi e os siareiros están furiosos. Comentario do partido en xeral. En Balaídos comezan a berra-lo nome de Bobi, e el dalle-las gracias. Nos vestiarios hai unha pequena liorta entre o Canelas e Kristopher, pero Álvaro e Rodri acoden a defender ó utilleiro.

Capítulo 10:

Santaló acode a Lemao, representante de xogadores para supera-la “mala racha” do Celta.

Capítulo 11:

Santaló reúnese con Lemao nun hotel e ofrécelle 3 posibles fichaxes. Falan de Edmon, o máis caro deles. Comen en o Porto e selan o trato despois de que o presidente o consulte cos outros membros por teléfono. Lindoso reúnese con eles. Santaló marcha. Ó día seguinte cóntallo ó adestrador para que lle dé o seu consentimento. Despois vaillo contar a Barreiro. Confírmase a fichaxe e Zilay comunícallo ós xogadores.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Estructura interna:

Capítulo 12:

Barreiro fala con Humberto, o médico do Celta, para que lle axude a Bobi e pídelle que minta cando lle faga a revisión a Edmon. Despois diríxese ás instalacións do Celta para decirlles ós do Consello o que opina deles, sen embargo eles non lle fan caso e celebran a fichaxe do brasileiro. Entón Barreiro chama a Zilay para que non se esqueza de Bobi. Vai ó Faro de Vigo para falar en contra do fichaxe. Máis tarde, na roda de prensa Lindoso desminte o que Barreiro dixo. Barreiro chama a Bobi para darlle folgos.

Capítulo 13:

Santaló vai á TVG para unha entrevista e alí le un fax que di que o Real Madrid e o Barça tamén puxan por Edmon. A Lindoso dalle un shock e lévano a urxencias. Reciben outro fax onde lle afirman que Edmon xa é do Celta. Todo o equipo apoia a Bobi. Zilay dalle a Bobi unha camiseta de titular con sorna e nos vestiarios Canelas enfróntase a el. Álvaro fala co presidente a favor do utilleiro.

Capítulo 14:

Santaló e os do Consello reciben un fax de Lemao para que lles firme un contrato por 5 anos. Uns policías achegan a Santaló á oficina. Lindoso chega tan canso que se desmaia. O presidente fala co presidente do Barça para sabe-lo interese que ten por Edmon, e este dille que xa non o quere. Lav expón a lista dos convocados a Bilbao pero deixa un oco esperando que chegue Edmon.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Estructura interna:

Capítulo 15:

Barreiro fala cos da partida de Edmon e despois chama a Bobi para aconsellarlle que non se faga ilusións por ir a Bilbao. Chegada triunfal de Edmon ó aeroporto de Peinador. Barreiro soña que Edmon xoga con Bobi.

Capítulo 16:

Presentación de Edmon como xogador do Celta. O médico faille a revisión e fálalle de Bobi e da canteira. Edmon vainos axudar. Edmon come con Lemao e dille que axudará a Bobi, despois obriga a Zilay a levar a Bobi. Xogan en Bilbao e gracias a unha xogada de Bobi empatan.

Capítulo 17:

Lemao, por vinganza contra Edmon, envía un fax que di que faltan algunhas cousas por arranxar, pero Edmon e Lindoso soluciónano. Santaló vai falar con Zilay polo tema de Bobi e négase a darlle a titularidade. Zilay despídese e Péteric marcha con el.

Capítulo 18:

Óscar, o 2º adestrador, vai falar cos do Consello para saber que pasou con Lav. O presidente pídelle que se faga cargo do equipo. Santaló reúnese con Marcos León, representante de adestradores, e falan da fichaxe de Magaz. Barreiro anima a Óscar para o derbi. A Santaló dalle un ataque ó corazón.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Estructura interna:

Capítulo 19:

O domingo xógase o derbi galego (Celta-Deportivo) en Balaídos. O presidente ten que ve-lo partido dende o hospital coa súa muller. Ademais do canteirán vigués tamén xoga un canteirán coruñés, Fino Lago. O Celta gaña o partido por dous goles a cero. Lindoso está furioso porque Óscar substitúe a Kaisser e a Kristopher.

Capítulo 20:

Barreiro celebra a victoria cos seus, Rosa, Ruth, Aurora... A Lindoso péganlle e cae ó chan.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Estructura externa:

Con respecto da estructura externa non se atopa ningún dato que proporcione unha división lóxica dos capítulos, posto que son independentes, é dicir, todos aportan algo novo á historia que se relata, pero todos teñen elementos comúns, o tema segue sendo o fútbol.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Personaxes:

• Bobi Vilanova Castro: este é un dos protagonistas da historia, xunto con Xaime Barreiro. É un rapaz dunha familia humilde, bo estudiante, que pasa de xogar en 3ª división a xogar en 1ª no Celta. Será rexeitado polo adestrador porque provén da canteira e loitará por un posto de titular; e co apoio da súa familia, a súa moza e os siareiros, conseguirao.

• Xaime Barreiro Fontenla: un dos protagonistas máis fortes, porque loitará por consegui-lo seu soño, un Celta de galegos con xogadores galegos. Vive coa súa muller nunha casa en Matamá. Ademais ocúpase de varios equipos de fútbol infantil e xuvenil en Coia.

• Arturo Santaló de la Torre: presidente do Celta de bo corazón, pero deixase levar polos cartos e por Lindoso. Casado con Vanessa Garrido Blanco, á que quere, pero nunha noite vai na procura dunha “profesional”.

• Secundino Lindoso Mariño: vocal e tesoureiro do equipo. Encárgase de soluciona-los problemas financeiros do clube. É un personaxe moi ambicioso, xa que quere facerse co posto de presidente.

• Brito Arantes Lemao: representante de xogadores. Foi o que lle proporcionou a fichaxe de Edmon ó Celta. É un personaxe moi falso, xa que por vinganza persoal con Edmon dille ós do Consello do Celta que a fichaxe aínda non está pechada.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Personaxes:

• Lav Zilay Shumaker: adestrador alemán encargado do Celta, que rexeita á canteira galega, polo que non é ben querido en Vigo. Casado con Monika Schwart. É un personaxe paralelo a Barreiro, é dicir, Barreiro tiña un soño, un Celta galego; Zilay, soñaba con crear un equipo campión de Europa.

• Edmon Santos Do Nascimento Lima: nova fichaxe do Celta, que ó principio non é moi ben acollida, pero cando coñecen o coñecen acéptano sen impedimentos. Cando sabe o que está a pasar con Bobi fará o posible por axudalo, xa que el pasou por unha situación semellante.

• Antonio Fariña de la Concha: membro do Consello de Administración do clube.

• Canelas: utilleiro do equipo, amigo de Barreiro e de Bobi. Será o que se enfronte co adestrador polo tema de Bobi.

• Álvaro Domínguez Lores: capitán e porteiro do equipo. Axudará a Canelas chamando personalmente ó presidente para interceder por el.

• Outes: xogador centrocampista. Faralle a Bobi unha novatada antes de xoga-lo partido contra o Tenerife.

• Wenceslao: masaxista do equipo.

• Humberto Caeira: médico do equipo. Falará con Edmon para pedirlle que lles axude a convencer ó adestrador para que xogue Bobi. Amigo de Barreiro.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Personaxes:

• Óscar Pla de la Riba: o 2º adestrador do equipo. É de Lleida. Queda ó mando do equipo cando Zilay dimite e faise cargo do derbi. Confía na calidade do canteirán e gáñanlle ó seu eterno rival, o Deportivo.

• Kaisser: xogador estranxeiro.

• Kristopher: internacional de Dinamarca.

• Péteric: dianteiro media punta. É de Zagrb. Marcha con Zilay cando este dimite.

• Pretinha: xogador que xa coñecía a Edmon.

• Gaula: xogador.

• Djuva: máximo goleador do Celta. Compenétrase moi ben cos pases que lle manda Bobi.

• Lauren Juca: xogador.

• Salim: porteiro suplente.

• Rodri: xogador que axuda a Canelas xunto con Álvaro.

• Garcés: xogador.

• Branco: xogador.

• Manríquez: xogador.

• Spencer: xogador.

• Rodobam: xogador.

• Dauveu: xogador.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Personaxes:

• Felipe Leoncio Carré: membro do Consello.

• Graciano Pereira del Alcázar: membro do Consello.

• Pedro Valdivielso Campoamor: membro do Consello.

• Valdez Valdemorillo: membro do Consello que non atura a Lindoso.

• Carneiro Garrido: membro do Consello.

• Brice Gutiérrez de Vicálvaro: membro do Consello.

• O Fiz: rapaz da canteira que adestra Barreiro. Os seus pais son Rocío e Paco e teñen postas as súas esperanzas nel. A súa irmá chámase Sonia.

• Margariña: secretaria do clube.

• Luís e Aurora: pais de Bobi que o apoian en todo.

• Marcos León: representante de adestradores.

• Hugs Procovic: adestrador do Deportivo.

• Caruncho Covas Leiva: presidente do Deportivo.

• Daniel Díaz: capitán do Deportivo.

• Fino Lago: canteirán do Deportivo.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Punto de vista:

Hai que destacar aquí a alternancia de narradores:

  • comeza a historia cun narrador axeno a toda a acción, o neto de Anxo Vilariño Enríquez, que é quen supostamente nos conta a historia , pero cedéndolle a voz ós personaxes.

  • Bobi narra algúns dos capítulos contándonos os seus sentimentos.

  • Barreiro relata outros tantos, nos que soña cun Celta galego e campión.

Ademais destes personaxes hai outros que tamén fan o papel de narrador.

LUME DE BIQUEIRA

OBRA

Crítica literaria:

Despois de varias pescudas por revistas de crítica literaria e xornais, non dei atopado ningunha reseña respecto deste libro. Polo tanto, senón teño datos nin sequera suficientes, non podo facer unha crítica digna para presentar, polo que desisto de facela.




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar