Literatura


Letras galegas


SITUACIÓN HISTÓRICA

Tódalas literaturas teñen os seus momentos mellores e peores, as súas épocas douradas e as súas epocas grises. A literatura de Galicia tamén pasou, despois do esplendor da etapa medieval, por un período de decadencia de catro séculos (dende finais de XIV ata o XIX). É o que se coñece como Séculos Escuros.

O cambio social no século XIV provocou mudanzas no ámbito literario: o modelo de literatura occitana xa non satisfacía os intereses dos homes e das mulleres da nova Europa; era un modelo caduco, que non tiña intereses para o público. Coa chegada do humanismo e mais do renacemento, o q lle privaba á xente era a poesía que viña de Italia e mais a que imitaba os modelos da Roma e Grecia clásicas.

As circunstancias cambiaron moito por Galicia e xa non resultaba tan doado coma no século XIII que as novidades literarias chegasen a Galicia. En primeiro lugar, Santiago de Compostela xa non era o que fora: o costume de peregrinar á tumba do Apóstolo caera en decadencia e a súa cidade deixara de ser centro irradiador e receptor de cultura. En xeral, coa forte crise económica que azotou a Europa viaxar volveuse máis difícil. Para cando se puido facer xa non había literatura na nosa lingua.

No reino de Castela houbo por esta época dúas guerras sucesorias. Na segunda metade do século XIV loitaron polo trono Pedro o Xusticieiro e mais Henrique o das Mercés. No século XV, as que se disputaron o trono foron dúas mulleres, Xoana a Beltranexa e Sabela a Católica. O caso é que nas dúas loitas, os galegos a poiamos ós perdedores, e polo tanto, os que gañaron tomaron represalias con nós. Quitáronlle o poder ós nobres galegos e otorgáronllo ós nobres casteláns . Estes últimos ocuparon tódolos postos administrativos e de representación da coroa, así como os cargos eclesiásticos máis importantes. A nobreza autóctona que quedou aquí foi fundamentalmente a pequena ou a baixa nobreza, a fidalguía, que funcionou como intermediaria entre os poderosos señores e o pobo.

Unha das consecuencias da política dos reis vencedores foi que a partir do século XV, aqueles que tiñan máis cultura e máis cartos falaban castelán. Estes nobres e poderosos, estaban influídos polo espírito da época, que, con respecto á lingua e á literatura, era ben distinto do dos homes medievais. Os medievais non tiñan a teima de pensar e de pregoar que o seu idioma era mellor có dos outros, entre outras cousas porque para eles a única lingua verdadeiramente importante era o latín. Por iso non lles importaba facer literatura nun idioma que non era o seu. No Renacemento, a xente andaba preocupada non só por demostrar que a lingua que falaba tódolos días era máis prestixiosa que o resto dos idiomas vulgares. Por iso os intelectuais se puxeron a escribir gramáticas e obras literarias de tódolos xéneros na súa lingua.

O feito de que os ricos e os que gobernaban falasen unha lingua e a inmensa maioría do pobo falase outra, tivo consecuencias pouco positivas para o idioma dos menos podentes. Como o castelán era o idioma dos poderosos e dos cultos, todos acabaron por pensar que o castelán mesmo era un idioma poderoso e culto e que o galego era moito menos fino e civilizado. Se se chega á conclusión de que unhas linguas son mellores ca outras, axiña se pensará, tamén, que unhas valen para as cousas serias e importantes e outras só para circunstancias máis informais e caseiras. De aí que os galegos deixases de escribir na súa lingua.

Co tempo, cando todo o mundo xa se esquecera de que o galego tivera unha florecente lírica medieval, tamén se lle daría a volta á argumentación: se un idioma non posúe literatura será porque non vale para os conceptos elevados, e se non dá expresado ese tipo de ideas, será porque en realidade non ten a categoría de lingua, senón só de dialecto.

Agora ben, o feito de que os nobres que chegaron de fóra se desenvolvesen en castelán e de que no século XV se deixase de facer literatura en galego non significa que a partir dese momento o noso idioma desaparecese do mapa. Os labregos, os mariñeiros, a nobreza autóctona e os poucos burgueses que había nas cidades seguiron falando a nosa lingua, aínda que non a escribisen.

LITERATURA CULTA DOS SÉCULOS ESCUROS.

&TEXTOS CONSERVADOS.

Finais do século XIV e comezos do XV: A escola galego-castelá existiu despois da época de esplendor da lírica galego-portuguesa medieval. As composicións dos poetas desta escola (Macías o Namorada, Afonso Álvarez de Villasandino...) están recollidas no Cancioneiro de Baena. Trátase dun cancioneiro bilingüe con poemas que continúan na liña la lírica medieval pero dunha maneira máis arficiosa, menos fresca.

Século XVI: Deste século consérvanse dous sonetos: O Soneto de Monterrei, do q non coñecemos o autor, e o Soneto da condesa de Altamira, Sabela de Castro e Andrade, en loanza do poeta Alonso de Ercilla, autor de La Araucana.

Século XVII: Deste século consérvanse varias composicións:

-Dous sonetos que choran a morte da raíña dona Margarida de Austria:Soneto con falda, de Xoan Gómez Tonel, e Respice finem, de Pedro Vázquez de Neira.

-As décimas ó Apóstolo Santiago, de Martín Torrado en contra dos que querían facer copatroa de España a Santa Tereixa de Xesús.

-Nove composición adicadas a Alonso de Fonseca, fundador da Universidade de Santiago, que foran presentadas nas Festas Minervais de 1697. Estas festas celébranse tódolos anos, pero de esta volta os seus organizadores decidirán publicar as composicións presentadas.

A PROSA TAMÉN CONTA

Na prosa, concretamente no conto popular, tamén a nosa literatura oral continúa os esquemas da época medieval vividos en Galicia naqueles tempos.
A estructura típica dos relatos medievais e máis dos relatos marabillosos tradicionais pode dividirse en tres partes principais:

Equilibrio inicial ! Desequilibrio ! Equilibrio final

É dicir¸ partimos dunha situación estable e harmoniosas, pero axiña se presenta un problema ou un acontecemento que altera a monotonía da vida cotiá: desaparece un obxecto ou unha persoa, o rei quere casar a súa filla, o heroe macha en busca de esposa, os pais abandonan os fillos no bosque porque non teñen qué darlles de comer...Ó longo do conto, o protagonista enfróntarase a unha ou a varias situacións distintas ata conseguir, na maioría dos casos, solucionar a dificultade q se lle presentara.

OS VILANCICOS

Entres os séculos XVI e XIX, os músicos das catedrais da península desenvolveron unha forma literaria que convinaba características da literatura culta e da popular: os vilancicos de Nadal.

Xa antes había vilancicos, (panxoliñas, nadais, reis....) inventados e cantados polo pobo para celebralo nacemento de Cristo. Deles sacaron os autores cultos o modelo para as súas composicións de Nadal. Os novos vilancicos, os das catedrais tamén adoptaron estrofas breves e sinxelas, usaron recursos paralelísticos e música con ritmos de tipo popular. Pretendían así conectar mellor coa xente humilde que acudía ás celebracións litúrxicas. Agora ben, estes cantos posuían tamén características da literatura culta: de autor único e coñecido ( Carlos Patiño, Francisco de Santiago...), gardaban a miúdo conceptos teolóxicos elevados.

Pero quizais o máis interesante de todo é que tanto os vilancicos que compuxeron os músicos cultos de Galicia, como os que crearon os de Portugal, de Castela, de Aragón, de Andalucía ou de Cataluña levaban a letra en galego ou, mellor dito, nunha mestura de galego e de portugués.

Esto débese a que autores dos Evanxeos, cando contaron o nacemento de Xesús no século I, quixeron insistir en que Deus chegara ó mundo en condicións de miseria ( nun presebe), rodeado das xentes máis pobres e desprezadas da sociedade da época, os pastores, e non onda os reis e os señores dos pazos. Aínda que o nacemento de Xesús entre os pobres foi interpretado de moitos xeitos ó longo da historia, o relato en si mantívose sempre como unha parte esencial da simboloxía do Nadal, igual cós reis magos ou os anxos. Pensa, se non, nos beléns que se montan nas casas por esas datas.

Os autores dos vilancicos fixeron algo parecido: actualizaron a chegada de Cristo e rodeárono das xentes pobres e desvalidas da época; é dicir, de galegos que emigraran a Castela e a Portugal para traballaren de criados, de augadores, de segadores... Os vilancicos están postos en boca destes nosos paisanos, que seguramente falarían na súa lingua ou nun castelán e nun portugués cargados de galeguismos. Ó redactaren estas composicións nunha mestura de linguas, e non directamente en galego, os seus autores asegurábanse tamén de que o público de Castela ou de Portugal os puidese comprender. Ademais, como moitos compositores e moitos destinatarios de vilancicos non eran galegos, non se notaba moito se parte da mestura que facían era unha invención, unha expresión que nunca se escoitaría na boca dun auténtico galego.

O Padre Sarmiento

O Padre Sarmiento foi un ilustrado, un intelectual galego do s.XVIII. Como moitos sabios do seu tempo preocupouse por asuntos ben distintos, como a botánica, a historia da literatura ou a pedagoxía; pero o q máis interés ten, é que deixou importantes e a miúdo novidosos comentarios sobre a lingua galega e mais sobre a poesía popular. Polos diversos textos deste autor pódese ver que frei Martín foi un dos primeiros homes da súa época en valorar positivamente as cancións do pobo. Pero hai máis:

-Nun tempo en que o galego non se consideraba adecuado para os usos literarios e en que, cando un idima non se escribía, todos o consideraban un dialecto, o Padre Sarmiento defendeu que a nosa era unha lingua con igual dignidade có castelán: filla do latín e irmá do francés, do portugués, do italiano...

-Nun tempo en que se esquecera totalmente a literatura medieval galega e en que os cancioneiros andaban perdidos no fondo poirento de escuras bibliotecas, el descubriu que, uns séculos antes daquel no q el vivía, en Galicia a literatura e os documentos notariais se escribían en galego.

Por iso reivindicou o ensino na nosa lingua para os rapaces desta terra, galegogalantes, e insistiu en que todos aqueles que quixesen exercer algun cargo civil ou eclesiástico en Galicia deberían saber falar en galego para entendérense cos naturais do Reino.

Outros ilustrados que defenderon, estudiaron ou reivindicaron a nosa lingua fon o Padre Feixoo, Diego Antonio Cernadas de Castro (coñecido como o Cura de Fruíme), F. Somoza de Monsoriú, X. A. Cornide Saavedra ou o padre Sobreira.

Pardo de Cela

O mariscal Pedro Pardo de Cela foi un poderoso nobre galego do s.XV a quen os seus adversarios mandaron degolar en Mondoñedo, onde está enterrado, o 17 de decembro de 1483. Pouco despois da súa morte a súa figura foi mitificada e o pobo compuxo romances en torno a ela. Velaquí algunhas estrofas de fragmento coñecido como “Lamento da Frouseira” (A Frouseira era a casa forte dos Pardo de Cela, situada no Valedouro):

De min a triste Frouseira

que por treizón foi vendida,

derribada na ribeira

ca xamais se veu vencida.

Por treizón tamén vendido

Xesús noso Redentor,

e por aquestes tredores,

Pedro Pardo, meu señor.

Vinte e dous foron chamados

os q vendido o han,

non por fame de sustento,

de carne, viño e pan.

Nos séculos XIX e XX os historiadores e escritores rexionalistas e nacionalistas -como por exempro Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte- consideraron a Pardo de Cela como un mártir do galeguismo, executado como vinganza pola súa oposición e rebelión fronte ós Reis Católicos.

Lenda sobre Pedro Pardo de Cela

Alcalde de Viveiro, é un nobre que se enfron coa autoridade real. Converteuse nunca auténtica figura ledaria. Pero Pardo de Cela vai perdendo poder el aliados despois de morrer o seu sogro, o Conde de Lemos.Expulsado de Viveiro é prendido á traizón en decembro de 1483. A xustiza real condénao a ser executado en Mondoñedo. Segundo a lenda, Sabela de Castro , a muller de Pardo de Cela, logra para el o perdón dos reis. Sen embargo, ó volver da corte dos reis, na ponde “do pasatempo”, xa preto de Mondoñedo, é entretida polos cóengos. E cando chega xa é tarde.

2




Descargar
Enviado por:Rocío Casado
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar