Historia


Historia do galego


Lingua Galega e Literatura

1º Bacharelato

SOCIOLINGÜÍSTICA 1: HISTORIA DO GALEGO I

  • NACE UNHA LINGUA

    • O léxico galego está formado por palabras con orixe en diversas linguas, maioritariamente no latín

    • SUBSTRATO: restos lingüísticos que hai no galego de linguas anteriores ao latín

    • SUPERESTRATO: capa que está por riba do latín (linguas que inflúen no galego despois dos romanos)

    • Substrato

  • pobos indoeuropeos (celtas - século VI a. C.) >

  • civilización castrexa >

  • romanos >

  • Gallaecia

  • ¿Que nos quedou dos celtas?

    • No léxico: amorodo, beizo

    • Na toponimia: Callobre, O Grove

    • Na antroponimia: Bríxida, Camiño

  • Romanización (séculos I a.C. - V d.C.)

  • Gallaecia: provincia máis extensa que a actual

  • Imposición lenta do latín

  • Apoio do cristianismo

  • Superestrato

  • Xermánico:

  • S. V d.C. caída do Imperio Romano

    S. V - VI d.C. Reino Suevo (independente)

    S. VII d.C. Reino Visigodo (autonomía dos romanos)

    a extensión galega redúcese, semellándose máis ao territorio actual

    Autonomía + illamento formación dunha identidade

    [lingüística

    Xermanismos:

    • No léxico: garfo, rifar

    • Na toponimia: Allariz, Castromil

    • Na antroponimia: Alberto, Gonzalo

  • Árabes:

  • S. VII fin do reino visigodo

  • O árabe non chega a Galicia, chega algunha palabra pola franxa Sur, nada máis.

  • Arabismos:

        • No léxico: alcume, laranxa

        • Na toponimia: Acea, Almuíña

        • Na antroponimia: Zaida, Fátima

          • IDADE MEDIA (SÉCULOS IX - XV)

            • Latín vulgar linguas románicas

    Debido ós diferentes substratos e superestratos

    galego-portugués - astur-leonés - castelán - aragonés - catalán - mozárabe

    • AQUÍ PODEMOS FALAR DO GALEGO COMO LINGUA

    • S. IX-XIII - Galicia vive un periodo de esplendor económico, político e cultural

    • S. IX - Descubrimento do sartego do Apóstolo

    • S. XII - Independencia de Portugal

    • (gráficos) os reinos van cambiando a súa extensión ata chegar ao territorio actual

    • S. XVIII - Lírica trobadoresca: galego-portugués convértese en lingua de escritura (sobre todo na poesía)

    - Integración de Galicia no reino de Castela-León

    • S. XIV - Primeira loita dinástica pola Coroa de Castela >

    - Galicia apoia ao perdedor >

    - Castigo: a nobreza galega é cambiada por nobreza castelá

    • S. XV - Segunda loita pola Coroa de Castela >

    - Galicia apoia ao perdedor >

    - Castigo: os mandatarios da Igrexa e da Administración galegos son cambiados por mandatarios casteláns

    {= DECLIVE DO GALEGO, APARTADO, DIGLOSIA, ...}

    • S. XV - o galego desaparece da escrita pero mantense na oralidade >

    - imposición do castelán

    • SÉCULOS ESCUROS (SÉCULOS XVI - XVIII)

    • O galego é desprezado, cargado de connotacións negativas, con prexuízos >

        • DIGLOSIA: dúas linguas, a unha delas dáselle maior importancia/aplicación que á outra

          • S. XVIII - Renovación económica e industria por foráneos >

    - Burguesía catalán-falante (conserveiras...)

    • BILINGÜISMO SOCIAL |

    | | son independentes; empréganse

    | | indistintamen as dúas linguas

    • BILINGÜISMO INDIVIDUAL|

    O lóxico en Galicia: bilingüismo individual (nos falemos na

    e lingua que nos pete)

    bilingüismo social (a Admon. pública, todo

    documento nas 2 linguas)

    • S. XVIII (finais) - Primeiras voces en defensa do galego (curas -cultos que falaban galego-... (nobreza e burguesía falaban castelán)

    - Frei Martín Sarmiento: ensino en galego, do galego,

    obriga de coñecelo para os funcionarios

    • PRINCIPAIS EVOLUCIÓNS

    • Latín - galego simplificación das consoantes dobles: -LL, -NN

    GALLU galo

    • Sonorización das consoantes oclusivas xordas intervocálicas

    RIPARIA ribeira

    ROTA roda

    AMICU amigo

    • Evolución do grupo latino -CT- a -it-

    NOCTE noite

    LACTE leite

    • Os grupos consonánticos iniciais latinos PL-, CL-, FL- convértense en ch-

    PLORARE chorar

    CLAMARE chamar

    FLAMMA chama

    • Desaparición do -N- e -I- intervocálicos latinos

    LUNA lúa

    FILU fío

    • Ditongo AU ou

    AUTUMNU outono

    TAURU touro

    AURUM ouro

    CAUSA cousa

    • Conservación das vogais E, O breves tónicas latinas

    NEBULA néboa

    PETRA pedra

    SORTE sorte

    SOCRA sogra

    • Conservación do F- inicial latino

    FARINA fariña

    FACERE facer

    • -F- intervocálico latino (ou -PH- grego) pode evolucionar a bilabial

    DEFENSA devesa

    • Conservación do grupo -MB- intervocálico

    LUMBU lombo

    PLUBU chumbo

    • Redución do grupo latino -MN- a -n-

    DAMNARE danar

    • Grupo consonántico -LT- vocaliza o primeiro elemento

    CULTELLU coitelo

    MULTU moito

    SALTO souto

    • GALEGO MEDIEVAL

    • Existían vogais nasais pola perda do -N- intervocálico

    MANU maõ (en portugués aínda existen

    • Había oposición entre silabantes xordas e sonoras

    posso rosa

    peixe hoje

    cabeça cozer

    • Ausencia dun morfema feminino para as rematadas en -or

    O senhor A senhor

    • Uso do pronome personal TE tanto para CD como para CI

    Faleite de amor

    • Emprego do posesivo sen artigo que o preceda

    Vodas fazen a meu amigo

    • Vacilación en terceira persoa dos pretéritos

    ouve ouvo

    disse disso

    • Palabras que desaparecen: ARCAÍSMOS

    assaz bastante

    eire onte

    crus mañá

    vejada vez

    • Galego perde oposición sonora/xorda nas silabantes

    peixe/hoje peixe/hoxe

    • Portugués perdeu a fricada palatal xorda ((-CH-))

    chorar [xorar]

    • Galego distingue TE e CHE

    • Hai diferenzas nalgunhas desinencias verbais

    cantaste cantades

    cantais cantades

    - 2 -




    Descargar
    Enviado por:Car
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar