Filosofía y Ciencia
Historias da filosofía; Marcelino Agís Villaverde
Historias da Filosofía
No libro “Historias da filosofía” faise un percorrido moi ameno o longo das distintas etapas da filosofía .
A filosofía nace en Grecia 700 anos a. de c. Surxe no porto de Mileto onde os cidadáns síntense libres e comezan a preguntarse pola orixe do mundo, que é a alma , as sucesións das estacións, etc.
FILOSOFÍA PRESOCRÁTICA
-Tales naceu en Mileto, e o que máis lle gustaba era ir o porto e alí ollar o ceo cheo de estrelas. Tales foi un gran astrónomo. Sabia moito dos misterios das estrelas, pero non se preocupaba do que tiña diante do seus pés. A el débense descubrementos como : as estacións, que o ano ten 365 días,predeciu eclipses. Foi un dos sete sabios.
-Pitágoras naceu en Samos, cidade en que era considerado como un deus.
Oseu pensamento foi moi variado, aprendeu en Caldea astronomía, en Fenícia loxística, en Exipto estivo cos mellores matemáticos , enxeneiros, etc.
Por iso non é só famoso polo seu teorema. Fundou a escola pitagórica e para entrar nela había que superar varias probas. Durante o día da proba os estudiantes non poden durmir , nin falar , nin berrar , deben tomar só auga e sal , vence-lo frío, etc. Unha vez superada a proba pasan a formar parte dos elexidos e teñen acceso a sabiduría que lles é explicada polo mestre.
Agora o xoven debera preguntarse cada día estas tres cousas : que fixen mal, que fixen ben e que deixei de facer.
-Heráclito puido ser gobernador , pero cedeulle ese pribilexio o seu irmán, porque el tiña que adicarse a meditar. A xente dicia que era triste e raro pero máis ben foi un incomprendido.
Solía banarse nun río e dixo: ¡Nunca te poderás bañar dúas veces no mesmo río! Pero ninguén o entendeu. Tamén dixo co cosmos estaba cheo de forzas que se enfrontaban e que o motor do mundo é o lume( da luz , calor , deixanos ver...) pero tampouco ninguén o entendeu.
-Parménides, foi totalmente oposto a Heraclito. As súas vidas e pensamentos foron tamén lóxicamente distintos.
-Heráclito non quiso gobernar, Parménides foi foi gobernador de Samos e escribiu en verso, Heráclito en prosa.
Parménides defendeu que existe un Ser inmóvil e eterno que o invade todo, Heráclito, dixo que no mundo todo se move sen parar.
-Zenón foi discípulo de Parménides e ainda que non entendía moi ben as teorías do seu maestro, non se cansaba de repetilas. Explicaba como o mundo, en apariencia cheo de movemento e vida, estaba en total quietude. Un día estaba escoitando o seu discurso outro filósofo(Antístenes), e camiñou para comprobar que o dito por Zenón era falso, pero calou.
-Anaxágoras, viña duna familia aristocrática pero por levar a contra renunciou a todo para adicarse a filosofía. Escribiu o libro máis vendido da antiguedade “Sobre a Natureza”.
Foi acusado de impiedade, pero saíu na súa defensa Pericles e pudo volver a Xonia, pero por levar a contra deixouse morrer de fame. A súa derradeira vontade foi: “Dadelle os nenos un día de vacacions para festexar a niña morte”.
-O derradeiro filósofo presocrático foi Demócrito; a súa teoría foi cas cousas orixínanse ó unírense os átomos no baleiro e o afastárense deixan de existir, é dicir todo está composto de átomos.
FILOSOFÍA CLÁSICA
Houbo tres grandes filósofos clásicos: Sócrates, Platón e Aristóteles.
-Sócrates, a súa frase máis famosa foi: “So sei que non sei nada”.
A pesar que foi o filósofo máis admirado non deixou nada escrito. Trataba de erradicar a ignorancia e defendía a verdade. Foi encarcelado polas súas ideas. Morreu no cárcere despois de tomar unha copa de cicuta.
Só foi recoñecido despóis de morto.
-Platón, era un mozo moi guapo, que facía poemas e por iso as mozas andaban tolas atrás súa.
Admiraba a Sócrates, do que foi discípulo.Coa morte do seu mestre fuxiu a Sicilia , onde tivo problemas cun tirano chamado Dionosio, e foi vendido como escravo. Por sorte foi rescatado.
Platón decidiu acabar ca idea de explicar o mundo acudindo a auga, o lume, o aire...
Con el nace a nova filosofía, na que os razoamentos viran dun mundo por riba do noso, e así surdiu a idea de dous mundos: o que percibimos cos sentidos , e un mundo ideal que máis ben só o ben os filósofos.
-Aristóteles, seu pai era médico, pero morreu cando el ainda era un neno e entón foi adoptado por un curmán que o deixou na academia platónica, e alí estivo vinte anos con Platón.
Aristóteles era o mellor discípulo de Platón, e este aconselloulle antes de morrer que si ás súas ideas iban en contra das del que non dudara en expresalas . Pero a Academia de Platón un sobriño de Platón e Aristóteles marchou a Macedonia onde montou dúas escolas . O rei envoulle o seu propio fillo para que lle ensinase. Era o futuro emperador: Alexandre Magno. Aristóteles fundou en Atenas unha escola distinta á Academia platónica e chamouna o Liceo. Alí tratábanse temas diversos: matemáticas, moral , lóxica...
No seu testamento deixou a Antípater encargado de administrar as súas propiedades e o Teofrastro que coidara a súa familia e a súa escola.
FILOSOFÍA HELENÍSTICA
Alexandre Magno, tratou de instaurar un reino universal e reunir todas as cidades e gobernar no mundo. Este cosmopolitismo durou ata a súa morte.
Os homes non saben que facer agora que non está Alexandre Magno . Neste momento:
-
O filósofo Epicuro funda unha nova escola en Atenas baseada na felicidade e o amor.
-
Na escola de Epicuro había que traballar a horta por iso se chamou a filosofía do angazo.
-
Outro filósofo chegou tamén a Atenas ;chamabase Dióxenes e defendeu que o mellor era seguir o exemplo dos homes virtuosos. Dióxenes predicou co exemplo pois case non tiña pertenencias.
-
Tamén chegou a Atenas Zenón, como non era grego tiña que encinar nos pórticos.Defendeu co home debe buscar a felicidade non no placer senon na razón, e dicir, o deber polo deber. Era moi estricto e non estaba satisfeito polo que acabou suicidándose.
-
Filósofo grego tamén foi Pirrón, el chegou a conclusión de que as cousas son como son e de que nada do que pensemos importa, polo que é mellor ser feliz sen preocuparse das grandes verdades.
En Alexandría os filósofos cegaron a conclusión que era o cerebro e non o corazón a sede da intelixencia. En medio de tantos filósofos eminentes destacou tamén unha filósofa: Hipatía.
Nesta cidade de Alexandria creou Alexandre magno unha biblioteca , que posuiu máis de medio millón de libros, pero todo se perdeu ca invasión dos bárbaros.
-Arquímedes demostrou cun balde cheo de auga e un pedrolo que : “Todo corpo sumerxido nun fluido experimenta un empuxe vertical cara arriba igual o peso do liquido que desaloxa”.
FILOSOFÍA E CIENCIA NA ÉPOCA IMPERIAL
Os romanos non perderon tanto tempo en reflexionar como os gregos. Eles decían: “primeiro vivir e despois filosofar”.
Os romanos viviron das rendas da filosofía grega , ainda que tiveron os seus propios filósofos .Practicaron o cristianismo e a filosofía estoica.
-Séneca(o cordobés) non se sabe moi ben se foi o primeiro filósofo español, Meteuse en política e por iso foi desterrado.
Foi preceptor do emperador Nerón, pero este era moi cruel e decidiron asesinalo. O malo foi que Nerón enterouse e fixo matar a todos os participantes na conxura.
Séneca por ser o preceptor de Nerón tivo o privilexio de escoller como morrer(abriuse as venas na bañeira). Escribiu nove traxedias e moitas cartas morais. Defendeu que tódolos homes son iguais.
Os derradeiros filósofos estoicos tamén foron opostos: un era escravo(Epictelo) e outro emperador(Marco Aurelio).
-Epictelo practicaba o modelo socrático de filosofar e non escribiu nada , pero o seu pensamento foi recollido por Flabio Arriano.
-Marco Aurelio escribiu as súas reflexións nun caderno titulado “Pensamentos”
-Galeno, este filósofo namorouse duna rapaza, que morreu de enfermidade , dende aquela Galeno adicouse a súa vida, a loitar contra a morte.
Galeno foi o pérgamo e estudiu os vinte volúmenes da súa biblioteca, e logo tódolos da biblioteca de Corinto e tamén os de Alexandria.
Foi o médico persoal do emperador Marco Aurelio,e era tanto o seu saber, que ninguén o deu superado en mil anos.
-Ptolomeo, era un gran astrónomo. A xente rica chamabao para predecir o futuro dos seus fillos. Ptolomeo dixo que a Terra non era redonda e que a Terra era o centro do universo. No século I, en Roma é a época das catacumbas, neste intre os cristiáns tiñan que fuxir debido a que o emperador Augusto non estaba de acordo cá súa relixión e os perseguia e eles tiñan que refuxiarse en covas. Augusto quería restaurar a relixión tradicional e eacabar co cosmopolitismo. No século IV Constantino firmou a paz entre a igrexa e o estado.
Platón fixera o proxecto duna cidade idal, pero non foi capaz de levala a cabo. Platón quería crear unha cidade cunha educación perfecta onde todos os cidadáns se levasen como irmáns. Esa república ideal non foi adiante.
-Plotino, seiscentos anos despois tentou crear esa cidade ideal, pero tamén fracasou.
Montou unha escola filosófica en Roma a que acudiu o emperador Galiano e a súa esposa.
Plotino propuso fundar unha cidade de filósofos chamada Platonópolis, pero non se levou adiante.
FILOSOFÍA PATRÍSTICA
Decátase de que hai poucos libros de filosofía cristiá e el dille a súa nai que quere ser filósofo. Para convencer a súa nai de que a filosofía é boa , fálalle de San Agustín, que chegou a ser bispo e loitou contra os erexes. Foi un filósofo cristiá máis sen permitir que a fé sustituíse a intelixencia.
San Agustín depende nas súas obras da felicidade e o amor. A principal dificultade coa que se atopa e a de difernciar entre a liberdade do home e a de Deus. Escribiu unha Autografía.
FILOSOFÍA MEDIEVAL
-Boecio é un filósofo que está no cárcere, condenado a morte e non pode facer nada por demostrar a súa inocencia. Ali comeza a escribir sobre filosofía e así os días fánselle máis levadeiros. O carcereiro gardou todos os escritos e así é como en ninguna biblioteca medieval falta “A consolidación da filosofía”, de Boecio.
A época medieval , non foi como tratan de dicir un tempo perdido en ideas teolóxicas, unha idade escura, chea de tormentos e inquisidores.
A idade media foi o tempo en que centos de relixiosos rescatan a cultura e transmitena a outras xeracións. Tamén é a época en que nacen as escolas, que despois daran lugar as primeiras universidades. E por último é o momento en que se interpretou a biblia . Destaca “San Agustín”.
Esta época como sucede o longo da historia, é unha época de paréntesis, de crise, de tránsito. Os filósofos medievais son a ponte entre a idade antiga e o renacemento. Así ademáis de San Agustín debemos nomear a San Isidoro, que puxo a cultura o servicio de Deus e deixou a meirande enciclopedia da Idade Media. A el debemos a evolución que fixo o latín e o mencer do vocabulario das linguas románces, na súa obra “Etimoloxías”. Santo Anselmo foi outro filósofo que tratou de explicar a existencia de Deus, os ateos non lle facían caso; como se decía : “Predicaban no deserto”.
Abelardo era un filósofo que daba clases na universidade de Notre-Dame e namórase de Eloisa, ela dille que está embarazada. O seu castigo foi que ela fíxose monxa e el ingresou nun mosteiro. Foron enterrados na mesma tumba para poder vivir xuntos na mesma tumba.
Tomé de Aquino, a súa familia tentou quitarlle a vocación relixiosa, pero el pasaba o tempo entre as pregarias e o estudio. O fin deixárono que se fixese domínico. Foi o mellor filósofo da Idade Media, chamáronlle o boi mudo, porque era corpulento e moi calado. Escribe “ Cuestións Deputados e Sumas”.
Foi profesor de Teoloxía na universidade de París, e chegou a ser catedrático de dita Universidade. Nas universidades do século XVIII había dous tipos de profesores: os mugalláns (que impartían as clases de mala maneira) e os progresistas, como Tomé de Aquino(que motivaban ós estudiantes) .
FILOSOFIA RENACENTISTA
Polo ano 1500 prodúcense unha serie de cambios culturais : a imprenta, América, deixase o Latín ... Todo isto deu lugar o Renacemento.
-Copérnico escribe “A revolución dos corpos celestes”, este libro foi prohibido pola igrexa. Copérnico descubríu que era a Terra a que xiraba ó redor do sol.
En España durante o renacemento construironse grandes universidades como a de Santiago en 1495. No renacemento hai grandes filósofos como:
-Leonardo de Vinci que dixo que a experiencia é a nai de todos os saberes. Tentou facer unha máquina de voar, pero non puido levar a cabo a súa matinación.
-Nicolas Maquiavelo que escribiu “O Príncipe “ en 1513. Este filósofo florentino dáballe consellos os gobernantes no seu libro, ainda co máis sorprendente é a diferencia que fai de príncipe e tirano, o primeiro actúa en interese do Estado, e o segundo no seu propio proveito.
-Galileo Gali lei , era profesor de mate, na Universidade de Padua, polo ano 1609 cando supo que había uns anteollos para ver o lonxe, pero estaban prohibidos pola Igrexa. El desarrollou esa idea pero para ver as estrelas.
-Erasmo escribiu a obra máis importante do Renacemento “Eloxio a locura” , para el, filósofos bispos , príncipes, reis...todos estaban anegados de loucura, pero a loucura coma a do cristianismo era boa e admirable.
FILOSOFÍA MODERNA
-Descartes naceu en 1596, e a súa infancia foi problemática: quedou sen nai, estivo moi enfermo...
O seu pai chamáballe “o meu filósofo” porque sempre facía preguntas.
Estudiou leis, física e despois escribiu o primeiro libro da filosofía moderna: “Regras para a dirección da mente”. En Francia e para fuxir do latín escribiu “Discurso do Método”. Dexesaba construir o edificio da filosofía , pero non atopaba a forma porque todo o que pensamos podemos dubidar, daquela escribiu a famosa frase: “penso, logo existo”.
En España despois duna época esplendorosa(Idade de Ouro) pasouse a un tempo de bancarrota, e o reinado de Felipe III.
-Baruch Spinoza, foi un dos grandes filósofos, ninguén osa a chamarlle filósofo español xa que foi desterrado por ser xudío. A obra da súa vida foi “Ética que contén axiomas, demostracións e definicións.
-Bieito Espinoza, este filósofo moderno é cohernte ata o límite. Non lle interesaban as riquezas, busca tan só a verdade, tiña moi claro o sentido da vida, e para el o ben supremo era a unión do home ca natureza .
Tratou transmitir a idea de que o diñeiro e os bens son un medio e non un fin. E el cumpliuno.
No século XVI nace o ensaio, un xénero literario que causou furor na filosofía moderna, xa cá filosofía basease na palabra. O seu lema foi: O libro e non eu é a miña vida.
-Guillerme Leibniz, foi un neno superdotado. Era tan intelixente que lía con catro anos todo tipo de libros, e un mestre prohibiulle seguir lendo, e facíao as agachadas.
Coñecia tódolos libros da súa biblioteca e o seu orden. Un día oeu unha voz que dicía: “Ordea con lóxica os teus coñecementos”. Aparte de filósofo foi diplomático e pasaba a vida viaxando. Morreu só e olvidado de todos.
-Thomas Hobbes, escribiu a primeira filosofía civil e nela trata temas como: O Estado é o monstro invencible, existe un ben primeiro que é a vida e a súa consecución...
-John locke, escribiu “ Ensaio sobre o entendemento humano”, este filósofo empirista ten o valor de dicir que non entende a filosofía escolástica, e suxire unha
solución, achandar obstáculos inútiles, e dicir, meter a escavadora en todos os coñecementos adquiridos, votalos fora, e comezar de novo a filosofía
-David Hume, escribiu o “Tratado da natureza humana”, pensou acadar moita fama con este libro e non foi así, entón decepcionado abandonou a filosofía e foi preceptor dun marqués, embaixador en París, etc.Pasados os anos escribiu outro libro, que si lle deu algo de fama “Investigación sobre o intelecto humano”
FILOSOFÍA DA ILUSTRACIÓN
O século XVIII foi o século da ilustración, das luces, da razón, dos libros debido o perfeccionamento da imprenta, da Enciclopedia...
O lema da ilustración foi : ¡Ten o valor de servirte da túa propia razón!
-Rousseau , el non se considera un filósofo senon un home que fala de filosofía.
Foi admirado, perseguido e proscrito.
Rousseau defendía a vida do home primitivo e pensaba que era máis feliz co home civilizado.
Manolo Kant, era de familia humilde pero el estudiou e aceptou ser preceptor, porque tiña que traballar para ganar cartos. Ó fin fíxose profesor da universidade. Sempre foi un home puntual, raro e rutinario.
Comezou a escribir xa de moi maior porque nunca tivera tempo para facelo. Escribiu “Crítica do Xuízo Estético”, que buscaba dar resposta a unha pregunta básica: “¿ Que é o home?”
Kant pensaba cá nosa razón abonda para mover a vontade. Por iso quixo establecer unha lei moral universal para todos os homes, e despois de morto pensar dixo:
Actúa de tal xeito que a máxima da túa vontade teña sempre validez ó mesmo tempo, como principio duna lexislación universal.
ROMANTICISMO E IDEALISMO
En contra do que pensaban os Ilustrados do século XVIII, de que esta etapa non remataría, no século XIX, chega o Romanticismo. O Romanticismo proclama a exaltación da natureza, afirmación dos sentimentos, da paixón, do patrimonio, do tráxico...
Os intelectuais berraron a famosa frase:!A imaxinación ó poder!
O Romanticismo comezou en Alemania xa antes de comenzar o século XIX.
-Así Hamann que defendeu cá cultura non é pribilexio dos aristocráticos. Aposta pola vida cotidián, pola historia concreta.
-Herder, para el a linguaxe humana é a linguaxe filosófica son linguaxes poéticas. A linguaxe é a base da cultura e nela está a base do noso ser.
Os pensadores alemáns da época pensaban cá alma tiña dúas partes: unha poética e outra romántica que non se podían separar, por iso, chamábanse, poétas filósofos. Entre os que destacan : Schiller, Novalís...
-Goethe, o seu era a poesía, por iso a súa filosofía é unha poesía pensante. A súa obra é meditada, complexa e madura. Asi se reflexa en “Fausto” que representa a loita metafísica entre o ben e o mal. Como bo romántico admira moito a natureza . Agora imos falar dos filósofos idealistas, estes son os que se preocupan do amor pola Terra, exaltan a fala propia ou o folcrore. Son a versión abstracta do sentimento romántico. Destacan:
-Fichte, nado en Alemania . Se lle coñece por ser filósofo. Escribiu “Discurso do Eu e do Non-Eu a Nación Alemana”, que foi o catecismo da filosofía política do idealismo. Compartiu con Kant a estima polos ideais da revolución francesa, pero con visión de futuro.
-Alexandre Von Humboldt nado en Berlín, cidade onde morreu. Viaxou moito e estivo en África, Ásia e ata no porto da Coruña.
El e seu irmán Guillerme(lingüista) defenderon que non hai que quedarse có superficial
-Xurxo Guillerme Hegel, con el o pensamento chega o cumio do abstracto, por iso se di que é un filósofo duro de roer.
O seu primeiro libro foi “ Fenomenoloxía do Espíritu”. A súa filosofía foi moi meditada, quiso facer unha filosofía total. Chega a conclusión de que o home organízase en Estados, con gobernos, leis... pero enriba de todo está Deus.
FILOSOFÍA E CIENCIA NO XIX
Hegel morreu en 1831 convencido que con el a historia universal estaba rematada, pero non foi así e a súa morte, as súas ideas tomaron dous bandos: político ou relixioso.
-Ludovico Feuerbach, publicou “ A esencia do cristianismo”. O seu mestre foi Hegel.
-Henrique de Saint-Simon, opúxose o liberalismo industrial que estaba a nacer froito da Revolución Industrial.
Proponía que cada quén ocupase o posto que lle correspondía, segundo a súa eficacia.
Esta sociedade utópica, chamou a atención de Carlos Marx.
As ideas de Saint-Simon foron acollidas tamén pola escola politécnica de París.
-Cosnte, o seu mestre foi Saint-Simon. Defendeu que a historia da humanidade pasa por tres etapas de progreso: a teolóxica, a metafísica e a positiva. A teolóxica baseada nos deuxes. A metafísica baseada na razón e a positiva baseada no progreso.
-Artur Schopenhauer, ten que fuxir debido a invasión prusiana. Non lle gustaban as teorías de Hegel e de Fichte.
O seu libro máis importante foi “O mundo como vontade e representación”. Defende que só o home coa súa razón pode liberarse duna vontade cega.
-Soren Kierkegoard, fíxose sacerdote, pero criticaba a xerarquía eclesiástica. A súa obra non foi recoñecida ata que Unamuno a atopou e quedou entusiasmado.
Defendeu a liberdade do home e afirma que o home pode elixir que tipo de home quere ser.
-Carlos Marx , naceu en 1818 e era xudeo. O seu pai renunciou a súa relixión para que o fillo (Carlos) pudiese ir a universidade.
Marx casa con Yenny Von Westphalen e van a París , onde Marx publica os seus libros máis radicais que non tiveron éxito.
Ainda que Hegel foi o seu mestre el non estaba de acordo cá súa filosofía, e por iso escribiu “Contribución á crítica da filosofía do Dereito de Hegel” onde dixo “non é a conciencia dos seres humanos o que determina o seu ser, senón o ser social o que determina a súa conciencia”.
-Darwin demostrou unha teoría revolucionaria: “A selección natural das especies, e defendeu que o home procede de primates.
-John Stuart Mill , foi un filósofo ingles. Defendeu que a sociedade non podía ser feliz se non o eran os seus individuos. A felicidade é o primeiro fin . Publicou tamén un libro en colaboración coa súa muller sobre a liberdade.
FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA
-Federico Nietzche, estudiou filosofía e teoloxía. Foi unha persoa con pouca saude, que de adulto contraeu a sífilis, enfermidade da que morreu. Entre as súas obras están : “A vontade de poder”, “O nacemento da traxedia no espírito da música” etc.
-Durkheim ,foi como conta defensor da socioloxía filosófica.
Foi profesor na sorbona. Algúns dos seus libros son:
“A división do traballo social” e “O Suicidio”.
Ernst Cassirer, de familia xudia, cando chegou Hitler o poder tivo que emigrar. O concepto máis importante da súa filosofía é que “ o home non é só un animal racional, senón que tamén é un animal simbólico”.
-Hursel e Bergson, as súas vidas foron moi similares, pero Bergson era xudeo, e xamáis o ocultou e máis el mesmo se presentou para ser fichado no rexistro polos nazis.
Fuxe da rixidez , do positivismo e a súa filosofía é moi humana.
-Heidegger, foi nazi. Sucedeu a husserl na cátedra universitaria, xa que era un dos seus discípulos.
Publicou “ O ser e o tempo”, o seu libro non foi ben acollido, xa que quería expresar a súa propia filosofía: “O sentido do ser”.
-Wittgenstein, amigo do filósofo Rusell, o que lle animou a continuar escribindo tras publicar “ Tractatus lógico-philosophicus”.
-Sigmund Freud, ía para médico, pero decidiu estudiar o mundo dos sonos e da mente humana, con el nace o picánalise.
Interpretando os soños chegou a explicar as reaccións das persoas.
-Sartre, escribía tódolos días sobre a filosofía . Na súa obra “Náusea” describe as súas angustias, sufrimentos e rebeldías.
-Ricoeur, era un home dunha gran humanidade. Prestou o seu apoio a un mozo que íua para filósofo. Ricoeur leu a obra do rapaz e dixo : “ Este é un perfecto esquema para toda unha vida”. O rapaz quedou contento porque esta era a opinión dun home que daba conferencias na Aula de Cultura de caixa galicia(en Santiago).
-Ortega y Gasset, foi o máximo pensador español que deseña a teoría xeracional.
Traballou na interpretación dos símbolos, mitos e a linguaxe humana
Descargar
Enviado por: | Kamikaze |
Idioma: | gallego |
País: | España |