Historia


Historia de España del siglo XVIII


1-Antigo Réxime.

É a sociedade que existia en Europa con anterioridade a Revolución Francesa. Esta sociedade caracterizabase por ter un sistema político absolutista no que o monarca concentraba todólos poderes, unha organización estamental e unha economia de subsistencia baseada fundamentalmente na agricultura.

2-O modelo demográfico do ántigo réxime.

Tiña unha alta mortalidade e natalidade pola que a poboación aumentaba moi lentamente. A fame e as epidemias provoca que a mortalidade fose alta.

3- Crise de subsistencia as epidemias.

As perdas das colleitas eran abundantes, ben por factores meteoroloxicos ou polas abundantes guerras o que facia que aumentase o prezo dos alimentos, polo que a senté tiña fame e estaba debilitada, o que facilitaba a rápida propagación de epidemias, para as cales non habia cura. A epidemia mas abundante era a peste.

4-Os inicios da transición demográfica.

A mediados do século XVIII nalgúns lugares de Europa a mortalidade descendeu e a natalidade seguia alta o que provocou un aumento da poboación. Todo gracias os novos cultivos, o cesamento das epidemias, e a mellora da medicina.

5-Tecnicas atrasadas, baixa productividade.

A sociedade do antigo rexime dependia da agricultura. Pero o aproveitamento das terras era escaso, as colleitas escasamente daban para subsistir.

6-Barbeito escaseza do gando

O barbeito consiste en deixar descansa-la terra durante un tempo mentres se traballaba outra, esta era unha técnica moi usada nesta época. O gando non tiña onde pastar entón había pouco; o que provocou unha baixa fertilización dos solos e unha dieta baixa en proteinas animais nos campesiños.

7-Campesiños dependentes e libres

No seculo XVIII alguns campesiños tiñan as súas propias terras pagando os seus respectivos impostos, pero outros seguían traballando terras de nobres, reis etc, polo que tiñan que pagar fortes impostos e dar parte da súa colleita.

8-A revolución agrícola

Consistiu na introducción de novos cultivos (millo, patacas, ou prantas con efectos rexenerativos das terras) desaparece o barbeito e utilizan novas técnicas de cultivo, o que provocou un aumento da producción, un descenso de traballadores e da fame.

9-Os burgueses nas suas cidades

Gracias a aparición da Burguesia que se adica a actividades banqueiras, comerciais etc, facendo que o desenvolvemento das cidades foie maior. A Burguesia ocupa grandes postos no poder. Creanse os gremios que son o conxunto de traballadores do mesmo oficio, estes regulaban a producción e a forma de traballo impedindo qu eo oficio se exércese por calquera persoa.

10-Os imperios coloniais europeos.

Os europeos importaban materias primas das súas colonias, e exportaban productos xa elaborados obtendo grandes beneficios. Os imperios ultramarinos convertense na base da prosperidade de Europa.

11-Unha sociedade estamental.

Habia tres estamentos: clero, a nobreza e o terceiro estado. So os dous primeiros estamentos gozaban de privilexios, e o terciro estado non tiñan privilexios e pagaban impostos. Os estados estaban gobernados polo rei, pero os nobres o igual ca igrexa mandaban nas súas terras.

12-De monarcas absoluta a déspotas ilustrados.

Nos seculos XVII XVIII os reis coa axuda da burguesia conseguiu o poder absoluto quitando o poder a nobreza e a igrexa, ainda que seguían tendo privilexios; mentres ca burguesia e os campesiños pagaban os impostos. Isto demostra que a sociedade sigue dividida en estamentos.

13-A grande empresa dos ilustrados

Os reis confiaban nos soberanos, os cales seguindo as ideas da Burguesia querian o benestar do pobo, sen embargo os soberanos cegados polo poder olvidaronse do pobo. Os despotas ilustrados introduciron algunhas reformas socias (supresión da tortura, plans de modernización agrícola e das manufacturas, desenvolvemento das ciencias...). O gran modelo de monarquia ilustrada foi Francia que difundiu a súa lingua e moda por toda Europa e América.

14-As orixes da revolución industrial.

Na segunda metade do século XVIII iniciábase en Gran Bretaña a revolución industrial, que utilizaban fontes de enerxía barata, facián funcionar potentes máquinas, e así aumentar a productividade. A comezos do século XIX os focos industriais ainda eran escasos, e Europa seguía a obte-los seus productos de talleres artesáns. Só nalgunhas cidades existían núcleos manufactureiros importantes.

15-O desenvolvemento industrial británico.

En Gran Bretaña, a aplicación de maquinas de vapor, a abundante man de obra e a existencia de suficientes capitais, permitiron ós empresarios británicos desenvolver industrias guiados polo afán de obteren os máximos beneficios. Para acelera-la producción, instaláronse máquinas encargadas de facer diversas funcións nun mesmo recinto. Apareceron así as fábricas modernas, que modificaron as cidades. Así xurdiron en Europa grandes concentracións industriais que se localizaban en zonas moi ricas en materias primas.

16-O nacemento do capitalismo industrial.

O desenvolvemento industrial foi gracias o investimento de capitais nas novas fábricas. As modernas teorías facilitaron o desenvolvemento industrial.

Recoñeceuse o dereito das persoas a gozaren da propiedade privada e obteren beneficios cuantiosos como compensación ó risco que supoñía investi-los capitais. O estado non interviña na actividade económica, respectando a iniciativa persoal, e a economía debía rexerse pola lei da oferta e da demanda. Adam Smith e David Ricardo foron os principais teóricos do chamado liberalismo económico.

17-O liderado británico unha gran vantaxe.

Durante a primeira metade do século XIX Gran Bretaña encabezaba a producción industrial gracias os productos textiles. A poboación británica medraba a un ritmo superior á europea, e proporcionaba man de obra abundante e compradores para os novos productos. Incorporáronse novos adiantos técnicos para aumentar a producción, baixando aínda máis os custos. A partir de 1840 a industrialización identificouse coa metalurxia e coa siderurxia.

18-A revolución industrial esténdese por Europa.

Europa converteuse na “fábrica do mundo” pois vendía os seus productos industriais ós países máis atrasados a cambio de materia primas baratas e productos agrícolas. Fóra de Europa só Xapón e Estados Unidos iniciaron a revolución industrial.

19-A revolución dos transportes: o ferrocarril e o barco de vapor.

A aplicación do vapor permitiu a aparición do ferrocarril, que constituía unha revolución nas comunicacións. O tren requiría custosas obras que foron posibles gracias ós avances da metalurxia. A aplicación da enerxía de vapor ós barcos foi máis lenta. Apareceron primeiro barcos con rodas, e despois propulsión mediante helices, pero tardaron en impoñerse polo seu peso e pola gran cantidade de combustible que necesitaban.

20-Revolución demográfica e cambios sociais.

Desde finais do século XVIII produciuse en Europa un crecemento espectacular da poboación. Fixérono posible o descenso da mortalidade e unha elevada taxa de natalidade, nivelada en parte pola mortalidade infantil. Os factores que máis contribuíron á revolución demográfica foron o aumento da producción agrícola e a desaparición das epidemias gracias ós avances médicos.

21-A burguesía nova clase dominante.

No século XIX a burguesía subsitituíu á nobreza como grupo dominante e pasou a controla-la economía e a política. Distinguimos unha alta burguesía, o sector máis rico, ligada á banca e á política, e unhas clases medias de menor nivel económico, formados por funcionarios, comerciantes, artesáns e pequenos empresarios e membros de profesións liberais. Todos eles compartían uns ideais de vida, lonxe das miserables condicións de vida dos obreiros, compoñentes da outra clase social. A burguesía deseñou novos barrios onde se instalaron os membros máis acomodados. Os obreiros ocuparon os barrios populares, preto dos lugares onde traballaban, as cidades quedaron divididas en zonas.

22-As sociedades anónimas e os accionistas.

Co avance da revolución industrial pasouse da empresa familiar á sociedade anónima. O capital que se inviste divídese en accións que se poñen á venda. Ter unha acción equivale a ser propietario duna parte da bempresa e recibir unha parte dos beneficios. A vantaxe das sociedades anónimas é que un investidor pode comprar accións de varias empresas e non arriscar todo o seu capital nunha. Favoreceron o desenvolvemento dos mercados de compraventa de accións, as bolsas. Con elas aparece a especulación dos que se aproveitan das variacións do valor das accións para faceren negocio.

23-As razóns do atraso español

Durante o século XVIII fixéranse esforzos por renova-la economía española. Os monarcas ilustrados favoreceron a producción mediante a protección das fábricas reais, e Carlos III liberalizou o comercio con América, o que contribuíu ó desenvolvemento dalgunhas rexións. Pero os productos de consumo procedían en xeral de talleres artesáns. España iniciou a súa modernización e industrialización ó longo do século XIX. Un dos principias atrancos foi a falta de demanda de productos industriais, xa que os españois vivían da agricultura, que estaba moi atrasada, e non tiñan cartos para adquirilos productos.

24-O desenvolvemento catalán.

Cataluña foi a primeira rexión en incorporarse á revolución industrial gracias ó sector textil. O aumento da poboación posibilitou a existencia de man de obra barata para ás fábricas. Renovou a súa agricultura con productos comerciais dirixidos á venda e á exportación a América. A industrialización comenzou coas fábricas “indianas”, tecidos de algodón . Pero as novidades inglesas aplicáronse axiña, pero España ainda non

Apuntes de Historia Temas 1 y 2




Descargar
Enviado por:Bambino
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar