Historia


Galleguismo: del provincionalismo al nacionalismo (1840-1936)


O galeguismo conta con máis de século e medio de existencia, ímonos centrar aquí nos seus primeiros cen anos, nos que se aprecian tres fases: provincialismo, rexionalismo e nacionalismo.

Nestes primeiros cen anos é unha corrente contraditoria:

  • É moi precoz se o comparamos cos movementos análogos que hai dentro do Estado, ademais de ter capacidade de resistencia (non se interrompe desde os seus inicios até a actualidade).

  • Até a II República é unha corrente que se dá entre as elites pero con pouco vigor socio - político. Isto acontece porque hai unha serie de factores inhibidores que se remonta ao Antigo Réxime:

    • Non hai institucións de autogoberno, ao contrario ca en Catalunya ou Euskadi.

    • Estrutura económica singular, dominada pola Igrexa e a fidalguía que mantén sometido ao campesiñado. Deste xeito a burguesía, amais de ser foránea, é escasa e non pode articularse como clase social nin asumir a identidade galega. En Catalunya acontece o contrario.

    • Ambivalencias da etnicidade: a lingua e a cultura (material e inmaterial) fan de Galiza un territorio moi singular dentro do Estado, pero as súas especificidades étnicas vanse asociar, despectivamente, coas clases máis desfavorecidas (campesiñado), polo que actuarán como inhibidor da corrente galeguista.

  • O provincialismo. O Rexurdimento literario (1840 - 1885)

  • O provincialismo nace entre 1840 e 1846:

  • Coma unha variante do progresismo estatal.

  • Formado por estudantes da Universidade e outros profesionais liberais e intelectuais (entre 70 e 150).

  • Os seus núcleos son A Coruña e Compostela.

  • Son máis unha corrente de opinión (promoven o Rexurdimento literario, prensa, ideoloxía diferenciada) ca un movemento político (nunca se organizaron, agás nas Xuntas Revolucionarias de 1840 e 1843 e no levantamento de 1846).

  • A prensa

  • O movemento provincialista leva a cabo unha importante publicidade a través de xornais afíns coma:

  • 1840 - 1846 en Compostela: El Recreo Compostelano (1842 -1843), La Situación de Galicia (1843) ou El Porvenir (1845).

  • Período isabelino: El Clamor de Galicia (A Coruña, 1854 - 1856, dirixido por Vicetto), Galicia. Revista universal de este Reino (A Coruña, 1860 - 1866, dirixida polos irmáns De La Iglesia), La Oliva (Vigo, 1856 - 1857, dirixido por Murguía) e El Miño (1857 - 1868), sucesor do anterior.

  • Primeira década da Restauración (primeiras publicacións periódicas en galego): O Tío Marcos d'a Portela (Ourense, 1880 - 1917, dirixido por Lamas Carvajal), El Heraldo Gallego (Ourense, 1874 - 1880), La Ilustración Gallega y Asturiana (Madrid, 1879 - 1882, dirixido por Murguía e A. Chao).

  • O Rexurdimento literario

  • Publicación en 1853 de A Gaita Gallega, de Pintos.

  • Xogos Florais:

    • A Coruña (1861), prémiase A Galicia de Añón e xorde a antoloxía Álbum de la Caridad.

    • Pontevedra (1861).

    • 1863: Cantares Gallegos.

    • Consolidación: Follas Novas (1880) de Rosalía, Aires da miña Terra (1880) de Curros e Queixumes dos pinos (1886) de Pondal.

    • A historiografía

    • Antolín Faraldo: nacionalidade galega no pasado, pero dubida dela no presente.

    • Verea i Aguiar: Historia de Galicia (Ferrol, 1838), a Historia ao servizo da ideoloxía.

    • Románticos:

        • Vicetto: Historia de Galicia (Ferrol, 1865 - 1873, 7 vols.), de valor historiográfico case nulo.

        • Murguía: Historia de Galicia (Lugo/A Coruña, 1865 - 1913, 5 vols.), presenta unha renovación metodolóxica:

          • Toma do Romanticismo considerar as lendas e as tradicións populares como fontes históricas válidas.

          • Toma do positivismo basear a historia en documentos orixinais e guiarse pola busca da verdade.

          • Finais do XIX - comezos do XX:

                  • Continuación murguiana: Martínez Salazar, Florencio Vaamonde, Eugenio Carré, Francismo Tettamancy.

                  • Liña estritamente positivista: Antonio López Ferreiro e a súa Historia de la S.A.M. Iglesia de Santiago, baseada nos documentos dos arquivos composteláns.

          • A ideoloxía

          • Partindo dun certo cristianismo social (1840 -1846) e un historicismo liberal buscan no pasado:

            • A demostración do carácter orgánico das provincias e a xustificación da liberdade moderna.

            • A lexitimación de Galiza coma un organismo colectivo e o rexeitamento do seu menosprezo, así coma a reivindicación das súas glorias pasadas.

            • O concepto de nación española coma a unión política dos pobos hispanos pero tamén coma un agregado de unidades orgánico - históricas entre as que está Galiza, con dereitos políticos, culturais e económicos.

            Así, achegan vagas propostas de descentralización para solucionar os problemas de Galiza.

            A achega máis importante é a de Murguía, quen no “Discurso Preliminar” e nas “Consideraciones Generales” (1865) precedentes ao primeiro tomo de Historia de Galicia inicia a elaboración do concepto de Galiza como ente nacional:

          • En clave racial (raza celta), en consonancia coa moda europea.

          • Territorio e caracteres únicos (amor á terra, lirismo, resistencia...)

          • Lingua.

          • Isto será considerado durante un século os alicerces da nación galega e da lexitimidade do dereito de autogoberno.

          • O rexionalismo: Murguía e Brañas (1885 - 1916/1918)

          • O contexto político (fracaso da monarquía de Amadeo I, da I República e a Restauración, conservadora e centralista) fan que haxa revisións e adaptacións de tódalas tendencias políticas do Estado. Así, na década dos 80 do século XIX a prensa galega critica o sistema da Restauración e formúlanse reivindicacións que levarán cara o rexionalismo:

          • Busca superar as divisións artificiais entre os galegos (clase, partido) a prol dunha unión natural (nacional).

          • Busca acadar representación parlamentaria que faga “política galega”.

          • É seguido por federalistas (Aureliano J. Pereira), tradicionalistas (Alfredo Brañas) e provincialistas.

          • As tendencias ideolóxicas

          • O paso do provincialismo ao rexionalismo supón rachar coa homoxeneidade ideolóxica do primeiro, existindo agora tres tendencias:

          • Liberal:

                  • Herdeira do provincialismo e a máis numerosa.

                  • Busca a modernización social e o desenvolvemento capitalista de Galiza, así coma unha democratización auténtica e unha galeguización política e cultural.

                  • Diríxese aos sectores máis progresivos da burguesía e aos grupos sociais intermedios urbanos.

                  • O seu ideólogo é Manuel Murguía, quen se sitúa xa moi preto do nacionalismo.

                  • Federalista:

                    • Nela están os sectores democrático - republicanos e é a de menor peso.

                    • Diríxese ao campesiñado e aos sectores máis radicalizados da pequena burguesía e artesáns urbanos.

                  • Tradicionalista:

                    • A máis novidosa.

                    • De ideoloxía católica, busca o retorno ao pasado, polo que rexeita o capitalismo e o liberalismo, busca a descentralización e a resurrección de antigos privilexios (reinos, municipios, gremios e corporacións).

                    • O seu ideólogo é Alfredo Brañas (El Regionalismo, 1889).

                    As tres tendencias coinciden:

                    • En asumir o concepto de Galiza de Murguía (1865).

                    • En que Galiza é unha rexión ou nacionalidade con dereitos culturais, lingüísticos e de autonomía política para resolver os seus problemas.

                  • A débil actividade das primeiras organizacións galeguistas

                  • Revistas: Galicia. Revista Regional, La Tierra Gallega (La Habana), El Regionalista, O Novo Galiciano, A Monteira.

                  • Editoriais: Librería Gallega (Eugenio Carré), Biblioteca Gallega (Fernández Latorre e Martínez Salazar).

                  • Organizacións políticas:

                    • Asociación Regionalista Gallega (1890 - 1893):

                        • Integra as tres tendencias e está formada por profesionais liberais, profesores, intelectuais...

                        • De actividade escasa, conta coa publicación La Patria Gallega (1891 - 1892).

                        • Presenta unha candidatura municipal en Compostela e saca un concelleiro.

                        • Organiza os Xogos Florais de Tui.

                        • En 1893 mobilízase para que a Capitanía General quede na Coruña, pero conseguido o obxectivo desfaise.

                    • Liga Gallega da Coruña (1897): a súa actividade política é escasa e conta coa publicación Revista Gallega.

                    Malia contar cos intelectuais do país, o rexionalismo non ten o apoio nin das elites nin do pobo, polo que se debilita moito. Isto cambiará nos primeiros anos do século XX:

                    • Creación da Real Academia Galega en 1906.

                    • Participación política a través de Solidaridad Gallega (A Nosa Terra, 1907 - 1908), o que deriva cara o apoio ao agrarismo, que esvaece desde 1912, quedando activistas e dirixentes que actuarán de ponte coa xeración seguinte (Manuel Lugrís, Rodrigo Sanz).

                  • O primeiro nacionalismo: as Irmandades da Fala (1916 - 1918)

                  • Despois duns anos de decadencia o galeguismo rexorde en 1916 coa creación das primeiras Irmandades da Fala na Coruña, Compostela, Pontevedra e Ourense:

                  • Formadas por rexionalistas e conversos do republicanismo (Antón Villar Ponte), o krausismo (Lois Porteiro, Juan Vicente Viqueira), o socialcatolicismo (Luís Peña Novo) e mesmo o carlismo (Antonio Losada), todos procedentes das elites.

                  • Desde 1917 evoluciona cara o nacionalismo.

                  • As máis activas son as da Coruña, Ferrol, Ourense, Compostela, Betanzos e Monforte.

                  • Están a medio camiño entre a organización política e a asociación cultural.

                  • O proxecto de transición de Galiza

                  • No Manifesto que xorde da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 17 - 18 de novembro de 1918) expóñense as bases do nacionalismo até a II República:

                  • Autonomía integral: federación ou confederación das nacións ibéricas:

                    • Cada estado federado tería o seu Parlamento e Goberno, elixidos mediante o sufraxio universal.

                    • Cada estado tería tódalas facultades, agás as asumidas pola Federación.

                    • Cada estado tería autonomía económica.

                    • Galeguización: cooficialidade de galego e castelán:

                      • Potenciación da cultura galega.

                      • O galego no ensino.

                      • Funcionarios coñecedores do galego.

                      • Partidos políticos de ámbito galego.

                      • Reformas político - administrativas:

                        • Eliminación do caciquismo, da fraude electoral e das deputacións provinciais e os concellos a prol das comarcas e as parroquias.

                        • Formas de democracia directas (iniciativa lexislativa popular, referendo...)

                        • Reformas socioeconómicas:

                          • Librecambismo.

                          • Mellora das infraestruturas.

                          • Agro: melloras técnicas, formación do campesiñado, cooperativismo, abolición do foro con indemnización aos rendistas, capitalización, agroindustria.

                          • As ideoloxías

                          • As diferentes tendencias ideolóxicas do nacionalismo galego coinciden na consideración de Galiza como nación:

                          • Teoría do nacionalismo galego (1920) de Risco, na que se combina o legado de Murguía co irracionalismo filosófico, o determinismo xeográfico, o neotradicionalismo e a etnografía para concluír que a esencia nacional galega se xera na Prehistoria para manterse intacta até a actualidade, agás pola incorporación do Cristianismo.

                          • Antagonismo entre Galiza e Castela que, segundo Murguía, se desenvolve desde a Idade Media, sendo o Estado español un estado plurinacional na súa composición pero non na súa función.

                          • As tendencias ideolóxicas dentro do nacionalismo galego son:

                          • Liberal - democrática (Antonio e Ramón Villar Ponte, Luís Peña Novo, Lois Porteiro, Juan Vicente Viqueira, Castelao):

                            • Continuadores do rexionalismo liberal.

                            • Influencias krausistas, rexeneracionistas e pimargallianas.

                            • O nacionalismo como instrumento para:

                              • Liberdade nacional.

                              • Democracia.

                              • Progreso (material e intelectual): defensa da pequena propiedade, a modernización agropecuaria, as agroindustrias e as cooperativas (non ao modo co capitalismo convencional).

                              • Neotradicionalista (Antonio Losada, Risco, Otero Pedrayo, José Filgueira):

                                • Continuadores do rexionalismo de Alfredo Brañas.

                                • Influencia do socialcatolicismo: concepción católica de Galiza que os leva a unha nostalxia da fidalguía e á oposición á civilización urbana.

                              • Tendencias secundarias:

                                • Separatista: considera que España é unha nación á que non pertence Galiza. Existen tres grupos separatistas, os tres reducidos e efémeros: Comité Revolucionario Arredista Galego (La Habana, 1922, Fuco Gómez), Sociedade Nazonalista Pondal (Buenos Aires, 1926, Lino Pérez; revista A Fouce) e Vangarda Nazonalista Galega (1933, Álvaro das casas, escisión do PG).

                                • Socialista: Unión Socialista Gallega (Xan Xesús González, 1932), primeiro intento de conxugar o socialismo co nacionalismo.

                              • Precariedade organizativa e tensións internas

                              • Actividade política

                              • As Irmandades da Fala son unha organización política galega (cun programa, un regulamento e un xornal, A Nosa Terra) pero non un partido político xa que non hai incompatibilidade coa militancia noutros partidos e cada Irmandade, mesmo cada afiliado, é moi autónoma. A actividade política céntrase en:

                              • Propaganda ideolóxica (conferencias, mitins...)

                              • Reforzo da súa presenza na prensa.

                              • Reivindicacións (ferrocarril, institucionalización da lingua e os símbolos de Galiza...)

                              • O querer interesar a todos, e non interesar a ninguén, e máis os enfrontamentos internos fan que a expansión social do nacionalismo sexa mínima.

                              • Actividade cultural

                              • A actividade cultural das Irmandades reflíctese na revista Nós, nas editoriais Lar e Nós, no Seminario de Estudos Galegos, na literatura, tanto na poesía coma na prosa e nas artes plásticas.

                              • Tensións internas

                              • Dentro do nacionalismo hai diferentes posturas sobre como debe ser a participación política:

                              • Demócratas: participación nas eleccións e, de ser preciso, alianza con outros partidos anti - caciquís.

                              • Tradicionalistas: rexeitan as alianzas con outros partidos e avogan polo abstencionismo político até que o movemento teña solidez.

                              • Trala IV Asemblea Nacionalista (Monforte, 1922) escíndense estes dous grupos, quedando a Irmandade da Coruña (demócratas) e a Irmandade Nazonalista Galega (tradicionalista, dirixida por Risco). Desde o golpe de 1923 a súa actividade quedará interrompida durante seis anos.

                              • Da Ditadura de Primo de Rivera á II República: a creación do Partido Galeguista

                              • Entre a Ditadura de Primo de Rivera e a República

                              • O parón na actividade das Irmandades provocado pola ditadura de Primo de Rivera non significa a desaparición das diferenzas internas. Así, quedan dous grupos diferenciados:

                              • Grupo coruñés, con persoeiros coma Antón Villar Ponte, que opta por aliarse coa ORGA.

                              • O galeguismo político que rexorde con forza en Ourense (Risco, Otero Pedrayo), Pontevedra (Castelao, Bóveda, Filgueira) e Vigo (Paz Andrade).

                              • Así, nas eleccións ás Cortes Constituíntes de xuño de 1931 as os que apostaran polo galeguismo político conseguirán dous deputados en Madrid: Otero Pedrayo e Castelao, o que constituirá un fito importante para o posterior desenvolvemento do nacionalismo galego.

                              • A eclosión republicana: o Partido Galeguista

                              • Nun primeiro momento os nacionalistas integráronse na ORGA, pero a decatárense de que as prioridades desta organización eran diferentes ás deles, Castelao, Otero e Suárez Picallo abandonan o grupo e Antón Villar Ponte permanecerá na ORGA até 1934.

                                O debate sobre o modelo de Estado desbotou o federalismo, permitindo a autonomía dalgúns territorios, aínda que con condicións moi duras. Así, en 1931 celébrase na Coruña unha asemblea na que se presentan tres proxectos sobre o autogoberno de Galiza: o do Secretario de Galiza en Madrid, o do Instituto e Estudios Gallegos da Coruña e o do SEG (redactado por Carvalho Calero e Luís Tobío coa axuda de Paz Andrade, Bóveda e Risco). Este último, o máis ambicioso, foi rexeitado.

                              • A construción dun partido moderno

                              • O 5 e 6 de decembro de 1931 celébrase unha asemblea que sería a VII e derradeira das Irmandades e a I do Partido Galeguista. Tras esta asemblea o nacionalismo galego volve unirse nunha soa organización que:

                              • Agrupa tódalas tendencias ideolóxicas, desde o neotradicionalismo até o marxismo, aínda que non logra acabar coas tensións internas.

                              • O seu organigrama e normas son as dun partido moderno: estaba rexido por normas democráticas e o seu máximo órgano era a Asemblea.

                              • Tería A Nosa Terra como voceiro.

                              • Daríalle un importante pulo ao nacionalismo, xa que non só medraría o número de afiliados, senón tamén o apoio social e electoral.

                              • A oferta programática

                              • Modelo de Estado: piden a autodeterminación de Galiza dentro da República, obxectivo que se reducirá á autonomía que permite a Constitución.

                              • Lingua: cooficialidade do galego e o castelán.

                              • Ensino: institucións propias de ensino.

                              • Xustiza: creación dun Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

                              • Sufraxio universal e formas de democracia directa.

                              • Reformas sociais:

                                • Igualdade de dereitos para a muller.

                                • Dereitos dos campesiños, pero tamén dos traballadores.

                                • Para conseguir estes obxectivos propoñen medidas coma a supresión das Deputacións, a autonomía municipal e a supresión dos concellos rurais a prol das comarcas e as parroquias.

                                • O salto cualitativo na implantación social

                                • O galeguismo acada na II República un maior apoio social que, se ben era minoritario, xa non era marxinal. Isto obsérvase:

                                • Nos apoios electorais.

                                • Na diversificación das bases do galeguismo, que xa non conta só coas elites intelectuais, senón que vai contando cada vez máis co apoio de campesiños, artesáns...

                                • Deste xeito comeza a establecerse na sociedade unha conciencia nacional e, se ben o galeguismo político se verá interrompido pola ditadura, cando deixe de ser reprimido polo franquismo terá unhas condicións de partida relativamente favorábeis.

                                • Dinámica política, tensións internas e a loita pola autonomía

                                • O principal obxectivo do Partido Galeguista é sacar adiante o Estatuto de Autonomía, pero atoparase para iso con diversos obstáculos:

                                • En Galiza os partidos republicanos non o apoiarán o suficiente.

                                • O goberno central resistirase a autorizar o referendo, especialmente durante o bienio negro, referendo que non se realizará até o 28 de xullo de 1936.

                                • Ademais, as divisións internas debilitarán o PG:

                                • O sector neotradicionalista (Risco, Otero) non vía con bos ollos as actuacións da República respecto da Igrexa e consigue, malia ser un sector minoritario, que o PG non se alíe con outras forzas republicanas.

                                • O isolacionismo do PG fará que perda os seus deputados, polo que en 1936 se integrará no Frente Popular, recuperando a presenza parlamentaria (Castelao, Suárez Picallo e Antón Villar Ponte).

                                • O referendo daralle luz verde ao Estatuto e Castelao entregará o Estatuto plebiscitado en 1938, na derradeira sesión das Cortes, celebrada en Montserrat. Isto permitiría que en 1978 se incluíra Galiza entre as nacionalidades históricas.

                                • Persecución e diáspora durante a Guerra Civil

                                • Tralo pronunciamento do 18 de xullo de 1936 comeza unha durísima represión contra o nacionalismo, salvándose só:

                                • Os que conseguen esconderse.

                                • Os que conseguen exiliarse as principais colonias de emigrados para reorganizar a súa vida e a súa actividade nacionalista.

                                • Os que se atopan en territorio controlado pola República, que defenderán a legalidade republicana.

                                • Ver máis na introdución.

                                  Votos

                                  1931/1932

                                  1933/1934

                                  1936

                                  Provincia da Coruña

                                  -

                                  61.772

                                  153.278

                                  Porcentaxe de votantes

                                  -

                                  24

                                  52,5

                                  Porcentaxe de votos

                                  -

                                  8,2

                                  17,7

                                  Provincia de Lugo

                                  -

                                  6.192

                                  5.255

                                  Porcentaxe de votantes

                                  -

                                  -

                                  -

                                  Porcentaxe de votos

                                  -

                                  1

                                  1

                                  Provincia de Ourense

                                  34.691

                                  19.208

                                  25.053

                                  Porcentaxe de votantes

                                  -

                                  -

                                  14,3

                                  Porcentaxe de votos

                                  17,9

                                  4,3

                                  4,7

                                  Provincia de Pontevedra

                                  19.217

                                  32.325

                                  103.436

                                  Porcentaxe de votantes

                                  -

                                  -

                                  42,1

                                  Porcentaxe de votos

                                  15

                                  9,9

                                  16,1

                                  TOTAL VOTOS

                                  53.908

                                  119.497

                                  287.022

                                  12. O galeguismo. Do provincialismo ao nacionalismo (1840 - 1936)

                                  8

                                  Historia de Galiza

                                  2006/2007

                                  USC




    Descargar
    Enviado por:LuZinHa
    Idioma: gallego
    País: España

    Te va a interesar