Historia
Historia contemporánea de España
Do vello colonialismo ó imperialismo.
O colonialismo baseaba o seu poder na ocupación de cidades e portos estratéxicos desde onde canalizaban a producción cara a metrópole.
O imperialismo non só controlaba as cidades se non que controlaban todo o territorio para organizáreno e impoñeren o modelo cultural europeo nel.
As causas do imperialismo son: a necesidade de dominar novos territorios para ganar mercados e aumenta-lo prestixio político; a necesiadade de materias primas para manter e desenvolve-la industria europea; e a revolución dos transportes.
As dúas lineas de expasión das colonias europeas e a Conferencia de Berlín.
A primeira é a francesa que parte de Alxeria e a segunda é a inglesa que parte de Exipto.
Conferencia de Berlín (1884-85) reunión internacional na que as potencias europeas acordaron a repartición do continente africano.
A imposión da civilización occidental.
Os europeos crían que eran a civilización máis avanzada e que a raza branca tiña que guia-los pobos atrasados cara o progreso. E os dirixentes políticos dicían que un país civilizado non era unha potencia se non tiña un imperio colonial. Estas ideas fomentaron a colonización.
Resistencia ou modernización.
O novo imperialismo desencadeou unha serie de reaccións dos pobos sometidos para defenderen a súa independencia. Estes pobos a miudo utilizaron a relixión como elemento diferenciador e de resistencia ante os europeos.
Nalgúns paises apareceron grupos nacionalistas que crían que a única maneira de dete-la ofensiva europea era desenvolver un programa de modernización social e política que permitise sair da ruina económica. Os inconvenientes eran: a falta de unidade e a superioridade militar europea. Estes grupos foron os precursores dos partidos nacionalistas que lograrían a independencia das colonias a finais do século XX.
A explotación económica das colonias e os seus axentes.
A explotación das colonias deixouse nas mans de sociedades con capitais privados. A máis famosa foi a British South Africa, creada por Cecil Rodess, tivo unha das fortunas máis impresionantes do século e loitou por crear un imperio británico.
Os oficiais coloniais e os seus auxiliares.
Os oficiais coloniais eran militares e funcionarios amantes da aventura, dispostos a seviren o seu país e os intereses económicos dos investidores coloniais. Estes encargados de aproveitaren os recursos das colonias, recrutaban indíxenas como tropas auxiliares e colaboradores.
A toma de Tatuán.
España que perdera tódalas súas colonias americanas, iniciou unha serie de expedicións militares cara á Cochinchina, México e Marrocos. Só a de Marocos tivo éxito, dirixida por O´Donnell conquistou a cidade de Tetuán en Febreiro de 1860 e Ifni. A campaña non tiña ningún sentido económico xa que este territorio carecia de importancia.
O protectorado español en Marrocos.
España empuxada polos paises europeos e de acordo con Francia iniciou unha expansión militar para establecer un protectorado. Despois de conquistar o Rif; en 1920 o exercito español foi derrotado. O protectorado español foi dominado de novo en 1925.
As duras condicións de vida obreira. (Tema 8)
As condicións de traballo nas novas fábricas eran duras comparadas co traballo campesino ou artesán, e o risco de accidente mayor. Os obreiros estaban sometidos a longas xornadas de traballo e castigábanse os atrasos, os descoidos ou as ausencias, aínda que fosen por enfermidade. As mulleres e os rapaces cobraban menos coshomes.
Respostas espontáneas e asociativas.
Ante a chamada cuestión social os obreiros formaron sindicatos para a defensa dos seus intereses, e para formar caixas de resistencia que recollían fondos para axudar ós que padecían o paro, a enfermidade ou a xubilación. A súa arma de loita contra os patróns era a folga ou a destrucción de máquinas.
As alternativas utópicas.
A xente pensaba que o problema da miseria era o capitalismo e a propria sociedade.
Polo que algúns escritores propuxeron sociedades alternativas, onde non había explotación nin miseria. Algúns levárona a practica e outros limitáronse a expoñela.
Fronte as estes teóricos xurdiu a Liga do Comunistas (Marx e Engels), que proponía un socialismo moito máis práctico.
As primeiras asociacións obreiras.
-Movemento asociativo: Os obreiros ante as dificultades agruparonse en sociedades, gremios ou sindicatos, o 1º que fixeron foi conseguiren o dereito a asociarse libremente. Os seus obxectivos eran: protección contra os despidos, a enfermidade, os accidentes laborais, o apoio as viúvas e orfos. E un segundo plano poder negociar salarios e horarios.
-Movemento de Rebelión: partidario da destrucción de máquinas consideradas as culpables da miseria obreira.
Os sindicatos obreiros.
Os obreiros agrupabanse arredor dun mesmo oficio, ou de diversos oficios; estes podían ser reformistas ou revolucionarios.
*Reformista: tendencia partidaria da negociación cos poderes políticos e económicos co fin de acadar unha mellora das condicións obreiras.
*Revolucionario: tendencia partidaria da ruptura, por medios violentos, co fin de instaurar un sistema totalmente novo.
Os reformistas eran predominantes en Gran Bretaña, en Alemaña os sindicatos estaban ligados ó partido socialista, en Estados Unidos haberá revolucionarios por unha banda e revolucionarios por outra. Noutros paises existirán tamén sectores sindicalistas revolucionarios e reformistas.
A folga un método de loita.
O sindicalismo revolucionario utilizou como arma a folga, é dicir, a negativa a traballar por parte do obreiros, obrigando o patrón a facerlles caso. En realidade tratábase de ver quen podía resistir máis tempo os obreiros ou o patrón.
O pensamento de Karl Marx.
Denominase socialismo científico ou marxismo a teoría de Karl Marx e Engels. Segundo eles o que fixera evoluciona-la humanidade era a loita de clases, entre os que posuían os medios e os explotados. E o que querían era que o proletariado acabase coa Burguesia, por medio dunha dictadura, e crear unha sociedade na que todos fosen iguais: sen clases sociais, nin propiedade privada nin estado.
Os partidos obreiros.
Segundo Marx e Engels, os obreiros industriais podían acelera-lo triunfo do proletariado conseguindo a ampliación do sufraxio e organizárense en partidos obreiros que quitarían poder a burguesía de forma pacífica ou violenta. Apareceron en Europa partidos socialistas cun obxectivo común o triunfo da clase obreira e cuns obxectivos parciais: melloras laborais, salariais, sanitarias e políticas.
As tendencias anarquistas.
Bakunin e Kropotkin partidarios do anarquismo consideraban que para acadar unha sociedade libre cumpría acabar co Estado e permitir que as persoas se federasen libremente.
Estes consideraban que a loita política, só servia para mante-la autoridade do Estado, polo que propuxeron formas de loita alternativas. Había varias tendencias e máis predominante era a violenta.
Os primeiros pasos asociativos.
A loita obreira apareceu en España moito máis tarde ca no resto de Europa.
A mediados do século XIX existían asociacións de obreiros, sobre todo e Cataluña onde había ideas reformistas moderadas.
A difusión do Marxismo e do anarquismo produciuse arredor da revolución de 1868, a cal puso fin o reinado de Isabel II e iniciouse o Sexenio Revolucionario.
A Federación Rexional Española
A Federación Rexional Española da AIT é pacífica e anarquista, os socialistas separanse e forman a NFM con Pablo Iglesias a súa cabeza, que acabará fundando o PSOE e UXT. Coa chegada da República perseguen a AIT, e a RFE faise clandestina.
A legalización do movemento Obreiro en España.
O movemento Obreiro saíu da clandestinidade en 1881, e apareceu a Federación de Traballadores da Rexión Española a cal tiña unha posición moderada en canto colectivización. En 1882 relacionouse cun grupo terrorista chamado A Man Negra, polo que a FTRE pasou de novo a clandestinidade. Acabou disolvendose anos despois pero foi sustituida por un Pacto de Unión e Solidaridade entre asociacións obreiras.
Apuntes de Historia (Temas 7y8)
Descargar
Enviado por: | Bambino |
Idioma: | gallego |
País: | España |