Filosofía y Ciencia


La República; Platón


PLATÓN

Libro IV

Este texto pertencente a “República” vennos a falar da teoría moral e política de Platón. A idea que sobresae a primeira vista e a de que o ben funcionamento das tres partes en que se pode dividir ó individuo ou estado causa unha situación de felicidade ou xustiza.

Amósanos a súas ideas en forma de diálogo, postos na boca o seu mestre Sócrates e doutro home chamodo Glaucón. Primeiramente Platón compara a alma dunha persoa co Estado. Di que éstas dúas divídense en tres máis cada unha. Cada cal ordeada según a importancia que ten tanto na alma coma no estado. Sócrates fala con Glaucón sobre a xustiza, dicindo que as accións xustas producen actos xustos e as accións inxustas dan coma resultado actos inxustos. Pero estas dous conceptos mesturados entre sí. Di que a causa das accións xustas,e polo tanto da xustiza é que parte da alma da persoa ou o estado funcione correctamente sen sobrepasarse da súa tarefa, e sen quedar atrofiada como resultado do exceso de funcionamento das outras dúas. Pola contra afirma que a causa das accións inxustas e tamén da inxustiza son a desorde que existe nas tres componentes da alma ou do estado, pois o mal funcionamento delas produce a inxustiza xa que o ben funcionamento da como consecuencia o xusto. Pero Platón sustitúe o concepto de xustiza na alma da persoa, polo concepto de saúde. Del tal forma que unha persoa está sá se as tres partes en que se divide a súa alma están en harmonía, pola contra unha persoa está enferma se as partes da súa alma funcionan mal, xa que unha eclipsa un pouco o traballo da outra. Isto ben a ser algo así como os anuncios dos iogures, para estar sáns e belos por fora, hai que manterse por dentro, ou como di a frase:”Men sana in corpore sano”.Este concepto de harmonía derívanos no estado en xustiza e na alma en saúde. Coa a harmonía a persoa pode acadar a felicidade, que se atopa na virtude. A virtude é un camiño cara o ben e a xustiza. A virtude é igual a sabedoría,e con ela o individuo podería contemplar as ideas. A virtude tamén deriva na purificación da alma e así poder ascender as ideas. Platón ponnos o exemplo dun zapateiro, ese home soamente serve para crear zapatos; sen embargo se agora el traballara de fontaneiro ou outra profesión, non o faría tan ben. Con isto Platón demóstranos que os poderes do estado teñen que estar dividos e en mans das persoas que mellor están dispostas para realizar tal función, porque soamente así poderiamos acadar un estado no que a xustiza reinara. As persoas que estiveran sas, terían a oportunidade de chegar a sabedoría. Tendo a sabedoría, con esforzo cegarían a coñecer as ideas, irían coñecendo todas ata cegar o cume delas, a idea do ben, que é a idea que engloba tódalas demáis, xa que o ben forma parte da beleza, etc. Esas persoas que coñeceran o ben estarían capacitadas para ocupar un posto dos tres principias do estado. Soamente elas poderían ensinar as demáis persoas a idea do ben. E así as persoas coñecendo a idea do ben terían unha alma sa e nunca morrería a súa alma, xa que non estar enferma non tería problemas. Esas persoas que gobernarían nos estados e ensinarían as demáis persoas o ben para ter un estado susto con cidadáns bos, serían os filósofos. Este texto xira en torno a teoría das ideas de Platón na que di que o mundo físico soamente son unhas imaxes dunhas ideas universais que existen dende o principio.

Libro VI

Neste texto Platón explica a estructura da teoría das ideas. Dinnos como están organizadas as realidades que forman o mundo.

Este texto está en forma de diálogo, como toda a obra platónica, posto en boca do seu mestre Sócrates e de Glaucón que soamente afirma. Platón para explicar a distintas clases de seres que hai utiliza unha liña dividida en segmentos desiguais, según a importancia que confiren na teoría platónica. Primeiramente empeza dicíndonos que a liña se divide en dúas partes desiguais. A máis pequena a ocuparía o mundo sensible e a máis grande, polo tanto a máis importante, sería para o mundo intelixible. Neste aspecto nótase o dualismo ontolóxico de Platón que distingue: o mundo sensible e o mundo intelixible. Cada mundo sería dividido proporcionalmente como está a liña. Empeza explicando a parte máis pequena do mundo sensible. Dinnos que hai están ubicadas as imaxes dos obxecto que hai no mundo. Esas imaxes podes ser sombras, reflexos na auga, etc. A esa parte Platón lle chamou Eikasía, son as ilusións. Despois veñen os obxectos do mundo sensible, os percibidos polos sentidos. Estes obxectos son as imaxes das ideas que pertencen o mundo intelixible. A esta parte lle chamou Pístis, é a percepción. Estas partes pertencentes o mundo sensible, están en movemento, teñen que ver coa teoría de Heráclito que di que todo flúe. Esta parte seria a doxa. Despois pasamos o mundo intelixible, chamado episteme. O primeiro segmento estaría ocupado polas realidades matemáticas, xa que son case logos e a súa base é o razoamento. Esta parte sera chamada Diánoia, é o pensamento. Nesta zona do episteme ten claramente influxo a escolas pitagórica, coa que Platón entrou en contacto nun dos seus viaxes a Siracusa. E por último e non menos importante, senón o máis importante, están as ideas, as máis difíciles de encontrar e que son universais e únicas. A partir delas coñecese o mundo sensible. A está parte Platón chámalle Noésis, é a intelixencia. Nesta parte da liña nótase unha semellanaza coa teoría de Parménides, xa que as ideas son únicas e están en repouso, non se moven. Neste texto que sintetiza a teoría das ideas de Platón amósanos as correntes filosóficas que entraron na forma de pensar de Platón.

Libro VII

Este texto de Platón redáctanos que o proceso para cegar as ideas, é complicado e ademáis visto como un becho raro polo resto da sociedade.

Outra vez vese o estilo dialogado de Platón, é entre Sócrates e Glaucón. Aquí Sócrates vaille explicando lentamente a Glaucón o proceso que ten que facer o home para cegar a coñecer as ideas. Pero Sócrates explícallo mediante unha metáfora. Empeza dicindo que nuha cova hai uns homes que sempre estiveron alí. Eles non se poderían mover e estarían mirando sempre cara unha parede. Detrás deles habría unha tea que ilumina a cova. Por alí pasa un camiño valado, de forma que so se poida ver o que está e certa altura. Despois uns homes pasarían con obxectos de forma que as súas sombras veríanse reflectadas na parede que está en fronte dos homes. Os homes sempre verían as sombras e acostumadas a elas as distinguirían. Pero se un deses homes se liberara e mirara cara atrás, cegaríase coa luz que desprende o lume da tea. Despois vería os obxectos transportados e acostumado as sombras non os recoñecería. Pero a cova tería saída, o home sairía e vería a claridade do mundo. O destelo do sol cegaríao e non o deixaría ver, primeiro vería as imaxes dos ríos, despois os obxectos e por último podería ver o sol. Pero se el volvese a cova, xa non recoñecería as sombras por estar acostumado a ver os obxectos que as producen. Pasaría tempo a que se volvese acostumar, e nese intre os demáis homes mofaríanse del, tomaríano por loco ou anormal. E se el os intentase liberar das súas ataduras, os demáis volveríanse contra el e tenteríano matar. Esta historia contada por Sócrates é unha metáfora do proceso que ocorre o descubrir as ideas e a impresión que ós demáis. Os homes encadeados representa a todos os homes do mundo que estamos obrigados a ver as sombras das ideas. As sombras serían as imaxes das cousas do mundo real e a mercancía transportada representarían os obxectos do mundo que son imaxes das ideas. Eso sería o mundo sensible, o que percibimos nos e estaría representado pola cova. As cousas que había no exterior serían as ideas e as súas imaxes serían os procedementos para descubrir as ideas partindo do mundo sensible. O exterior da cova sería o mundo intelixible e o sol representaría a idea de ben, xa que esta idea para Platón forma parte das outras. Naturalmente o home que escapou da cova e viu o mundo é o filósofo. Este procedemento non é fácil, pero coñecer as ideas supón ter unha certa vantaxe sobre os demáis. Pois o home que coñezca a idea de ben, fara o ben, o xusto, o belo, etc. E será unha persoa sa. Isto permitiralle purificar a súa alma e a elevación da mesma. Esta teoría de Platón dicindo que o que se coñecen son as ideas e as cousas son simple reflexo das mesmas marcou un punto e aparte na filosofía.




Descargar
Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar