Lengua Española
Galego
Fonemas
Os fonemas son as unidades menores da lingua.
Os fonemas presentan dúas características;
Son unidades lingüísticas de tipo fónico mínimas e indivisibles.
Teñen carácter distintivo, é dicir, diferencian unhas palabras doutras: /llama/, /líma/, /lúme/, /fúme/...
Os fonemas producense dentro do noso organismo a trvés da expulsión do ar, que se converte en son cando modulamos a súa saída cos organos de fonación.
Diferencianse uns dos outros polos seguintes trazos:
O punto de articulación ! É o lugar da boca onde se obstaculiza a saída do ar. Pode ser: bilabial, labiodental, interdental, dental, alveolar, palatal ou velar.
O modo de articulación ! É a maneira de emitirnos o ar: oclusivas, fricativas, africadas, nasais ou líquidas (que poden ser: Laterais ou vibrantes (simple ou múltiple)).
A sonoridade ! Depende da vibración ou non vibración das cordas vocais; segundo vibren ou non poden ser sordas ou sonoras.
No galego disponemos de 26 fonemas, que se clasifican en consonánticos e vocálicos. A muñtiplicidade de combinacións que se poden obter permítenos construír calquera mensaxe necesaria para a nosa comunicación persoal e social.
Fonemas vocálicos:
Os fonemas vocálicos en galego son sete.
O sisrtema vocálico representase sobre ubn triángulo xa que na pronuncia daas vocais a lingua describe esta figura. Na emisión dos fonemas vocálicos interveñen os organos da fonación agás as cordas vocais, de modo que tódalas vocais son sonoras e diferencianse polo grado de apertura e polo punto de articulación.
SISTEMA VOCÁLICO | ||||
Punto de articulación Grao de apertura | Anteriores ou palatais | Centrais ou mediais | Posteriores ou velares | |
Pechadas | /i/ | /u/ | ||
De grao medio | Semipechadas | /e/ | /o/ | |
Semiabertas | // | / / | ||
Aberta | /a/ |
Fonemas consoánticos:
Os fonemas consoánticos producense ó obstruirnos a saída do ar cos pulmóns. Os fonemas consoánticos precisan das vocais para seren pronunciados.
Na caracterización das consoantes interveñen os tres trazos diferenciadores: o punto de articulación, o modo de articulación e a sonoridade.
&O punto de articulación ! É o lugar da boca onde se obstaculiza a saída do ar. Pode ser: bilabial, labiodental, interdental, dental, alveolar, palatal ou velar.
&O modo de articulación ! É a maneira de emitirnos o ar: oclusivas, fricativas, africadas, nasais ou líquidas (que poden ser: Laterais ou vibrantes (simple ou múltiple)).
&A sonoridade ! Depende da vibración ou non vibración das cordas vocais; segundo vibren ou non poden ser sordas ou sonoras.
/b/ Corespóndese coas grafías b e v. F. Consoántico bilabial oclusivo sonoro.
/p/ F. Cosoántico bilabial oclusivo xordo.
/d/ F. Consoántico dental oclusivo sonoro.
/t/ F. Consoántico dental oclusivo xordo.
/g/ F. Consoático velar oclusivo sonoro.
/k/ Correspóndese coas grafías c+a, c+o, c+u F. Cosoántico velar oclusivo xordo
/f/ F. Consoántico dental fricativo sordo.
// Correspóndese coas grafías c e z cando van acompañadas polas vocais i, ou e.
F. consoántico interdental fricativo sordo.
/s/ F. Consoántico alveolar fricativo sordo.
/ / Correspondese coa grafia x. F. Consoántico palatal fricativo sordo.
/t / Correspondese coa grafia ch. F. Consoántico africado palatal sordo.
/m/ F. Consoántico bilabial nasal sonoro.
/n/ F. Consoántico nasal alveolar sonoro.
/ / F. Consoántico nasal palatal sonoro.
// F. Consoántico nasal velar sonoro. (Es esta n cuando va con nh)
/l/ F. Consoántico alveolar liquida lateral sonora.
// Correspondese co ll. F. Consoántico palatal liquida lateral sonora.
/ / F. Consoántico alveolar liquida vibrante simple sonora.
/r/ F. Consoántico alveolar liquida vibrante múltiple sonora.
TRUCOS
Para recordar;
Oclusivas; pataca bodega
Fricativas; foces xa
Africada; chacho
Nasais; unha mañana
Laterais; llave lazo
Sordas; pataca focexaches
Fenómeno fonéticos;
CHEÍSMO- Fenómeno na morfoloxia dalguns dialectos que se caracteriza po-la non distinción de te e che. Empregando exclusivamente che.
TEÍSMO- Fenómeno na morfoloxia dalguns dialectos que se caracteriza po-la non distinción de te e che. Empregando exclusivamente te.
GHEADA- Consiste na aspiración da consoante oclusiva velar sonora /g/ realizada como unha aspirada farínxea sorda /h/.
Este fenómeno é característico das falas da Coruña e Pontevedra así como na metade suroccidental de Ourense, e da zona oriental de Lugo.
SESEO-Fénomeno fonoloxico que se carcteriza pola ausencia do fonema fricativo interdental sordo // e a presencia do fonema fricativo alveolar sordo /s/ no seu lugar.
Existen dous tipos;
&Seseo explosivo- O que se da en posición inicial da silaba. Sinco...
Caracteriza unha zona que vai dende A Coruña (Ponteceso-Santiago-Padrón) ata Pontevdra (Salnés-Val Miñor) e na Limia Baixa e Ourense
&Seseo implosivo- O que se da en posición final da sílaba lus, des...
Esténdese por casi toda a totalidade da Coruña e Pontevedra, tamén na Limia Baixa Ourensá.
Silaba, ditongo, tritongo e hiato;
SILABA-Cada un dos golpes de voz con que pronunciamos unha palabra. Exemplo; en-ce-ra-do. Esta constituída por un núcleo (capaz de formar sílaba por si só e elemento imprescindeble para a existencia da mesma) e dúas marxes silábicas.
Eplosiva
Dúas marxes sílabicas
Implosiva
DITONGO-É a combinación de dous fonemas vocálicos na mesma sílaba. Distribuidos de maneira que un sexa aberto ou pechado e o outro sempre pechado.
Os ditongos poden clasificarse en;
•Crecenes:Vocal pechada+vocal aberta ! ia, ue, ie...
•Decrecentes: Vocal aberta+vocal pechada ! ai, ei...
• Homoxéneos: Dúas vocais pechadas ! ui e iu. (Son os únicos que existen neste caso)
TRITONGO- É a combinación nunha mesma sílaba de tres vocais; vocal pechada+vocal aberta+vocal pechada. Averiguou...
HIATO-Encontro de dous vocais consecutivas que se pronuncian en sílabas diferentes. Ca-er...
Elementos ou organos de fonación;
Cavidade nasal
Veo do padal
Padal
Alveolos
Dentes
Punta da lingua
Labios
Lingua
Cordas vocais
Bloques e areas das variedades lingüísticas;
BLOQUE OCCIDENTAL:
Gheada: xoghar
Seseo implosivo: lus
Terminación -án: o/a irmán
Plural en -ns: cans, pantalóns
Pronome : tí
VT na CII -e- : colleches
ÁREAS :
FISTERRA: seseo implosivo: faser
Cheísmo: che en OD e OI
-ó Norte , a do Xallas
-ó Sur, Tambre-Barbanza
BERGANTIÑÁ: ausencia de seseo implosivo
Ausencia de cheísmo
Ditongo oi
VT -i- (colliu)
PONTEVEDRESA: ausencia de cheísmo
-ó norte, Zona Ulla-Umia:
ditongo oi
demostrativos: este esta esto
VT e 3P dos perfetos (colleu/parteu)
-ó sur, Zona Verdugo-Miño:
ditongo ui (muito) e oi (noite)
demostrativos: este esta isto
VT 3P distinción e CII i CIII (colleu/partiu)
Inclúe as falas occidentais da Coruña e Pontevedra.
É un complexo lingüístico innovador.
BLOQUE CENTRAL:
Gheada só no occidente
Seseo prácticamente ausente
Ditongo oi: moito
Terminación -ao: irmao/irmá
Plurais en -s para os rematadoe en -n: pantalós, cas...
Pronome ti (occ.)/tu (or.)
VT na CII -i- : colliches
ÁREAS:
MINDONIENSE: ó norte : pronomes: nosoutros, vosoutros
VT da 3P dos perfectos (colleu, parteu)
Desprazamento acentual: cantáramos, cantábamos
LUCU-AURENSE: ó syr : deícticos : iste ista esto
Pronome il
VT e 3P distinción e/i
Acentuación etimolóxica: cantabamos, cantaramos
Inclúe a Galicia cenral: tódolos falares do noroeste e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, non sendo a súa parte oriental.
Os falares do bloque central son os máis próximos ó galego común ou estándar.
BLOQUE ORIENTAL:
Ausencia de seseo e de gheada
Ditongo ui (u): muito, muto
Mantemento de cua/gua
Terminación en -ao/á: irmao/irmá
Terminación en -ín: camín
Plurais en -is, para os rematados en -n: casi, pantalois
Pronome tu
Formas verbais en -is: cantais
ÁREAS :
ASTURIANA : Terminación en -íus, -ías (vedíus, vecías)
Artigo: el, a, l´: el molín, l´amigo, a casa, l´herba
Neutro: lo (lo mismo)
Posesivos: meu(s), tou(s), mía(s), túa(s), súa(s)
Oposición no sing./pl. no pronome: lle/lles, llo/llelo
Mantén o -l´- intervocálico:l´avolo
Deícticos: estos esos aquellos
ANCARESA: Gheada
Vocais nasalizadas: cadea, ua
Cheísmo
Deícticos: estos, esos, aquelos
Palatalización de a tónico: irmä
ZAMORANA: Terminación -iño: camiño, muiño
Teísmo
Pronome persoal lle-le
Confusión ditongos oi, ui (noite/nuite)ausencia en muto
Pronome tralo ditongo (seio, haio)
ORIENTAL-CENTRAL: Presenta as características xerais do bloque:
Muto-muito-mutio
Ditongo ua: cuatro
Pronome átono o en deixouo
Comprende a zona do leste de Lugo e Ourense, así como o galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora)
É o galego máis conservador
Isoglosas:
Son as líneas imaxinarias que dividen as variedades xeográficas
Variedades lingüísticas
Variedades xeográficas ou dialectos
Variedades situacionais ou rexistros
Variedades sociais
Variedades situacionais ou rexistros:
Rexistro formal: Utilizase para tratar temas especializados, na situación escrita ou oral ( se é planificada) coincide básicamente coa variedade estándar, non ten trazos dialectais, non tene castelanismos, ten unha pronuncia coidada e unha complexidade sintática.
Rexistro coloquial ou familiar: Emprégase na conversa espontánea, por interlocutores nos que existe ambito de familiaridade, ten trzos dialectais e unha gran influencia do castelán, sobre todo no léxico. Pronuncia relaxada, comodíns léxicos, oracións inacabadas...
Variedades sociais:
Terminoloxias científicas- Son vocabularios especificos duna determinada actividade profesional ligada o individuo. A súa función é designar con precisión ideas, obxectos especificos, etc... sin dar lugar a ambiguedade.
Xirias-Son vocabularios ou xeitos especificos de falar duna determinada profesión, grupo social ou xeracional.
Extensión da lingua galega
O territorio lingüístico galego comprende a actual Galicia e a parte occidental de Asturias, León e Zamora. En Asturias fálase Galego ata mais alo do rio Navia; na provincia de León, nos ancares leonese e na parte occidental do Bierzo; en Zamora nos catro concellos entre a Portela da Canda e o Podornelo.
Descargar
Enviado por: | Vikyta |
Idioma: | gallego |
País: | España |