Historia


Fernando VII evolución política


A EVOLUCIÓN POLÍTICA DURANTE O REINADO DE FERNANDO VII

O reinado de Fernando VII está condicionado pola loita do absolutismo e o liberalismo. Este reinado desenrolase no contexto da crise do Antigo Réxime e logo produciranse as sucesivas loitas.

O Antigo Réxime sitúase no reinado de Carlos III, xusto cando este deixa o reinado en mans do seu fillo Carlos IV. Carlos IV non é capaz de atender os problemas socioeconómicos do momento. Como se está producindo un mal goberno, o Antigo Réxime comeza a ir mal. A todo isto sucédenlle numerosas crises e guerras que acaban dando lugar á introducción do liberalismo

Coa introducción do liberalismo, caracterizado por ter soberanía nacional, igualdade de todos os individuos, división de poderes, querer unha constitución, establecer a propiedade privada, liberdade económica e libre xogo da oferta e da demanda, acábase co Antigo Réxime.

Nesta situación mantense no reinado Carlos IV, pai de Fernando VII. Como está presente a Revolución Francesa de 1789, para o reinado de Carlos VI é un mal momento, xa que hai inestabilidade política en España. Carlos IV precisaba axuda para poder sacar adiante o seu goberno e nomeou a Godoy secretario de estado. Este reinado estaba baseado no absolutismo. Pese a todo, o goberno vai mal. Nestes momentos Napoleón goberna case toda Europa.

Napoleón necesitaba ter España conquistada para poder chegar a Portugal. Entón reúne a Carlos IV e a Fernando VII en Baiona. Unha vez alí, Napoleón nomea rei a Carlos IV, o que produce un descontento en Fernando VII e no pobo. Ante esta situación Carlos IV vese impotente e abdica en Napoleón, que establece a José Bonaparte (que era o seu irmán) rei de España.

O 2 de maio de 1808 estalla a Guerra de Independencia, que remata co Tratado de Valençai e a reposición de Fernando VII como rei. Aínda así prodúcese un vacío na rexencia, e nese momento créanse Xuntas de Goberno que asumen a soberanía baseada no pobo. A patir destas Xuntas créase unha convocatoria de Cortes. Estas teñen unha ideoloxía liberal. O seu obxectivo principal é a abolición completa do Antigo Réxime. Con isto crean a Constitución de 1812.

Esta Constitución, coñecida como “a Pepa”, establece a soberanía nacional, a monarquía como forma de goberno, separación de poderes, defensa dos dereitos e liberdades, catolicismo como relixión e centralismo político. É unha Constitución revolucionaria xa que establece un compromiso entre absolutismo e liberalismo. Establece tamén o sufraxio universal masculino. Recoñece a liberdade, a igualdade ante a lei, a propiedade privada individual e a creación de Milicias Nacionais.

Tras unha loita entre absolutismo e liberalismo, Fernando VII regresa e toma o poder. Durante o seu reinado establécense tres etapas.

A primeira delas é o Sexenio Absolutista, entre os anos 1814 e 1820, baseada fundamentalmente no absolutismo. Cando Fernando VII entra en España decátase de que conta có apoio do pobo, dos nobres, do exército e da Igrexa. A nobreza preséntalle o Manifesto dos Persas, mediante o cal pretendían restaurar o absolutismo. Tendo isto resultado, Fernando VII firma o Decreto do 4 de maio de 1814, que anula en segredo a Constitución de 1812 e todo o feito ata o momento polas Cortes, como se menciona no documento 1 onde se critica o liberalismo e defende o absolutismo e reflexando a anulación da Constitución dicindo “ non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto ningún das Cortes xerais (...) o declarar aquela Constitución e tales decretos nulos”.

Vólvese ó absolutismo e os liberais teñen que fuxir e algúns incluso son detidos. Ante a volta ó absolutismo,no cal se quería repoñer a monarquía absoluta, a soberanía real, a imposición de señoríos e a Inquisición, hai certa oposición por parte dos campesiños e da burguesía. Fernando VII ten un mal goberno e créanse as chamadas “camarillas” para beneficiarse do poder. Pronto se desata un pronunciamento debido ó descontento que existía. Un grupo reducido de militares levántase e organiza o pronunciamento, encabezado por Porlier, e defenden o liberalismo para intentar cambiar a forma de goberno. Este pronunciamento esta reflexado no documento 2 e pódese ver coas palabras “tomamos a terrible resolución de reclamar coas armar na man o que se negou ás nosas solicitudes”. Así mesmo tamén se expresan os obxectivos que levan a cabo este pronunciamento: conseguir unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, convocatoria de Cortes e liberdade por parte das Cortes para poder facer unha Constitución. Como os pronunciamentos son moi espontáneos e pouco organizados, fracasan, igual que o pronunciamento de Porlier. Esta situación de pronunciamentos mantense ata o 1 de xaneiro de 1820, cando se desata outro dirixido polo Coronel Riego, que ten a súa orixe no descontento xeral e a intención de voltar ó absolutismo.

Rematado este pronunciamento créanse diversas Xuntas en cidades e Fernando VII vese obrigado a xurar de novo a Constitución do 1812, como se reflexa no documento 2 onde Fernando VII di “Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional”.

A segunda etapa na que se divide o seu reinado é o Trienio Liberal, entre os anos 1820 e 1823, nos que Fernando VII ten un goberno liberal. Tras a reposición da Constitución e a volta ó liberalismo (supresión de señoríos e da Inquisición, soberanía nacional, división de poderes e monarquía constitucional), realízanse elección producindo unha separación entre os liberais en moderados (queren voltar ó liberalismo pero lentamente) e exaltados (queren máis revolucións). Fernando VII aproveita esta situación de inestabilidade para establecer o absolutismo. Créanse as partidas realistas que causan desordes e recíbese a axuda externa da Santa Alianza, a cal pretendía darlle axuda a Fernando VII para repoñer o absolutismo enviándolle a tropa coñecida como “Os Cen Mil Fillos De San Luís”, que entran en España dirixida polo Duque de Angulema. Entre outras cousas, a Santa Alianza tamén pretendía acabar coa monarquía constitucional. Fernando VII consigue repoñer o absolutismo e entra así na terceira etapa do seu reinado. A volta ó absolutismo e a abolición do liberalismo refléxanse no documento 4 onde Fernando VII di “son nulos e de ningún valor tódolos actos do goberno chamado constitucional”.

Esta terceira etapa é a denominada Década Ominosa, entre os anos 1823 e 1833, baseada sobre todo no absolutismo. Ó voltar ó absolutismo (volver a impoñer os señoríos, a Inquisición, a monarquía constitucional e a soberanía real), os liberais teñen que fuxir ó desterro para non caer nas mans de Fernando VII e ser encarcelados ou matados.

En esta parte do reinado tamén xorden problemas. Por exemplo, a economía non funciona, o que provoca o malestar dos liberais dando lugar a revoltas e pronunciamentos (controlados con gran represión) pero sen obter ningún resultado, xa que sempre acaban en fracaso. Con estes fracasos fanse necesarias as reformas na economía introducindo deste xeito medidas liberais. Con isto provócase un malestar nos absolutistas, que buscan axuda en Carlos Mª Isidro (irmán de Fernando VII) para intentar evitar estas reformas feitas por Fernando VII.

De novo desátase unha loita entre os absolutistas e os liberalistas mediante pronunciamentos e partidas realistas.

A todos estes problemas engádeselle o problema sucesorio. Ata o momento, Fernando VII non tiña descendencia. En 1829 casa, por cuarta vez, con Mª Cristina de Nápoles. Cando esta queda embarazada xorde o problema da sucesión. Mª Cristina presiona a Fernando VII para que en caso de que o descendente fose unha nena puidese exercer de raíña igual. Entón vese obrigado a firmar a Pragmática Sanción (establecida por Carlos III) para permitir a sucesión feminina xa que ata o momento existía a Lei Sálica (só se permitía a sucesión masculina).

O 10-10-1830 nace Isabel (II). Como ela sería a sucesora cando Fernando VII morrese, os absolutistas ou carlistas néganse e obrigan a Fernando a anular a Pragmática Sanción no ano 1832 (isto faise en segredo).

Os cristinos-isabelinos mostran o seu descontento, xa que eles desexan que a sucesora sexa Isabel. Mª Cristina xunto aos absolutistas moderados e liberais moderados toman o control do goberno. Unha vez feito isto, reponse a Pragmática Sanción e definitivamente a sucesora será Isabel.

En 1833 morre Fernando VII. O liberalismo logra triunfar gracias á situación económica, que necesita reformas liberais, e a Mª Cristina, que tamén precisa axuda dos liberais. Todo este reinado, de continuas loitas entre liberais e absolutistas, de sucesivas revoltas e pronunciamentos sen éxito, conséguese unha situación de liberalismo, que dará lugar ó posterior reinado de Isabel II, filla de Fernando VII.

2




Descargar
Enviado por:Rcb
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar