Deporte, Educación Física, Juegos y Animación
Fútbol
-ÍNDICE:
·INTRODUCCIÓN.........................................................................................................4
1. ELECCIÓN DO DEPORTE.......................................................................................4
1.1 Breve reseña histórica e descripción xeral do deporte............................................4
1.2 Tempada e competicións máis importantes do deporte en xeral............................5
1.3 Clasificación en tipo de deporte.............................................................................6
1.4 Duración do deporte e dos esforzos máis determinantes e, en función destes,
características enerxéticas...............................................................................................6
1.5 Tipo e influencia da fatiga......................................................................................6
1.6 Musculatura máis importante implicada e tipos de contracción............................7
1.7 Necesidades das capacidades condicionais, técnica e táctica................................9
2. CONDICIÓNS PARA LEVAR ADIANTE O PLAN................................................9
2.1 Material disponible................................................................................................9
2.2 Instalacións disponibles.........................................................................................9
2.3 Equipo técnico disponible......................................................................................10
3.CARACTERÍSTICAS DO EQUIPO...........................................................................10
3.1 Número total de xogadores e características dominantes, anos no clube,
calidade e experiencia de cada un...................................................................................10
3.2 Mellores resultados ata a data................................................................................14
3.3 Metodoloxía de xogo dos últimos anos.................................................................14
3.4 Puntos débiles e fortes...........................................................................................14
3.5 Posibilidades ou perspectivas de futuro................................................................14
3.6 Tempo disponible e distribución do horario semanal...........................................14
4.OBXETIVOS DA TEMPADA...................................................................................15
5.FIXAR O CALENDARIO DE COMPETICIÓN........................................................15
6.DESEÑO DO ADESTRAMENTO..............................................................................16
7.ADESTRAMENTO DAS CAPACIDADES FÍSICAS................................................18
7.1.A FORZA...............................................................................................................18
7.1.1.Tipos de forza e métodos..................................................................................18
7.1.2.Exercicios e exemplos......................................................................................18
7.1.3.Tests..................................................................................................................20
7.2.A RESISTENCIA...................................................................................................21
7.2.1.Tipos de resistencia e métodos.........................................................................21
7.2.2.Exercicios e exemplos......................................................................................21
7.2.3.Tests.................................................................................................................22
7.3.VELOCIDADE......................................................................................................23
7.3.1.Tipos de velocidade e métodos........................................................................23
7.3.2.Exercicios e exemplos.....................................................................................23
7.3.3.Tests.................................................................................................................24
7.4.MOVILIDADE......................................................................................................24
7.4.1.Tipos de mobilidade e métodos.......................................................................24
7.4.2.Exercicios e exemplos.....................................................................................25
7.4.3.Tests.................................................................................................................25
7.5.TÉCNICA E TÁCTICA.........................................................................................25
7.5.1.Tipos e métodos................................................................................................25
7.5.2.Exercicios e exemplos......................................................................................26
·BIBLIOGRAFÍA .........................................................................................................27
·INTRODUCCIÓN:
O fútbol é,mundialmente,o máis popular dos deportes.En Europa e América Latina é o deporte rei.Respecto ós clubes,nos países destes continentes,a simpatía por unhas cores é case unha relixión e o seu poder de influencia chegou a provocar conflictos sociais e a ter efectos políticos.
Os traspasos dos xogadores profesionais alcanzan cifras astronómicas; os estadios énchense cada semana e a prensa adica extensos espacios a falar de fútbol.este deporte reconvertido en “negocio-espectáculo”, alcanzou a condición de número un,gracias ó traballo diario dunha ampla base de practicantes que,dende a idade infantil,soñan con chegar a ser profesionais.
1. ELECCIÓN DO DEPORTE.
1.1 BREVE RESEÑA HISTÓRICA E DESCRIPCIÓN XERAL DO DEPORTE:
O fútbol actual naceu na Inglaterra do século XIX. O xogo foi gañando adeptos en tódalas clases sociais e en todo o territorio británico, ata cegar ó actual regramento na década de 1870, que surxiu na Universidade de Cambridge. O fútbol naceu nas escolas.A partir de 1880, os británicos exportaron o fútbol ó resto de Europa e a outros continentes,especialmente a América Latina, e a comezos do século XX empezaron os campionatos nacionais e internacionais.
A FIFA ( Federación Internacional de Fútbol Asociación ) nace en 1904 e é o órgano que hoxe en día rixe este deporte. Ademáis o fútbol é considerado depore olímpico dende 1908.
O fútbol é un deporte bastante sinxelo en canto ás suas regras de xogo, pois as básicas son tan só desásete e apenas foron modificadas. As normas de xogo básanse en favorecer o espectáculo e evitar a dureza do contacto físico entre os xogadores.
-EQUIPAMENTO:
O equipamento para a práctica do fútbol é moi sinxelo.
Os xogadores deben disponer de uniforme e calzado. É recomendable simultanear o
uso de botas de fútbol co de zapatillas deportivas adecuadas para o entrenamento sen balón.
O uso de petos ou uniformes diferenciados é imprescindible para o traballo táctico.
-EQUIPO:
O fútbol é un deporte practicado por 22 xogadores, 11 por cada un dos equipos. É
necesario ter espíritu de equipo , ó marxe das propias virtudes individuais. O fútbol é ante
todo, un deporte colectivo, e un bo equipo é moito máis que a suma anárquica de indivi-
dualidades, por moi destacadas que estas sexan.
1.2. TEMPADA E COMPETICIÓNS MÁIS IMPORTANTES DO DEPORTE EN XERAL:
-A TEMPADA:
A tempada do fútbol en xeral, dura case todo o ano, facendo unha parada entre o mes de
xuño e mediados de xullo, todo esto dependendo do equipo que sea, porque entre xullo e agosto soen comezar a pretemporada, cada equipo cando o ve convinte.Pero no que se refire
á tempada de competición, en xeral, comeza en setembro e dura máis ou menos ata xuño.
-COMPETICIÓNS MÁIS IMPORTANTES:
*Competición a nivel de equipos:
NIVEL INTERNACIONAL |
·Liga de campións:dende setembro ata maio |
·Copa da UEFA:dende setembro a maio |
·Intertoto:dende agosto a setembro |
·Supercopa de Europa:en agosto |
·Copa Intercontinental:en decembro |
*Competición a nivel de seleccións:
·Copa do Mundo(Mundial):cada catro anos |
·Copa de Europa(Eurocopa):cada catro anos |
·Xogos Olímpicos:só categorías inferiores |
*Niveis de competición dentro de España:
FÚTBOL PROFESIONAL |
·1ª División: 20 equipos |
·2ª División: 22 equipos |
·2ª División B:hai catro grupos de 20 equipos |
·3ª División: 17 grupos,un por autonomía |
FÚTBOL AFICIONADO | |
·Preferente | Estas competicións son a nivel de autonomia,divídense por por rexións,habendo varios grupos dentro delas |
·1ª Rexional | |
·2ª Rexional | |
·3ª Rexional |
·Ligas de peñas,de veteranos e categorías inferiores |
1.3. CLASIFICACIÓN EN TIPO DE DEPORTE:
O fútbol é un deporte colectivo porque cada xogador ten outros dez compañeiros para xogar, sen contar os que quedan no banquillo e os que non foron convocados ou están lesionados.Require do esforzo da totalidade de todos os que compoñen o equipo hacia o obxetivo (ataque/defensa).As accións dos xogadores,con un espíritu cooperativo e armonizado,adquiren sentido en función de tres momentos fundamentais de xogo:a posesión do balón(ataque),a posesión do balón por parte do adversario (defensa) e o cambio de posesión do balón (transición).
Como tamén é un deporte acíclico porque non sempre segue un mesmo tipo e tarefas.
Os exercicios non están automatizados, senón que en cada momento do partido un xogadorterá que realizar diferentes tipos de exercicios dependendo de ó que se teña que enfrontar en cada xogada do partido.
1.4 DURACIÓN DO DEPORTE E DOS ESFORZOS MÁIS DETERMINANTES E, EN FUNCIÓN DESTES, CARACTERÍSTICAS ENERXÉTICAS:
Un partido de fútbol dura 90 minutos,sen contar o tempo engadido que vai dende 1 a 5 minutos.Ten dúas partes de 45 minutos e entre elas faise un descano de 15 minutos.
·Capacidade aeróbica: cando un xogador disputa todo o partido.
·Potencia anaeróbica láctica (sobre 6 segundos): accións moi concretas como por exemplo cando un xogador realiza un desmarque,un pase corto, un disparo á portería, sprints cortos, salto a por un balón dun xogador ou do porteiro, etc.
·Capacidade anaeróbica aláctica (sobre 20 segundos): repeticións de esforzos cortos como por exemplo o recorrido de ida e volta dun lateral pola banda, sprints largos.
No fútbol predomina a resistencia aeróbica, o exercitamento de dita resistencia é fundamental para que un xogador aguante os 90 minutos dun partido. Á vez deberá exercitar a capacidade anaróbica láctica A, posto que o fútbol está cheo de exercicios explosivos.
1.5. TIPO E INFLUENCIA DA FATIGA:
No fútbol prodúcense os seguintes tipos de fatiga:
·Fatiga aguda: aparece durante unha sesión de entrenamento ou durante un partido e produce unha disminución do rendimento ou unha parada do exercicio. Pode producirse a nivel local, afectando a un só músculo, ou a nivel xeral,afectando a todo o organismo do futbolista.
·Fatiga subaguda: ou tamén chamada sobrecarga.Ocurre despois de un ou varios microciclos relativamente intensos con poucas sesións de rexeneración. É o máis normal no fútbol, sobre todo na pretemporada, porque o futbolista realiza niveis de entrenamento lixeiramente máis altos que ós que estaba acostumado.Esto favorece asupercompensación
·Fatiga crónica: aparece tamén despois de varios microciclos de entrenamentocon pouca recuperación de modo que o proceso de entrenamento vaise desequilibrando e éntrase nun cadro de sobreentrenamento. Un exemplo no fútbol é cando hai partidos entre semana, que non son moi habituais, pódese entrar nun estado de fatiga.
No fútbol o máis normal é que un xogador que leve xogando todo o partido a un bo nivel, presente síntomas de fatiga aguda de nivel xeral, afectando a todo o organismo.
A nivel de xogadas como por exemplo repetidas subidas pola banda ou desmarques de moito recorrido, a fatiga aguda pode producirse en cuádriceps e xemelos por non poder aportar a cantidade de osíxeno necesario para ese tipo de accións ou movimentos.Como tamén se pode producir na musculatura das pernas por acumulación de ácido láctico, pero en xogadas puntuais, onde un xogador defensa ou centrocampista sube ó ataque e ó momento ten que baixar a defender de novo.
1.6. MUSCULATURA MÁIS IMPORTANTE IMPLICADA E TIPOS DE CONTRACCIÓN:
A musculatura máis importante nos futbolistas é a musculatura do tren articular inferior.
Tamén é moi importante a musculatura abdominal que axuda en case tódolos movimentos que se fan.
No fútbol non é necesario ter unha musculatura moi desenrolada, pero é necesario ter un bo tono físico que nos permita o contacto cos rivais, presionar en determinados momentos do partido e realizar algún movimento que requira certa forza.
Os xogadores da defensa e os mediocentros suelen ter máis poderio físico que o resto do equipo, mentres que os xogadores de banda e dianteiros suelen ser menos contundentes nas súas accións.
*Clasificación dos músculos por partes do corpo e o seu tipo de contracción:
-Músculos da cabeza:
·Esternocleidomastoideo: contración concéntrica.Extensión da cabeza para prepararse para rematar con ela,está unido por outros músculos para outras direccións de remate.
·Esplenio da cabeza,para os remates laterais.
·Largo do pescozo,para realizar o remate coa maior forza posible.
·Esplenio e esternocleidomastoideo,participan na rotación,movimento básico para realizar un remate de cabeza completo,ou en condicións difíciles.
-Músculos do ombro:
·Trapecio e pectoral menor: contracción concéntrica.Elevacióne descanso do ombro,coller o balón por arriba e baixalo co peito.
·Pectoral maior e deltoides: contracción concéntrica.Antepulsión para levar o balón para adiante e sacar.
·Supraespiñoso e dorsal ancho.
Estes músculos son máis ben importantes para os porteiros.
-Músculos do cóbado:
·Bíceps.
·Tríceps.
Igual que acontece cos músculos do ombro,estes músculos son importantes para o porteiro.
-Músculos do tronco:
·Oblícuo externo e recto abdominal: contracción concéntrica.Moi importantes para flexionar o tronco ó rematar frontalmente un balón de cabeza,e para os porteiros en moitas accións.
·Cadrado lumbar: contracción concéntrica.Extensión da cadeira á hora de realizar unha chilena.
·Intertransverso e transverso espiñoso.Para a inclinación e rotación do tronco.
-Músculos da cadeira:
·Isquiotibiais: contracción concéntrica.Extensión de xeonllo ó saltar para rematar de cabeza.
·Psoas,recto anterior e iliaco: contracción concéntrica.flexiona a cadeira para para correr,realizar algúns regates,un disparo.
·Sartorio,piramidal:abducción.
·Rotadores externos e internos.
-Músculos do xeonllo:
·Cuádriceps: contracción concéntrica.Extensión do xeonllo ó saltar.
·Isquiotibiais e gastrocnemio: contracción concéntrica.Flexión de xeonllo á hora de correr,golpear o balón,un control de espuela.
·Rotadores externos e internos como bíceps femoral e poplíteo.Ó realizar un régate xógase moito coa rotación do xeonllo,para tratar de enganar ó contrario sobre a dirección do régate.
-Músculos do nocello e do pé:
·Tríceps sural: contracción concéntrica.Flexión plantar para cando se sitúan na barreira ó poñerse de puntillas.
·Tibial anterior e peroneo anterior: contracción concéntrica. Flexión plantar para controlar un balón que cae moi vertical.
·Abductores e aductores como interóseos e tibial posterior:que se usan en moitos regates,xa que é moi importante no movemento do nocello e tamén cando se realiza o disparo.
NECESIDADES DAS CAPACIDADES CONDICIONAIS, TÉCNICA E TÁCTICA:
A técnica e a táctica son duas condicións moi importantes no fútbol.
Un futbolista pode estar moi ben físicamente, pero se non lle sabe dar un pase a un compañeiro, pois de pouco vale o que corra. O mellor é que estea compensada a condición técnica e a condición física.
A técnica nos xogadores, moitas veces tamén determina a súa posición no campo.Un xogador cunha boa técnica, normalmente xoga de dianteiro ou de interior, pero un defensa ou un porteiro normalmente teñen limitacións técnicas.
Un futbolista ten que ter unha técnica mínima, para poder dar un pase a un compañeiro ó pé, rematar con acerto á portería, facer un cambio de xogo, regatear a un contrario, controlar o balón, etc. E para isto é necesario, ademáis de traballar o físico, realizar entrenamentos de técnica mínima, para poder realizar con acerto as accións citadas anteriormente.Hai diversos exercicios para poder mellorar a técnica, que se poden facer individualmente,como por exemplo dominio de balón; e exercicios para facer con un ou varios compañeiros, como por exemplo pases cortos e largos.
Con respecto á táctica, hai que resaltar que se refire máis ó conxunto de xogadores, ó equipo, ó seu estilo de xogo.
O obxetivo da táctica é superar ó opoñente e intentar non ser superado por él. Para conseguilo, os membros do equipo terán que aprender a colaborar entre si para enfrentarse ó equipo contrario. En cada instante do partido terán que analizar a situación á que e enfrontan, decidir con rapidez e executar a acción técnica máis convinte, para lograr alcanza-lo éxito no que se proponían.
Tódolos equipos teñen unha táctica para atacar e outra para defender, todo depende de que equipo teña a posesión do balón.
2. CONDICIÓNS PARA LEVAR ADIANTE O PLAN.
2.1 MATERIAL DISPOÑIBLLE:
·Seis balóns reglamentarios en bo estado.
·Quince petos vermellos.
·Quince petos azuis.
·Doce conos.
·Dúas equipacións:1ª azul e a 2ª vermella con franxas laterais azul
·Chándales.
·Minivallas.
·Mancornas.
·Balóns medicinais.
2.2 INSTALACIÓNS DISPONIBLES:
Dispón de dous campos de fútbol,o de Xanceda que é propio,e o de Lanzá que é prestado,debido a que hoxe en día,non hai equipo na parroquia.
·Campo de fútbol de Xanceda,de herba natural,para os partidos.Dotado dunhas amplas e modernas instalacións compostas por:vestiarios grandes con auga quente, dous pequenos almacéns para gardar o material utilizado pola peña,e un bar-comedor onde se fan as encherolas.Non ten luz artificial,ese é o seu gran inconvinte.
·Campo de fútbol de Lanzá,de herba natural,para entrenar.Dotado cuns amplos,pero vellos vestiarios,con auga quente.Dispón de luz artificial por medio de grandes focos.
2.3 EQUIPO TÉCNICO DISPONIBLE:
·Adestrador:
·2º adestrador:
3. CARACTERÍSTICAS DO EQUIPO.
3.1 NÚMERO TOTAL DE XOGADORES E CARACTERÍSTICAS DOMINANTES, ANOS NO CLUBE, CALIDADE E EXPERIENCIA DE CADA UN:
1-Alejandro/Idade:43/Altura:1.90/Peso:80/Anos no clube:3
1·PORTEIRO:cunha gran experiencia,moi bo por alto,nas saídas e baixo paus.No man a man é de-
terminante.Cando non podo vir a un partido,a súa falta é notable.E un dos xogadores que pode re-
solver un partido.
2-“Bedu”/Idade:24/Altura:1.78/Peso:74/Anos no clube:3
2·LATERAL DEREITO:con moita velocidade e capacidade para subir ó ataque.Como tamén é moi bo na marcaxe individual,se se ten que ocupar dun xogador contrario pode un estar tranquilo, que non lle vai escapar.Posúe pouca técnica,pero ten bo desprazamento de balón.
3-”Pere”/Idade:21/Altura:1.75/Peso:82/Anos no clube:3
3·LATERAL ESQUERDO:cunha gran técnica,que sube moi ben ó ataque e pon uns bos centros.
Ten un bo desprazamento de balón e é férreo na marcaxe.Carece de velocidade e resistencia.
4-”Bra”/Idade:22/Altura:1.86/Peso:90/Anos no clube:3
4·DEFENSA CENTRAL: debido á súa corpulencia,no corpo a corpo e nas disputas de cabeza é determinante,é un muro difícil de pasar.Posee un gran golpeo e desprazamento de balón.Carece de velocidade,pero a súa boa colocación no terreo de xogo fai que non se note.Férreo na marcaxe.
Cando sube a rematar nos corners é un perigo para a defensa rival.
5-Miguel Ángel/Idade:35/Altura:1.76/Peso:77/Anos no clube:2
5·DEFENSA CENTRAL LIBRE:vai moi ben ó corte dos xogdores que lle escapan ós compañeiros, debido á súa velocidade.Posúe unha resaltable forma física.Anque a súa estatura non é moi elevada,vai bastante ben de cabeza.
6-”Polli”/Idde:39/Altura:1.84/Peso:95/Anos no clube:3
6·MEDIOCENTRO DEFENSIVO:distribúe moi ben o balón no centro do campo e axuda en de-fensa.Posúe pouca velocidade,pero debido á súa gran experincia futbolística,ten moi boa colocación.Sempre está onde ten que estar,pero a condición física non lle da para aguantar os noventa minutos.Ten forza no tiro,que o aproveia nas faltas,onde lle é moi difícil de agarrar ó porteiro rival. Debido á súa corpulencia aguanta moi ben o balón.
7-”Chinvo”/Idade:19/Altura:1.72/Peso:70Anos no clube:3
7·INTERIOR DEREITO:cunha gran proxección en ataque e que axuda moito en defensa,posto que tamén pode xogar de lateral dereito.Destaca pola súa condición física.Chega moi ben á liña de fondo para centrar.
8-”Cardama”/Idade:30/Altura:1.78/Peso:88/Anos no clube:3
8·MEDIOCENTRO OFENSIVO:posúe unha gran calidade técnica para desbordar ós contrarios e buscar a opción de tiro ou un pase ás bandas.Axuda en defensa cando é preciso.Debido á súa corpulencia ten pouca velocidade, perosolucionao cunha boa colocación no terreo de xogo, e vai ben ó choque cos contrarios. Aguanta bastante ben o balón para darlle tempo a subir ós interiores ou ós laterais para posteriormente darlles o pase.
9-”Pati”/Idade:22/Altura:1.74/Peso:82/Anos no clube:3
9·DIANTEIRO CENTRO:é o xogador máis adiantado do equipo, sempre está aí para empurrar a gol o último pase.Posúe pouca velocidade debido á súa condición física, pero ten un tiro forte e case sempre moi ben dirixido.
10-Hermida/Idade 20/Altura:1.85/Peso:77/Anos no clube:3
10·MEDIA PUNTA:é o xogador que leva o peso do equipo en ataque, por él pasan case tódolos balóns. Posúe unha gran velocidade que aproveita moi ben para os desmarques e os contragolpes, que sempre suele resolver con éxito,pola súa técnica e a precisión no remate coas duas pernas.É un excelente tirador a balón parado coa súa perna zurda.Distribúe moi ben o xogo de ataque do equipo,pero tamén axuda a defender cando fai falla.Un dos seus puntos fracos é o remate de cabeza.É o xogador comodín do equipo cando fai falta,tanto xoga de porteiro,como de libre, de mediocentro...Pero esta tempada,debido ó seu cargo no equipo disputa menos minutos, e eso o equipo nótao,sobre todo á hora de materializar as ocasións de gol e de distribuir o xogo de ataque.
11-”Budi”/Idade:19/Altura:1.88/Peso:86/Anos no clube:2
11·INTERIOR ESQUERDO:cunha gran proxección en ataque e que chega moi ben á liña de fondo para poñer unhos centros precisos.Debido á súa estatura,no remate de cabeza é letal.Posúe unha gran velocidade e resistencia para poder subir e baixar a banda,polo que axuda moito en defensa.Tamén pode xogar de lateral esquerdo ou de central.
12-”Llane”/Idade:25/Altura:1.81/Peso:84/Anos no clube:3
12·INTERIOR DEREITO:tamén pode xogar de lateral dereito.Xogador que vai moi ben ó corte,con contundencia.Posúe unha boa calidade técnica e ten un forte tiro coa perna dereita.Sobre todo é un gran defensor e marcador.
13-”Frades”/Idade:18/Altura:1.76/Peso:76/Anos no clube:1
13·PORTEIRO:cunha gran proxección,pero que ten que correxir algúns defectos,como o agarre do balón e as saídas.Posúe unhos bos reflexos e unha boa colcación baixo paus.
14-Sesmonde/Idade:39/Altura:1.86/Peso:88/Anos no clube:3
14·DEFENSA CENTRAL:debido á súa altura rouba tódolos balóns de cabeza.O seu punto débil, é que non aguanta ó contrario e fai moitas faltas perigosas ó borde da área,como tamén algúns penaltis.Destaca polo marcaxe individual.
15-”Rami”/Idade:39/Altura:1.83/Peso:70/Anos clube:3
15·INTERIOR ESQUERDO:é un gran recambio na banda esquerda, posúe velocidade e pelea moito.O seu punto débil,é que é moi temperamental.
16-”Meixide”/Idade:25/Altura:1.69/Peso:68/Anos clube:2
16·INTERIOR ESQUERDO:destaca pola súa velocidade e capacidade de desborde.O seu defecto é que é un xogador moi individualista e non aproveita a velocidade que ten para o beneficio do equipo.
17-”Bodelo”/Idade:28/Altura:1.73/Peso:79/Anos no clube:2
17·MEDIOCENTRO:destaca pola súa pelexa durante todo o tempo que está no campo.Distribúe bastante ben o balón,pero debido á súa estatura colle poucos balóns de cabeza.Ten bo tiro e desprazamento de balón coa perna dereita.
18- Vilariño/Idade:34/Altura:1.80/Peso:82/Anos no clube: 2
18·MEDIA PUNTA:dotado cunha gran calidade técnica.Distribúe ben o balón en ataque e ten olfato goleador, no un contra un é letal. Posúe velocidade e desmárcase moi ben, pero é moi vago e fáltalle algo de físico, polo que é raro que axude en defensa.
19- Mosquera/Idade:38/Altura:1.70/Peso:72/Anos no clube:2 19·INTERIOR DEREITO:sobre todo é un xogador que o tempo que está no campo pelea ata que non pode máis.Técnicamente ten bastantes limitacións,pero a súa entrega no campo non fai que se noten moito.
20- Penas/Idade:18/Altura:1.84/Peso:74/Anos no clube:1
20·INTERIOR DEREITO:posúe unha gran velocidade,pero a súa calidade técnica non é moi boa.Ten un bo tiro e sube ben a banda,o problema é cando hai que baixar,que lle costa bastante e hai que correxilo continuamente.
21-Barreiro/Idade:16/Altura:1.76/Peso:68/Anos no clube:1
21·DIANTEIRO:destaca pola súa calidade técnica.Non ten moita sorte de cara ó gol,pero a súa capacidade de desborde e visión de xogo son determinantes no xogo de ataque do equipo.Quizá o que máis se lle bota en falta é a experiencia,que adquirirá co paso tempoHai que resaltar, que aínda é un xogador moi xoven,pero que ten unha gran proxección de futuro.
22-Rey Sánchez/Idade:35/Altura:1.79/Peso:80/Anos no clube:3
22·LATERAL DEREITO:posúe unha gran condición física,pero ten pouca calidade.É un lateral dereito cumplidor,nunca se complica á hora de sacar ó balón da defensa.No que máis destaca e pola súa pelexa durante o tempo que está no campo.
3.2 MELLORES RESULTADOS ATA A DATA:
Este equipo só leva tres anos competindo, e os mellores resultados ata a data, producíronse o ano pasado posto que o equipo quedou no 3º posto da liga e chegou a semifinais na copa, quedando eliminado polo equipo que despois lograría o título.
3.3 METODOLOXÍA DE XOGO DOS ÚLTIMOS ANOS:
O equipo nos anos que leva competindo(3), utilizou ó clásico 4-4-2, o 3-5-2, o 5-4-1, o 3-4-3.
Todo dependendo de contra quen se xogara, os xogadores que había disponibles para aliñar, resultado do partido...de diversos factores.Pero normalmente sempre se comezaba o partido co clásico 4-4-2.
3.4 PUNTOS DÉBILES E FORTES:
-Os puntos fortes do equipo son:
·o contragolpe, ó ter xente moi rápida arriba.
·unha defensa segura que comete moi poucos erros e non se complica.
·capacidade de reacción cun resultado adverso.
·aprobeitamento das xogadas a balón parado, tanto en faltas directas como en corners con remate de cabeza.
·boa defensa nas xogadas a balón parado do equipo contrario.
-Os puntos débiles do equipo son:
·falta de velocidade no mediocentro.
·falta de concentración nos primeiros minutos dalgúns partidos, que ás veces cóstanos un gol.
·pérdidas tontas de balón no ataque que nos poden costar un gol con contragolpes do equipo contrario.
3.5 POSIBILIDADES OU PERSPECTIVAS DE FUTURO:
Para a próxima temporada o equipo ten pensado federarse en 3ª rexional.
Unha vez federados,as posibilidades ou perspectivas de futuro,serán asentarse e amoldarse nas distintas categorías e despois buscar o ascenso para que así poidan vir mellores xogadores e subir o nivel do equipo.
3.6 TEMPO DISPONIBLE E DISTRIBUCIÓN DO HORARIO SEMANAL:
O equipo dipón de tres días de entrenamento:os luns,mércores e venres;e o horario é de 21:30 a 23:45.
4. OBXECTIVOS DA TEMPADA: CONCRETA: 0,75
O principal obxectivo de rendemento é obter o título de liga.
O obxectivo secundario de rendemento,é que de non poder obter o título de liga,pois quedar entre os catro primeiros clasificados.
Preparación técnica: mellorar en ataque a definición das xogadas a balón parado(faltas e saques de esquina) e tamén nos contraataques.
Preparación táctica: mellorar a presión ó contrario en todo o campo,pero sobre todo en ataque. Como tamén mellorar o marcaxe en faltas e saques de esquina en defensa e a transición do balón entre o centro do campo e o ataque.
Preparación física: mellorar a velocidade:máxima,do xesto técnico e a aceleración.E a resistencia:de base III e a específica.
Preparación psicolóxica: sobre todo aumentar a confianza en algúns xogadores e desenrolar unha mentalidade gañadora e pouco conformista.
Preparación teórica: informar ós xogadores para que teñan máis información sobre os equipos rivais, as súas virtudes e defectos no seu xogo.
5. FIXAR O CALENDARIO DE COMPETICIÓNS: COS TEUS PARTIDOS E OS RIVAIS DIRECTOS CHEGA, DATAS PARA COTEXAR CO CUADRO . TRATA DE FACELO TODO CON WORD: 0,1
1ª-16ª XOR./ 1º D. SET.- 4º D. XANEIRO | | 2ª-17ª XOR./ 2º D. SET.- 1º D. FEBREIRO | ||
NORTE LODEIRO | XANCEDA | XANCEDA | A RIBEIRA ( RD ) |
3ª-18ª XOR./ 3º D. SET.- 2º D. FEBREIRO | 4ª-19ª XOR./ 4º D. SET.- 3º D. FEBREIRO | |||
XANCEDA | CENTRO | A RIA | XANCEDA |
5ª -20ªXOR./ 1º D. OUTUB.- 4º D. FEBREI. | 6ª-21ª XOR./2º D. OUTUB.- 1º D. MARZO | |||
XANCEDA | ESPERELA ( RD ) | BON RAPAZ | XANCEDA |
7ª-22ª XOR./ 3º D. OUTUB.- 2º D. MARZO | 8ª-23ª XOR./ 4º D. OUTUB.- 3º D. MARZO | |||
LASTRAS ( RD ) | XANCEDA | GALES ALQUIBET | XANCEDA |
9ª-24ª XOR./ 1º D. NOVEM.- 4º D.MARZO | 10ª-25ª XOR./ 2º D. NOVEM.- 1º D. ABRIL | |||
LIMIÑON | XANCEDA | A FRAGA | XANCEDA |
11ª-26ª XOR./ 3º D. NOVEM.- 2º D.ABRIL | 12ª-27ª XOR./4º D. NOVEM.- 3º D. ABRIL | |||
XANCEDA | A MOTA | M.PASATEMPOS | XANCEDA |
13ª-28ª XOR./ 1º D. DECEM.- 4º D. ABRIL | 14ª-29ª XOR./ 2º D. DECEM.- 1º D. MAIO | |||
XANCEDA | MAGDALENA | TORRES | XANCEDA |
15ª-30ª XOR./ 3º D. XANEIR- 2º D.MAIO | |
XANCEDA | GUILIADE |
D.= DOMINGO
RD=RIVAL DIRECTO
6. DESEÑO DO ADESTRAMENTO:
A: Amistoso
L: Liga
RD: Rival directo
NON SE PODER FACER UN MESOCICLO DE 1 SEMANA DE DURACIÓN.
NON SE REPITE O ESPECIAL, E MENOS CON ESA DURACION.
TRABALLO XERAL, DIRIXIDO, ESPECIAL,...
·Xeral ·Dirixido ·Competitivo e especial |
·O traballo xeral,realizarase moito en pretemporada e en competición pouco.
·O dirixido traballarase bastante en pretemporada,pero menos que o xeral;e en competición mantense.
·E o de competitivo e especial,traballarase básicamente durante a competición.
-XUSTIFICACIÓN DA ELECCIÓN:
A elección da periodización tradicional de adestramento débese a que nun deporte como o fútbol,no que se compite a meirande parte do ano cada semana,precísase estar a un alto nivel de forma durante toda a competición. E tamén conseguiremos estar ó noso máximo nivel de forma cando cheguen os partidos cos nosos rivais directos porque repartiremos mís o noso nivel de cargas a utilizar.
Coa periodización contemporánea teríamos unha meirande concentración de cargas e obteríamos cumes de forma durante a tempada; en cambio coa periodización tradicional farémolo de forma progresiva durante a competición.
INTENTA FACELO MELLOR
(1,25)
7.ADESTRAMENTO DAS CAPACIDADES FÍSICAS:
7.1.A FORZA:
7.1.1.TIPOS DE FORZA E MÉTODOS:
TIPOS | TIPOS b | MANIFESTACIÓNS | MÉTODOS |
Forza xeral | Salto e desprazamento Golpeo e lanzamento Loita | ·F. máxima dinámica ·F. explosiva ·F. explosivo-clásica sen desprazamento ·F. resistencia ·F. máxima dinámica con coordinación ·F. explosivo-clásica reflexa | ·Repeticións I,II,III ·Pliometría ·Circuitos ·Intensidades máx. I ·Concéntrico puro ·Saltos |
Forza dirixida | |||
Forza especial | Salto e desprazamento Golpeo e lanzamento Loita | ·F. explosivo-elástica reflexa ·F. resistencia rápida complexa ·F. velocidadesa súa resistencia ·F. técnica e a súa resistencia | ·Contrastes ·Sobrecarga ·Circuito ·Repeticións I,II ·Xogo dificultado |
Forza competitiva |
-PERIODO PREPARATORIO.
-PERIODO COMPETITIVO.
7.1.2. EXERCICIOS E EXEMPLOS:
*Forza xeral:
Con traballo multilateral e variado en canto a cargas,velocidades,etc.O máis utilizado son ejercicios con pesas ou material equivalente.
-Forza de golpeo e lanzamento:
·pectorais,tríceps e bíceps con mancornas.Empezando con pouco peso e indoo subindo progresivamente.
·abdominais variadas.
·cuádriceps,sentado nun lugar elevado,sen tocar cos pes no chan;coas pernas xuntas elevar un balón medicinal.
·isquiotibiais,deitados boca arriba no chan con pernas hacia arriba e flexionadas,levantar e baixar un compañeiro que estará sentado nos nosos pes.
·xemelos,coas pernas extendidas e apoiándonos coas puntas dos pes nun escalón,elevarse e descender cun peso adicional sujetado nas mans.
-Forza de salto e desprazamento:
·fondos de pernas laterais.
·fondos de pernas adiante.
·sentadillas.
·elevacións cos tobillos con peso adicional.
-Forza de loita:
·poden valer ejercicios como os vistos anteriormente.
·circuitos de forza xeral.
*Forza dirixida:
-Forza de golpeo e lanzamento:
·por parellas,pasarse un balón medicinal,imitando o saque de banda coas dúas mans.
·intentar desprazar o balón medicinal empuxándoo co pe,como imitando un golpeo.
-Forza de salto e desprazamento:
·saltar unha fila de minivallas cos pes xuntos.
·o mesmo exercicio,pero cun balón medicinal nas mans.
·deitado no chan primeiro boca arriba e despois ó contrario,levantarse e saltar imitando un remate de cabeza.
·sentado no chan e facer o mesmo que no anterior ejercicio.
·por parellas,levar o compañeiro dun punto marcado ó outro nos brazos e despois “a cabalo”;cambiando os postos.
-Forza de loita:
·por parellas,o q realiza o ejercicio,empuxa ó compañeiro que terá que opoñer resistencia,cambiando os postos.
·por parellas,empuxarse un ó outro.
·por tríos,dous nos laterais,e o do medio terá que baterse contra os dos laterais q o intentarán cerrar.
*Forza especial:
-Forza de golpeo e lanzamento:
·por parellas,pasarse o balón coas mans(imitando o saque de banda),comezando a pouca distancia e pouco a pouco índoa incrementando.
·o mesmo exercicio que o anterior,pero agora realizándoo co pe.
·unha fila detrás dun cono,e facer zig-zag entre os posteriores e despois tirar a porteria.
·por parellas cun balón,facendo paredes e ó pitido tirar a portería o q ten o balón nese momento.
-Forza de salto e desprazamento:
·por parellas,un xogador pasacalle o balón alto ó outro,e este terá que ir ó seu encontro e saltar para rematalo de cabeza.Despois cámbianse os papeis.
·realizar en parado e no sitio oito saltos e ó acabar sair correndo a rematar un balón a porteria que pasa un compañeiro.
·o mesmo exercicio,pero agora saltando unha fila de oito minivallas.
-Forza de loita:
·por parellas e cun balón,loitar pola posesión do balón.
·o mesmo exercicio,pero para compricalo máis agora será por tríos,e o que ten a posesión terá que loitar contra os outros dous.
·por parellas,o adestrador lanza un balón e terán que loitar os dous para collelo.
·o mesmo exercicio,pero o que colla antes o balón tirará a portería.
*Forza competitiva:
-Forza de golpeo e lanzamento:
·o xogo dos dez pases rematando con lanzamento a portería.
·exercicios de ataque e defensa,variando progresivamente o número de atacantes e defensas.
-Forza de salto e desprazamento:
·unha fila de minivallas e a fila de xogadores detrás delas, van saíndo de un en un e o acabar de saltalas,terán que ir correndo a rematar de cabeza un balón que centrará o adestrador.
·por parellas pasar un balón un ó outro a unha distancia lateral de entre dous e catro metros,para que teña que desprazarse e controlalo ben para lanzarllo ó compañeiro.
-Forza de loita:
·centros dende a banda e na área catro defensores e dous atacantes,estes terán que loitar cos defensores para rematar o centro.
7.1.3.TESTS:
-Ergo jump:consiste nunha batería de cinco-seis saltos.
·salto vertical co peso corporal.
·salto coas mans na cadeira e media flexión.
·salto con conttramovimento.
·salto Abalakov(con impulso de brazos).
·drop jump(deixarse caer dunha altura e rebotar).
-Test de forza-resistencia,por exemplo:facer abdominais en 60”.
7.2.A RESISTENCIA:
7.2.1.TIPOS DE RESISTENCIA E MÉTODOS:
TIPOS | TIPOS b | MÉTODOS |
Resistencia de base III | Potencia aeróbica | ·Contínuo variable ·Interválico extensivo largo |
Capacidade anaeróbica láctica A | ·Interválico extensivo medio | |
Resistencia específica | Capacidade anaeróbica aláctica | ·Interválico intensivo moi corto |
Potencia anaeróbica láctica | ·Repeticións medio | |
Capacidade anaeróbica láctica B | ·Interválico extensivo corto |
-PERIODO PREPARATORIO.
-PERIODO COMPETITIVO.
7.2.2.EXERCICIOS E EXEMPLOS:
*Período preparatorio:
-Potencia aeróbica:
·realizar dúas veces carreira continua arredor do campo sobre 0 70-80% da capacidade dos xogadores e durante 25-30´.E cun descanso entre elas de 8-10´ para recuperar.
-Capacidade anaeróbica láctica A:
·dous circuítos,cada un con dez xogadores e catro estacións.As estacións separadas cincuenta metros. Saen de un en un con 20” de diferencia,están 15” en cada estación e tardarán 10” en ir dunha á outra.A intensidade será de 85-90%.Farase dez veces.
A duración será de 2´ e o total de 45´,incluíndo os descansos.
Estacións: 1ª:skipping dende un cono a outro.
2ª:talóns atrás dun cono a outro.
3ª:saltar minivallas con pes xuntos e voltar a sprint.
4ª:saltar balóns ou conos en zig-zag.
*Período competitivo:
-Capacidade anaeróbica aláctica:
·dividimos os xogadores en catro grupos,dous en cada portería.Poñemos unha serie de balóns diante das áreas e duas filas de conos perpendiculares ás áreas en cada unha delas.Faise o mesmo exercicio en todas.Os xogadores terán que saltar os conos e despois rematar de cabeza un balón que mandará un compañeiro,como paso seguinte,terán que volver á posición de partida e facer o mesmo exercicio,pero rematando unha vez con cada pe.
A duración será de 20” ó 90% e o descanso de 1´20”,no que os xogadores darán toques de balón.
-Potencia anaeróbica láctica:
·colócase un cono no medio campo e outro cerca do borde da área onde habrá un balón.Dividense os xogadores por parellas.Saen do cono que está na área con desprazamento lateral ata o cono do centro do campo,regresando a sprint e collendo un o balón e realizan un un contra un tirando a portería.Van cambiando os turnos de atacar e defender.
A duración será de 30” e o descanso de 4´ dando pases entre eles.Realízase a velocidade máxima.
-Capacidade anaeróbica láctica B:
·colócanse cinco conos.Dende o 1º ó 2º,skipping e volver ó 1º;carreira hacia atrás ó 3º e volver ó 1º;desprazamento lateral ó 4º e volver ó 1º;carreira normal ata o 5º e volver ó 1º.E despois carreira para realizar un disparo a portería.
A duración será de 35” e o descanso de 3´.Farase a velocidade submáxima.
7.2.3. TESTS:
-Test de Cooper:
·este test consiste en recorrer a máxima distancia posible en 12´.E indica o nivel aeróbico do deportista.
VO2 máx.=22,351x(distancia en km)-11,288 ou senón VO2=D(m)x0,02-5,4
-Test de Conconi:
·consiste en realizar esforzos de entre 30” e 60” de forma progresiva e ata o agotamento.Anótase o tempo e a F.C. en cada tramo.Cando a F.C. perde a linealidade,é o umbral anaeróbico.
-Course Navette:
·consiste en recorrer tramos de 20 m. a velocidade crecente cada minuto.Tendo que chegar a cada referencia nun tempo establecido que nos ven marcado por unhos pitidos gravados nunha cinta de audio.
Cos resultados mirase nunha táboa de equivalencias do VO2 máx. Ou a través da seguinte formula: VO2 máx.(ml/kg/min)=5,851xV(km/h)-19,458
7.3.VELOCIDADE:
7.3.1. TIPOS DE VELOCIDADE E MÉTODOS:
TIPOS | MÉTODOS |
Velocidade máxima |
Hai que traballar a forza na musculatura implicada,con sobrecargas (aceleración),multisaltos tanto horizontais como verticais(velocidade máxima) skipping e tamén a flexibilidade. |
Aceleración | |
Velocidade de reacción discriminativa | Aplicación de accións tácticas reais e dificultadas (maior número de adversarios,número limitado de pases,etc.) |
Velocidade do xesto técnico | |
Velocidade do equipo |
-PERIODO PREPARATORIO.
-PERIODO COMPETITIVO.
7.3.2.EXERCICIOS E EXEMPLOS:
*Período preparatorio:
-Velocidade máxima:
·skipping con peso adicional,como balóns medicinais.
·multisaltos con peso adicional.
·flexibilidade.
-Aceleración:
·carreira de 50 m. Costa arriba con recuperación total.Sen pasar de 600m. por sesión.
·fondos co 50% do peso corporal.
·saída de sprint cun compañeiro agarrándote e opoñendo resistencia.
·saltos a pes xuntos con peso adicional,como por exemplo un compañeiro a cabalo.
·flexibilidade.
*Período competitivo:
-Velocidade de reacción discriminativa:
·tumbado diante da área de portería,ó sinal do adestrador,correr hacia un balón colocado a 25 m.,collelo e volver facer conducción rematando con tiro a parta.
·divídese o equipo en dous grupos,un no centro do campo e outro na banda,e colócase unha fila de conos diante dos que están no centro do campo.O exercicio consiste en que os do centro do campo conduzan un balón regateando os conos,despois llo pasen o q está na banda e este centre para que remate a portería o outro.Despois cambian o rol no exercicio.
-Velocidade do xesto técnico:
·fanse equipos de dous e xogase ó fut-volei,usando conos e unha rede suxeita con picas para dividir os campos.O balón só pode tocar no chen e dar un bote no saque,como tamén,teñen q tocala os dous xogadores antes de pasala ó campo contrario.
·zig-zag entre unha fila de conos perpendicular á portería e despois tiro.
·por parellas,un lánzalle o balón ó outro,e este terá que controlalo e devolvelo o máis rápido e preciso posible.Despois cambian.
-Velocidade de equipo:
·partidos dificultados.Pódese empezar con dez pases mínimo antes de marcar e pouco a pouco indo introducindo novas dificultades,como pode ser:non devolver o balón ó que cha pasou,marcar só coa cabeza,rematar só dentro da área,pasar ó primeiro toque,diferencia en número de atacantes e defensas,etc.
7.3.3.TESTS:
·mirar o tempo que se tarda en recorrer 20m.
·40 m. lanzados:que consiste en que se miden 60 m. e márcanse os primeiros 20 m. onde se pode poñer un compañeiro para avisar cando se chega a eles.O adestrador estará ó final dos 60 m. para medir o tempo que nos levaron os últimos 40 m.
7.4.MOVILIDADE:
7.4.1.TIPOS DE MOVILIDADE E MÉTODOS:
No fútbol son recomendables amplitudes máximas ou submáximas en determinadas zoas como a cadeira,zona lumbar ou ombros,xa que se depende de circunstancias externas como os compañeiros.Para o resto traballaremos a mobilidade residual.
TIPOS | MÉTODOS |
Mobilidade de traballo Mobilidade residual | Streching / FNP / Rebotes |
Mobilidade de traballo Mobilidade residual |
Streching / FNP / Rebotes |
-PERIODO PREPARATORIO. -PERIODO COMPETITIVO.
7.4.2.EXERCICIOS E EXEMPLOS:
-Streching para cuádriceps:
·facelo con axuda dun compañeiro,tumbado boca abaixo e flexionando a rodilla da perna que imos estirar.O compañeiro pode levantar a perna flexionada para que tire máis.Ó rematar cámbiase de perna.
1º. 10”-30” de tensión(contracción isométrica do cuádriceps).
2º. 2”-3” de relaxación.
3º. 10”-30” de estiramento fácil mantendo a posición de maneira estática.
-FNP para xemelos:
·por parellas,un túmbase no chan boca arriba e coas pernas estiradas;levanta unha perna e o outro cólleo polo pe e empúxaa punta do pe hacia dentro,facendo unha flexión dorsal do nocello,estirando así o xemelo.Esto sería o movimento pasivo forzado.
Como paso seguinte realizaremos o movimento activo resistido,onde o que está no chan empuxará o pe intentando a extesión do nocello e o outro aguantará,producíndose unha contracción isométrica durante 5”-6”.
E para rematar farase un novo movimento pasivo forzado aproveitando a tensión intramuscular creada na fase anterior.
Despois farase o mesmo coa outra perna;e tamén o fará o campañeiro.
-Rebotes para isquiotibiais:
·colocanse de pe,coas pernas separadas e extendidas.Coas mans xuntas baixamos facendo unha flexión de cadeira:1º adiante,2º ó medio e 3º atrás,estirando o máximo posible sen aguantar a posición,facendo rebotes.
7.4.3.TESTS:
-flexión profunda do corpo:
·mide flexibilidade de tronco e extremidades.
-flexión profunda do tronco:
·mide flexibilidade de columna e cadeira.
·sentado con pernas abertas,separadas e extendidas,cunha regra entre as pernas á altura dos pes.Realizando flexión do tronco adiante deslizando as mans sobre a regra.
7.5.TÉCNICA E TÁCTICA:
7.5.1.TIPOS E MÉTODOS:
Habrá que distinguir entre entrenamento de adquisición (aprender a técnica correctamente con demostracións e prácticas) e entrenamento de aplicación (entrénase a técnica dificultando as condicións da execución).As dúas utilízanse de forma continuada e ó longo da tempada,pero se hai que facer unha división hipotética sería:
ENTRENAMENTO TÉCNICA | MÉTODO |
Entrenamento da adquisición | Global |
Entrenamento da aplicación |
-PERIODO PREPARATORIO.
-PERIODO COMPETITIVO.
7.5.2.EXERCICIOS E EXEMPLOS:
Dependendo da posición que ocupa cada xogador no campo distiguiremos respecto ás súas necesidades técnicas:
-Porteiro:
·boa dirección do balón no saque de porta,coa man e co pe.
·saídas nos saques de esquina e balóns aéreos.
·colocación nas faltas.
-Defensas:
·despexes de todo tipo de balóns(aéreos,rasos,a media altura).
·marcaxe a un dianteiro rival.
·busqueda rápida dos medios.
·realizar e buscar o fora de xogo do dianteiro.
-Medios:
·bos visión de xogo para pasar ós dianteiros e nos desmarques dos mesmos.
·disparos a porta.
·tapar ben o centro do campo cando ten o balón o rival.
·lanzamentos a balón parado,tanto faltas como saques de esquina.
-Dianteiros:
·remates a porta co pe,cabeza...
·desmarques.
·bos regates,tanto en parado como en carreira.
·tapar a saída da defensa contraria co balón.
Para todos eles séguese o mesmo proceso de ensinanza e entrenamento:
1º. Ensinarlles como se realiza a acción de forma simple.
2º. Repetición por parte do xogador (adquisición).
3º. Entrenamento da acción con xogo real e de forma dificultada (aplicación).
*BIBLIOGRAFÍA:
·CD-rom: ”Deporte e musculación”, guía práctica interactiva. Océano Multimedia.
·Páxinas de internet.
·Apuntes de fundamentos.
3
16
NIVEL NACIONAL |
·Liga:dende setembro ata xuño |
·Copa do Rei:dende setembro ata marzo |
·Supercopa de España:en agosto |
16
Descargar
Enviado por: | Elchaning |
Idioma: | gallego |
País: | España |