Filosofía y Ciencia


Generalidades aristotélicas


ÍNDICE

-BIOGRAFÍA

-BIBLIOGRAFÍA

-ONTOLOXÍA: crítica á teoría das ideas, teoría das catro causas, teoría da substancia, hilemorfismo, ser en acto e ser en potencia.

-GNOSEOLOXÍA: sensación, pensamento, entendemento, imaxinación

-ANTROPOLOXÍA

-ÉTICA E POLÍTICA

-CONCLUSIÓN E VALORACIÓN

BIOGRAFÍA

Aristóteles nace en Estaxira, situada ó norte de Grecia, no ano 384 aC. E no seo dunha familia de tradición científica.

O seu pai era o médico de Amintas II, pai do rei Filipo II de Macedonia.

Quedou orfo moi xoven e ó cargo do seu tutor Próxeno de Atarneo quen o enviou ós 17 anos a estudiar á Academia de Platón. Platón mostraba inclinación polo seu discípulo a quen chamaba “o lector” e a “mente da escola”.

Coa morte de Alexandro, ó cal estaba moi unido, Aristóteles tivo que facer fronte ó sentimento antimacedónico dos atenienses. Viaxou durante 12 anos establecendo varias academias en distintos sitios.

Aristóteles casou dúas veces e tivo unha filla do primeiro matrimonio. Logo adicouse á formación do futuro Alexandro Magno, fillo de Filipo II.

Entre o 336 e o 385 aC retirouse a Estaxira, cidade natal, onde se adicou á ciencia e foudou o Liceo en Atenas onde ensinaba ós seus discípulos pola mañán e a algún público pola tarde. O seu método de ensinanza era paseando polo xardín e paseo do seu Liceo. Á súa morte o Liceo foi ampliado.

Acusado de ateísmo o filósofo tivo que exiliarse e morreo no ano 322 aC ós 62 anos de idade en Calcis, na illa de Eubea.

En canto ás súas obras non se conservan na súa totalidade. De Platón consérvanse prácticamente tódolos seus diálogos, obras exotéricas, pero de Aristóteles conservámo-las obras escritas para uso interno do Liceo, as obras esotéricas, notas e apuntes destinados ós alumnos. Perdéronse as obras destinadas ó gran público escritas en forma de diálogo. Os diálogos que se conservan deste filósofo son as obras de xuventude elaboradas á sombra do seu maestro Platón.

Para clasificar a obra de Aristóteles faise unha distinción entre exotéricas e esotéricas e atendendo ós períodos de elaboración, seguindo unha orde cronolóxica. Estas obras eran coñecidas por alumnos do Liceo e o público coñeceunas no s. I aC.

O primeiro período abarca do 368 ó 348 aC. E correspóndese coa súa permanencia na Academia onde aceptaba a filosofía platónica.

As obras pertencentes a este período son “Eudemo” o “Sobre el alma”, diálogo no que se manteñen a teoría das Ideas e a inmortalidade da alma; e “Protréptico”, carta onde tamén se mantén a teoría das Ideas.

O segundo período vai do 348 ó 335 aC. E correspóndese co seu abandono da Academia ata o seu retorno a Atenas. Aristóteles vaise apartando das teorías platónicas e comeza a elaborar o seu propio pensamento aínda que se considera “académico”.

As obras máis importantes deste período son: “Sobre la filosofía”, onde critica a teoría das ideas; “Ética a Eudemo”, onde aínda se atén á concepción platónica da virtude; “Del cielo”, de cosmoloxía; “De la generación y la corrupción”; e algún libro de “Metafísica” e de “Política”.

O terceiro período exténdese dende o 335 ata o 322 aC., que se corresponde co seu regreso a Atenas e a súa actividade no Liceo.

A este período pertencen a meirande das obras conservadas, destacando o empirismo e carácter científico do seu pensamento en contraposición á filosofía do seu antigo mestre. As obras deste período son resultado das leccións impartidas no Liceo que se foron agrupando en obras debido a un traballo de composición iniciado polo propio filósofo e continuado polos seus discípulos.

Podemos clasifica-las obras deste último período en lóxica, metafísica, obras científicas, ética e política e estética.

As obras de lóxica son “Categorías”, sobre os xéneros supremos do ser e do decir; “Sobre a interpretación”, sobre os siloxismos; “Analíticos posteriores”, sobre a demostración científica e “Tópicos”, sobre os recursos siloxísticos para resolver calquera dificultade.

As obras de metafísica son os libros “Metafísicos”, sobre a ontoloxía.

As obras científicas son “Física”, tratado sobre a naturaza e análisis de cambio; “Metereológicos”; “Historias de los animales”, obra que algúns consideran a súa gran obra maestra; “Del movimiento de los animales”; “De la generación de los animales”; “Sobre el alma” e “Parva naturalia”, sobre a percepción, a memoria, o sono....

Entre as obras de ética e política destacan “Gran moral”; “Ética a Nicómaco”; “Política” e “Constituciones”.

En canto ás súas obras de estética destacan “Retórica”, o arte de convencer e “Poética”, sobre a creación literaria, obra perdida na súa maior parte.

ONTOLOXÍA

Para Aristóteles, a sabiduría consiste no coñecemento das causas e os principios do Ser. Ese coñecemento é o obxeto da metafísica.

A metafísica estudia entón as primeiras causas e principios do Ser, o coñecemento do Ser “en canto ser”, o coñecemento da causa última da natureza e da realidade.

O camiño hacia a súa filosofía comézao coa crítica hacia a teoría das ideas. Durante a estancia de Aristóteles na Academia, non critica a teoría das Ideas, a súa crítica comeza cando a abandona e comeza a elabora-la súa propia filosofía. Tamén pode ser que esa crítica fose obxecto de discusión dentro da propia Academia xa que Platón criticara a súa propia teoría na súa obra “Parménides”, correspondente ós diálogos de vellez.

Como a metafísica sempre busca a verdade, a crítica de Aristóteles a esta teoría non é algo persoal.

Aristóteles non establece unha división entre dous mundos. Aínda que afirma, igual que Platón, que tódolos obxectos posúen un elemento común que é a Idea, non está de acordo en que esta teña unha existencia aparte do obxecto nin en que habite noutro mundo paralelo separado por un gran abismo do mundo no que viven os homes. Para Aristóteles as esencias universales hai que buscalas nos propios obxectos mediante tres formas de coñecemento que son a experiencia, que permite o dominio das técnicas; a ciencia (epistéme), que da o coñecemento das causas e dá demostracións e conclusións e a intelixencia que atende ós principios.

Outra das causas que fan a Aristóteles criticar este dualismo ontolóxico é o movemento, xa que si as ideas son inmóviles e inmutables e os obxectos son copias das ideas, estes tamén deberían ser inmóviles e inmutables.

Ademais postula que os medios que Platón propón para relacionar ambos mundos non son máis que metáforas.

Para explicar as súas críticas hacia o dualismo ontolóxico, Aristóteles faino mediante o argumento do “terceiro home”. Nel di que si o home imita á idea de home, debe existir un terceiro modelo de home para poder explicar as similitudes entre home concreto e idea de home igual que a idea de home explica as similitudes entre varios homes concretos. Esto significa que sempre existirá un modelo do modelo e sería unha cadea infinita.

Para explicar moitas das cousas que a teoría platónica deixa no aire, Aristóteles propón a Teoría das catro causas do ser, a teoría da substancia e a distinción do ser en acto e en potencia.

Na teoría das catro causas Aristóteles di que para saber hai que coñecer as causas do ser, que o filósofo divide en catro.

A primeira é a causa formal, a esencia, a forma propia de cada cousa.

A segunda é a causa material, o suxeito, a materia ou materiais de que algo está feito.

A terceira é a causa eficiente, o principio do movemento polo cal unha cousa chega a ser o que é.

A cuarta é a causa final, a meta, o fin polo que algo chega a ser e que se corresponde co ben.

Os filósofos milesios e algúns presocráticos como Heráclito e Empédocles ocupáronse da causa material, a búsqueda do arjé. Outros presocráticos como Empédocles e Anaxágoras ocupáronse da causa eficiente, preocupáballes o devenir da realidade, o movemento. Platón tratou a causa formal, representada polas ideas e Aristóteles considerouse pioneiro da causa final.

Nos seres artificiais as catro causas son distintas, pero nos seres naturais as causas formal, eficiente e final coinciden.

O teleoloxismo aristotélico expón que a causa final está presente de antemán na formal, xa que a esencia de algo coñece o camiño que debe seguir para logra-la perfección.

Na súa teoría da substancia, o filósofo postula que o ser é fundamentalmente substancia, ou dito doutra forma, a substancia é aquilo que posúe ser por si mesma.

Hai outras formas de ser que se dan na substancia e que Aristóteles denomina accidentes, aquello que necesita da substancia para ser, que non é nada por separado.

Aristóteles establece dez categorías. A primeira é a substancia e as nove restantes os accidentes, que son a cantidade, a cualidade, a relación, o lugar, o tempo, a situación, a posesión, a acción e a paixón. Os accidentes non se poden separar da substancia, que é o ser propiamente dito porque sen ela carecen de función.

A substancia é o que chamamos ordinariamente “cousa” e para Aristóteles está composta por materia e forma. Atendendo á teoría das catro causas, a eficiente e a final podrían resumirse na causa formal, esto sería a teoría hilemórfica, a división da substancia en materia e forma.

Materia e forma non poden separarse excepto no entendemento ou pensamento. Dado que nunca se pode falar dunha materia prima, Aristóteles fala dunha materia próxima (escháte hyle) e unha materia remota (próte hyle). A materia próxima é a substancia da que están feitas as cousas e a materia remota é o último sustrato da realidade que carece de forma e toda cualidade, que se pode relacionar co apeirón (indefinido) do presocrático Anaximandro.

A materia é o que fai distinguir uns obxetos dos outros. A forma representa a esencia de cada ser e a súa natureza. A substancia explica o cambio, porque a natureza é principio e causa de movemento.

O acto e a potencia tamén explican os aspectos fundamentais da filosofía deste filósofo.

Aristóteles separou o ser en acto e en potencia e esto serviulle para explica-lo movemento.

O acto é aquello que é o ser nun momento determinado no presente e a potencia é a capacidade que ten o ser para chegar a ser outra cousa, para cambiar.

O paso do ser en potencia ó ser en acto da como resultado o movemento que non debe confundirse co paso do non-ser ó ser como xa o fixeran algúns pensadores gregos.

O movemento xustifica o cambio que Aristóteles divide en sustancial e accidental.

O cambio sustancial supón a modificación radical, a transformación dunha substancia en outra. As dúas formas propias deste tipo de cambio son a xeneración e a corrupción. A xeneración é o nacemento da substancia nova e a corrupción e a desaparición da anterior.

O cambio accidental é a modificación de algún accidente da substancia. Este tipo de cambio pode ser local, cuantitativo ou cualitativo. O cambio local é o translado da substancia dun lugar a outro e pode ser natural ou artificial; o cambio cuantitativo é o aumento ou disminución da cantidade de substancia e o cambio cualitativo é a substitución dunha cualidade por outra e este cambio tamén pode ser natural ou artificial.

As causas do cambio son as catro causas das que xa falei anteriormente.

GNOSEOLOXÍA

O home, con respecto ó resto dos animais, ten unha característica que o fai superior, o pensamento.

Platón non consideraba a sensación e a imaxinación como fontes do coñecemento, pero Aristóteles sí. Mantén unha postura empirista, xa que considera que a base do coñemento humano é a experiencia e considera a sensación como orixe do coñecemento.

As cousas que están no mundo que habitamos, son portadoras de racionalidade. A esencia, ó estar unida á materia, fai que o coñecemento estea nas cousas mesmas, sen ter que buscalo noutro mundo. As cousas posùen intelixibilidade.

Aristóteles distingue varios grados de coñecemento.

O coñecemento sensible deriva da sensación e é inmediato e moi rápido, desaparece coa sensación que o orixinou. Este coñecemento é propio de animais inferiores. Nos animais superiores, a sensación mestúrase coa imaxinación e orixina un coñecemento máis duradeiro. Este coñecemento é típico do home, dando lugar á experiencia como resultado da actividade da memoria, unha forma de coñecemento que permite ós homes saber que os obxetos existen sen necesidade de coñece-la causa ou o porqué.

O nivel máis elevado de coñecemento representao o entendemento, que permite saber a causa dos obxetos.

O coñecemento sensible é o punto de partida de todo o coñecemento e remata no saber. Aristóteles distingue o saber en saber productivo, saber práctico e saber contemplativo; e máis adiante divide o saber en función das virtudes dianoéticas ou propias do pensamento discursivo.

O punto de partida do coñecemento son a sensación e a experiencia que nos pon en contacto coa realidade das substancias. Pero o verdadeiro coñecemento é obra do entendemento e consiste no coñecemento das causas e principios, da esencia. O entendemento entra en contacto coa forma a través da experiencia, na cal interveñen a sensibilidade, a memoria e a imaxinación. Mediante os sentidos, cáptase a realidade dunha substancia, da cal, mediante a imaxinación, elaboramos unha imaxe que contén elementos materiais, sensibles e formais. O entendemento permite separar nesta imaxe a materia da forma.

Para Platón, a sensación non aportaba verdadeiro coñecemento porque separaba ideas e obxectos, pero Aristóteles encontrou na sensación a orixe do coñecemento, e ó igual que co ser, separou o sentir en acto e en potencia.

Na sensación non inflúe a voluntade, pero no pensamento sí. Outra diferencia entre ambos e que a sensación centráse no particular, nos seres concretos, e o pensamento capta as esencias, o universal que existe nunha cousa particular.

A facultade de sentir é unha potencia que necesita a presencia do obxecto sensible. O individuo posúe a potencia ou posibilidade de contemplar un obxecto en acto que lle produce unha sensación, dalle a coñecer tódalas cualidades do obxecto excepto a materia.

O entendemento encárgase de capta-las esencias universais que hai nas cousas tales como a forma.

O pensamento é unha facultade independente do corpo que capta as esencias partindo sempre da sensación porque se chega inductivamente do particular ó universal mediante a abstracción.

A abstracción (aphairesis) consiste na eliminación das cualidades e determinacións sensibles ata chegar á esencia dun ser ou obxecto. Este é un proceso inductivo porque non se accede directamente ás esencias, vaise do particular ó universal. Ademais estas esencias atópanse nas substancias e non separadas delas.

Para Aristóteles, as ideas non son innatas e cre que só temos acceso ás cousas concretas e logo da experiencia accedemos ás abstractas, ás ideas, ás esencias.

Aristóteles diferencia entre dúas clases de entendementos dependendo si se toman dende a perspectiva da potencia ou dende a do acto.

Dende a potencia, a intelixencia (nous) é unha dynamis pasiva, unha potencia que pode captar e recibir esencias universais. O entendemento está en potencia e recibir e coñecer.

O entendemento paciente é propio de cada ser, non se pode separar del polo tanto é mortal. Pola contra, o entendemento axente é inmortal, separable e eterno xa que é causa eficiente ou productora do coñecemento, non é propio de cada ser.

A imaxinación é un modo de coñecemento que reproduce unha sensación sen a presencia dun obxeto.

Prodúcese ó soñar ou recordar algo que coñecemos anteriormente mediante os sentidos.

As diferencias da imaxinación con respecto á sensación son a ausencia de obxectos e a falsedade ou veracidade dos obxetos representados, que na sensación sempre son verdadeiros.

A mente sempre sinte a necesidade de pensa-las formas en imáxenes.

ANTROPOLOXÍA

Aristóteles non está de acordo coa interpretación que fai Platón do home. Non considera que a unión do corpo coa alma sexa resultado dun accidente e que estas dúas entidades de naturezas completamente distintas (corpo mortal e alma inmortal) se vexan obligadas a convivir temporalmente.

Aristóteles explica ó home de acordo coa súa teoría da substancia. Coma xa expliquei anteriormente, o filósofo define a substancia como un composto heteroxéneo de materia e forma e como tódolos seres e obxectos son substancias, o home tamén o é.

Esto sería coñecido como “hilemorfismo antropolóxico” sendo o corpo a materia e a alma a forma, que fai que o corpo sexa o que é e se comporte dun modo específico, de acordo coas súas funcións.

Esta teoría define ó home como un ser unitario, xa que materia e forma son inseparables e dependen unha da outra. Só podemos falar de dualismo antropolóxico no pensamento. Ademáis esta teoría tamén supón o rexeitamento da inmortalidade da alma que apoiaban Platón e os pitagóricos.

O home, como tódalas substancias, está sometido ós fenómenos de xeneración e corrupción, polo que a alma morre xunto co corpo, e non se reencarna noutro ser. Non pode existir sen o corpo porque desempeña a función do corpo.

Aristóteles, a diferencia de Platón, non fai unha división tripartita da alma nin unha distinción de tres almas distintas, pero como non tódolos seres vivos teñen as mesmas funcións, establece unha xerarquía en canto ó nivel de funcións que realiza cada ser ou substancia.

Tódolos animais e vexetais posúen a función nutritiva ou vexetativa que consiste na alimentación e reproducción. Esta función é vital.

Tanto a función sensitiva como a pensante ou racional son propias dos animais, pero a diferencia é que a sensitiva abarca a tódolos animais e a racional só ó home.

A función sensitiva pode ser apetitiva cando se refire a desexos, sentimento, apetitos... e motriz cando se refire á capacidade de movemento e traslación.

A función pensante é a capacidade de pensar e entender. É a función máis elevada e complexa.

ÉTICA E POLÍTICA

A ética e a política refírense ás accións que podemos realiza-los homes.

A diferencia está en que a ética é intima e persoal, e a política é a coordinación de moitas accións polo que é precisa a voluntade dos demáis.

A ética e a política utilízanse a diario porque vivimos en comunidade.

Aristóteles, a pesar de ser meteco e non poder participar na vida política de Atenas, adicouse ó estudio destes temas con profundidade.

Etica

As obras de ética son “Ética a Nicómaco” e “Ética a Eudeno”. A “Gran Ética” é un recopilatorio.

En “Ética a Nicómaco” expón as súas reflexións éticas. Platón e Sócrates identificaban ben e coñecemento, considerando que este concepto é buscado polo home por natureza. Pero como o home común non coñece o verdadeiro significado de ben, toma por bo o que lle parece, polo tanto, obra mal na maioría das situacións. Esta concepción do ben, definiuno, atendendo á teoría das ideas, como unha entidade pertencente ó mundo intelixible, pero o rexeitamento de Aristóteles hacia esta teoría, e a formulación da súa teoría da substancia non permiten afirmar un único tipo de ben, un patrón universal que difina ó ben, senon que existen varios tipos de ben que o home vai alcanzando ó longo da súa vida porque toda acción do home está rexida polo alcance dun fin. Estes tipos de ben son os bens externos (riquezas, honras, fama...), bens do corpo (saúde, pracer..) e bens da alma (sabiduría, contemplación...). A ética de Aristóteles é eudemonista porque para el o último ben é a felicidade, xa que o home busca por natureza a boa vida, pero a concepción de felicidade pode ser distinta para cada individuo. Non por posuír riquezas seremos felices, necesitamos algo máis e niso distinguimos dos animais. Os bens materiais só axudan, pero non bastan, sen os bens do corpo e da alma, a felicidade é imposible de alcanzar.

A ética non é unha ciencia que busca significados universais, senon que é unha reflexión que o home fai.

Cada substancia ten unha función, se non a cumple actúa en contra da súa natureza, se a cumple ten a virtude propia.

A felicidade é actuar de acordo á función propia do home. Se os actos do home o levan á felicidade, ese home será virtuoso, se non un vicioso.

Hai virtudes éticas atendendo á natureza animal do home e virtudes dianoéticas atendendo ás funcións racionais.

As virtudes éticas son adquiridas a través das costumes ou hábitos. O home quere algo, a felicidade, e delibera sobre o mellor modo para conseguilo e logo decide. Tanto a deliberación como a decisión precisan da experiencia para chegar a algo acertado. Se a decisión é correcta, o ciclo repítese convertíndose nun hábito, o hábito do bo comportamento, a virtude. Se a decisión non é a correcta e tamén se toma como hábito, será un vicio. Virtudes e vicios son a forma habitual de comportamento.

Non hai un patrón universal que diga como é a virtude, o home debe chegar a ela a través da experiencia rechazando os excesos e defectos e buscando un término medio, aínda que o que para algúns algo pode ser excesivo, para outros pode ser virtude.

A virtude correspóndese coa templanza, valentía e xenerosidade e o vicio coa abstinencia ou desenfreno, cobardía ou temeridade e tacañería ou prodigalidade.

As virtudes dianoéticas correspóndense coa parte racional do home, son propias do intelecto ou do pensamento.

A súa orixe non é innata, deben ser aprendidas a través da educación ou ensinanza.

As principias virtudes dianoéticas son a intelixencia e a prudencia.

A xusticia é dar a cada un o que lle corresponde e pode ser distributiva, que consiste en atribuir ventaxas e desventaxas en relación cos méritos, ou conmutativa, que atende ás libertades dos homes.

A máis importante das virtudes dianoéticas é a prudencia que consiste na habilidade de diferenciar entre cousas necesarias e innecesarias. Esta virtude guía ás demais virtudes morais no camiño hacia o ben.

Política

A ética desemboca na política, porque esta permite que o Estado eduque ós homes na virtude e na xustiza.

Tanto a ética como a política procuran o ben do home, sendo o ben do individuo e o ben da cidade iguais, porque a felicidade dunha comunidade é a suma das felicidades dos seus integrantes.

O que estudia Aristóteles é o espacio social en vez dunha sociedade xusta ou perfecta.

As familias xorden debido ás necesidades naturais dos homes formando o núcleo orixinario da comunidade social ou politica. Cando varias familias se asocian forman unha aldea ou pobo para satisfacer así as necesidades primarias e cotidianas porque unha familia non pode obter todo o necesario. A asociación das aldeas dá lugar á cidade-estado. O fin da cidade-estado non é a subsistencia, senon a procura da felicidade e da boa vida. Por solitario, os homes nunca poderán logra-la felicidade, necesitan da comunidade política, por iso Aristóteles os define como “animais políticos” (zôon politikón).

A linguaxe explica a sociabilidade natural do home, o seu carácter político. A sociedade é unha memoria feita de linguaxe porque este diferencia entre o bo e o malo, o permitido e prohibido. As leis son linguaxe social.

Para Aristóteles o Estado é anterior ó individuo e é autárquico, non necesita de nada máis para subsistir, a diferencia dos individuos ou da familia. É natural, non foi formado mediante un parco ou acordo.

O Estado precisa dun sistema de goberno, de leis e institucións reguladoras. A xustiza asegura a orde. Un Estado inxusto non atende ó fin que debe seguir un Estado, que é o alcance do ben, da felicidade.

Respecto á comunidade doméstica, considera natural o poder do home sobre a muller, dos pais sobre os fillos e do amo sobre o escravo.

Respecto á economía, considera que a forma natural de enriquecemento é o pastoreo, a pesca, a caza e a agricultura. Os cartos son motivo de crítica igual que o troque.

Aristóteles fala de varias formas de goberno considerando boas a Monarquía, onde goberna un só home; a Aristocracia, onde só gobernan os mellores ou os máis capacitados e a Democracia, onde goberna o pobo. As formas malas de goberno que se similan a estas son a Tiranía, a Oligarquía e a Demagoxia respectivamente.

A mellor forma de goberno para el é a Democracia tomando como modelo a cidade-estado grega, non numerosa, pequena e autosuficiente económica e militarmente. Debido a estas características pode atende-las necesidades dos cidadáns. Aristóteles chega a rexeitar ou considerar inferiores as outras formas boas de goberno.

Este filósofo non está de acordó co seu antigo mestre e considera a súa teoría política irreal, sendo a súa máis empirista.

VALORACIÓN E CONCLUSIÓN

Como conclusión de este traballo podo facer unha comparación coa filosofía de Platón. Así como a teoría das Ideas é a clave da filosofía do discípulo de Sócrates, a teoría da substancia vai ser a clave da filosofía de Aristóteles. Todo xira en torno á substancia, mezcla heteroxénea de materia e forma.

Aristóteles e Platón son pensadores completamente contrarios. As teorías de ambos son unha contraposición como, por exemplo, a visión da realidade, do home, da alma... O único que atopei en común en ámbos filósofos son a búsqueda do mesmo fin en canto á ética. Ámbolos dous procuran o ben, aínda que Aristóteles vai máis alá buscando a felicidade. Ademáis, na política aínda que non é o tema que máis ocupa a Aristóteles, os dous se preocupan polo Estado xusto.

Convenceume moito máis a filosofía de Aristóteles que a de Platón. A existencia dun mundo paralelo ó noso no cal se atopan as ideas considéroa utópica e eu non creo na reencarnación das almas, polo tanto, Platón non se identifica cos meus ideais.

O que non me gustou de Aristóteles foi a súa visión da comunidade doméstica e da economía. É o que agora chamaríamos unha “mente anticuada”.

É lóxico que os pais teñan dereitos sobre os fillos, pero hoxe en día xa está claro na maioría dos países que a muller e o home son iguais en case tódolos aspectos (digo case todolos, porque nos físicos nunca se parecerán) e a escravitude foi abolida hai moito tempo.

En canto á economía, Aristóteles estaría totalmente en desacordo co sistema vixente na actualidade. As hipotecas bancarias, por ejemplo, serían para él calificadas como un “vicio”.




Descargar
Enviado por:Eva
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar