Literatura


Irmandades da Fala e o Grupo Nós

TEMA 3.

A prosa do primeiro terzo do S. XX: Irmandades da Fala e o Grupo Nós”

  1. As Irmandades da fala

As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916da man de Antón Villar Ponte, pouco a pouco iranse espallando por toda Galicia conformando un paso decisivo na proxección do galeguismo.

As Irmandades estaban formadas por persoas de diferentes profesións que pretendían redescubrir os sinais de identidade nacional, defendendo a cultura e a lingua galega.

Podemos establecer dúas vías dentro desta institución, por unha banda, unha vía cultural encabezada por Vicente Risco que terá como obxectivo o impulso da nosa lingua, para iso crearon editoriais (“Céltiga”, “El Ar”), fomentan o teatro tanto escrito como representado e crearán un xornal “A Nosa Terra”, que será o voceiro do movemento.

Por outra banda, as Irmandades traballarán no plano político buscando os seguintes obxectivos:

  • Cooficialidade lingüística entre galego e castelán promocionando o galego en tódolos niveis do ensino.

  • Autonomía integral para Galicia, coa finalidade de que os galegos nos gobernásemos a nós mesmos.

  • Formar parte da Sociedade de Nacións.

En 1936 haberá un referendo cun resultado claramente favorable ao Estatuto de Autonomía grazas, entre outros, a Castelao, pero coa chegada da Guerra Civil nunca entrará en vigor.

Entre os logros máis importantes das Irmandades estarán:

  • O emprego da lingua galega en ámbitos distintos aos antes empregados, destacando no ensino, na política e no ensaio.

  • Potenciación da actividade cultural, promovendo sobre todo o teatro creando o Conservatorio Nacional da Arte.

  • A creación do Seminario de Estudos Galegos en 1923, institución que estudou historia, xeografía, ciencias, etnografía, etc. na nosa lingua.

Por último destacar no plano político a creación en 1931 do Partido Galeguista, froito da unión de diferentes partidos de múltiples tendencias pero cunha única finalidade: o amor por Galicia.

  1. O Grupo Nós

O Grupo Nós nace en Ourense en 1920arredor da revista que lle dá nome ao grupo. Son homes das Irmandades da Fala que se poñen ao servizo de Galicia e do galeguismo despois de pasar por unha fase allea ao nacionalismo.

Son coñecidos tamén co nome de “Xeración das Irmandades” ou “Xeración dos Inadaptados” porque non estaban de acordo coa sociedade na que vivían, parecíalles mediocre e clasista e tras un proceso de aprendizaxe vital adoptan unha postura defensora do galeguismo, un galeguismo europeísta, defensor da cultura tradicional e popular.

O núcleo principal (ourensán)da Xeración está formado por: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayoe Florentino Cuevillas. Hai tres obras que marcan a traxectoria desta xeración: son dous ensaios e unha novela.

Os ensaios son: “Nós, os inadaptados” de V. Risco, no que fala da sociedade do momento e por que non se identificaban con ela, “Dos nosos tempos” de F. Cuevillas no que fala do mesmo que Risco e a novela é “Arredor de si” de Otero Pedrayo que é unha autobiografía de toda a Xeración Nós.

En estreita relación con este núcleo ourensán sitúase a figura de Castelao, que será o director artístico da revista.

A ideoloxía do Grupo Nós pódese sintetizar nas seguintes características:

  • Europeizar e universalizar a cultura galega tomando como base as raíces.

  • A terra e a paisaxe serán un instrumento que identifiquen o ser galego.

  • Defenderán a tradición, rexeitando a modernización e a técnica.

  • Defenden a sociedade tradicional fronte ao modelo burgués.

  1. Autores

    1. Vicente Risco

Natural de Ourense. Membro das Irmandades da Fala, director da revista Nós, pertencía ao Partido Galeguista do que marchou.

Obras: O lobo da xente(narrativa curta), O porco de pé (narrativa longa) e Nós, os inadaptados(ensaio).

A súa traxectoria intelectual e humana componse de varias etapas.

  • Unha etapa pregaleguista na que a súa ideoloxía mostra fondas afinidades co irracionalismo de fin de século.

  • Unha etapa galeguista na que a súa ideoloxía comeza a achegarse ao nacionalismo, pero agora dende unha concepción dinámica do mundo baseada nun particular historicismo, no que se combina o espiritualismo oriental e as influencias de Nietzsche e Spengler.

  • Unha crise ideolóxica na que se deixa ver o profundo impacto que lle produciu a Risco a visión das loitas de clase e o ascenso do nazismo, que van exercer unha influencia posterior na súa evolución ideolóxica e política.

  • Distanciamento do galeguismo.

  1. Ramón Otero Pedrayo

Natural de Ourense. Fillo de fidalgos liberais. Figura clave na recuperación cultural de Galicia a través da revista Nóse do Seminario de Estudos Galegos. Membro das Irmandades da Fala. Traballou co Partido Galeguista na elaboración do Estatuto para Galicia. Foi considerado “O pai das Letras Galegas”. Traducía obras do inglés ao galego.

Ciclos da narrativa de Otero e obras:

  • Ensaio→ “Ensayo histórico sobre la cultura gallega”

  • Teatro→ “A lagarada”

  • Novela autobiográfica→ “Arredor de si”.

  • Realismo e fantasía rural→ “Pantelas, home libre” (novela breve).

  • Ciclo da decadencia da fidalguía→ “Os camiños da vida”.

  • Novela histórica e culturalista→ “A romería de Xelmírez”.

  1. Alfonso R. Castelao

Natural de Rianxo. Emigrou a Pampa arxentina e volve a Galicia para estudar o bacharelato. Representante pontevedrés das Irmandades da Fala. Foi un autor polifacético: debuxante, narrador, conferenciante, autor teatral, político… Foi un dos principais organizadores do Partido Galeguista e dos principais promocionadores do Estatuto de Autonomía.

Obras:

  • Narrativa

    • “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”

    • “Cousas”

    • “Cousas . Segundo libro”

    • “Os dous de sempre”

    • “Retrincos”

  • “Cincuenta homes por dez reás” → Obra plástica (álbums de debuxos)

  • “Os vellos non deben de namorarse” → Teatro

  • “Sempre en Galiza” → Ensaio

  1. A narrativa dos “novos”

    1. Rafael Dieste

Obras:Dos arquivos do trasno” (libro de contos) e “A fiestra baldeira” (teatro)




Descargar
Enviado por:Francisco Aguiar
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar