Literatura
Grupo Nós
2010
Lingua Galega e Literatura
O Grupo Nós (Tema 2)
Está formado por Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronolóxicamente á xeración das Irmandades.
Características comúns que is diferencian doutros escritores da época:
-
A súa procedencia social acomodada
-
A súa evolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo.
Únese ao Grupo Nós, Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.
O nome do grupo procede da revista Nós (Ourense, 1920 – 1936. 144 números) Foi a publicación máis importante de Galicia de preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega: arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, xeografía, historia, literatura, etc. Galicia comeza deste modo a ser obxecto de estudo e investigación.
A gran preparación intelectual destes permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega, nun intento de recuperación da identidade dos galegos. A eles débese a modernización e europeización da nosa cultura.
Plano literario.- O seu principal logro foi a consolidación e modernización da prosa, na narrativa e no ensaio.
Plano político.- Participaron das teses do nacionalismo e lideran o Partido Galeguista.
Vicente Risco (Ourense 1884 – 1963)(Tema 2)
Naceu nunha familia acomodada e dende neno, mantén amizade con Otero Pedrayo e Cuevillas.
As súas inquietudes culturais lévano a fundar a revista La Centuria (1917) con Otero Pedrayo e Cuevillas. É unha revista literaria e neosófica que expresa o seu interese naquel tempo polo ocultismo e o orientalismo.
A fins de 1917 únese ás Inrmandades e inicia a súa etapa galeguista.
En 1920 funda a revista Nós e asume a dirección literaria desta.
No 1923 ao fundarse o Seminario de Estudos Galegos, Risco encárgase da dirección da sección de Etnografía e Folclore.
En 1930 viaxa por Alemaña para estudar etnografía e folclore e publica en Nós unha serie de crónicas da viaxe, que recolle en “Mitteleuropa”no 1934.
En 1931 ao proclamarse a II República, funda con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Republicano, que conflúe na creación do Partido Galeguista. Risco deixa o partido cando se integra na Fronte Popular.
En 19933 publica na revista “Nós, os inadaptados”,un texto que explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica, desde o individualismo da mocidade ata o compromiso co galeguismo.
Tras a Guerra Civil, 1936 – 1939, abandona a súa militancia galeguista e a súa actividade literaria en galego.
Narrativa.- Caracterizada polo seu didactismo e intelectualismo, xunto co humor crítico e presenza de motivos esotéricos. Abandona o ruralismo e incorpora ambientacións urbanas. Estilo caracterizado pola sobriedade expresiva, con escasos artificios retóricos.
“Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros”(1919).- Afección polo ocultismo. Narración humorística na que o protagonista, que ten grandes coñecementos esotéricos, entra en contacto co mundo dos mortos e libera a momia de Tutankhamen das vendas.
“O lobo da xente”e “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”(1925).- Están inspiradas en lendas e crenzas populares.
“Os europeos en Abrantes”(1927).- Novela inacabada que satiriza persoas e costumes da vida ourensá.
“O porco de pé”(1928).- Novela que constitúe unha sátira contra a burguesía, encarnada na figura de don Celidonio, tendeiro de orixe castelá que chega a ser alcalde dunha cidade galega. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía, en contraposición con intelectual doutor Alveiros, que corresponde co home do espírito quen, porén, acaba sucumbindo ante o mundo burgués.
Ensaio.- Especializaouse nos temas de etnografía, mitografía e historia e foi, así mesmo, o principal teórico do nacionalismo.
“Teoría do nacionalismo galego”,“Nós, os inadaptados” e“Mitteleuropa”(que recolle as experiencias da súa viaxe por Centroeuropa.
Teatro.- “O bufón de El-Rei”(1928) drama en catro paso que se sitúa na época medieval.
Otero Pedrayo (Ourense 1888 – 1976) (Tema 2)
Nace nunha familia fidalga de ideoloxía liberal.
En 1918 ingresa nas Irmandades e inicia a súa militancia no galeguismo; máis tarde únese ao Seminario de Estudos Galegos. Comeza tamén a súa actividade política coa fundación do Partido Nacionalista Republicano, integrado no Partido Galeguista.
Ao comezar a Guerra Civil, sofre a represión pola súa militancia no galeguismo e é apartado da súa cátedra no instituto ourensán, que non recuperará ata 1948. En 1950 consegue a cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago e participa na fundación da editorial Galaxia.
Durante toda a ditadura, Otero mantívose como testemuña do nacionalismo de preguerra e converteuse nun referente e modelo para as novas xeracións.
Otero Pedrayo foi o principal literato do grupo Nós. Centrouse principalmente no campo da narrativa pero tamén cultivou o teatro, o ensaio e a poesía.
O estilo de Otero Pedrayo, oscila entre a concisión e as elipses, e os longos parágrafos ramificados en subordinadas e con abundantes imaxes.
Narrativa.- Novelas longas e relatos breves.
Dous bloques:
-
Obras realistas (narrador omnisciente; plasmación da vida da Galicia decimonónica; digresións culturais.)
· “Os camiños da vida”.-Primeira novela, primeira gran novela da literatura galega.
Trata dos cambios que se producen na Galicia do século XIX, fundamentalmente a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía. A acción é en Trasouto, Ourense e Santiago. Protagonizada por dúas familias fidalgas, os Doncos e os Puga, que amosarán a súa decadencia económica, física e moral.
-
Obras culturais (o narrador é un personaxe, e polo tanto, é subxectivo; frecuentes evocacións dos protagonistas; e consideracións históricas ou filosóficas.)
“Arredor de si”, “Escrito na néboa”,“Fra Vernero”e “A romaría de Xelmírez e Devalar”
“Arredor de si”.- É un retrato da xeración do autor que dá conta da conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo. Adrián Solovio, o protagonista, viaxa por diversos lugares de España e Europa e vai experimentando unha evolución ideolóxica que o leva de regreso a Galicia, nun reencontro consigo mesmo e coa súa terra. A viaxe físicado personaxe é o soporte da vida interior que nel se está producindo e é definida como un <<itinerario de perfección>>, unha viaxe iniciática que cambia a súa personalidade e o converte nun ser maduro e consciente.
“A romería de Xelmírez”.-É unha novela de asunto medieval sobre a viaxe do arcebispo Xelmírez a Roma.
“Fra Vernero”.-Única obra que non fai referencia a Galicia e narra a vida do dramaturgo alemán do século XVIII, Zacarías Werner.
“Devalar”.-Formación da conciencia galeguista a través do Santiago dos anos do Seminario de Estudos Galegos.
Ensaio.- Céntrase en temas de xeografía e da historia: “Ensaio histórico sobre a cultura galega”ou “Síntese histórica do século XVIII en Galicia”.Tamén destacan os seus libros de viaxe: “Pelerinaxes”(relato da viaxe a Ourense de San Andrés de Teixido con Risco e Ben-Cho-Sey) e “Polos viveiros da saudade”(crónica da primeira viaxe a América en 1947).
Teatro.- “A lagarada”(1929).- É a súa primeira peza dramática e a obra máis representativa. É unha traxedia situada no Ribeiro na época sa vendimia, na que o viño provoca a cobiza e a luxuria.
“O desengano do prioiro”.-Trata humoristicamente a implantación na leda terra do Ribeiro da industria dos cadaleitos.
“Teatro de máscaras”.-Son dezaseis pezas que escribiu animado por Castelao e que permaneceron inéditas ata 1975.
Castelao (Rianxo 1886 – Bos Aires 1950) (Tema 3)
É a figura máis sobranceira da cultura galega do século XX. Nel fúndense as facetas de pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista.
Tras estudar o doutoramento en Madrid, volve a Rianxo e exerce a medicina durante algún tempo, pero abandona definitivamente a profesión para ingresar por oposición no instituto Xeográfico e Estatístico, e tamén exerce como axudante da cátedra de Debuxo no instituto de Pontevedra.
Durante estes anos participa no sindicato de Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades, iniciando un intenso labor político que continuará ata a súa morte. Comeza tamén a súa relación co Grupo Nós, e en 1920, faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos . En 1926 é elixido membro da Real Academia Galega.
Tras o remate da ditadura de Primo de Rivera, incrementa a súa actividade política e participa en 1931 na creación do Partido Galeguista, partido polo cal foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra. En 1934, coa chegada ao poder da dereita, perde o seu escano e é desterrado a Badaxoz. En 1936 volve ser elixido deputado polo Partido Galeguista, integrado na Fronte Popular, e participa na defensa do Estatuto de Autonomía para Galicia, que será aprobado en plebiscito en 1936.
Ao remate da Guerra Civil, exíliase a Nova York, e logo a Bos Aires onde morre no 1950. Aínda no exilio continúa desenvolvendo un intenso labor político (en 1941 foi nomeado ministro do goberno da república no exilio) e artístico.
Comeza dedicándose á narrativa, máis tarde inicia o seu labor como ensaísta e, por último como dramaturgo.
Obra caracterizada pola crítica social; polo humor acedo a través do cal pretende amosar os defectos da sociedade galega do seu tempo; e polo lirismo que atinxe á forma e aos contidos, con abundantes recursos expresivos e unha esmerada selección léxica, procurando sobre todo efectos rítmicos. A súa prosa caracterízase pola concisión e brevidade, eliminando todo o innecesario.
·Narrativa·
“Un ollo de vidro”(1922).- Novela humorística curta centrada nun tema de ultratumba.
“Cousas”(1926 e 1929).- Reúne un conxunto de 45 relatos breves acompañados dunha ilustración. Castelao ofrece un mosaico da realidade galega do seu tempo (o mundo mariñeiro, a emigración, retratos de personaxes…). Son a creación máis orixinal de Castelao e supoñen unha síntese entre a narrativa e a plástica.
“Retrincos”(1934).- Colección de cinco relatos, aparentemente autobiográficos nos que se narran acontecementos e vivencias do autor en distintos momentos da súa vida.
“Os dous de sempre”(1934).- Novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Rañolas, amigos dende a infoncia e que encarnan dous xeitos diferentes de concibir a vida: Rañolas é o rapaz que vai superando todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo (trazos narrativos positivos); e Pedriño é unha persoa sen vontade, preguiceiro e materialista, que ten por única preocupación comer e folgar (trazos narrativos negativos).
·Ensaio·
“Sempre en Galiza”(1944, Bos Aires).- Obra máis importante do pensador galeguista da época.
Consta dun “Adro” e catro libros nos que o autor expón o seu pensamento político e presenta a historia, a cultura, a identidade e os problemas de Galicia desde unha óptica nacionalista.
Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: “As cruces de pedra na Bretaña”(1930) e “As cruces de pedra na Galiza”(1950).
·Teatro·
“Os vellos non deben de namorarse”(1941, Bos Aires).- Única obra teatral. Consta de tres lances independentes pero de tema e estrutura semellante, encadrados entre un prólogo e un epílogo.
-
O prólogo anticipa o tema e o argumento da obra: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.
-
Os lances presentan tres versións dun mesmo drama: en cada un hai un vello namorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el. En todos os lances aparece tamén a morte como personaxe que advirte o vellos das dramáticas consecuencias do seu namoramento.
-
No epílogo, os tres vellos reúnense e analizan as circunstancias da súa morte, láianse da súa imprudencia e coñecen noticias das súas respectivas mozas.
Castelao definiuna <<unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato>>.
A súa obra gráfica:
Castelao foi tamén pintor, debuxante e caricaturista. Publicou os seus debuxos do álbum “Nós”(1916), “Cincuenta homes por dez reás”(1931), e a serie de “Cousas da vida”.
Nestas obras presenta personaxes populares, labregos e mariñeiros e, mediante o humor, dá unha visión crítica da Galicia do seu tempo.
Despois da guerra: “Galicia mártir”(1937), “Atila en Galicia”(1937) e “Milicianos”(1938), dramáticas estampas da cruel represión fascista en Galicia.
Estudo da lingua: Variedades internas (Tema 3)
-
A lingua e as súas variedades.
Dentro de cada lingua conviven variedades internas, que son debidas a factores temporais, espaciais, socioculturais e situacionais.
-
Variedades temporais ou históricas.
Variacións dunha lingua ao longo do tempo.
-
Variedades xeográficas, diatópicas ou dialectais.
Variantes que unha lingua presenta nas distintas zonas xeográficas nas que se fala. Afectan sobre todo á lingua falada, mentres que na comunicación escrita predomina unha maior unidade que constitúe a que denominamos lingua estándar.
-
Variedades socioculturais ou diastráticas.
Son distintas maneiras de falar que constitúen os niveis de lingua como consecuencia do coñecemento da lingua.
-
Nivel culto.- Persoas que teñen un alto nivel cultural (lingua coidada e correcta).
-
Nivel medio = lingua estándar.- Usada normalmente pola maioría da poboación e polos medios de comunicación.
-
Nivel popular.- Persoas con escasa formación lingüística.
-
Nivel vulgar.- Falantes carentes de instrucción que, debido ao descoñecemento das normas lingüísticas (moitas incorreccións).
-
Variedades situacionais ou diafásicas.
Son distintas maneiras de falar que ten unha mesma persoa segundo o contexto da comunicación. Depende do tema, da intención, da relación con interlocutor…. Son os chamados, rexistros lingüísticos:
-
Rexistro formal.- Propio de situacións solemnes.
-
Rexistro informal.- É a variedade máis empregada, propio das situacións de familiaridade e confianza.
-
Linguaxes específicas = xergas.
Son as linguas faladas de carácter esotérico ou críptico, é dicir, coa intención de ser coñecida só polos membros do grupo, para diferenciarse, para afirmarse como grupo e para evitar ser entendidos polos demais.
Os tecnolectos son as xergas profesionais co seu vocabulario técnico e especializado.
Tamén existen diferenzas na maneira de expresarse segundo a idade. Os mozos e mozas empregan unha linguaxe máis renovadora, están máis abertos ás innovacións, ao emprego de sufixos, aos neoloxismos, ás metáforas…
En Galicia tamén houbo xergas empregadas nalgúns oficios tradicionais: o barallete ou lingua dos afiadores ourensáns de Nogueira de Ramuín; a xerga dos cesteiros de Mondariz; o verbo dos arxinas ou dos canteiros; o verbo dos cabaqueiros ou telleiros do Baixo Miño; o latín dos chafoutas ou albaneis de Tui e Pontevedra.
-
A variedade estándar.
É resultado dun proceso de codificación ou normativización da lingua.
Fronte a estas variedades internas da lingua, sitúase a variedade estándar, que presenta o modelo de lingua común, o modelo ideal para todos os falantes (nivel medio e rexistro formal). Se estuda na escola, se utiliza nos medios de comunicación e se emprega na Administración.
Estudo da lingua: Variedades xeográficas, diatópicas ou dialectais. (Tema 4)
-
Bloque occidental
Gheada (amigho, ghato); seseo implosivo (luS, deS); seseo explosivo (Sapato, veSiño); ditongo –oi- (mOIto, lOIta); plural de –n en –ns (caNS, camióNS); terminación –án para os dous xéneros (o irmÁN/a irmÁN, o chAN, a lAN); pronome TI; cheísmo (formas verbais colleches, foches).
-
Bloque central
Gheada no occidente (amigho, ghato); ausencia de seseo; ditongo –oi- (mOIto, lOIta); plural de –n en –s (caS, camióS); terminación –ao para masculino e –á para feminino (o irmaO, a irmÁ; o chaO; a lÁ); pronome TIno occidente, e pronome TUno oriente; cheísmo (formas verbais colleches, foches).
-
Bloque Oriental
Ausencia da gheada; ausencia do seseo; ditongo –ui- (mUIto, lUIta) ou redución a –u- (mUto, lUta); plural de –n en –is (caIS, camioIS); terminación –ao para masculino e –á para feminino (o irmaO, a irmÁ; o chaO; a lÁ); pronome TU; formas verbais en –is (cantades: cantaIS).
Dentro de cada bloque hai diferenzas que particularizan a fala dalgunha zona:
· Bloque occidental: áreas fisterrá e tudense.
· Bloque central: áreas mindoniense e lucu-auriense.
· Bloque oriental: área asturiana, ancaresa e zamorana.
Descargar
Enviado por: | El remitente no desea revelar su nombre |
Idioma: | gallego |
País: | España |