Historia


Galicia


GALICIA DURANTE OS SÉCULOS XVI A XIX

Galicia entra na Idade Moderna tras un período convulso de revoltas sociais e incertezas políticas sobre a sucesión na Coroa de Castela.

Os séculos dos que falamos supuxeron para o reino un período de estabilidade e progreso económico onde o aumento da poboación e a introducción do millo no proceso agrario garantiron a supervivencia demográfica agás en momentos excepcionais.

Pola contra, o século XVIII supuxo, unha época de retroceso que se compensou co xurdimento dunha gran xeración de intelectuais.

Estas dúas características mantivéronse na nosa comunidade durante o século XIX:

  • As dificultades económicas que levaron a un escaso desenvolvemento capitalista.

  • O xurdimento dun sentimento de identidade nacional.

A EVOLUCIÓN DE GALICIA BAIXO OS AUSTRIAS

A principios do século XVI o noso territorio era un reino integrado na Coroa de Castela.

O rei era o máximo representante dun poder teoricamente absoluto; aínda que na práctica limitado polo seu respecto ás leis e a súa habitual ausencia dos territorios sobre os que reinaba. Este absentismo propiciou que fose cobrando cada vez máis importancia a figura do gobernador.

O cargo de gobernador consolidouse como encargado de executa-las ordes rexias.

O panorama institucional completábase coa administración local: os concellos das principais vilas estaban nas mans de persoas que controlaban a localidade, xunto co corrixidor (nas vilas do rei) ou o representante señorial (nas vilas propiedade da nobreza ou a igrexa).

A volta á normalidade do reino trala revolta irmandiña consolidouse a fins do século XV coa creación do cargo de gobernador e a instauración da Real Audiencia.

Durante os séculos XVI e XVII a participación galega na política xeral da monarquía quedou reducida a dous fenómenos relacionados coa súa importancia marítima:

  • As estancias rexias.

  • Utilización de portos galegos.

O reino de Galicia mantivo durante o Antigo Réxime unha estructura demográfica tradicional, cunha moi alta natalidade e unha alta mortalidade que podía incrementarse ata dar lugar a un crecemento negativo.

A todo isto hai que engadirlle un crecemento da poboación durante estes séculos, que contrasta co escaso aumento poboacional no século XIX, época en que se inicia un fenómeno que marcou Galicia contemporánea: a emigración.

ECONOMÍA E SOCIEDADE DURANTE OS SÉCULOS XVI A XVII

A agricultura galega nestes séculos sufriu unha transformación espectacular motivada pola necesidade de alimentar unha poboación en aumento.

Nas terras cultivadas en réxime de barbeito plantáronse cereais, vides e dedicouse unha parte importante do esforzo á producción gandeira.

Estes novos cultivos non favoreceron, sen embargo, cambios na organización da agricultura. Desde a Baixa Idade Media implantouse o sistema foral, polo que os propietarios das terras cedían estas a través dos foros permitindo o desenvolvemento de explotacións de reducido tamaño para o cultivo unifamiliar.

A producción artesá en Galicia non foi moi importante no conxunto da súa economía. Destacaba o sector téxtil, a través da denominada industria rural doméstica, mediante a que os campesiños completaban os seus ingresos coa elaboración de pezas nas súas casas, que máis tarde se vendían ó exterior. Por outra banda, a producción da seda foi o producto artesanal máis lucrativo.

Máis importante foi a pesca.

Na actividade comercial desenvolvida en Galicia existían diferencias entre o comercio interior e o comercio exterior.

Os distintos productos comercializábanse a través de diferentes circuítos e rutas.

A sociedade galega baixo os Austrias compoñíase de tres estamentos: nobreza, clero e estado común, diferenciados xuridicamente, cada un con privilexios e obrigas de seu.

No caso da nobreza, eran os grandes posuidores de terras.

O estamento eclesiástico tiña especial importancia en Galicia ó ser un gran propietario da terra como o clero regular. O clero secular dos bispados vivía dos décimos.

Sen embargo, o campesiñado era o grupo social máis numeroso. A maior parte levaba unha vida que a penas lles permitía sobrevivir con dificultade e só algúns conseguiron prosperar.

Por último, dentro do estado común, tamén hai que incluí-los pescadores, organizados en confrarías, e os artesáns e comerciantes, da escasa importancia social.

O SÉCULO XVIII: O REFORMISMO BORBÓNICO

A chegada da Casa de Borbón a España desencadeou a Guerra de Sucesión. Durante este conflicto Galicia deu o seu apoio a Filipe V.

En 1714 creouse a Intendencia de Galicia, e que tivo entre as súas funcións o control financeiro da rexión, ademais de certas competencias gobernativas e de recrutamento militar.

Na segunda metade do século destacaron, no plano político, as escasas repercusións do motín de Esquilache na comunidade galega, o que non impediu que tamén se expulsase ós xesuítas do reino.

O desenvolvemento da producción agraria caracterizouse pola definitiva implantación do millo nas comarcas costeiras, e pola introducción da pataca como cultivo básico nas zonas interiores, o que permitiu estende-las terras de labranza.

Na industria téxtil obsérvanse dúas etapas ben diferenciadas.

As mellores técnicas tamén afectaron á actividade pesqueira.

A estructura da propiedade da terra deu lugar a unha realidade social bastante estable, que só se viu alterada ó longo do século XVIII debido a varios factores:

  • A paulatina penetración da mentalidade burguesa.

  • As crises da subsistencia provocadas por ciclos de malas colleitas facilitaban a aparición de conflictos sociais.

  • As disputas máis importantes entre señores e foreiros resolvíanse, non obstante, nos tribunais.

O grupo social máis dinámico do período foi o das nacentes clases medias.

O SÉCULO XIX: O ESTADO LIBERAL

A guerra da Independencia, que enfrontou España con Francia, tivo escasa incidencia na nosa comunidade. Restaurado o réxime absolutista de Fernando VII, Galicia converteuse nun activo foco antiabsolutista.

Coa morte de Fernando VII iniciouse o conflicto pola súa sucesión e, con el, o movemento carlista, de relativa forza en Galicia.

O galeguismo, este movemento político-cultural debe incluírse dentro dos diferentes movementos rexionalistas que xurdiron en diversas zonas de España e onde se unían unha conciencia diferenciada respecto do resto do país e un intento por recupera-las tradicións culturais propias con fins, fundamentalmente, políticos.

O ideal galeguista manifestouse a través do movemento cultural do Rexurdimento, onde artistas e intelectuais mantiveron viva a chama da identidade galega.

En contraposición co resto de España, en terras galegas as leis desamortizadoras non supuxeron grandes cambios na propiedade da terra.

Isto provocou, co tempo, un estancamento agrario.

Nos derradeiros anos do século XIX apareceu unha industria conserveira de certo pulo.

A ARTE E A CULTURA

Unha das características fundamentais da arte galega no Antigo Réxime foi a súa riqueza.

A grande obra arquitectónica do renacemento galego foi a construcción do novo claustro da catedral de Santiago.

A arquitectura barroca galega iniciouse co labor de Bartolomé Fernández Lechuga, quen introduciu todo tipo de novidades en obras coma o mosteiro de Celanova en Ourense ou o de San Martiño Pinario en Santiago.

Na escultura renacentista galega destacaron artistas forasteiros instalados en Santiago. Entre as obras destacan a portada para o Hospital Real de Santiago ou a fachada de Santa María de Pontevedra.

Na escultura barroca galega sobresaíron as obras coma o cadeirado do coro da catedral de Lugo.

En canto á pintura, na segunda metade do século XVI os únicos artistas destacables foron Pedro Noble, en Santiago, Juan Bautista Celma ou Francisco de Teide.

O gusto neoclásico desenvolveuse a partir do derradeiro tercio do século XVIII e ata ben entrado o século XIX.

No campo da escultura, con obras coma o retablo maior de San Xián de Samón.

Polo que respecta á pintura durante o século XIX destacaron o romántico Xenaro Pérez Villamil, o costumista Dionisio Fierros...

A fundación da Universidade de Santiago de Compostela en 1525 marcou o inicio da cultura galega na Idade Moderna.

A cultura galega sufriu un profundo retroceso durante os séculos XVI E XVII respecto ó esplendor literario medieval, como o proba a escasa producción cultural.

O desenvolvemento da cultura galega durante o século ilustrado seguiu un período de retroceso ata a aparición do galeguismo. O Rexurdimento proporcionou ás letras galegas, ademais de Pondal e Curros Enríquez, unha figura de transcendencia internacional: Rosalía de Castro, poeta de melancolía e da protesta en obras xa clásicas como Cantares Gallegos e Follas novas.

A evolución dunha cidade a partir da análise dos seus planos urbanos

As cidades non son realidades mortas senón espacios cambiantes a análise das cales permite observa-las transformacións que sufriu unha sociedade concreta ó longo do tempo. Por iso, a través da lectura e interpretación de planos urbanos podemos aproximarnos á organización do espacio, o que moitas veces pode servir para coñecer mellor as formas de vida dos nosos devanceiros.

O interese por representar cartograficamente a extensión dunha cidade xorde a finais do século XVI. O século XVIII, cos seus principios racionalistas será o máis preocupado por lograr mapas fiables para realizar estas labores. A organización dos barrios, o seu acceso a zonas verdes ou as instalacións con que contan, permítenos diferenciar unhas zonas doutras, pero tamén os grupos sociais que as habitan.

Antonio Raimundo Ibáñez e a industria de Sargadelos

O conxunto de empresas que hoxe se agrupan baixo o nome de Sargadelos tivo a súa orixe polo ano 1947, cando se creou no Castro de Samoedo (Sada-A Coruña) unha pequena fábrica de cerámica coa intención de experimentar os caolíns procedentes dos xacementos de Sargadelos que aínda estaban en explotación. O espírito que animaba este proxecto era a recuperación da actividade que nacera en Galicia hai 200 anos coa creación en Sargadelos dun complexo industrial deseñado na súa totalidade como unha moderna empresa que representaba unha nova relación de producción, aproveitando e engadindo valor aos recursos naturais dunha mesma comarca.

O seu creador, Antonio Raimundo Ibáñez, ao que o pobo e os primeiros historiadores fixeron Marqués de Sargadelos, comezou a finais do S. XVIII cunha siderurxia integral dedicada á producción, case exclusivamente, de material bélico e, xa no S. XIX, creou unha fábrica de cerámica, primeira industria que introduciu en España, entre outras moitas variacións, o decorado mecánico das louzas estampadas. A empresa de Ibáñez mantívose aberta deica 1875, malia ser arrastrado o seu creador en 1809 polas rúas de Ribadeo nunha das pasaxes máis dramáticas e escuras da nosa historia.

Nos ensaios do Castro de Samoedo cos caolíns sargadelianos e co pensamento posto en poder restaurar algún día a cerámica de Sargadelos, pronto se comprobou a excelente calidade daquelas terras, constituíndose a sociedade Fábrica de Cerámica do Castro, que en 1952 xa tiña un cadro de persoal próximo ao cento de traballadores e cuns productos con boa aceptación no mercado.

En 1955, o interese suscitado polas experiencias do Castro permitiu a creación dunha proxección súa na República Arxentina, a 100 quilómetros de Bos Aires, onde se montou a Fábrica de Porcelanas A Magdalena, que mantivo o proceso productivo durante máis de trinta anos, ata que as conxunturas económicas arxentinas fixeron que A Magdalena deixase de interesar a Cerámicas do Castro

Este proxecto transoceánico tamén serviu para interesar aos intelectuais galegos exiliados na Arxentina desde o final da guerra civil española na intención de traballar pola recuperación económica e cultural de Galicia. Nas primeiras conversas participaron Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Núñez Búa, Antonio Baltar, Blanco-Amor, Laxeiro, Arturo Cuadrado e Alberto Vilanova, que se plasmaron en 1963 coa creación do Laboratorio de Formas, constituído por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, coa posterior incorporación do arquitecto Andrés F. Albalat, que recolleron as preocupacións e anceios do colectivo e se encargaron de converter en realidade o proxecto definitivo de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Sargadelos, empresas de comunicación como o Instituto Galego de Información e o apoio á reestructuración do novo Seminario de Estudos Galegos.


'Galicia'

Gravado de época da Fábrica de Louza do primitivo complexo de Sargadelos.

'Galicia'

Retrato de Antonio Raimundo Ibáñez. Óleo de Francisco Goya. Museo de Baltimore. USA.

'Galicia'

Laboratorio da Fábrica de Porcelanas A Magdalena, na Arxentina




Descargar
Enviado por:Starsteal
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar