Historia
Isabel II a vida política
A VIDA POLÍTICA DURANTE O REINADO DE ISABEL II
O reinado de Isabel II estará baseado no liberalismo, xunto con algunhas loitas entre os progresistas e os moderados. Existe un reinado inestable. Para poder solucionar esta inestabilidade levarase a cabo a construcción dun estado liberal moderado.
Coa morte de Fernando VII e a victoria de Mª Cristina na imposición dun sistema liberal, gracias á toma de gobernos destes, créase un estado liberal. Este estado é un período de inestabilidade, tanto política como constitucional, e ten as seguintes características: monarquía constitucional doutrinaria, estado unitario e centralista (coa elección de alcaldes), un estado de propietarios que restrinxe a participación política popular, a organización de clases propietarias en partidos políticos, a alternancia dos gobernos que levan a cabo os partidos, a constante intervención do exército na vida política, a alternancia das Constitucións e a prensa (xoga un papel interesante no país).
En maio de 1833, Isabel II é xurada como sucesora, e coa morte de seu pai Fernando VII en setembro dese mesmo ano, proclámana raíña. Tras esta morte, Don Carlos reclama o trono dende Portugal mediante o Manifesto de Abrantes, sen obter éxito e reinando así Isabel II. Como Isabel aínda é unha nena, exerce a rexencia Mª Cristina. Coa axuda dos liberais e absolutistas moderados, fai pequenas reformas. En esta situación desátase a Guerra Carlista, do 1833 ó 1839-40. Esta guerra enfronta ós carlistas (nobreza, clero, exército e administración) e ós cristinos-isabelinos (absolutistas moderados e liberais). Os carlistas defenden como rei lexítimo a Carlos IV, o tradicionalismo e o foralismo, como se menciona no documento 1 expoñendo que un rei debe ser elixido pola gracia de Deus e non por sufraxio. O lema dos carlistas era “Dios, Patria. Foros”.
Esta guerra ten tres fases: a primeira, dende 1833 a 1835, a cal empeza sendo boa para o carlismo pero vólvese mala coa morte de Zumalacarregui. A segunda fase vai dende 1835 a 1838, na cal se provoca un fracaso. E a terceira que abarca os anos 1838 e 1839, nos cales se busca a paz mediante o Convenio de Vergara, o cal intentaba manter os foros e incorporar ós carlistas no exército cristino. Neste convenio inténtase chegar a un acordo entre carlistas e liberais, cousa que non gusta nos carlistas e manteñen a guerra en Cataluña ata a derrota de Cabrera.
Mª Cristina segue necesitando o apoio dos absolutistas moderados e liberais moderados. Así faise o primeiro goberno que elabora poucas reformas da man de Cea Bermúdez, máis ben no ámbito económico. Aínda así, seguen sen ser suficientes e como tamén está presente o problema da Guerra Carlista, entón, José Martínez de la Rosa (liberal moderado de prestixio) realiza máis reformas e establece o Estatuto de 1834. Mediante este Estatuto, que en realidade era unha Carta Outorgada, a Coroa quere unha convocatoria e funcionamento das Cortes, establécese a soberanía no rei e non hai declaración de dereitos. As Cortes están divididas en dúas cámaras: próceres (aristocracia) e procuradores (burguesía); e a súa función será aprobar impostos, contestar a consultas da Coroa e terán dereitos de petición. A través deste Estatuto tamén se fan outras reformas como por exemplo aceptar as reformas e empregos do trienio e restaurar a Milicia Nacional. Estas reformas non satisfacen ós liberais, que provocan as Revoltas de 1835 e 1836.
En xullo e agosto de 1835 fanse unha serie de revoltas urbanas para intentar chegar a outras progresistas. Mª Cristina non pode coa situación e chama a Juán Álvarez de Meldizabal para pedirlle axuda.
Nestas revoltas prodúcense reformas sobre todo económicas (disolución de ordes relixiosas e desamortización) e refórmase a recluta do exército. Todas estas reformas provocan temor nos moderados. Isto provoca o cese de Mendizabal e a toma do poder dos moderados. Nesta situación provócanse as Revoltas do Verán de 1836 mediante o Motín da Granxa, no cal obrigan á rexente a repoñer a Constitución de 1812, e nomean xefe de goberno a Calatraba, que era progresista, e ministro de facenda a Mendizabal. Establécese así un réxime progresista coa creación da Constitución do 1837, eliminando así a de 1812, como podemos ver no documento 2, que reflexa o concepto de soberanía nacional e onde se di “as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución”. Coa constitución de 1837 obtense o triunfo definitivo do liberalismo e o triunfo definitivo do constitucionalismo. A partir deste momento, e para sempre, teremos sucesivas Constitucións.
Era unha Constitución progresista e os seus principios baséanse na soberanía compartida entre o Rei e a nación, reforzamento dos poderes do rei, Cortes bicamerais (Congreso e Senado), sufraxio moi censatario, elección popular dos concellos, manter a Milicia Nacional, declaración de dereitos e liberdades e certa tolerancia relixiosa. Esta Constitución mostra un equilibrio entre progresistas, que defenden os dereitos, e moderados, que defenden o poder do rei. Esta Constitución tamén leva a cabo a desamortización, sobre todo para sanear a facenda e ganar a guerra ós carlistas. Aínda que non todos quedan satisfeitos con ela, triúnfa o liberalismo.
A desamortización xunto coa Constitución asustas ós moderados e á rexente. Os moderados toman o poder intentando moderar mediante a imposición da Lei de Concellos. Estes e Mª Cristina buscan axuda non progresistas. Como esta axuda non é concedida, Mª Cristina acude a xunta Baldomero Espartero, que tampouco quere prestarlle axuda. Entón ela ten que fuxir a Francia producíndose así o fin da súa rexencia.
Isabel II aínda segue sendo unha nena, entón ocupará o seu cargo Espartero.
Esta rexencia ocupará dende o ano 1840 ó 1843. El é un xeneral liberal e progresista goza de prestixio e ademais é o vencedor dos carlistas. Establece un goberno case dictatorial, o que provoca o enfrontamento entre progresistas e moderados. Esta rexencia terá unhas accións principais que dan lugar a unha rexencia non moi boa. Estas baséanse en manter a desamortización do clero regular e engadíndolle a do clero secular, provocar o problema foral en Navarra e no País Vasco. Tamén establece un tratado librecambista con Inglaterra, malo para os productores cataláns. Entón Espartero aproveita esta situación e bombardea Cataluña. Os moderados están descontentos ante a situación levan a cabo un pronunciamento dirixido polo xeneral Narváez en Torrejón de Ardoz. Un grupo reducido de militares revélase contra Espartero e as súas primeiras medidas foron a disolución da Milicia Nacional, a renovación dos mandos militares e o adianto da maioría de idade de Isabel II. Este pronunciamento da lugar a un novo goberno dirixido por moderados. Ante esta situación Espartero ten que exiliarse a Inglaterra poñendo fin á súa rexencia.
A finais do 1843, Isabel cumpre a maioría de idade con trece anos. Para evitar outra rexencia, xa que as anteriores foron malas, nomean a ela raíña. Así entramos no reinado persoal de Isabel II.
En estes momentos os progresistas están no poder, pero os moderados fan todo o posible para expulsalos.
Ante esta situación prodúcese o Incidente Olozaga, o cal obrigou á raíña a firmar o decreto de disolución de Cortes. Olozaga foi obrigado a dimitir e noméase a un moderado como xefe de goberno.
Así entramos na primeira etapa da rexencia de Isabel II, entre os anos 1844 e 1854, coñecida como a Década Moderada. Nesta etapa os moderados como Narváez consolidan un goberno autoritario, oligárquico e centralista. As bases deste sistema son principalmente establecer un réxime liberal moderado, a elaboración da Constitución de 1845 de corte moderada e a lexislación que a acompaña, como podemos ver no documento 3 onde se menciona “vimos (...) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española.” Esta é moderada, na cal se establece a soberanía compartida entre rei e Cortes, un sufraxio moi censatario, a separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), unha declaración de dereitos semellante á do 1837 pero limitada e o catolicismo como relixión. Hai un claro predominio do poder executivo, que estaría no rei, o cal podería nomear ministros e senadores, convocar, suspender e disolver as Cortes e compartiría o poder lexislativo. O poder lexislativo residiría no Congreso (escollido por sufraxio moi censatario) e no Senado (elixido polo rei e coa mesma función que o Congreso). E o poder xudicial perde categoría converténdose nunha administración de xustiza en nome do Rei e suprimíndose así o xurado popular. Con esta Constitución os moderados gobernan.
Nesta situación establécese unha lexislación que axuda a construír un réxime moderado. Créase a Garda Civil para reprimir á oposición e que defende o poder executivo fronte á Milicia Nacional. Créase tamén a Lei de Concellos de 1845 que estable a elección de alcaldes mediante o poder executivo. Faise unha reforma impositiva que moderniza o sistema e os impostos. E por último faise unha lei electoral no 1846 a través de sufraxio moi censatario.
Os moderados continúan no poder tendo como líder a Narváez. Mentres dura o seu goberno, os carlistas son derrotados na Segunda Guerra Carlista, e nos pronunciamentos son derrotados os progresistas. Os moderados gobernan cada vez máis e nesta situación chega ó goberno Bravo Murillo. Este chega a un acordo coa Igrexa no cal se recoñece a desamortización e fai un intento de revisar a Constitución para facela máis moderada.
Como isto no gusta, os moderados máis legais organizan un pronunciamento para intentar cambiar o rumbo do goberno en Vicálvaro encabezado por Leopoldo O'Donnell. O resultado vai ser incerto xa que necesita o apoio do pobo e dos progresistas para vencer.
Ante esta situación redáctase o Manifesto de Manzanares, documento proposto polos progresistas, mediante o cal conseguen o apoio do pobo, e redactado por Antonio Cánovas del Castillo. Deste xeito prodúcense motíns e xuntas que obrigan á raíña Isabel II a nomear un novo goberno tendo como xefe deste a Espartero e como ministro de guerra a O'Donnell.
Así entramos na segunda etapa do reinado de Isabel II, entre os anos 1854 e 1856, coñecido como o Bienio Progresista. Nesta etapa toman o poder os progresistas. No seu goberno fan algunhas accións como redactar unha nova Constitución no ano 1856 coñecida como a “Constitución non nata” xa que nunca entrou en vigor. Tamén toman medias económicas, como a Desamortización Xeral de Pascual Madoz (1855). Esta desamortización afecta a todas as terras: clero regular, secular, concellos e municipios, propias e comúns. Realízase sobre todo para sanear a facenda e facer ferrocarrís. Outra acción que realizan é a Lei Xeral de ferrocarrís, minas, sociedades anónimas e bancos de 1855.
Pese a todas estas accións o Bienio non funciona. Prodúcese unha falta de unidade do progresismo, sobre todo por esquecerse da mala situación na que se encontraban os campesiños e traballadores, ós cales non lle chegan as reformas. Estes producen folgas en Barcelona. Isto provoca a dimisión de Espartero e Isabel II nomea xefe de goberno a O'Donnell dándolle a misión de moderar.
Nesta situación entramos na terceira e última etapa do reinado de Isabel II, entre os anos 1856 e 1868, coñecida como a Etapa Final ou a Etapa da Unión Liberal. Esta etapa está controlada por O'Donnell e a Unión Liberal (sector moderado dos moderados e progresistas). En estes anos, O'Donnell vai compartir o goberno con Narváez. Ambos gobernas gracias o apoio que reciben por parte da Coroa, á represión, ó falseamento electoral, a que a economía non marcha ben e a unha política exterior agresiva, que encubre os problemas internos (Conchinchina, México, Marruecos, Perú, Chile, Santo Domingo). Créanse outras forzas opositoras, como se explica no documento 4, no cal se fala dos moderados, progresistas e da parte republicana e no cal tamén se destaca a democracia como o sistema máis adecuado.
Ata 1863 mantense o goberno, pero a partir de aí xa comeza a ser máis autoritario, o que provoca a caída de O'Donnell e o ascenso de Narváez, que establece un goberno aínda máis autoritario. Nestes anos esténdense as ideas políticas progresistas e moderadas como tamén se reflexa no documento 4 as cales gardan relación coa Revolución Gloriosa. A toda esta situación súmaselle a crise económica de 1866 debido á gran inversión que se estaban facendo nos ferrocarrís e outros problemas. Deste xeito, a única forma de cambiar o rumbo do goberno é a través do pronunciamento. Entón é cando se unen as forzas progresistas e demócratas dirixidas por militares que organizan un pronunciamento en 1868. Este iniciase polo Xeneral Prim e o Almirante Topete e está dirixido polo Xeneral Serrano que se levantan en contra de Isabel II. As ideas deste pronunciamento están reflexadas no documento 5 onde menciona “Aldraxada a lei fundamental, corrompido o sufraxio pola amenaza e o soborno, pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade, muda a prensa”. A finais do ano 1868 prodúcese a Batalla de Alcolea que supón a derrota das tropas e a caída da raíña Isabel II.
Unha gloriosa revolución puxo fin a un reinado moi inestable, o longo do cal se instalou en España o réxime liberal moderado, no cal se deu lugar tamén a enfrontamentos entre liberais e moderados, pronunciamentos,... e que estivo reinado por Isabel II.
4
Descargar
Enviado por: | Rcb |
Idioma: | gallego |
País: | España |