Historia


Historia de España seculo XVIII


SÉCULO XVIII

1. Sociedade e economía do Antigo Réxime:

A sociedade da época era estamental. Un estamento é unha división social á que se pertence por nacemento.

Estamentos:

Nobreza - Fiscal

Privilexiados - Administrativos

Clero - Xudiciais

3º estado Non privilexiados

A sociedade era ríxida, non se podía pasar de un estamento a outro. Sen embargo, no século XVII a nobreza comezou a endebedarse e comezou a vender títulos, que mercaban os burgueses.

A terra era a base da riqueza, que tiña terras vivía dela mediante as rendas. Ésta estaba amortizada: era un ben de “mans mortas”, que non se podía mercar nin vender. Por medio da institución do morgado (mayorazgo), o fillo maior herdaba toda a propiedade terreal, e desta forma asegurábase a continuación do patrimonio familiar.

Outra parte de terras eran comunais ou dos concellos. En Galicia estas terras tamén estaban amortizadas.

Os campesiños podían ser:

  • propietarios

  • xornaleiros

  • arrendatrios

  • - perpetuos: censos enfitéuticos (Cataluña)

    - a longo prazo: foros (Galicia)

    - a corto prazo: 5 anos (Castela)

    O artesanado estaba organizado en gremios, corporacións de oficios que tiñan representantes de cada un deles. Nos gremios controlábanse os prezos e a competencia, fixaba a calidade (contrario ao capitalismo), fixábanse os horarios, o número de talleres que podía haber, controlaba a mercadoría e materia prima, etc. Era o propio gremio o que a mercaba e a repartía entre os agremiados posteriormente.

    Comercio:

  • Non hai un mercado articulado, xa que non hai comunicación doada, pola ausencia de camiños. Os ríos non son navegables e ademáis hai multitude de aranceis entre os reinos e tamén ao pasar polos señoríos. Non había tampouco moeda única.

  • Marítimo: Cabotaxe. Comercio coas colonias. O comercio marítimo era o máis importante, xa que non podía haber comercio interior.

  • 2. Despotismo Ilustrado: Tras a morte de Carlos II prodúcese unha guerra de sucesión, xa que éste morre sen descendencia, e nela enfróntanse Filipe d'Anjou e Carlos de Habsburgo. En Europa os apoios aos candidatos funcionan da seguinta forma: Francia apoia a Filipe d'Anjou, mentres que Inglaterra e Austria apoian a Carlos.

    España concede a Inglaterra o dereito de enviar un navío comercial ás colonias españolas. Ademáis concédelle o asiento de negros, isto é, o dereito de introducir escravos nas colonias españolas.

    A Guerra de Sucesión resólvese coa victoria de Filipe d'Anjou, e isto trae consigo tres consecuencias, que corresponden á CENTRALIZACIÓN E UNIFORMACIÓN DO ESTADO:

  • Decretos de Nova Planta: afectan á Coroa de Aragón. Lévase á práctica o que xa quería facer o Conde-Duque de Olivares, isto é, implantar en todo o territorio español (agás en Navarra e o País Vasco) a mesmas leis e institución de Castela por dereito de conquista. Con esta implantación aparece a figura do correxidor, elimínase o catalán e implántanse as leis de Castela.

  • Nova división administrativa: Nas provincias aparecen distintas figuras: o capitán xeneral, os intendentes (encargados de asuntos económicos, como impostos ou propostas para mellorar as provincias), e as audiencias, que tratas temas xudiciais, e constan de unha por provincia.

  • Administración central: Aparecen os Secretarios de Despacho (5): O Secretario de Estado; o de Facenda; o de Xustiza; o de Guerra, ou Asuntos Estranxeiros; o de Marina, ou Indias.

  • TODO ISTO CON FELIPE V

  • Regalismo: doutrina política e xurídica que defende a preeminencia do monarca sobre a Igrexa. Esténdese por toda Europa a metade do século XVIII.

  • Concordato de 1753 Expulsión dos Xesuítas

    Asinado entre Fernando V e o Papa Carlos III

    Pase rexio: calquiera bula tiña que pasar polo pase rexio do monarca.

    Dereito de padroado. O nomeamento dos bispos corría a cargo do Rei.

  • Facenda: unificación e simplificación dos impostos: Contribución única para repartir entre os súbditos. Os intentos por instaurala na Coroa de Castela fracasaron. Só foron impostos na Coroa de Aragón polo dereito de conquista. En Castela instaurpuse, así e todo, o Catastro de Ensenada, documento onde aparecen recollidas todas as propiedades das persoas.

  • REFORMISMO BORBÓNICO

    En toda Europa comeza a estenderse o Despotismo Ilustrado, que mandtén o absolutismo, pero como movemento ilustrado, preocupándose polo pobo [todo para o pobo, pero sen o pobo].

    Carlos III é o mellor exemplo do Despotismo Ilustrado, e con el comeza o reformismo borbónico. Foi chamado o mellor alcalde de Madrid, construíu a Porta de Alcalá, a Cibeles, o Paseo do Prado, e tomou medidad para hixienizar a cidade.

    Estes monarcas acompáñanse por una elite de Ilustrados, que non tiveron moito eco social, xa que en Castela non había moita burguesía, e foron acusados de antipatriotas, porque semellaba que apoiaban máis a Francia que a España.

    • Economía:

    • Agricultura: a teoría fisiocrática extendida, isto é, seguíase a considerar que a riqueza residía na terra. Os Ilustrados denunciaban a vinculación das terras e os morgados, e defendían o libre mercado.

    • Industria: Os Ilustrados loitan pola desaparición dos gremios: piden que se creen as manufacturas reais, que incluían a moitos traballadores, destinados a fabricar obxectos de luxo: vaixelas, porcelanas, cristais, tapices... Créase a armada marítima no século XVIII, o que trae como consecuencia a fabricación de velas, cordas, etc.

    Esténdese tamén o Domestic System, traballo na casa, elaboración de materia prima en casa.

    Créanse as Sociedades Económicas de Amigos do País, formadas por Ilustrados e nobres, fomentan as artes nas súas respectivas provincias.

    • Comercio: Defensa do comercio articulado e do libre mercado. Conseguen algunha melloría nos camiños: rede de camiños reais, mellora dos portos marítimos, investimentos para a construcción naval, tanto para o comercio como para a guerra. Tamén fomentan a creación de compañías comerciais.

    · Tráfico marítimo compartido entre Sevilla e Cádiz. A partir de 1775 se lle dá a outros portos, como Coruña.

    · En 1778 establécese o libre comercio con América.

    • Sociedade: Establécese a educación para os oficios.

    LÍMITES DO REFORMISMO:

    • Motín de Esquilache (1766): Esquilache era un secretario italiano, ilustrado, que intentou aplicar certas medidas, como liberalización do comercio do gran. Os concellos tiñan os pósitos municipais que albergaban todo o gran e o repartían entre a poboación. Tamén quixo hixienizar Madrid e iluminala, para o que crea as primeiras redes de alcantarillado e a iluminacion mediante antorchas, diseño que continúa Carlos III.

    Esquilache prohibiu a forma de evstir propia do lugar e do momento, con sombreros de ás anchas e as amplias capas, para evitar a violencia, e así adoptar unha medida de seguridade, segundo a cal poderíase ver a cara do agresor.

    Neste ano as colleitas con moi malas e o prezo do trigo sube espectacularmente, e cúlpase a Esquilache polas subidas das taxas. Así prodúcese un levantamento, sobre todo nas Cortes de Madrid. Esquilache estaba decidido a poñer en marcha a contribución única. Isto tivo como consecuencias o prescindir de Esuilache, que volta a Italia e sustitúese por secretarios nacionais. Carlos III aproveita para explusar aos xesuítas porque os acusa de promotores do motín.

    • Proceso de Olavide: Olavide era un criollo, que chega cun espírito moi aberto. Fora intendente en Andalucía, e é un claro defensor da educación, do teatro (prohibido pola Igrexa), e crítico do fanatismo relixioso. Dirixe o proceso de colonización en Serra Morena. É condanado pola Inquisición, xa que ademáis de todo isto, lía libros prohibidos no índice publicado pola Inquisición. Rematou no cárcere coa incautación dos seus bens, a prohibición de el e máis os seus descendentes a ocupar cargos públicos, a degradalo coa vestimenta, etc. Finalmente conseguiu fuxir do cárcere e exiliouse a Francia.

    Século XVIII:

    - Sociedade estamental.

    - Economía base, a agricultura.

    - Expansión do cultivo do millo e do liño en Galicia.

    - Desenvolvemento do cultivo da seda, viño e augardente en Cataluña.

    - Industria de seda en Valencia.

    - Venda de indianas en Cataluña (algodón procedente de Cuba).

    - Industria de conservas en Cataluña, con sardiñas das costas Galegas.

    - Continúanse coas asociación gremiais.

    - Manufacturas reais e domestic system.

    *Apéndice do século XVIII

    A POLÍTICA EXTERIOR

    1) Felipe V (1746-1759) - Revisionismo de Utrech (1733)

    1º pacto: 1733

    - Pactos de familia

    2º pacto: 1743

    Filipe: Duque de Parma e Toscana. Carlos: Rei de Nápoles e Sicilia

    2) Fernando VI (1746-1759): Opta polo pacifismo. Centra a economía no interior.

    3) Carlos III (1759-1788): Volve aos pactos de familia. Firma o terceiro pacto porque cre que é a mellor forma de controlar o comercio de América. Isto sucede durante a Guerra dos Sete Anos. A Paz de París en 1763 marca o fin da guerra. España recupera a Habana e a península da Florida. En compensación a esta perda Francia entrega a España Louisiana.

    O proceso de independencia dos Estados Unidos de América,interésalle a España, porque Inglaterra perde poder como potencia. Isto remata coa Paz de Versalles:

    · Devolución de Florida

    · Devolución de Menorca

    5




    Descargar
    Enviado por:El remitente no desea revelar su nombre
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar