Filosofía
Filosofía
Filosofía
TEMA 1 - ESPECIFICIDADE DO SABER FILOSÓFICO
Phylos + sofía = filosofía
Etimoloxía: amor do saber. Na cultura occidental nace en Grecia, ante a curiosidade ou asomo ante a realidade e hai que partir da propia ignorancia porque non podería chegar a ser filósofo quen cree que xa sabe todo.
Amor da felicidade. No pensamento grego e fundamentalmente coas escolas helenísticas ou postaristotélicas, o saber non só ten un carácter teórico, senón que hai que saber para acadar unha boa vida (felicidade). O Ideal do Sabio.
A filosofía non é un accidente senón unha necesidade que temos en tanto que seres dotados de consciencia de desexar explicar ese mundo que nos provoca asomo ou curiosidade.
CARACTERÍSTICAS DA FILOSOFÍA
RACIONALIDADE: A filosofía é un saber racional, non no sentido de que sexa unha ciencia, se por ciencia entendemos un saber empírico natural (experimentando, dando argumentos). É racional xa que non acepta ningún tipo de suposto do cal non sexa posible dar un argumento lóxico para xustificalo.
SUBSTANTIVIDADE (autonomía): A filosofía é un saber substantivo ou autónomo, non é un método auxiliar da ciencia, de feito hai cuestións filosóficas que escapan do ámbito científico, a ciencia non chega tan alá como a filosofía.
ULTIMIDADE ou RADICALIDADE: A filosofía é un saber radical, porque intenta chegar ós primeiros principios ou causas do real e polo tanto é un saber máis profundo que a ciencia: mentras a ciencia intenta saber como funcionan as cousas a filosofía intenta atopar cal é o sentido das cousas, e polo tanto segue a buscar preguntas incluso sobre as respostas xa científicas, non se conforma coas respostas.
UNIVERSALIDADE: A filosofía é universal porque non se ocupa só dun ámbito específico da realidade, senón da totalidade do real.
Os gregos diferenciaban filosofía das ciencias, xa que estas especialízanse nunha parcela do saber; tomaban a filosofía como nai da ciencia e ciencia universal que abarca tódolos ámbitos da realidade.
FUNCIÓNS PRINCIPIAS DA FILOSOFÍA
CLARIFICADORA: A filosofía é unha actividade clarificadora xa que non é un conxunto de doutrinas acabado, é clarificadora porque trata de poñer luz a cerca das nosas ideas e conceptos e tamen acerca da realidade a que fan referencia ditas ideas ou conceptos, así como nos axuda a comprender o que sucede ó noso arredor e encamiñarnos a coñecer os nosos límites. A filosofía na medida que reflexiona sobre aspectos teóricos e tamén prácticos que xirán ó redor do home está a facerse constantemente polo que non se reduce a un cúmulo de doutrinas xa dadas e acabadas.
SISTEMÁTICA: A función de sistematicidade é unha que comparte coa ciencia. Decir que a filosofía é un saber sistemático alude a que ordea a experiencia humana e trata de unificar os distintos saberes e os distintos ámbitos da realidade así como as propias experiencias humanas.
CRÍTICA: Comportamento da filosofía e da ciencia, pero a filosofía é ainda máis crítica que a ciencia, porque pese que as ciencias tamén son críticas aceptan determinadas hipóteses ou determinados axiomas como supostos que non requiren ser cuestinados. Pola contra a filosofía pregúntase incluso por ditos supostos ou hipóteses. Enfróntase críticamente coas hipóteses que as ciencias deixaron sen explorar e ademais valora dende unha perspectiva inconformista os pilares sobre os que se asenta a nosa cultura tanto a nivel social como a nivel político, como a nivel moral. Xunto con esa labor de cuestionamento propón ademais alternativas ós novos modos para desenvolverse a convivencia polo que se di que ten tamén unha función utópica.
NACEMENTO DA FILOSOFÍA NA CULTURA OCCIDENTAL
Nace en Grecia sobre o s. VII a. C., porque á hora de explicar a totalidade do real o mito (as explicacións míticas) son substituídas polo logos (explicación racional). As explicacións míticas son respostas de certos poetas (Homero, Hesíodo) que explican a realidade a través da personaificación e divinización das forzas naturais, o que significa que o que sucede no universo é resultado de que os deuses actúen nel realizando o que eles desexan coa súa vontade.
Eses deuses son persoais, teñen intervención directa na natureza. Todo o que sucede no universo depende unicamente da vontade ou capricho dos deuses (que teñen por única limitación o destino) no mundo goberna a arbitrariedade, e desde ese punto de vista: no cosmos todo sucede por capricho pero non porque lle pertenza ó cosmos ter así determinados procesos. É imposible falar de ciencia e filosofía porque para isto ten que haber unha regularidade, certas pautas, non é posible falar de regularidade na natureza.
As explicacións míticas transmítense mediante narracións, lendas, que son aceptadas polo arraigo social, peso da tradición.
A explicación filosófica (sustentada no logos ou razón): aparece cando o concepto de arbitrariedade é substituído polo de necesidade. Dito concepto vincúlase ó de Physis ou Natureza: todo o que sucede na physis ou cosmos, sucede porque ten que suceder, a natureza posue unhas leis, unha regularidade, e por tanto nela mesma está a causa de tódolos procesos e transformacións que acontecen, e todo sen acudir ó capricho dos deuses.
Prodúcese entón o nacemento da ciencia e da filosofía, porque agora sí que podemos expresar a regularidade da physis en forma de leis que se dan con carácter necesario. Da physis cabe dar argumentacións racionais.
Pese a que a natureza está suxeita a movemento (na physis hai cambios) hay algo que permanece pese ós cambios constantes que nele se dan, e a eso que permanece fronte ós cambios chamáronlle ESENCIA.
A pregunta pola esencia é a pregunta polo que as cousas verdadeiramente son pese aos seus cambios de apariencia ou estado. Os primeiros filósofos gregos, os presocráticos, consideraron que a esencia da physis era o primeiros principio orixinario ou primixenio a partir do cal todo brota, e a ese principio denominárono ARCHÉ ou Arjé, é polo tanto orixe, é eterno e o principio de todo; substrato: esencia do ser, aquelo no que as cousas consisten e causa, porque da lugar a todas as tranformacións da physis.
TALES DE MILETO: o arjé estaba na auga
ANAXÍMIDES DE MILETO: o arjé estaba no aire
A FILOSOFÍA NA HISTORIA
A) Estructúrase en 4 grandes etapas:
1ª - Etapa clásica ou grega, ou antiga
2ª - Etapa medieval
3ª - Etapa moderna
4ª - Etapa contemporánea
1º CLÁSICA
É a que se inicia coa introducción do logos ou razón para explicar a totalidade do real fronte ó mito. Sucede en Grecia sobre o século VII a. C. Comenza coa preocupación pola physis ou natureza, o que é o mesmo polo cosmos ou polo universo.
Os primeiros integrantes son os filósofos presocráticos que integran o que denominamos período cosmatolóxico da filosofía grega, e neles o home é estudado como unha parte máis do cosmos. Despois do período presocrático hai outro período na filosofía grega en que a pregunta polo cosmos perde interés para interesarse ou preocuparse máis pola pregunta polo home, considerado con subxectividade e en tanto que ser moral e social, que forma parte dunha polis. Chamarase período antropolóxico: sofistas e Sócrates. Punto de partida de cuestións éticas ou sociais, xa non as fisistas.
Dentro da etapa clásica o período cume é o que se denomina antropolóxico, o que se denomina ontolóxico, e a cuestión de preocupación é o ser. Filósofos: Platón e Aristóteles.
Na etapa clásica a filosofía é considerada ciencia, e é máis, será ademáis e nai de todas as ciencias, a máis importante e terá un carácter teórico ou expeculativo. Existe tamén a convicción de que o auténtico sabio é aquel que sabe vivir (encamiñado a felicidade), sucederá principalmente no período ético, representado polas escolas helenísticas ou posaristotélicas.
2ª MEDIEVAL
Idade Media. Centro de toda especulación filosófica será Deus, e concretamente o deus cristiano porque esta etapa xurdirá a partir do século I, aparece esa nova relixión: o cristianismo, que introduce un novo concepto, o de Creación (a partir da nada). Tema de preocupación moi importante será o da relación de Deus coas criaturas (concepto de Paternidade de Deus, e fraternidade dos homes).
Outro tema será o problema das relacións fé (verdades reveladas que non poden ser contradecidas por outras verdades) - razón (verdades de razón, dependen da razón, demostración).
Santo Tomás de Aquino: tanto a filosofía como a teoloxía son independentes e deben chegar á verdade.
3ª CONTEMPORÁNEA
Ten o seu precedente nun movemento cultural (ou de ideal) situado no século XV (Renacemento). A filosofía perde o seu carácter teocéntrico para adquirir un carácter antropocéntrico: o home é o centro da especulación filosófica. O fundamento do saber está no propio suxeito, e por eso se di que a filosofía moderna iníciase coa subxectividade.
O tema de preocupación fundamental xira entorno ó coñecemento concretamente por cales son as posibilidades que temos para coñecer cales son os límites do coñecemento humano, de onde proceden as ideas que están na nosa mente (a fonte do coñecemento), etc. Etapa de preocupación gnoseolóxica ou epistemolóxica.
Esta etapa moderna destacarán 2 correntes filosóficas que en principio se opoñen entre sí: o racionalismo (Descartes, frase famosa: “penso logo existo”) e o empirismo (Locke e Hume).
O Racionalismo (XVII) caracterizase porque di que a única fonte de coñecemento está na razón, que nacemos con ideas ignatas, e a partir destas obtense coñecemento.
O empirismo (XVII-XVIII) dirá que é a experiencia, os empiristas din que cando nacemos non temos ningunha idea, que dependemos do resto da vida para que nos chegue esperiencia.
Kant: na Ilustración (XVIII): teoría do coñecemento: síntese entre racionalismo e empirismo.
4ª CONTEMPORÁNEA (XIX - hoxe)
Función crítica da filosofía: a filosofía que cuestiona ámbitos como a sociedade, a política, a ciencia, a tecnoloxía, etc. Adquire importancia a pregunta polo sentido.
-Filosofía da sospeita: Marx, Freud, Nietzsche.
-Raciovitalismo: Ortega y Gasset.
-Neopositivismo e filosofía analítica: Wittgenstein.
-O existencialismo e a filosofía de existenza: Sartre, Camus, Heidegger.
-Escola de Frankfurt: Marouse, Erich Fromm, Habermas.
B) Relacións entre filosofía e ciencia ó longo da historia
ETAPA GREGA:
A filosofía en Grecia xurdía do paso do mito ó logos. A filosofía vincúlase en Grecia ás explicacións baseadas en argumentos racionais para dar conta da totalidade do real.
-
A 1ª oposición é o Mito: porque trátase de argumentos sustentados no logos e que ademáis fan residir á explicación da physis na propia natureza, a cal conleva desde a perspectiva filosófica a súa necesidade fronte a arbitrariedade dos deuses, que era no que se baseaba a explicación mítica.
-
concepto de Filosofía non está vinculada á Teckné (técnica, ligada á práctica) porque para ó gregos a filosofía e a ciencia eran teoría, é dicir, era especulación teórico - racional sobre as cousas da realidade, era un tipo de saber demostrativo, pero non experimental. Os gregos buscan o saber por saber, por iso a ciencia e a filosofía non buscan unha finalidade práctica que requira de experimentos.
-
Outro concepto é o de doxa que se opón o da filosofía, porque os gregos opoñen ó concepto de episteme, onde está a filosofía. O primeiro filósofo que distinguiu entre doxa e episteme foi Platón. Cando os filósofos falan de episteme refírense ó coñecemento pleno e polo tanto universal e necesario, que é o mesmo que falar do coñecemento das esencias, ós que só se chega coa razón. Son coñecementos racionais a ciencia e a filosofía.
A doxa é a opinión subxectiva que chega a través dos sentidos e que nunca constituirá verdadeiro coñecemento porque nunca será coñecemento das esencias, porque os sentidos só mostran os rasgos particulares accidentais ou relativos.
CONCLUSIÓN: A filosofía en Grecia ten o carácter de ciencia. A filosofía e a ciencia están unidas no pensamento grego porque son saberes racionais, xa que son teoría e porque pretenden un coñecemento que vai máis alá das apariencias, que é o que mostran os sentidos.
-
A filosofía é a ciencia superior a todas, ou ciencia nai. As demáis ciencias son particulares, só se ocupan dun ámbito da realidade, en canto a filosofía se ocupa da totalidade.
-
Outra diferencia é que a filosofía trata de ir máis alá das demáis ciencias no sentido en que profundiza máis, ou intenta buscar os primeiros principios ou causas. Din os gregos que a filosofía é a ciencia primeira. Porque trata de chegar ós primeiros principios do real.
-
Aristóteles foi o primeiro filósofo grego que máis claramente explicitou as dúas características da filosofía: a universalidade (ciencia universal) e a radicalidade (ciencia primeira).
ETAPA MODERNA
A Filosofía vai ir separándose da ciencia. O precedente da modernidade sitúase no Renacemento (s. XV) e a filosofía moderna irá ata ó s. XVIII.
Esta etapa supón que a filosofía vai alonxándose da ciencia por dous motivos:
1º Nova ciencia: unha consideración de que é a ciencia distinta á de Grecia, concretamente, na modernidade vincúlase a ciencia á experimentación. Para os modernos para que unha hipótese se convirta en lei ten que ser verificada ou contrastada mediante a experiencia.
A nova caracterísitca da ciencia é a matematización: interesan da realidade á hora de estudiala os aspectos cuantitativos, é dicir aqueles que poden ser medibles, formulados matemáticamente.
Outra caracterísitca é a practicidade. Interésalle “saber para poder” en lugar do “saber por saber” dos gregos. Queren tranformar a natureza, darlle utilidade.
&Representado por: Copérnico, Galileo, Kepler, Newton.
2º Proliferación de novas ciencias particulares: determinados ámbitos que antes eran filosóficos, agora pertencerán a otras ciencias.
Por esto a filosofía a partir da modernidade perde o carácter de ciencia, xa que hai obxectos filosóficos que non poden adecuarse ó método científico, non poden ser experimentados, nin cuantificados matemáticamente, nin teñen unha finalidade práctica. Como por exemplo o tema da inmortalidade da alma, Deus, etc.
ETAPA CONTEMPORÁNEA
POSITIVISMO: Corrente filosófica contemporánea. (1ª parte do s. XIX)
Supón a culminación da separación da filosofía da ciencia. &Representada por Augusto Comte.
A ciencia vai sustituír á filosofía, e sucede porque:
O ámbito da racionalidade esgótase coa ciencia, ou sexa, que todo o que non se adecue ó método científico é irracional, que non merece a pena estudalo.
Aquelo que estudia a ciencia son os feitos da experiencia e as súa relacións empíricas. Para explicar esto Comte elaborou a lei dos tres estados. Pretende representar a evolución da humanidade a través da historia. Consta de tres estados:
-
Estado relixioso ou teolóxico: cando o que o home pretendía era buscar as causas do real, atopándoas en deuses.
-
Estado filosófico ou metafísico: o home segue buscando causas, pero agora atópaas en entidades abstractas: esencia, alma, humanidade.
-
Estado positivo ou científico: ó home interésalle establecer leis e non buscar causas, esas leis atópaas a partir de verificar hipóteses na realidade, experimentación.
Só o terceiro é racional para Comte, porque é o único que se basa en estudo de feitos da experiencia e que fai uso da observación deses feitos e da experimentación para formular leis científicas.
Relixión e filosofía non son ciencia, como tampouco son explicacións racionais da realidade.
& Representantes: Russell, Wittgenstain. A filosofía será un método auxiliar da ciencia. Para Wittgenstain negará que a filosofía sexa un saber substantivo como si o é a ciencia.
NEOPOSITIVISMO (S. XX)
Filosofía, tratada como método auxiliar da ciencia.
Senón que a filosofía é unha actividade auxiliar da ciencia. Correspóndelle clarificar e clarexar cales das proposicións da linguaxe son significativas e cales non teñen ou carecen de sentido.
Wittgenstein vai distingur entre dous tipos de proposicións que pode posuir a linguaxe:
-
Proposicións significativas (ou con sentido): aquelas que tratan sobre feitos da experiencia, en definitiva, son as que expresan enunciados propios das ciencias empíricas, falan sobre asuntos que se poden contrastar na realidade.
-
Proposicións sen sentido: cando a linguaxe emite enunciados que escapan do empírico, que non poden ser verificados, experimentados ou contrastados coa realidade. Aquí situanse as proposicións metafísicas e filosóficas.
Así Wittgenstein (e o neopositivismo) vai dicir que as proposicións con sentido son as que mostran enunciados que se corresponden coas ciencias empíricas; as proposicións filosóficas son proposicións sen sentido pero teñen como finalidade auxiliar á ciencia para delimitar cal é o ámbito do que se pode falar (proposicións das ciencias empíricas) e cando hai que calar asume o risco de caer no enunciado de proposición sen significado.
Frase de Wittgenstein: “Daquelo do que non se pode falar, mellor é calar”
ESCOLA DE FRANKFURT (S. XX)
Filosofía de crítica da ideoloxía que se agacha trala ciencia.
& Representante: Marcuse, Erich Fromm, Habermas, Adorno.
Fan un análise da sociedade contemporánea, decátanse de que dende a ilustración, avanzou moitísimo a racionalidade científica, pero tamén son conscientes de que ese progreso científico non foi parello a un progreso político e social, non serviu ese desenvolvemento para lograr unha sociedade máis emancipada e máis moral.
Polo tanto a filosofía debe ser teoría CRÍTICA que denuncie os prexuízos que oculta a ciencia e propoña unha utopía social.
MÉTODOS FILOSÓFICOS
MÉTODO EMPÍRICO - RACIONAL (método filosófico de coñecemento de Aristóteles e Santo Tomás de Aquino)
O obxecto de coñecemento son as esencias porque a ciencia é un coñecemento universal e necesario.
Aristóteles e posteriormente santo Tomás dirán que a primeira fonte de coñecemento son os sentidos, o coñecemento que chega a través do sentidos chámaselle cto. SENSIBLE, non é universal, é unha catación dos rasgos particulares e individuais da experiencia.
Para pasar da individualidade das percepcións sensoriais á universalidade dos CONCEPTOS é necesaria unha segunda fonte de coñecemento, que é o ENTEDEMENTO, o coñecemento. Que chega desta forma é o INTELECTUAL.
O entendemento ten 2 funcións:
-
Entendemento axente: realizar un proceso, denominado de abstracción. Consiste en eliminar os rasgos cambiantes e particulares da imaxe proporcionada polos sentidos para rescatar a esencia común a unha MULTIPLICIDADE.
-
Entendemento paciente ou pasivo: expresar esa esencia en forma de CONCEPTOS.
Hai dúas formas de coñecemento: sentidos e entendementos, este último é o que posibilita un coñecemento universal e necesario, porque é o que capta as esencias mediante o proceso de abstracción.
MÉTODO RACIONALISTA (Representado por unha corrente da filosofía moderna: Racionalismo, e Descartes)
Descartes dirá que a única fonte de coñecemento é a razón, os sentidos son fonte de engano. Dirá que todos os coñecementos da nosa mente proceden do INNATISMO DA RAZÓN, que significa que a razón posúe unha primeiras ideas innatas, coas que nacemos, e dende elas deducimos tódalas demais.
A primeira verdade innata para Descartes é a existencia do ser PENSANTE: “Cogito ergo sum” = Penso, logo existo. É a primeira verdade INDUBITABLE, captada por INTUICIÓN.
Todas as demais verdades que chegan a ter captaranse por DEDUCCIÓN de esa primeira verdade por eso o método de Descartes se denomina método INTUITIVO - DEDUCTIVO. Intuitivo pola captación inmediata da evidencia dunha verdade, e deductivo pola captación da evidencia das demáis verdades a partir das innatas.
MÉTODO EMPIRISTA (Representado polo Empirismo (s. XVII- XVIII)
&Representantes: Locke, Hume
Para eles a única fonte de coñecemento é a EXPERIENCIA que chega a través dos SENTIDOS, porque sostén que tódalas ideas da nosa mente proceden da experiencia,o que significa, que antes do contacto con esta a nosa mente está en blanco, é unha TÁBULA RASA, ou folla en blanco; o empirismo nega o innatismo da RAZÓN.
Como para o EMPIRISMO todo empeza e remata na experiencia, o método científico empregado é o método INDUCTIVO: pártese da observación de feitos particulares dende as cales se deducen enunciados xerais.
MÉTODO TRANSCENDENTAL (&Kant, Ilustración s. XVIII)
Kant elaborará unha teoría do coñecemento que será unha síntese entre dúas correntes modernas: racionalismo e empirismo, o racionalismo dicía que a única fonte de coñecemento era a razón, negando a experiencia, e que o coñecemento comeza e remata na razón; o empirismo tomaba por única fonte de coñecemento a experiencia, todo comeza e remata nela.
Para Kant todo o coñecemento empeza na experiencia, pero non remata ahí senón que tamén son necesarios uns elementos que posúe o suxeito cognoscente, con independencia da experiencia.
Coñecemso partindo dos datos dos sentidos, á hora de coñecer todo coñecemento comeza polas intuicións sensibles (“sensacións”) que constitúen o ámbito de “o dado”, ou o material a POSTERIORI.
Toda impresión sensible é captada nun espacio e nun tempo, pero o espacio e o tempo non son impresións sensibles, son en cambio os elementos a PRIORI da sensibilidade. Polo tanto as impresións sensibles sempre que o home as percibe están organizadas nun espacio e nun tempo: FENÓMENOS.
O suxeito humano percibe fenómenos, no ámbito da sensibilidade percibimos fenómenos pero para que se dea o coñecemento pleno deses fenómenos ten que intervir outra segunda facultade: o ENTENDEMENTO. Os elementos a priori do entendemento denomínanse concepto PUROS ou CATEGORÍAS.
Coñecer é remitir fenómenos a categorías. O límite do coñecemento son os fenómenos. Kant ten doce categorías, unha é a da existencias, outra a realidade.
TEMA 3. O COÑECEMENTO CIENTÍFICO. TIPOS DE CIENCIAS E MÉTODOS CIENTÍFICOS
O COÑECEMENTO CIENTÍFICO: Características
En Grecia a ciencia tiña carácter teórico, ou especulativo; non requería máis que da demostración racional, e non da practicidade e da experimentación.
Esas cartacterísticas pasan a formar parte da ciencia na modernidade. O coñecemento científico pretende explicar a realidade dende unha perspecitva máis rigurosa que a que aporta o coñecemento ordinario do mundo. Para iso utiliza unha observación como punto de partida dos feitos da experiencia que se convirten en imprescindibles para elaborar posteriormente unha lei. Ademais a ciencia sérvese dun instrumental para facilitar a EXPERIMENTACIÓN, de feito que só cando as hipóteses poidan ser contrastadas na realidade poderemos chegar a elaborar leis e teorías obxectivas.
As características da ciencia son
Racional Xeral
SABER Sistemática
Obxectivo
XERAL: A ciencia é un saber xeral porque pretende expliar o maior número de fenóenos da realidade, co menor número de leis.
SISTEMÁTICA: Significa que hai unha interacción entre os suxetos ou feitos que estudan, é dicir que non se analiza un aspecto da realidade illado do conxunto que constitúe o seu entorno, senón establecendo relacións de conexión.
TIPOS DE CIENCIAS. Empíricas e formais
EMPÍRICAS
Ciencias Naturais + Ciencias humanas
(Natureza) Home (a nivel individual e social)
Bioloxía, xeoloxía, Historia, economía, astronomía, física socioloxía, antropoloxía, psicoloxía, dereito
Estudan a realidade, encárganse do estudo de feitos ou fenómenos da experiencia (natural ou humana).
Verificación ou contrastación empírica das hipóteses para converterse en leis.
Inductivo
Ordinaria
FORMAIS
Matemáticas e lóxica
Non estudan a realidade, son abstractas, construccións ideais, froito do pensamento.
A coherencia lóxica.
Deductivo (utiliza a lóxica)
Simbólica
MÉTODO INDUCTIVO
É un método de razoamento que consiste en partir dunha afirmación sobre feitos observados pertencentes a unha certa clase e donde aí xeralízase a todos os feitos desa mesma clase. É o método propio das ciencias empíricas e poderíamos estructuralo en tres fases:
-
1ª FASE: A observación. Tratase de rexistrar dun xeito obxectivo feitos da experiencia.
-
2ª FASE: Xeneralización: consiste en pasar dende a análise de feitos concretos a enunciados xerais ou leis aplicables a tódolos membros de clase ou especie.
-
3ª FASE: Inferir as consecuencias das leis obidas para determinar que serán así para os feitos futuros dándose as mesmas circunstancias.
GALILEO
Enmárcase na ciencia moderna que será precedente da filosofía moderna elaborou un método científico que influirá tanto na corrente filosófica de racionalismo, como na do empirismo. O método de Galileo denomínase método HIPOTÉTICO - DEDUCTIVO e EXPERIMENTAL, máis importante en Galileo é a parte hipotético- deductiva.
Este método consta de varias fases:
-
1ª OBSERVACIÓN: Consiste en analizar o fenómeno a estudar reducindo as súas propiedades esenciais. A partir de aí descúbrese un problema que contradí unha teoría xa aceptada ou ben un problema que non pode ser resolto por ela.
-
2ª ELABORACIÓN DE HIPÓTESE: Suposto que é aceptado só como solución provisional para comprobar as consecuencias que dela se derivan.
-
3ª DEDUCCIÓN DAS CONSECUENCIAS DA HIPÓTESE: Son prediccións empíricas que se fan a partir da hipótese elaborada.
-
4ª CONFIRMACIÓN: Que é a contrastación mediante experimento. Se a hipótese se confirma na realidade convertirase en LEI de non ser así poderá rexeitarse e poderá formularse outra.
MÉTODO DEDUCTIVO
O método deductivo é o propio das ciencias formais que a diferencia das empíricas non se encargan do estudo de feito da realidade.
A deducción é un razoamento que permite derivar de unha ou varias proposicións dadas denominadas PREMISAS, outra proposición á que chamamos CONCLUSIÓN. Utilizando símbolos e reglas que nas ciencias formais teñen carácter de sistema. Normalmente a deducción procede indo do xeral ó particular a diferencia da inducción. O método por excelencia do deductivo é o AXIOMÁTICO.
Descargar
Enviado por: | Nessa Galiza |
Idioma: | gallego |
País: | España |