Historia


Historia de España del Siglo XIX


Historia económica do s. XIX

  • A demografía.

  • A población dos principias países europeos creceu durante o século XIX de maneira vertixinosa. Gran Bretaña case a duplicara: pasou de 11 millóns de habitantes en 1800, a 37 millóns en 1900, e mentres enviou ás colonias 10 millóns de emigrantes. En España, o crecemento non fora tan espectacular , pasárase de 11.5 millóns en 1800, a 18.6 millóns en 1900.

  • O crecemento moderado da población.

  • A moderación no crecemento demográfico español, explícase polo feito de que a taxa de mortalidade mantívose bastante alta durante todo o século XIX, como consecuencia das guerras civís, do atraso e do escaso crecemento da industria, e da aparición esporádica de epidemias como as de febre amarela, de paludismo e de cólera. (De todas foi a máis virulenta) Estas enfermidades foron, a pesar de todo, menos mortíferas que na Idade Moderna. As epidemias máis importantes déronse entre 1834-1835, 1853-1856, 1859-1860, en 1865 e en 1885.

    Aparte do dato absoluto, un factor importante foi a emigración. A población española manifesta un movemento claro á periferia. No resto, as constantes demográficas españolas son semellantes ás europeas pero a ritmo máis lento: incremento da población absoluta, lixeiro aumento da población urbana ( a principios do s. XX o 70% da población española era rural.) e diminución gradual da población activa do sector primario (CAPITALIZACIÓN: convertir o que tes en diñeiro, efectivo) compensada por un lixeiro crecemento da población dos sectores secundario e terciario.

    O maior ritmo de crecemento produciuse no período 1820-1860 debido ó final da continua emigración a América, e tamén á maior producción agrícola polas medidas liberalizadoras dos gobernos liberais. Nas últimas décadas do século XIX o ritmo de crecemento volveu caer, situándose nos mesmos niveis de finais do século XVIII. As razóns hai que buscalas na incapacidade da economía agraria para soster un ritmo tan elevado de aumento poboacional, ó tempo que nas dúas últimas décadas se produciu novamente un aumento migratorio a países americanos como Chile ou Arxentina.

  • A emigración galega á América.

  • A emigración é unha das características máis importantes da historia contemporánea de Galicia. Entre 1836 e 1960, dous millóns de galegos marcharon á emigración. A porcentaxe total de emigrantes galegos respecto do total español foi dun 39%. Acerca do seu destino, os países máis atractivos eran Cuba, Arxentina, Brasil, Uruguay, etc. Houbo unha gran diversidade provincial e comarcal. A maioría dos galegos emigrantes inclináronse polo emprego urbano e no pequeno comercio, na medida en que ofrecía perspectivas de aforro e capitalización coa ollada posta no regreso e en facer súas as terras que cultivaban. (Co diñeiro que gañaban, a familia en Galicia mercaba as terras) .De aí que entre 1880 e 1930 retornaran a Galicia sete de cada dez emigrantes. ( O 70%)

  • Os cambios na agricultura.

  • Durante o s. XVIII non se conseguiu modernizar a agricultura porque a maior parte da terra pertencía á Igrexa e á nobreza que eran grupos rentistas e pouco emprendedores, e polo tanto eran un freo para o avance económico.

  • O problema da propiedade da terra.

  • Para que o campo fose máis rendible era necesario que os propietarios investisen en maquinaria ou en fertilizantes e, que intentasen obter maiores rendementos coa introducción de novos cultivos ou coa busca de mercados para comercializar os productos.

    Os nobres e os cregos vivían das rendas. As súas terras eran cultivadas por arrendatarios e os contratos de alugamento das terras eran moi antigos. Xeralmente, eran contratos de parcería, estes arrendatarios quedaban cunha parte das colleitas e entregábanlle o resto ó propietario, ademais de pagar varios impostos ó Estado ou á Igrexa local.

    Os labregos eran, en xeral, moi pobres e traballaban explotacións pequenas. Isto dificultaba a acumulación de beneficios que permitisen a mellora dos cultivos e comprar maquinaria.

    Ademais, moitas hectáreas de terra, chamadas terras comunais, eran propiedade dos municipios e a miúdo permanecían improductivas ou estaban mal cultivadas. Nas terras comunais os habitantes das vilas tiñan un complemento (froitos silvestres, pastos, etc.) que axudaban a equilibrar a súa economía. As terras da Igrexa e as dos municipios denominábanse propiedades de mans mortas, xa que, como segundo a lei non se podían poñer á venda, non había posibilidade de que cambiasen de mans.

    Terras da Igrexa

    Mans mortas

    Terras comúns (Monte común; non se traballaban, usábanas os veciños para diversas cousas)

  • As desamortizacións.

  • Os políticos liberais eran conscientes de que os cambios na estructura da propiedade da terra favoreceran unha grande expansión da producción agrícola. Pensaban que a primeira medida que había que adoptar para poñerlle fin ó atraso do campo español era eliminar os restos do réxime señorial. Era necesario erradicar o sistema de propiedade de mans mortas e vender as terras para que os novos propietarios modernizasen o campo.

    Houbo algúns intentos levados a cabo polas Cortes de Cádiz ou polos gobernantes durante o Trienio Liberal. Sos as desamortizacións aplicadas polos gobernos dos anos 1836 e 1855. Consistiron na apropiación por parte do Estado de gran parte dos bens da Igrexa e das terras comunais, que foron declarados bens nacionais, é dicir, foron declarados bens do Estado, e foron vendidos a particulares en poxa pública.

    A primeira desamortización (1836) realizouse durante a rexencia de María Cristina e foi inspirada por quen foi o ministro de Facenda, o liberal Juan Álvarez de Mendizábal. O goberno nacionalizou todos os bens das ordes relixiosas, que despois vendeu a prezos moi baixos. Cos ingresos obtidos foi posible afrontar o problema da débeda pública e financiar o exército contra os carlistas. A intención de Mendizábal era crear “unha familia de propietarios que fará producir as terras e creará así gran riqueza”.

    A segunda desamortización (1855), realizada durante o Bienio Progresista polo tamén ministro de Facenda Pascual Madoz, puxo á venda todas as terras comunais e das ordes militares.

    O procedemento desamortizador consistía en taxar as propiedades, facer unha poxa pública e adxudicalas ó mellor ofertante. O pago podíase efectuar de dúas formas: ou ben en efectivo, dando un primeiro prazo correspondente ó valor da quinta parte da propiedade e o resto en quince anos, ou ben pagando unha parte con títulos de débeda pública e o resto en prazos durante oito anos.

    Cifras: - Obtivéronse uns ingresos de 12000 millóns de reais.

    • Vendéronse en total 10 millóns de hectáreas (o 20% do territorio: 100000 km2)

    • Vendeuse o 50% da terra cultivada.

    As consecuencias das desamortizacíons foron as seguintes:

          • En primeiro lugar, comportaron un cambio de propiedade. O 40% da terra cambiou de mans e as propiedades da Igrexa foron vendidas. Os compradores foron sobre todo aristócratas terratenentes e cregos seculares, que aínda engrosaron máis o seu patrimonio, ou comerciantes e industriais, que vían na terra un signo de prestixio e de estabilidade económica a través das rendas.

          • A segunda consecuencia foi o deterioro económico que supuxo para moitos agricultores, xa que perderon os dereitos de uso dos bens comunais. En moitas zonas produciuse unha proletarización do campesiñado.

          • Por último, non emerxeu unha nova clase de propietarios rurais activos e emprendedores como esperaban pero logrouse unha ampliación importante da superficie cultivada. En moitas explotacións, ademais, introducíronse fertilizantes, como o guano do Perú ou o nitrato (químico) de Chile. Tanto uns como outros permitiron un aumento da productividade.

  • Os inicios na agricultura comercial:

  • A partir da segunda metade do século XIx, na costa mediterránea foise imponiendo unha agricultura orientada á comercialización con productos como a vide, os cítricos, o arroz, a cana de azucre e especialmente a vide, que xa experimentou certa expansión no século XIX. Entre 1850 e 1875, España triplicou o volume da exportación de viños a Europa, feito que se explica pola ruína da vide francesa a causa da filoxera. España converteuse durante as décadas de 1870 e 1880 na primeira potencia mundial en producción vinícola. Foi entón cando se diferenciaron zonas que aínda teñen na actualidade a súa principal fonte de riqueza no monocultivo da vide: A Rioxa, Jerez de la Frontera. A chegada da filoxera a España en 1890 supuxo tamén unha forte crise do sector, feito que se viu agravada pola caída do prezo do viño nos mercados franceses porque alí xa se recuperaran da infección do verme.

    Intentouse paliar a caída das exportacións agrícolas baseadas no viño co lanzamento de novos productos como en especial, as laranxas, producto que experimentou unha constante e crecente demanda exterior e que foi a base da recuperación, xa no século XX, de gran parte da agricultura valenciana.

    Á parte destes sectores agrícolas orientados á exportación, segúia predominando o cultivado de cereais tradicional e gran parte da súa producción exportábase. Porque Europa encadeou varias guerras como as guerras de Crimen e a francoprusiana. O remate destes conflictos en 1870, reduciu as exportacións porque o prezo do cereal español era máis elevado que o francés ou o alemán.

  • AS TRANSFORMACIÓNS INDUSTRIAIS:

  • En España, a Revolución Industrial afectou de cheo a dúas zonas con 100 anos de retraso con respecto a Gran Bretaña e tivo un reparto desigual, Cataluña e o País Vasco, e, en menor medida, a algunhas comarcas de Andalucía, da Comunidade Valenciana e de Madrid. Por iso, a finais do século XIX, cando parte de Europa estaba na 2ª revolución industrial, España aínda era un país cun escaso desenvolvemento industrial.

  • O atraso da industria española.(Causas do atraso)

    • Falta de poder adquisitivo da población. Atribúese á escasa demanda de productos manufacturados. A pobreza da población campesiña, maioritaria no país e cun poder adquisitivo moi baixo, constituía un obstáculo para o crecemento da industria.

    • Os industriais vascos e cataláns conseguiron que os gobernos liberais implantaran medidas proteccionistas. Sen algún tipo de imposto arancelario que gravase os productos industriais procedentes de Europa, era difícil que houbese industria. Os productos que se elaboraron en España eran máis caros pero segundo algúns historiadores, o proteccionismo foi excesivo e non estimulou a renovación tecnológica nin a competitividade causando o encarecemento dos productos industriais.

    • Falta de investimentos, as malas comunicacións terrestres e a falta de redes comerciais. Algúns destes problemas resolvéronse ó longo do século XIX e xerouse unha moderada expansión do sector industrial, pero a un ritmo moito máis lento que na maioría dos países de Europa occidental. Existe unha clara expansión sostida desde a década de 1820 ata finais da década de 1860, seguida dun período de crise durante o decenio seguinte. As causas desta crise hai que buscalas nas novas posibilidades de investimento, como a construcción do ferrocarril ou a compra de terras da segunda desamortización, e tamén no encarecemento do algodón a causa da guerra de Secesión estadounidense.

  • A industria textil catalana.

  • En Cataluña, o algodón e o carbón tiñan que importarse, e o mercado español tiña escasa capacidade de compra. A pesar destas condicións adversas, no principado catalán creouse unha importante industria textil, sobre todo algodoeira, gracias ó avance da economía catalana respecto do resto de España e o proteccionismo aplicado por case todos os gobernos liberais.

    Os tecidos de algodón revolucionaron a industria textil. Podíanse estampar con debuxos e cores que tiñan un hermoso aspecto. A tradicional roupa bordada, cara e difícil de fabricar, substituíuse por algodón. Os procesos industriais fixeron da fabricación destes tipos de tea un producto ó alcance da maioría das economías.

    O rendemento do comercio e as manufacturas foron a fonte principal do capital necesario para a implantación da industria catalana. Ademais, o crecemento demográfico ofreceu man de obra abundante. E por último, hai que engadir o espírito de iniciativa e de risco de moitos sectores da sociedade catalana daquel tempo.

    A industria téxtial catalana seguiu nos seus comezos o modelo británico baseado no uso de carbón para conseguir a presión do vapor necesaria para mover as poleas. Os empresarios cataláns tamén compraron ou imitaron a amaquinaria e a tecnología inglesas, reproduciron o modelo de fábrica e estudiaron as súas estrategias comerciais.

    A partir de 1860, o elevado custo do carbón fixo que se buscase o aproveitamento dos saltos de auga para mover as turbinas e as fábricas espalláronse polo interior da rexión.

    Cataluña non reunía os elementos que permitisen un desenvolvemento industrial patentar a supervivencia e expansión da súa industria foi posible polo proteccionismo comercial. A superioridade inglesa evitou a importación dos tecidos británicos a España e ás colonias que aínda mantiña. Este proteccionismo, que permitiu a existencia da industria textil, tamén marcou a expansión do seu mercado, xa que os prezos elevados impedíanlle competir cos tecidos británicos neutros países.

  • A industria siderúrxica no País Vasco.

  • Os comerciantes vascos aproveitaron a política proteccionista dos gobernos liberais e a supresión parcial dos foros que permitía o libre comercio co resto de España. Gracias a isto, Bilbao e Donosti-San Sebastián pudieron converterse en portos polos que pasaban productos de Castela e o val do Ebro.

    A base industrial foi a explotación de mineral de ferro, exportando o mineral a Gran Bretaña. Esta circunstancia propiciou a aparición de importantes estaleiros na ría de Bilbao para a construcción de barcos para poder transportar o mineral. A partir da décade de 1860 construíronse altos fornos. Unha das vantaxes que propiciaba este investimento era a importación de carbón británico, que aproveitaba para o seu transporte a viaxe de volta a Bilbao dos barcos que levaban o mineral de ferro para a industria siderurxia británica.

    Entre 1880 e 1900 creáronse empresas metalúrgicas para a fabricación de aceiro. A causa deste avance foi a expansión do aceiro en substitución do ferro doce. A producción de aceiro necesitaba menos carbón e esixía un mineral de ferro sen fósforo. A vantaxe vasca era que as minas vizcaínas producían ferro sen fósforo e, como o carbón o importaba de Gran Bretaña a moi bo prezo, a viabilidade destas industrias era evidente. Estas circunstancias facían que Bizkaia superase claramente os focos de industria siderúrxica que xa existían en Málaga e Asturias.

    Ademais deste factor tecnológico, o auxe da siderurxia vasca tamén se explica polo proteccionismo do último tercio do século XIX. A case imposibilidade de importar aceiro e ferro británico ou alemán facían que a mayor parte do mercado español consumise o aceiro vasco.

    Por último, hai que sinalar os efectos que tivo a economía vasca a existencia das industrias do ferro. Creáronse industrias subsidiarias, químicas e de maquinaria industrial. Desta maneira xurdiu unha segunda illa industrial no conxunto español.

  • Outros focos industriais.

  • A industrialización en España afectou a outros sectores pero non chegaron a alcanzar moita importancia.

    Así temos:

    • Na industria agroalimentaria temos pequenas industrias por toda España destacando o cultivo do viño.

    • No sector químico houbo unha gran expansión porque elaboraba colorantes e lixivias para a industria textil e dinamita para as minas.

    • A extracción mineira creceu a partir da lei de minas de 1868 que permitiu a entrada de capital extranxeiro. Estas empresas foráneas explotaban as minas só para exportación pero permitiron o desenvolvemento mineiro do país. Foi unha industria dispersa por todo o país.

  • A industria en Galiza

  • Galicia durante o século XIX sofre unha “desindustrialización”. Porque desaparecen os importantes sectores protoindustriais siderúrxico, de curtido e o textil de liño. O complexo siderúrxico de Sargadelos, despois dun apreciable apoxeo a mediados de século rematará por pechar por mor do aumento da competencia, da carencia de combustible e de problemas financieiros. A industria dos curtidos vai gozar dun claro crecemento na primeira metade do s.XIX gracias ó aumento do capital e ó crecemento da demanda. Pero as novidades técnicas que se suceden a partir de 1850 permiten crear industrias de curtidos nos lugares de maior demanda. Máis importancia que os casos citados terá a liquidación do sector textil de liño debido ó estancamento técnico, o aumento da competencia e o estreitamento dos mercados e á erradicación da fase do fiado que implicarán a liquidación da industria doméstica de liño. Así as cousas, en Galicia predominarán pequenas e localizadas industrias e obradoiros tradicionais. A única novidade industrial é a evolución da industria conservería moderna a partir de 1880.

  • A CREACIÓN DUN MERDADO ÚNICO:

  • As comunicacións.

  • O comercio español presentaba grandes eivas que facían moi difícil o transporte de mercaderías e as comunicacións entre rexións.

    En 1850 estableceuse o servicio de correos e,en 1852, inagurouse o servicio de telégrafos. Isto permitiu un desenvolvemento importante das comunicacións e unha grande expansión da prensa diaria.

    Pero o reto principal no sector das comunicacións seguía sendo o transporte masivo de mercaderías. A creación de redes comerciais para trasladar productos en cantidades importantes e con certa rapidez era condición indispensable para facer funcionar un amplo mercado.

    Durante o Bienio Progresista déuselle un impulso decisivo á construcción do ferrocarril. Isto permitiu que se construíse unha rede básica máis rápida de quilómetros de vía férrea pero mal planificada.

  • Unha nova lexislación mercantil.

  • No sector terciario tamén é moi importante o sector mercantil.

    A comezos do século XIX había en España numerosas normas comerciais, unha gran diversidade de sistemas de pesos, medidas e contas monetarias.

    Os gobernos do século XIX promulgaron leis tendentes a conseguir a uniformidade. Así, en 1841 suprimiuse a última aduana interior. Non obstante, mantívose o imposto de consumo á entrada das cidades, que aquí se chamaba fielato.

    Posteriormente, a publicación do Código Penal e do Código Civil foi de gran transcendencia, xa que os dous repertorios legislativos proporcionaban regras xerais sobre cuestións mercantís e delictos económicos que favoreceron a creación do mercado único.

    En política alternaban as fases proteccionistas ( o librecambrismo defende que as mercancías circulen libremente. As políticas proteccionistas estaban defendidas polos industriais e terratenentes que forzaban ós gobernos a pactar aranceis elevados para evitar a competencia extranxeira e fortalecer a industria nacional.

  • A unificación do sistema monetario.

  • No ano 1848 establécese o sistema decimal unificado na moeda. En 1868 fíxase como moeda única a peseta, dividida en catro reais e cen céntimos. A peseta só podía ser cuñada polo estado.

    En 1874 o Banco de España creado en 1856 recibe a emisión en exclusiva do papel moeda.

  • A unificación do sistema do impostos.

  • No s.XIX tamén se acaba co anterior sistema impositivo que non estaba unificado nin controlado polo Estado.

    En 1845, coa reforma da Facenda Mon e Santillán establecen un novo tipo de sistema fiscal que inclúe todos os impostor que había en cinco grandes grupos:

    • Inmobles

    • Cultivos e gandos

    • Poducción industrial e actividade comercial

    • Consumo

    • Inquilinatos (arrendamentos dunha casa para vivir, ou alugueres que paga o inquilino dunha casa ou dun piso).

    • Hipotecas.

  • O movemento obreiro.

  • As condicións laborais e económicas dos traballadores así como a falta de protección social, favoreceron a aparición do movemento obreiro. As súas primeiras reivindicacións, sen intencións políticas nin de cambios na estructura social, centráronse no dereito de asociación e no mantemento do soldo. A partir da década de 18720, comezaron a elaborar propostas ideológicas e políticas sobre a necesidade de transformar o sistema económico e a sociedade.

  • As condicións de vida.

  • As condicións laborais da clase obreira melloraron ó longo do século XIX, pero sempre foron extraordinariamente duras. Os soldos, en liñas xerais mantivéronse estables pero eran salarios baixos para manter un nivel de vida digno. Por iso, calquera aumento dos prezos provocaba graves problemas de subsistencia e, como consecuencia, gran descontento e, frecuentes revoleas urbanas.

    As xornadas laborais podían cegar ás quince horas diarias, tanto para as persoas adultas como para os nenos e as nenas desde os 8 ou 9 anos.

    As mulleres traballadoras a miúdo tiñan que ir ás fábricas cos fillos e as fillas mías pequenos e tíñanos que esconder se non querían que as despedisen. Ademais, o seu soldo era máis baixo có dos homer, aínda que desempeñaran a mesma actividade.

    As condicións de traballo eran precarias: ruído, temperaturas extremas, ambientes cerrados e sen entilación, mala alimentación, falta de descanso e accidentes laborais frecuentes, despedimento libre, a rebaixa dos salarios en épocas de crise, as miserables condicións de vida familiares, o analfabetismo e a inexistencia de calquera clase de protección social, etc. A saúde dos obreiros era tan precaria que, a mediados do século XIX, a súa esperanza de vida era case a metade dunha persoa pertencente á burguesía.

  • Os inicios do movemento obreiro (1840 - 1868)

  • As primeiras manifestacións de protesta obreira foron ludistas (o ludismo chámase así por Ned Ludd, un obreiro textil inglés considerado o primeiro destructor de máquinas). Eran movementos espontáneos e mal organizados de artesáns e obreiros fabrís (de fábrica) contra as máquinas porque eliminaban postos de traballo. O primeiro enfrontamento tivo lugar en Alcoy en 1821 cando os tecedores destruíron teares mecánicos. O suceso máis importante foi o incendio do Vapor Bonaplata.

    A situación de precariedade á que estaban sometidos os traballadores levounos a crear, desde a década de 1830, asociacións de axuda mutua que os protexesen en caso de enfermidade ou de perda do traballo. Os obreiros achegaban pequenas cantidades de diñeiro que se empreñaba en socorrer ós que sufrían enfermidade ou tiñan accidentes laborais que lles impedían traballar.

    As primeiras asociacións obreiras formáronse en Barcelona, Málaga e Alcoy. A primeira en España foi a Asociación de protección mutua dos tecedores de algodón (Barcelona 1840) Nas primeiras décadas da súa existencia estaban prohibidas, só se legalizaron nalgúns momentos durante o goberno dos progresistas, pero o máis habitual era que se negase o dereito de asociación. Por iso, este dereito foi unha das primeiras.

    A pesar da prohibición de asociarse, entre 1842 e 1855 os obreiros conseguiron crear unha organización de asociacións de axuda mutua, dirixida a partir de 1855 pola Xunta Central de Directores da Clase Obreira. A existencia desta organización explica o éxito da primeira folga xeral da historia de España. En xullo do 55 introducíronse en Cataluña novas máquinas fiadoras (as Selfactinas). Esto desatou unha folga obreira con manifestacións e enfrontamentos coas forzas da orde pública. A represión da folga xerou un movemento de soliedariedade en todas as empresas catalanas mentres algúns individuos destruían estas máquinas. Os obreiros reivindicaron nesta folga liberdade de asociación, un horario laboral estable, a creación dunha xunta mixta de patróns e obreiros para discutir os conflictos laborais, e a limitación do despedimento libre.

    A protesta foi de tal magnitude que o capitán xeral de Cataluña prohibiu o uso das selfactinas. Os patróns negáronse e lograron que o goberno prohibise as asociacións obreiras, declárase o estado de sitio e que se executase a un líder obreiro. Con todo, os obreiros lograron formar un comité paritario de patróns e obreiros que chegou a un acordo para o aumento dos salarios.

    5.3 As revoltas agrarias andaluzas:

    A desigual distribución da propiedade e a crecente proletarización do campesiñado desembocou na radicalización dos movementos campesiños. A partir do Bienio progresista, cando a nova desamortización fai pasar a maioría das terras comunais a mans privadas afogando as esperanzas dun reparto beneficioso para os xornaleiros, as insurreccións agrarias convertéronse nunha constante no campo andaluz. Os levantamentos campesiños tomaron polo xeral a forma de ocupacións ilegais de terra e do seu reparto entre os xornaleiros. A cotío, incendiábanse os rexistros notariais 8para que ardesen os títulos de propiedade) e producíanse enfrontamentos coas forzas da orde pública. Desde 1855, hai un forte movemento de ocupación de terras. Destaca o movemento que ten lugar entre o 61 e o 67 cando 600 campesiños se movilizaron en Loja e arrastraron a máis de 40 vilas de Cádiz, Málaga, Granada, Almería e Jaén. Cegando a xuntar un exército de 10000 armados e outros tantos sen armas. A carencia dun apoio político e o medo á radicalización do movemento acabaron por facelos fracasar, pero a falta de terras continuou e os movementos campesiños prolongáronse durante máis de medio século.

  • A división do movemento obreiro:

  • A chegada das ideas socialistas a España produciuse a través de Cádiz, desde onde se difundiu o pensamento das socialistas utópicos (Saint Simon, Cabet, Fourier, etc) A figura máis notable deste movemento en España foi Joaquín Abreu, que defendía a creación de cooperativas de producción e consumo que promovesen unha sociedade máis equitativa. Desde Andalucía o socialismo utópico chegou a Madrid e a Barcelona.

    En 1864 creárase en Londres a primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT), que pretendía conseguir a emancipación económica e social da clase obreira e chegara a superar a sociedade de clases, a través da propiedade colectiva dos medios de producción e a creación dunha sociedade igualitaria.

    En 1871 produciuse no seo da AIT un grave enfrontamento os partidarios de Marx e os de Bakunin, que tivo a súa orixe nas divergencias sobre os procedementos para conseguir os obxectivos que se propoñían na asociación.

    Marx defendía que a clase obreira tíñase que organizar nun partido propio para conquistar o poder do Estado e implantar unha dictadura do proletariado, como fase previa temporal para construír uha sociedade igualitaria.

    Pola súa parte, Bakunin rexeitaba calquera participación política e defendía a destrucción directa do Estado, de toda propiedade e de calquera forma de autoridade, xa fose religiosa, política ou familiar, ó mesmo tempo que postulaba a organización da sociedade mediante a federación de comunas libres.

    Esta diverxencia provocou a escisión da AIT, que se dividiu en dúas faccións: a socialista ou marxista, e a anarquista ou bakunista.

    En España, a Revolución de 1868 supuxo a restauración das libertades de expresión e de asociación. O movemento obreiro español recibiu a influencia dos dous sectores enfrontados. En 1868 Giuseppe Fanelli, estreito colaborador de Bakunin, visitou España e fundou os primeiros núcleos españois da AIT en Madrid e en Barcelona (onde destacou Anselmo Lorenzo e Ramón Farga Pellicer). Dous anos máis tarde, tivo lugar en Barcelona o I Congreso Obreiro español, no que se impuxeron as teses bakunistas e creouse a Federación Rexional Española da AIT (FRE).

    Trala división da AIT en 1871, o congreso da FRE reunido en Córdoba adheriuse ás propostas bakunistas e expulsou ós partidarios de Marx que viñan sobre todo de Madrid, onde Paul Cafargue, xenro de Marx, organizou un grupo no que destacaban Francisco Mora, José Mesa e Pablo Iglesias. Desde entón, o movemento obreiro español quedou dividido en dous bandos irreconciliables (pero a diferencia do que pasou internacionalmente en España triunfaron as teses anarquistas) :

    • o socialista: predominante en Madrid, Bilbao, Cantabria e Asturias

    • o anarquista: maioritario en Cataluña, Valencia Andalucía (aínda que en Andalucía preferían a Kropotkin que promovía o reparto de terras fronte a Bakunin que defendía o colectivismo) e Aragón.

    O florecemento das asociacións obreiras durou pouco, xa que o golpe de Estado do xeneral Pavía puxo fin á Primeira República e supuxo a ilegalización de todas as asociacións obreiras.

    Dentro do movemento obreiro español, a figura máis importante é Pablo Iglesias que liderou o pequeño grupo madrileño expulsado en 1872 da FRE e creou unha sociedade de socorro mutuo para tipógrafos, orixe do que logo sería o Partido Socialista Obreiro Español e fundador tamén da Unión Xeral de Traballadores (UXT). En 1910 foi o primeiro deputado socialista da historia de España e morreu en 1925.

    Principios do século XIX.

    Que se fixo no XIX con estas terras?

    Non seguen regras: párrocos…

    Proceso histórico mediante o cal as persoas que disputan dalgún sistema para obter recursos para vivir, derivados de rendas, propiedades ou outros medios 8por exemplo, a explotación das terras comunais), se viron obrigadas a alugar a súa capacidade de traballo en exclusiva para sobrevivir en condicións de pobreza.

    Natural: heces de paxaro.

    Verme pequeno que se atopa na base das vides.

    De distribución.

    Un carbón moi barato porque viñan nos barcos que levaban ferro a GB.

    Historia económica do s. XIX 11




    Descargar
    Enviado por:Iria
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar